ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de...

20
ACTIVIDADES VERÁN_2016

Transcript of ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de...

Page 1: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

ACTIVIDADES VERÁN_2016

Page 2: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

2

ESCOLAS DE VERÁN E CAMPUS INFANTÍS

ESCOLA DE NATACIÓN: APRENDE A NADAR 1 IDADE Nenos/as que non saben nadar, nenos/as que este

curso estiveran en 3º de educación infantil. HORARIO Días: Luns, martes, mércores e xoves.

Horarios: 13:15 h – 14:00 h. Do 26 de xullo ao 1 de setembro.

INSTALACIÓN Piscina de Xanceda. PREZO 12 €.

ESCOLA DE NATACIÓN: APRENDE A NADAR 2

IDADE Nenos/as que xa saben flotar sen axuda (de manguitos, churros...). Pasarán unha proba.

HORARIO Días: Luns, martes, mércores e xoves. Horarios: 12:30 h - 13:15 h. Do 26 de xullo ao 1 de setembro.

INSTALACIÓN Piscina de Xanceda. PREZO 12 €.

CAMPUS COCA – COLA DE FÚTBOL NIVEL Medio. De 5 a 13 anos. Faranse 2 categorías. HORARIO Os martes. Do 2 ao 30 de agosto.

Horario: 17:30 h - 18:30 h. INSTALACIÓN Campo de fútbol de Xanceda. CARACT. Aprendizaxe técnico con xogos e circuítos.

Competicións de habilidades e partidos. Faranse 2 categorías.

PREZO 12 €.

Page 3: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

3

CAMPUS COCA – COLA DE PÁDEL NIVEL Iniciación. IDADE De 8 a 14 anos. HORARIO Os mércores. Do 27 de xullo ao 31 de agosto.

Horario: 12:30 h - 13:45 h. INSTALACIÓN Pista de pádel de Cabrui. CARACT. Aprendizaxe do pádel con xogos e circuítos.

Competicións de habilidades e partidos. Importante traer raqueta de pádel. Mínimo 4 inscritos, máximo 8.

PREZO 6 €.

CAMPUS COCA – COLA DE TENIS NIVEL Nivel básico. Iniciación. IDADE De 8 a 14 anos. HORARIO Os mércores. Do 27 de xullo ao 31 de agosto.

Horario: 11:00 h - 12:15 h. INSTALACIÓN Pistas de tenis de Xanceda ou Pavillón de Visantoña

se chove. CARACT. Aprendizaxe do tenis con xogos e circuítos.

Competicións de habilidades e partidos. Traer raquetas de tenis adecuadas á idade. Mínimo 6 inscritos, máximo 10.

PREZO 6 €.

Page 4: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

4

CAMPAMENTO DE VERÁN: XOECON (Xogar e conciliar) IDADE Dous grupos de idade: 4 a 8 anos e 9 a 14 anos. HORARIO Do 4 ao 22 de xullo, de 10:30 h a 14:00 h. INSTALACIÓNS Piscinas e Casa da Cultura en Xanceda, e Brañas da

Valga, Pavillón e Campo de Fútbol en Visantoña. Recoller na Casa da Cultura o 1º día o plan de campamento.

CARACT. Talleres culturais, cociña, modelado, probas con ximkanas, actividades predeportivas, rutas, xogos nas piscinas, etc. Saídas ao Aquapark os días 11 e 18 de xullo (10:45 h - 19 h.). OUTRAS ACTIVIDADES: Xogar en inglés. Imparte Academia English in Motion. Bailes. Gran Festa con Inchables: Festa final de campamento; ese día, o 22 de xullo, cada neno/a poderá traer un amigo/a de invitado/a.

PREZO 30 € (incluídas as dúas saídas ao Aquapark). Descontos para irmáns: dous irmáns 50 €, tres irmáns 70 €. Prazas limitadas.

ORGANIZA E SUBVENCIONA

Page 5: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

5

ACTIVIDADES E ESCOLAS PARA ADULTOS

TENIS NIVEL Básico e medio. A partir de 15 anos. HORARIO Martes e xoves. Do 5 de xullo ao 30 de agosto.

Os martes: 19:30 h - 21:00 h (clase dirixida) Os xoves: horario adaptado (práctica con partidos).

INSTALACIÓN Pistas de tenis de Xanceda ou Pavillón de Visantoña se chove.

PREZO 12 €.

INICIACIÓN AO PÁDEL NIVEL Básico - Iniciación. A partir de 15 anos. HORARIO Martes e xoves. Do 5 ao 28 de xullo.

Os martes: 17:30 h - 19:00 h (clase dirixida) Os xoves: horario adaptado (práctica con partidos).

INSTALACIÓN Pista de pádel de Cabrui. PREZO 6 €.

ACUAGYM => XIMNASIA NA AUGA! NIVEL Básico – medio. De 16 anos en adiante. CARACT. Exercicios físicos de pé dentro da piscina, na zona

que non cubre. Buscamos beneficios coma: favorecer a corrección postural e a circulación, tonificar, mellorar as cualidades físicas e favorecer a relaxación.

INSTALACIÓN Piscina municipal de Xanceda. PREZO 6 €.

INICIACIÓN Á NATACIÓN NIVEL Básico. Aprender a nadar para maiores de idade. HORARIO Luns e mércores, de 14:00 h a 14:45 h.

Comeza o 4 de xullo. INSTALACIÓN Piscina municipal de Xanceda. PREZO 12 €.

Page 6: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

6

XIMNASIA DE MANTEMENTO IDADE De 16 anos en adiante. HORARIO Martes, de 21:30 h a 22:30 h.

Comeza o 5 de xullo.

CARACT. Actividade que mellora a nosa saúde física dunha forma divertida: con xogos, exercicios de tonificación, flexibilidade e con deportes adaptados ao grupo. RECOMENDAMOS facer esta actividade e ademais ANDAR MÍNIMO 1 hora DIARIA para notar os beneficios que nos dá o exercicio físico.

INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 €.

PILATES IDADE De 16 anos en adiante. HORARIO Mércores, de 21:00 a 22:00 h.

Comeza o 6 de xullo. CARACT. Actividade física de tonificación.

Inscrición limitada a 15 persoas. Se se forman 2 grupos, un sería de 19:30 a 20.30 horas en Visantoña.

INSTALACIÓN Casa da Cultura. PREZO 12 €

AERÓBIC - ZUMBA NIVEL Básico – medio. De 16 anos en adiante. HORARIO Mércores, de 22:00 h a 23:00 h.

Comeza o 6 de xullo. CARACT. Actividade física de baile ao ritmo da música, con

pasos e coreografías dirixidas. INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 € .

Page 7: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

7

CACHIBOL DE VERÁN IDADE A partir de 50 anos. HORARIO Comeza o 5 de xullo.

Os martes de 10:30 h a 12:00 h. En agosto de 11:00 h a 12:30 h.

INSTALACIÓN Pavillón de Olas. CARACT. O deporte para todos/as. Anímate a xogar!!!

Imprescindible cubrir a folla de inscrición na Casa da Cultura para anotarse (polo seguro).

PREZO Actividade gratuíta.

Page 8: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

8

INICIACIÓN Á CESTERÍA IDADE Maiores de 15 anos. Máx. 18 persoas por grupo. HORARIO Mércores de 16.00 a 17.00 h. Comezo o 6 de xullo. INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda ou na parroquia onde se

anote máis xente. CARACT. Iniciación á cestería, aprenderase a facer distintos cestos. PREZO 20 € os dous meses. Material incluído. NOTA Mínimo de 15 persoas. Se se anota máis xente facemos

outro grupo.

PROGRAMA ECO-BAÚL OBRADOIRO: XABÓNS NATURAIS

DATA-HORARIO Sábado 2 de xullo, de 10:30 h a 13:30 h. INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda CARACT. Por medio deste taller práctico iniciarémonos na

formulación e elaboración de xabóns cosméticos con un ph axeitado á nosa pel. Todos eles serán elaborados a partir de materias primas naturais. Cada asistente levará para casa un xabón.

PREZO 5 € INSCRICIÓNS Retomamos o curso de xabóns dado que, na pasada

edición, non puidemos levalo a cabo. Solicitamos que os que xa están anotados chamen a confirmar a asistencia. Os demais podedes anotarvos porque aínda quedan prazas. Inscricións na Casa da Cultura. Máximo de 15 persoas. Imparte: Aloe-ingenieros.

OBRADOIRO: TÉCNICAS DE ELABORACIÓN DE LICORES DATA-HORARIO Martes 12 xullo, de 16:00 h a 19:00 h. INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda CARACT. Por medio deste taller práctico iniciarémonos na

formulación e elaboración de xeito natural de licores de froitas, café e crema. Trataranse distintos métodos: destilación, maceración e infusión.

PREZO 5 € INSCRICIÓNS Na Casa Cultura. Máximo de 15 persoas.

Imparte: Aloe-ingenieros.

Page 9: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

9

XUVENTUDE

SAÍDA DE MULTIAVENTURA: ENCORO DE BECHE E PRAIA IDADE De 12 anos en adiante! DATA Mércores, 6 de xullo CARACT. 10:00 h_Viaxe en autobús á Abegondo. 10:30 h_Mañá de

multiaventura: KAYAK - TIRO CON ARCO - ESCALADA ROCÓDROMO. 14:30 h_Comida por conta propia no merendeiro. 16:00-18:00 h_PRAIA DE GANDARÍO.

PREZO 12 €. Prazas limitadas. NOTA A actividade estará debidamente organizada e controlada

por monitores especializados para que os/as rapaces/as non corran perigo. Máis información ao inscribirse: PRAZAS LIMITADAS POR ORDE DE INSCRICIÓN.

VOLUNTARIADO XUVENIL O Concello de Mesía está inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Se tes entre 16 e 30 anos podes participar como voluntario/a no departamento de Cultura e Deporte. Aos voluntarios pagaránselle dietas de 6,00 €/día (como gastos de desprazamento e manutención). Podedes anotarvos para ser voluntarios/as neste 2016. ÚLTIMAS PRAZAS!

Page 10: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

10

EVENTOS DEPORTIVOS

IX TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA PATROCINADO POR COCA-COLA

NIVEL Non profesional. Categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non).

DATA Agosto. Horario a acordar entre os/as rivais.

INSTALACIÓN Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia de uso das instalacións para este torneo.

CARACT. Sistemas de competición: por eliminación automática ao mellor de 2 sets. Horarios dos partidos: Cada partido ten unha semana de prazo para xogarse contra quen corresponda por sorteo. Autoarbitraxe.

PREMIOS Trofeos ós/ás gañadores/as. Bebidas COCA-COLA en todos os partidos.

INSCRICIÓNS DATAS INTERESE:

Enviando cadro inscrición por email a [email protected] 1 agosto: límite de inscricións. 2 agosto: sorteo do cadro de competición. 3 agosto: publicación do cadro de competición. 5 -11 agosto: 1ª ronda, comezo do Torneo. 12 - 18 agosto: 2ª ronda. 19 - 25 de agosto: semifinais. 27 de agosto: Finais 17:00 h - 20:00 h.

Page 11: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

11

FESTA DA AUGA 2016 IDADE Todas as idades. Non é necesario saber nadar.

Nen@s acompañados de adultos. DATA 30 de xullo, a partir das 16:00 h. INSTALACIÓN Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT. Inchables nas piscinas.

Xogos con probas de auga. Festa da escuma.

PREZO Actividade gratuíta. NOTA Imprescindible anotarse na CdC para avisar se hai

inclemencias meteorolóxicas e se suspende a actividade.

Page 12: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

12

TORNEO INTERPARROQUIAL DO CONCELLO DE MESÍA PATROCINADO POR COCA-COLA

HORARIOS do sábado 16 de xullo: 17:00 h COMPETICIÓN FÚTBOL 8 - CATEGORÍA BASE: 11 – 15 anos

(presentar DNI ou documento acreditativo). 17:00 h COMPETICIÓN FÚTBOL 5 - CATEGORÍA MINI: 5 - 10 anos.

HORARIOS do domingo 17 de xullo: • 12h - 14h e 16h - 19 h

CATEGORÍA ADULTOS: a partir de 16 anos (presentar DNI ou documento acreditativo).

COMPETICIÓN FÚTBOL 11

CARACTERÍSTICAS: Torneo de fútbol no Campo de herba artificial de Visantoña. Xogarase unha liga todos contra todos, por categorías e o mellor puntuado gaña. Presentación dos equipos para cotexar documentos: media hora antes do inicio dos seus encontros. Inscrición ata o 11 de xullo por email dos Equipos por parroquias. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia). Enviar o cadro de inscrición a

• Campión ADULTOS - Trofeo

[email protected] PREMIOS:

• Campión FÚTBOL 8 - Medallas • Campión FÚTBOL 5 - Medallas • Todos: Bebidas COCA - COLA en todos os partidos.

SORTEO: Sorteo do cadro de competición o martes 12 de xullo no Concello. Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook DEPORTE CONCELLO MESÍA o 13 de xullo.

Page 13: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

13

VI CARREIRA CONCELLO DE MESÍA MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA

HORARIOS do sábado 13 DE AGOSTO: 17:30 h - 18:30 h. Recollida de dorsais (para todas as carreiras) 19:00 h. MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESÍA ( 6 kms) 19:05 h. VI CARREIRA CONCELLO DE MESÍA (12 kms) 20:15 h. CARREIRAS DE BASE (resto de categorías) comezando polos cadetes e acabando polos pitufos.

CARACTERÍSTICAS: Saída e chegada: Campo de fútbol de Visantoña. Avituallamento na de 12 km. Alternancia no circuíto de terra e asfalto. Haberá algo para picar ao rematar o evento.

INSCRICIÓNS: Inscricións gratuítas no correo electrónico [email protected] facilitando datos persoais, DNI, data de nacemento completa, a que club pertence ou lugar de onde se ven. (Non esquecer que carreira se elixe). Os menores de idade precisan autorización. Data límite de inscricións: venres 12 de agosto ás 20:00 horas. Teléfono dúbidas: Mª José 630078506.

PREMIOS: Trofeos aos tres primeiros de cada categoría, aos 1º/1ª da Carreira e tamén ao/a corredor/a de maior idade (independentemente sexa feminino ou masculino), e medallas tamén para todos os das categorías de base.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS: CATEGORÍAS DE BASE:

Pitufos-as: 0 a 5 anos200 m.; Benxamíns: 6 a 9 anos800 m. Alevíns: 10 a 13 anos1600 m.; Cadetes: 14 a 17anos3000 m.

IV CARREIRA CONCELLO DE MESIA: 12 KMS Senior: 18 a 34 anos

Veteranos-as A: 35 a 44 anos Veteranos-as B: 45 a 54 anos Veteranos-as C: 55 a 64 anos Veteranos-as D: 65 en adiante

MINICARREIRA POPULAR: 6 KMS. Senior: 17 a 34 anos

Veteranos-as A: 35 a 49 anos Veteranos-as B: 50 en adiante

COLABORADORES: Coca-cola, Club de atletismo de Ordes, Casa Grande de Xanceda, Argal, Panadería Visantoña, Panadería Boga, Casa Zapateiro, Pascual, Panadería A Tilleira, “A Fonte” de Mesón do Vento, Restaurante Manteiga, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Restaurante Canaima, Eurofruit, Progando, Atlética a Silva, Carpintería Ramón García, Banco Santander Visantoña

Page 14: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

14

SAÍDAS PARA O VERÁN

SAÍDAS AO AQUAPARK IDADE: Sen límite. Máximo 50 persoas, por orde de inscrición. Terán

preferencia as persoas empadroadas.

DATA: Luns 11 e 18 de xullo. PREZO: De 0 – 4 anos: gratuíta. De 5 – 17 anos e acompañante de

nenos: 3 €. Adultos: 5 €. O Concello de Mesía subvenciona o transporte.

CARACT.: Saída ás 10:45 h e volta ás 19:00 h na Casa da Cultura. Comeremos no campo. Levar comida da casa así coma crema protectora e viseira/gorro. Os nenos menores de 10 anos, terán que levar acompañante. Inscricións na CdC.

IMOS Á PRAIA IDADE: Todas as idades. Os menores de idade con autorización asinada

polos pais e os menores de 14 anos deben ir acompañados dun adulto.

DATA: Todos os xoves de xullo e agosto: 7, 14, 21 e 28 de xullo e 4, 11, 18 e 25 de agosto.

PREZO: 5 € por persoa e día. Os nenos menores de 12 anos pagarán só 4 €.

CARACT.: Pasar un día relaxado ao lado do mar, gozando da auga e do sol. Sairá un único autobús ás 10:00 h e fará as seguintes paradas: Lanzá, Cumbraos, Xanceda, Mesía, Visantoña e Olas. A volta cara Mesía será ás 19:30 h. As prazas estarán limitadas a 55 persoas cada xoves. Será necesario chamar cada semana para anotarse. No caso de anotarse a todo o mes haberá que aboar o diñeiro por anticipado. INSCRICIÓNS: En Servizos Sociais (teléf. 981 687 238).

Page 15: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

15

FORMACIÓN

CURSO DE FITOSANITARIOS CARACTERÍSTICAS: Realizarase un curso de Fitosanitarios no momento que se xunte grupo. Nese momento especificaranse as datas. NOTA: O curso conta cun total de 20 prazas. INSCRICIÓNS: Anotarse na Casa da Cultura cubrindo unha folla de inscrición e levando unha fotocopia do DNI.

CURSO DE RENOVACIÓN DE CARNET DE FITOSANITARIOS CARACTERÍSTICAS: Realizarase tamén un curso de renovación de carnés de fitosanitarios de 5 horas. PREZO: Aproximadamente 40 € INSCRICIÓNS: Anotarse na Casa da Cultura.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS CARACTERÍSTICAS: Curso para obter o carné de manipulador de alimentos. Esta formación en manipulación de alimentos é obrigatoria para todas aquelas persoas que teñen contacto directo cos mesmos en calquera parte do proceso de elaboración, preparación, transporte, servizo, etc. PREZO: 25 € NOTA: Anotádevos e tan pronto se xunte xente poñerase data e horario. INSCRICIÓNS: Casa da Cultura. 981 68 72 41.

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE CARACTERÍSTICAS: Curso para obter o título oficial de monitor de tempo libre da Xunta de Galicia. Duración de 200 horas que se complementan cunha fase práctica de 150 horas. Realizaremos o curso os venres (de 16 a 21 horas) e sábados e domingo (de 9 a 13 e de 16 a 21 horas). AVISO: Maiores de 18 anos interesados en facer o curso de monitor de tempo libre anotarse na CdC. En canto teñamos grupo concretamos datas. Prioridade comezar en Outubro.

Page 16: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

16

AVISOS

HORARIO DE PISCINA DE XANCEDA

A piscina de nen@s abrirá de luns a venres de 15:00 a 21:00 h. e durante a fin de semana no horario habitual: 12:00 - 21:00 h. A piscina grande abrirá todos os días de 12:00 a 21:00 h.

HORARIO DE VERÁN – CASA DA CULTURA

A Casa da Cultura en xullo estará aberta de 10:30 a 14:00 h. Os sábados estará pechada agás aqueles nos que haxa algunha actividade programada. No mes de agosto estará pechada (só abrirá para realizar as actividades programadas para este mes).

ROMARÍA DAS MENTIRAS

O día 31 de xullo terá lugar na parroquia de Xanceda a Romaría das Mentiras, organizada polo grupo de baile Escola de música e baile tradicional de Mesía, coa colaboración do Concello de Mesía. Estade atentos aos carteis para ver canta foliada nos deparará o día. ORGANIZA COLABORA

CITA PREVIA SERVIZOS SOCIAIS

Cando precisen acudir aos Servizos Sociais do noso Concello deberán chamar ao 981 68 72 38 para concertar o día e a hora da súa visita.

NOVOS LIBROS DA BIBLIOTECA

Temos novidades, vide botarlle un ollo! Recordade que debido a que a Casa da Cultura estará pechada en agosto, a biblioteca tamén, polo que todos aqueles que queirades coller libros facédeo antes de agosto.

Page 17: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

17

INSCRICIÓNS ENTREGAR A FOLLA DE INSCRICIÓN E XUSTIFICANTE DO PAGO DA ACTIVIDADE NA CASA DA CULTURA DE XANCEDA, OU ENVIALO POR MAIL A [email protected] PARA TODAS AS ESCOLAS/ACTIVIDADES DE VERÁN (INCLUÍNDO AS GRATUÍTAS), EXCURSIÓNS E EVENTOS DEPORTIVOS. Imprescindible para acudir as actividades cubertos polo seguro: facer efectivo o importe da actividade nunha entidade bancaria e entregalo xustificante de pago. Non se admiten inscricións telefónicas para as escolas de verán. PRAZO: DENDE O 15 DE XUÑO ATA O 30 XUÑO PARA ESCOLAS DE VERÁN. PREZO: cada actividade ten anotado o seu prezo. Os únicos descontos que se aplican son ós irmáns que participan no campamento. Os empadroados no Concello de Mesía terán preferencia en todas as actividades sobre aqueles non empadroados. O concello resérvase o dereito de modificar a programación en caso de non haber un número mínimo de participantes nas distintas actividades. Avisarase a cada persoa en caso de tomar algunha decisión que afecte á actividade na que estea anotada.

ESCOLAS DE VERÁN: do 4 xullo ao 2 de setembro 2016

HORARIO ESCOLAS MUNICIPAIS DE VERÁN 2016

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES

10:30 CACHIBOL 11:00 CAMP

TENIS

12:30 NADAR 2 NADAR 2 NADAR 2 e

CAMP PADEL NADAR 2

13:15 NADAR 1 NADAR 1 NADAR 1 NADAR 1

14:00 NATACIÓN ADULTOS

ACUAGYM NATACIÓN ADULTOS

16:00

17:30 CAMP FÚTBOL e

PADEL AD.

19:30 TENIS AD. TENIS AD.

21:00 21:30 XIMNASIA MANTEMENTO

PILATES

22:00 AERÓBIC -

ZUMBA

Page 18: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

18

CALENDARIO VERÁN CONCELLO DE MESÍA 2016

XUÑO 15 Comezo prazo inscrición nas actividades 25 Apertura da piscina municipal 30 Data límite INSCRICIÓNS ESCOLAS e CAMPUS DE VERÁN

XULLO

2 Ecobaúl: Obradoiro de xabón natural Semana do 4 Comezo das Actividades municipais de verán adultos 7, 14, 21, 28 Saídas á praia

Do 4 ao 22 Campamento municipal de verán Xoecon

6 Saída de multiaventura 11 e 18 Saídas ao Aquapark

12 Ecobaúl: Obradoiro de Elaboración de licores 16 e 17 Torneo Interparroquial de fútbol Semana do 26 Comezo das Escolas de Natación infantís,

Campus de Padel e tenis infantís. 30 Festa da auga

AGOSTO

2 Comezo do Campus fútbol.

5 Comezo do IX Torneo Tenis Concello de Mesía

4, 11, 18, 25 Saídas á praia

13 VI Carreira CONCELLO DE MESÍA e Minicarreira popular 27 Finais do IX Torneo de Tenis Concello de Mesía

Page 19: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

19

FOLLA DE INSCRICIÓN: ACTIVIDADES MUNICIPAIS

VERÁN 2016

Nome _________________________________________________________ DNI __________________________________________________________ Data de nacemento _____________________________________________

Teléfonos (poñer 2 números): ______________________________________ Correo electrónico: ________________________________________________ Enderezo ______________________________________________________ Pai/nai/titor _____________________________________________________ DNI (pai/nai/titor) ________________________________________________ Teléfono/s _____________________________________________________ ACTIVIDADE/S: _________________________________________________ ______________________________________________________________ PREZO: _______________________________________________________ OBSERVACIÓNS: _______________________________________________ ______________________________________________________________________

SI NON Estou empadroado/a no Concello de Mesía. Non teño ningunha enfermidade que me impida facer con normalidade a actividade física á que me anoto. O usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos persoais, e fotografías aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de Concello de Mesía, na forma e para as finalidades indicadas na Política de Protección de Datos Persoais a efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro. Tamén poderá exercitar o dereito de acceso, rectificación, cancelación, e, no seu caso, oposición, dacordo ao establecido na citada LOPD. Con DNI _______________________ DECLARO que todos os datos aquí escritos son certos. (Cubrir o pai/nai/titor en caso de menores de idade).

Mesía, _____de_________________de 2016 Sinatura:

Page 20: ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de poderá traer un amigo/a de invitado/a. ... Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT.

VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA

20

Teléfonos:

Casa da Cultura..................... 981 687 241 Servizos Sociais..................... 981 687 238 Casa do concello.................... 981 687 001 Fax Casa do Concello ........... 981 687 069 Web: www.concellodemesia.gal

deporte concello mesia xuventude concello de mesia

Colaboran: