alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do...

55

Transcript of alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do...

Page 1: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen
Page 2: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

O consumo de alcohol creceu de maneiraespectacular entre os adolescentes e os mozos espa-ñois nas últimas décadas, ata converterse nunha con-duta amplamente xeneralizada entre estes grupos. Enrealidade, saír cos amigos/as e tomar copas son asactividades que máis practican os mozos nos seusmomentos de lecer durante a fin de semana. Cada finde semana milleiros de adolescentes e mozos, detodas as idades e grupos sociais, ocupan as rúas e osespazos públicos nun ritual que se prolonga ata altashoras da madrugada perante o ollar indiferente ouresignado do resto de cidadáns, que acaban por con-siderar estas escenas como algo natural.

Diante desta situación, podemos facernos algunhas preguntas:

>> ¿Por que os mozos consomen alcohol da maneira que o fan?>> ¿Que ten acontecido na sociedade española para que os

hábitos de lecer dos mozos teñan sufrido unha transfor-mación tan profunda nos últimos anos?

>> ¿Como chegou a converterse o consumo de alcohol e dou-tras drogas nunha actividade central no lecer dos adoles-centes?

>> ¿Mudou tanto a mentalidade dos pais, os seus valores enormas, para que estes acaben por aceptar que os seusfillos/as adolescentes permanezan ata altas horas damadrugada as fins de semana inxerindo alcohol e posible-mente outras drogas?

>> E, quizá a máis importante, ¿que poden facer os pais dian-te dunha moda que parece inundar a cultura xuvenil?

Page 3: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen
Page 4: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcoholOS MOZOS E O

¿COMO E CANTO BEBEN?

Page 5: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

xeneralizándoseentre os mozos.

alcoholO consumo de

deixou de ser exclusivodun determinado grupo social,

Page 6: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

¿Por que nos preocupamos polo consumo de bebidasalcohólicas que realizan os nosos fillos, se tradicional-mente se consumiu moito alcohol no noso país?

O consumo de bebidas alcohólicas, que foi sempreunha conduta bastante estendida entre os homesadultos, sufriu unha importante expansión a partirdos anos oitenta coa incorporación de novos gruposde consumidores como son as mulleres e os ado-lescentes, que ata entón semantiveran á marxedeste consumo. Deste modo, o consumo de alcoholaumentou notablemente no noso país, comezandoa ter unha presenza moi importante en colectivosque, como os adolescentes e os mozos, son moivulnerables aos seus efectos.

Inicialmente, o consumo de alcohol e doutras drogas que rea-lizaban os mozos enmarcábase nas novas correntes culturaisque apareceron en Europa, de maneira que o uso destas subs-tancias se limitaba a determinados grupos xuvenís que parti-cipaban da “movida”, para os cales o consumo actuaba comounha forma de expresión da identidade grupal, de identifica-ción con determinados valores sociais ou de rexeitamento daorde social establecida. Pero a situación mudou radicalmentena última década, ata converterse nun fenómeno de masas. Oconsumo de alcohol deixou de ser exclusivo dun determinadogrupo social, xeneralizándose entre os mozos galegos, comoo confirma o feito de que a maioría deles o teñan consumido

Page 7: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Período de consumo 12-18 anos 19-24 anos

No último mes 50% 71%

As fins de semana 24% 40%

De forma abusiva as fins de semana 20% 35%

Consumo de alcohol entre adolescentes e mozos galegos

no último mes (o 50% entre os 12 e os 18 anos e o 71% entreos de 19 a 24).

O problema radica non só en que o consumo de alcohol seencontre moi estendido, senón en que o abuso na fin desemana sexa unha conduta relativamente frecuente, como oconfirma o feito de que un de cada tres mozos de entre 19 e24 anos que toma bebidas alcohólicas na fin de semana bebaen exceso. Asistimos a un feito altamente preocupante, comoé que o consumo abusivo de alcohol entre os mozos galegosestea aumentando de forma intensa, ata facer que o grupo de19-24 anos sexa o que actualmente concentre a maior por-centaxe de bebedores abusivos (13%), moi por riba do exis-tente no conxunto da poboación galega (8,5%).

Page 8: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

O consumo de bebidas alcohólicas entre os mozos tenunhas características peculiares, entre as cales sesalientan:

>> O consumo concéntrase na fin de semana e princi-palmente durante a noite.

>> Realízase en grupo e en espazos ou lugares públi-cos (na rúa, bares, pubs ou discotecas).

>> Inxírense importantes cantidades de alcohol nuncurto período de tempo buscando deliberadamen-te “pillar o punto”, cando non directamente embo-rracharse.

>> O consumo compatibilízase co desenvolvementodas actividades habituais da súa idade (estudar,traballar, etc).

Hai que salientar que non só mudou a forma de relacionarsedos mozos co alcohol respecto a como o fan os adultos (queadoitan beber de forma regular ao longo de toda a semana earredor dos espazos das comidas e de determinados aconte-cementos sociais), senón que, alén diso, se intensificou otempo que dedican á festa e ao ritual do bbootteell llóónn. Para moi-tos adolescentes e mozos o horario da festa foise prolongan-do ata romper o límite da madrugada, incrementándose otempo dedicado a inxerir maiores cantidades de alcohol. Bastaun dato para ilustrar este fenómeno: máis da metade dosestudantes de Secundaria de 14 a 18 anos (56%)regresan á casa as fins de semana a partir das dúas damadrugada e un de cada dez faino á mañá seguinte.

Page 9: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen
Page 10: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcoholOS ADOLESCENTES E MOZOS?

¿POR QUE CONSOMEN

Page 11: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Cando se lles pregunta aos adolescentes as razóns polas calesconsomen alcohol obtéñense respostas coma estas:

>> Porque lles gusta o sabor.

>> Por diversión ou pracer.

>> Para esquecer os problemas persoais.

>> Para sentir emocións novas.

>> Para superar a timidez ou os problemas para relacionar-se cos demais.

alcohol

Page 12: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Resulta evidente que o consumo dealcoholse asocia maioritariamente con motivacións decarácter lúdico, coa diversión e cos procesos deintegración e aceptación no grupo. Pero existe unimportante número de adolescentes que afirmabeber para evadirse dos problemas ou para superaras dificultades para relacionarse cos demais, moti-vacións que nada teñen que ver coa festa.

Diante destas respostas moitos pais preguntaranse ¿que pro-blemas teñen os nosos fillos para que necesiten esque-cerse deles, se non lles falta de nada?. Quizá se sorpren-dan ao coñeceren que un de cada tres estudantes deSecundaria (33%) afirma sentirse bastante ou moi atafegadoe en tensión con certa frecuencia, e que, aproximadamente,un de cada catro (26%) ten a sensación de non poder supe-rar as súas dificultades con bastante ou con moita frecuenciaou que unha porcentaxe similar (25%) está bastante ou moiinsatisfeita coa súa vida.

É certo que, en termos relativos, os nosos mozos teñen moi-tas máis cousas e oportunidades na vida das que tiveron osseus pais, pero non o é menos que seguen tendo problemase importantes retos que superar. Unhas necesidades e proble-mas que teñen que ver tanto coa filosofía social dominante e,

Page 13: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

en particular, con valores como o individualismo, a competiti-vidade e o consumismo, que con frecuencia se asocian a moi-tas condutas adictivas, como coas dificultades relacionadascos procesos de crecemento e maduración persoal.

A adolescencia foi sempre unha etapa difícil na evolución daspersoas, un momento de transición, de busca da identidadepersoal, na que se deixa de ser neno e non se é aínda adulto,unha etapa de inconformismo, de rexeitamento de moitas dasnormas e dos valores dos adultos, unha etapa de constantesretos, na que rapidamente se incorporan valores, hábitos deconduta e na que se teñen que afrontar novas situacións eresponsabilidades.

Da análise dos conflitos que os adolescentes manteñen comedio social, e das súas necesidades persoais, xorden outrasmotivacións máis profundas que nos axudan a explicar asrazóns polas cales consomen alcohol:

>> O consumo de alcohol pasa a ser unha forma de evasión:a fin de semana é o tempo do verdadeiro lecer, de contra-posición ao resto das tarefas que se realizan con carácterobrigatorio (estudar, traballar, etc.) e é vivido como unespazo de liberación do control que exerce a familia ou aescola, no cal o consumo de alcohol contribúe a evadirsedas responsabilidades e obrigacións cotiás.

>> O consumo de alcohol actúa como un elemento de inte-gración grupal: moitos adolescentes beben porque o fanos demais membros do grupo. Na adolescencia o grupoten unha grande importancia como espazo de socialización(nel interiorízanse valores, incorpóranse hábitos, aprénde-se a relacionarse cos demais, etc.).Nos espazos de lecerfortalécense os procesos de pertenza, de vínculo e deaceptación polo grupo de iguais e o consumo de bebidas

Page 14: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcohólicas pasa a ser unha conduta do grupo que actúareforzando a integración nel.

>> O consumo de alcohol nas noites das fins de semana,rodeados doutros mozos, facilita o distanciamento domundo dos adultos: os mozos necesitan de espazos pro-pios de encontro con outros mozos (cantos máis mellor) ea ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llón sérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” eque nel os adultos non teñen cabida.

>> O alcohol actúa como desinhibidor, axudando ás persoasmáis tímidas e retraídas a relacionárense cos seus iguais.Os mozos teñen unha serie de necesidades que cubrir(relacionarse e comunicarse cos demais, expresar os seussentimentos e afectos, desenvolver a súa sexualidade,etc.) e cren que o alcohol pode axudalos a satisfacelas.

>> O consumo de alcohol converteuse nun aspecto chave dacultura do lecer da mocidade, nun fenómeno de moda: ainxestión de bebidas alcohólicas cunha finalidade recreati-va ten unha importante dimensión económica e pasou aocupar unha posición relevante nas ofertas de lecer xuve-nil (arredor do 60% do diñeiro para gastos persoais quereciben os mozos destínase ao consumo de alcohol).Consumir alcohol as fins de semana está de moda entre osmozos, grazas a unha intensa actividade publicitaria, emoitos adolescentes e mozos non poden subtraerse a ela.Non saír de madrugada, non beber, pode significar paramoitos adolescentes estar á marxe do que se leva.

Page 15: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

O LECER É…

Page 16: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

e que son moi importantes

O ESPAZO DA NOSAVIDA QUE DEDICAMOS,DE XEITO VOLUNTARIO,A FACER DIVERSASACTIVIDADES QUE NOSSATISFÁN

PARA O NOSO DESENVOLVEMENTO

PERSOAL E SOCIAL.

Page 17: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

A IMPORTANCIA DO LECERNA SATISFACCIÓN DASNECESIDADES PERSOAIS

Page 18: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

O lecer é o espazo da nosa vida que dedicamos demaneira voluntaria a realizar diversas actividades quenos satisfán e que son moi importantes para o nosodesenvolvemento persoal e social. Nos momentosde lecer relacionámonos con outras persoas, inter-cambiamos sentimentos, opinións, experiencias,desenvolvemos as nosas afeccións e creatividade eparticipamos en actividades culturais e sociais.

Para os adolescentes a ocupación do lecer na fin de semanaten unha grande importancia, pois é nese espazo no que sereforza o sentido de pertenza e identidade grupal e no que sesatisfán diversas necesidades persoais (relacionais, afectivas,establecemento da identidade persoal e social, etc.). Tamén éun espazo no que, dunha maneira natural, se socializa a moci-dade, motivo polo cal é moi importante facilitarlles espazos delecer nos cales poidan, xunto a outros mozos, satisfacer assúas necesidades sen teren que recorrer ó consumo de alco-hol e doutras drogas ou a realiza condutas pouco saudables.

Con frecuencia os pais preocúpanse moito dos aspectos máisformais da educación dos fillos (os estudos, a alimentación, asaúde, etc.), pero ¿educamos os fillos para que realicenactividades saudables e gratificantes no seu tempo delecer? e neste sentido hai que ter en conta que o tempo dedi-cado ó lecer é un espazo de educación informal moi impor-tante, ao que tamén os pais deben prestar atención, pois nelse interiorizan normas, se trasmiten valores e actitudes, sefomentan determinadas capacidades e se practican activida-des que poden contribuír ao desenvolvemento físico, intelec-tual, afectivo e social dos fillos.

Page 19: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen
Page 20: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcohol¿DE VERDADE NOS PREOCUPA QUE

OS NOSOS FILLOS CONSUMAN

Page 21: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

O consumo de bebidas alcohólicas por partedos adolescentes é percibido como unha con-duta normal (“pero se beben todos”), non sópolos propios mozos que toman bebidas alcohóli-cas, senón tamén por parte dos pais e do conxuntoda sociedade, que contemplan con resignación ofenómeno. Todo isto a pesar de que a cultura dobbootteell llóónn está acompañada por frecuentes proble-mas.

Page 22: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

¡¡RECORDA!!Á VECES, O CONSUMO DE

ALCOHOLPROVOCA PROBLEMAS MOITO MÁIS GRAVES,COMO ACCIDENTES DE TRÁFICO,ABUSO E/OU DEPENDENCIA DO ALCOHOL OU

EMBARAZOS NON DESEXADOS.

Os efectos que derivan da inxestión de grandes cantidades debebidas alcohólicas nun curto período de tempo son múltiplese relativamente frecuentes: bebedeiras, pelexas, discusións econflitos con pais, irmáns ou amigos, dificultades para estudarou para traballar, etc. En ocasións o consumo de alcohol pro-voca problemas moito máis graves como accidentes de tráfi-co, problemas de dependencia do alcohol ou embarazos nondesexados.

A gravidade destes efectos fai que o consumo de drogas e oalcoholismo figuren como un dos tres principais problemasque a xuízo dos cidadáns ten a sociedade española. ¿Pero deverdade lles preocupa tanto aos pais que os seus fillosadolescentes consuman bebidas alcohólicas?, ¿porqué, entón, maioritariamente pensan que o problemadebe ser resolto polas institucións?, ¿ata onde chega aresponsabilidade dos pais diante deste fenómeno?.

Page 23: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

A POSICIÓN DOS PAIS

A posición dos pais diante do consumo de alcohol dos seus fillos/asleva implícitas habitualmente numerosas contradicións:

>> Unha alta porcentaxe de pais son bebedores, o que os limi-ta para abordaren de forma coherente os riscos intrínsecos aoconsumo de alcohol.

>> Existe, en xeral, unha actitude social tolerante fronte áinxestión de bebidas alcohólicas: moitos pais pensan que oconsumo de alcohol non leva consigo demasiados problemas(“todos bebemos na mocidade e non nos pasou nada”). A moi-tos pais non lles preocupa tanto que os seus fillos/as beban ouque se embebeden, como algúns efectos asociados (as pele-xas, os accidentes, etc.). De feito só unha minoría dos adoles-centes (20%) percibe unha actitude por parte dos seus pais deprohibición absoluta de consumir alcohol.

>> Hai certa tendencia a pensar que os problemas os teñen ouprovocan os outros: “o meu fillo/a é un bo rapaz/a, nonhai nada de malo en que se divirta. O malo é cando sexunta tanta xente”.

>> A presión social e as modas tamén inflúen nos pais: en oca-sións os pais temen impor normas que fagan os seus fillos dife-rentes (“non me parece ben o que fan, pero como saentodos os seus amigos/as non quero que pareza unbicho raro”) ou que lles fagan aparecer a eles como persoasautoritarias.

>> Mostran unha actitude permisiva diante da súa falta de decisiónpara afrontaren o problema: “que teñan o que nós nontivemos (liberdade, diñeiro, etc.), non hai nada de maloen que se divirtan”. Os pais son moitas veces conscientesdos problemas que tanto a nivel social (ruídos, atascos, sucie-dade, etc.) como doméstico (noites de vixilia paterna, mudan-

Page 24: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

zas nos horarios de certas actividades familiares, etc.) pro-voca a cultura do botellón, mais pensan que á fin e aocabo son os seus propios fillos e que dificilmente podenexercer presión social para buscar unha solución ao fenó-meno se non están en condicións de manexar o problemano seu propio fogar.

>> Moitos pais son conscientes de que non lles dedican aosseus fillos o tempo suficiente para interesarse pola súavida cotiá e tentan suplilo con outro tipo de atencións(diñeiro, excesiva flexibilidade nas normas, etc.).

>> Algúns pais delegan a súa responsabilidade na educacióndos seus fillos e esixen a outras institucións (a escola, apolicía, etc.) que resolvan o problema. Pais que se mostranincapaces de imporen un horario razoable aos seus filloscando saen da casa ou de evitaren que tomen bebidasalcohólicas, pretenden que o concello ou a policía contro-len un fenómeno de masas como o do botellón.

>> Existe unha importante crise nos modelos educativos,de maneira que moitos pais non saben como educaren osseus fillos: o modelo no que foron educados polos seuspais parécelles inaxeitado polo seu carácter autoritario,mentres que se debaten entre un estilo educativo demo-crático (todo se decide entre todos, a opinión dos fillos teno mesmo peso que a dos pais) ou o “deixar facer” (carac-terizado pola ausencia de normas).

Estas contradicións que afectan os pais son o froito das pro-fundas e intensas mudanzas que sufriu a sociedade española.Os pais están sometidos a moitas das contradicións e tensiónsque viven os seus propios fillos e con certa frecuencia sén-tense desorientados acerca de como actuar, pero cabe pre-guntarse ¿non estaremos contribuíndo desde a pasivi-

Page 25: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

dade a lexitimar algunhas condutas moi pouco sauda-bles nos nosos fillos?.

Poñamos un exemplo. Algúns pais, perante o temor de que osseus fillos/as regresen sós/soas á casa a altas horas damadrugada ou de que puidesen sufrir algún accidente, optanpor actuar como taxistas, unha conduta que sen dúbida osdeixa máis tranquilos e evidentemente contribúe a previralgúns problemas, pero ¿non serve de feito para que osseus fillos continúen saíndo e bebendo ata altas horasda madrugada?, ¿non sería máis lóxico que se os paisestiman que esa conduta comporta riscos elevados aprohibisen?.

Page 26: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

OS PAIS ESTÁN SOMETIDOS AMOITAS DAS CONTRADICIÓNSE TENSIÓNS QUE OS SEUSPROPIOS FILLOS VIVEN E AMIÚDO SÉNTENSEDESORIENTADOS ACERCA DECÓMO ACTUAR.

Page 27: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

TEÑEN UNHAENORME INFLUENCIA NASRELACIÓNS QUE SEESTABLECEN ENTRE OSDIFERENTES MEMBROS DAFAMILIA,

OS ESTILOS EDUCATIVOSPATERNOS

INFLUÍNDO NACAPACIDADE DOS FILLOSPARA MADURAR.

Page 28: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Non existe un único modelo ou estilo educativo,senón que cada familia utiliza uns mecanismos através dos cales se resolven as situacións da vidacotiá. Os estilos educativos paternos teñen unhaenorme influencia nas relacións que se establezanentre os diferentes membros da familia, influíndo nacapacidade dos fillos para madurar adecuadamente,afectando os seus niveis de autonomía persoal e asúa capacidade para poderen tomar decisións efica-ces diante dos problemas que se lles poidan pre-sentar.

Xeralmente diferéncianse tres grandes modelos educativos:

>> O modelo autoritario >> caracterizado pola imposición denormas ríxidas por parte dos pais, polo constante controldas actividades dos fillos e polo uso frecuente dos castigoscando as normas non se cumpren. Este estilo educativoasóciase coa falta de diálogo e de comunicación e cunclima familiar tenso, con escasas manifestacións de afecti-vidade entre os membros da familia e importantes caren-cias na maduración persoal dos seus fillos, que non estánacostumados a expresar e defender as súas opinións ou atomar decisións por si mesmos.

SOBRE O OFICIO DE SER PAIS

Page 29: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> O modelo “deixar facer” (laissez-faire) >> caracterizadopola falta de sistematización e coherencia nas normas e naorganización familiar, pola ausencia de normas e pautas deconduta e dun apoio e seguimento sistemático dos fillos.Os pais móstranse incapaces de responder aos retos davida cotiá e da educación dos fillos. A inseguranza e aincerteza dominan as relacións familiares.

>> O modelo de apoio >> caracterizado pola existencia dunhaactitude sensible cara ás necesidades cambiantes dos fillosnas súas diferentes etapas e de normas que regulen a con-vivencia, que foron consensuadas cos fillos. Utilízase máiso reforzo e a motivación que o castigo. O clima familiar érelaxado, con diálogo e mostras de afectividade entre osseus membros. Este modelo favorece a asunción de res-ponsabilidades propias polos fillos e potencia aptitudespara que poidan afrontar os problemas cotiáns.

Resulta evidente que o modelo educativo de apoio é moitomáis efectivo para culminar con éxito o papel de educadoresque teñen encomendados os pais. Pero debe terse en contaque, mesmo cando se mantén un estilo educativo baseado nodiálogo e apoio aos fillos, é imprescindible que os pais asumana autoridade que teñen sobre eles, aínda que esta se enten-da máis desde o acompañamento que desde a imposición.

Os pais deben ter moi presente que educar leva implí-cito pór límites. De feito, os fillos demandan ou esperan dospais que actúen como tales, quefixen normas e pautas, queorienten as súas vidas por máis que, como é natural, se encar-guen de discutilas ou de tentar transgredilas. O establece-mento de normas, de límites, é, pois, unha función intrínsecaao rol educador dos pais. De forma natural e desde a infanciaos pais van sinalando aos fillos o que poden e o que nonpoden facer para lograr o maior benestar posible. Do mesmo

Page 30: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

xeito que a un neno pequeno se lle sinala que debe ir para acama para descansar, corresponde aos pais establecer normasque eviten que aparezan consecuencias negativas asociadas acondutas como o abuso do alcohol (unha bebedeira, un acci-dente, unha pelexa, etc.) ou que lles impidan que ao díaseguinte poidan practicar deporte, comer coa súa familia ousimplemente estar descansados para enfrontar unha semana-de estudo ou de traballo nunhas condicións razoables.

Por definición, o exercicio da autoridade paterna leva implíci-ta a crítica e os desacordos continuos cos fillos. As decisiónsadoptadas polos pais serán cuestionadas sistematicamentepolos fillos. É, polo tanto, necesario, ademais de armarse depaciencia, non esquecer que na familia cada persoa ten un roldiferente, e que aos pais lles corresponde actuar como tales(por máis que algunhas das súas decisións non sexan moipopulares ou ben acollidas) e aos fillos actuaren como fillos(mostrando rebeldía, tentando cuestionar ou modificar as nor-mas, querendo experimentar novas sensacións á vez que de-sexan a protección e a seguranza familiar, sendo en sumamudables, contraditorios e, ao seu xeito, boa xente). De feito,a ausencia de roles claros e de normas familiares adoita serunha fonte habitual de numerosos problemas familiares esociais.

Debemos saber que, aínda que non o expresan, osadolescentes esperan dos pais que actúen como tales,por canto, discusións e conflitos á parte, a existenciade certas normas e pautas de actuación dálles seguri-dade e facilita a súa adaptación social.

Page 31: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen
Page 32: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcohol¿QUE PODEN FACER OS PAIS E AS NAIS PARA PREVIREN O USO E O ABUSO DE

Page 33: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Os pais e as nais teñen moito que facer naprevención do consumo de alcohol e doutrasdrogas. En esencia, a prevención é un procesoeducativo que pretende facilitar a aprendizaxe e amaduración persoal e social dos fillos, potenciar assúas aptitudes para enfrontarse ás situacións e aosproblemas na súa vida cotiá e que ten por finalida-de o fomento da autonomía persoal, a toma dedecisións e a capacidade de crítica, así como a cla-rificación e o fortalecemento de determinados valo-res.

Page 34: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Os pais e as nais poden levar a cabo diversas accións paramellorar a educación dos seus fillos e que, por tanto, axudarána previr o uso e/o abuso de drogas, entre as que se inclúen:

>> Manter unha boa relación afectiva cos fillos e transmitirllessentimentos de aceptación na familia >> Os afectos sonmoi importantes nas nosas vidas, sentirnos queridos eapoiados contribuirá de forma importante á nosa estabili-dade emocional, en especial en etapas como a adolescen-cia, onde se acentúan as inseguranzas e os temores. Poresa razón debemos ensinarlles aos fillos que aprendan arecoñecer e identificar as súas emocións e que as com-partan coa familia.

Os fillos necesitan sentirse queridos e aceptados porqueiso os fai sentirse máis seguros de si mesmos, por iso haique procurar, sempre que sexa posible, mostrar proximi-dade aos fillos, manifestando as nosas emocións e intere-sándose polas deles (“véxote triste, ¿pásache algo?”) eexpresando o noso afecto (cun bico, cunha caricia, cunhapalmada no ombro ou con palabras). Os fillos deben per-cibir que os pais están ao seu lado, que poden expresar-lles as súas dúbidas, opinións, desexos e temores.

Debemos interesarnos pola marcha das súas actividadescotiás (os seusestudos, o traballo, as súas relacións cosamigos e cos rapaces/as) e estar atentos aos problemasque lles xurdan, aínda que non nos parezan importantes(lembre que para os adolescentes problemas insignifican-tes para os adultos teñen unha enorme importancia).

>> Estimular a autoestima e a autoconfianza dos fillos, a súacapacidade para que establezan a súa propia identidadepersoal e para que a valoren e acepten >> Un adolescen-te cunha alta autoestima sentirase máis feliz e seguro de

Page 35: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

poder alcanzar as metas que se propoña, sendo menosdependente da influencia que poidan exercer sobre eloutras persoas. Para conseguilo é importante evitar xulgaros nosos fillos (“vale un inútil”), comparalos con outros (“oteu irmán si que é listo”), ridiculizalos, envergoñalos, ame-azalos ou eloxialos en exceso. Sempre que poida fomentea súa seguranza en si mesmos, facéndolles saber que cadavez están mellor preparados, que se encontran en mello-res condicións para superar con éxito os retos que se llesvaian presentando e, por suposto, valorando os progresosque realicen.

>> Desenvolver certas capacidades e habilidades persoais esociais nos nosos fillos >> Educar é, en gran medida, capa-citar os fillos, facilitarlles recursos para que poidan afron-tar de maneira eficaz situacións da vida cotiá. Moitas des-tas capacidades ou habilidades persoais e sociais son fun-damentais na prevención do consumo de drogas:

>> Ensine aos seus fillos a manexar o estrés e as pre-sións ás que poidan estar sometidos.

>> Ensínelles a resistir a frustración, a que non semprepodemos ter ou conseguir o que queremos, aínda que conesforzo quizá sexa posible logralo máis tarde.

>> Favoreza a súa autonomía e liberdade persoal, ensi-nándolles a controlar e manexar a presión que poidanexercer sobre eles os amigos ou a publicidade.

>> Ensine aos seus fillos a establecer e manter relaciónscon outras persoas, a que se comuniquen e relacionen conamigos.

>> Facilítelles que aprendan a tomar decisións, que identi-fiquen todas as opcións posibles e as vantaxes e inconve-nientes de cada unha a curto e longo prazo antes de toma-ren unha decisión.

Page 36: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> Dialogar e comunicarse cos fillos, coñecelos e saber calesson as súas necesidades >> Manteña unha comunicaciónaberta e fluída cos seus fillos, que sexa un costume falarco resto da familia das súas vivencias, preocupacións ouproblemas cotiáns. Como se sinalou, a educación significaacompañamento e apoio aos fillos nas súas distintas eta-pas vitais e a comunicación é un instrumento esencial paraemprender este labor. Escoite e razoe cos seus fillos, coñe-za as súas opinións, aínda que non as comparta.

A comunicación, ademais de facilitar as relacións familiares,contribúe á socialización dos seus integrantes. Na familiasuscítanse situacións semellantes ás que cada un dos seusmembros deben facer fronte no seu traballo, no instituto ouno grupo de amigos, servindo como campo de adestramen-to para que os fillos aprendan a verbalizar as súas propiasopinións, para que perciban e incorporen certos valores (aamizade, a solidariedade, o respecto aos outros, etc.) e acti-tudes perante aspectos da súa vida. A comunicación é unhaferramenta educativa moi importante que debe ser coidada,lembrando sempre que unha boa comunicación esixe saberescoitar, ser asertivos, facer e aceptar as críticas.

>> Informar e sensibilizar os seus fillos sobre as drogas e osefectos asociados ao seu consumo >> As fontes polascales os adolescentes obteñen información sobre as dro-gas e os efectos asociados non sempre son as máis axei-tadas (medios de comunicación, amigos, irmáns, etc.), poriso os pais, xunto cos profesores, deben asumir a respon-sabilidade de trasmitir aos seus fillos unha informaciónobxectiva sobre elas, que, evitando alarmismos inxustifica-dos, permita coñecer os efectos e problemas asociados aoseu uso, así como as razóns que o fan desaconsellable.

Para poder abordar esta tarefa, os pais e as nais debeninformarse previamente, para o que dispoñen de diversos

Page 37: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

materiais didácticos e dunha oferta de formación que secanaliza a través de cursos que organizan institucións quetraballan no campo da prevención. Non é necesario ser unexperto en drogodependencias para poder falar cos fillosde certos problemas que comporta o consumo de alcohol(accidentes de tráfico, problemas de dependencia, proble-mas físicos, dificultades para estudar, etc.), dos que segu-ro pode encontrar algún exemplo no seu medio social.

A información que faciliten aos seus fillos debe ser obxec-tiva e certa (evitar frases como “todo aquel que bebeacaba tendo problemas de alcoholismo”), clara e adaptadaás necesidades de cada idade (aos fillos máis pequenosnon terá sentido falarlles das drogas ilegais e si de subs-tancias como o tabaco ou o alcohol que teñen mais próxi-mas).

>> Converterse nun modelo de saúde para os seus fillos >>Os pais e as nais teñen unha enorme influencia sobre oshábitos dos fillos, por iso é moi importante que se conver-tan en modelos de saúde para eles, desenvolvendo aque-las condutas que desexarían potenciar nos seus fillos. Ospais deben salientar diante dos fillos a importancia demanterse sans, coidando a alimentación e a hixiene per-soal, realizando deporte e evitando comportamentos queprexudiquen a saúde, en particular o consumo de subs-tancias como o alcohol, o tabaco e outras drogas.

Debemos procurar manter coherencia entre os valores epautas de conduta que tentamos transmitir aos nosos fillose o noso propio comportamento. Evidentemente, os paisserán mellores modelos na medida en que prediquen coexemplo. Cada vez que fumen ou beban alcohol en pre-sencia dos seus fillos, ou cando non o fan, actúan comomodelos negativos ou positivos para eles.

Page 38: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> Potenciando valores sociais positivos >> O proceso deaprendizaxe ou de socialización leva consigo a incorpora-ción de certos valores sociais, que se potencian ou trans-miten desde diferentes instancias (a familia, a escola, osamigos, os medios de comunicación, etc.). A instauraciónde valores é un elemento clave da educación, posto quedalgunha maneira orientan as nosas vidas e condicionan onoso comportamento.

Algúns valores sociais como a hipercompetitividade, o indi-vidualismo, o hedonismo ou o consumismo actúan comoelementos facilitadores ou indutores do consumo de dro-gas. Por iso a familia debe colaborar na transmisión devalores como a liberdade, o respecto aos demais, a solida-riedade, a superación persoal, etc., que, ademais de con-tribuíren ao axeitado crecemento persoal dos fillos, actúanprevindo o consumo de drogas.

Este labor non sempre resulta sinxelo para os pais, pois apublicidade e o medio social potencian con frecuenciavalores contrarios. Debemos ter en conta que a transmi-sión de valores aos fillos non só se realiza mediante a ver-balización ou comunicación deles, senón a través daobservación ou da imitación das actuacións cotiás dospais.

>> Establecer normas axeitadas que regulen a vida familiar >>Aos pais correspóndelles fixar normas que regulen a vidafamiliar e a conduta dos seus fillos, indicando qué tarefasdeben realizar (estudar, colaborar nas tarefas domésticas,etc.) e marcando límites que impidan certos comporta-mentos. O establecemento de normas é básico porqueordena a nosa vida social, facilitando a convivencia e a res-ponsabilidade persoal. Pero ademais, diversos estudospuxeron de manifesto que o seguimento das normas fami-liares xerais, e en particular a existencia por parte dos pais

Page 39: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

de normas claras impedindo o consumo de bebidas alco-hólicas, móstrase como un factor de protección fronte aoconsumo desta substancia.

As normas que establezan os pais deben ser razoables(evitando sempre que sexa posible como argumento o“porque o digo eu”), realistas (teñen que poder ser cum-pridas), adaptadas á idade e ás características dos fillos,claras, firmes (non poden mudarse constantemente oudeixarse de cumprir en función do estado de ánimo dospais) e coherentes (non se pode impedir a un fillo o quese lle permite a outro polo simple feito de que, por exem-plo, teñan diferente sexo). Debe quedar claro que o res-pecto ás normas ou o seu incumprimento terá consecuen-cias en forma de premio ou de recoñecemento ou castigo.

Hai unha norma, que reúne as características anteriores,que poden adoptar os pais coa seguranza que contribuiráa previr o consumo de alcohol entre os seus fillos: “men-tres sexades menores de idade queda prohibido, baixo nin-gunha circunstancia, consumir bebidas alcohólicas. Oincumprimento da norma castigarase coa prohibición desaír as fins de semana durante un mes”.

O tipo de normas e o seu grao de concreción variará enfunción da idade e o grao de responsabilidade dos nososfillos. Ao principio as normas serán mais ríxidas, ata queprogresivamente se vaia flexibilizando a súa interpretación(desde o “ás seis apágase a televisión” ata o “procura irpara a cama cando acabe o filme, que mañá debes madru-gar para preparar o exame”). Á medida que os nosos fillossexan máis responsables e independentes as normasserán menos ríxidas.

Debe lembrarse que aínda que os pais son os que teñen aautoridade para fixar as normas, estas serán moito máiseficaces se se razoan e se explican aos fillos.

Page 40: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> Promover alternativas de lecer saudables >> O lecer tenunha grande importancia nas nosas vidas, posto que é otempo que dedicamos libremente a realizar unha serie deactividades que nos resultan gratificantes. Pero o tempode lecer pode ser, ademais dun espazo para a diversión, unespazo para a consolidación de hábitos saudables, para aeducación desde contextos informais. Cando os nososfillos xogan ao baloncesto, ademais de faceren exerciciorelaciónanse con outros rapaces/as, aprenden a traballaren equipo, interiorizan valores como a constancia, a supe-ración persoal, etc.

Os pais poden favorecer que os seus fillos utilicenadecuadamente o seu tempo libre:

>> Estimulando o desenvolvemento de certas afec-cións e hábitos (o seu interese por algún deporte ouactividade artística ou cultural, etc.).

>> Axudándoos a programa-lo seu tempo libre, rea-lizando suxestións de actividades que poderíanlevar a cabo (en ocasións, os fillos afirman que seaburren, tan só porque non se molestan en planifi-car que facer, de revisar posibles actividades queteñen ao seu alcance).

>> Actuando como modelos de lecer saudables(compartindo con eles algunha actividade delecer).

>> Favorecendo a súa participación nas asociaciónsxuvenís, culturais, deportivas, ecolóxicas, etc. ouen proxectos ao servizo da comunidade (colabora-ción como voluntarios, etc.).

Page 41: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Finalmente, sinalaremos que os pais deben evitar algunhascondutas que non axudan en absoluto a previr o consumo dealcohol e doutras drogas:

>> Falar sen escoitar as opinións e as vivencias dosfillos.

>> Ignorar ou menosprezar os seus problemas.

>> Adoptar actitudes excesivamente coactivas ouautoritarias, que limiten en exceso a liberdade dosfillos.

>> Evitar que o fogar familiar sexa un espazo enconstante tensión.

>> Facer que dependan excesivamente dos paispara todo.

>> A existencia de contradicións entre o pai e a nairespecto a como educar os fillos (que un adopteposicións ríxidas e o outro demasiado permisivas).

Page 42: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

A PREVENCIÓNÉ UN PROCESOEDUCATIVO QUE PRETENDEFACILITAR A

APRENDIZAXE E AMADURACIÓN PERSOAL ESOCIAL DOS FILLOS.

Page 43: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen
Page 44: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcoholALGUNHAS CUESTIÓNS PRÁCTICAS E SUXESTIÓN

Page 45: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

A continuación ofrécense algunhas suxestións en relación coshábitos de lecer e de consumo de alcohol ás que deben facerfronte os pais.

>> O manexo do diñeiro >> En xeral, para un adolescen-te ou un mozo o diñeiro asignado polos seus paispara os seus gastos persoais, sexa cal sexa a canti-dade, nunca será suficiente, pois polas súas propiascaracterísticas pretenderá facelo todo ou, influídospolas modas e a publicidade, consumilo todo.Ademais, é preciso ter en conta que unha parte importan-te das asignacións económicas que as familias realizan aosseus fillos para gastos persoais (uns 9,92 euros semanaiscomo media aos escolares de 14 anos e 21,34 euros aosde 18 anos) se destinan á adquisición de bebidas alcohóli-cas e tabaco. Numerosos mozos recoñecen que non con-somen máis alcohol porque non teñen máis diñeiro.

Os pais deben ser conscientes de que a asignación demaiores cantidades de diñeiro para gastos persoais pode-ría contribuír indirectamente a intensificar o consumo debebidas alcohólicas.

¿Cómo abordar este tema? ás cantidades que se asig-nen deben establecerse tendo en conta tres criterios bási-cos:

>> As posibilidades económicas da familia.

>> O grao de cumprimento das normas e das obrigaciónsimpostas na familia (estudos, tarefas domésticas, etc.), deforma que a maior responsabilidade no cumprimento des-tas maior sería o importe e a liberdade na xestión das asig-nacións para gastos persoais dos fillos. Con iso consegui-ríase que a “paga” servise para reforzar o cumprimentodas normas e actuarase acilitando unha progresiva auto-nomía no manexo do diñeiro.

Page 46: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> As actividades que realicen os adolescentes: os paisdeben coñecer que actividades levan a cabo os seus fillosnos seus momentos de lecer, (¿que van facer a fin desemana?, ¿canto lles custa ir ao cinema?, ¿canto gastan entransporte?, ¿son razoables estes gastos?), valorar seestas son axeitadas e, sendo o caso, tentar satisfacelas.

Sería ademais conveniente coñecer se outros membros dafamilia realizan asignacións complementarias (avós, tíos,irmáns maiores, etc.) para pactar con eles o seu importe ea forma de canalizalas (pódese regalar un disco ou un libroen lugar de diñeiro, ou suxerir que este se destine ao afo-rro para cubrir gastos excepcionais: unha viaxe, unhaszapatillas, etc.).

No caso de que se teña constancia de que unha parte dasasignacións se destinan ao consumo de bebidas alcohóli-cas, deberían reducirse as mesmas, para así explicitar orexeitamento dos pais a esta conduta. Non facelo suporálanzar a mensaxe de que se tolera ou acepta o consumo.

Unha prevención: non importa o diñeiroque lles dean aos seus amigos. Que os seuspais ou familiares lles dean unha asignaciónmaior non significa nada (quizá só queteñen máis medios ou que son máis des-preocupados), sen que por iso sexan mello-res pais ou que eduquen mellor os seusfillos.

Page 47: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> O horario de regreso á casa >> O establecemento dahora de regreso a casa adoita ser un motivo de dis-puta habitual entre pais e fillos, os últimos tentan-do levar o límite o máis lonxe posible. É necesarioque os pais establezan horarios razoables de regreso ácasa, negociados cos fillos cando isto sexa posible, adap-tados á idade, ás características de cada adolescente emozo (ao seu grao de madurez) e a determinadas cir-cunstancias especiais (existencia ou non de transportespúblicos, residencia en núcleos urbanos ou rurais, etc.). Oshorarios, como calquera norma, deben ser estables (fíxan-se para seren cumpridos), sen que iso impida que, diantedun acontecemento singular, poidan verse alterados (o díado aniversario, un concerto musical, etc).

Os horarios fixados deben permitir compatibilizar a prácti-ca das súas actividades de lecer co mantemento dun esti-lo de vida saudable, de forma que non impidan o axeitadodescanso ou que se vexan alteradas certas dinámicasfamiliares (comer todos xuntos) ou o desenvolvemento decertas rutinas (estudar, etc.).

Á medida que os fillos vaian mostrando un maior grao deresponsabilidade deberemos ir flexibilizando progresiva-mente as normas, posto que pretendemos en último extre-mo que os nosos fillos se responsabilicen das súas propiasaccións e decisións. Pero hai que ter presente que o maiorgrao de madurez e de autonomía esixe como contraparti-da o cumprimento das obrigacións familiares (chegar ácasa tarde non pode converterse por exemplo en pretextopara non colaborar na limpeza ou na compra).

Page 48: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Algunhas prevencións:

>> Para os adolescentes é posible que cada día ou fin desemana exista un acontecemento especial que xusti-fique a prolongación da hora de regreso á casa, dexeito que a norma deixaría de surtir efecto. Non entrenese xogo perigoso.

>> Os seus fillos sinalaranlle que todos os seus ami-gos/as chegan máis tarde á casa ca eles. É probableque sexa mentira ou simplemente unha táctica paraprolongar a hora de regreso á que son sometidos portodos os pais. Pregúntese ¿non é lóxico que algúndos amigos sexa o primeiro en volver? e sexa perse-verante no cumprimento da norma que regula a horade regreso á casa dos seus fillos.

Un consello: fale cos pais dos ami-gos dos seus fillos e fixe unha horade referencia de regreso á casa parao grupo se é posible ou se está deacordo con eles. En calquera caso,lembre que son os pais os responsa-bles de tomar a decisión final. Sexaequilibrado na súa decisión, non llesimpida saír aos seus fillos, pero pre-gúntese qué poden facer a determi-nadas horas da noite.

Page 49: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

>> Sobre a conveniencia de non beber nin fumar en presenzados fillos >> Os pais teñen unha enorme influencia noshábitos dos fillos. Un dos procesos básicos da aprendiza-xe constitúeo a imitación, de tal forma que os pais e outraspersoas ás que os adolescentes lles asignan un rol relevan-te (mestres, irmáns, líderes xuvenís, etc.) actúan comomodelos a imitar, moitas veces de forma inconsciente. Poresta razón é moi importante ser coidadosos cos nosos hábi-tos, evitando tomar bebidas alcohólicas ou fumar.

Deste modo non só actuamos como modelos de saúde,senón que as nosas indicacións, suxestións e advertenciassobre os riscos asociados ao consumo de alcohol resulta-rán moito máis cribles para os nosos fillos. Se a pesar detodo vostede bebe ou fuma, procure non facelo en pre-senza dos seus fillos ou ben realizar un uso moderado des-tas substancias cando eles estean presentes; deste modoevitará caer na contradición de prohibir aos seus fillos queabusen do alcohol mentres vostede o fai.

>> As contradicións entre as posturas dos pais diante do con-sumo de alcohol e as actividades de ocio na fin de sema-na >> Non deben existir contradicións entre os paisnos aspectos básicos da educación dos fillos, nininterpretacións máis ou menos flexibles ou duraspor parte dalgún deles respecto ás normas estable-cidas. As normas deben ser claras e están para serencumpridas e se non foron pactadas entre os pais ou nonse está seguro de esixir o seu cumprimento, non as esta-bleza, porque perderá credibilidade e autoridade diantedos seus fillos. Se os fillos perciben a existencia de desa-cordos terán un pretexto moi útil para xustificar o incum-primento das normas.

Os pais deben consensuar unha postura común peranteaspectos tales como a resposta para dar ao consumo de

Page 50: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

alcohol dos seus fillos (¿váiselles prohibir terminantemen-te o seu uso?, ¿vaise tolerar un consumo puntual oumoderado?, ¿que resposta van adoptar perante a eviden-cia de que abusan do alcohol?) ou sobre as normas res-pecto ao lecer da fin de semana (horarios de regreso,etc.).

>> Fale cos pais dos amigos dos seus fillos e, se pode, esta-bleza algunhas normas comúns para o grupo de amigos>> Moitos dos problemas e das dúbidas que se pre-sentan en relación coa educación dos seus fillos e,en concreto, co manexo do lecer na fin de semana,son comúns para a maioría dos pais. Por esta razón,falar cos pais dos amigos dos seus fillos sobre determina-dos aspectos da súa vida (a marcha nos estudos, as acti-vidades que realizan na fin de semana, a que hora saen eregresan á casa, canto diñeiro necesitan nas súas saídas,etc.) pode ser unha medida acertada para contrarrestaralgunhas estra-texias ás que con certa frecuencia recorrenos fillos para saltar certas normas, posto que a pertenza ea lealdade ao grupo pode esixirlles condutas que contradínas pautas e as normas dos pais.

Frases como: “pois o meu amigo/a Zutanito/a ten permisopara volver á casa unha hora máis tarde ca min” ou “sem-pre teño que ser o/a primeiro/ a en ir para a casa, parezoun bicho raro”, son moi frecuentes entre os adolescentes.Con moita probabilidade estas frases son repetidas portodos os amigos/as do seu fillo/a aos seus respectivos paispara conseguir prolongar a hora de regreso casa.

Os encontros informais con outros pais (como as reuniónsde pais no colexio ou as actividades deportivas ou cultu-rais dos seus fillos), se non ten unha confianza suficientecomo para establecer un contacto directo con eles, podenservir para intercambiar impresións sobre os seus fillos e

Page 51: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

os seus hábitos de lecer e tentar fixar algunha normacomún ao respecto, evitando deste modo ser manipula-dos.

>> Fale cos seus fillos sobre os hábitos de lecer e de consu-mo de alcohol e outras drogas no seu grupo de amigos >>Fale con naturalidade do tema, teña a seguranza deque os seus fillos o fan cos seus amigos, que é untema presente dunha maneira ou outra no seumedio e que perciben con relativa normalidade.Cuestións como o consumo de bebidas alcohólicas e outrasdrogas ou as relacións sexuais adoitan preocupar habi-tualmente aos pais, pero con frecuencia son evitados pen-sando que “aínda é cedo para abordalos cos fillos” ou que“ao noso/a fillo/a non lle fai falta porque non ten este pro-blema” ou que “seguro que xa o trataron no instituto”.Case con seguranza, se vostede dubida de se debería ounon falar do tema cos seus fillos, é que debe facelo. Teñasempre en conta que, se vostede non lles facilita a infor-mación, a conseguirán por outras vías, probablementemenos axeitadas.

Cando trate cos seus fillos estes temas evite facer pregun-tas cun ton que poida ser percibido como policial, penseque o que lles interesa aos pais é saber se no grupo dosamigos dos seus fillos é habitual o consumo de alcohol enon o nome dos que beben. Lembre, alén diso, que ogrupo é moi importante nestas idades e a lealdade a estelevarao frecuentemente a non contarlle toda a verdade.Adopte unha actitude aberta, pregúntelles qué opiniónteñen das distintas substancias, por que cren que se con-somen, se consideran que o seu uso supón algún proble-ma ou perigo potencial, se estas opinións son compartidaspolos seus amigos, se coñecen rapaces da súa idade quefumen ou beban ou se son frecuentes estas condutasentre os seus amigos.

Page 52: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Cando aborde estes temas cos seus fillos procure facelosen dramatismos, elixa momentos apropiados nos que poi-dan dialogar con tranquilidade, utilice unha linguaxe sin-xela, apoiada en exemplos concretos e próximos e fagafincapé nas vantaxes que supón non consumir alcohol(sentiraste mellor, custarache menos estudar ou traballar,a túa saúde non se resentirá, evitarás facer o ridículo,estarás máis guapo/a, serás máis libre para decidir o quequeiras, aforrarás diñeiro para outras afeccións, evitarásproblemas que poden ser graves, etc.) en lugar de “ser-monear” ou repetir constantemente os problemas que pro-duce o consumo de alcohol e as restantes drogas.

Responda ás preguntas que os seus fillos poidan facerlle,tendo en conta que a información que se lles facilite debeadaptarse á súa idade e ás características persoais, demodo que, por exemplo, cos máis pequenos só terá senti-do en xeral falar de substancias como o tabaco ou o alco-hol.

A medida que os fillos vaian amosando

UN MAIOR GRAO DE RESPONSABILIDADE,

FLEXIBILIZAREMOS,PROGRESIVAMENTE,AS NORMAS.

Page 53: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

SON UNHAS POTENTES FERRAMENTAS PARAPREVIR OS CONSUMOS DE ALCOHOL.

é PREVIR

se ten calquera problema relacionado co consumo do alcohol

NON O DUBIDE, solicite orientación e axuda

para superalo.

OS PAIS/NAISNON ESTÁN SÓS/SOAS

APOIO AOSFILLOS/AS

EDUCAR

O APEGO FAMILIAR E AACTITUDE PATERNA DE

Page 54: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen

Se ten algunha dúbida ou se na súa familia existe algún problemarelacionado co consumo de alcohol, no dubide en solicitar axuda.Para isto, pode dirixirse ao responsable do Programa dePrevención e Incorporación Social ou a Unidade Asistencial deDrododependencias máis próximo o seu domicilio.

AXUDAS?¿A ONDE PODEN DIRIXIRSE PARA OBTER

Page 55: alcohol - boqueixon.gal · a ocupación da rúa nas fins de semana e o ritual do bote-llónsérvelles para delimitar que ese é o seu “territorio” e que nel os adultos non teñen