Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015

5

Click here to load reader

description

 

Transcript of Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015

Page 1: Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015

Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015, que tivo lugar no local da campaña.

Comeza a Asemblea. C Camaño comenta os acontecementos desta semana dende a presentación da candidatura. Queda patente a dificultade deste proceso (pola abundante falta de información), que supón un enorme traballo de cara as elección e tamén despois destas. Infórmase da dispoñibilidade do local onde nos reunimos hoxe, así como de que a xente que veu botar unha man ó longo da semana era máis da esperada. Dáse conta de que se levan feitas máis de 200 bandeirolas e de que xa se colocaron algunhas para darnos a coñecer durante a precampaña, concretamente o día 30. Ademais, tamén se informa de que xa se empezaron a facer os da campaña (coa palabra vota) para colgar a partir do día 8. Ponse de relevo que o ambiente de traballo é bo, pero que este traballo de propaganda hai que complementalo trasladando quen somos e por que existimos ós nosos coñecidos, para así correr a voz.

O Otero comenta en que vai consistir a campaña, que comezará o día 8 ás 00:00 h. Informa do vídeo de campaña que se está a facer. Sinala que o 8 se realizará unha primeira pegada e que xa hai planeados 6 actos (encontros veciñais). Tamén se pon en coñecemento dos asistentes de que o calendario estará colgado na rede e que o acto do Auditorio está aínda por definir. Á súa vez, tamén se farán xuntanzas cos diferentes colectivos da vila, en conxunto segundo os seus intereses, para trasladar e conseguir tamén un traballo conxunto para o Concello. Pregunta se alguén pensa que hai algún colectivo ou asociación coa que teñamos que falar. Tamén indica que hai bonos de campaña para quen queira axudar economicamente.

T Hermelo explica que na manifestación de onte do 1 de maio xa se repartiron pasquíns con información de que é a Asemblea pola Unidade. Matiza que a campaña máis importante que temos que facer é a individual coas persoas máis achegadas xa que hai moita falta de información. Pide que se repartan pasquíns nos lugares ós que vaiamos e que hai que seguir pegando os adhesivos tamén nas parroquias. En canto ó comezo da campaña, sinala que se precisan crear 6 grupos de 3 persoas para abarcar todo o Concello, movendo o material e sendo constantes dende o principio na rúa. Reitera o bo ambiente de traballo pero indica que se precisan máis mans xa que se vai comezar a facer as faixas e máis bandeirolas. Traslada o emocionante e o laborioso que está a ser este traballo, que o compromiso e a participación son fundamentais e iso está acontecendo, mais toda a axuda posible sempre é ben recibida.

AVizoso manifesta tamén o bo ambiente de traballo, que a organización dos distintos grupos de traballo funciona ben e que temos que continuar nesa dinámica. Apunta ademais que temos que seguir co labor de nos facer ver e coñecer. Aínda que nas redes o esteamos a facer ben, hai que trasladar a mensaxe da Asemblea de boca en boca tamén. Recalca que é importantísimo que sigamos asistindo e que participemos, porque este proxecto é de todos e para todos os veciños e veciñas. Salienta a importancia de participar nos grupos de traballo.

Pregúntase polos horarios para asistir aos grupos de traballo e tamén como vai o relacionado coas axudas e o financiamento, en que consisten os bonos.

THermelo indica que pese a ser unha campaña con moito traballo manual (que significa non demasiado gasto económico), precísanse cubrir os gastos existentes e que teñen que ser asumidos de maneira colectiva. Á súa vez sinala que, aínda que sabemos que é complicado o tema de lle pedir á xente que participe economicamente, necesitamos a axuda que nos poidan dar porque todo suma e así poderase facer unha campaña con máis pegada e que consiga chegar a todas as casas. Expresa que tamén se poderán facer achegas para nos financiar a través de transferencia bancaria e crowfounding.

Page 2: Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015

Pregúntase se estará pública unha relación de ingresos e gastos.Respecto disto coméntase que non se fixo público aínda, pero si hai un orzamento e esta información estará a disposición pública o antes posíbel.

M. Camaño recalca que os pasquíns e os adhesivos cómpre movelos axiña. Manifesta que a maior dificultade témola na batalla das ideas, xa que nos movemos só nun cachiño do pobo de Cangas. É preciso romper con isto porque o noso rival político é poderoso e sabe contrarrestarnos, xa que grazas a súa maquinaria apoiada na prensa, crea un estado de opinión que non nós é favorábel. Manifesta que non podemos esperar simplemente polo efecto dos actos de campaña, que hai que actuar dende xa. En cambio, sinala que temos a mellor organización para levala cabo e intentar contrarrestar estas circunstancias. Pide un esforzo a todos para romper este círculo de descoñecemento informativo, que tamén vén dado por sermos unha formación nova, que require moito traballo a pé de rúa para facerse ver. Na súa intervención afirma que a colocación das primeiras bandeirolas foi un magnífico exemplo de golpe de efecto.

Sinálase que hai que diferenciar o noso modelo de traballo e valores que se queren transmitir, porque son a base da Asemblea fronte o resto de partidos, terán sempre un efecto positivo.

L. González propón ir polos sitios de xeito organizando e falar da asemblea, entre nós, como grupo de colegas sen que pareza agresivo para a xente e así mostrar a nosa proximidade e que somos xente de a pé. A nivel económico propón facer un acto: un concerto, foliada, por exemplo, e ofrécese voluntario con alguén máis para organizar este posible acto, que sería positivo para que a Asemblea se dea a coñecer.

Pregúntase polo mellor emprazamento para o acto e maniféstase que podería significar unha boa achega tanto para informar de que aquí estamos como no plano económico.

Sinálase que hai que facer unha colgada en tódalas parroquias ó longo desta semana para que se vexa que é a Asemblea.

Organízase unha colgada para mañá, 3 de maio, para a cal nos reuniremos ás 20:00 h no local.L.González comenta que os que xa están colgados están moi baixos e ofrece escaleiras.

Indícase que antes dos actos nas parroquias a xente que coñece a aldea tería que ir polas casas informando da realización destes.

J González intervén e comenta se á xente da lista (en relación tamén coa anterior intervención de Lino) lle parecería unha boa idea pode ir en grupo por lugares de confluencia veciñal e social como por exemplo os bares, para facerse máis visíbeis e mostrar esa proximidade.

Indícase que é boa idea, pero que tal e como estamos organizados é difícil. Mais, dise que ir 4 ou 5 nun coche de bar en bar non é tanto traballo e daría moita visibilidade.

Pídese que se articule todo este traballo que se está propoñendo, xa que neste momento a publicidade só está presente en Cangas.

No remate da Asemblea coméntase que para comezar a artellar o traballo, a xente que estea dispoñíbel quede 15 minutiños máis para comezar a levalo a cabo canto antes.

Infórmase de que o Faro propuxo facer unha entrevista de precampaña e outra de campaña, con

Page 3: Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015

preguntas trampa, polo que se pediron por anticipado e para o que un grupo de 5 persoas está preparando as respostas segundo os principios explicados.

Á Vizoso manifesta que na Asemblea traballamos de maneira colectiva e, xa que logo, que ela vaia de número 1 non significa ningún valor, que é o 1 porque foi electa nunhas primarias e que neste proceso asembleario vale tanto o 1 coma o 21. Mais o faro, como candidata número 1, quere facerlle a ela a entrevista.

En relación a isto exprésase que un dos valores máis grandes é que non temos un supercandidato que controla tódolos temas, senón que somos un grupo de xente preparada e con moita ilusión e vontade de facer unha política nova, do século XXI. O noso gran valor non é só Ánxela, senón que somos todos.

Maniféstase a importancia de transmitir esta mensaxe. O que está colgado na web non o está vendo a maioría da xente, polo que aínda estamos a tempo de romper a inercia de falta de información que apuntaba M Camaño sustentada polo Faro, o cal mantén a mensaxe de culparnos de romper a esquerda, afirmación que non é certa. Indícase que no blog está un documento (O Faro da Asemblea) no que se conta a cronoloxía dos feitos.

Fálase tamén de que a Asemblea debe de tocar todo, pero as cuestión técnicas non deben ser tratadas pola Asemblea, senón por quen o teña que levar a cabo. Proponse que se imprima o programa para que lle poida chegar axiña á xente.

Ánxela e Tomás volven intervir, respectivamente, para dicir que sería bo recuperar ese documento para que se traslade a nosa versión dos feitos e que hai que empezar a mover moito máis as redes sociais.

Indícase que esa información non está chegando a toda a xente, que se podería facer cun toque de humor, un cómic ou unha fotonovela. Maniféstase que para iso precísase de alguén que articule ese traballo.

Dise que a información ten que ser dun momento para outro, rápida e fácil.

Móstrase que non todos poden estar traballando en todo, polo que habería que ver como están os grupos de capacidade e ver de fixar as prioridades.

Apúntase que non se poden cometer erros de ortografía nas publicacións, porque en varias delas se detectaron algúns deles e isto reflicte unha imaxe pouco seria da Asemblea, polo que se pide máis compromiso co tema da lingua.

Respecto disto a Asemblea considérao de importancia e prepárase un grupo de traballo de corrección.

Bótase en falta unha referencia ó blog na cartelería. Algo que se considera inviábel por tema de espazo.

Remata a Asemblea. Faise unha recapitulación do tratado nesta sesión asemblearia e faise fincapé nos temas que requiren unha actuación inmediata: bonos de axuda para o financiamento da campaña; xuntanza para o domingo, luns e martes ás 20:00 para pegar e colgar o material; e, ademais, cómpre facer unha listaxe cos teléfonos e os correos das persoas que participan e que

Page 4: Acta da Asemblea Xeral do 2 de maio de 2015

queiran participar para organizar o traballo.