Xuño 2013 - BXVAC

36
XINZO Páx.10 COMARCA Páx.15 XINZO Páx.13 Número: 79 - Ano:VIII - Xuño 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.22 OCIO Páx.30 Protesta en Baños e Xunqueira polo cambio do horario escolar Nace a asociación ADEGAL, que ten como prioridade conseguir a declaración de “Zona de Actividade Agraria Prioritaria” para A Limia e loitar contra o proxecto mineiro de Faramontaos. /P.LODEIRO . De la Fuente e Teijeiro vencen na Carreira Popular de Sandiás A Escola Rural de Saúde da Limia forma en hábitos saudables Limisi organiza un mercado solidario en Xinzo o 28 de xuño Tractorada histórica en Xinzo contra a mina de feldespatos Agricultores, gandeiros e empresarios, en defensa da Limia Unha veciña de Xinzo, Diana Gil, colecciona bonecas; ten máis de 180 [páx. 8] [páx. 14]

description

Xa saíu o número de xuño de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova, no que informamos da creación dunha asociación de gandeiros, agricultores e empresarios da Limia, ADEGAL, da histórica tractorada en Xinzo contra a mina de feldespatos, da polémica do cambio horario nos colexios de Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Allariz, da apertura dun novo prazo de recursos contra o novo PXOM de Verín ou do cruce de declaracións do PP e o BNG de Celanova a conta do proxecto de recuperación de Castromao. A entrega dos títulos da parcelaria en Cabreiroá e Albarellos, as actuacións do obradoiro de emprego de Verín e Vilardevós e a solicitude dun pleno extraordinario en Celanova son outros asuntos tratados na publicación.

Transcript of Xuño 2013 - BXVAC

Page 1: Xuño 2013 - BXVAC

XINZO Páx.10 COMARCA Páx.15XINZO Páx.13

Número: 79 - Ano:VIII - Xuño 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.22 OCIO Páx.30

Protesta en Baños e Xunqueira polo cambio do horario escolar

Nace a asociación ADEGAL, que ten como prioridade conseguir a declaración de “Zona de Actividade Agraria Prioritaria” para A Limia e loitar contra o proxecto mineiro de Faramontaos. /P.LODEIRO.

De la Fuente e Teijeiro vencen na Carreira Popular de Sandiás

A Escola Rural de Saúde da Limia forma en hábitos saudables

Limisi organiza un mercado solidario en Xinzo o 28 de xuño

Tractorada histórica en Xinzo contra a mina de feldespatos

Agricultores, gandeiros e empresarios, en defensa da Limia

Unha veciña de Xinzo, Diana Gil,

colecciona bonecas; ten máis de 180

[páx. 8]

[páx. 14]

Page 2: Xuño 2013 - BXVAC

� BARRIOSXuño de �013

VERÍN E COMARCA

Os nacionalistas denuncian verquidos de augas residuais en Queizás e Oímbra

Redacción

Perfecta Losada Sotelo, portavoz do grupo munici-pal do BNG de Verín, alerta do mal funcionamento da depuradora das augas resi-duais deste muncipio.

Losada como portavoz do BNG de Verín e a través da asociación ecoloxista Ade-ga, acaba de presentar unha denuncia na Confederación Hidrográfica do Douro polo mal funcionamento da de-puradora de augas residuais de Verín. Ao mesmo tempo insta ao alcalde e senador Juan Manuel Jimenez Mo-rán á reparación inmediata de dita depuradora.

A denuncia foi presentada o pasado �7 de maio ante a Confederación Hidrográ-fica do Douro e nela faise referencia ao mal funciona-mento da EDAR de Verín. Recordan desde o BNG que “a pesar de ter invertido fai

uns anos máis de �00.000 euros no acondicionamento desta depuradora, a día de hoxe segue sen solventar-se os problemas iniciais. A capacidade da depurado-ra parece ser insuficiente para a cantidade de augas que recolle”. Os naciona-listas distribuiron imaxes de verquidos de augas re-siduais ao río Támega entre as localidades de Queizás e Oímbra, onde se atopa a depuradora. Un verquido que “produce unha conta-minación medioambiental prexudicial para o ecosiste-ma do Támega”.

Inacción por parte do alcalde

Desde o grupo municipal do BNG repróchanlle ao alcalde e senador Juan Ma-nuel Jimenez Morán, que “ata a data non fixo ningún movemento para solucio-nar o problema. Debería ter

especialmente en conta que non se trata só de un problema de falta de capa-cidade ou correcto funcio-namento da depuradora, senón tamén, e igual ou incluso máis grave aínda, dun vequido non contro-lado a un río pertencente á Rede Natura como é o Támega”.

O BNG de Verín insta ao alcalde á reparación inmediata da depuradora. “Rogámoslle que se tome o tempo necesario para ve-lar polos intereses dos ve-ciños e lles solucione este problema o antes posible evitando ao mesmo tempo unha maior contaminación medioambiental”.

O Bloque Nacionalista Galego alerta do mal funcionamento da depuradora de Verín4 Presentou unha denuncia na Confederación Hidrográfica do Douro.

Imaxe de verquidos no río Támega./BNG.

Aberto de novo un prazo de reclamacións contra o PXOM4 Os veciños de Verín teñen dous meses máis para presentar recurso contencioso administrati-vo contra dito plan. Redacción

Os veciños de Verín te-rán dous prazos máis para recurrir contra o novo Plan Xeral de Ordenación MUnicipal. A portavoz do grupo municipal do BNG desta localidade, Perfecta Losada, vén de informar que debido a un “defecto de publicación” do PXOM polo que tivo que ser ex-posto ao público novamen-te mediante a súa publica-ción no Boletín Oficial da Provincia con data 14 de maio de �013 queda aber-to de novo o prazo de dous meses para aqueles afecta-dos que queiran presentar recurso contencioso admi-nistrativo contra dito plan.

Segundo explicaron os nacionalistas “esta nova publicación é debida a que na publicación anterior había defectos de forma polo que o Concello viu-se obrigado a facer unha nova exposición ao pú-blico”. Unha información

que dende o BNG consi-deran “importante para os veciños de Verín afectados polo plan xeral”.

Longa tramitaciónA Xunta de Galicia apro-

bou definitivamente o novo PXOM de Verín a final de �01�, despois de oito anos sen normativa urbanísti-ca en vigor. O documento substitúe ás Normas subsi-diarias de Planeamento de 1986, que estaban vixentes ao ter sido declarado ilegal o anterior plan xeral.

O documento planifica o desenvolvemento urbanísti-co de Verín para os próxi-mos 1� anos, subliñando a posición estratéxica da lo-calidade como eixo empre-sarial e loxístico.

No que respecta á capa-cidade residencial, o do-cumento prevé un total de 15.846 vivendas, das que 9.367 xa existen e 6.479 serían de nova construción. Verín conta cunha superficie total de 94,5 quilómetros

Perfecta Losada, voceira do BNG en Verín./ARQUIVO.

Por “un defecto de publicación” o documento tivo que ser exposto novamente ao público

cadrados e unha poboación de 14.633 habitantes. Por tipo de solo, o 88% da su-perficie, é rústico; un 5%, corresponde con solo ur-bano; o 4% da superficie, solo de núcleo rural e, o 3% restante é superficie de solo urbanizable.

Page 3: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

3VERÍN E COMARCA

O alcalde de Verín solicitou un novo obradoiro para completaa a rehabilitación do contorno do Pozo do Demo

O obradoiro de emprego de Vilardevós e Verín recupera o ‘Camiño dos Carros’ 4 Os seus �6 alumnos fórmanse en xardinería, carpintería e axu-da a domicilio.Redacción

Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardo-so, reuníronse co delega-do territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, co obxecto de coñecer as actuacións realizadas, nos últimos seis meses, polos �6 alumnos do obra-doiro de emprego ‘Pozo do Demo’.

Este obradoiro, concedi-do aos concellos de Verín e Vilardevós, está destinado á formación de �6 persoas desempregadas de ambos municipios, nas áreas de xardinería, carpintería e axuda a domicilio.

No módulo de axuda a domicilio participaron un total de 8 alumnos, que ademais de recibir clases teóricas nos distintos ám-bitos de axuda a domicilio, realizaron prácticas na Re-sidencia de Anciáns Santa María e en domicilios das persoas demandantes deste servizo dos dous munici-pios.

Con respecto aos mó-dulos de xardinería e car-pintería, destinados a 18 alumnos respectivamente, o obxectivo dos mesmos foi a recuperación do ‘Camiño de Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá en Verín co da Veiga das Meás en Vilarde-vós, e que antes de comezar o obradoiro atopábase des-aparecido nalgúns tramos polo crecemento da vexe-tación.

O camiño está situado no contorno natural do Pozo do Demo -un lugar de atractivo paisaxístico na zona-, e nel realizáronse labores de lim-peza, desbroce e retirada de escombro e broza, regulari-zación e estabilización de pavimentos, implantación

de sinalética e de mesas in-terpretativas da fauna, flora e historia do lugar; coloca-ción de valado de madeira e de escaleiras ou pasos de madeira naquelas zonas nas que existan fortes desniveis; e colocación de bancos nas zonas de miradoiros.

O obxectivo final da ac-tuación é o de recuperar este camiño como unha ruta de sendeirismo. “Esta iniciativa, xunto outras que se están promover como a realización dun estudo, fi-nanciado pola Deputación de Ourense, para a recupe-ración do Pozo do Demo, o deseño de rutas BTT e de lagares rupestres, reva-lorizarán esta zona e atrae-rán visitantes”, asegurou o alcalde de Verín, Juan Ma-

nuel Jiménez Morán, quen aproveitou a visita do de-legado da Xunta para so-licitar un novo obradoiro de emprego que permita continuar a rehabilitación deste contorno natural.

InvestimentoA Consellería de Traba-

llo e Benestar subvencio-nou con preto de �30.000 euros este obradoiro que intenta mellorar a empre-gabilidade dos seus parti-cipantes. Rogelio Martí-nez lembrou que “segundo as estatísticas que manexa este departamento autonó-mico, preto dun 70% dos alumnos que participan neste tipo de iniciativas acada a inserción real no mercado de traballo”.

O alcalde de Verín, o delegado da Xunta en Ourense, o rexedor de Vilardevós e os alum-nos do obradoiro de emprego “Pozo do Demo”./C d VERÍN.

Redacción

Con motivo das segun-das xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei, o Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” pro-moveu unha oferta turís-tica complementaria que encheu de visitantes as adegas, establecementos hostaleiros e de restaura-ción, e recursos patrimo-niais das comarcas de Ve-rín e Conso-Frieiras.

Nesta segunda edición, a iniciativa gastronómica e vitivinícola organiza-da pola Ruta do Viño de Monterrei, en colabora-ción con Turgalicia e a Oficina de Información Turística de Verín, viuse reforzada pola proposta de “Puertas de Galicia”, que supuxo un incremen-to exponencial no número de visitantes e na activida-de económica xerada.

A proposta incluiu rutas cicloturísticas entre vi-ñedos da Denominación de Orixe Monterrei, rutas a cabalo ou en carruaxe, exposicións fotográficas e de pintura, visitas e de-gustacións en cinco ade-gas (Chicheno, Crego e

Monaguillo, Ladairo, Quin-ta do Buble e Gargalo) e un servizo de autobús propio. Os visitantes chegaron ás adegas en vehículos parti-culares, nos autobuses da Ruta do Viño Monterrei, en bicicletas ofertadas para as rutas cicloturísticas ou en cabalo e carruaxe, ata alcanzar as 1.000 persoas -por exemplo, a adega Quin-ta do Buble atendeu a un-has 300 persoas-. Ademais, este incremento tamén se reflectiu no sector da res-tauración, xa que os menús servidos nos restaurantes da comarca superaron os 300, e algún establecemento de turismo rural colgou o car-tel de completo.

Desde o PCT “Puertas de Galicia” destácase a im-portancia de que o sector público e privado compar-tan os mesmos obxectivos no referente á xestión de turismo, e que a preocupa-ción por comercializar debe situarse no centro da acción pública do turismo.

Boa acollida da oferta turística de “Puertas de Galicia” 4 Nas segundas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño de Monterrei.

As adegas de Monterrei recibiron a visita dunhas mil persoas

Page 4: Xuño 2013 - BXVAC

4 BARRIOSXuño de �013

VERÍN E COMARCA

Premio aos mellores blogs do García BarbónO instituto García Barbón de Verín premiou os seus mellores blogs, no sexto concur-

so “Barbón Blog” destinado ao alumnado da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Primeiro de Bacharelato. Segundo os promotores do certame, o uso habitual do blog na aula permite potenciar as habilidades dixitais e lingüísticas do alumnado “e motivalos para favorecer a capacidade de aprender dunha maneira cada vez máis autónoma”.

O premio ao mellor blog recibiuno Andrés Macía Couto, sendo segundo o de Fer-nando Martín Silva, e terceiro o elaborado por Marcos Sobrino García. Ángel Deprada Fernández, Idoia Pérez Rodríguez, Marta Cerdeiriña Cid, Esther Fernández Yáñez e Lu-cía Rúa Alonso foron os demais premiados. Como galardóns, recibiron tabletas dixitais, MP5, memorias USB e outros premios especiais.

Complementariamente, o IES presentou o Proxecto Pipe �013 -Proxecto Internet para Estudantes- no que estivo traballando o alumnado desde mediados do mes de marzo de �013 e que procura coñecer os usos de internet por parte dos compañeiros e presenta unha aproximación aos mellores recursos de internet para aprender.

Os galardoados cos premios aos mellores blogs do instituto García Barbón de Verín.

Os menores de ‘Kero-Kolo’ visitan os colexios de VerínA vintena de menores participantes na actividade ‘Kero-Kolo’, organizada polo depar-

tamento de Educación Familiar do Concello de Verín, visitaron ao longo deste curso os diferentes centros educativos do municipio.

Os cativos desprazáronse aos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, colexio Ma-ría Inmaculada e as aulas de Pazos e Feces de Abaixo pertencentes ao CRA Monterrei. Nestes centros participaron en actividades lúdico-educativas con alumnado e profeso-rado do ciclo de infantil, como fabricación de cestas ou flores de cartolina ou coidado dunha pequena horta. Todo co fin de que nenos e proxenitores coñezan, in situ, as activi-dades, formación académica e funcionamento de cada un destes centros educativos, aos que accederán os rapaces a partir do mes de setembro.

O programa ‘Kero-Kolo’ naceu co obxecto de converterse nun novo espazo de encon-tro e relación entre pais e nais e unha vintena de nenos de dous a tres anos de idade.

Participantes no ‘Kero-Kolo’ nun dos centros educativos verineses./C d VERÍN.

Page 5: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

5VERÍN E COMARCA

Etiquener realiza certificacións enerxéticas de inmoblesRedacción

Desde o pasado 1 de xuño é obrigatorio que todos os edificios dispo-ñan dunha certificación de eficiencia enerxética. Nela establécese o consumo de enerxía que se estima ne-cesario para satisfacer a demanda enerxética do in-moble nunhas condicións normais de funcionamen-to e ocupación. Vivendas e locais de obra nova, así como os de segunda man que se vaian vender ou alugar, deberán dispor obrigatoriamente deste Certificado de Eficiencia Enerxética, e corresponde ao propietario solicitalo.

En Ourense, a consul-tora medioambiental Eti-quener, radicada na rúa Doutor Fléming, 28, rea-liza este tipo de certifica-cións, a través dun trámite bastante sinxelo. O dono deberá facilitar a referen-cia catastral do inmoble, e a partir de aí a empresa realiza un orzamento en base aos metros cadrados indicados na referencia catastral (para Ourense capital estímase en 1,50 euros por metro cadrado). Logo visita o edificio para tomar os datos utilizando unha aparataxe específi-ca para os cálculos exac-tos, e en 48 horas despois de realizar a inspección, expídese a certificación, válida para dez anos. No 988 106 3�4 ou en www.etiquener.net ofrecen máis información sobre a tra-mitación do Certificado de Eficiencia Enerxética,

A Xunta de Galicia xa habilitou un rexistro para a certificación enerxética de vivendas.

4 Circuíto de educación viaria na Alameda

O Concello de Verín e Asociación de Empresa-rios de Verín (AEVER-CCU) organizarán o 15 de xuño, na praza da Ala-meda un circuíto de edu-cación viaria.

Este circuíto de segu-ridade viaria está confor-mado por unha pequena cidade con sinais de trá-fico, semáforos e pasos de peóns que os menores deben percorrer, en 15 karts de pedais, cumprin-do as normas de segurida-de viaria. O horario desta iniciativa será de 10 a 13.30 e de 16.30 a �0.30 horas e está dividida en tres franxas de idade: de 3 a 6 anos, de 7 a 9 e de 10 a 14 anos.

Para poder acceder a este circuíto de �.500 me-tros cadrados deberá rea-lizarse algunha compra nalgún dos establecemen-tos asociados de AEVER-CCU Verín.

4 Inscricións no campamento do Invernadeiro

Desde o 6 de xuño a Oficina Municipal de In-formación Xuvenil do Concello de Verín está a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do campamento de verán do Parque do Invernadeiro.

A actividade está dirixi-da a mozos de entre 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados. Inclúe manutención, per-soal especializado, mate-rial para as actividades e seguro.

Redacción

O director xeral de Des-envolvemento Rural, An-tonio Crespo, entregou os títulos de concentración parcelaria da zona de Al-barellos-Vilaza, no con-cello de Monterrei, e de Cabreiroá, no muncipio de Verín.

En Albarellos-Vilaza a concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 8�1 hectá-reas de terreo, pertencen-tes a 995 propietarios. No caso de Cabreiroá, ponse fin á reorganización da propiedade de 374 hec-táreas pertencentes a 415 propietarios, permitindo reducir as 4.59� parcelas existentes inicialmente a tan só 1.017 fincas. En ambos casos, a Conselle-ría do Medio Rural e do Mar destaca que a concen-tración parcelaria permiti-rá mellorar e modernizar as explotacións agrícolas, crear e mellorar as vías de comunicación e de acceso a novas fincas, axudar a prever os incendios fores-tais e aumentar o valor da base territorial.

InvestimentosOs traballos realizados

na zona concentrada no municipio de Monterrei supuxeron un investimen-to de máis de �.470.000 euros, mentres que no concello de Verín o in-vestimento superou os 1,1 millóns de euros. A maior parte destes fondos corres-ponderon á execución das

Antonio Crespo e Rogelio Martínez entregando os títulos da concentración parcelaria de Cabreiroá, en Verín./XdG.

obras da rede de camiños e ao acondicionamento das fincas.

Coa finalización deste proceso de reorganización da propiedade, o conce-llo de Monterrei conta con 1.344 hectáreas concentra-das, o que contribúe a incre-mentar considerablemente a superficie dedicada ao viñe-do, impulsando o potencial agrario deste municipio. O director xeral de Desenvol-vemento Rural, Antonio Crespo, recordou que en Verín xa son tres as zonas nas que a concentración parcelaria está rematada e hai outros tres procesos de concentración en marcha.

Outras actuacións en Monterrei e Verín

A Consellería do Medio

Rural e do Mar ten execu-tadas, ademais, outras ac-tuacións en Monterrei por un importe que ascende a máis de 3�8.600 euros. Así, procedeuse á mellora dos camiños de Pereiras e Bouruá e da pista de acceso ás parcelas. Ademais, ta-mén se asfaltaron os cami-ños da Pousa-Estevesiños e Infesta-Igrexa e mellorouse o firme dos camiños da concentración parcelaria de Albarellos-Vilaza.

No termo municipal de Verín, a Consellería exe-cutou actuacións como a mellora da capa de roda-

Entregados os títulos da parcelaria de Cabreiroá e Albarellos-Vilaza4 Reorganizáronse 1.195 hectáreas pertencentes a 1.410 propie-tarios.

dura de diversos cami-ños, o acondicionamento das leiras e camiños nas zonas de concentración parcelaria de Mandín-Fe-ces e Mourazos-Tamagos-Tamaguelos, así como a construción dunha ponte pequena en Val Garduñas ou o acondicionamento dos camiños secundarios da parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo e Feces de Cima, entre outras. A inversión total destas ac-tuacións en Verín, nos dis-tintos plans de infraestru-turas ascende a 934.151 euros.

Nas reorganizacións parcelarias de Cabreiroá e Albarellos-Vilaza, a Consellería do Medio Rural investiu máis de 3,5 millóns de euros

EN BREVE

Page 6: Xuño 2013 - BXVAC

6 BARRIOSXuño de �013 VERÍN E COMARCA

Os alcaldes de Verín e Monterrei, xunto á presidenta de Paradores, proban a nova oferta gastronómica do Para-dor de Verín./BORYS INTERFILM.

Redacción

A Eurocidade Chaves-Verín recibiu o pasado 31 de maio a visita do pri-meiro ministro luso, Pedro Manuel Passos Coelho, que estivo acompañado po-los rexedores de Chaves e Verín, Joâo Batista e Juan Manuel Jiménez. Durante a visita percorreron as insta-lacións da fábrica de produ-tos alimentarios Pastelnor, empresa que se ubica no territorio da Eurocidade.

Ademais, durante o acto os rexedores verinés e fla-viense solicitaron ao pri-meiro ministro portugués que a próxima Cumbre Ibé-rica, que debe realizarse en territorio luso, teña lugar na localidade de Vidago.

Presentación en VidagoDe feito foi en Vidago,

localidade situada a uns �0 quilómetros de Chaves, onde tivo lugar a presenta-ción do proxecto da Euro-cidade da Auga. O Secre-tariado técnico conxunto da Eurocidade aproveitou a celebración no Hotel Vida-go Palace do cuarto Torneio do Norte do Club de Golf Arquitectos, para presen-tar a integrantes deste club procedentes de todo Por-tugal as características da Eurocidade da Auga.

Os representantes da Eurocidade explicaron a importancia estratéxica des-

te territorio como un espazo innovador a nivel ibérico para empresas e inversores, mediante a creación de no-vos vínculos entre espazos dos dous lados da fronteira coa finalidade de reactivar a economía destas zonas, o nivel de emprego e o forta-lecemento dos tecidos em-presariais e colaborativos.

Mostra gastronómicaXunto con este relatorio

do proxecto Eurocidade da Auga, nos exteriores do re-cinto do Hotel Vidago Pala-ce promoveuse unha peque-na mostra gastronómica, co obxecto de promocionar produtos rexionais deste te-rritorio transfronteirizo.

O primeiro ministro luso visita a Eurocidade Chaves-Verín 4 O proxecto da Eurocidade da Auga preséntase no Hotel Vidago Palace.

No exterior do hotel promocionáronse produtos gastronómicos de Chaves e Verín como o fumeiro, xamón, pastel de Chaves ou mel.

Jiménez Morán xunto a Passos Coelho, na fábrica de Pas-telnor.

Redacción

O Parador de Verin sú-mase á rede de sete para-dores galegos que contan co novo espazo gastro-nómico “Enxebre”, unha aposta polos produtos de calidade e as especialida-des galegas.

A presidenta de Parado-res, Ángeles Alarcó, acu-diu o pasado �� de maio ao establecemento hote-leiro para presentar, xun-to aos alcaldes de Verín e Monterrei, a nova oferta gastronómica coa que bus-ca adaptarse ás demandas dos seus clientes.

Cun formato máis atrac-tivo, os establecementos galegos ofrecen tapas e racións nos “Enxebres”, como unha alternativa ao comedor tradicional. Sen perder a aposta por pro-dutos de calidade, pondo nas súas mesas os me-llores pratos da cultura gastronómica galega. Os “Enxebres” ofrecen unha cociña posta ao día, actua-lizando as elaboracións e presentacións. Todo iso con produtos da terra que irán acompañados dunha excelente adega, con viños seleccionados de todas as Denominacións de Orixe galegas.

O Parador de Verín sú-mase así a unha oferta que xa estaba dispoñible no compostelano Hostal dos Reis Católicos desde 1996 e a que tamén se incorpo-ran agora os establecemen-tos de Pontevedra, Vilalba, Monforte, Tui e Baiona.

Pasaporte EnxebrePara promocionar es-

tes espazos entre os seus clientes, Paradores creou o denominado “Pasapor-te Enxebre” que se poderá conseguir nos paradores galegos, ou descargándoo en www.parador.es; nel poderanse ir selando as vi-sitas a todos e cada un dos espazos, unha especie de “Camiño de Enxebres”. E como todo Camiño, ten a súa recompensa: o clien-te que consiga acumular o sete selos, un por “Enxe-bre”, poderá gozar dun menú gratuíto en calquera dos espazos “Enxebre”.

Sobre a carta A carta está distribuída

en cinco grupos (na lousa, da horta, das nosas rías, da matanza e de tempada), e as sobremesas (as larpeira-das), cun total de �0 pra-tos. A carta de viños ofrece caldos das cinco denomina-cións galegas.

O Parador de Verín estrea proposta gastronómica4 Os “Enxebres” ofrecen ta-pas, racións e viños das deno-minacións galegas.

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, resaltou durante unha visita ao Concello de Riós, a importancia de pro-mover actuacións que fagan o comercio de proximidade máis atractivo e competiti-vo, a través da adecuación

Riós revitaliza a zona comercial de San Cristovo4 Grazas a unha achega de 75.000 euros da Con-sellería de Economía e Industria.

e modernización das rúas e zonas comerciais ou a potenciación das prazas de abastos. Así, Martínez apuntou que, nos últimos dous anos, o Goberno Ga-lego leva investidos en Riós preto de 75 mil euros a tra-vés do programa de axudas aos concellos galegos para a adecuación e moderniza-

ción de equipamentos co-merciais, co obxectivo de revitalizar o seu comercio local e mellorar a imaxe da zona comercial da localida-de.

Actuacións en San CristovoO Concello de Riós des-

tinou a achega á renovación e revitalización do comer-

cio local existente nas inmediacións da estrada N-5�5, no lugar de San Cristovo. Así construíron-se beirarrúas para dotar de maior seguridade aos clientes desta zona comer-cial e executáronse outras actuacións para a mellora global do entorno comer-cial dos establecementos.

Ao abeiro da anterior convocatoria foron 30 os concellos ourensáns que resultaron beneficiados por estas axudas. Está aberta unha nova convocatoria da Dirección Xeral de comer-cio cun orzamento de 4,5 millóns de euros.

Page 7: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

7VERÍN E COMARCA

Redacción

A Xunta de Galicia par-ticipará o vindeiro 14 de

xuño nun simulacro de emerxencias no novo túnel do Corno, en Laza, cuxa construción está levando a

Previsto un simulacro de emerxencias no túnel do Corno en Laza4 Participarán servizos de emerxencias de Gali-cia, Norte de Portugal e Castela e León.

cabo ADIF, dentro da liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

O simulacro enmárcase

Imaxe aérea da apertura do túnel do Corno, en Laza. /ADIF.

O simulacro consistirá nun suposto incendio dentro do túnel

Redacción

A Oficina de Turismo de Verín, situada na Casa do Escudo, atendeu nestes primeiros meses do ano a un total de 1.476 persoas, o que supón 300 persoas máis que no mesmo período no �01�. Un incremento que se reflicte tamén no número dos visitantes de excursións programadas ao territorio da Eurocidade Chaves-Verín, e que neste 2013 se sitúa en 570 persoas nun total de 14 excursións procedentes de Valladolid, Cidade Real, Madrid, Lugo, Pontevedra ou A Coruña.

Débese resaltar a grande aceptación entre os visi-tantes da oficina da guía turística da Eurocidade, que presenta información práctica sobre o patrimo-nio histórico, arqueolóxico,

4 Entrega de diplomas do curso “Mediación e xes-tión de conflitos’

O venres 14 de xuño, a partir das �0 horas, o salón de actos da Casa da Cultu-ra de Verín acollerá a en-trega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos”, organizado en marzo e abril pola UNED e o departamento de Edu-cación Familiar de Verín.

No acto participarán o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez; o direc-tor da UNED en Ourense, Jesús de Juan; o director do curso, Tiberio Feliz; e o seu coordinador, Miguel Guerra Rodríguez.

4 Catorce cursos formativos na aula CeMIT de Verín

Durante xuño a aula Multimedia do Concello de Verín oferta catorce no-vos cursos formativos para os interesados en ampliar os seus coñecementos nas novas tecnoloxías.

Iniciación á informática, Internet, correo electró-nico, ferramenta na nube, redes sociais, DNI-e e cer-tificados electrónicos, ad-ministración electrónica, opera co teu banco, o ca-tastro e o sixpac, compras seguras, presentacións, fo-llas de cálculo, documen-tos e seguridade informá-tica son as temáticas das actividades formativas, para as que hai que apun-tarse na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou na web da Rede CeMIT.

4 Falla de previ-sión polo brote de tuberculose

Proxenitores do CEIP Princesa de España de Verín amosaron o seu des-contento polo protocolo seguido polo Sergas trala detección dun caso de tu-berculoses nunha profeso-ra de Primaria.

Nais dos escolares lamen-taron a falla de previsión da autoridade sanitaria, ao entregar con contagotas os medicamentos preventivos durante as dúas primeiras semanas tralo abrocho. Os ��0 escolares do centro volverán someterse á proba da tuberculina ao finalizar o curso.

EN BREVE

natural e gastronómico de Chaves e Verín como un destino turístico único.

Aumento de peregrinosPor outra banda, as dife-

rentes rutas do Camiño de Santiago que atravesan o municipio cada día atraen máis peregrinos. A apertu-ra do Camiño Interior Por-tugués levou consigo un progresivo incremento de peregrinos e visitantes pro-cedente das localidades lu-sas de Chaves, Viseu, Vila Real, Braga ou Porto; que acoden ao albergue de pe-regrinos de Verín tanto para pernoctar como para solici-tar información do camiño, que en Verín se une ao su-deste da Vía da Prata.

No que vai de ano xa se superaron as cifras de afluencia do 2012; por estas datas no ano anterior aten-

déranse un total de 168 per-soas entre selados e pernoc-tacións, e nestes meses do 2013 a cifra sitúase en 378, dos que 19� pernoctaron no albergue. En particular neste mes de xuño, máis de 80 peregrinos pasaron polo albergue, e 36 deles pernoc-taron nel.

Tamén tivo lugar un in-cremento no porcentaxe de estranxeiros con respecto ao �01�, o que supón unha progresiva internacionaliza-ción desta vía de peregrina-ción. Por exemplo, en maio un 75% dos peregrinos fo-ron estranxeiros (Portugal, Holanda, Francia, Bélxica,

Crece o número de usuarios da Oficina de Turismo de Verín4 No que vai de ano atendeu 1.476 persoas.

Italia, Finlandia, Austria, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Brasil ou Xa-pón), e o 61% deles elixiu a bicicleta como medio de transporte para peregrinar. Unha significativa cifra na que non se pode esquecer os peregrinos nacionais, que proceden de todas as comunidades autónomas, en especial de País Vasco, Castela-León e Galicia.

ServizosA Casa do Escudo de

Verín está conformada por dúas amplas salas de expo-sicións temporais, oficina de información turística e

albergue de peregrinos.A oficina de turismo

abre de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a �0:30 horas mentres que ao al-bergue pode accederse de 10 a �1:45 horas ao prezo de seis euros por persoa e noite. O albergue conta con capacidade para �6 prazas.

dentro do Proxecto ARIEM 11�, de cooperación trans-fronteiriza en materia de emerxencias e protección civil, e consistirá nun su-posto incendio dentro do túnel, con traballadores da obra feridos que terán que ser atendidos e evacuados polos servizos de emerxen-cia das tres rexións partici-pantes: Galicia, o Norte de Portugal e Castela e León.

Concretamente, as mano-bras terán lugar no tramo do Corno da liña de alta velocidade Madrid-Gali-cia, en Cerdedelo (Laza). A finalidade do operativo é testar sobre o terreo os protocolos e pactos de axu-da mutua que xorden do Proxecto ARIEM 11�, así como analizar os resultados do aplicativo informático deseñado e adquirido no marco do proxecto, para a xestión das emerxencias a tres bandas.

Na intervención par-ticiparán os bombeiros de Verín, Garda Civil de Tráfico, a agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Laza e servizos sa-nitarios das zonas galegas

de influencia do ARIEM 112; xunto a bombeiros de Portugal e Castela e León e os CAE11� de Bragança e de León. To-dos eles coordinados polo Posto de Mando Avanza-do da Axencia Galega de Emerxencias, que ofrece-rá por vídeoconferencia aos CAE11� portugués e leonés un completo segui-mento das actuacións que se levarán a cabo.

XornadasEste simulacro comple-

mentará unhas xornadas de sensibilización sobre cooperación transfrontei-riza que, baixo o título “A cooperación transfrontei-riza. Especial referencia á atención de emerxencias. Analise práctico e legal. Permeabilidade de fron-teiras: un obxectivo, unha necesidade”, celebraranse o día anterior -13 de xuño- na sede da Eurocidade Chaves-Verín.

Casa do Escudo de Verín.

No que vai de ano pasaron pola Casa do Escudo 378 peregrinos, dos que 192 pernoctaron no albergue

Page 8: Xuño 2013 - BXVAC

8 BARRIOSXuño de �013

XINZO E COMARCA

Directiva da asociación ADEGAL, na súa presentación pública na Casa da Cultura de Xinzo. Á dereita, a presidenta, María Teresa Joga./P.LODEIRO.

Agricultores, gandeiros e empresarios da Limia, xuntos por primeira vez na defensa da comarca4 Nace a asociación ADEGAL, que terá como prioridade conseguir a declaración de “Zona de Acti-vidade Agraria Prioritaria” para A Limia e loitar contra o proxecto mineiro de Faramontaos. Paula Lodeiro

Por primeira vez, empre-sarios, gandeiros e agricul-tores da Limia únense nun-ha asociación para defender conxuntamente os seus in-tereses comúns. O sábado 1 de xuño presentábase na Casa da Cultura de Xinzo a recén creada Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, ADEGAL, un colectivo que está presidido por María Te-resa Joga, que ten por vocei-ra a Laura Rodríguez e que integra na súa xunta directi-va outras 16 persoas.

“En Xinzo existiron outras asociacións que agrupan a sectores determinados, algunhas vivas, outras des-apareceron”, explicaba Joga o motivo de aunar forzas en ADEGAL; “necesitamos uns dos outros para poder sobrevivir”, engadía.

A presidenta de ADEGAL

relatou que a asociación nace sen ánimo de lucro e sen vinculación ideolóxica política, mais cun fin pro-mordial, dar a coñecer a importancia social e econó-mica que o sector primario, a agroindustria e o sector servizos ten na Limia. A voceira do colectivo, Laura Rodríguez, achegou varios

datos para refrendar esa afirmación: unha quinta parte dos afiliados totais á Seguridade Social da Limia traballan no sector agrario; o ano pasado cultiváronse na comarca máis de 7.000 hectáreas, que produciron 109 millóns de quilos de patacas, máis de 48 millóns de quilos de trigo e outros 4,5 millóns de centeo. En canto á actividade gandeira, a bisbarra suma a metade da produción de porcino da provincia, o 37% da aves, o �4% dos ovinos, o ��%

das coellas nai, o �0% dos bovinos e o 11% dos equi-nos. A todo isto súmaselle un sector industrial e de servizos que crea 3�5 em-pregos directos, destacando o número de almacenistas envasadores de pataca e produtos hortícolas (13), as empresas de produtos fito-sanitarios (7), os almacéns de abono (8) ou os talleres de reparación de maquina-ria (7).

ObxectivosPartindo desta realidade,

ADEGAL terá como priori-dade solicitar á Consellería de Medio Rural e do Mar que a Limia, onde o 60% do territorio ten aproveitamen-to agrario, sexa declarada “Zona de Actividade Agra-ria Prioritaria”. A creación dun punto de acopio de resi-duos agrícolas e gandeiros; a concienciación e a forma-ción nas boas prácticas agra-rias, gandeiras e ambientais; a necesidade de que se complete a modernización de regadíos para as comu-nidades de regantes Corno

Redacción

A Plataforma Ríos Lim-pos denuncia a destrución dun bosque centenario en Vilar de Barrio debido ás obras da alta velocidade. A construción dunha pista de acceso ao túnel Porto-Prado neste municipio, de preto de 700 metros de lo-nxitude, provocou a destru-ción dunha fraga autóctona, “destrución que se podía

evitar posto que hai accesos alternativos para as obras que se realizan no devandi-to túnel”, recalca a platafor-ma nun comunicado.

Entre as árbores arrin-cadas nos 700 metros de pista entre Borrán e o túnel atópase un castiñeiro cen-tenario de 5,80 metros de perímetro, así como varios carballos dun metro de diá-metro e de �5 a 30 metros de altura asi como multitu-

de de especies “tanto arbó-reas como de matogueiras co conseguinte perxuizo para a fauna, calidade das augas...”

Denuncia a Plataforma Ríos Limpos que Adif e as empresas adxudicatarias que realizan as obras do AVE están incumprindo coas máis mínimas medidas esixibles para minimizar o impacto medioambiental, incumpren coa lexislación

vixente e cando hai alterna-tivas, como neste caso, “pa-rece que intencionadamen-te provocan a destrución dos ecosistemas naturais co desleixo das administra-

cións públicas”. Por iso, a Plataforma Ríos Limpos vai presentar as correspon-dentes denuncias por estas actuacións diante das ad-ministracións públicas.

Ríos Limpos denuncia a destrución dun bosque centenario polas obras do AVE4 Son 1,� hectáreas ubicadas na cabeceira do río Arnoia afectados pola construción dunha pista de acceso ao túnel Porto-Prado (Vilar de Barrio).

Pista desde Borrán ata a embocadura do túnel Porto-Prado, en Vilar de Barrios, que, segundo Ríos Limpos, destruiu 12.000 metros cadrados de fraga autóctona.

do Monte, Alta Limia, La-mas-Ganade-San Salvador de Sabucedo; ou un plan de acondicionamento de pis-tas, canais e cortaventos son outros dos obxectivos polos que loitarán desde a asocia-ción. Finalmente, a oposi-ción ao proxecto mineiro de Faramontaos, contra o que xa presentaron alegacións, será outra das liñas de ac-ción de ADEGAL.

[+ info no 616 764 805 e [email protected], ou

na súa sede na rúa Río Arnoia, 13, local 10, de Xinzo]

O fin primordial de ADEGAL é dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario, a agroindustria e os servizos teñen na Limia

A Plataforma anuncia que presentará denuncias por estas actuacións

Page 9: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

9PUBLICIDADE

Page 10: Xuño 2013 - BXVAC

10 BARRIOSXuño de �013

XINZO E COMARCA

O subdelegado do Goberno visita Baltar e Cualedro O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, desprazouse aos con-

cellos de Baltar e Cualedro para manter unha visita institucional cos seu alcaldes ,José Antonio Feijoo Alonso e Luciano Rivero Cuquejo, e na que estiveron tamén presentes membros das corporacións respectivas.

Os rexedores municipais expuxéronlle ao subdelegado aspectos referidos á seguri-dade cidadá no ámbito local. Posteriormente, Roberto Castro, achegouse aos Postos da Garda Civil de Baltar e Cualedro para interesarse polos membros que alí prestan servizos.

O subdelegado do Goberno co alcalde de Cualedro e membros da Garda Civil.O obradoiro “Salvar vidas está nas túas mans” realizouse nos núcleos de Arnuide, Vilar de Barrio, e de Laroá, en Xinzo.

A Escola Rural de Saúde da Limia forma en hábitos saudables Redacción

A prevención de infec-cións a través da hixiene de mans e a formación en há-bitos de vida saudables fo-ron os dous últimos temas abordados nos obradoiros impartidos pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.

O primeiro dos talleres, “Salvar vidas está nas túas mans”, impartiuse o 5 de maio na Asociación de

Mulleres Rurais A Lomba de Laroá, en Xinzo, e na Comunidade de montes San Mamede e Medo de Arnui-de, en Vilar de Barrio.

A formadora, Lola Rico, explicou aos presentes a importancia dunha práctica sinxela como é a hixiene de mans como un dos métodos “máis simples, eficaces e económicos para diminuír as infeccións asociadas á atención sanitaria”.

O curso de “Hábitos de

vida saudable” foi im-partido o 30 de maio no Concello de Xinzo por Ana Martínez e Orlan-do Blanco, docentes da Consellería de Sanidade. Ademais de educación para a sáude, o obradoiro foi un exemplo de inte-gración total, explican os seus promotores, ao asistir ao mesmo persoas de di-ferentes colectivos, como marroquís, sudamericanos ou xitanos.

A próxima cita da Es-cola Rural de Saúde da Limia é o obradoiro sobre enfermidades raras que se imparte este xoves 13 de xuño pola tarde na aula da asociación na avenida de Ourense, 19, 1º, Xinzo.

O PSOE repróchalle ao alcalde que non convoque plenosRedacción

O Grupo Municipal So-cialista de Xinzo acusa ao alcalde do PP, Antonio Pé-rez de ocultar información aos membros da oposición

e de incumprir o Regula-mento de Organización do Concello de Xinzo por non convocar plenos ordinarios. “O pleno ordinario do mes do mes de abril non foi convocado polo alcalde im-pedindo os labores de opo-sición e de fiscalización ao grupo de goberno por parte dos membros dos grupos da oposición”, apuntan desde o PSOE.

Os socialistas din que no que vai de ano tan só se celebrou un pleno, en febreiro, cando deberían ser bimensuais; que non se comunican as actas das Xuntas de Goberno dende outubro do �01�, e que van “sete meses sen informar das decisións que se están tomando por parte do grupo de goberno, así como dos decretos do alcalde”.

Page 11: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

11PUBLICIDADE

Page 12: Xuño 2013 - BXVAC

1� BARRIOSXuño de �013

XINZO E COMARCA

El Cajón de la Tele Outlet, grandes marcas a prezos outlet

Montse e Elsa, responsable e empregada de El Cajón de la Tele Outlet, respectivamente, nun rincón da tenda, situada na céntrica praza de Paz Nóvoa.

Traer a Ourense pren-das de primeiras marcas a prezos outlet é o que se propón El Cajón de la Tele Outlet, unha nova tenda situada na céntrica praza Paz Nóvoa. Ángela Nóvoa e Montse Lama, nai e filla, son as propietarias deste establecemento, en réxime de franquicia, que forma parte dunha cadea con xa dez locais por toda España. “A vantaxe é que El Cajón de la Tele está en contacto directo con todas as marcas que precisan sacar os seus stocks, como moi antigos da tempada �01�, incluso temos prendas de �013, e podemos ofrecelos ao me-llor prezo”, explica Montse Lama.

No establecemento pode-remos atopar prendas para el e para ela de marcas como Dolce & Gabbana, Versace, Guess, Armani, Roberto Cavalli, Antonio Miró, Cal-

vin Klein, Diesel, Ralph Lauren, Hackett, Manolo Blahnik... Hai roupa casual e outra máis formal, roupa interior, de baño e depor-tiva, complementos como bolsos, carteiras ou cintos e

cada semana reciben novos produtos.

El Cajón de la Tele Out-let dispón dunha zona relax na que o cliente pode gozar dun café mentres proba a roupa, e dun rincón infantil

no que os cativos estarán entretidos mentres os seus pais realizan as súas com-pras. Abre de luns a ven-res de 10 a 13:30 e de 17 a �0:30 horas e os sábados de 10 a 14 horas.

Redacción

A Axencia para a Mo-dernización Tecnolóxica de Galicia vén de com-pletar a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de veloci-dade no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Así, en Galicia son xa �05 os centros educativos aos que xa se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta.

A mellora destas in-fraestruturas de teleco-municación posibilita, ademais do incremento

da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de apli-cacións informáticas.

A implantación de redes de 100 Mbps permite mul-tiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Des-te xeito o alumnado poderá ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou con-tratempos; poderán conec-tarse simultaneamente un maior número de usuarios e permitirá o funcionamento de máis aplicacións infor-máticas cun tempo de res-posta axeitado.

O CEIP Rosalía de Castro súmase aos centros con redes de 100 megas4 Grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta.

Page 13: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

13XINZO E COMARCA

Redacción

As expectativas da Pla-taforma Veciñal Corno do Monte con respecto á trac-torada organizada o pasado �5 de maio contra a mina de feldespatos foron supe-radas con creces. Máis de 400 asistentes e preto de �00 tractores, foron o xei-to no que se manifestou a veciñanza limiá contra o proxecto mineiro. Xunto a eles, todo o sector servizos da agricultura e a gande-ría de Xinzo e Trasmiras, como almacéns de patacas, de abonos, fitoagrarias ou talleres pecharon esa xor-nada de sábado para sumar-se á protesta e apoiar aos

agricultores e gandeiros dos que viven.

“Tractorada coma esta non se acorda como dende a de Santiago”, “incrible que poida haber eiquí tanto tractor”, “impresionante, esta vai ser histórica” foron algunhas declaracións dos labregos presentes recolli-das pola plataforma.

Ademais da veciñanza asistiron ao acto reivindi-cativo representantes do BNG, CxG, PSdeG, Ano-va, EU, de sindicatos como Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias, FRUGA e de asociacións como ADE-GAL.

A manifestación come-zou no Toural coa lectura

Tractorada histórica en Xinzo contra a mina de feldespatos4 A comarca rexeita a implantación do proxecto mineiro.

As comunidades de re-gantes da Limia apoian as protestas contra a ins-talación da mina de Fara-montaos. Denuncian que a abandonada explotación de feldespatos de Pedra Alta estase a converter “nun vertedoiro incontro-lado de todo tipo de resi-duos principalmente de materiais de construción”, polo que piden ás admi-nistracións que rematen cos verquidos.

Amais, os regantes ti-

veron coñecemento de que a consecuencia da de-claración da ZEPA as co-munidades de Alta Limia, Lamas-Ganade e San Sal-vador de Sabucedo deben someterse a Declaración de Impacto Ambiental o que retrasará polo menos 18 meses a modernización dos seus regadíos, non así a de Corno do Monte que ten vía libre para realizar o proxecto e as obras ao non estar afectada pola ZEPA.

4 Os regantes, tamén contra a mina

200 tractores xuntáronse na protesta contra o proxecto mineiro.

4Agustín Hernández di que a mina é “inviable”

O conselleiro de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agus-tín Hernández, considera “inviable” a explotación mineira de feldespatos de Xinzo de Limia, pola súa incompatibilidade coas actividades agrícolas e gandeiras da zona.

Durante unha visita a Lobios para a inauguración dunha estación de medi-ción do cambio climático, Hernández explicou, en relación a este proxecto mineiro, que que “existe unha interferencia que fai inviable a explotación mi-neira, posto que incide nos regadíos e aproveitamen-tos agrogandeiros”.

O titular de Medio Ambiente lembrou que a Consellería de Economía e Industria “solicitou un informe á Consellería de

Medio Rural e do Mar a respecto da compatibili-dade do aproveitamento mineiro coas explotacións agrogandeiras” e é de acordo a ese informe polo que conclúe que non é via-ble a materialización do proxecto mineiro en Xin-zo. O conselleiro indicou que o proxecto ten que so-meterse aínda á avaliación de impacto ambiental.

Oposición do alcaldeTamén nunha recente

reunión entre o alcalde de Xinzo e a conselleira de Medio Rural, Antonio Pérez insistiulle a Rosa Quintana que o Concello está totalmente en contra de que a mina se instale en Xinzo. Amais, a Con-sellería de Medio Rural formulou tres informes negativos a este proxecto.

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez, supervisou eas obras que se están a desenvolver na fachada do Xulgado de Xinzo de Li-mia, nas que a Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza in-viste preto de 13.800 euros.

Acompañado pola xefa

territorial de Presidencia, Marisol Díaz, Rogelio Martínez comprobou o bo ritmo das obras que estarán completamente rematadas a semana que vén.

Risco de desprendementoAs obras executáronse

con carácter de urxencia, ao existir risco de despren-demento do revestimento da parede exterior deste

edificio xudicial. Despois das chuvias rexistradas du-rante este inverno, o rece-bo da fachada sufriu unha importante deterioración e presentaba numerosas fen-das. A mediados do pasado mes de abril produciuse un pequeno desprendemento, polo que os responsables autonómicos decidiron va-lar a zona para salvagardar a seguridade dos viandantes e usuarios do xulgado, ade-mais de solicitar ao Conce-llo de Xinzo da Limia os permisos necesarios para realizar as obras.

A actuación, que se es-tendeu a todo o perímetro da fachada dende o nivel da primeira planta ata a albar-dilla que era de formigón e que se substituíu por outra de chapa de aluminio, con-

sistiu na retirada do ante-rior recebo e a colocación doutro novo impermeable á auga de chuvia.

Obras de urxencia nos xulgados de Xinzo de Limia4 13.800 euros de investimento para a reparación da fachada.

O delegado da Xunta e a xefa territorial de Presidencia visitaron os xulgados de Xinzo.

O delegado territorial aproveitou a súa estadía na vila para visitar as depen-dencias xudiciais que aco-

llen un xulgado de primeira instancia e instrución nas que traballan a xuíza, o se-cretario e seis funcionarios.

dun manifesto, xa que a Subdelegación do Gober-no, a pesar de ser sábado e causar menos molestias na vila, prohibiu que as xente se detivese na praza Maior. A tractorada percorreu as principais rúas de Xinzo, collendo logo dirección a San Pedro de Laroá, unha das parroquias afectadas.

“O único que vale á a resolución do Consello da Xunta”

Valora a Plataforma Cor-no do Monte que con esta tractorada histórica, os ve-ciños da Limia deixan moi claro “que non se fían das declaracións feitas polo con-selleiro Hernández e o alcal-de de Xinzo, xa que aquí o que vale non é o que digan eles nos xornais, o único que vale é a resolución do Con-sello da Xunta publicada onde corresponde”.

A punto de coñecerse a resolución da Xunta, os manifestantes recordáronlle ao Goberno galego o lema de protestas anteriores, “a mina ou nós”, “ (a Xun-ta) ten que escoller entre a mina ou as persoas que vi-vimos aquí e do agro”, afir-maban desde a Plataforma.

Os representantes veci-ñais advertiron “aos que mandan na Xunta” que “te-ñen aínda outra oportuni-dade de poñer os informes ben despois deste período de alegacións”. “Eles ve-rán, pero nós confiaremos en non ter que acudir a San-tiago con todos os tractores da Limia, pero se o temos que facer, farémolo. Estes señores non nos van quitar o pan dos nosos fillos nin o seu futuro. Loitaremos ata o final”, indicaban no co-municado remitido á pren-sa.

“(A Xunta) ten que escoller entre a mina ou as persoas que vivimos aquí e do agro”, afirmaron na tractorada desde a Plataforma Veciñal Corno do Monte

Page 14: Xuño 2013 - BXVAC

14 BARRIOSXuño de �013 XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Óscar Blanco

Diana Gil pode pre-sumir de ser toda una apaixoada do coleccionis-mo de bonecas. Esta afec-ción que ten milleiros de seguidores por todo o pla-neta caracterízase porque os coleccionistas perso-nalizan as súas creacións e son fotografadas en si-tios reais ou en eventos de interese.

Como empezou a túa afección?

Diana Gil (D.G): “O meu deber ser xenético. Dende pequena adorei as bonecas e conservo moi-tas delas, de feito a miña filla xoga con elas. Ás bo-necas ‘Blythe’ cheguei a través da ‘Chabel’ (bone-ca española fabricada por Feber nos anos 80-90), xa que buscaba patróns para ela e teñen un corpo moi semellante”.

Que son as bonecas ‘Blythes’?

D.G: “Son bonecas de 30 cm de altura contando coa súa cabeza, que é a súa principal característi-ca. Esta é moi grande en proporción ao seu corpo. Contan cun mecanismo (chamado “eyechip”) que permite cambiar a cor dos seus ollos tirando dunha cordiña situada na parte traseira da súa cabeza. Cada boneca conta con catro cores distintas de

ollos”.Canto tempo levas con

estas bonecas?D.G: “Coas ‘Blythe’ levo

tres anos e de momento teño cinco”.

Cantas bonecas tes?D.G: “En total 181 bone-

cas, pero non conto algun-has bonecas pequeniñas, tampouco engado os com-plementos como armarios, vehículos, etc”.

Cal é a súa orixe? De onde ven esta creación?

D.G: “As bonecas ‘Blythe’ foron creadas no ano 197� para a compañía xogueteira Kenner pero fo-ron un fracaso xa que as ne-nas asustábanse da súa mi-rada e da súa gran cabeza. Permaneceron no esquece-mento ata que no ano �000 unha fotógrafa americana utilizou unha ‘Blythe ‘que lle regalara unha amiga como modelo.

No ano �000 a empre-sa Hasbro (a sucesora de Kenner) lanzou a primeira ‘Neo-Blythe’, e a boneca foi un éxito inmediato e dende entón cada ano saen novos modelos, incluíndo dous tamaños distintos: a ‘Petite Blythe’ (de 11’2 cms. de altura) e a ‘Middie Blythe’ (de 20 cms.)”.

Que facedes coas bone-cas?

D.G: “Iso é o que nos pre-guntan sempre (risas). Pois de todo: customizalas para facelas únicas cambiándo-

lle o cabelo, os chips (cores de ollos) ou retocándolle os trazos da cara. Facémoslles fotos, cosémoslles roupa e como non, tamén xogamos con elas.

Normalmente comezas mercando os accesorios pero pouco a pouco vas aprendendo e rematas fa-cendo ti moitas cousas.

Case todas cosemos, ganchillamos ou facemos outras manualidades para elas en maior ou menor grao”.

ENTREVISTA

“As bonecas permítennos conservar un pouquiño da inocencia que tiñamos de nenos”4 Falamos con Diana Gil, unha veciña de Xinzo coleccionista de bonecas. Máis de 180. Entre elas, as pouco coñecidas ‘Blythes’.

Que obxectivo ten esta paixón coas bonecas?

D.G: “Iso depende de cada coleccionista. Hai quen goza tendo cantas máis mellor, outros prefiren ter poucas e customizadas por artistas coñecidos no mundo ‘Blythe’. A outros simplemente gústanlle e mercan os modelos que máis lle enchen o ollo”.

Podes darnos prezos aproximados?

D.G: “Depende do mo-delo. As más sinxelas andan entre os 80 ou os 90 euros. Os modelos máis especiais ou limitados poden exce-der os 600 euros. Mención propia merecen as bonecas Kenner orixinais, que poden ter prezos de catro cifras”.

Cantos afeccionados co-ñeces?

D.G: Que eu saiba en Xinzo son a única que as colecciona. En Ourense cidade hai outras dúas ra-pazas e a nivel provincial creo que seremos sobre cin-cinco. Pero por exemplo, na Coruña haberá máis de �0 afeccionadas e en Galicia enteira creo que pasamos das 50”.

Organizades concur-sos, quedadas, certames de bonecas en Galicia ou fóra?

D.G: “En Galicia somos un grupo xeitoso repartido polas catro provincias. O ano pasado houbo máis de tres quedadas, organizouse unha ‘Blythe’ viaxeira que foi por toda Galicia e que o final sorteamos entre to-das.. Tamén estivemos pre-sentes en exposicións de manga, cómics, etc. A nivel nacional hai quedadas case todas as semanas. En abril organizouse en Barcelona o ‘Blythecom’ onde xuntá-ronse afeccionadas de todo o país, e houbo concursos de customización, clases, venta de roupa e acceso-rios, etc.

É un mundo que te engan-cha e no que normalmente hai moi bo ambiente”.

Alguén pode pensar que é raro que persoas adultas xoguen con bonecas, que dis a iso?

D.G: “Que é unha afec-ción como calquera outra. Hai a quen lle gustan os selos, no meu caso son as bonecas. Moita xente leva as mans a cabeza cando coñece o prezo, pero como lle digo eu outros queiman máis cartos bebendo, fu-mando ou saíndo de mar-cha. O meu ‘vicio’ polo menos no me esnaquiza o corpo”.

Onde se pode saber máis de vos?

D.G: Na rede social Flic-kr hai dous grupos galegos: ‘Galicia Wonderland Dolls’ e ‘BonecaZ: kekas gale-gas’. Hai varios foros a ni-vel nacional pero o que ten máis movemento é ‘Vidas de Plástico’”.

Deixa unha mensaxe aos nosos lectores.

D.G: “Que non se aver-goñen se lle gustan as bo-necas. É un mundo que nos permite conservar un pouquiño da inocencia que tiñamos de nenos. No meu caso comparto a afección coa miña filla de oito anos e únenos moito”.

Diana Gil, cunha das súas bonecas, en Xinzo.

Unha das bonecas ‘Blythe” fotografada cun plato de polbo á feira.

“Sempre nos preguntan que facemos coas bonecas: customizalas para facelas únicas, facémoslles fotos, cosémoslles roupa e tamén xogamos con elas”

A edil socialista de Mace-da, Ana María Rodríguez Blanco.4 O PSOE de Maceda valora a súa oposición

Transcurrido o segundo ano dende as eleccións municipais, a única con-celleira socialista en Ma-ceda, Ana María Rodrí-guez Blanco, valora como “construtiva e responsa-ble” o seu labor de oposi-ciíon e manifesta “a cons-tante proposta no pleno de actuacións para atender ao pobo”.

Neste sentido, Rodrí-guez Blanco cita 16 mo-cións socialistas aproba-das polo pleno e acusa ao goberno municipal “de falta de respecto” “que mesmo non executa o que vota a favor”.

A voceira socialista la-menta a eliminación de servizos como a Axuda Básica no Fogar, o trans-porte público á metade dos pobos do concello, unha praza de mestra da garde-ría, ou as clases de reforzo educativo de inglés.

4 Contra a minaría salvaxe e contaminante

O BNG solicitará o pronunciamento do Con-cello de Xinzo en contra da macro-minaría salvaxe mediante una moción pre-sentada para o seu debate no vindeiro pleno.

Valoran os nacionalistas que a ameaza das minas de feldespatosna Limia persistirá mentres non se mude a lei e por iso recla-man “unha lexislación que nos blinde definitivamen-te contra este tipo de mi-naría, xa que nada impide que a explotación de fel-despatos volte ao ataque nun futuro próximo cunha normativa máis favorábel, nin que novos proxectos, como o LUIS-4943 que denunciamos hai unhas semanas, ou outros novos poidan botar a andar en calquera intre”.

Page 15: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

15ALLARIZ E COMARCA

Protesta en Baños e Xunqueira polo cambio de horario escolar4 Pais de alumnos cortaron o tráfico en Ourense para amosar a súa oposición ao retraso de ata tres cuartos de hora na entrada aos centros escolares aprobado para o vindeiro curso.Paula Lodeiro

Proxenitores e alumnos dos colexios de Xunqueira de Ambía e de Baños de Molgas protestaron o pasa-do 6 de xuño fronte á Xe-fatura Territorial de Edu-cación en Ourense, na rúa Concello, contra a súa de-cisión de retrasar ata en 45 minutos a hora de entrada a ambos centros escolares o vindeiro curso. As protes-tas das ANPAS repetiranse o mércores 1� de xuño cun corte de tráfico en Xun-queira de Ambía.

Os alcaldes destes dous municipios, José Luis Ga-vilanes e Eladio Mangana, ambos os dous do PP, apoia-ron a protesta dos pais, ao entender que a decisión de Educación de adiantar o inicio das clases no colexio de Allariz (tal e como re-clamaba a súa ANPA des-de hai anos, das 10:30 a 9.15 horas) prexudica aos

estudantes de Xunqueira e Baños que o próximo curso comezarán a súa xornada lectiva un cuarto de hora e tres cuartos de hora máis tarde, respectivamente (pa-san de ter as clases ás 9:30 e 10 a inicialas ás 10:15 ho-ras).

“Isto nos prexudica a todas as familias de Xun-queira de Ambía e Baños de Molgas porque o feito de retrasar a entrada dos colexios vai facer que non poidamos traballar, porque entrar nun colexio a partir das 10 da mañá é inviable. Hoxe por hoxe todos traba-llamos e temos que conciliar a vida laboral e familiar”. Quen así falaba era unha das nais afectadas e voceira da ANPA Padre Crespo do CEIP Xunqueira de Ambía, Montse González, quen anunciou que seguirán coas protestas ata que se aten-dan as súas demandas. “Os nosos fillos non van ir ao

colexio no mes de outubro cando empece o horario de inverno, témolo moi claro”, aseguraba.

Os alcaldes, moi críticos coa medida

Os rexedores amosáronse especialmente molestos coa actitude da xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego. “Aquí hai algún cargos políticos do PP que son máis listos que ninguén e sen escoitar a ninguén toman unha decisión uni-lateral e enriba cando lles pides explicacións síntense moi molestos”, expresába-se o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavi-lanes. O seu compañeiro de partido e rexedor de Baños de Molgas, Eladio Manga-na, insistía en que a crise non debía servir de xustifi-cante para aforrar en temas educativos; “que busquen solución e se hai que gastar cartos en pór outro bus pois que o poñan”, afirmaba.

ANPAS e alcaldes re-uníronse co presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen asumiu o compro-miso de plantexar as súas reivindicacións diante dos máximos responsables da Xunta.

“A mellor solución”A xefa territorial de Edu-

cación non quixo facer ningunha declaración e re-mitiunos ao comunicado

Os proxenitores cortaron o tráfico media hora fronte á Xefatura Territorial de Educación en Ourense, na rúa Concello. /P.LODEIRO.

4 Satisfacción en Allariz

Onde si acolleron con satisfacción o cambio horario decidido pola Consellería foi en Allariz. Desde o Concello resalta-ron que se trataba dunha “reivindicación histórica” de toda a comunidade escolar tanto polos “be-neficios pedagóxicos” do adianto do inicio das cla-ses como pola “imposibi-lidade de compatibilizar xornada laboral de proxe-nitores con horario esco-lar” que viña mantendo o colexio Padre Feijoo.

Cren en Allariz que o cambio “vai supor unha mellora na organización das actividades extraes-colares”, e en canto á Aula de Espera, o Conce-llo “estudará con todos os usuarios a necesidade ou non de manter o servizo”.

Os alcaldes populares de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, e de Baños de Molgas, Eladio Mangana, apoia-ron a protesta./P.LODEIRO.

oficial da Consellería, no que se explicaba que des-pois de moitos encontros adoptouse a mellor solu-ción para todos os centros educativos. Trátase dunha decisión que é definiti-va, pois brindóuselles ás ANPAS a oportunidade de estudar propostas coa xefa do Servizo de Tranportes pero non presentaron al-ternativas, explicaron des-de a Delegación da Xunta en Ourense.

Redacción

O Museo Galego do Xo-guete de Allariz iniciou o pasado sábado unha nova etapa estreando imaxe re-novada. Unha entrada es-pectacular, a exposición de máis de 1.500 fondos ademais de vídeos expli-cativos protagonizados por veciños de Allariz son as novidades que reinven-tan o museo alaricano.

A remodelación foi des-

envolvida pola Asociación Interruris (composta por cinco empresas alaricanas) e permitiu achegar o museo á rúa co acondicionamento da entrada principal e a co-locación dalgúns dos fon-dos na cafetería superior, ademais do cambio de ilu-minación e a venda de pro-dutos promocionais.

Proximamente darase a coñecer a programación cultural e de ocio deste mu-seo alaricano.

Reabre o Museo Galego do Xoguete cun aire renovado4 Expón máis de 1.500 fondos e vídeos explicativos.

Fuerteventura mostrou o seu interese polo modelo de xestión de AllarizRedacción

Unha comitiva de 15 persoas do Concello de Antigua e o Cabildo de Fuerteventura viaxaron ata Allariz para coñecer a xestión do municipio.

O alcalde alaricano apuntaba que “en tempos de crise é importante inter-cambiar experiencias para enriquecer e favorecer a xestión municipal” e mos-trou o interese de traballar

O Museo do Xoguete de Allariz dispón de máis de 1.500 fondos. /C.d.ALLARIZ.

conxuntamente co concello canario, en proxectos con-cretos como o desenvolve-mento do sector primario coa produción e exporta-ción de queixo de cabra e aproveitamento pastoril e o turismo como xerador de emprego cualificado.

Os responsables canarios mostraron o seu interese polo modelo de xestión dos servizos básicos e a capa-cidade de organización do persoal con poucos recur-sos. Ademais “os outlets son un proxecto atractivo e con posibilidades de ex-portar a Antigua” explicaba Miguel Ángel Rodríguez, secretario municipal.

Page 16: Xuño 2013 - BXVAC

16 BARRIOSXuño de �013

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

P. Lodeiro

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, abría as súas portas o cuarto Fes-tival Internacional de Xar-díns de Allariz.

Cales son as novidades desta edición?

Bernardo Varela: “Este ano a temática dos xardíns é ‘Allariz, a beleza que inspira’; os participantes seguen a ser do ámbito europeo e como novidade salientable está a exposi-ción de escultura de artis-tas galegos”.

Cal é o balance destas primeiras semanas des-de a súa apertura?

B.V.: “Está sendo moi satisfactorio. O impacto inicial ten sido moi positi-vo, nos primeiros 15 días recibiu 7.000 visitantes”.

Tamén é novidade a apertura do parque Fe-rradal, para cando se in-augurará?

B.V.: “O parque do Fe-rradal xa está aberto, nos queda por facer un acto de presentación. O Ferradal está en perfecto estado de uso, cunha zona con la-goas. Recuperamos unha fonte para recuperar a tra-dición de uso das augas ferroxinosas, que teñen cualidades curativas”.

Cantas zonas verdes hai en Allariz?

B.V.: “En total en Alla-riz en espazos verdes pú-blicos temos 14 hectáreas, 140.000 metros cadrados, que para 6.000 habitantes está moi ben. No FIXA temos 40.000 metros ca-drados entre os xardíns e a zona do Ferradal”.

O festival mantén os horarios de apertura e prezos do ano pasado?

B.V.: “Si, en maio e xuño, e setembro e outu-bro abre polas tardes, agás sábados e domingos que abre todo o día. En xullo e agosto abrirá todos os días, mañá e tarde”.

Vai haber actividades especiais no recinto?

B.V.: “O venres 7 visí-

tounos unha asociación de empresarios da flor da zona do Baixo Miño que viñeron coñecer o festival e asinar un protocolo. Tamén esta-mos en contacto coa Aso-ciación española de pai-saxismo para actividades, e coa Asociación galega de paisaxismo; estamos reci-bindo visitas de obradoiros enfocados ao paisaxismo e a xardinería como un de Ferrol...”

É coñecido o FIXA?B.V.: “Si. Este ano coa

inauguración tivemos re-presentantes de revistas de xardinería especializada de todo o Estado, notas en revistas europeas... É un festival que polo que nos comentan os organizado-res do de Ponte de Lima en moi pouco tempo ten co-llido unha repercusión moi

ENTREVISTA AO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DE ALLARIZ:

“O FIXA recibiu nos primeiros quince días 7.000 visitantes”

4 Bernardo Varela explica as novidades da cuarta edición do Fes-tival Internacional de Xardíns.

potente. Ten que ver tamén que

Francisco Caldeira Cabral, o presidente do xurado, é un referente internacional.”

Que impresión reciben os visitantes dos xardíns?

B.V.: “Coméntamos a xente que queda sorpren-dida porque hai un salto de calidade con respecto ao ano anterior”.

Que repercusión ten o certame para Allariz?

B.V.: “Seguimos apostan-do por isto, máis alá do me-dio ambiente nun momen-to como o actual, porque cremos que é un revulsivo económico moi importante, atrae a xente a Allariz. Este é un espazo de lecer para os veciños pero tamén é un punto moi importante para que a xente acuda a Alla-riz, pagan a entrada ( o ano

4 12 xardíns efémeros

Doce xardíns eféme-ros deseñados por ar-tistas galegos e estatais, de Portugal, Holanda, Brasil, Francia e Austria compoñen o Festival de Xardíns 2013; unha mes-tura entre arquitectura e paisaxismo que mostrará os encantos e a beleza de Allariz.

Nesta edición �013 é novidade a incorpora-ción no recinto de pezas de arte de artistas como os locais Xaime Piñeiro, Luis Pachón ou Ross An-gell e os galegos como Álvaro de la Vega, Juan Lomarti, Antón de Buci-ños, Acisclo Novo, Xosé Lois Carreira, Marcos Escudero, Emiliano Gar-cía-Valenciano, Fran-cisco Escudero, Manuel Patinha e José Paz. A en-trada está protagonizada por unha combinación de pedra e auga que ten vocación permanente.

O investimento fei-to este ano no recinto do festival é de 61.974 euros.

4 Reatur oferta un campus de inglés

A empresa municipal de Allariz Reatur oferta un campus de inglés do 5 ao 14 de agosto, para menores de 8 a 16 anos.

Aprender divertíndose e empregando o inglés como lingua de comunicación en xogos, deportes e excursión é o obxectivo do campus que se impartirá no Cam-ping Os Invernadeiros de Allariz, nun entorno único con profesores bilingües e nativos. A data límite de inscrición é o día 5 de xu-llo.

[+ info no 988 44� 006 ou en [email protected]]

4 Excursión dos maiores de Allariz

A Concellería de Benes-tar Social organiza unha ex-cursión a Betanzos e Sada o próximo sábado 15 de xuño, por un prezo de �0 euros.

A saída terá lugar ás 8:30h dende a estación de autobuses de Allariz. Os interesados poden anotarse no Fogar dos Maiores ou no teléfono 988 554 059.

4 Debate sobre as empresas municipais

O pleno de xuño de Alla-riz centrouse no debate da conta xeral �01� das em-presas municipais.

A sesión plenaria tivo lugar o venres 7 e estivo centrada no debate da con-ta xeral �01� das empresas municipais Medioambien-tal Alaricana e Reatur. Ade-mais, aprobouse por unani-midade a modificación do regulamento e a ordenanza fiscal reguladora do servizo de axuda no fogar. O pleno acordou, tamén, o estudo da incorporación ao proxecto Fiare de banca ética.

4 Suspéndense os reforzos de enfermería de garda en Celanova

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Car-men Acuña, acusou á Xunta de ter suprimido unilateral-mente os reforzos de enfer-mería das gardas dos fin de semana e dos festivos nos centros de primaria de Ce-lanova e Ribadavia.

EN BREVE

Acuña lembrou que “este persoal era o que atendía á demanda pro-gramada en fins de sema-na e festivos, mentres os de garda se centraban na atención das urxencias”.

A responsable socialista apunta que esta medida é un novo paso nos recortes sanitarios no rural gale-go e reclámalle á Xunta que explique que nivel de aforro acadará con esta decisión, cantos centros de saúde galegos se verán afectados e como pensan solucionar as necesidades de atención médica das fins de semana.

4 Relaxación para os maiores de Celanova

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Terra de Celanova iniciou o �9 de maio clases de relaxación para persoas maiores, co obxectivo de liberar ten-sións, reforzar a súa au-toestima e mellorar a súa saúde xeral.

Para Cruz Vermella pro-mover hábitos e condutas saudables é un compro-miso máis coa sociedade, e neste caso céntrase en dinámicas que favorece-rán o coidado da tensión arterial, a regulación do ritmo cardíaco, a mellora do sono e o benestar físico e mental.

A entidade prepara xa as actividades que levará a cabo cos nenos da comar-ca durante este verán.

4 20.000 euros para acondicionar pistas en Verea

O Concello de Verea recibirá unha subvención de �0.000 euros para o acondicionamento e res-tauración das pistas en Bangueses, dentro dunha liña de axudas da Xunta para concellos incluídos na Rede Natura.

O Goberno galego des-tinará unha partida de 4�6.591 euros a �� mu-nicipios ourensáns, para a recuperación e conser-vación dos seus espazos naturais, entre eles os de Verea, Laza, Padrenda, Porqueira, Rairiz de Vei-ga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, na entrada ao recinto dos xardíns. /M.REJO.

As esculturas son novidade nesta cuarta edición do Festival de Xardíns. /M.REJO.

pasado recadamos 35.000 euros) e fan consumo nos espazos da vila.

Como anéctoda, en Alla-riz hai moitísimas vodas e moitas parellas van alí a facer as fotos, co que consi-guen 1� fotos distintas nun mesmo percorrido”.

Page 17: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

17CELANOVA E COMARCA

Redacción

A “inxestente sinaliza-ción” do Castro de Castro-mao e a “dificultade para o seu acceso” foi o punto de partida das queixas do BNG de Celanova contra o gober-no municipal popular. Do mesmo xeito, os nacionalis-tas tamén reclaman á Xunta que non cumprise co conve-nio que asinou en �007 co fin de que este xacemento arqueolóxico contase co seu propio Centro de Interpre-tación da Cultura Castrexa, que sería ubicado na antiga casa reitoral de Castromao.

A día de hoxe, tal e como sinalaron dende o BNG, “o mato cobre os restos da an-tiga casa-reitoral de Santa María; e a antiga vivenda parroquial, que no ano �008 foi motivo dunha primeira intervención, permanece abandonada”.

Como consecuencia, os nacionalistas esíxenlle á Xunta que culmine as obras iniciadas en �007 para contar co Centro de Interpretación acordado; e ao Concello de Celanova que desbroce e si-nalice axeitadamente a zona do castro.

Resposta do alcaldeO alcalde de Celanova,

A recuperación de Castromao enfronta a PP e BNG4 Os nacionalistas esixen que a Xunta cumpra co convenio asi-nado co Concello de Celanova en �007 para a creación na zona do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa.

José Luís Ferro, manifestou unha “total estupefacción” ante as queixas do BNG sobre a situación actual de Castromao. Segundo o rexedor “cando menos re-sulta curioso –cando non cínico- que o mesmo grupo político que paralizou todo o proxecto de posta en valor do xacemento arqueolóxico, así como a rehabilitación da rectoral de Santa María de Castromao, cando estivo á fronte da Consellería de Cultura, agora queira apa-recer ante a opinión pública como o gran defensor dese mesmo xacemento arqueo-lóxico”.

Así mesmo, Ferro indi-cou que, no tocante ao con-venio asinado coa Xunta, “pese ás insistentes xestións

realizadas durante o �008 e o �009 por Antonio Mouri-ño para que fose continuado o proxecto de rehabilitación, que tiña un orzamento total de 703.314 euros, dende a dirección xeral de Patrimo-nio negaron a continuación das obras debido á actual recesión económica”.

Por último, en relación ao necesario desbroce e si-nalización do castro, o al-calde asegura que a “herba que actualmente cubre o castro non é máis ca unha consecuencia temporal da climatoloxía e que tanto iso como o remate da sinaliza-ción do roteiro informativo polo castro levaranse a cabo nas próximas semanas tan pronto o Concello conte co personal que precisa”.

O BNG pregunta no Parlamento

Para completar as súas esixencias, o BNG vén de rexistrar no Parlamento unha pregunta para que sexa respostada na propia sesión e tamén por escrito por parte da Xunta sobre se o goberno autonómico ten previsto cumplir co convenio asinado en �007 co Concello de Celanova relativo a Castromao e, de ser así, cal é o plazo de execución das obras.

Nestes senso, dende o grupo nacionalista agardan contar co apoio do deputa-do e ex alcalde de Celano-va, Antonio Mouriño, “xa que ese convenio foi asi-nado por el mesmo cando era rexedor”.

Redacción

Os concelleiros do BNG, PSOE e a edil non adscrita de Celanova (que suman a metade máis un da corporación) veñen de solicitar a celebración dun pleno extraordinario, co fin de lograr a revogación de diversas competencias do alcalde e a Xunta de Go-berno Local, así como a diminución da retribución do rexedor e varias conce-llerías.

Os solicitantes desta se-sión extraordinaria expli-caron que un dos motivos da mesma é que en xuño de �011 se aprobaron unhas delegacións que dan lugar, ao seu xuízo, a “unha de-mocracia de mínimos”.

As delegacións ás que fan referencia permiten ao alcalde “o exercicio de accións xudiciais e admi-nistrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria”. Pola súa banda, recáe so-bre a Xunta de Goberno Local “a declaración de lesividade dos actos do Concello; competencias en contratación, incluida a

aprobación de proxectos de obras ou servizos; adxudi-car concesións sobre os bens do Concello e adquirir bens inmóbeis e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial; e concertar diversas opera-cións de crédito a longo pra-zo previstas no orzamento”.

Ademais, estes concellei-ros tamén expoñerán “medi-das para racionalizar o gasto na administración local”.

As demandasComo consecuencia do

anterior, demandarán na sesión extraordinaria a re-vogación das competencias atribuídas ao alcalde e á Xunta de Goberno Local an-tes mencionadas.

Así mesmo, esixirán que o rexedor perciba unha re-tribución mensual bruta de 2.350, máis dúas pagas ex-traordinarias. E que as Con-cellerías de Obras e Medio Ambiente non perciban nin-gún tipo de retribución. Pola súa banda, para o edil de Urbanismo piden unha de-dicación mínima de 6 horas diarias, agás sábados e fes-tivos, cunha retribución de 16.110 euros brutos anuais, en catorce pagas.

BNG, PSOE e a edil non adscrita convocan un pleno extraordinario 4 Reclaman cambios en diver-sas competencias, así como no soldo do rexedor.

Os concelleiros do BNG de Celanova manteñen aberta unha polémica co alcalde da lo-calidade a conta da recuperación do poboado castrexo de Castromao./ARQUIVO.

Page 18: Xuño 2013 - BXVAC

18 BARRIOSXuño de �013

CELANOVA E COMARCA

S.N.

Logo de varias reunións entre distintos colectivos na procura dunha única candidatura para a xestión dos fondos LEADER nas comarcas de Celanova e a Baixa Limia, o 30 de de-cembro de �008 botou a andar formalmente a Aso-ciación O Vieiro Leborei-ro, que se encargaría dende entón de coñecer e asesorar a todos os interesados en levar a cabo algún tipo de proxecto de desenrolo rural nestas zonas. A presidenta desta Asociación, María Jesús Boo, axudounos a co-ñecer máis de preto a ampla actividade da mesma.

Con que fin naceu a Asociación O Vieiro Le-boreiro?

María Jesús Boo: “Na-ceu co fin de xestionar os fondos LEADER Galicia �007/�013, programa do-tado cun orzamento de 3,6 millóns de euros para o te-cido social e empresarial das comarcas de Celanova e Baixa Limia. Así mesmo, como complemento á xes-

tión destes fondos tamén participamos en programas de cooperación con outros territorios de España. Ade-mais, contribuímos á pro-moción da nosa zona e á posta en valor do seu patri-monio”.

Que tipo de proxectos levades a cabo?

M.J.B: “Proxectos de moi diversa índole. Dende apoio a asociación veciñais e cul-turais, consolidación e asen-tamento de proxectos agrí-colas, proxectos asistenciais –como centros de día e vi-vendas comunitarias-, apoio á pequena e media empresa, recuperación do noso patri-monio cultural, etc.

En anos anteriores xa se subvencionaron �3 proxec-tos. Nestes momentos temos 15 proxectos en execución para a anualidade �013, e están pendentes de resolu-ción por parte de AGADER outros 14. Tramitáronse, pero foron desestimados (por AGADER) ou desis-tidos (polos promotores) un total de 31 expedientes. E en trámite temos nas no-sas oficiñas a día de hoxe 4

novos expedientes. Todos estes suman un total de 87 proxectos, xunto ás máis de �30 consultas e peticións de información que recibimos nestes tres anos. Pódese di-cir que somos un dos GDR máis activos de Galicia”.

Como está a ser a inver-sión nestes proxectos?

M.J. B.: “Nos proxectos mencionados aprobouse ata agora unha axuda pública de �,07 millóns de euros, dos cales 0,66 millóns xa foron abonados. Ademais, os promotores realizaron de xeito particular un investi-mento de 4,8 millóns. Unha importante inversión que deu lugar á xeración de �8 postos de traballo”.

Con cantos membros conta a día de hoxe O Vieiro Leboreiro?

M.J.B: “Forman parte da nosa Asociación 1�5 entidades, 16 públicas e 109 privadas. As públicas son as correspondentes aos concellos de A Merca, Car-telle, Celanova, Gomesen-de, Padrenda, Quintela de Leirado, Pontedeva, Lobei-ra, Verea, Bande, Muiños, Ramirás, Lobios e Entrimo; así como a mancomunidade Terras de Celanova e o Par-que Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Pola súa banda, as enti-dades privadas son asocia-ción de mulleres, veciños, culturais, de empresarios ou comerciantes; e comuni-dades de montes ou medio-ambientais”.

Como foi recibida nas comarcas nas que actúa a creación da Asociación?

M.J.B.: “Nos tempos que corren calquera apoio é ben recibido, pero pode-mos afirmar que as axudas

LEADER teñen a vantaxe da cercanía, o asesoramento directo e o acompañamento de proxectos, que outras axudas non teñen. Mesmo permiten que en función das necesidades do momento os proxectos poidar ser redefi-nidos para seren adaptados á realidade actual. Neste senso, calquera promotor que se achegou á nosa ofi-cina, cando menos, recibiu información completa das opcións das que dispuña”.

Isto implica que a vosa actividade non se cingue á xestión destes fondos, é moito máis ampla.

M.J.B.: “Exacto. A nosa función non é exclusiva-mente a tramitación das axudas dos fondos euro-peos, vai moito máis aló. Ofrecemos asesoramento e tutorización dos proxectos, é dicir, non só tramitamos a subvención, senón que asesoramos sobre o tipo de axudas compatibles, co fin de establecer sinerxias entres os distintos sectores (restauración , servizos so-ciais, asociacións de veci-ños…).

Paralelamente desenvol-

vemos tamén unha serie de actividades para a promo-ción das nosas comarcas”.

Neste momento aínda está aberto o prazo para a solicitude de axudas do Programa LEADER 2007/2013 de Desenvolve-mento Rural. En que con-sisten?

M.J.B: “As axudas que tramitamos dentro deste progama poden ser de in-terese tanto para entidades sen ánimo de lucro –para a realización de proxectos non produtivos de interese social- como para calquera tipo de empresa -proxectos produtivos de interese eco-nómico-.

A porcentaxe de axuda pode acadar o 100% no caso de proxectos sociais e o 45% en proxectos em-presariais. Os beneficiarios da mesma poden ser, polo tanto, dende entidades pú-blicas a privadas, asocia-cións sen ánimo de lucro, ou calquera autónomo con gañas de mellor ou crear a súa empresa.

Para solicitar estas axu-das teñen de prazo ata o 1 de setembro deste ano, pero

ENTREVISTA A MARÍA JESÚS BOO – PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN O VIEIRO LEBOREIRO

“Ofrecemos tutorización completa de proxectos, buscando o establecemento de sinerxias entre os distintos sectores de Celanova e a Baixa Limia”

4 A Asociación O Vieiro Leboreiro naceu co fin de xestionar os fondos LEADER Galicia nestas comarcas, pero ademais disto asesora aos promotores sobre o mellor camiño para o seu proxecto.

nós recomendámoslle a cal-quera promotor interesado que se achegue á nosa ofici-ña –sita na Avenida López Blanco, número 9, de Cela-nova- onde recibirá un com-pleto asesoramento. Aínda que tamén se pode informar na web www.ovieirolebo-reiro.com ou no enderezo electrónico [email protected]”.

Unístesvos ao proxecto de cooperación interterri-torial de carácter nacional “Consumir para conser-var”, de que se trata?

M.J.B: “Trátase dun proxecto de cooperación entre oito territorios do Es-tado Español, que nos vai a permitir desenvolver unha campaña, que se celebrará en outono, na que partici-parán �3 taperías e restau-rantes das nosas comarcas. Esta iniciativa baséase nunha campaña gastronó-mica na que intervirán tres producións agrarias locais: carne de vaca Cachena, co-gumelos e mazá da comarca Boi Encarnado. Pero máis adiante informaremos polo miúdo deste idea”.

Ao igual que organizas-tes a través da web do Bos-que Máxico un concurso de fotografía, hai algunha actividade cultural ou so-cial que vaiades a realizar nos vindeiros meses?

M.J.B.: “Acabamos de pór en marcha a segunda edición deste concurso de fotografía, que vendo o gran éxito de participación da primeira agora aumen-tou en número de catego-rías. A maiores, en breve desenvolveremos un Plan de Promoción –que xurdiu dunha idea da nova Asocia-ción de Comerciantes Vila de Celanova-, e no que co-laboran asociacións simila-res da nosa zona de influen-cia- para poñer en valor as enormes potencialidades –culturais, naturais e de ocio- das comarcas de Ce-lanova e A Baixa Limia”.

María Jesús Boo preside a Asosciación O Vieiro Leboreiro, creada a finais de 2008 co fin de xestionar os fondos LEA-DER Galicia nas comarcas de Celanova e Baixa Limia.

As axudas dos fondos LEADER, ás que se pode optar ata setembro, están abertas a entidades públicas e privadas, organizacións sen ánimo de lucro e ata a autónomos./P.L.

“En breve desenvolveremos un Plan de Promoción das nosas comarcas, por ini-ciativa dos comerciantes de Celanova”

“A día de hoxe forman parte da asociación 125 entidades, 16 públicas e 109 privadas”

Page 19: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

19CELANOVA E COMARCA

Baltar destaca o traballo da mancomunidade 4 O presidente da Deputación reuniuse cos alcaldes dos concellos de Terra de Celanova.Redacción

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, destacou na súa visi-ta á Mancomunidade Terra de Celanova “os excelentes resultados que se obteñen da cooperación e do tra-ballo coordinado entre o goberno provincial e esta mancomunidade”, da que quixo resaltar “o gran labor que realiza nos ámbitos do medio ambiente, segurida-de e nos servizos sociais”.

Baltar, quen visitou as instalacións e mantivo unha reunión cos oito alcaldes dos concellos que a inte-gran a mancomunidade, afirmou que “o traballo mo-délico que realiza a man-comunidade permite que se desenvolvan diferentes programas e servizos en co-

laboración coa Deputación de Ourense, como son os de axuda no fogar, servizos sociais, bombeiros, sanea-mento, recollida de lixo, unha microplanta compac-tadora, unha desbrozadora para acondicionamento de

Manuel Baltar cos alcaldes de A Merca, Gomesende, Pon-tedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea e Celanova; faltaba a alcaldesa de Cartelle./DEPUTACIÓN.

Entrega de diplomas no telecentroO alcalde celanovés participou na entrega de diplomas aos alumnos da aula CeMIT

que asistiron a cursos de formación en Alfabetización Dixital en abril. Jose Luis Ferro aproveitou o acto para animar aos participantes e ao resto de veciños a continuar na aprendizaxe e no uso das novas tecnoloxías, mencionando o importante que son na vida cotiá, non só da xuventude senón para todas as idades.

Durante o mes de abril, a aula CeMIT dedicou un total de 50 horas de formación, impartindo cinco cursos de Alfabetización Dixital de diferentes temáticas, dous de de “Iniciación a Informática” , un de “Creación e manexo dunha conta de correo electróni-co”, outro de “Redes Sociais: Facebook” e un último de “Crea o teu Curriculum Vitae” enfocado a desempregados. En total ofertáronse 53 prazas, matrículándose un total de 46 persoas e finalizando a formación 43 deles.

A aula CeMIT de Celanova continúa neste mes de xuño con novas actividades. O vin-deiro martes 18 impartirase o curso práctico de “Manexo de memoria USB” e os días �5, 26 e 27 de xuño o de “Retoca as túas fotos con GIMP”, con contidos teóricos e prácticos. Na propia aula municipal de informática informan sobre as inscricións.

Asistentes ao curso de alfabetización dixital xunto ao alcalde de Celanova./C d C.

estradas e un centro ocu-pacional, accións coas que se abordan aspectos tan importantes como son a atención e protección das persoas, a prestación de servizos básicos e o mante-mento de infraestruturas”.

Page 20: Xuño 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSXuño de �013

DEPORTES

Redacción

O pasado 19 de maio disputouse a primeira re-gata galega de piragüismo deste �013 das categorías alevín e benxamín, a cal se desenvolveu en piraguas individuais, nun percorri-do duns 1.500 metros no río Lérez ao seu paso por Pontevedra, cunha gran afluencia de público.

Nesta proba déronse cita �49 piragüistas (160 nenos e 89 nenas), proce-dentes de clubs de toda a xeografía galega, nun día onde as condicións me-teorolóxicas foron prota-gonistas, ao ter un tempo bastante cambiante, con momentos de choiva e vento.

Como representantes ourensáns acudiron a Pon-tevedra os clubs de Avión e Allariz. O primeiro deles rematou de último na cla-sificación xeral por clubs, con 60 puntos, fronte ao oitavo posto do conxun-to de Allariz que sumou, nada menos que 809 pun-tos.

Prebenxamín de Celanova, campión da Copa DeputaciónA escola deportiva de Celanova realizou unha brillante competición nas finais da

XXX Copa Deputación de fútbol sala base celebrada no Complexo deportivo A Granxa, en Verín o pasado 1 de xuño.

O prebenxamin de Celanova no seu primeiro ano de competición oficial levou a Copa Deputación, vencendo ao C.D.C Santa Teresita con marcador de 4-0. Doutra banda, o benxamín tivo que conformarse co subcampionato ao perder a final nos últimos minu-tos co Arenteiro, por un axustado marcador de 3-�. O alevín tamén foi quen de facerse coa Copa, redondeando así unha boa colleita para o fútbol base de Celanova.

Equipo prebenxamín de Celanova, campión da Copa Deputación de fútbol sala.

Paula Segura, terceira na regata galega de piragüismo4 Esta proba, que citou a deportistas alevíns e benxamíns, congregou �50 participantes.

Resultados individuaisDe xeito individual, de

entre as mulleres do club alaricán destacou notable-mente Paula Segura, que se fixo co terceiro posto da xeral. Andrea Castells foi décima, Paula Salgado 18ª e Sara Vide �6ª.

O mellor dos represen-tantes masculinos de Alla-

riz foi Agustín Segura, que escalou ata o sétimo posto; seguido de Javier Rodrí-guez que foi noveno. Mar-cos Pérez quedou de �5, Javier Pereira de �9, Martín Domarco de 33 e Esteban Canal de 4�.

Pola súa banda, os de-portistas de Avión, Ángel Pérez e David Pérez, rema-taron de 43º e 48º, respecti-vamente.

A alaricana Paula Segura.

Redacción

O equipo infantil de fút-bol sala das EDC Verín acadou o subcampionato no Campionato Nacional de Clubs, da Confederación Nacional de Fútbol Sala, que tivo lugar a pasada fin de semana en Torrevieja (Alacante).

O equipo verinés, repre-sentante galego tras acadar o campionato da liga nesta

O Verín, subcampión no Campionato Nacional de Clubs4 Na categoría infantil.

tempada, chegou á final tras vencer por 1 a 8 goles a for-mación de Transportes Ma-nuel Ramos (Castela-León), e por 0 a 8 ao E.D. Villarru-bia (Castela- A Mancha). Na final deste campionato enfrontouse ao represen-tante andaluz Soho Málaga F.S. e o resultado foi de 5 a 8 goles, o que supuxo que o equipo verinense alcanzara o subcampionato infantil nacional de clubs.

Alevín APor outra banda, o equi-

po alevín A de fútbol das EDC acadou no campo dos Carrís (Barbadás) o tí-tulo da Copa Delegación, tras vencer en semifinais ao Arenteiro (4-1) e na fi-nal ao Monforte (0-6).

O equipo verinés representou a Galicia

Compoñentes do equipo infantil das EDC Verín.

R.T.

O Antela conquista por segundo ano consecutivo a Copa Deputación B ao vencer ao Amoeiro por un contundente 4-1.

Nada máis comezar o en-contro os da limia adiantá-banse cun gol de Varandela. A pesar do golpe, o Amoei-ro buscou un gol que equi-librara a contenda, pero éste chegou no bando contrario; Samuel faría o primeiro gol da tarde na súa conta parti-cular (�-0).

Pouco despois Sampayo lograba o gol do Amoeiro e devolvía a emoción á final

Revalidando o título4 O Antela conquista por segundo ano consecu-tivo a Copa Deputación B.

de cara á segunda metade.

Samuel, trigoleador Pero chegaría o momen-

to de Samuel, quen supe-raría por segunda vez ao porteiro rival elevando o terceiro gol para o seu equi-po. A aportación do diantei-ro non remataría aí, e antes de que rematara o encontro deixaría unha gran xogada que concluiría co seu ter-ceiro gol e o cuarto do An-tela para deixar o definitivo 4-1.

Festa na bancada que chegou desde Xinzo para ver levantar por segunda vez consecutiva a Copa De-

putación.

AscensoO Antela o ano que vén

non poderá defender o tí-tulo copeiro, xa que ao as-cender á Primeira Rexio-nal participara na Copa Deputación A, en vez de na B como participou nas últimas edicións.

Xogadores e afeccionados do Antela celebrando o título copeiro. /I. OSORIO

Ao ascender a Primeira Rexional, o próximo ano participa na Copa Deputación A

O club alaricano, do que forma parte Segura, quedou no oitavo posto da primeira regata galega de piragüismo

Page 21: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

�1PUBLICIDADE

Page 22: Xuño 2013 - BXVAC

�� BARRIOSXuño de �013

DEPORTES

Fernando Arca e Sonia Botana foron os vencedores no trail

R.T.

Se xa é duro este desafío, canto máis foi nesta edición que contou cun protagonis-ta inesperado: a neve.

O Desafío Solidario San Mamede �013 tivo na neve a un adversario para todos

Sol e neve no Desafío Solidario4 O sol na saída e meta contras-tou coa neve no alto da capela de San Mamede.

os participantes.Na carreira que se dispu-

tou sobre unha distancia de �1 quilómetros participaron un total de 107 deportistas, chegando á liña de meta 89 deles. O primeiro clasifica-do foi Fernando Arca, cun tempo de �:05:06. Por de-

trás chegou Carlos Expó-sito (�:05:13) e en terceira posición finalizou Elpidio Gómez (�:05:41). Con esta vitoria, Arca é o firme candidato a proclamarse campión da Copa Galega de Carreiras de Montaña.

Sonia Botana foi a pri-meira muller (�:50:05). En segunda posición rematou María del Rosario Figue-roa (�:5�:17) e terceira foi Begoña Pérez (�:58:53).

BTTNa proba de BTT o pri-

meiro en percorrer os 44 quilómetros foi Miguel Ángel López; en segunda posición, César Álvarez e terceiro, Miguel Ángel Lorenzo.

Tres euros de cada ins-crición foron para a cam-paña da Cruz Vermella Comarcal “Agora máis que nunca”.Rosario Figueroa no alto de San Mamede./VIA XVIII

R.T.

O atleta do Club Alejan-dro Gómez, Álvaro de la Fuenta e a atleta do Vetera-nos Ourense, Sonia Teijei-ro foron os vencedores da cuarta edición da Torre do Castro.

A proba celebrada en Sandiás foi rematada por preto de 300 atletas de to-das as categorías, sendo a proba absoluta a que contou con maior participación.

O atleta cordobés afinca-do en Ourense demostrou o seu gran estado de forma e acadou a vitoria de xeito contundente sobre o resto de participantes (atrás que-daron os seus problemas físicos de comezo de tem-pada). Por detrás del entra-ron en liña de meta Satur-nino González (Veteranos Ourense) e Luís Iglesias

De la Fuente e Teijeiro vencen en Sandiás4 Na cuarta edición da Torre do Castro.

(Atletismo Carballiño).Sonia Teijeiro foi a pri-

meira muller en percorrer os oito quilómetros da proba. En segunda posición entrou Iria Fernández (Ourense At-letismo) ePatricia González (Limiactiva) foi terceira. De 146 participantes, 137 remataron a proba. O máis característico desta carreira son os dous quilómetros de subida moi duros antes de encarar o tramo final cara a

meta. Unha vez chegado ao cumio pódense contemplar unhas vistas fermosas da paisaxe da zona.

SolidariedadeEste ano, a Torre do Cas-

tro tivo caracter solidario. Un euro de cada partici-pante foi parar á campaña solidaria “Compra un qui-lómetro para Uxía”, coa fi-nalidade de recadar fondos para a moza Uxía.

Nenos participantes na carreira de Sandiás./RAMSÉS

Page 23: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

�3DEPORTES

R.T.

As vindeiras citas atléti-cas que terán lugar son as carreiras nocturnas que se van celebrar en Xinzo de Limia e en Celanova.

XinzoO sábado 15 de xuño,

Xinzo de Limia celebra a súa VIII Carreira Noctur-na Xinzo de Limia. Cinco carreiras por idades que comezarán ás �0.15h coa proba benxamín - alevín e rematarán ás �1.30h coa ca-rreira absoluta. Ás ��.�0h será a entrega de premios.

A inscrición poderase facer ata o día 13 de xuño ás �3:59h e ten un custo de tres euros para os propie-tarios de chip amarelo ou catro para os que necesiten alugar o chip na carreira absoluta. Para o resto de

Xinzo e Celanova, as seguintes4 As próximas carreiras.

carreiras é de balde. Na web www.limiactiva.com, máis información sobre as inscricións.

CelanovaPara o sábado �� de

xuño quedará a de Ce-lanova, que chega a súa décima edición. Ás �1.30 comezarán as carreiras das categorías inferiores cuxa inscrición é gratuí-ta. Ás ��.30 será o turno da proba absoluta; o cus-to nesta carreira é de � euros para os propietarios do chip amarelo, e de tres para os que o teñan que alugar. Máis información sobre a inscrición, que re-matará o día �0, en www.championchipnorte.com. O propio xoves �0 habe-rá unha previa a modo de adestramento que cubrirá o mesmo percorrido.

Redacción

Máis de �00 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na 6ª Andaina da Eurocidade, realizada o �6 de maio, pola Ruta da Fronteira en-tre Feces de Cima e o san-

200 persoas na “Fronteira”4 Máis de �00 persoas participaron o pasado �6 de maio na 6ª Andaina da Eurocidade Cha-ves-Verín ‘Ruta da Fronteira’.

tuario de Santa Marta (Vila Frade).

A proba de 10 quilóme-tros e cunha dificultade baixa percorreu as localida-des de Feces de Cima, La-madarcos, Vila Frade, Fe-ces de Abaixo ata chegar ao santuario de Santa Marta. A

andaina pasou por lugares de beleza paisaxística e en pleno contacto coa natu-reza.

Nas anteriores edicións efectuouse pola ‘Ruta polo Camiño Portugués Interior de Santiago – Vi-dago/Chaves’, ‘Ruta dos Ríos’ ou ‘Ruta do Con-trabando da Cidadella’. O evento buscaba incentivar a práctica deportiva física e estreitar lazos de unión e convivencia entre flavien-ses e verineses.

Devandita actividade foi organizada pola Euro-cidade Chaves-Verín, Mu-nicipio de Chaves e Con-cello de Verín, e contou co apoio da Associação Flaviense de Caminheiros e Asociación de Sendei-rismo Ruta das Augas de Verín.Participantes da andaina “Ruta da Fronteira”.

Verán Deportivo en VerínRedacción

A Concellería de De-portes de Verín abre o pra-zo de inscrición para as actividades do programa Verán Deportivo 2013’, que terán lugar entre o 1 de xullo e o 30 de agosto.

Destinada a 200 alum-nos/as -que serán organi-zados por grupo de ida-de e actividade-, terá un horario de 10.30 a 13.30 horas. As iniciativas de-portivas serán: Grupo Xe-ral de tres ou cinco días a semana (xogos populares, actividades polideportivas e acuáticas, sesións de cine, obradoiros, xogos recreativos e sendeirismo) e fútbol e fútbol-sala.

A inscrición realizara-se ata completar todas as prazas dispoñibles e por estrita orde de chegada (en horario de 10 a 13.30 e 17 a �0 horas). Máis información no Pavillón Municipal de Deportes (r/ Irmáns Moreno s/n).

Page 24: Xuño 2013 - BXVAC

�4 BARRIOSXuño de �013

DEPORTES

De esquerda a dereita, José Cabanas, Vicente del Bosque e Ignacio Rivera, coa Copa do Mundo. /RAMSÉS

R.T.

Vicente Del Bosque visi-tou a sede de Cabreiroá en Verín o pasado �9 de maio, por ser un dos patrocinado-res da selección española,

Vicente Del Bosque, en Cabreiroá4 O seleccionador nacional de fútbol visitou as instalacións de Cabreiroá en Verín.

xa que Cabreiroá é desde o ano pasado a auga ofi-cial do equipo campión do Mundo e dobre campión de Europa.

Del Bosque non esquivou ningunha das preguntas e

contestou nun ton afable a todas elas. Mostrouse como se lle ve na televisión: un home amable, próximo e humilde; fotografiouse e fir-mou autógrafos con todos.

Sobre o final de liga na loita pola permanencia non quixo dar un prognóstico e mediante unha anécdota ex-plicou as súas poucas artes adivinatorias: “desde sem-pre eu fago a mesma qui-niela, poño as mesmas “x” nos mesmos marcadores desde hai anos, xogue quen xogue”. Pero si dixo que “evidentemente o Dépor

Redaccíón

Chega o verán e os cam-pus de fútbol saen a relu-cir. En Verín o equipo da localidade organiza un, mentres que en Allariz o Celta de Vigo impartirá o da súa Fundación.

I Campus Verín CFO I Campus Verín CF

está destinado para nenos de 8 e 16 anos, e terá lu-gar do �5 ao 30 de xuño. Combinará a tecnificación deportiva coas activida-des de ocio e tempo libre, amais de actividades en inglés e unha viaxe a Cha-ves.

Desenvolverase en ho-rario de mañá e tarde no estadio Xosé Arjiz. Conta-

No verán, campus de fútbol4 O do Verín CF e o da Fun-dación Celta de Vigo son dúas destas propostas.

rase coa visita de xogadores profesionais como Andrés Túñez (RC Celta de Vigo), Xaime Noguerol e Borja Valle (CD Ourense), Manu e Iago Díaz (CD Lugo).

Celta de VigoO Concello de Allariz

colabora co Real Club Cel-ta de Vigo que, a través da súa Fundación, impartirá no Seixo, por quinto ano consecutivo, un Campus de Fútbol para menores entre 4 e 14 anos de idade.

O campus desenvolvera-se entre o 5 e o 10 de agosto en horario de mañá e, amais de fútbol, ofrecerá activida-des complementarias. [+ info do campus de Verín no

696 116 9�4 e do de Allariz no 90� 104 404]

parte con vantaxe, aínda que o Celta estea con op-cións é importante”. Ao final, o Celta de Vigo per-manecerá un ano máis en Primeira División.

AspasContinuando co Cel-

ta de Vigo tratou sobre o tema de Iago Aspas; “é un mozo ao que estabamos a seguir, desde que o expul-saron con catro partidos deixamos de facelo”.

Non podía deixar de saír o tema do Real Madrid, no que foi categórico e comu-nicou que a súa intención é, despois da Selección, deixar profesionalmente o mundo do balompé.

Un pracer gozar do Marqués Vicente del Bos-que, aínda que soamente fora unhas horas, por te-rras ourensás.

A súa intención é, despois da Selección, deixar profesionalmente o mundo do balompé

Page 25: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

�5

EN BREVE

DEPORTES / OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4FIRMA INVITADAPor un novo modelo de se-guridade no medio rural

4 ‘Cadros líquidos’, na Casa do Escudo

O pintor lusitano Joao Rebelo expón os seus ‘Cadros líquidos’ na Casa do Escudo de Verín. A mostra poderá visitarse ata o 15 de xuño, de luns a sábado das 17 ás �0.30 horas.

Baixo o título de ‘Cadros líquidos’, Joao Rebelo presenta unha exposición formada por un conxunto dunha vintena de acrílicos sobre tela, en formatos medianos e grandes, que o pintor realizou nos tres últimos anos. Os ‘Cadros líquidos’ son, segundo o artista, “caras, ollares di-luídos nas cores da viña, nas sombras da vide, nas que transpira o río xerador do val vitícola”. Porque, para el, “a uva é auga en esencia”.

4 ‘As cores de Monterrei’ na Casa do Escudo

A Casa do Escudo de Verín acolle ata o 15 de xuño a exposición ‘As cores de Monterrei’, orga-nizada pola Ruta do Viño Monterrei en colaboración co Concello de Verín.

A mostra está confor-mada por 35 imaxes fo-tográficas presentadas ao concurso da asociación Ruta do Viño Monterrei, realizado a finais do pasa-do ano, co obxecto de re-coñecer a creatividade da fotografía no mundo do viño, tanto en afecciona-dos como profesionais; e destacar o patrimonio na-tural e arquitectónico da comarca de Monterrei.

A fotografía gañadora deste concurso foi a de Carla Fernández Rey, e os accésits recaeron en José Benito Diéguez Teixeira.

4 Campamento para discapacitados

O Concello de Maceda informa de que está aberto ata o 15 de xuño o prazo de inscrición nos campa-mentos de verán para per-soas con discapacidade.

A actividade está dirixi-da para persoas de entre 9 e 40 anos e as solicitudes preséntanse na Oficina de Servizos Sociais de Ma-ceda.

Nos últimos tempos es-tamos asistindo a un au-mento espectacular da delincuencia no medio rural. Trátase sobre todo de roubos en propiedades privadas, naves industrais e explotacións gandeiras. A dispersión en miles de pequenos núcleos e o enve-llecemento da poboación, conxuntamente cunha si-tuación de profunda crise económica coma a que estamos vivindo e a esca-sa capacidade das forzas de seguridade para levar a cabo funcións de vixi-lancia e persecución dos delincuentes, resulta evi-dente que conforman as condicións ideais para que se poidan cometer roubos no medio rural, gozando de certas facilidades.

Non está nas nosas mans, nin tan sequera se-ría recomendable, cam-biar o actual asentamento poboacional dos galegos/as, tampouco imos mudar aínda que o intentaramos, cousa que non se está fa-cendo, a negativa dinámi-ca de envellecemento bru-tal da poboación que vive no medio rural de Galicia, tampouco sabemos cando, nin como conseguiremos sair desta situación de cri-se que estamos pacendo, o único que parece claro é que como sigamos apli-cando as mesmas políticas que primeiro o PSOE e agora o PP, están pondo en marcha, a saída aínda non é para agora. O único que podemos cambiar é o modelo de forzas de segu-ridade que temos actual-mente, para facelo, menos custoso e sobre todo máis eficiente.

Eu levo tempo defen-dendo que de inmediato hai que modificar a actual implantación no territorio da Garda Civil, non ten sentido seguir mantendo pequenos postos, con ca-tro ou cinco efectivos, que non teñen ningunha capa-cidade para facer labores de vixilancia e que polo tanto resultan totalmente inoperantes. Por iso hai que ir reforzar os cuar-teis de ámbito comarcal, dotándoos dos medios hu-manos e técnicos precisos para poder desempeñar

as súas funcións con cer-ta dilixencia e que cando menos permitan ter tres ou catro patrullas noctur-nas, que cada noite “pei-nen” o territorio e ca súa presenza dificulten a acti-vidade dos delincuentes, algo que neste momento coa actual distribución, non é posible.

Hai que aproveitar este momento de crise para fa-cer unha profunda refor-ma nos corpos e forzas de seguridade, e ter a valen-tía política de promover a integración da Policía e da Garda Civil, nun único corpo. Sería moito menos custoso e o que resulta máis importante, máis eficaz e máis eficiente, na súa loita contra todo tipo de delitos.

E por último como na-cionalista galego, como galeguista, considero que Galicia debería dotarse dunha forza de segurida-de propia, dunha Policía Galega, que non tería por que supor un incremento do gasto, cos efectivos da Policía e da Garda Ci-vil, despregados na ac-tualidade en Galicia, ben distribuídos serían sufi-cientes para afrontar con bastante máis éxito todas as cuestións relacionadas con tráfico e a segurida-devíal, ou a loita contra todo tipo de delitos.

En definitiva, algo hai que facer para acabar con esa sensación de inseguri-dade que se vive no rural de Galicia, os cidadáns teñen dereito a sentirse seguros, porque iso ten a súa incidencia na calida-de de vida e no benestar, do contrario o único que estaremos facendo é ache-gar un motivo máis para que a despoboación do rural siga indo a máis de xeito xa case irreversible.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de Compromiso x Galicia

“Non ten sentido seguir mantendo pequenos postos da Garda Civil que resultan totalmente inoperantes”

R. Torres

Os días 15 e 16 de xuño a Copa Deputación de fútbol sala decidirase en Verín. O pavillón municipal de de-portes da localidade acolle-rá a fase final deste evento deportivo.

O sábado 15, pola tarde, disputaranse as semifinais tanto en categoría mascu-lina coma na feminina. Os dous primeiros partidos corresponderán á semifi-nal feminina. Así, ás catro da tarde o Peroxa FSF e o Amoeiro FSF buscarán un posto na final; o seguinte partido (17.30h) disputara-no o EDC Celanova contra o Carballiño/Aceites Abril.

Para ás 19 horas quedará a primeira semifinal mas-culina entre A Veiga FS e o Lasider DyC; ás 20.30 ho-ras chegará a quenda para a segunda semifinal, que xo-

A Copa Deputación de fútbol sala decidirase en Verín4 Os días 15 e 16 de xuño.

garán La Bull �.0. e Verín F.S.

O equipo local tentará fa-cerse forte no seu campo e acceder á final que se dis-putará o día seguinte.

FinaisAs finais das dúas catego-

rías xogaranse o domingo 16 de xuño no mesmo lu-gar. Ás 11 horas, a primeira final será a feminina, men-tres que para ás 1�.30 horas

celebrarase a masculina.O vencedor deste torneo

(na final masculina) entra-rá a formar parte do cartel do Trofeo Barrios Depor-tivo, que este ano chega á súa cuarta edición.

O Trofeo Barrios De-portivo está organizado polo grupo editor desta publicación. Devandito trofeo disputarase na capi-tal ourensá entre o �5 e o 30 de xuño.

Entrega da Copa Deputación de fai uns anos. /ARQUIVO

Redacción

Verín entregou os galar-dóns da primeira Gala do Deporte, organizada polo servizo de Deportes muni-cipal, co obxecto de reco-ñecer o labor do deportistas locais durante a tempada �01�-�013.

Entregaron os premios de Mellor Deportista Pro-mesa (Pablo Pérez Blanco, xogador do RC Celta de Vigo en categoría xuvenil), Mellor Deportista Absoluto (José Manuel Ferreira Col-menero, actual campión de España en Wu Shu), Mellor Deportista Veterano (Javier Yañez Dos Santos, do club BTT Verín), Mellor Entida-de Deportiva (CB Xuven-tude de Verín), Patrocinio

Verín recoñece aos mellores no deporte4 Na I Gala do Deporte.

Deportivo (Augas de Ca-breiroá), Fomento do De-porte para Todos (María Carmen Sánchez Bargie-la, directora do Centro So-ciocomunitario de Verín) e Traxectoria Deportiva (Avelino Chaves Couto, ex-xogador de fútbol do Verín CF, Real Valladolid, Granada CF e o Real Za-ragoza), ademais de men-cións especiais.

Gran aceptaciónEn total, entre premia-

dos, autoridades, xurado, familiares e invitados congragáronse máis de 500 persoas no complexo deportivo da Granxa de Verín na noite do pasado 7 de xuño para presenciar esta I Gala do Deporte.

Galardoados na I Gala do Deporte de Verín.

4 Deporte en Xinzo

A Concellería de De-portes de Xinzo presen-tou o seu programa de actividades deportivas para o verán.

Charlas, fútbol 7, xim-nasia, tenis, volei praia, carreiras populares, an-dainas e un longo etcétera conforman a súa oferta. As próximas citas: ex-hibición de ximnasia na rúa e carreira nocturna, ambas o día 15 de xuño. O 21 dispútase un partido de fútbol sala entre Suíza e un combinado galego e o 23 é o Día da Bici.

4 Marcha BTT en Monterrei

O domingo 30 de xuño celébrase a quinta edi-ción da Marcha de BTT Concello de Monterrei.

Os participantes pode-rán elexir entre tres rutas: unha de 40 quilómetros, outra de 30 e outra de 10 quilómetros. O prazo de inscrición finalizará o día �8 de xuño ás �0:00 ho-ras. Máis información en bttverin.com.

EN BREVE

Page 26: Xuño 2013 - BXVAC

�6 BARRIOSXuño de �013

CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº79 / 15- Ano: VIII - Xuño 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios

clasificados gratis no 988 �39 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Vendo apartamento de � habita-cións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 4�� 497. Alugo casa a 1 km de Allariz. Bo prezo. Tel 686 540 087Alugo piso grande e novo en Xin-zo, tel. 671 033 606.Urxe venda chalet a estrear na Lanzada (a 400 m da praia). Infor-mes 655 484 373.Vendo piso en Xinzo, amplo, 3 habitacións (unha amoblada xuvenil), � baños, salón, coci-ña completamente amoblada, fío musical, halóxenos, praza de garaxe, con amplo trastei-ro que se pode unir. Bo prezo. Tel. 6�6 994 176.Alúgase piso amoblado no Grove. Para vacacións ou descanso tem-poral. Bo prezo: Tel: 600 569 733.Alugo apartamento en 1º piso, zona San Francisco, Ourense. � dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Tel. 670 457 0�5.Alugo piso novo no Couto, Ouren-se. 3 habitacións, salón, cociña amoblada, dous baños, e garaxe pechado e amplio. Tel: 988 �� �1 79 (chamar polas tardes).Vendo ou alugo precioso apar-tamento en zona residencial e de ocio da Valenzá. � habitacións, � baños amoblados, cociña indepen-dente equipada, praza de garaxe e adega. Prezos interesantes. Tlf. 600 150 578 e [email protected] apartamento na Ponte (Ourense). � habitacións, salón, cociña equipada e � baños. Arma-rios en habitacións e baños.Cale-facción e auga quente central con contador individual. Ampla praza de garaxe e adega. 400 euros/mes (negociables) máis 60 de comuni-dade.Tel. 617 �18 883 (José Luis)Absterse inmobiliarias.Vendo finca edificable en Rante, tel. 699 36 �� 87.Alúgase piso con terraza en Albu-fereta, Alicante, para os meses de verán. Tel. 666 08 06 65Alugo piso en Vigo (pr. España) para estudiantes ou veraneantes. Tel: 639 816 �09.Alugo piso en Tomiño. Amobla-do, praza de garaxe e ascensor. Tel: 639 816 �09.Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.En Sanxenxo alúgase apartamen-to equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 7� 10 56 ou 617 50 5� �4

VENDASVendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo es-tadoe bo prezo. Tel. 988 47 08 55Vendo Suzuki 4x4. Económico. Tel.: 671 103 �43 / 674 561 �30.Vendo bicicleta 150 euros, telf 647 �7� 198.

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Desbrózanse fincas e fanse portes.Tel.: 656 940 550.Nai e filla con título de auxiliar de enfermería buscan traballo en Ce-lanova, Allariz ou Ourense, en coi-dado de persoas maiores ou nenos, fogar ou residencia. Dispoñibilida-de horaria e con carné de conducir. Tel. 66� 91 76 51.Ofrécese persoa para coidar per-soas maiores e rapaces.Tamén de noite. [email protected]: 697 865 710.Ofrécese señora de 50 anos res-ponsable para traballar por horas ou todo o día en Xinzo e comarca, coidando persoas maiores, nenos, limpeza de fogar, escaleiras ou ba-res. Tel. 6�5 40 30 49.Faise terapia de Reiki. Prezo eco-nómico, con titulación. Tel.609 039 ��5.

Vendo Nokia n70 de Vodafone, 30 euros, telf 676 9�8 138.Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550.Vendo vestido de noiva semi-novo por 600 euros. Tel. 988 �5 59 63Vendo traxe de comuñón, �00 euros. Tel. 988 �5 59 63Vendo quentador de auga eléc-trico 50 l, 150 euros. Tel. 988 �5 59 63Vendo vestido de noiva, modelo Donaire da colección Glamour �013 de Pronovias, talla 34. Con cancán, veo, cinturón e funda. Tel: 607 905 �15.Vendo discos de vinilo. Tel. 698 174 374Vendo un ordenador de sobre-mesa Dell, con Oficce 2010. Se-minovo. Tel. 6�7 6�8 139Vendo carro de vacas de ma-deira e rodas de ferro en bo es-tado de conservación. Ideal para decoración de xardín. Tel. 988 407 735Vendo BMW 3�0, 135cv, 1999, gris plata, EE, AC, CC, teito solar, llantas orixinais, recén pintado, motor novo,impecable.Carlos, tel. 6�7 640 657.Vendo culata BMW 320D e46, bo prezo. Carlos, tel. 6�7 640 657.Vendo vestido de comuñón nena talla 14 Pili Carrera. Tel 646 891 59�.Fotógrafo vende equipo de estu-dio (2 flashes grandes + trípode) e cámara analóxica Nikon antiga, todo por xunto ou por separado, bo prezo. E ofrezo clientela a fo-tógrafos que estean empezando. Tel. 663 396 363.Véndense mobles de perruque-ría seminovos por mil euros. Tel. 988 �5 59 63.Vendo 4 llantas de aluminio BMW medida 15, 130 euros. Tel. 689 54 80 �9Vendo bañeira de bebé e cuna e silla de bebé con plástico por 600 euros. Tel. 696 18 11 73Vendo Tablet Primux 7 pulgadas Zonda 2 impecable, casi sin uso con funda roja de regalo . Precio 60 euros. Tlf 637756687.Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.

Ségase herba con segadora de man, con desprazamento a cal-quera parte, económico. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese señora para tarefas de limpeza ou coidado de persoas maiores, dispoñible tamén polas noites. En Xinzo. Tel. 603 87 48 81.Desbrózanse fincas con tractor e a man. Ségase herba con segado-ra. Tel. 630 5�1 448.Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 5�1 448.

Page 27: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

�7OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Exposicións- Ata o 15 de xuño - “As

Cores de Monterrei” e “Cadros líquidos”- Casa do Escudo de Verín

- Do 18 de xuño ao 2 de xullo - Arte Infantil - Es-cola de Artes e Oficios de Verín

- Ata o �3 de xuño - “Có-digo postal” de Ángeles Jorreto - Sala A Fábrica de Allariz

- Ata o 4 de xullo - “Pai-saje urbano” de Tamara Barros - Taberna Acevedo - Xunqueira de AmbíaCi-ne

- 13 de xuño - “Dillinger ha muerto”- ��:15 h - Casa da Cultura de Verín

Música- 14 de xuño - Concerto

de fin de curso - Conserva-torio de Xinzo

- �� de xuño - Concerto fin de curso - 12 h - Con-servatorio Elemental de Música de Verín

- �8 de xuño - Concer-to acústico Chiquillo & Abuelo - �3:45 h- Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía

Espectáculos- 14 de xuño - “Outlet,

monólogo poético-musical de Juan Carballo & Nacho Pérez” - �3:45 h - Taberna Acevedo - Xunqueira

- 15 de xuño - “Dramáti-co: Yin” - �0:30 h - Casa da Cultura de Verín

- 15 de xuño - Monólo-go: “Yo y mi pensamiento” de Óscar Guillen - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía

- �8 de xuño - I Festi-val Moulla Rock: Skarni-vals, The Tetas Van, e Ce Orquesta pantasma- �3 h - Boado, Xinzo

Outros- 14 e 15 de xuño - VII

Festival “Baila conmigo” - Celanova- 15 de xuño - Carreira

Nocturna de Xinzo- 15 de xuño - III Torneo

de Mini Vilas de Balonces-to Ourense - Xinzo- �� de xuño - Carreira

Nocturna de Celanova- 23 de xuño - Día da Bici

en Xinzowww.mundourense.com

4AXENDA4HISTORIAS DE MONTERREI

O castro e o Castelo de Lobarzán

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Xornalismo do pasado e do presente

Cova dos Mouros.

O castro e o Castelo de Lobarzan é probablemen-te a zona arqueolóxica máis importante de toda a comarca de Monterrei, eles sós poderían dar para máis dunha ducia de publi-cacións e se me descoido para un libro.

Pero hoxe quero cen-trarme nunha cova que alí se encontra, a “Cova dos Mouros”, unha das poucas covas naturais da nosa co-marca. Este refuxio natu-ral, existente dende tempos inmemoriais, foi testemuña de gran parte da historia humana da nosa comar-ca dende o Calcolítico ou “Idade de Cobre” ata a Idade Media.

A entrada da cova é a parte máis estreita do re-fuxio e para poder acceder ao interior hai que reptar por unha pequena boca si-tuada aos pés dunha gran peneda, unha vez pasada esa pequena entrada, e coa lanterna acesa, xa se verá a Cova dos Mouros integramente. Trátase dunha galería de aproxi-madamente sete metros e medio de lonxitude, cunha altura que nalgúns puntos case chega os tres metros e cunha anchura máxima de tres metros e medio. Na parte media da cova hai dúas pequenas aberturas naturais que permiten que entre algo de luz e ventilan a cova. O chan é de terra agás ao final da cova que

está formado por peque-nas pedras, entre as que se pode observar algúns restos de cerámica.

Nunha interesante in-vestigación feita por An-tolín Gómez Fernández e Montserrat Vázquez Do-mínguez, foi recollido un copioso número de ves-tixios cerámicos no seu interior, soamente foron estudados os pertencen-tes á época romana e aín-da así o número de restos cerámicos ascendeu a 121 fragmentos. Tamén nesa mesma investigación ti-tulada: “La ocupación romana del yacimiento de castelo de chás: «a cova dos mouros» (Oímbra, Ourense)” conxeturan coa posibilidade de que houbera unha estrutura no exterior da cova que funcionara a modo de atrio, e que o seu interior fora un lugar sagrado, ademais das posibilidades que podería ofrecer este para o descubrimento de gravados rupestres.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

O pasado xa non volve, mais fainos recordar va-lores que, actualmente, se apagaron. Os contratos á antiga eran baseados en palabras, a chamada “pa-labra de honra”. Había censura, sen dúbida, con todo existían xornalistas de alta estirpe que sabían escribir correctamente e dábanos unha prosa da máis alta calidade, en-volvéndose na verdade e non nas banalidades. A mestría, a sensibilidade e a concentración podían tornear a “fronteira” do impedimento. Hoxe fála-se de “fronteiras” como quen fala de croissants, como un malabarismo que divide o pobo e este mere-ce respecto e dignidade.

Vexamos, Mouriño, un

personaxe polémico, de mal carácter, utilizando, con esaxeración, xustifica-cións inxustificadas; mais, por detrás, o 75% dos xor-nalistas españois e unha minoría dos portugueses denigran a imaxe dun home culto e profundamente co-ñecedor do fútbol, sobre todo da súa esencia.

Esaxérase moi pola vul-garidade da crítica pola crítica, rozando descara-damente a xenofobia. O xornal “El Mundo” fixo unha análise completamen-te enganosa, atribuíndo a cada título de Mourinho 21 millóns! Entón pregúntase: ese patrimonio investido valorizou ou desvalorizou? Desde lesións, até baixos rendementos dalgúns dos principais futbolistas non

defraudaran ese xorna-lismo tan insigne e libre? Será Mouriño o único cul-pábel?!... Só el desestabi-lizou o balneario do Real Madrid?

Segundo o prestixio-so xornalista Siro López, chamar a Mouriño Keller, Hitler, asasino etc., non dignifica minimamente nin a ética, nin a deontoloxía de calquera profesional.

Xornal “El Mundo”, apetéceme dicir: Só as plantas me acompañan. O resto da vexetación per-manece no subsolo.

João Damião

Estar en contacto coa terra é o oposto á actitu-de de estar “colgado”, fóra da realidade. Estar enraizado na terra é outra forma de dicir que unha persoa ten os seus pés no chan. O contacto co chan representa un contacto in-dividual coas realidades básicas da propia existen-cia. É moi frecuente estar “colgados” das nosas fan-tasías e ilusións.

Estar plantados, asenta-dos sobre os pés, é un dos conceptos típicos da tera-pia bioenerxética. O fin desta terapia é aprender a estar no chan sobre os pés, cargando enerxeticamente a parte inferior do corpo, a cal está en íntima rela-ción coa enerxía sexual. Polo xeral, ninguén se plantexa se ten os pés na terra porque mecanica-mente é así, pero ese con-tacto realmente acostuma ser moi superficial, non sendo nin de sentimentos nin de enerxía.

Según Lowen (fundador

da bioenerxética), o asenta-mento ten a mesma función no sistema enerxético do organismo que un circuíto eléctrico de alta tensión. O contacto coa terra pro-porciona unha válvula de seguridade para descargar o exceso de excitación e de acumulación de carga ener-xética. Dí a bioenerxética que física e emocionalmen-te a dirección descendente é o camiño ao pracer que proporciona o desafogo ou a descarga, sendo ademais o camiño á satisfacción sexual.

Se a persoa sinte o seu corpo, a súa sexualidade e a terra sobre a cal está parada está en contacto coa súa realidade interior. Consecuentemente, as per-soas que teñen dificultades para descender están blo-queadas en canto a súa ca-pacidade de abandono total á descarga sexual e deixan de experimentar unha plena satisfacción orgásmica. Así pois, o enraizamento coa terra identifica a persoa co

seu corpo, facéndoa cons-ciente da súa sexualidade e orientándoa cara ao pracer, cualidades das que carece unha persoa que está “colgada” no aire. Para asentar os pés na te-rra hai varios exercicios, que producen o fenómeno vibratorio, fenómeno que intensifica a sensación nas pernas e pés. É preciso fa-cer de forma gradual estes exercicios para alcanzar e conservar o sentimento de seguridade e de estar solidamente arraigado, deixando de estar baixo a influenza de calquera ilusión e chegando a un estado de independencia e madurez. Eva Méndez Rolán, Psico-

loxía PROCERXIA

4PSICOLOXÍA

O enraizamento

“O contacto co chan representa un contacto individual coas realidades básicas da propia existencia”

“Unha investigación conxetura que o interior da Cova dos Mouros fora un lugar sagrado”

“Mouriño, personaxe polémico, de mal carácter...”

Page 28: Xuño 2013 - BXVAC

�8 BARRIOSXuño de �013

OCIO E CULTURA

Unha mostra sobre o Padre Silva chega á Casa dos Poetas4 A exposición estaba prevista para Raigame pero fora suspen-dida polo mal tempo.Redacción

Desde o 7 de xuño póde-se contemplar na Casa dos Poetas de Celanova unha mostra sobre Benposta e o Padre Silva. Baixo o título ‘Todo comezou como un soño’ (Benposta. O soño de facer un mundo mellor) os visitantes poderán ver unha mostra da cartelería do circo Ciudad de los Muchachos, referencias á súa historia, traxes e fotografías sobre a

creación de Benposta, e in-formación sobre a figura do Padre Silva e as súas raíces celanovesas.

Organizada pola Asocia-ción Cultural Padre Silva, a Fundación Benposta, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova, esta escolma da vida e da obra do Padre Silva pode-rase visitar ata finais de agosto en horario de martes a sábado de 11 a 13.30 e 16 a 19 horas.

A exposición estaba in-cluída nos actos de home-naxe previstos na Romaría Raigame �013 ao creador de Benposta e ao seu tío avó Secundino Feijóo, fundador do Circo Feijóo e promotor do circo mo-derno en España. O mal tempo da xornada do 17 de maio impedira a súa colocación nas rúas de Vi-lanova dos Infantes.

Circo no veránO circo continuará pre-

sente en Celanova ao lon-go deste verán coa realiza-ción de talleres para nenos sobre o espectáculo cir-cense na Casa dos Poetas, proxección de documen-tais e filmes sobre o Circo Ciudad de los Muchachos e coa acollida dun espec-táculo en directo a finais do mes de xuño no claus-tro barroco.

Foliada literaria por Celanova O sábado 8 de xuño tivo lugar en Celanova a primeira Foliada Literaria, un percorrido

no que o patrimonio da vila de San Rosendo mesturouse co son da música tradicional. Este evento toma a testemuña das foliadas celebradas nos últimos tres anos, organizadas por iniciativa espontánea dun grupo de persoas amantes da música tradicional e músicos coma Alexandre Ruíz, nas que se convidaban a veciños e visitantes a unirse a unha xor-nada festiva coa música tradicional como protagonista polas distintas tabernas e bares de Celanova. Nesta ocasión a colaboración do Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez engadiu un atractivo maior a este percorrido incorporando visitas culturais á Torre das Campás ou a Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes.

O punto de inicio foi a Casa das Poetas, desde onde, tras unha lectura informal de ver-sos de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, partiu a foliada polas rúas de Celanova, realizando un paseo ata a Torre das Campás do Mosteiro de San Rosendo. Os participan-tes achegáronse ata algúns dos locais colaboradores como a Taberna O Tellado, o res-taurante o Forno do Lito, o Bodegón Trigal, o Mesón Vieira ou o Teleclub de Vilanova dos Infantes, onde se celebrou un xantar. Xa pola tarde as visitas culturais tiveron lugar en Vilanova dos Infantes coa subida á Torre da Homenaxe e a baixada á Adega de San Vivián, completando así unha xornada na que a música inundou o patrimonio arquitec-tónico. O percorrido rematou nos locais hostaleiros de Celanova.

Festa do Cabalo en Cartelle A Asociación de Cabalistas O Mundil organizou a pasada fin de semana do 8 e 9 de

xuño a XVI Festa do Cabalo de Nogueiró, no municipio de Cartelle, cita festiva que atraiu centos de afeccionados ao mundo ecuestre para contemplar as competicións e exhibicións de cabalos.

O campionato galego de raid, xogos e xinkanas a cabalo, a final da liga galega de horseball (un deporte mestura de baloncesto, rugbi e equitación), o campionato galego de raid, unha exhicibión de 1� coches de cabalos, un torneo medieval a cargo do grupo de especialistas Hípica Celta, e unha doma de cabalos por parte de alumnos do Mundil dirixida pola monitora do centro, Anairís Vázquez Lago, foron algúns dos atractivos da xornada, á que acudiron autoridades como a alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte, ou o conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez. Unha orquestra e as bandas de gaitas de Cartelle e Barbadás amenizaron as dúas xornadas.

Participantes na foliada, na Casa dos Poetas de Celanova, primeira parada do perco-rrido./RAMSÉS.

Autoridades na Festa do Cabalo de Nogueiró, en Cartelle./RAMSÉS.

Inauguración da exposición sobre o circo Ciudad de los Muchachos en Celanova.

De acampada con Saudeter4 Saudeter organiza do 3 e o 13 de xullo unha acampada en Ve-rin para nenos de 9 a 13 anos con actividades diversas e orixinais.M. Rejo

A empresa de ocio e tem-po libre ubicada en Verín e Ourense, Saudeter, abre o prazo de inscrición para a primeira acampada de ve-rán que organiza na hípica do campo dos Remedios, en Vilamaior, nos arredores de

Verín. Os nenos de entre 9 e 13

anos que se apunten pode-rán gozar de dez días, entre o 3 e o 13 de xullo, de mul-titude de actividades ao aire libre impartidas por seis monitores especializados que en todo momento farán que os nenos se divirtan

o máximo posible. Non será moi difícil pasalo ben practicando hípica, jum-ping, golf, veladas noctur-nas, tiro con arco, hincha-bles, talleres formativos, e un sinfín de actividades. Todo iso mentres apren-demos algunhas palabras en inglés.

O prazo de inscrición para abonar os 180 euros que custa a acampada de verán remata o venres �8 de xuño. Hai dispoñible un máximo de 45 prazas, que se asignarán por orde de inscrición. Se desexa-des máis información podedes consultar a web www.saudeter.com ou no teléfono 988 41 07 67.

Page 29: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

�9OCIO E CULTURA

Redacción

A sétima edición do Fes-tival Baila Conmigo reuni-rá en Celanova os días 14 e 15 de xuño uns 800 afec-cionados ao baile social. A iniciativa, que xurdiu hai sete anos da man de Mo-desto Vispo como forma de premiar aos seus alumnos celanoveses, tense con-vertido co paso do tempo “nun evento de primeira división, hoxe por hoxe o congreso máis grande dos que hai en Galicia, o mellor en relación calidade-pre-zo”, apunta o organizador. Como xustificación, apun-ta á presenza no evento de grandes bailaríns, como

sete campións de Espa-ña, tres de Portugal, un de Europa de baile deportivo de salón, ou un terceiro no Campionato do Mundo.

A diferenza doutros con-gresos de salsa, nos que o nivel de baile “é altísimo”, a cita de Celanova caracte-rízase por non ser competi-tiva, e aí radica o seu éxi-to: “aquí as dúas primeiras horas están pensadas para a xente que está empezando a bailar, de nivel iniciación ou medio, despois quedan os salseiros”, explica Mo-desto.

10 modalidades de baileOs asistentes ao festival

son na súa maioría de fóra

de Celanova; “a maioría da xente que participa vén de Vigo, de Santiago, de Alla-riz, de Xinzo, e temos gru-pos confirmados de Chaves, Braga e Porto”, enumera o organizador. Todos eles poderán asistir ás clases gratuítas na praza Maior na tarde do venres 14 e no claustro do Mosteiro na mañá e tarde do sábado 15. Bachata, pasodoble, salsa, chachachá, hip hop, baile moderno, kizomba, roda cubana, salsa estilo chicas e estilo chicos e como novi-dade bachata-fusión serán as modalidades que pode-rán contemplar e bailar os participantes. Na xornada

O Baila Conmigo reunirá uns 800 bailaríns en Celanova4 A vila convértese en capital do baile social os días 14 e 15 de xuño.

do venres haberá animación e baile social no pavillón a partir das �3:30 horas e o sábado o inicio das exhi-bicións será a media noite e o baile social a partir da 01:30 da madrugada.

O organizador do Baila Conmigo agradece o apoio dos máis de 80 patroci-nadores, do Concello de Celanova e da Mancomu-nidade, o que lle permite manter os prezos das entra-das por baixo do habitual neste tipo de citas. Todos

son conscientes da reper-cusión económica para a vila dun evento destas características, “a xente queda a comer, a tomar cafés”, apunta Modesto Vispo que tamén sinala que en Celanova “non hai capacidade hoteleira para meter tanta xente” polo que moitos asistentes que-darán en establecementos dos municipios da contor-na ou regresarán na mes-ma noite aos seus lugares de orixe.

Exhibición de baile nunha edición pasada do festival./BAILA CONMIGO.

Haberá clases gratuítas de ata 10 modalidades de baile na praza Maior e no claustro do Mosteiro de Celanova

Recuperan o “Roteiro de Vilela” en BandeRedacción

A historia castrexa da Baixa Limia cobra des-de este mes máis realce coa apertura do renovado “Roteiro de Vilela”, unha recuperada ruta de sen-deirismo no municipio de Bande que percorre un dos trazados máis fermo-sos da provincia, unindo a través dunha frondosa carballeira os castros de Pena Maior e da Croa, ofrecendo unhas vistas paisaxísticas inmellora-bles do Val do Limia e da Serra do Xurés.

Un cento de sendeiristas déronse cita o pasado sá-bado 8 de xuño en Vilela (Bande) para percorrer os catro quilómetros deste roteiro, que foi recupe-rado grazas ao proxecto que desenvolveu a asocia-ción de veciños de Vilela co apoio do Concello de Bande e da Deputación de Ourense.

Page 30: Xuño 2013 - BXVAC

30 BARRIOSXuño de �013

OCIO E CULTURA

Joyería Loyma está es-pecializada en vodas e leva máis de 30 anos aber-ta na rúa Pena Corneira de Ourense.

Son especialistas en vodas?

“Si; a parte de ser os úni-cos fabricantes de alianzas de Galicia, temos un exten-sísimo surtido de aneis de pedida de todos os prezos, desde �50 euros con bri-llantes certificados ata o que queiran gastar. Podemos mesmo porlle a montura que máis lle guste ao clien-te co brillante que queira. Tamén temos pendentes e pulseiras para noivas de to-dos os prezos e formas, con brillantes, con circonitas, en ouro e en prata.

Para el temos un ampli-simo abano de reloxos de pedida das marcas máis punteiras do mercado.

Cal é o estilo máis demandado en canto a xoiaría de eventos?

“Hoxe os noivos queren crear a súa alianza ao seu estilo e nós podemos face-las como eles queiran sen encarecer o prezo e en todas elas cun 15 % de descon-to. Hoxe os nosos noivos queren alianzas diferentes, incluso a noiva lévaa mais estreita e el máis ancha”.

Por onde pasa o futuro das xoiarías?

“A xoiaría hoxe ten que estar continuamente in-novandose; por iso nós estamos continuamente

Loly e Manolo, responsables de Joyería Loyma.

“En Loyma somos os únicos fabricantes de alianzas de Galicia”

viaxando a Italia para traer as novas tendencias e sobre todos pezas máis exclusivas para todo tipo de publico”.

Algún consello para os clientes?

“Que non compren as súas alianzas antes de visi-tarnos. E se queren sorpren-der á súa futura esposa ou noiva vexan a nosa varie-dade de aneis para un dia moi especial. E agora que é a época, temos todo para as primeiras comuñóns dos nosos nenos e nenas”.

Redacción

A Asociacion para a Pro-mocion de Minusvalidos Psiquicos da Limia Limisi organiza o próximo �9 de xuño en Xinzo un mercado solidario de segunda man. No mercado venderanse libros, cedés, deuvedés, material escolar, bolsos e complementos, mobles, pe-quenos electrodomésticos, obxectos de decoración, xogos, agás roupa e calza-do. Limisi anima aos veci-ños da Limia a que donen obxectos e cousas que xa non lle sirvan ou non usen.

O recadado coas vendas axudará ao mantemento do centro ocupacional que ten a asociación en Xinzo. A cita tamén servirá para fa-cer visibles ás persoas con discapacidade intelectual, ademais de amosar á co-

marca o importante labor que está a desenvolver Li-misi con este colectivo.

A cita será durante o sába-do �9 na praza Carlos Casa-res de Xinzo de Limia. Ao longo do día haberá diferen-tes actuacións de gaiteiros e clases de danza. Rematara-se a xornada coa actuación de fin de curso da escola de baile Danzón, na que tamén

participarán persoas con discapacidade intelectual, xa que a xerente e profe-sora da escola imparte de xeito voluntario clases de baile en Limisi dende hai varios anos.

E por último sortearase un xamón donado por Se-rra do Larouco entre todos os que participen mercan-do rifas.

Limisi organiza un mercado solidario en Xinzo4 O �9 de xuño na praza Carlos Casares.

Stand no que Limisi vende obxectos artesáns elaborados polos seus membros na feira de Xinzo./ARQUIVO.

Page 31: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

31OCIO E CULTURA

Redacción

A asociación cultural Xan de Arzúa avalía con satis-facción a última edición da Festa do Boi “pola nume-rosa e activa implicación veciñal, polo revulsivo eco-nómico que supuxo para os

negocios, nomeadamente a hostalería, e polo desen-volvemento sen incidentes das carreiras do boi”, indica nun comunicado.

“Consideramos pasos importantes a expansión de eventos que constitúen a propia esencia da festa,

como a procesión medieval de Xan de Arzúa; a conso-lidación de outros, coma o MusicBoi, que funciona como escaparate do espíri-to creativo dos veciños; e a incorporación de proxectos novos, coma o espectáculo de monicreques, que uti-lizan a propia festa como elemento didáctico con protagonismo dos estudan-tes dos centros de ensino e o Pista Boi. Tamén nos resulta especialmente grata a incorporación cada vez maior de grupos de Allariz nos apartados musicais do programa”, relatan desde o colectivo Xan de Arzúa.

A activa participación ve-ciñal nos gremios, nos con-cursos medievais e, en xeral, en todas as actividades pro-gramadas, confirman a boa saúde dunha celebración que data de 1317 “e que segue

Éxito da Festa do Boi 20134 A organización destaca a participación activa dos veciños, o revulsivo económico para a vila e a ausencia de incidentes.

Carreira do boi infantil./P.LODEIRO.

moi viva no espírito e na acción do pobo de Allariz”.

Segundo recolle a aso-ciación cultural Xan de Arzúa, os locais que os gremios habilitaron no casco histórico foron este ano “máis numerosos ca nunca” e tamén moi varia-do o perfil de visitantes, que se abre a persoas de máis idade.

Da afluencia de visitan-tes dá conta o volume de vendas. Aínda sen pechar definitivamente as contas, é constatable a venda de 7.500 panos vermellos, que quedaron esgotados a mediodía do sábado, un día e medio antes do re-mate da festa. As camise-tas oficiais tamén se ven-deron na súa totalidade, o mesmo que os chaveiros ou pins de recordo.

Carreiras sen incidenciasNo ámbito das carrei-

ras, a asociación amósase satisfeita polo seu desen-volvemento, sen inciden-cias nin danos reseñables, nin para os corredores nin para os animais.

Unha comisión veciñal organizará as festas de CelanovaP.L.

Por primeira vez nos últimos 35 anos, unha comisión de veciños e de comerciantes encargarase da organización das Fes-tas do Verán de Celanova, despois de que o Concello renunciara a organizalas.

Os integrantes da comi-sión, entre os que hai em-presarios, traballadores públicos, hostaleiros da vila empezaron xa a sema-na pasada a recadar fon-dos para sufragar tanto as festas da Ramallosa como as de San Roque. Un deles, Carlos Rodríguez, explicou que aos locais de Celanova pediráselle a mesma cantidade que lles viña pedindo o Concello, mentres que aos particu-lares será “a vontade”. A comisión conta tamén co compromiso da admi-

nistración local de achegar financiación para as festas, aínda que non está concre-tada a cantidade.“Aos ve-ciños pedímoslles que nos boten unha man, está na súa man que as festas sexan este ano mellores ou peo-res”, afirmaba Rodríguez.

A edición dun libro e o sorteo dunha moto de 1�5 cc o 16 de agosto serán outras maneiras de comple-tar o orzamento das festas, dous días na Ramallosa e cinco no San Roque.

Carlos Rodríguez adian-tou que o programa que pre-paran será “para que disfrute todo o pobo” con orquestras repartidas na praza, na rúa Encarnación e na zona dos pubs. O día da Ramallosa apostarán por charangas, mentres que para o San Ro-que “xa temos reservadas as orquestras Olympus, Capi-tol e Ledicia”.

Page 32: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

Page 33: Xuño 2013 - BXVAC

Número: 79- Ano:VIII - Xuño 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.3 VERÍN Páx.6VERÍN Páx.3 COMARCA Páx.7 DEPORTES Páx.24

Un obradoiro de emprego recupera o ‘Camiño dos Carros’

O seleccionador nacional Vicente del Bosque, en Cabreiroá

Entregados os títulos das parcelarias de Cabreiroá e Albarellos

O primeiro ministro luso Passos Coelhovisita a Eurocidade

Previsto un simulacro de emerxencias no túnel do Corno, Laza

Máis de 200 andaríns participaron na 6ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín ‘Ruta da Fronteira’./CdeV.

[páx.23]

200 persoas cubriron a “Ruta da Fronteira”

Crece o número de usuarios da

Casa do Escudo de Verín [páx. 7]

Page 34: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013

Page 35: Xuño 2013 - BXVAC

Número: 15 - Ano: VIII - Xuño 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CELANOVA Páx.17COMARCA Páx.15 DEPORTES Páx.23

A recuperación de Castromao enfronta a PP e BNG

Cita co baile en Celanova os días 14 e 15 de xuño

OCIO Páx.29

A X Carreira nocturna de Celanova será o 22 de xuño

Protesta en Baños e Xunqueira polo cambio do horario escolar

ENTREVISTA Páx.18

As carreiras de bois da fin de semana de xuño foron as de maior participación./P.LODEIRO.

Consistiu nun percorrido musical polo patrimonio da vila de San Rosendo e de Vilanova dos Infantes./RAMSÉS.

María Jesús Boo, presidenta do Vieiro - Leboreiro

Entrevista a Bernardo Varela, edil

de Medio Ambiente de Allariz, sobre o FIXA

Éxito da Festa do Boi 2013

Foliada literaria por Celanova [páx.31] [páx.28]

[páx. 16]

Page 36: Xuño 2013 - BXVAC

BARRIOSXuño de �013