Abril 2012 - BXVAC

34
XINZO Páx.10 PROVINCIA Páx.22 XINZO Páx.12 PROVINCIA Páx.20 As obras na estrada a Baltar obrigan a cortar o tráfico Número: 65 - Ano:VII - Abril 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CULTURA Páx.26 Ecoloxistas piden plans de recuperación para as zonas queimadas O Concello ofrece reducir os soldos un 22% para evitar o ERE Participaron na 5ª edición dos 10 Qm Vila de Xinzo, onde venceron Jorge Crespo e Sonia Teijeiro./RAMSÉS. 500 atletas correron en Xinzo [páx. 24] Os Blancos agarda pola resposta da Xunta á súa petición de rescate O X Festival Reperkusión, do 17 ao 19 de maio, en Allariz A Deputación garan- tirá servizos sociais e obras nos concellos [páx. 11

description

Barrios, agora tamén en Allariz e Celanova. Cunha edición propia para estas dúas comarcas desde este mes de abril. Barrios Xinzo-Verín é agora tamén Barrios Allariz-Celanova, a onde chega desde este número de abril cunha edición propia. Entre o máis destacado das noticias das comarcas alaricana e celanovesa, destacan as informacións sobre o próximo Festival de Parques ou sobre as previsións de remate da autovía a Celanova. Da comarca de Monterrei destacamos en portada a inauguración da nova sede da Eurocidade, e no interior, o debate sobre a peonalización de tres rúas no casco antigo de Verín.

Transcript of Abril 2012 - BXVAC

Page 1: Abril 2012 - BXVAC

XINZO Páx.10 PROVINCIA Páx.22XINZO Páx.12 PROVINCIA Páx.20 As obras na estrada a Baltar obrigan a cortar o tráfico

Número: 65 - Ano:VII - Abril 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CULTURA Páx.26Ecoloxistas piden plans de recuperación para as zonas queimadas

O Concello ofrece reducir os soldos un 22% para evitar o ERE

Participaron na 5ª edición dos 10 Qm Vila de Xinzo, onde venceron Jorge Crespo e Sonia Teijeiro./RAMSÉS.

500 atletas correron en Xinzo [páx. 24]

Os Blancos agarda pola resposta da

Xunta á súa petición de rescate

O X Festival Reperkusión, do 17 ao 19 de maio, en Allariz

A Deputación garan-tirá servizos sociais e obras nos concellos

[páx. 11

Page 2: Abril 2012 - BXVAC

� BARRIOSAbril de �01�

EUROCIDADE

Un gabinete de apoio técnico, unha páxina web, paquetes turísticos e unha axenda conxunta, algúns dos obxec-tivos cumpridos

Inaugúrase a sede da Eurocidade Chaves-Verín4 A creación dunha rede sanitaria, de transporte público e dun sistema de emerxencias común e a eliminación do “roaming” son algúns dos obxectivos marcados na axenda.

4 Rehabilitación da antiga alfándega de Feces de Abaixo

A nova sede da Euroci-dade Chaves-Verín ocupa a antiga alfándega ubicada en Feces de Abaixo, que foi rehabilitada mediante unha achega de 406.666 euros da Deputación.

O edificio inclúe unha Oficina de Turismo, unha Oficina de Xuventude, un local de ensaio para gru-pos musicais das dúas lo-calidades (para o cal a De-putación adquiriu tamén os equipamentos de son), e o portelo electrónico da Eurocidade.

As obras de reforma do antigo posto fronteirizo enmárcanse nas actuacións que desenvolve a Deputa-ción de Ourense dentro do proxecto Eurocidade Cha-ves-Verín, unha iniciativa do Programa Operativo de Cooperación Transfrontei-riza España-Portugal �007-�013, que supón un inves-timento total de 1.333.578 euros, cofinanciado nun 75% polo FEDER.

A sede da Eurocidade servirá de dinamizador económico, turístico e cul-tural de Chaves e Verín, para o que ofrecerá unha ampla oferta de servizos comúns, que se xestio-narán desde a nova sede transfronteiriza, como unha axenda cultural tri-mestral. No apartado de dinamización económi-ca inclúese un proxecto para o desenvolvemento de produtos turísticos da Eurocidade.

As autoridades, nunha das salas da sede da Eurocidade, na xornada de inauguración./P.L.

Paula Lodeiro

Cinco anos despois do seu nacemento, a Eurocida-de Chaves-Varín dá un paso máis na súa consolidación, coa inauguración da súa sede en Feces de Abaixo. Un acto que estivo presidi-do polo presidente da Xun-ta, Alberto Núñez Feijoo, por parte galega, e polo se-cretario de Estado de Admi-nistración Local e Reforma Administrativa, Paulo Si-môes Júlio, por parte lusa.

Numerosas autoridades achegáronse ata o edificio na mañá do venres 13 de abril, onde foron recibidos polos rexidores de Chaves e Verín, João Gonçalves Martins Batista e Juan Ma-nuel Jiménez Morán, encar-gados de descubrir a placa inaugural “conmemorando un día histórico desta Euro-rrexión, nun antigo espazo que antano separaba países e que hoxe abriu as portas a integración, conciliación e cohesión social e territorial dos dous pobos”, segundo afirmou o alcalde de Verín. A continuación visitaron as

instalacións e asistiron a un recital de música clásica da Orquestra de Sopros da Academia de Artes de Cha-ves, seguido dos discursos dos rexedores e dos repre-sentantes dos gobernos por-tugués, galego e da Deputa-ción ourensá.

Logros e obxectivos“A creación dun gabinete

de apoio técnico, apertura dunha xanela ao mundo a través da plataforma de co-municación e páxina web, avance cara á creación dun-ha futura Agrupación Eu-ropea de Cooperación Te-rritorial, desenvolvemento dunha zona franca social, servir de catalizador da dinamización económica, promoción de paquetes tu-rísticos a través dunha ofer-ta mineiro-termal, impulsar unha fronteira comercial aberta, creación dun mapa turístico interactivo, axen-da de eventos conxunta e a inauguración desta sede son os obxectivos iniciais cumpridos pola Euroci-dade”, subliñou Jiménez Morán. O alcalde de Verín

tamén citou os que serán os obxectivos da Eurocidade para o futuro: a creación dunha rede sanitaria e outra de transporte público, sen-tar as bases para facilitar unha educación internacio-nal, eliminar o “roaming”, e crear un servizo de emer-xencias común, “coa vonta-de de seguir traballando na desaparición de barreiras”.

Pola súa banda, o rexedor flaviense recordou a histo-ria de case cinco anos de traballo, “de dificultades e de éxitos”, da Eurocidade, e subliñou a importancia sim-bólica, máis que o seu valor material, da inauguración da súa sede: “é a afirmación dunha identidade, unha for-ma nova de vivir a cidada-nía europea, na que temos a función de aproximarnos e de responsabilidade”.

Éxito da coperaciónTanto o presidente da

Deputación, como o secre-tario de Estado de Admi-nistración Local e Reforma Administrativa portugués e

o xefe do executivo galego destacaron o exemplo de éxito da cooperación que supón a Eurocidade Cha-ves-Verín.

Un exemplo de coopera-ción no que “se unen cinco obxectivos fundamentais: dimensión, complementa-riedade, visión estratéxica para desenvolver territorio a través dos seus recursos endóxenos como a auga, rede das entidades e lide-ranza”, engadiu Paulo Si-môes Júlio, coincidindo co presidente da Xunta, que ademais indicou que “a Eurocidade Chaves-Verín é a demostración inequívo-ca de que existe un mode-lo baseado na cooperación que axuda a resolver eivas e abrir novas oportunida-des”.

“A Eurocidade non foi ningún experimento, se-nón un instrumento útil para mellorar a calidade de vida dos seus eurocidadáns. Hospitais, instalacións ter-mais, Escola de música e danza, Universidade Tras

Os Montes, Escola Supe-rior de Enfermería, Polí-gonos industriais, Biblio-tecas Municipais, Museos, Complexos deportivos... ningún destes servizos co-múns aos cidadáns de Ve-rín e de Chaves son unha entelequia, como prevían os máis pesimistas nos albores da Eurocidade”, sinalou Alberto Núñez Fei-jóo, “na que Chaves e Ve-rín consideraron que a liña imaxinaria que parecía que os separaba, en realidade uníaos. A un e a outro lado da fronteira, detectaron problemas comúns, nece-sidades compartidas e as-piracións coincidentes”.

Entrega de agasallos ao finalizar o acto./P.LODEIRO.

Page 3: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

3EUROCIDADE

4 Visitas guiadas á Eurocidade

A Eurocidade Chaves-Verín continúa a impulsar o seu programa de visitas guiadas gratuítas, destina-do a grupos e asociacións, que atraerá a máis de 500 visitantes nos próximos meses.

A iniciativa, posta en marcha conxuntamente polos departamentos de turismo de Verín e Cha-ves a principios de mes, xa permitiu achegar ata os dous municipios a varios grupos de visitantes, con-verténdose nunha alterna-tiva de lecer que inclúe un percorrido explicativo, acompañados dun guía, polo patrimonio cultural e arquitectónico de Chaves e Verín ou visitas guiadas a adegas da Denomina-ción de Orixe Monterrei.

Para os próximos meses xa se pecharon un gran número de excursións que permitirán a máis de 500 persoas aproximarse a esta área territorial na que se encontran unha das maiores concentra-cións de mananciais de augas minero-medicinais da península. O programa busca aproveitar o incre-mento das excursións ao territorio da Eurocidade, co obxecto de combater a estacionalidade, reactivar o consumo hoteleiro e de restauración e dar a coñe-cer este territorio.

Para acceder ás visitas guiadas é preciso reservar na Oficina de Turismo de Verín ou na nova sede da Eurocidade.

4 Charla-coloquio ‘Os adolescentes e o tráfico’

O xefe provincial da DGT, David Llorente Rey, impartiu en Verín a char-la-coloquio ‘Os adoles-centes e o tráfico’ a máis dun cento de alumnos e profesores do IES García Barbón, no marco das ac-tividades organizadas den-tro do Proxecto de Educa-ción e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Ve-rín. Na charla amosáronse cuestións relativas á obten-ción do permiso de condu-ción, o comportamento ao volante, accidentalidade entre a mocidade ou lecer nocturno e velocidade.

Este proxecto de educa-ción e sguridade viaria ten coma obxecto servir de la-

4 9º Programa de Termalismo Social

Despois do éxito das oito edicións anteriores, a Eurocidade lanza a novena edición do Programa de Termalismo social que se desenvolverá, entre os días �6 de abril e 8 de maio e que permitirá a todos os habitantes da comarca de Verín acudir ás Termas de Chaves – Spa do Impera-dor, beneficiándose dun desconto especial.

Unha iniciativa creada para dar continuidade ao programa de turismo de benestar e saúde sen saír da casa, e que foi posible gra-zas á firma dun protocolo entre as dúas localidades polo que os veciños de Ve-rín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das termas.

Esta novena edición permitirá a maiores de 50 anos acudir durante nove días -exceptuando o do-mingo e festivos- ás ter-mas de Chaves, facendo o tratamento que, en cada caso, o médico hidroloxis-ta lle prescriba na consul-ta, que se realizará no pri-meiro día. O participante terá acceso ás prácticas termais cun desconto do 50% sobre o prezo base, ademais de a consulta de médico e acompañamento de enfermería, o material necesario para acceder aos tratamentos termais, albor-noz e toallas.

As inscricións poden realizarse ata o �3 de abril, no Gabinete de Apoio Téc-nico da Eurocidade, ou o día �4 de abril nas termas.

4 Presentada a marca “Dous países, un destino”

A secretaria xeral para o Turismo da Xunta, Carmen Pardo, pechou o seminario de clausura do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín presentando a candida-tura dun novo proxecto europeo (POCTEP) para a marca “Dous países, un destino”, xa rexistrada.

Na súa intervención, a secretaria xeral resaltou algunhas das iniciativas que se realizaron no marco do primeiro POCTEP da Eurocidade Chaves-Verín, como o paquete de terma-lismo, o programa de tu-rismo social para maiores de 50 anos de ambos lados da fronteira, a creación da

primeira carta de augas e ruta de augas transfrontei-riza ou o futuro primeiro Hotel-Balneario-Escola da Península Ibérica.

No seminario de peche do proxecto os relatores abor-daron o pasado, o presente e o futuro da Eurocidade, así como os seus aspectos

turísticos; a Eurocidade da Auga e a achega do POC-TEP nas experiencias de desenvolvemento dos terri-torios de fronteira.

boratorio de boas prácticas para outras zonas fronteiri-zas europeas, así como unir esforzos, intercambiar expe-riencias e dar maior solidez á cooperación transfrontei-

riza existente, fomentando a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de segu-ridade lusos e españois, e sensibilizar aos cidadáns

das actitudes e coñecemen-tos idóneos para reducir o número de accidentes de trá-fico nunha zona transfron-teiriza habitada por máis de 60.000 persoas.

Carmen Pardo, na clausura do Seminario organizado na sede da Eurocidade.

Charla do xefe provincial da DGT.

Page 4: Abril 2012 - BXVAC

4 BARRIOSAbril de �01�

VERÍN E COMARCA

A PEONALIZACIóN DO CASCO hISTóRICO A DEBATE:

O alcalde ofrece unha moratoria ata xullo4 Comerciantes e oposición, en contra de que deixen de circular vehículos polas rúas Amaro Refojo, Cruz e Maior.

Manuel, veciño de Verín:“Non teño unha opinión,

imaxino que a xente que ten negocios está en contra, a maioría”.

Mª José e Laureano Pazos, veciños da zona:“Había que peonalizarlle a rúa do alcalde. Que farán os

comerciantes cando non pase ninguén? Isto será un deser-to. A xente está acostumada ao coche. Se os comercios es-tán na maioría en contra é por algo”.

Agustín Parada, veciño:“Vivo aquí e me parece

ben que sexa peonil, non vai interferir nada aos negocios, porque o que vén comprar vén a pé, non en coche”.

Carola, comerciante da zona:

“Opino que coa crise non me parece lóxico que qui-ten os coches, a min vaime prexudicar, porque teño xente que ao mediodía e pola tarde tamén, sae de traballar ou vén dos pobos, chegan, paran, compran nun momento e se van. Eu xa o noto moitísimo na caixa.

Quen ven a sentarse nunha terraza ou a pasear por estas rúas? A rúa Cruz é unha rúa fría e morta e quedamos moi poucos co-merciantes, e á xente se non se llo pon fácil non vén comprar”.

O alcalde anunciou que os carteis de prohibido o paso a vehículos terán unha indicación de provisional ata o 1 de xullo. Na imaxe, entrada da rúa Amaro Refojo. /M.REJO.

A prohibición do paso de vehículos será flexible

Paula Lodeiro

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou unha moratoria ata o 1 de xullo na entrada en vigor da prohibición de circular polas rúas Amaro Refojo, Cruz e Maior. O rexedor tomou esta medida logo da conflictividade do primeiro mes de peonali-zación destas tres rúas do casco antigo verinés, tem-po durante o que se repe-tiron as concentracións de protesta dos comerciantes da zona, moitos dos cales empapelaron os seus esca-parates contra esta medida do goberno local.

Porén, Jiménez Morán insiste nas bondades do seu plan de peonalización, “ao ver un escaparate é cando entras e compras”, afirma, pondo por exemplo o bo resultado da mesma medida na rúa Lisa, “é a máis co-

mercial, e nela os baixos e pisos son os máis caros de Verín”.

O alcalde precisa que se será flexible coa norma que prohibe o paso de vehículos por estas rúas, especifican-do que haberá dúas franxas horarias de carga e descarga (de 8:30 a 10:30 e de 16 a 17:30 horas), e que poderán circular taxis, ambulancias, propietarios con garaxe na zona e “se alguna persoa que faga a compra alí ten que recoller bolsas poderá pasar un momento co co-che”.

Ademais, insiste en que o casco vello de Verín sempre foi discriminado positiva-mente polo Concello, coa renovación de rúas e prazas e o apoio á rehabilitación de vivendas particulares a través da Oficina de Reha-bilitación. “A maiores o que imos facer é discriminar po-sitivamente a instalación de

negocios no casco antigo, cunha bonificación do 90% no ICIO”, engade, citando outras das medidas tomadas para adecentar a zona: lim-par e arranxar as pedras en mal estado, colocar mobi-liario urbano e xardineiras con camelias.

Outra medida máis para minimizar as dificultades da supresión do tráfico nestas rúas é a transformación en zona azul das 70 prazas de aparcamento na Alameda, para facilitar a rotación de vehículos, e a instalación, na entrada pola estrada de Laza e na Praza Maior, de sinais cun mapa que indi-que os aparcamentos máis próximos.

Rexeitamento de comer-ciantes e de oposición

Todas estas medidas non convencen a gran parte dos comerciantes afectados (uns 40 sumando as tres rúas).

Algúns deles, que prefiren manterse no anonimato, pensan que esta medida será a súa ruína, e outros non entenden por que unhas rúas se peonalizan e outras non (referíndose ás rúas da Merced ou do Pozo).

Desde a Asociación de Comerciantes de Verín, AEVER, o seu presidente, José Ángel Rodicio apoia aos seus asociados que se opoñen á peonalización. Rodicio entende que se lle están a pór trabas aos co-merciantes, e “nun tempo de situación económica moi fastidiada, unha baixada de vendas pode supor o peche

dun establecemento”. O presidente de AEVER

está de acordo con que a peonalización pode dina-mizar o comercio, “pero hai que facelo con sentido común e con rigor; unha medida deste calado require máis cousas que non só pór catro magnolias ou uns ban-cos, hai que intentar buscar recursos, levar organismos para alí...”, explica, recor-dando que o casco histórico de Verín “está como está” con “máis de 40 establece-mentos pechados de longa duración”.

Desde o PSOE apoian aos comerciantes: “quere-

mos que se levante a prohi-bición de circulación polo casco vello ata que se lles ofreza aos veciños unha so-lución, apelando á situación crítica económica e pensan-do na situación do comer-cio na vila”, indica o seu voceiro, Emilio González Afonso, que recorda que o seu partido sempre foi par-tidario da “regularización, non da prohibición de cir-culación”.

Pola súa banda, a voceira nacionalista, Perfecta Losa-da, critica a maneira en que o grupo de goberno levou a cabo a peonalización. O BNG considera que previa-mente debería rehabilitarse as vivendas “con actuacións prioritarias sobre aquelas que están en estado ruino-so”, erradicar a inseguridade cidadá, limpar diariamente a zona, facendo fincapé nos días de feira e fins de sema-na, e pór en marcha un pro-grama emprendedor para fa-vorecer a apertura de novos comercios.

Page 5: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

5PUBLICIDADE

Page 6: Abril 2012 - BXVAC

6 BARRIOSAbril de �01�

VERÍN E COMARCA

O Banco de Terras xestionou o alugueiro de 80 fincas a 60 propietarios diferentes

O Banco de Terras permitirá en Vilardevós a transformación de 80 fincas en viñedos4 En toda Galicia xa hai máis de 4.000 hectáreas a disposición dos empresarios, dos gandeiros e dos agricultores que queiran arrendalas.P.L.

Un proxecto para trans-formar 110 hectáreas de monte abandonado en Vi-lardevós nunha plantación de viñedos foi o argumen-to que esgrimiu o presi-dente do Goberno galego para defender o Banco de Terras e a súa utilidade para xerar riqueza, em-prego e asentamento po-boacional no rural.

Alberto Núñez Fei-jóo visitou, acompañado pola conselleira de Mar e Medio Rural e outras autoridades, a parcela do proxecto Bustelo do Ban-co de Terras, no municipio de Vilardevós. Alí, tres empresarios conseguiron alugar, a través do Banco de Terras, 80 fincas sen uso a 60 propietarios dis-tintos, que agora transfor-marán nunha plantación de viñedos que formará parte da Denominación de Orixe Monterrei.

“Me gustaría que este proxecto supuxera ri-queza para a zona e algo máis de poboación para o municipio porque isto posibilitaría máis servizos públicos e que o concello inicie unha etapa de rena-cemento desde o punto de vista agrario e vitiviníco-la”, afirmou o presidente do Goberno galego.

Balance positivo do Banco de Terras

Segundo datos facilitados polo presidente da Xunta, no que vai de lexislatura, o Banco de Terras incremen-touse un �00%, pasando de 400 parcelas incorporadas a máis de 1.�00 parcelas in-corporadas. En total, suma xa máis de 4.000 hectá-reas e del forman parte 800 arrendatarios; Feijóo aseverou, tamén, que a de-manda de alugueiro se in-crementou un 150%, nestes tres últimos anos, chegando a inscribirse neste último mes e medio no Banco de Terras, 400 solicitudes de arrendatarios.

O responsable autonómi-co afirmou que estes datos poñen de manifesto que a Lei de Mobilidade de Te-rras, aprobada polo seu goberno, está empezando a dar resultados; “e signi-fica, en consecuencia, que hai oportunidades, que esas oportunidades hai que apro-veitalas e que o Goberno galego non ten máis obxec-tivo que crear riqueza”.

Ao longo da súa interven-ción, o titular da Xunta su-bliñou que o minifundismo, a reducida dimensión das parcelas, a súa dispersión e mesmo as dificultades para localizar aos propietarios dificulta as capacidades de

produción económicas, de emprego e de manter a po-boación no ámbito rural.

Para superar esta asigna-tura pendente, Feijóo lem-brou o triple obxectivo da Lei de Mobilidade de Terra: “o primeiro obxectivo para os agricultores e os gandei-ros que queren seguir sén-doo, para que poidan am-pliar as súa explotacións; o segundo obxectivo é para aqueles que xa non son agri-cultores nin gandeiros, para que podan ter unha oportu-nidade de seguir incremen-tando a súa renda se poñen a disposición, sen transferir a propiedade, os terreos que

O delegado da Xunta en Ourense, o presidente da Deputación, a conselleira de Mar e Medio Rural, o alcalde de Vilardevós e o presidente da Xunta atenden as explicacións sobre o Banco de Terras./P.LODEIRO.

Os promotores da iniacitiva prevén estar iniciando as primeiras plantacións de viñedos a final de mes. /P.LODEIRO.

deixan de cultivar e de coi-dar; e o terceiro obxectivo era unha modificación do Banco de Terras, que naceu cunha boa idea pero que era necesario matizar e pulir para que realmente puidera producir valor”.

A nova normativa intro-duce, pois, unha serie de modificacións no inicial Banco de Terras, que se creara durante a etapa do bipartito: a eliminación do dereito de tanteo e retracto que tiña a administración pública, para devolver a confianza aos propietarios; a ampliación do ámbito de actuación anteriormen-

te restrinxido á superficie agraria útil, de xeito que, agora, pode actuarse sobre fincas con vocación agraria, independentemente da súa cualificación urbanística; e a xestión íntegra desde a Axencia Galega de Desen-volvemento Rural, o que posibilita diminuír os cus-tos de xestión.

4 110 novas hectáreas para viños da D.O. Monterrei

A finca de Bustelo, Vi-lardevós, ten unha super-ficie de 110 hectáreas, das cales, nun primeiro momento, este mesmo mes de abril, se planta-rán 75 hectáreas. Entre os traballos preparatorios dos terreos está pendente a construción dunha balsa para recoller augas para un sistema de rega.

A variedade de uva que se elexiu é godello, da que se plantarán, empregando o sistema de espaldeira en cordón simple, 4.000 plantas por hectárea. As

previsións son que a pri-meira produción de uva poida recollerse en �015.

Nesta iniciativa levan traballando os últimos tres anos tres empresarios vi-tivinícolas e a cooperativa Martín Codax, que presta o seu asesoramento técnico.

Durante a visita do pre-sidente galego, un destes empresarios, José Antonio Torralba, agradeceu o apoio da Xunta a este proxecto, “que contribuirá a fomen-tar o emprego e diversificar economicamente o concello de Vilardevós”.

Verín aproba va-rias modificacións de taxas en plenoRedacción

O último pleno muni-cipal de Verín deu de si a aprobación de varias mo-dificacións de ordenanzas municipais, como a de uso de instalacións deportivas ou a de aproveitamento de espazos públicos.

Así, cos votos a favor do grupo de goberno e do BNG, e a abstención do PSOE, modificouse a or-denanza que regula a taxa pola prestación do servizo público da utilización, uso e gozo das instalacións de-portivas, piscinas e casa de baño de titularidade mu-nicipal, pola que se crea “unha tarxeta gratuíta, para todos os verinenses que están empadroados no noso municipio, que permitirá obter descontos e beneficios aos cidadáns da Eurocidade Chaves-Verín, e que é unha dis-criminación positiva en favor dos verinenses, xa que eles tamén sufragan os gastos da instalación”, explicou o alcalde.

Por unanimidade apro-bouse a modificación da taxa pola utilización pri-vativa ou aproveitamento especial do dominio pú-blico local mediante ocu-pación con mesas, cadei-ras, tribunas, estrados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, a petición da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei co obxecto de unificar a tempada de verán e inverno.

Pola súa banda, a mo-dificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola recollida do lixo e residuos sólidos urbanos, só foi apoiada polos vo-tos do grupo de goberno (en contra BNG e absten-ción do PSdeG-PSOE), mentres que a Ordenanza Reguladora da Licenza de Primeira Ocupación, reci-biu o apoio de PP e PSOE (e a oposición do BNG).

Na mesma sesión, acordouse a adhesión ao Convenio Marco coa De-putación Provincial de Ourense para a prestación de asistencia na elabora-ción, tramitación e apro-bación das relacións de estradas municipais e in-ventario de travesías.

Page 7: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

7VERÍN E COMARCA

A capitalidade deberá agardar a novembro para ter ADSL de 6 Mbps

Redacción A Cata de Cualificación

da Denominación de Orixe Monterrei organizada polo Consello Regulador desta denominación coa colabo-ración do Concello de Ve-rín determinou outorgar a cualificación de “moi boa” á colleita �011

A cualificación da colleita �011 foi realizada por oito catadores de diferentes sec-tores: David Barco (presi-dente da Asociación de Ca-tadoras Agasu), Felicísimo Peral (membro da Asocia-ción Galega de Catadores), José Manuel Martínez Juste (presidente da Asociación Galega de Enólogos), Au-relio Vázquez (membro da Asociación de Catadoras Gallaecia), e catro mem-bros do panel de cualifica-ción do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Catáronse viños brancos e tintos da colleita �011 das distintas marcas comerciais pertencentes ao D.O. Mon-terrei, as cales se serviron coa botella tapada e a tem-peratura axeitada -unha cata a cegas, xa que en ningún momento coñecéronse as marcas participantes. Os catadores, tras probar os vi-ños, realizaron unha media da puntuación de todos, tan-to en branco como en tintos, e a súa valoración final foi a cualificación da colleita �011.

Premio para un viño de Oímbra

Pola súa banda, o viño Stibadia �011, elaborado con uvas godello e treixa-dura pola adega Tabú de Oímbra obtivo o galardón Bacchus de Ouro �01� na última edición destes pre-mios internacionais fallados recentemente en Madrid. Adegas Tabú convértese así na única adega pertencente á denominación de orixe Monterrei que se alza con este recoñecemento.

As Adegas Tabú están situadas no pobo do Rosal (Oimbra) e foron fundadas fai tres anos por Isacc Do-

Redacción

O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, acadou tras a súa última reunión co presidente da Xunta de Galicia, unha petición solicitada durante os últi-mos anos polos veciños: a mellora do servizo de Internet, que permitirá o total acceso as novas tec-noloxías dixitais aos habi-tantes dos 29 núcleos que compoñen este concello.

Conexións deficitarias e imposibilidade de che-gar co servizo de Internet a todas as localidades son os principais problemas que teñen os habitantes de Vilardevós, e que que-darán solventados grazas a implantación do Plan Banda Larga, que xa per-mitiu que o �3% de ha-bitantes deste municipio dispoñan da posibilidade de acceso á banda larga de calidade. “Existen pro-blemas nas conexións a

internet a nivel particular dos veciños, nos diferentes establecementos comerciais e tamén na propia casa con-sistorial”, recorda o Car-doso Pérez, “pero grazas ás últimas xestións ante o titular da Xunta de Galicia, nas que tamén formulamos outras peticións como unha residencia para a terceira idade ou infraestruturas de abastecemento e saneamen-to, logramos a implantación progresiva deste servizo no noso municipio”.

Durnte este ano �01�, e grazas a este plan da Xunta de Galicia, Telefónica des-pregará redes fixas (ADSL) e redes sen fíos (3G) en Vilardevós, coas que se estima acadar case 96% da poboación con cobertura de banda larga. Concreta-mente, a capitalidade, de �54 habitantes, disporá de ADSL de cando menos 6 Mbps. Para iso son precisas obras de especial enverga-dura en canto ao desprega-

4 Fructífera presenza en Alimentaria

A delegación da denomi-nación de orixe Monterrei realizou unha valoración moi positiva da presenza destes viños por primeira vez con caseta propia en Alimentaria �01�.

No salón, celebrado en Barcelona, a D.O. Mon-terrei tivo a oportunidade de deseñar actividades promocionais propias que permitiron achegar os caldos ourensáns aos ex-pertos, como foron o caso das catas con mexilóns e queixos galegos con de-nominación.

Antonio Méndez, presi-dente do Consello Regu-lador da D.O. Monterrei considera imprescindible que os viños de Monterrei estean presentes nun esca-parate da categoría deste salón, ao que asistiron máis de 140.000 visitantes profesionais.

A colleita 2011 da D.O.Monterrei, cualificada de “moi boa”

Cardoso, condenado por discriminar un traballador por motivos ideolóxicos4 O alcalde de Vilardevós anuncia que recurri-rá a sentenza.

mento de fibra óptica, ra-zón pola que as previsións de cobertura do núcleo se fixan en novembro deste ano. En canto aos des-pregamentos de redes sen fíos 3G do Plan, o rexedor destaca que se priorizou a este concello, de xeito que xa entre os meses de abril e maio se cubrirán en torno a 1.600 habitantes dos núcleos obxectivos previstos no concello: Ar-zádegos, Florderrei Vello, Soutocobo, Terroso, Tra-seirexa, Enxames, Vilare-llo da Cota, Vilar de Cer-vos, Bustelo, A Moimenta e Santa María, Arzóa, A Trave, Lamardeite, Moial-de, Rexosende, Souto-chao, Tamonte, Berrande e Santa Comba.

Antonio Méndez.

Vilardevós terá banda larga de Internet en todo o municipio4 Entre abril e maio cubrirá unha poboación de 1.600 habitantes.

4 Un inglés, novo concelleiro do BNG en Laza

David John Leadbeater é desde a semana pasada novo concelleiro do BNG en Laza.

Este inglés residente desde fai varios anos no concello de Laza, tomou posesión do seu cargo como concelleiro nun ple-no extraordinario celebra-do o pasado 1� de abril, para substituir ao dimitido Manuel Amado Rolán.

David Leadbeater acom-pañará nas tarefas da opo-sición ás outras dúas edís nacionalistas, Vanesa Re-quejo e Ángeles Sierra.

4 O BNG da comarca renova os seus cargos

O BNG da comarca de Monterrei renovou en marzo os seus cargos, tal e como establece os Es-tatutos da organización despois dunha Asamblea Nacional.

Óscar Núñez continúa como responsable político comarcal. A nova compo-sición do máximo órgano de dirección comarcal in-clúe a Xesús Lantes, como vicerresponsable, a Isabel García como responsable de Organización, Alberte Rodríguez, encargado de Finanzas, Secundino Fer-nández, de Política Mu-nicipal, Ángeles Sierra, de Comunicación, Ramón Lantes, de Imaxe e Propa-ganda, Alberte Branco, de Acción Cultural, Perfecta Losada, como responsable local en Verín, e Manuel Diéguez como respon-sable local de Viana do Bolo.

David Leadbeater.

EN BREVE

barrio e Javier González, xerente e enólogo respec-tivamente, contan cunha capacidade de �5.000 li-tros e desde o primeiro momento decidiron apos-tar pola calidade como arma principal dos seus produtos.

O concurso Bacchus é a gran cita española co mun-do do viño e está organi-zada pola Unión Española de Catadores. Nas súas xa dez edicións tense conso-lidado como o certame de calidade máis importante de cantos se celebran en España.

Manuel Cardoso.

Redacción

Unha sentenza conde-na ao alcalde de Vilarde-vós, o popular Manuel Cardoso, a devolver a un traballador municipal as funcións que desempe-ñaba antes das eleccións muncipais de �011, ao considerar que o rexedor o discriminou por motivos ideolóxicos. Cardoso xa anunciou a presentación de recurso de suplicación sobre a sentenza, que aín-da non é firme.

Ademais, o político po-pular precisou que, ao ac-ceder á Alcaldía, cambiou as funcións que o traba-llador viña realizando para adaptalas ás funcións

para as que fora contrata-do en 1991, unha praza de persoal laboral fixo deno-minada “servizos xerais”. Segundo Cardoso, o único que a sentenza recoñece ao traballador é “que a súa xornada debe comezar no Concello, onde ha de re-poñerse a súa mesa e orde-nador como antes de xullo de �011, e onde, nas mes-mas condicións que antes, o actor poderá auxiliar ao público cando non estea a realizar as misións propias do seu oficio, entre as que, dende logo, se encontran a plantación e coidado de xardíns públicos, poda de árbores e entretemento de instalacións deportivas, que lle sexan encargadas”.

Petición de demisiónSobre esta sentenza, o

ex alcalde de Vilardevós e actual portavoz socialista, José Luís Pérez García, pediu en pleno a demisión do rexedor e anunciou que o seu partido acudirá á vía penal.

Óscar Núñez.

Page 8: Abril 2012 - BXVAC

8 BARRIOSAbril de �01� VERÍN E COMARCA

“A xente debe es-tar tranquila por-que agora si que está reflectida nestas partidas, non como pasaba no goberno an-terior ”, afirmou Jiménez Morán

Redacción

O subdelegado do Go-berno en Ourense, Ro-berto Castro, informou a unha representación dos veciños afectados polas expropiacións impagadas da A-75, que une Verín coa fronteira portuguesa, que os Orzamentos Xerais do Estado para �01� des-tinan de forma específica unha partida do Ministerio de Fomento para o pago da débeda pendente desde fai sete anos.

Roberto Castro, ra-tificou aos veciños de Mourazos, Tamaguelos, Tamagos, Feces e Man-dín que a súa demanda de cobro polas expropia-cións é unha realidade, e que atendendo aos prazos legais que determina a tra-mitación parlamentaria, o pago das mesmas efectua-rase no curso do presente ano, pois así o contemplan os orzamentos.

O subdelegado do Go-berno mostrou a súa satis-facción pola resolución do problema que estes cida-dáns da comarca de Verín viñan arrastrando desde fai sete anos e valora moi positivamente a resposta do Ministerio de Fomento ante as xestións continuas levadas a cabo pola sub-delegación e delegación

O pago das expropiacións da A-75, contemplado nos Orzamentos do Estado 4 O alcalde de Verín atribúese o mérito das xestións para axilizar este pago.

do Goberno.

Jiménez Morán atri-búese as xestións

Previamente a este en-contro entre os veciños ex-propiados e o subdelegado do Goberno, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jimé-nez Morán, comparecera publicamente para amosar o éxito das súas xestións rea-lizadas durante os últimos meses ante a Subdelegación de Goberno e o Ministerio de Fomento, co obxecto de lograr a axilización do pago das expropiacións da auto-vía A-75.

Jiménez Morán recordou que os propietarios afecta-dos “realizaron moitas reu-nións con representantes do anterior goberno socialista, sobre todo nos días ante-riores á inauguración de devandita autovía por parte de parlamentarios autonó-micos e nacionais, prome-téndolles que se lles paga-ría, co obxecto de que non se mobilizaran nese acto e non abordasen ao anterior ministro de Fomento no mesmo”. Uns compromisos “aos que non se lles fixo caso, porque para calque-ra pago na administración debe estar reflectido nas co-rrespondentes partidas or-zamentarias, e non existían devanditas partidas para fa-cer fronte ao pago dos tres

millóns de euros destas ex-propiacións”.

Tras o cambio de go-berno, o rexedor verinés mantivo unha reunión con representantes dos afecta-dos, onde se acordou pre-sentar unha moción, que foi aprobada por unanimida-de, co obxecto de solicitar o pago das expropiacións realizadas aos veciños de Tamagos, Mourazos, Tama-guelos, Mandín, Feces de Abaixo, Queizás e Cabrei-roá polas obras da autovía A-75. Ademais, tras a toma de posesión como senador de Juan Manuel Jiménez Morán, “comprometinme a efectuar xestións coa nova ministra de Fomento, Ana Pastor, co obxecto de que se axilizase esta situación e

4 Denunciarán a Jiménez Morán por inxurias

O secretario de Orga-nización dos socialistas de Verín, Benigno Rodrí-guez, anunciou a presen-tación dunha denuncia pola vía penal contra o alcalde, Jiménez Morán, ante as inxurias e ameazas verquidas utilizando ade-mais a súa condición de discapacitado físico.

Rodríguez apuntou que Jiménez Morán dixo, tex-tualmente: “que carallo fai o coxo de merda socialista cos comerciantes si a el esto non lle afecta”. Ase-gura contar coa testemuña dos representantes da Aso-ciación de Comerciantes que, segundo o socialista, xa entregaron un escrito confirmando os feitos para o inicio do procedemento.

Pola súa banda, o rexe-dor verinés desmentiu ta-les acusacións.

4 Novos cursos de informática na Aula CeMIT

A aula Multimedia do Concello de Verín progra-ma novos cursos de infor-mática durante este mes de abril, sobre iniciación á informática e Internet, comunicación en tempo real a través de Internet, elaboración de presenta-cións, creación dun blog, redes sociais e búsqueda de emprego na rede.

Ofrecen máis informa-ción na Biblioteca Muni-cipal e no 988 414 776.

EN BREVE

mantiven unha reunión no Senado, na que me expli-cou non só a casuística que tiña o seu departamento no ámbito de expropiacións en todo o territorio español, se-nón tamén que naquel mo-mento era inviable porque non existían estas partidas no orzamento prorrogado do anterior goberno”.

Con todo, “a ministra quedou en tomar este pro-blema como seu e reflec-tir no novo orzamento, as cantidades necesarias para o pago estas propiedades”. “Un compromiso que se fixo efectivo e real nos últi-mos Orzamentos Xerais do Estado para �01�, no que se inclúe unha partida para facer frente a estes pagos, que xa debera abonar o an-

Reunión dos afectados polas expropiacións co subdelegado do Goberno en Ourense.

terior goberno socialista”, asegura Jiménez Morán. “Prometeuse e realizouse, así que a xente debe estar tranquila porque agora si que está reflectida nestas partidas, non coma pasaba no goberno anterior, porque as obras non só hai que fa-celas senón pagalas”, insis-tiu o alcalde popular.

Page 9: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

9PUBLICIDADE

FORMACIÓN EN TIEMPO DE CRISIS, ACADEMIA PROXECTOAcademia Proxecto sigue manteniendo su línea de calidad en el campo formativo dentro de nuestra ciudad, dedicándose, entre otras cosas, a la preparación de oposiciones

¿Qué perspectivas de futu-ro augura a la preparación de oposiciones?

Sinceramente, creemos que este año �01� va a ser difícil. Es un año duro, de ajuste eco-nómico y nos va a afectar a to-dos. La reducción de la oferta de empleo público está pasando factura a los centros de forma-ción de la provincia y nosotros somos uno de ellos. Pero a pe-sar de ello y aunque la oferta de empleo público se haya visto reducida, “no hay que desani-marse por el número de plazas, el opositor debe pensar que con una para el es suficiente, solo hay que mejorar, si cabe aún más, su preparación”.

A pesar del recorte en la oferta de empleo público, este año se convocarán alrededor de 11.000 plazas de diferentes ca-tegorías en las distintas comu-nidades autónomas.

¿Cómo enfoca Academia Proxecto esta nueva pers-pectiva en el camino hacia el Funcionariado?

En relación a nuestro centro, destacar que gracias a ser fieles a nuestras señas de identidad: calidad, seriedad, compro-miso, experiencia y garantía, incluso en los tiempos que co-

rren, nuestros alumnos/as están logrando su objetivo: conse-guir un puesto en la Adminis-tración.

Un ejemplo de ello puede ser la última convocatoria del cuer-po de Ayudante de Instituciones Penitenciarias, donde con 60 plazas para toda España, nues-tros alumnos/as, a los cuales felicitamos, consiguieron el 5% de las plazas, o la última con-vocatoria al cuerpo de maestros para Galicia en sus diferentes especialidades con un índice de más del 80% de aprobados en la oposición y 14 nuevos maes-tros/as, o las recientes oposi-ciones de Justicia con buenas perspectivas pero a la espera

¿Qué podéis contar a nues-tros lectores sobre las oposi-ciones de justicia en este año tan duro?

La oferta era sensiblemente inferior a la de años anteriores, por lo que se ha insistido per-manentemente durante la pre-paración sobre la necesidad de conseguir un nivel muy alto de conocimientos.

Los exámenes y, sobre todo los casos prácticos, que han caído en las pruebas selectivas fueron muy similares a los rea-lizados en la academia, lo que determina que nuestros alum-nos, a pesar de la dificultad, estén muy familiarizados con el formato de examen.

Estamos esperando los re-sultados de los exámenes. En el grupo de gestión tenemos varios aprobados en el 1º ejer-cicio, a pesar de llevaba un año escaso de actividad formativa; habida cuenta del éxito pleno en el grupo del año anterior.

¿habrá oferta de empleo en Justicia?

Sinceramente, creemos que en este año �01� va a ser di-fícil. Es un año muy duro de ajuste económico y nos va a afectar a todos.

No obstante, en el ámbito de la administración de justicia hay un número muy amplio de plazas vacantes que están cubiertas por personal interino

R/Amor Ruibal, nº 5-7 (zona rúa Sainza)Telf. 988 24 07 48 - OURENSE - www.proxecto.es

NUESTRA OFERTA FORMATIVA: Preparación de Oposiciones a MAESTROS, MINISTERIO DE JUSTICIA, AYUDANTE DE INSTITUCIONES PENI-TENCIARIAS, CONSORCIO GALLEGO,… CLASES DE APOYO Y RECUPERACIONES, Preparación

PRUEBAS B1 Y B2 DE INGLES, CELGA´S, PRUE-BAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS Y SUPERIO-

RES, COMPETENCIAS CLAVE NIVELES 2 Y 3.

(vacantes derivadas de la pro-moción interna, traslados, ju-bilaciones, opositores que han aprobado a varios cuerpos); o sea están presupuestadas y con dotación económica; lo que no conlleva un aumento de gasto sino la sustitución de empleo temporal por empleo estable. Por ello deberán ser ofertadas, y no se descartaría la posibili-dad de su convocatoria.

¿Qué mensaje le dais a los opositores?

En primer lugar, agradecer a todos aquellos que han estado con nosotros su buen hacer, su dedicación y, sobre todo, su ca-riño; que es lo que más nos mo-tiva a trabajar duramente codo con codo con ellos para ayudar-les a conseguir su objetivo.

Felicitamos a todos los que lo consigan y animamos a los demás a no desfallecer y a seguir trabajando, de forma constante, para conseguir un nivel de perfección.

La preparación de estas oposiciones requiere tiempo y, dado que la competitividad ha subido considerablemente por la reducción de oferta en otros campos, es conveniente tener la materia preparada a fecha de convocatoria, para dedicar el tiempo que media entre la mis-ma y los exámenes (4-5 meses) a repasar y perfeccionar los co-nocimientos adquiridos.

MANUEL PARDO CID, COORDINADOR DE FORMACIÓN DE JUSTICIA EN A. PROXECTO:“Nuestros alumnos, a pesar de la dificultad,

están muy familiarizados con el formato de examen. Los exámenes y, sobre todo los casos prácticos, que han caído en las

pruebas selectivas fueron muy similares a los realizados en la academia”.

de resultados, los cuales están a punto de publicarse.

Si alguien decide prepa-rar oposiciones en su centro ¿Con qué oferta se puede en-contrar?

Además de los grupos que te-nemos en marcha actualmente en nuestro centro relacionados con las especialidades antes co-mentadas, estamos ultimando los detalles para poner en mar-cha, grupos para la preparación de oposiciones al Consorcio gallego, la cual constaría de 178 plazas de las escuelas in-

FRANCISCO JOSé GÓMEz GÓMEz, DIRECTOR DE ACADEMIA PROXECTO

Francisco José Gómez, delante de Academia Proxecto.

RESULTADOS: HEMOS CONSEGUIDO EL 5% DEL TOTAL DE PLAzAS OFERTADAS PARA PENITEN-CIARIAS, UN INDICE DE APROBADOS DEL 80% EN LAS OPOSICIONES A MAESTROS Y MÁS DE

50 APROBADOS EN LA ANTERIOR CONVOCATO-RIA DEL MINISTERIO DE JUSTICIA.

fantiles (45 plazas de maestro, 106 de educadores infantiles y �7 plazas de personal de servi-cios generales) y las diez plazas de personal técnico de los ser-vicios centrales del Consorcio.

También destacar, que al margen de la preparación de oposiciones, las clases de apoyo y recuperaciones para

Primaria, E.S.O. y Bachiller, hemos puesto en marcha la preparación de las pruebas B1 y B2 de inglés de la escuela ofi-cial de idiomas, preparación de las pruebas del Celga, pruebas de acceso a los ciclos medios y superiores o preparación de pruebas de competencias clave niveles 2 y 3.

Page 10: Abril 2012 - BXVAC

10 BARRIOSAbril de �01�

XINzO E COMARCA

EN BREVE

4 O BNG defen-de o Conservatorio

O grupo municipal do BNG esíxelle ao Gober-no local de Xinzo eficacia para garantir o futuro do Grao Medio no Conserva-torio municipal.

Os nacionalistas están a recoller moitas queixas de alumnado, familias e pro-fesorado “pola insistencia do alcalde do PP, Antonio Pérez, en que cabe a po-sibilidade de anular dito nivel de ensino” no que es-tudan, a día de hoxe, máis de 70 alumnos. Ademais, constitúe unha garantía de futuro para o alumnado que cursa o Grao Elemental, pois de non manterse este nivel, debería desprazarse a Ourense para recibir as clases correspondentes.

Entenden desde o Blo-que que agora que o Con-servatorio dispón dun novo centro “é ilóxico e surrea-lista que se estea pensando en suprimir un servizo con tantos anos de traballo e esforzo por parte tanto do profesorado, do alumnado e de boa parte da socieda-de limiá no seu conxunto, e que sitúa a este centro como un referente acadé-mico da provincia”.

4 Problemas cos plenos en Trasmiras e Vilar de Santos

Os socialistas de Tras-miras afirma nque o pleno celebrado o 29 de marzo é “nulo de pleno dereito por-que non foi convocado for-malmente segundo marca a lei” (por escrito e con acu-se de recibo), motivo polo que os edís socialistas non asistiron. O portavoz mu-nicipal, Manuel Rodríguez Ayuso, considera “unha es-trataxema rastreira” inten-tar aprobar o plan de viabi-lidade do Concello a través dun pleno extraordinario o mesmo día da folga xeral.

En Rairíz de Veiga, os socialistas pediron a anu-lación do pleno celebra-do o 30 de marzo, para a aprobación do plan de axuste, ao non ter sido convocados formalmente e ao ter sido substituída a secretaria por un funcio-nario “que non pode dar fe do sucedido no pleno por-que non se fixo o decreto de nomeamento como se-cretario accidental”.

O Concello de Xinzo ofrece reducir os soldos un 22% para evitar o ERE4 O alcalde e os representantes dos sindicatos volverán reunirse o �5 de abril.P.L.

A sombra dos despedi-mentos non planea sobre os traballadores laborais de Xinzo... aínda. De mo-mento o que está sobre a mesa é unha redución de salario ou de xornada aos 105 traballadores laborais do Concello de Xinzo. O grupo de goberno debe conseguir un aforro anual de 500.000 euros para po-der sanear as contas mu-nicipais e cumplir así co plan de axuste que apro-bou para optar ao crédito estatal que lle permitirá pagar aos seus provedo-res.

Na primeira reunión da mesa de negociación entre o alcalde e os represen-tantes dos traballadores (os sindicatos CIG, maio-ritario, CCOO e CSIF) o popular Antonio Pérez ofreceu “seis opcións que non contemplan nin o ERE nin o seu despido”. Ou ben unha redución li-neal do ��% do soldo aos

empregados laborais, ou ben outras cinco opcións con diferentes graos de re-dución de soldos e xornada en distintos grupos de em-pregados.

Valoración das propos-tas

Anxo García, o represen-tante da CIG, considera que estas cinco últimas propos-tas son “desde un punto de vista xurídico e técnico in-viables, porque incurren na violación do principio de igualdade, calquera traba-llador nun xulgado podería botalas abaixo”. En canto á primeira alternativa, de re-dución de salarios do ��%, pensa que é “viable desde ese punto de vista, pero non estamos de acordo”, por-que, entende o sindicalista, a redución salarial debería-realizarse “dunha maneira xusta e equilibrada para todo o mundo, incluindo os políticos, que tamén cobran do capítulo de persoal”, así como os �6 funcionarios do Concello, aos que se lles

pode recortar “no comple-mento específico e na pro-dutividade”.

García ve inxusto que os traballadores laborais “apanden con todo o esfor-zo cando a media do soldo dun funcionario é de 65.918 euros ao ano e a dun laboral 23.925 euros ao ano”.

Porén, o membro da CIG mantén “un certo tono de optimismo” despois desta reunión, por canto o alcalde lles asegurou que estas pro-postas eran negociables. De feito, Antonio Pérez agarda que o mércores �5, día do seguinte encontro (previsto para as 1� horas), os sindi-catos lle presenten “propos-tas ou outras alternativas”. Neste sentido, o represen-tante da CIG xa anunciou que nese encontro lle soli-citará ao alcalde que con-crete tamén os expedientes de regulación de emprego (EREs) previstos, de extin-ción de �5 contratos ou de suspensión de contratos.

E é que aínda que o alcal-de asegura que os despedi-

mentos non se contemplan, o certo é que, nunha segun-da fase das negociacións, se estas non chegan a bo porto, si que poría enriba da mesa esta posibilidade. “Ata o 15 de maio temos para nego-ciar, estas ou outras alterna-tivas; se non hai acordo, do

Antonio Pérez, alcalde de Xinzo.

Anxo García, representante da CIG.

Anxo García, da CIG: “a redución salarial debería realizarse dunha maneira xusta e equilibrada para todo o mundo”

Alcalde de Xin-zo: “Ata o 15 de maio temos para negociar estas ou outras alterna-tivas; se non hai acordo, negociare-mos un ERE”

15 de maio ao 15 de xuño negociaremos un ERE”. De non haber acordo tampouco nese prazo, o rexedor afir-ma que non lle quedará outra que impor o ERE, “senón do 15 de xuño ao 30 de xuño farémolo nós”, dixo.

Page 11: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

11XINzO E COMARCA

O alcalde dos Blancos agarda pola resposta da Xunta á petición de rescate 4 A oposición pide a demisión de José Manuel Castro: “se non ten forma de xestionar e resolver o problema que deixe que o faga outro”.

Redacción

A portavoz socialista, El-vira Lama, esixe ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, así como ao responsable dos Servizos Sociais, “que digan alto e claro se teñen pensado privatizar o ser-vizo de axuda a domicilio, como así nos consta”.

Os socialistas queren explicacións sobre unha xuntanza que houbo en días pasados entre os traballa-dores dos servizos sociais municipais e representan-tes dunha empresa privada, da que non foi informada a oposición. Detrás desta re-unión, o PSOE ve o intento do alcalde por privatizar

un servizo básico que ata agora presta o concello.

O grupo municipal so-cialista advirte que a pri-vatización deste servizo suporá para os usuarios do noso concello unha mer-ma da calidade do servizo vinculado ao necesario beneficio económico da empresa que o xestione e alertan de que a dita priva-tización suporá un incre-mento no custe das tarifas que veñen abonando pola prestación deste servizo.

Polo tanto, solicita ao rexedor que convoque a comisión informativa correspondente para dar conta do que ten pensado facer cos servizos sociais.

O PSOE de Xinzo esixe ao alcalde que diga se vai privatizar a axuda a domicilio4 Cren que a privatización su-poría unha merma da calidade. P. Lodeiro

Compás de espera nos Blancos, logo da petición á Xunta, por parte do al-calde, José Manuel Cas-tro, para que interveña o Concello e garanta a súa supervivencia económica.

O rexedor, de Alter-nativa Popular Galega (APGa), enviou o pasado venres 13 á Consellería de Facenda un dossier econó-mico no que dá conta que as débedas do consistorio superan os 3,1 millóns de euros. Entre elas 1,5 mi-llóns de euros á Segurida-de Social e 1,� millóns a provedores, cifras todas elas que non pode asumir un municipio de apenas 1.007 habitantes.

Ata o momento, os ingre-sos do concello só dan para pagar as nóminas dos seus 1� traballadores, “pero iso non será posible por moito tempo”, apunta o rexedor, que urxe unha resposta da administración autonómi-ca.

José Manuel Castro insis-te en reclamar “que se mire onde foi ese diñeiro” que falta nas arcas municipais dos Blancos, pedindo inclu-so que interveña a Fiscalía.

Petición de demisiónAnte este panorama, o

voceiro popular e líder da oposición, Juan Manuel Andrade, pide a demisión de Castro: “se non ten for-ma de xestionar e resolver o problema, que non é pe-

O alcalde, José Manuel Castro, de APGa, e o líder da opo-sición, Juan Manuel Andrade, do PP./ARQUIVO.

queno, que deixe que o faga outro”.

Andrade recoñece que a situación do Concello dos Blancos “é moi complica-da” pero apunta tamén que o actual rexedor xa a coñecía, “pois foi asesor do anterior

alcalde sete ou oito meses” e que, ademais, dispón de maioría absoluta para tomar as súas decisións. “O que ten que facer é tratar de buscar solución fóra do Concello, e que non paguen o pato os veciños”, reclama.

Page 12: Abril 2012 - BXVAC

1� BARRIOSAbril de �01�

XINzO E COMARCA

O alcalde de Xinzo negocia coa ministra de Fomento o arranxo da N-525Redacción

O rexedor de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, mantivo unha reunión coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que abordaron diversos asuntos de interese para a localidade.

Entre eles, destacan desde o Concello, o arranxo da N- 5�5 ao seu paso pola vila. A renovación desta estrada comezaría no acceso da au-tovía e incluiría as avenidas de Ourense e de Madrid, ás que se dotaría de novo asfalto, novas beirarrúas e complementación de estéti-ca medioambiental. Antonio Pérez e Ana Pastor.

O Instituto do Campo, premiado polo Colexio de Arquitectos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu de mans do presi-dente da Xunta Directiva de Ourense do Colexio de Arquitectos de Galicia, José Jaime Vázquez Iglesias, o diploma acreditativo do recoñecemento que vén de acadar a insti-tución provincial ao ser premiado o edificio do Instituto do Campo (ubicado en Xinzo de Limia), pertencente á Deputación, como mellor obra na categoría de “Arquitectura de baixo custo”.

Baltar recibiu aos representantes das xuntas directivas do COAG en Ourense e Gali-cia, que lle entregaron o diploma que recoñece á Deputación de Ourense como promoto-ra da obra que foi premiada na gala dos XIV Premios COAG de Arquitectura, celebrada recentemente en Santiago, na que se recoñecen cada dous anos as mellores construcións feitas en Galicia.

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, sede do Instituto do Campo./ARQUIVO.

As obras na estrada a Baltar obrigan a cortar o tráfico4 Polo ensanchamento de dúas pontes.Redacción

As obras de mellora na estrada entre Xinzo e Baltar (OU-304) obrigaron a cor-tar ao trafico o tramo com-prendido entre as ponte so-bre o río Limia e o Nocelo, que se van ensanchar.

Tráfico desviadoA circulación desviarase,

mentres duren os traballos, para os que que queren entrar na vila, pola pista da Armada, en dirección á rúa Dous de Maio, e polo mesmo vial pero en sentido contrario, para os que quei-ran deixar Xinzo en direc-ción a Baltar.

As previsións da Conse-llería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

Ponte da OU-304 sobre o Limia cortada ao tráfico estes días polos traballos de mellora que se executan neste vial. O tráfico desviouse pola pista da Armada, á que se accede desde a propia OU-304 en dirección acceso á vila, ou desde o tramo final da rúa Dous de Maio. /P.L.

son rematar a actuación an-tes do verán. Os traballos execútanse sobre un tramo de 1.600 metros do vial que conecta Xinzo con Baltar. Ademais de ampliar as dúas pontes, está pendente botar a capa de rodadura, e insta-lar as sinalizacións vertical e horizontal. A Xunta invis-te nesta obra �,5 millóns de euros.

Page 13: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

13PUBLICIDADE

Page 14: Abril 2012 - BXVAC

14 BARRIOSAbril de �01�

ALLARIz E COMARCA

Redacción

Adif vén de rematar a per-foración do túnel de Bouzas, situado no subtramo Mia-mán-Ponte Ambía, dentro do tramo Zamora-Ourense, correspondente á Liña de Alta Velocidade (LAV) Ma-drid-Galicia.

O de Bouzas é un túnel monotubo (polo que disco-rren as dúas vías), de 85� metros de lonxitude e cun-ha pendente do �,5%, o cal contará con plataformas de evacuación nas súas dúas bocas.

Rematado o túnel de Bouzas en Baños de Molgas4 Correspondente á Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

A continuación, drenaxe e impermeabilización

Concluídas as tarefas de perforación procéde-se a executar a drenaxe, impermeabilización e re-vestimento do túnel, o que xerará a sección definitiva na que se instalarán vías, electrificación, sinalización e comunicacións.

Subtramo Miamán-Ponte Ambía

O subtramo Miamán-Ponte Ambía, deseñado para dobre vía de alta velocidade ten 6,7 km de lonxitude e discorre polo municipio de

Baños de Molgas. Ademais do túnel de

Bouzas, presenta como estruturas singulares os viadutos de Miamán (de 177 m de lonxitude), para salvar o val orixinado polo Regueiro de Porro; Bou-zas (216 m) e Arnoia (799 m), sobre o río do mesmo nome. Tamén contará con dúas pérgolas para salvar a liña de ferrocarril conven-cional Medina-Zamora-A Coruña.

O orzamento para a exe-cución das obras de plata-forma deste subtramo é de 74,6 millóns de euros.

Unha das bocas do túnel de Bouzas, recén rematado.

Redacción

A Fundación Vicente Risco en colaboración coa Fundación Ramón Gonzá-lez Ferreiro e a Reserva da Biosfera Área de Allariz, acolle entre os días �3 e �7 de abril o curso “Espazos ecolóxicos e educación medioambiental”.

A sede da Fundación Vicente Risco, na rúa San Lorenzo en Allariz, será o escenario onde se imparti-

Allariz acolle un curso de educación medioambiental4 O �3 e �7 de abril na Fundación Vicente Risco.

rá este curso en horario de 18 a �� horas, destinado a profesorado de primaria e secundaria, que de entre os contidos desta inicia-tiva poderán gozar dunha charla sobre as Reservas da Biosfera impartida por Bernardo Varela, conce-lleiro de Medioambien-te de Allariz, así como a visita ao ecoespazo do Rexo.

Así mesmo, outras das actividades que inclúe é

unha introdución ás po-líticas medioambientais, unha mesa redonda entre organizacións ecoloxis-tas ou a visualización do filme “Padrolongo”.

Inscricións O curso, de �5 euros

de matrícula, está limi-tado a �5 persoas polo que os interesados deben inscribirse canto antes en [email protected].

Redacción

Baixo o lema “Galicia, o país da auga” botará a andar o 1� de maio a ter-ceira edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. O xurado do festival elexiu 11 das �8 propostas presentadas para formar parte desta edición,

A auga, a gran protagonista do Festival Internacional de Xardíns 2012 de Allariz4 Inaugúrase o 1� de maio.

entre eles algunhas proce-dentes de Portugal, Viena ou Serbia, máis a proposta máis votada o ano pasado, do ga-lego José Souto.

Ampliación do recintoPara esta ocasión, am-

pliouse o recinto do festival de xardíns, e incorpórase tamén o parque de Ferra-

dal, máis de �0.000 metros cadrados nas marxes do río Arnoia. A ampliación, se-gundo explicaba o alcalde, Francisco García, “comple-ta este proxecto ambicioso que supón ademais da súa vertente lúdica e de ocio, unha saída económica que reforza a capacidade de atracción de Allariz”.

O curso impar-tirase de 18 a 22 horas e está destinado a profesorado de primaria e se-cundaria

Redacción

Os voceiros dos tres grupos politicos con re-presentación en Maceda, solicitarán o apoio da De-putación e da Xunta de Galicia para garantir un servicio profesional de intervencions en emer-xencias. Amosan así a súa preocupación e as dos ve-ciños do municipio ante a proliferacion de incen-dios nun breve periodo de tempo, nos ultimos meses producíronse catro lumes, un nun taller mecánico e tres en vivendas.

Por iso convocaron un pleno extraordinario no que se solicitan a Xunta de Galicia un estudo técnico para que a seguridade da veciñanza estea garantida, xa que na actualidade a

tardanza dos actuais medios ronda os 60 minutos debido a que os parques de bom-beiros máis próximos son os de Ourense e Xinzo.

Esta situación non é par-ticular de Maceda, pois afecta a toda a súa comarca, cunha poboación de preto de 15.000 habitantes.

Incendio en Tioira O pasado domingo pro-

duxose un incendio nunha casa da localidade de Tioira, no que unicamente se con-tou para sofocalo cos me-dios dos propios veciños, un tractor cisterna. Como resul-tado do sinistro, a familia de cinco membros propietaria do fogar tivo perdas valo-radas en 10.000 euros, ade-mais de quedar o inmoble totalmente calcinado.

A veciñanza reaccionou

con solidaridade, un veciño de Tioira prestoulles unha vivenda para que esta fami-lia se aloxe mentres non re-para a súa. O domingo pola tarde tralo lume, creouse unha comision para solici-tar fondos entre os veciños, até o de agora levanse reca-dados preto de 4.000 euros en metálico.

Con respecto a este caso concreto, a corporación macedá agradeceu o apoio dos Servizos Sociais de De-putación e Xunta para dar-lle cobertura a esta familia.

Voceiros dos tres grupos políticos con representación en Maceda.

Maceda reclama a Deputación e Xunta un servizo de intervención en emerxencias4 Ante a proliferación de incendios, o último nunha vivenda de Tioira.

Os bombeiros de Ourense ou Xinzo tardan, de media, unha hora en chegar a este municipio

Page 15: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

15ALLARIz E COMARCA

4 Formación de voluntariado medioambiental

O Proxecto Ríos (unha iniciativa de Educación e Voluntariado Mediamen-tal que busca dar a coñe-cer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fo-mentar iniciativas que per-mitan á cidadanía o man-tenemento e a mellora dos ríos) ten programadas, durante a primavera �01�, diversas saídas formativas con distintas entidades, as cales consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e expli-cando aos participantes a metodoloxía e partes do programa.

En Allariz, estas saídas compleméntanse cunha charla divulgativa, que terá lugar o vindeiro �1 de abril.

4 Aberta a inscrición para os campamentos de verán

A Fundación Ramón González Ferreiro, con sede en Allariz, vén de abrir o prazo para partici-par nos campamentos de verán �01�.

A programación, di-rixida a nenos de entre 8 e 14 anos, componse de actividades e obrado-iros de inglés, educación ambiental, música, teatro e visitas, entre outros. Como novidade este ano amplíanse a catro as quendas por idades e ao mes de xullo.

Todos os interesados en recibir máis información ou inscribirse nos campa-mentos deben chamara ao 988 436 182 ou escribir a [email protected]

EN BREVE

Redacción

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, vén de visitar en Baños de Mol-gas o Roadshow Movistar Galicia, a aula móbil que ten por obxectivo achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural e dar a coñecer os avances do Plan de Banda Larga do Goberno galego, que ten por obxectivo do-tar dotar de acceso á rede a máis de 11.300 núcleos do rural galego de aquí a 2013, beneficiando preto de �50.000 persoas.

Martínez destacou a im-portancia de informar aos cidadáns dos avances na súa localidade do Plan de Banda Larga, impulsado desde a Axencia de Mo-dernización e Innovación Tecnolóxica, e de fomen-tar o uso de Internet, “di-

O 80% de Baños de Molgas conta con Internet de calidade4 Segundo a Xunta, en 2013 será case o 100%.

vulgando as vantaxes que proporciona no día a día tan-to para os propios veciños como para as empresas”.

No caso de Baños de Molgas, segundo indicou Martínez, o Plan de Banda Larga proporcionou cober-tura a máis 1.300 veciños que carecían de conexión a Internet, o que supón o 80% da poboación do municipio. Nembargantes, hai dous anos a cifra apenas chegaba ao 40% e as previsións do departamento autonómico é que esta se incremente á práctica totalidade da po-boación a finais de 2013 (mentres a porcentaxe res-tante cubrirase vía satélite).

Roadshow Movistar Galicia

No Roadshow Movistar Galicia os veciños da loca-lidade puideron aprender a través de distintas demos-tracións como levar a cabo

No Roadshow persoal especia-lizado amósalle aos veciños as vantaxes da rede para a vida diaria

Redacción

A empresa ourensá No-valicor Auria presenta unha nova xenebra destilada con botánicos de propiedades estimulantes, o ginseng e o guaraná. A compañía, con sede en Allariz, xa innovara previamente no mercado dos destilados ao lanzar a marca Entropía, a primeira gama de licores elaborados con estas her-bas exóticas.

Agora, a nova Entropía Gin tamén está elabora-da con ingredientes 100% naturais. Ademais de bo-tánicos clásicos das xe-nebras como o xenebreiro ou o coandro. a adega de Ourense innova ao incor-porar ingredientes moi pouco habituais (hibisco, xenxibre e noz moscada) e outros nunca antes usados para unha xenebra, como son as herbas enerxéticas (e mesmo afrodisíacas)

Unha empresa de Allariz presenta unha nova xenebra 4 Destilada con botánicos de propiedades estimulantes.

guaraná e ginseng.O resultado é unha be-

bida aromática e fresca, con toques cítricos, ideal para combinados como o popular gin tonic.

Calidade recoñecidaEntropía Gin, que xa se

pode atopar no mercado, logrou os aplausos dal-gunha das publicacións de referenza na industria dos destilados. Así, aca-dou a categoría de “ex-celente” ao conseguir 90 puntos na edición �01� da coñecida “Guía Peñín de los Destilados”.

A aposta da adega No-valicor Auria polos in-gredientes de calidade e a elaboración artesanal xa foi premiada en �010, ano do seu debut na industria dos destilados premium. Así, os seus destilados e licores obtiveron diversos galardóns en concursos nacionais de cata.

unha compra online, so-licitar unha cita médica, facer uso da sede electró-nica da Xunta, realizar trá-mites coa Administración ou consultar todo tipo de información dispoñible na rede. A aprendizaxe realí-zase a través dos 18 pos-tos con ordenador cos que conta a aula móbil e está guiada en todo momento por persoal especializado.

O autobús do Roadshow Movistar Galicia tamén visitou outros municipios da provincia, como Bo-borás, Amoeiro. Bande, Muíños e Lobeira.

Rogelio Martínez visitou en Baños de Molgas a aula móbil sobre as utilidades de In-ternet.

Imaxe das botellas de Entropia, que así se chama a xene-bra de orixe alaricano.

Os bombeiros de Ourense ou Xinzo tardan, de media, unha hora en chegar a este municipio

Page 16: Abril 2012 - BXVAC

16 BARRIOSAbril de �01� PUBLICIDADE

Page 17: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

17PUBLICIDADE

Page 18: Abril 2012 - BXVAC

18 BARRIOSAbril de �01� CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O Partido Popular es-treou a finais de marzo unha sede específica no concello de Quintela de Leirado. Nela, afiliados, militantes e simpatizantes teñan un lugar de encontro no que aportar suxeren-cias, ideas e todas aquelas cuestións de interese para os veciños de Quintela de Leirado.

Á apertura desta nova sede asistiu o presiden-te provincial do PP de

Membros do PP diante da nova sede en Quintela de Leirado.

Ourense, Manuel Baltar, quen manifestou que esta formación política “segue na senda de achegarse aos veciños e veciñas de tódo-los concellos desta provin-cia, pois somos o partido de referenza para a inmen-sa maioría dos ourensáns e, como tal, a nosa obriga é estar sempre preto das necesidades e inquedanzas dos veciños de toda a pro-vincia, e neste caso en con-creto, dos de Quintela de Leirado”.

No mesmo acto entregá-

ronse os carnés aos novos 52 afiliados de Quintela de Leirado.

Xunta local de CelanovaPola súa banda, en Ce-

lanova tivo lugar reunión da xunta local do PP, na que participou o presiden-te provincial.

Xunto a medio cento de militantes e afiliados deste municipio, Manuel Baltar sinalou o importante tra-ballo diario que se está a realizar dende esa xunta local, manifestando que o seu partido “está e estará sempre ao carón dos veci-ños e das súas máis inme-diatas reivindicacións”, manifestando deste xeito a necesidade de manter un contacto diario cos asun-tos cotiás que lle afectan aos habitantes de Celano-va.

O PP abre sede en Quintela de Leirado4 Os populares reuniron á xun-ta local de Celanova.

4 Cursos nas aulas CeMIT

Durante o mes de abril vanse a impartir novos cursos nas aulas CeMIT da Bola e de Celanova.

Na Bola coa temática “Non tires nada: véndeo ou cámbiao por Internet” e “Uso de redes sociais”, ambos do �3 ao 30 de abril.

En Celanova sobre al-fabetización dixital, in-trodución á informática, creación de blogues, de-seño gráfico asistido por computadora, e procesa-mento de textos para es-colares.

4 Formación sobre explotacións apícolas

A Asociación Galega de Apicultura (AGA), impar-tirá na Bola un cursiño de apicultura gratuíto: “Xes-tión e aproveitamento dos recursos dunha explota-ción apícola”.

As sesións terán lugar os días �4, �5 e �6 de maio e 9 de xuño. A inscrición é gratuíta e pode realizarse no Concello da Bola ata o �1 de maio.

4 Obradoiro de busca de emprego

O Concello da Bola convoca, coa colabora-ción da Dirección Xeral de Xuventude e Volunta-riado, un obradoiro sobre orientación para mozos na procura de emprego deno-minado “Emprégate”.

A convocatoria celebra-rase o venres �5 de maio, en horario de 17 a 19 ho-ras no baixo do concello, e vai dirixida a calquera veciño de entre 16 e 30 anos, ademais de a téc-nicos locais de emprego, animadores xuvenís e, en xeral, a calquera colectivo interesado no ámbito da mocidade. Nela aborda-ranse contidos tales como a autoavaliación do can-didato, posibles nichos de emprego para mozos e fe-rramentas máis operativas á hora de buscar un posto de traballo.

A Omix da Bola abriu o prazo de inscrición (a través do número 988 451 293) nesta acción formati-va de carácter gratuíto.

Redacción

O Diario Oficial de Galicia publica o aviso da Consellería do Me-dio Rural e do Mar polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas da concentración parcelaria de Vilar de Va-cas, no concello ourensán de Cartelle.

Con este anuncio ponse en coñecemento dos ve-ciños beneficiados pola concentración que poden comezar a usar as novas fincas resultantes do pro-ceso de reorganización. A partir da toma de po-sesión -e nun prazo de 60 días-, os adxudicatarios

poderán facer reclamacións no caso de que existan dife-renzas superiores ao �% en-tre a cabida real das novas fincas e a que conste no ex-pediente de concentración. Para iso deberanse dirixir á Xefatura Territorial da Consellería en Ourense.

Reorganización Esta concentración par-

celaria supón a reorganiza-ción da propiedade de 7.764 parcelas en 1.538 fincas, pertencentes a 594 propie-tarios. Dende o seu inicio lévanse investido algo máis de 1,7 millóns de euros, dos cales a meirande parte se destinaron á execución da rede de camiños.

CARTELLE

Os beneficiarios da parcelaria de Vilar de Vacas poderán tomar posesión das fincas de remprazo4 E presentar reclamacións no caso de que haxa diferenzas de superficie superiores ao 2%.

Redacción

Os socialistas de Ce-lanova critican que a dé-beda municipal “serve só para manter as políticas de favores do PP en vez de xerar emprego, ao tem-po que os intereses dos ci-dadáns pasan a un segun-do plano para o alcalde”, explican nun comunicado á prensa en referenza ao último plneno municpal, onde “unha vez máis unha moción socialista sobre o regulamento do tráfico non foi debatida”.

Sobre o recoñecemento por parte do Concello dun-ha débeda a provedores que ascende a 20.697 euros, á que hai que engadir a débe-

da bancaria de aproximada-mente dous millóns de euros, os socialistas consideran que é “exclusivamente para pa-gar gasto corrente e manter o engranaxe do Concello a base de soldos e favores do grupo de goberno”.

Falta de servizos“Os servizos xestionados

polo Concello son inexis-tentes, non se inviste nin se fomenta a creación de em-prego de calidade”, afirma a voceira socialista, María Jesús Boo, ao que engade que os servizos están des-concentrados cara a Man-comunidade e “cada vez son menos e máis caros”. Boo tamén censura a falta de axudas ao comercio.

Redacción O grupo municipal do

PP en A Bola mostra o seu desconcerto e mal estar polas débedas a provedo-res de 1.0�5.000 euros re-coñecidas pola alcaldesa no pleno do 29 de marzo.

Recorda o PP que xa en outubro do pasado ano lle pediran aclaracións pola débeda que a corporación

tiña con provedores por en-riba do millón de euros, a cal foi negada pola rexedo-ra que só recoñecía �00.000 euros. “De súpeto aparece-ron facturas polo millón de euros, parece ser que estas teñen o don de aparecer e desaparecer á mellor conve-niencia”, manifesta o porta-voz popular na Bola, José Antonio Dapía Afonso.

Os populares conside-

ran tamén que a alcalde-sa mentiu ao xustificar a saída da Mancomunidade Terras de Celanova por-que a factura da recollida de lixo lle saía demasiado cara aos veciños. “Agora atopámonos que vai su-bir os recibos a 50 euros e con disminución de ser-vizos tales como a menor frecuencia recollida”, cri-tican os populares.

A última reclamación do PP é a falta de servizo de bombeiros. “Ao non estar mancomunado, o Conce-llo da Bola carece do ser-vizo de bombeiros, o que quere dicir que se algunha casa arde no municipio, temos que estar pendentes da dispoñibilidade do ser-vizo de extinción”, indica o voceiro popular.

O Concello da Bola debe máis dun millóns a provedores4 O PP critica a suba do recibo da recollida de lixo.

Os socialistas de Celanova denuncian a improdutiva débeda municipal

Page 19: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

19CELANOVA E COMARCA

A Xunta destaca que as obras da autovía de Celanova avanzan segundo as previsións4 A directora da Axencia Galega de Infraestruturas reitera que o vial atópase a un 67% da súa execución e rematarase a finais deste ano.Redacción

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reiterou, o compromiso da Xunta de Galicia de rematar a finais deste mesmo ano o treito I da autovía de Celanova, que se atopa a un 67% da súa execución.

Vázquez interviu na Co-misión parlamentaria �ª, onde lembrou que este vial está deseñado con sección de autovía e que se trata na súa totalidade dunha infra-estrutura de novo trazado, cunha lon-xitude de case 19 quilómetros e que terá continuidade co treito II ata a fronteira portuguesa, un vial que está na planifi-cación da Consellería.

Aclarou que na actuali-dade, dentro do capítulo de movemento de terras, se están a realizar labores de desmonte e transporte do material extraído a zo-nas de terraplén en deter-minados puntos da traza,

Imaxe das obras na autovía a Celanova o pasado verán. /ARQUIVO.

ao mesmo tempo que se están a executar traballos de drenaxe, tanto lonxi-tudinal como transversal, que inclúen a escavación de gabias e a colocación de tubos e arquetas.

En canto ás estruturas, os 18 pasos inferiores están iniciados, e deles, 7 están abertos ao tráfico, 8 rema-tados, e 3 en execución. Dos 1� pasos superiores, 3 están abertos ao tráfico, 4 executados, en � estanse a instalar as barreiras pro-tectoras e 3 están en exe-cución.

No tocante á situación dos viadutos, no do Rego do Porto e no viaduto do Arnoia, colocáronse os pre-tiles. Respecto ao viaduto do río Ourille, finalizaron as tarefas de execución do muro de terra armada e o formigonado dos cargadei-ros.

130 millóns en infraes-trutruras

A directora da Axencia

Galega de Infraestruturas recordou que, nun contex-to de grave crise económi-ca, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas destina máis de 130 millóns de euros para a execución de infra-estrutura viaria na provin-cia de Ourense. Citou como

exemplos o novo vial de conexión Rairo (CV-401)- Bemposta (OU-105), cun investimento de � millóns de euros e a obra de adap-tación da estrada OU-404 ao plan de baixa IMD, cun orzamento de 1,7 millóns de euros, no concello de Celanova.

Barrios chega a Allariz e Celanova

O periódico gratuíto Barrios Xinzo-Verín, que ata o de agora se distribuía só nas comarcas da Limia e Monterrei, chega desde este mes de abril a Allariz e Celanova cunha edición propia.

A información de carác-ter local é o eixo funda-mental desta publicación, que edita desde �006 a empresa Letras a la Car-ta SL. Así queremos que siga sendo tamén con esta ampliación, polo que face-mos un chamamento a co-lectivos, asociacións, en-tidades, etc. de Celanova, Allariz e as súas comarcas para que a través do noso correo [email protected] ou no 988 239 634 nos fagan chegar as súas novas, queixas, demandas, etc.

Barrios distribuirase a metade de mes, mediante buzoneo en fogares e de xeito gratuíto, nas locali-dades de Allariz e Celano-va, cunha tirada de 4.000 exemplares. O obxecti-vo da empresa editora é ampliar proximamente o reparto a todas as capita-lidades dos 16 municipios que conforman as comar-cas de Allariz-Maceda e Terras de Celanova.

Grupo editorLetras a la Carta SL é

unha empresa ourensá in-dependente que publica en Ourense capital o periódi-co Ourense por Barrios, que neste �01� cumplirá a súa primeira década, así como desde finais de 2010 o Barrios Deportivo, con información de temática deportiva.

Toda a información des-tes medios pódese seguir en Internet na páxina web www.mundourense.com, con actualizacións diarias. Ademais, estamos presen-tes na rede social Facebo-ok (mundourense.com).

Edith Vázquez asegura que o treito ata a fronteira por-tuguesa está na planificación da Consellería

Redacción

Por terceiro ano consecu-tivo, nesta ocasión contan-do co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Cul-turais (AGADIC), o Con-cello de Celanova inicia o programa de Concertos Di-dácticos de Órgano que se celebrarán ata o próximo mes de xuño na Igrexa de San Rosendo e nos que par-

130 estudantes inauguraron os concertos didácticos de órgano de Celanova4 A iniciativa prolongarase ata xuño.

ticipan alumnos de música de moi diversos institutos e centros escolares de toda Galicia.

A primeira sesión desta edición tivo lugar o 17 de abril, con tres concertos didácticos impartidos pola profesora de órgano do Conservatorio de Ouren-se, Marisol Mendive, que contou con espectadores de luxo: 40 alumnos do

IES “Cidade de Antioquía” de Xinzo de Limia, 50 do

Marisol Mendive, Antonio Mouriño e Juan Carlos F. Fasero durante a inauguración da edición 2012 do Concertos Didácticos de Órgano de Celanova./RAMSÉS

IES “Escolas Proval” de Nigrán e outros 40 do CPR

“Divina Pastora” do Bar-co de Valdeorras.

Page 20: Abril 2012 - BXVAC

�0 BARRIOSAbril de �01� OURENSE PROVINCIA

4 En 15 días, outras mil hectáreas ardidas

Se no pasado número de Barrios dabamos como balance preto de dúas mil hectáreas queimadas en 15 concellos da provincia de Ourense desde mediados de febreiro a mediados de marzo, desde esa data ata o peche desta nova edi-ción (18 de abril) outros dez incendios sumaron unhas mil hectáreas quei-madas máis a esa cifra, segundo datos oficiais da Consellería de Mar e Me-dio Rural.

En apenas 15 días rexis-tráronse lumes forestais en Allariz (Coedo), onde arderon 140 hectáreas de monte raso e arborado incluído na Reserva da Biosfera; Porqueira (Pa-radela de Abeleda, �3 ha de monte raso); Muíños (Couso de Salas, 61,30 ha); 148 hectáreas máis en Vilar de Astres, na ca-pital ourensá, e 50 ha en Gomesende (O Pao).

Especialmente tráxico foi o incendio que afectou 478 hectáreas (�78 ha de arborado e �00 de monte raso) en Piornedo, Cas-trelo do Val, onde faleceu mentres traballaba o bri-gadista Higinio Vivas.

Os lumes tamén che-garon aos municipios da Gudiña (Parada da Senra, 35 hectáreas rasas), Cor-tegada (Valongo, máis de �0 ha), Avión (Abelenda, 7� ha) e Lobios (Arauxo, 18 hectáreas).

Ecoloxistas piden para os espazos naturais ourensáns plans de recuperación similares ao da Fraga do Eume4 Responsables da Xunta atribúen á actividade delictiva incendiaria o elevado número de lumes que sofre Galicia e insisten na necesidade de endurecer o Código Penal na loita contra os incendiarios.

Incendio no Piornedo, Castrelo do Val, onde faleceu un brigadista./RAMSÉS.

P.L

Grupos ecoloxistas solici-tan para os espazos naturais de Ourense afectados polos lumes plans de recupera-ción como o previsto para as Fragas do Eume. Así, Amigos da Tera considera “que tamén é imprescindi-ble levar adiante as mes-mas medidas de recupera-ción-restauración ao resto de ecosistemas forestais de Galicia, especialmente nos espazos naturais protexi-dos”. Cita, entre outros, a Serra de Queixa, Manza-neda, Serra do Xurés, Pena Trevinca, Pena Trevinca, Serra de Meda-Ribeira Sa-cra, Reserva da Biosfera de Allariz, “e un longo núme-ro de ecosistemas forestais afectados polos incendios neste ano e no outono do ano �011”.

Desde Amigos da Terra propoñen que nas zonas integrantes da Rede Natura �000 afectadas polos lumes a Xunta de Galicia faga unha valoración efectiva dos danos e poña en marcha plans de restauración-recu-peración, e nunha segunda fase comece “a rexenera-ción para intentar minimi-zar os danos que afectaron aos devanditos ecosistemas forestais”.

Críticas á falta de ac-tuación

Adega, pola súa banda, afonda nas críticas á fal-ta de actuación por parte da administración galega: “nin Medio Rural nin Me-dio Ambiente fixeron nada

polas case 16.000 hectá-reas queimadas en menos de seis meses e en período invernal nuns espazos pro-texidos cuxa fraxilidade e vai parella ao abandono institucional”. Desde este colectivo acusan á Xunta de “falla de atención ao medio rural de montaña, ausenza dunha politica forestal co-herente, de investimentos e de propostas para uns espazos interiores cunhas potencialidades enormes” así como de esquecerse “das obrigas legais de con-servación deste patrimonio natural”. Adega censura os recortes na loita contra o lume por parte do Goberno galego nos últimos anos, recollendo datos dos orza-mentos autonómicos. Así, os investimentos directos na prevención e extinción de incendios baixaron este ano un �7% con respecto a 2009 (16 millóns de euros), mentres que os investimen-tos en producións forestais, “que son no fondo tamén unha forma activa de facer prevención”, reducíronse no mesmo período nun 37,8% (case 7 millóns de euros).

As críticas tamén recaen sobre o operativo de extin-ción de incendios forestais. Desde o sindicato CIG acu-san á Xunta de desmantela-lo, pondo como exemplos a falta de persoal nas cuadri-llas forestais, “nos diferen-tes distritos forestais atopá-monos con cuadrillas con dúas e tres prazas vacantes” e a existencia de motobom-bas “inoperativas pola falta de mantemento”.

4 Autorización queimas

Desde o 9 de abril, a Consellería do Medio Rural e do Mar volve tra-mitar permisos para facer queimas de restos agrí-colas e forestais, debido á diminución das condi-cións de risco. Por mor do vento e da persistente seca, a Xunta decidira prohibir a realización de queimas desde o 1� de marzo.

Cifran en 16.000 as hec-táreas queima-das en Ourense nos últimos seis meses, moitas delas en espazos protexidos

Desde o Goberno galego atribuiron á “actividade delictiva incendiaria” su-mado á “prolongada seca” como os factores que ex-plican o elevado número de lumes que sufriu Gali-cia nas semanas pasadas, “xa que a nosa Comunida-de presenta unhas caracte-rísticas climáticas e fores-tais semellantes ás doutras zonas de España e só aquí se rexistran estes paráme-tros”, apuntaba no Parla-mento o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

Nese sentido, a titular de Medio Rural e do Mar fa-cilitaba un dato na Cámara galega: durante esta vaga de incendios rexistráronse ata 70 lumes ao día, che-gando a máis de �.100 no que vai de ano.

Tendo en conta estas cir-cunstancias, Rosa Quintana sinalou que o dispositivo anti-incendios foi similar ao establecido noutras épocas semellantes e res-pondeu con eficacia e efi-ciencia, logrando apagar os incendios que se producen, “cun tempo medio de con-trol de entre hora e media e dúas horas”.

Como medidas a longo prazo, a conselleira insistiu na necesidade de endure-cer o Código Penal na lo-ita contra os incendiarios e destacou que a nova Lei de Montes atenderá esta cuestión de xeito priorita-rio, tanto no que atinxe á prevención e defensa dos lumes en particular como, de maneira xeral, fomen-tando a posta en valor do monte.

4Alta actividade incendiaria

Page 21: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

�1PUBLICIDADE

Cifran en 16.000 as hec-táreas queima-das en Ourense nos últimos seis meses, moitas delas en espazos protexidos

Page 22: Abril 2012 - BXVAC

�� BARRIOSAbril de �01� OURENSE PROVINCIA

Redacción

O presidente da Depu-tación de Ourense, Manuel Baltar, anunciou “a elabo-ración e posta en marcha coa maior celeridade po-sible” do que será o Plan Estratéxico �01�-�015, que permitirá á Deputación de Ourense facer fronte ao di-fícil escenario económico actual “e garantir a presta-ción dos servizos sociais nos concellos así como a realización das obras do Plan Provincial”.

Así o anunciou Baltar, quen dixo que é o momen-to “de anticiparse e de facer

un exercicio de realismo”, destacando que agora máis que nunca “hai que fuxir de alarmismos e catastrofis-mos, porque o que cómpre é analizar a situación e ac-tuar con eficacia na xestión, aproveitando as oportuni-dades que teñamos, para acadar o obxectivo final que non é outro que solucionar os problemas aos pequenos concellos e aos seus veci-ños”.

O presidente provincial subliñou que ante “o peor escenario económico posi-ble e de máxima dificulta-de”, “por primeira vez na historia a Deputación de

Ourense vai asumir a rea-lización do Plan Provin-cial de Obras e Servizos, e tamén por primeira vez asumirá as competencias en servizos sociais, achegan-do a asistencia económica, xurídica e técnica aos con-cellos de menos de �0.000 habitantes (91 dos 92 da provincia) para garantir a prestación destes servizos e para que os concellos de Ourense non renuncien aos servizos públicos básicos”.

No que atinxe ao Plan Provincial de Obras, no que, ata o de agora, cada concello realizaba actua-cións en infraestruturas

Un Plan Estratéxico da Deputación garantirá os servizos sociais e as obras nos concellos4 O ente provincial asumirá por primeira vez o 75% do custo das obras do Plan Provincial de Obras (1,8 millóns) e a totalidade do custe dos servizos sociais (1,4 millóns).

por un importe máximo de 41.000 euros, un orzamen-to que o Estado financiaba nun 30%, Baltar destacou que “con este novo esce-nario e de manterse estas expectativas, a achega do Estado este ano será de cero euros para todas as deputa-cións de España, ante o cal a Deputación de Ourense será quen asuma este orza-mento, que en total ascende a 1,8 millóns de euros”.

Duro golpe para as eco-nomías provinciais

Manuel Baltar cualificou este novo horizonte como “un duro golpe para a eco-

nomía das deputacións”, pero “aínda así –dixo- é tempo de seguir facendo esforzos en favor dunha maior cooperación munici-pal e de seguir afondando na prestación de servizos comúns entre concellos, como xa vén facendo a De-putación en materia de me-dio ambiente, tributos, xes-tión da auga e dos residuos, con contrastada eficacia e aforro de custos”.

O presidente provincial perfilou as que serán as liñas básicas do Plan Es-tratéxico �01�-�015 desta-cando que este será “o un instrumento de gran axuda

para os pequenos concellos da provincia”. Entre outras medidas, o plan contempla redimensionar a adminis-tración provincial, replan-texar os servizos que ofre-ce a Deputación, poñer en marcha unha nova estrutura orgánica do ente provincial para gañar en eficacia e efi-ciencia e reducir o gasto para poder destinar ese afo-rro a obras e servizos nos concellos.

Nas vindeiras semanas iranse coñecendo en detalle as accións que comprenderá o plan e nos vindeiros me-ses comezarán a executarse as primeiras iniciativas.

Manuel Baltar, presidente da Deputación.

Page 23: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

�3DEPORTES

R.Torres

Por segundo ano conse-cutivo, José Luis Abadín, participa na Fórmula �, a antesala da F1. A primeira das citas do piloto ouren-sán tivo lugar esta pasada fin de semana, no circuíto británico de Silverstone. Na primeira das carrei-ras, o celanovés comeza-ba desde atrás tendo que remontar. Nas primeiras curvas, Abadín demos-trou que se manexa ben e adiantou a rivais. Con terreo por diante apretou para alcanzar aos de dian-te, pero un calentamento excesivo dos neumáticos fíxolle frear as súas an-sias de dar alcance aos de diante. Nesa volta viuse adiantado por outro piloto. De aquí ao final, o ouren-sán forzou para alcanzar aos de diante e non verse superado polos de atrás. Finalmente remata na de-cimo terceira posición na

Abadín queda sen puntuar no circuíto de Silverstone4 Nas dúas primeira carreiras de Fórmula � da tempada.

primeira proba da tempada.Ao seguinte día as cousas

non lle foron mellor. Xa na calificación cando podía usar o Boost (que da 75 cv extra por un tempo), víuse freado por catro pilotos que estaban diante del en pista polo que a calificación non foi a desexada. Na carreira, Abadín volveu a adiantar a uns cantos rivais para colo-carse 1�º. Pouco máis tar-de alcanzaba ao grupo que corría diante, pero cando se dispoñía adiantar a un de-

les, un toque entre ambos fixo que perdera posicións e tivera que entrar en boxes para cerciorarse que todo estaba correcto. José Luis Abadín remataría 16º en esta carreira.

AlgarveA próxima cita da Fórmu-

la � terá lugar no Algarve portugués do 27 ao 29 de abril. Abadín tentará sacar-se a espiña que lle supoxo o seu debut este ano en Sil-verstone.

Abadín no circuíto de Silverstone.

I Torneo de Tenis Semana Santa de Verín

Do � ao 7 de abril, o complexo deportivo da Granxa acolleu a celebración da primeira edición do Torneo de Tenis de Semana Santa de Verín, organizada pola área de Deportes do Concello de Verín, Eurocidade Chaves-Verín e os proxenitores dos �1 menores participantes.

Este torneo dividiuse nas categorías cadete, infantil e alevín, cada unha a súa vez dividida en dos grupos, e nas que se clasificaron os dous primeiros de cada grupo para a final. Na última xornada tiveron lugar as semifinais e as finais nas tres categorías. En alevín, Pablo Vega Dosantos venceu 9 – 1 a Brais García Vaz; en infantil, Alejandro González Sánchez perdeu 4 a 9 con Álvaro Ferreira Domínguez e en cadete, Álvaro Ferreira Do-mínguez gañou a Pablo José Calvo por 3-6, 6-1 e 7-5.

Participantes do torneo de tenis de Verín.

EN BREVE

4PiragüismoNa XVII Copa Gale-

ga Promoción en cate-goría infatil participaron os piragüistas Santiago Álvarez, Ángel Pereira e Sergio Gavilanes do club piragüismo Fluvial de Allariz, rematando de 16º, 17º e 34º respectivamente, acadando o club a ��ª po-sición.

4Fútbol salaXa deu comezo o 4º

Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Ve-rín. Na primeira xorna-da o dominio foi para os equipos portugueses sobre os verinenses. O primeiro líder da competición (pola diferenza de goles) e o Santa Maria Maior (+8), seguido do Cimo de Vila da Castanheira (+6) e do Soutelinho da Raia (+6). Esta fin de semana dispú-tase a segunda xornada.

Page 24: Abril 2012 - BXVAC

�4 BARRIOSAbril de �01�

DEPORTES

O Gran Desfile de Xinzo sairá o martes 21 ás 17 horas do polígono da vila

Redacción

O 1 de abril celebrouse a segunda edición da andai-na e a carreira de monte do “Pozo do Demo” que orga-nizan o Concello de Verín e a Asociación de Senderis-mo “Ruta das Augas”.

O primaveral día deu a benvida aos 610 inscritos na andaina para percorrer a novedosa ruta de 18 quiló-metros que dispuxo a orga-nización para coñecer máis a fondo o Pozo do Demo. Antes, a proba adentrárase polo monte Montemaior arriba para rodealo e chegar a Veiga das Meás.

Mentres discorrían os camiñantes por retorcidas veredas e contemplaban as impresionantes paisaxes do val de Monterrei dende a cima do Pozo do Demo, na zona do pavillón celebrá-banse varias carreiras esco-lares. A carreira benxamín, de 700 metros, tivo como gañadores a Pablo Pazos, e a Antía Castro. Na mesma distancia, os alevíns máis

Redacción

Xa está aberta a inscri-ción para participar no San Mamede Desafio Solidario �01�. A proba está organi-zada pola Asociación Cul-

R.T.

A quinta edición dos 10Qm Vila Xinzo de Li-mia congregou entre todas as categorías a uns 500 atletas.

Un ano máis, a Vila de Xinzo foi fiel a súa cita cos atletas para celebrar a quinta edición dos 10Qm Vila Xinzo de Limia sobre un percorrido de 10 quiló-metros homologado.

En todas as categorías houbo unha grande par-ticipación, pero foi a ab-soluta, a que máis atletas congregou.

Nesta proba absoluta o podio masculino estivo copado por Jorge Crespo

500 atletas correron por Xinzo de Limia4Participaron na 5ª edición dos 10 Qms. Vila de Xinzo de Limia.

(0:33:11), primeiro; José A. Requejo (0:33:47), segun-do e Rubén Diz (0:34:�0), terceiro. En canto ás mu-lleres, as irmáns Teijeiro foron primeira e segunda, Sonia (0:41:37) e Silvia (0:42:19) por este orde. O terceiro caixón estivo ocu-pado por Noelia Fernández (0:44:00).

No apartado de atletas locais masculinos, Rubén Diz, Miguel A. Díaz e Roy Gonzalez subiron o podio, mentres que Fátima Gon-zález, Aurora López e Ma-riela Carrera completaron o femenino. A organización tamén repartiu trofeos para o atleta mais veterán (Ma-nuel Fernández Ledo) e a

atleta mais nova (Daniela Hugueros).

Carreiras escolaresNa primeria das carrei-

ras, Iván Gómez e Miriam Opazo foron os campións cadetes e Ziat Nagihi Lucía Suárez os infantís.

Na carreira benxamín e alevín, Iris Castro e Manuel Prieto gañaron na categoría alevín, mentres que Andrea Opazo e Hugo Nóvoa o fixeron na benxamín.

En canto a carreira de Pi-tufos (nados no ano �005 e posteriores), 57 foron os participantes nesta proba na que todas e todos levaron cadansúa medalla.

O Pozo do Demo achégase ao millar de participantes4 Entre as probas de carreira, andainas e as pro-bas escolares.

rápidos foron Manuel Prie-to e Miriam Cerdeiriña. Xa na distancia de �.000 me-tros, os vencedores infantís foron José Carlos Castro e Marta Espiritosanto e re-mataron impóndose nos cadetes os corredores Iván Gómez e Ana Justo.

Carreira de montañaFinalmente, desde o Bal-

neario de Cabreiroá come-zou a carreira de monte para atletas xuvenís en adiante, cun traxecto de 11,37 quiló-metros, na que participaron

��5 atletas. A organización retocou

os derradeiros 3 quilóme-tros respecto do ano pasa-do para darlle máis espec-tacularidade polo bosque de Cabreiroá.

Marcial Rodríguez Rey entrou en meta como ven-cedor, cun tempo de 45.3�, por diante de Elpidio Gó-mez, vencedor da edición anterior. A vencedora en mulleres foi Sonia Teijei-ro, do Veteranos Pabellón Ourense, cun tempo de 58.55.

Inscricións abertas para o San Mamede Desafio Solidario 20124 A proba terá lugar o �0 de maio.

tural e Deportiva Vía XVIII e Cruz Vermella Maceda e é de caracter solidario. A saí-da e meta estarán ubicadas en Castro de Escuadro.

Na proba pódese partici-par dunha das tres formas

que a organización ten pre-visto: andaina (con saída ás nove da mañá), trail ou btt (sairán ás 10 horas). A andaina terá un percorrido duns 17 quilómetros, o ca-rreira trail sobre os �1 qui-lómetros e a btt, 44 Qm.

InscriciónsA inscrición está aberta

ata o 16 de abril e ten un custe de 16 euros. Do re-cadado, 10 euros irán para gastos ocasionados pola organización da proba, e

6 euros destinados ao fin solidario do evento. Este ano o fin solidario é a repo-boación forestal da Serra de San Mamede, a raíz da ca-tastrofe sufrida polos incen-dios, acontecidos durante o mes de outubro de �011. As inscricións realizaranse on-line a través da web: www.turinisport.com.

A cuota de inscrición dará dereito a participar na pro-ba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avitua-llamentos, guardarroupa,

duchas, comida postcarrei-ra e cantos regalos consiga a organización.

Poderán participar as per-soas que o desexen, maio-res de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba.

Dado o carácter solidario do evento, soamente se or-togorá un trofeo conmemo-rativo aos gañadores abso-lutos da carreira e do BTT, non na modalidade andaina por non ter carácter compe-titivo.

Aviso da organizaciónA organización deste

evento advirte da dureza da proba.

Todas as persoas intere-sadas en participar deberán ser coñecedores das súas li-mitacións para poder afron-tar as diferentes probas sin poñer en risco a súa saúde e integridade física.

As inscricións están abertas ata o 16 de maio

Participantes da carreira “II Pozo do Demo”.

A carreira absoluta foi a que máis participantes congregou. /S. TORRES

Page 25: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

�5PUBLICIDADE

O ximnasio Body Fitness leva a Xinzo o KinesiotapeEste centro ofrece, ademais, spining, aeróbic ou kick boxing, entre outras actividades.

O mes de abril chegou ao ximnasio Body Fitness de Xinzo de Limia cargado de novidades. Promocións especiais e un novo curso de Kinesiotape, único na provincia, son só algunhas delas.

Porque coa chegada da primavera dende Body Fi-ness queren que porse en forma sexa máis sinxelo e asequible que nunca, por iso propoñen neste mes unha promoción inme-llorable: unha cota anual para o ximnasio por só 170 euros. Así mesmo, para os que prefiran participar en actividades concretas este tamén é o seu mes, xa que contan cunha oferta de 3x� (contratando tres activida-des regálanche a de menor importe).

Pero a cousa non remata aí, os socios de Body Fit-ness poden gozar, ademais, de 4 bonos para clases de spining por tan só 15 euros/mes e os non socios por 5 euros máis.

A maior novidade, cur-so de Kinesiotape

Body Fitness abriu xa o prazo de inscrición para un curso básico de Kinesiota-pe, dirixido a osteópatas e quiromasaxistas, que busca achegarlle as distintas apli-cacións do kinesiotaping,

como son as técnicas de re-laxación e tonificación dun músculo, de ligamentos, de drenaxe linfático ou para o tratamento de doenzas máis habituais.

Este curso, único en Ourense, consta de 1� ho-ras de duración (�0% teó-ricas e 80% prácticas) e os participantes disporán de dous rollos de kinesiotape e unhas tesoiras para realizar os exercicios.

Todos os interesados po-den inscribirse xa por só 180 euros no propio xim-nasio e deben facelo canto antes xa que esta exclusiva actividade conta con prazas limitadas.

Easy-feedAdemais de todo isto,

dende Body Fitness aseso-

ran aos usuarios do ximna-sio sobre dietas e para com-plementar os exercicios propoñen a revolucionaria “Easy-feed”, unha liña de comida rápida e sa, dous adxectivos que ata o mo-

Novo horario:Luns-venres: de 8 a 12.30 h e de 15.30 a 22.30 h.

Sábados: de 9 a 13 h.

Av. Ourense, 86 - Xinzo de Limia

mento nunca se deron a man pero que dende agora o fan a través da firma de insta-lacións, material e nutrición deportiva Health&Fitness, que distribúe en ximnasios e centros deportivos de toda España (entre eles o limián) cinco pratos elaborados por un nutricionista e prepara-dos por unha empresa de cátering de Lugo. Os me-nús pesan 350 gramos; non levan sal, salsas, conser-vantes, colorantes nin aditi-vos; o seu valor enerxético oscila entre �01 e 787 kilo-calorías e custan entre 3,90 e 4,50 euros. Os mesmos preséntanse en tarrinas de plástico listas para meter ao microondas ou ao forno e todos levan indicados os ingredientes, a cantidade de

cada un e o valor calórico total.

Unha proposta innovadora que os expertos ven como a solución perfecta tanto para deportistas como para todas aquelas persoas que buscan coidar a súa alimentación, pero non contan con moito tempo para facelo.

As demais actividades Xunto a todas estas no-

vidades, este ximnasio de Xinzo de Limia segue a ofrecer moitas outras activi-dades deportivas, como spi-

ning, aeróbic, kick boxing, bailes latinos e karate para nenos e adultos, ademais de táboas de entrenamento in-dividualizadas.

As clases de spining te-ñen ás �0 horas (de luns a xoves) e ás �1 (de martes a xoves). As de aeróbic, luns e mércores ás 9 da noite.

Os que prefiran o kick boxing teñen cita os martes e venres ás 8 do serán co varias veces campión Cipri Gomes, e os que sexan máis de bailes latinos tócalles se-guir o ritmo os venres ás �1 horas.

Pola súa banda, as clases de karate para nenos son impartidas os mércores ás �0 horas, e as de adultos os luns e mércores ás �1.45.

Body Fitness ofrece clases de aeróbic luns e mércores ás 21 horas.

Unha das aplicacións do Kinesiotape é a relaxación e to-nificación muscular.

O kick boxing é unha das actividades máis exitosas do ximnasio limián.

Page 26: Abril 2012 - BXVAC

�6 BARRIOSAbril de �01�

Co rigor táctico e a súa determinación sui generis fixo crecer o Porto, o Chel-sea e o Inter. Agora, outros éxitos se van sumar co Real Madrid, a pesar de ter como adversario o Barcelona, que considero o mellor equipo de todos os tempos, así como o xenio Messi, sen dúbida o máis eficaz de todas as xera-cións e de toda a historia do fútbol.

O home que “ve atrás das montañas” e que non se cansa de gañar. Cunha lectura de xogo excepcional, sabe motivar os xogadores e comunicar con eles -é un verdadeiro líder; sabe en-contrar valores descoñeci-dos e transformalos en xo-gadores de “primeira liña”. Son exemplos Derlei, Milito,

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

José Mourinho, o adestrador máis mediático do mundo

Deco, Drogba, Ricardo Car-valho, entre moitos outros. A este propósito recórde-se as palabras de Drogba: “Mourinho para min era como un deus, adiviñaba o resultado e explicaba en pormenor como ían xogar os defensas contrarios”.

Home polémico, mais de-fensor acérrimo da verdade, así foi en Portugal, Inglate-rra, Italia e, presentemente, en España. Mais, Mourinho tamén ten fallos como cal-quera ser humano. Todos temos presente a súa acti-tude perante o adestrador adxunto do Barcelona, con-secuencia das provocacións de que foi obxecto momen-tos antes. No entanto, co-rrecto nas críticas á UEFA como se concluiu perante a

DEPORTES / OCIO E CULTURA

decisión final deste orga-nismo coa diminución da suspensión de catro para tres partidos.

Posuidor dunha vital calidade individual, mais máis importante aínda é a capacidade de conxuga-ción e coordinación de to-dos os elementos en xogo. E é neste concepto de to-talidade e complexidade, conxugando as ciencias humanas e naturais onda-está o segredo de Mourin-ho, distinguíndoo de todos os outros. Por iso, será que se xustifica a actitude marcadamente radicalista dalgunha prensa española con comentarios que rozan a xenofobia.

João Damião

O Auditorio Ilduara pasa da música á letra4 Celanova acolle nestes meses actividades para todos os gustos.Redacción

O Auditorio Municial Ildurara de Celanova se-gue a acoller durante este mes de abril e comezos de maio diversas actividades para toda a familia.

A seguinte delas terá lugar o sábado �8 de abril ás 11 da mañá, cando se celebrará un obradoiro de libros de artistas, pensa-do para nenos de entre 7 e 13 anos e no que Baldo-mero Ramos lles amosará como elaborar este tipo de libros mesturando a creación plástica e a lite-ratura.

De seguido, o mércores 9 de maio ás 12 horas o

auditorio da vila de San Rosendo acollerá a confe-rencia denominada “Aque-la noite de pedra” da man de Alberte Suras, sobre a vida e a obra do coñecido poeta celanovense Celso Emilio Ferreiro, dentro do ciclo de actividades que a súa vila natal está a cele-brar durante �01� con mo-tivo do centenario do seu nacemento.

InscriciónsOs interesados en parti-

cipar nalgunhas desta acti-vidades deben inscribirse previamente na biblioteca municipal de Celanova, sita no propio auditorio, ou no 988 43 19 30.

Redacción

O Festival Reperkusión engade novos atractivos ao seu cartel. Aos dous concertos de Manu Chao no festival, únicos previstos na Península, e a pro-gramación dalgúns dos grupos máis interesantes da mú-sica global, súmase agora a presenza de El Canijo de Jerez. O ex cantante de Los Delinqüentesi-niciará en Allariz unha nova etapa cun concerto acom-pañado de Tomasi-to, antes de publi-car a finais este ano o seu disco de de-but en solitario.

El Canijo de Je-rez + Tomasito é unha das últimas incorpo-racións ao cartel do festi-val, xunto cos húngaros Bohemian Betyars e o francés Gambeat, baixis-

ta e dj de Radio Bemba e Manu Chao La Ventura. Tamén se suman os djs Funkombo, Hadri Hache e Dj Karim.

Escenario de día e esce-nario de gorra

A organización seleccio-nou xa os grupos e artistas que participarán no escena-

El Canijo de Jérez, ex de Los Delinqüentes, pecha o cartel do Festival Reperkusión4 O festival celébrase en Allariz do 17 ao 19 de maio con Manu Chao como cabeza de cartel.

rio de día e no escenario de gorra do festival. Son máis de �0 grupos de música, danza, circo e malabares, que mesturan artistas ben

coñecidos polo grupo galego con propostas chegadas de fóra de Galicia e novas forma-cións que sorprende-rán aos asistentes.

Entradas á vendaOs bonos e entra-

das para o X Festival Reperkusión, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de maio no recinto do Portiño, po-den mercarse por an-ticipado en puntos de venda e na web www.reperkusion.com por 45 euros o bono de tres días, 50 euros o bono con cámping e �0 euros a entrada dun

día. En taquilla o prezo será de 50 euros o bono de tres días, 55 euros o bono con cámping e �5 euros a entrada dun día.

Dous equipos de play off4 O CD Ourense e o Club Ourense Baloncesto disputarán a promoción de ascenso nas súas res-pectivas competicións.R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto e o CD Ourense dis-putarán a promoción de ascenso, para LEB Ouro os primeiros e �ª División B os segundos.

O COB a falta dunha xor-nada para que remate a liga regular xa ten o pasaporte para a disputa dos play offs de ascenso á LEB Ouro. Ao ser segundo correspóndelle a vantaxe de ter o factor cancha a favor en todos os play offs.

Este venres, a partir das �1 horas no Paco Paz, o COB recibe a visita do Fon-tedoso Ávila, nunha xorna-da na que so lle resta esperar

quen será o rival do equipo ourensán na primeira ronda da promoción de ascenso. Dos oito equipos que xoga-rán o play off, acompañará ao Andorra (primeiro clasi-ficado da liga e polo tanto ascendido directamente) o ano que ven na LEB Ouro, o vencedor das tres elimina-torias que compón a fase de ascenso. O cadro dirixido por Rafa Sanz é o máximo favorito nesta promoción, logo levar unha racha de nove partidos gañados e un perdido.

CD Ourense

O CD Ourense está a catro xornadas de rema-tar a liga. Líder con dous

Partido do COB na Coruña ante o Leyma Natura. /O. BLANCO

puntos sobre o segundo (Alondras), posiciónase para rematar primeiro e ter a opción de ascender nunha soa eliminatoria; en caso de perder tería unha nova oportunidade. Aínda non ten matemáticamente a promoción asegurada, pero a falta de 1� puntos, o equipo “rojillo” está oito puntos por enriba da quin-ta posición, a primeira que non promociona. O seu concurso no ascenso está asegurado, resta saber se de primeiro de grupo ou de segundo, terceiro ou cuarto; se queda entre o segundo e cuarto tería que pasar tres eliminatorias para ascender.

A Torre das Cam-pás de Celanova acollerá unha co-lección de cadros Redacción

A Torre das Campás do Mosteiro de San Rosendo de Celanova vai acoller unha exposición perma-nente de pintura do artista José Antonio Ocaña.

O campanario será incorporado ao itinera-rio de visitas guiadas ao mosteiro no momento en que rematen as obras de restauración e sexan ins-taladas as pinturas de José Antonio Ocaña.

Trátase dunha vintena de obras de gran formato alegóricas á biografía de San Rosendo, que pasa-rán a formar parte dunha exposición permanente que será visitable nos es-pacios que están sendo habilitados na Torre das Campás.

Page 27: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

�7

4TRIBUNA ABERTA

Os alcumes en VerínOs alcumes ou motes,

como se lle queira chamar, forman parte da riqueza cultural e da indiosincrasia dun pobo. Ás veces a can-tidade de alcumes que se escoitan nas aldeas, vilas ou cidades chaman a aten-ción, sen importar siquera, as dimensións nin o núme-ro de xente que nela viven. En moitos sitios de Galícia, dase o caso de que todos os lugareños dun pobo, teñen alcume, incluindo o cura, o alcalde ou o mestre. Os alcumes poden dar pé para que certos individuos apro-veiten a ocasión e fagan uso das malas intencións, e ferir sen piedade o “dono” do “valorado alcume”. Acostuman ser xente sen mote os que non saben apreciar o signo do alcume, nin sequera posúen a sen-sibilidade de pronuncialo do xeito preciso, e transfor-man o mote nun insulto ba-leiro, cheo unicamente de maldade, e coa intención de provocar un sentimento de inferioridade na persoa que o recibe. Mais a reali-dade, é que esta xente con-funde a actitude, e non sinte o inmenso agasallo de po-der agarrarse ao ancestro, aos antepasados, ás raíces, que son os que deixan esta herdanza, que mirado den-de o enxebre, é fermoso le-var por bandeira o alcume dos avós, bisavós.. ou sabe Deus!, sempre coa cachola erguida.

O alcume ten que ser sin-

cero, recitalo con agarimo, con arte e ledicia, como se fora un poema, e ter maña, para poder distinguir a quen non lle gusta que o alcumes, que no fin é o máis dificil. Verín, ten cantidade de alcumes, que repartidos en tantas familias, son como as “páxinas amarelas “ dos desubicados no tempo, ben por antigüidade, ou por es-tar fóra da vila moitos anos, non se percatan das novas xeracións, pero deseguido, aplícase o alcume, se o ten e ponse no seu sitio a fula-nito...

Un día de inverno, e al-ternando por San Lázaro co meu pai, entramos no bar “Tufín” rexentado polo xenro da “Manzurreta”. Alí estaba o “Maneco” co “Zosca”, discutindo se a pesca empeza en marzo ou abril. Tomamos uns bran-cos, que pagou o fillo do “Caneda” que estaba en ronda. Cruzamos a estrada, enfiamos cara o “Cubano”, onde o “La Baila” servía con oficio os presentes, en-tre eles o “Mosquito”, o “Tripa”, o “Cazoleiro”, o “Parrilla”, o “Cachavé”, e o meu parente o “Chita car-pinteiro”, mollamos a pa-lleta e seguímos a marcha, en compaña do “Sr. Sapa”, sempre co corazón quente, coma un fado lusitano, pa-samos a ponte paseniño. O “Zurria” na outra beira, co “Larocho”, co “Chimpas”, e co “Caravel” que apuraba unha novela de vaqueiros,

ao mesmo tempo que ollaba os lances coa cana da “Va-selisa”, cando o Támega era un río limpo, cheo de vida. “O Cesteiro” foi a seguin-te estación, onde antano a muller do “Chena” prepa-raba os mellores berbere-chos do mundo, entre outras cousas. Fixemos parada forzosa no “Zapatillas”, a tertulia reunía o “Tainas”, o “Fan-Fan”, o “Cunino”, e o “Trolo”, ”paniqueiros” de casta... Estaban a falar dos barbeiros antigos, con-tando anécdotas e xoldas que daquela aconteceron. Recordaban o “Cachimbo” e as historietas do “Grolo”, toma limón! e do “Nené”, “corte á taza por favor”, inesquecíbel! Voltamos pola rúa Maior, onde tiña o taller o “Chinquena”; lembreime dunha bici con dúas prazas, única no Verín de entón. O cheiriño das empanadas do “Roscas”, amasadas polo “Leiro” na madru-gada, abreunos o apetito, saudamos ao “Ciélaga” e ao “Lilí” na rúa Aduana. Torcimos onde o “Pirrim-pin”, ao pé da carnicería do “Costilleta” e visitamos o bar “Liló” onde o “Pi-lís” selaba as quinielas de catorce coa mítica foto do Athlétic de Bilbao no fon-do. Recortamos treito, pola rúa Traviesa, rúa romana dende Viriato, onde vivía o “Lexionario”, engaiolado nun frenético e aloucado entroido, deixando sen lí-mite, os excesos da función

OCIO E CULTURA

4AXENDAMúsica- �8 de abril - Concer-

to solidario pro-Unicef - 16:30 h. - Igrexa Sta. Mª a Maior Verín

Exposicións- Ata o 30 de abril -

Fotografías: “Miradas al Sur” - Casa da Cultura de Allariz

- Ata o 10 de maio - Ex-posicións colectivas na sede da Eurocidade

Cine- 19 de abril - “Una in-

vención diabólica” - ��:45 h. - C. da Cultura de Verín

- �6 de abril - “Me sien-to rejuvenecer” - ��:45 h. - Casa da Cultura de Verín

Conferencias e pre-sentacións

- 19 de abril - “Nenos e nenas, adolescentes e adultos con trastorno por déficit de atención”, por Manuel García, psicólogo - 19:30 h. - Casa da Cultu-ra de Verín

- �0 de abril - Presenta-ción do libro “Crise e ra-dicalización neoliberal: as alternativas silenciadas”, de Xabier Vence - 20:15 h. - Casa da Cultura de Verín

Feiras- �3 de abril - Rairiz de

Veiga.- �3 de abril - Verín.- 27 de abril - Xinzo.- Primeiro domingo de

mes - Porqueira.- Primeiro luns de mes

- Sandiás.- � de maio- Calvos de

Randín.- 5 de maio - Cualedro.- 7 de maio - Vilardevós- 8 de maio- Baltar.

www.mundourense.com

Nivel medio4SUDOKUS

EN BREVE

4 Exposicións colectivas na Eurocidade

Ata o vindeiro 10 de maio, a sede da Euroci-dade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo) acolle unha expo-sición colectiva de �4 artis-tas do Norte de Portugal e de Galicia, promovida polo Instituto Português do Des-porto e Juventude.

Na exposición coexisten obras de 1� artistas lusos, no apartado de ‘Contraban-dum’ que recollen inves-tigacións do concepto de fronteira, e outras tantas de ‘Circuíto de Creatividade’, constituído por artistas que entre 2009 e 2010 foron premiados no Certame de Novos Creadores, sección Artes Plásticas, promovido pola Xunta de Galicia.

4 Contacontos e manualidades no Día do Libro

O luns �3 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza unha iniciativa de contacontos e manualida-des relacionadas co Día do Libro.

A actividade está desti-nada a un máximo de �5 menores de 3 a 10 anos socios da instalación e consistirá na realización de contos clásicos e actuais, e manualidades como un marcapáxinas de libro ou un dragón. As inscricións poden realizarse na propia biblioteca ou no teléfono 988 414 776.

4Concurso do cartel das Festas de San Bieito 2012

A Concellería de Cultura do Concello de Allariz con-voca o concurso para a con-fección do cartel anuncia-dor das festas de San Bieito �01� que se celebrarán os días 13, 14 e 15 de xullo.

O cartel debe presentar-se, sen sinatura e montado nun soporte, antes das 14 horas do 4 de maio na Casa da Cultura de Allariz. Es-tablécese un único premio de 450 euros, que poderá declarase deserto.

As bases do concurso es-tán dispoñibles na web mu-nicipal: www.allariz.com.

4HUMOR

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

entroideira, xamais con-tada. Funcionaba o “Li-beral” na panadería, ao carón da filla do “Relum-bra” casada co “Pescadi-lla”. Topamos o “Rallano” cun carriño de leña na rúa do Pozo, camiño onde o “Bambolí” nas derradei-ras horas do día, rompía a liña recta cun pendular andar cheo de ledicia. Cru-zamos co ”Enterrador” na rúa da Cruz, que baixaba coma unha centella na bici-cleta. O “ Xierelo” apilaba as caixas da fruta pretiño do “Biempica”, e o “Pán-digo” saía do Lugano, cara ao Arjiz para ver o Verín. Antes de chegar á casa da miña avoa, topamos o “Ro-llas”, agasalloume cunha folla dos 1001 alcumes da comarca, na carátula puña “Non te mosquees e Busca o teu!”

Hai centos de alcumes en Verín, que forman un te-souro único que non se de-bería esquecer. Facer uso do enxebre é alomenos en-riquecedor e tomar as cou-sas con humor é importante para ser felices. Os alcumes son vida, cando chegan con cariño e aprecio. Busquei o meu na folla que me deu o “Rollas” e quedei intran-quilo por un intre. Non o topaba!, pero si, como non, alí estaba!e Sentinme or-gulloso de formar parte da fermosa sinfonía dos “al-cumes” do meu pobo.

Miguel A. P.S “Chita”

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Page 28: Abril 2012 - BXVAC

�8 BARRIOSAbril de �01� OCIO E CULTURA

Volve o Talonario de Primavera Ponte Vella

A campaña promocio-nal “Talonario Primave-ra �01�”, estará en vigor desde o 9 de abril ao 31 de maio, coa intención de continuar tendo a gran acollida recibida nas edi-cións anteriores por parte dos usuarios do centro comercial ourensán, posto que facilita as súas com-pras.

O éxito débese á com-pleta oferta do mesmo e aos importantes descontos que ofertan os comercian-tes adheridos á mesma, destacando o 10% en Ha-ley (oferta difícil de igua-lar en alimentación), e ata un 30% noutros sectores.

Os clientes teñen até o 31 de maio para facer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de todos os cheques poden aforrar un importe supe-rior aos 1.500 euros.

Tamén participan nes-te talonario Termas de Outariz e Chavasqueira, con promocións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e unha fin de sema-na en Hotel Rural Casa de Mein.

Nesta ocasión, a través do cupón corresponden-te, os amantes das motos poden obter un desconto especial nas súas entradas para asistir á X Concen-tración Internacional de motos-showbike, que se celebrará do �5 ao �7 de maio en Ourense.

Unha liña de roupa clá-sica de 0 a 3 anos, con de-seño e calidade de primeira e prezos moi axustados é o que ofrece a nova tenda Valentina Bebé, que abriu recentemente as súas por-tas na avenida da Habana de Ourense. Isto é posible xa que en Valentina Bebé son fabricantes e forman parte dunha cadea de tendas con cinco puntos de venda en España e Portugal, e con expectativa de novas aper-turas nos próximos meses. “A roupa clásica e elegan-te de bebé adoita ser cara, pero non no noso caso; é un produto cunha confec-ción moi boa e que vende-mos a prezos competitivos por ser fabricantes”, indica o propietario do establece-mento.

TendenciasValentina Bebé abriu en

Ourense con roupa da nova colección primavera-verán xa no seu escaparate e os seus estantes. Pezas de pun-to e téxtil nas que destacan os tecidos de algodón e pi-que, en peleles, raniñas con camisa, ou ‘jesusitos’ (ves-tido curto para nena) con braga a xogo. Os abrigos de piqué para neno e nena

Valentina Bebé, calidade a moi bo prezo en roupa clásica de neno de 0 a 3 anosEsta tenda abriu as súas portas en marzo na avenida da Habana, 47, de Ourense

Fachada de Valentina Bebé.

veñen en tons brancos e os chales para recén nacidos podémolos atopar en azul, rosa ou gris.

Neste establecemento

Estamos en:Av. Habana, 47 - Ourense

Tel. 988 60 69 43Horarios: de luns a venres, de 10 a 13:30 e de 16 a 20 h. Sábados de

10:30 a 13:30 e de 16 a 30 h.

tamén poderemos atopar algún detalle en calzado, pezas artesás como patu-cos feitos a man ou fal-dóns de bautizo.

Redacción

O sábado 30 de marzo tivo lugar na Casa dos Poetas en Celanova o acto de doazón por parte de Xurxo Martiz Crespo da documentación que acom-pañou a exposición sobre o comandante Soutomaior e o secuestro do buque Santa María en 1961 polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación e que estivo exposta durante �011 na Casa dos Poetas desta vila, en conmemora-ción do 50º aniversario do acontemecemento.

A doazón consta de va-rios exemplares de revis-tas e xornais da época que dedican algunha das súas

A Fundacion Curros Enríquez recibe a documentación sobre Soutomaior4 Doada por Xurxo Martiz.

páxinas ao tema do se-cuestro, un exemplar me-canografado da autoría do comandante Soutomaior de “24 hombres y nada más (La captura del Santa María)” e a carta náutica orixinal do traxecto do Santa María con anota-cións do comandante.

Así mesmo, Martiz donou fotografías onde aparecen os principais au-tores do secuestro, unha carta manuscrita de Pepe Velo baixo o pseudónimo de ‘Junqueira de Ambía Velo’, unha copia da ‘De-claración de principios do Consello executivo Xeral do DRIL” e varias publi-cacións que recollen na-rracións dos feitos.

O escritor Xurxo Martiz no seu despacho.

Page 29: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

29PUBLICIDADE

Page 30: Abril 2012 - BXVAC

30 BARRIOSAbril de �01� OCIO E CULTURA

“O carrito, quen non recorda aquel carrito! Creo que os da miña xeración non esqueceremos doadamente o invento do Sr Pardo”

4IMAXES DO MES

A Fundación Cruyff felicita á Biblioteca de VerínA Fundación Johan Cruyff remitiu unha felicitación de apoio aos voluntarios da Bi-

blioteca Pública Municipal de Verín, así como camisetas da fundación asinadas polo ex futbolista de xeito personalizado para cada un dos voluntarios.

Nesta felicitación valoráronse positivamente as actividades levadas a cabo na Bibliote-ca de Verín destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación, xa que entre elas se integran elementos educativos no contexto da discapacidade, integración social e voluntariado, defendidos tamén por esta fundación.

Encontro xornalístico “Onde o mundo se chama Celanova”Os días 17 e 18 de marzo a vila de San Rosendo acolleu o I Encontro “Onde o mundo

se chama Celanova”, que foi inaugurado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou o talento de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Ao longo dos dous días déronse conferencias sobre temas específicos do xornalismo, como foi o relatorio impartido por Miguel Anxo Murado, reporteiro de guerra en Croacia, Bosnia e na Segunda intifada palestina, así como relatorios nos que se deu conta das figu-ras dos dous poetas celanovenses.

Autoridades durante o encontro xornalístico./BRAIS LORENZO.Volunarios da biblioteca coas camisetas da Fundación Cruyff./CdV.

Moita gastronomía para honrar a San LázaroO pavillón municipal de Deportes de Verín acolleu os días �4 e �5 de marzo a súa tradi-

cional Feira do Lázaro e o certame gastronómico “Vila de Verín”, nunha cuarta edición na que a gran protagonista foi a gastronomía. De feito, unha das actividades máis agardada foi o concurso “Cigarrón de Verín”, no que participaron 18 concursantes procedentes de Galicia e Portugal que optaron a tres importantes premios (o mellor prato principal recaeu na creación de Román Dacosta e María del Carmen Martínez; a mellor sobremesa foi para Asunción Rodríguez; ea mellor maridaxe cos viños de Monterrei parou nas mans de J.Manuel Muñoz).

Así mesmo, houbo tempo para realizar unha cata dos viños da colleita �011 da DO Monterrei e para escoller o mellor dos 60 stands con produtos tradicionais presentes na feira, de entre os cales foi finalmente elexido o de Capim Dourado.

Pero como non todo podía ser comida, a Feira do Lázaro tamén acolleu un torneo de fútbol 7 e outro de veteráns, unha exhibición de motocross e obradoiros para cativos.

Gañador do prato principal do concurso de cociña “Cigarrón de Verín”./CdV.Actuación de Luis Emilio Batallán no concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro./M. REJO.

Concerto homenaxe a Celso EmilioA vila natal de Celso Emilio Ferreiro acolleu o 13 de abril un concerto de homenaxe ao

escritor, que se enmarca no programa de actividades que a Consellería de Cultura, Educa-ción e Ordenación Universitaria está a promover para celebrar o centenario do nacemento do poeta. Actuacións musicais en directo, recitais e proxeccións audiovisuais difundiron os versos do poeta de Celanova, nunha gala, aberta á participación de toda a cidadanía, que foi presentada pola actriz María Mera e que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ilduara de Celanova.

Entre as actuacións en directo atopáronse a de Emilio Batallán, que interpretou “Viaxei-ro que ves de lonxe” e “Notas necrolóxicas”, a de María do Ceo, quen deleitou aos pre-sentes con “Celanova ten un vento” e “Moraima”; e a de David Salgado, que puxo voz a “Monólogo do vello traballador”. Ademais, durante o acto o poeta Luis González Tosar recitou “Nado do lóstrego” e Isabel Ferreiro (filla de Celso Emilio), “A leución”; e proxec-táronse diversos vídeo-poemas que, a través da voz de diferentes persoeiros, tiñan como protagonista a obra de Celso Emilio Ferreiro.

Page 31: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

31

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 412 121Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo

Nº65 - Ano: VII - Abril 2012 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

CLASIFICADOS / SERVIzOS

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

4CLASIFICADOS

PISOSVéndese casa pola estrada de Santiago (Ourense) para res-taurar. Tel. 637 00 59 10.Alugo apartamentos en Mon-talvo fins de semana, pontes e verán, de 1 e 2 habitacións. Tel. 607 27 19 16.Alúgase apartamento novo no Couto (Ourense), amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10.Alugo piso no Couto (Ouren-se), 4 habitacións, cociña, sa-lón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 228.Alúgase apartamento zona Ponte (Ourense), amoblado, calefacción e auga quente cen-tral con contador, boas vistas, praza de garaxe e trasteiro. Tel. 988 37 44 99 e 687 47 96 41.Vendo piso en Vigo, tel. 636 422 497

VENDASVendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas, etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1.�00 euros, tel. 680 568 378Vendo mobles de perruquería de 2ª man, 2.000 euros. Tel. 988 25 59 63.Vendo quentador eléctrico. tel. 988 25 59 63Vendo caldeira de calefac-ción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen es-trear, escritorio e sofá 3+�, tel. 637 00 59 10.Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 698 174 374Véndense tres lavadoras, � frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi econó-mico, tel. 629 56 13 90Vendo leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.Compraría remolque media-no. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55.Vendo Renault Scenic ano �000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075.Vendo viño de colleita ecoló-xico. Tel: 647 404 428.Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 0�5Vendo botas media caña go-retex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. TEl. 649 157 025.Vendo vespino 82E, ano 89. 49cc.Tel. 617 375 387. Vendo galos kikos.Tel. 617 375 387.Véndese home cinema Sam-sung sen usar por 40 euros. Tel. 603 507 434.Vendo galo de Mos. Tel. 988 248 967 e 677 023 736.

Desbrózanse fincas. Tel. 630 5�1 448.Pintura, decoración, coloca-ción de tarima a prezos de vér-tixe garantizado. Tel. 666 125 129.Búscase persoal para traballar con nenos este verán que teña inglés como lingua materna. Tel. 988 246 353 .Fanse traballos de pintura e pequenas reparacións. Tel: 671 103 �43.

EMPREGO

Véndese piso en Xinzo, 3 habitacións, cociña, salón, � baños, ascensor, garaxe, calefacción, fío musical, gran trasteiro, venda in-teresante para xente nova (menor de 35 anos) porser subvencionable a corto e medio prazo. Prezo inte-resante. Tel. 626 99 41 76

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 523Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 290CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 902 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELéFONOS DE INTERESE

Page 32: Abril 2012 - BXVAC

BARRIOSAbril de �01�

Page 33: Abril 2012 - BXVAC

Número: 65 - Ano:VI - Abril 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

COMARCA Páx.6 DEPORTES Páx.24COMARCA Páx.7 PROVINCIA Páx.20 OCIO Páx.30Un milleiro de participantes na 2ª “Pozo do Demo”

A colleita da D.O. Monterrei, cualificada de “moi boa”

60 fincas transforma-ranse en viñedos gra-zas ao Banco de Terras

O presidente da Xunta xunto os alcaldes de Verín e Chaves descobren a praca na antiga alfándega de Feces de Abaixo ./P.LODEIRO.

Ecoloxistas piden plans de recuperación para as zonas queimadas

A Feira do Lázaro e a Biblioteca de Verín, nas imaxes do mes

A Eurocidade inaugura a súa sede [páx.2-3 ]

[páx. 4]

O alcalde ofrece unha moratoria á peonalización do

casco antigo verinés

Page 34: Abril 2012 - BXVAC

Número: 1 - Ano: VI - Abril 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ALLARIZ Páx.14 CELANOVA Páx.19 PROVINCIA Páx.20

A auga, protagonista do Festival Internacio-nal de Xardíns

Inscricións abertas para o San Mamede Desafío Solidario

DEPORTES Páx.24

Adif remata de perfo-rar o túnel de Bouzas en Baños de Molgas

Ecoloxistas piden plans de recuperación para as zonas queimadas

As obras da autovía a Celanova avanzan segundo as previsións

María do Ceo actuou no concerto organizado para celebrar o centenario do nacemento do poeta celanovés./M.REJO.

homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Celanova [páx. 30]

COMARCAS Páx. 14

Do 17 ao 19 de maio, X Festival

Reperkusión en Allariz [páx. 26]