amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura...

36
ANO XXX - NÚMERO 218 maio - xuño 2012 30 1982-2012

Transcript of amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura...

Page 1: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

ANO XXX - NÚMERO 218 maio - xuño 2012

301982-2012

Page 2: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 3: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A M E N C E R editan:

REALSEMINARIO CONCILIARDE SANTA CATALINA

eASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 227740 - MONDOÑEDO (Lugo)

director:VICTOR AMIEIRO MASEDA, 4º ESO

subdirector:LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

redactor xefe:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 2º ESO

consello de redacciónXAIRO FORMOSO PENA, 4º ESOCRISTIAN FERNANDEZ LÓPEZ, 3º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESOERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 1º ESODANIEL DÍAZ VILLAMEL, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 218maio - xuño

2012

taboleiro

. tapa: ¡Bo verán!

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. falamos con... Alejandro Piñón Espasandín, 3

. a carón do lume, 9

. follas novas, 11

. os nosos escritores: Benjamín González Quelle, 13

. escolma, 16

. faise saber..., 23

. 30 anos, 25

. colaboración, 27

. chispa, 29

. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

Page 4: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

Chegamos ó remate deste curso 2011/2012 e nóstamén acabamos a nosa misión á fronte da revista Amencer.En setembro elexirase un novo consello de redacción, unnovo director...

Os que neste curso tivemos o cometido de levar adianteAmencer cumprimos o programa que nos propuxéramos aprincipio de curso: sacar cinco números, un cada dous me-ses. Isto foi posible pola colaboración de todos, polas axudaseconómicas da Vicepresidencia primeira da DeputaciónProvincial de Lugo, do Ámbito Cultural de El Corte Inglés,dos socios ordinarios e honorarios da Asociación CulturalAmigos de Amencer e doutros colaboradores. Vaia, pois,para todos a nosa máis fonda gratitude.

Nós despedímonos. Todas as despedidas son tristes,pero confiamos que nos primeiros días de novembro -o díanove- vexa a luz o número 219 de Amencer, dedicado aManuel Leiras Pulpeiro co gallo de cumprírense ese día oscen anos do seu pasamento. Este número xa o farán osnovos responsables.

O facho de Amencer debe permanecer aceso. Confia-mos en que así sexa.

¡Bo verán! ¡Boas vacacións!

a redacción

Pódese consultar AMENCER en:http:www.mondonedoferrol.org/amencer.htm

Page 5: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 3 -

A M E N C E Rfalamos con...

«O día da ordenación sentínme moifeliz, polo paso que estaba dando»

«O que máis me gusta deser sacerdote é que coneste ministerio se podefacer moito ben á xente»

ALEJANDRO PIÑÓN ESPASANDÍN, Vigairo Parroquialde Santa María de Caranza (Ferrol)

Rotulou:MANUEL TRIGO BELLO, 3º ESO

Page 6: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 4 -

A M E N C E R falamos con...

- ¿Por que decidiches ser cura?

- Porque sentín que quería estar aoservizo de Deus e da Igrexa todo o tempo damiña vida, dunha forma máis entregada,ofrecendo todo o que son e todo o meu tempoó servizo do anuncio da Boa Nova.

- ¿A que anos comezaches a pensaren ser cura?

- Aínda que sempre admirei a figura dosacerdote, non me plantexei selo ata os vinte

e dous ou vinte e tres anos, que foi candopensei seriamente en cómo o meu futuro pro-

fesional podía afectar á miña vida de fe.

- ¿Como descubriches a túa voca-ción?

Alejandro Piñón Espasandíné un rapaz da parroquia de NosaSeñora do Rosario de Ferrol quefoi ordenado sacerdote polo Bispoda Diocese, Monseñor SánchezMonge, o pasado día dezaoito demarzo, na Santa Igrexa CatedralBasílica de Mondoñedo.Na actualidade é VigairoParroquial de Santa María deCaranza, na cidade de Ferrol.Con el mantivemos a seguinte conversa:

Sentín quequería estar ao

servizo de Deuse da Igrexa todo

o tempo da

miña vida,dunha forma

máis entregada

Page 7: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 5 -

A M E N C E Rfalamos con...

- Cando estaba a piques de rematar

a carreira de Enxeñeiro Técnico en

Estruturas Mariñas, e despois de ter bota-

do un tempo con menor implicación na

miña parroquia, descubrín primeiro que

non podía vivir sen Deus e despois que o

anuncio da Boa Nova do Reino e o traballo

pastoral son o centro da miña vida.

- Cando decidiches ser cura¿Cómo reaccionaou a túa familia?

- O principio non moi ben, porque que-rían que rematara primeiro a carreira. Des-

de o seminario acabeina e hoxe en díaalégranse comigo da miña vocación.

- ¿Custouche moito madurar a ideade ser cura?

- Levou o seu tempo pero cando o

Espírito actúa non te das conta, pero fai o

Cando estaba apiques de rematara carreira,descubrínprimeiro que nonpodía vivir senDeus e despoisque o anuncio daBoa Nova doReino e o traballopastoral son ocentro da miñavida

Debuxou:

BRUNO ESTEVES FERNÁNDEZ, 4º ESO

Page 8: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 6 -

A M E N C E R falamos con...

seu traballo. Durante un ano fun sentindo

como o querer ser cura foi gañando terreo a

o formar unha familia.

- ¿Que persoas che axudaron a irdescubrindo a túa vocación?

- Foron moitas, pero principalmente D.

Gonzalo Folgueira o que era o meu párroco,Chus Pita (Filla de Cristo Rei)...

- De non ser sacerdote ¿que chegustaría ser?

- Calquera cousa na que poda axudará xente.

- ¿Como te sentiches o día da orde-nación?

- Moi feliz, polo paso que estaba dan-do. A miña mente estaba máis no que cele-braba que nos detalles da celebración. Teñoque recoñecer que en varios momentos pen-saba en cómo sería todo a partir do díaseguinte.

- ¿Cal foi o momento máis emocio-nante na túa ordenación?

- Supoño que o mesmo que para todos:

a imposición de máns de cada un dos sa-cerdotes. Pois o sentir a continuidade do mi-nisterio de Cristo a través dos que hoxe son

os meus irmáns e compañeiros no

presbiterado é algo que me emociona moito.

Durante un anofun sentindo

como o quererser cura foi

gañando terreoa o formar unha

familia

O día daordenación

sentínme moi

feliz, polo pasoque estaba

dando.

Page 9: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 7 -

A M E N C E Rfalamos con...

- ¿Que é o que máis che gusta de sercura?

- Non sabería que dicir. Todo o que fago,que é moi variado, éncheme moito. Quizaiso que máis me gusta é que con este ministe-rio se pode facer moito ben á xente, máis doque moitos poidan imaxinar: pois todo omundo busca dar sentido á súa vida e nóscompartimos o sentido da nosa (Deus enCristo). A peculiaridade é que o facemos en

diversos tipos de momentos, sobre todocando a xente é máis vulnerable e necesitarespostas, escoita, acollida... en definitiva

sentir que amor de Deus os acompaña.

- ¿Como é un día calquera na túavida?

- Ningún día é igual. Pero o día máis

tranquilo que teño normalmente fago o

O que máis megusta é que coneste ministeriose pode facermoito ben áxente, máis doque moitospoidan imaxinar

Procuro buscaralgún momentopra rezar

Ordenación na Catedral de Mondoñedo

Page 10: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A M E N C E R

- 8 -

falamos con...

seguinte: Pola mañá cedo rezo laudes co

meu compañeiro Antonio (o Vicario) e

despois almorzamos xuntos; de seguido

limpeza do cuarto e dalgún rincón máis da

casa; o resto da mañá queda para a folla

parroquial, tarefas diferentes para a parro-

quia, para algunha delegación (normalmen-

te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), ealgunha lectura para a tesina. Ao mediodíavou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo-tes, logo dun pequeno descanso electrónicoe sigo traballando nas cousas que teña polatarde. Procuro buscar algún momento pra re-zar. Logo despacho, misa e reunións dos gru-pos parroquiais. Despois cea e descanso(que falta fai) Este sería o horario base, peronormalmente vese afectado por reunións eretiros e saídas que teña que facer.

- ¿Como afrontaches estes mesescomo sacerdote?

- Con moita ilusión e ganas de traballarpolo Reino.

- ¿Que nos dis a nós, alumnos do Se-minario menor?

- Que non teñades medo nunca depreguntarlle o Señor que quere de vós e se

vos chama ao sacerdocio ou vida consagra-da que non vos avergoñedes e vos atrevades

a decir si.

JACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESODIEGO CORNIDE YANES, 2º ESOJUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO

Afrontei estesmeses de

sacerdote conmoita ilusión e

ganas detraballar polo

Reino

Diríavos que seo Señor vos

chama aosacerdocio

ou vidaconsagradaque non vos

avergoñedes evos atrevades a

decir si

Page 11: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A M E N C E R

- 9 -

a carón do lume

Rotulou:DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 3º ESO

Miña sogra morreu onte,deixoume o caldo na ola.Imos comendo o caldiñoque se morreu que se amole.

Este ano heime casaranque seña cun raposo.Heille de afeitar o rabopra que sexa donairoso.

O paxaro condo chovemete o rabo na silveiraasí fan as boas mozascando non hai quen as queira.

Ai de min que son as docee o meu marido non vén;quen será esa picaronaque entretido mo ten.

CANTIGAS

Recollidas en ZOÑÁN (Mondoñedo)por JUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO,

a quen llas dixo súa avoa Victoria López.

Page 12: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 10 -

A M E N C E R a carón do lume

LENDA DE GUATEMALA

Contan que en Comapa (Guatemala), debaixo do pobo, habitaunha das tres serpes xigantes. Vive na lagoa de Güija. Outra atópaseen Caperrosa e a última na lagoa de Allarja. Cando estas tres cobrasse moven, os volcáns expulsan lava e a terra abala. Os máis vellos dolugar contan que as serpes xigantes foron froito da alianza entre unhaxove e o mesmo demo.

Recollida en ZOÑÁN (Mondoñedo)por JUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO, a quen lla dixo súa nai Ana Chávez Ramírez.

ADIVIÑAS

* Abre de noite e pecha de día

* Verde por fóra e branca por dentro

* Verde é o meu nacemento, amarelo o meu vivir e vístome debranco porque agora vou morrer.

* De día, cheos de carne e de noite, coa boca aberta

* Que cousa é que che dá na cara e non o ves.

* Na horta de meu avó, hai un animal francés que ten dentes enon ten moas, que ten cabeza e non ten pés.

* Redondiña, redondela e non ten porta nin cancela.

Recollidas en VILALBA porFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

(a zoca)

(a pera)

(o tabaco)

(os zapato),

(o vento)

(o allo)

(o ovo)

Page 13: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 11 -

A M E N C E Rfollas novas

CANTIGA DE AMOR

Amor de tarde e de marno meu lar.

Amor de tarde no meu lar,e no mar.

Amor de tarde en Burelacon ela.

Amor de tarde perdidoco meu amigo.

JUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO

POEMIÑA

Fermosas estrelas de ouro.

De prata non hai ningunha.Eu quero unha escaleira

para subir ata a lúa.

JACOBO CHAO LOMBARDERO, 2º ESO

Rotulou:CRISTIAN CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 14: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 12 -

A M E N C E R follas novas

¿PATRICIA?

- Si, Patricia, a camareira que ten o pelo roxo e crecho, cadeirasanchas, brazos grosos, mans pequenas e nocellos torpes.

- ¡Ah! refíreste a esa Patricia. Si, xa, pero olvidáschete de dicir:os seus enormes ollos verdes, a súa pel tensa e de cor crema suave,o seu doce sorriso e a tatuaxe que sempre esconde, iso da bolboretaque ten no nocello que pon nas ás Violeta (a súa nai) e Pedro (seupai).

- Carai, si que a coñeces. ¿Que máis sabes dela?- A súa maneira de ser é agradable e coma unha nena que sabe

darche boas respostas co seu carácter cómplice. É deportista,xogadora de equipo, boa filla...

- ¿Sabes que é o que máis lle gusta?- ¡Si!, é amiga de Iqbal, aínda que non moi íntima, xa que non lle

conta todos os seus segredos.- Pois se é tan... tan... tan todo, ¿por que a min non se me abre?- Porque é tímida ata que se afaga a ti. Entón verás como todo o

que dixen sobre ela é certo. Algunhas cousas das que me esquezo,xa as descubriremos.

CHRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

Pelo roxo e crecho, cadeiras anchas, brazos grosos, manspequenas e nocellos torpes, bonecas brancas e carmentas,un sorriso de orella a orella, no que, cando abría a boca, des-

tacaba a caries do molar e un incisivo que tiña roto. Nariz depallaso, pequeniño e roxo coma un tomate. As súas orellasdaban para unhas boas dilatacións. Ollos de cor azul, pero un

azul cálido e apagado coma o da alta mar. O seu entrecello

facía que os seus fermosos ollos non destacasen.Era unha persoa tímida nas cousas que a apaixoaban,

como a cafetería.Sempre dixo que era un choio momentáneo,

pero, desde o primeiro día, deuse conta de que non se iría...

PATRICIA

MANUEL TRIGO BELLO, 3º ESO

Page 15: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 13 -

A M E N C E Ros nosos escritores

Benjamín González Quelle naceu na parroquia de San Xoán deCovas, no barrio das Pallaregas, no Concello de Viveiro, o dez demaio de 1927. Cando ten cinco anos vai para a parroquia de SanXurxo de Goá, por causa dunha enfermidade de seu pai. Alí aprendeas primeiras letras e logo veu para o Seminario de Mondoñedo:«Cuando tenía doce años intenté el ingreso. Pero no me admitie-ron. Llegué con un día de retraso para los exámenes de ingreso, yno obstante, me examinaron, y me recomendaron que volviera a laescuela un año más. Al año siguiente ingresaba en el Seminario deMondoñedo. Era el 30 de septiembre de 1940»1. Cursou cinco anosde Latín e Humanidades, tres de Filosofía e catro de Teoloxía. «No fuiun alumno brillante. Pero no tengo ningún suspenso en mi expe-diente académico, ni ningún aprobado escueto. La nota más baja

que tuve fue un ‘Méritus’ en música el primer año»2. Unha vez rema-tados os estudos foi ordenado sacerdote, no Congreso EucarísticoInternacional de Barcelona, o 31 de maio de 1952. Foron ordenadosoitocentos sacerdotes de todo o mundo.

1.- Benjamín González Quelle, Burela. Desahogos del Cronista, Burela 2008, páxina169.2.- Ibidem, páxina 169.

Rotulou:MANUEL TRIGO BELLO, 3º ESO

Page 16: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 14 -

A M E N C E R os nosos escritores

O primeiro cargo pastoral que ten é o de encargado de SanXoán de Sistallo, «donde estuve tres meses, provisionalmente, tras

la muerte del párroco, Don Gerardo Anllo Verdes, que había sido mi

protector de seminarista».3

En outubro do ano 1952 é destinado como Ecónomo ás parro-quias de Santa María de Xermar e San Martiño de Lamas e encarga-do de Santa María de Bestar, na Terra Chá. Estará nestas parroquiasdesde o ano 1952 ata o catro de agosto de1959 en que é nomeadoCura Ecónomo de Santa María de Burela, da que será Párroco des-de 1963, onde como el di "amarré mi lanchita". Burela, naquel tempo,non era o que é hoxe, era unha aldea situda á beira dunha estrada.«Burela entonces no era una villa. Había cinco núcleos principalesde población: Vila do Medio, donde estaba la iglesia y la CasaRectoral, Burela de Cabo, con su célebre ‘Calle do Can’, la Carrete-ra General, con muy poquitas casas, el barrio del puerto, algo másnutrido, y Vilar, allá frente a la Marosa, con muy poquitos vecinostambién. En ninguno de los barrios había agua corriente, ni energíaeléctrica que valiera para algo más que para mal cubrir las necesi-dades del puerto, la Fábrica Vieja y el Lavadero de caolín».4

Outros cargos pastorais que desempeñou foron os de Consilia-rio de Apostolado do Mar, Encargado de Santa María de Cervo e deSantiago de Sargadelos e Profesor de Relixión no Instituto "OPerdouro" de Burela. En 1992 xubilouse e, desde fai uns meses, resi-de na Casa Sacerdotal do Seminario de Mondoñedo.

Na actualidade, é o Cronista Oficial de Burela. Unha Burela moidistinta da que el atopou cando o nomearon Ecónomo: «Pero quienno haya vuelto por Burela desde hace cuarenta años, se quedará

atónito. Quizá dudase: ésta no es mi Burela, que me la han cambia-do. Se pasó de los menos de dos mil habitantes, a los ocho mil, de

3. Ibidem, páxina 171

4. Ibidem, páxina 171

Page 17: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 15 -

A M E N C E Ros nosos escritores

lo rural a lo urbano, de la aldea a la villa, y de ser una parroquia del

municipio de Cervo, a ser un municipio atónomo. El aluvión inmi-

grante no determinó una población sin arraigo, sino que incorporó y

enraizó en una sociedad que nunca fue clasista, sino laboriosa y

abierta, que simultaneaba el cultivo de la tierra con las faenas de

pesca. Bastaría citar el caso de los caboverdianos, que están ya

perfectamente incorporados a la tarea común para ganarse la vida,

como marineros u obreros de la construcción».5

En 1993 publicou o libro de prosa e poemas en castelán e engalego titulado Burela. Cuaderno de Bitácora que el define como "eldiario de a bordo de un cura, por el que desfila la vida, con sus lucesy sus sombras, el mar con sus azules, sus horizontes, sus galernas,sus glorias y sus tragedias. Y sobre todo, la propia alma, puesta ensolfa, frente a las estridencias de todos los ruidos".

A este libro seguírono Fuegos de San Telmo y Fuegos Fatuos(2002); Burela. Desahogos del Cronista (2008); Buenas noches,Burela (2009); El Ciprés del Valle de Oro (2010) e Una hermita en elmonte y una barca en el mar (2011).

O seu escritor galego favorito é o poeta mindoniense AntónNoriega Varela. Como escribiu, a súa afición pola literatura «vienedel Seminario. Del estudio de las Humanidades, de la afición a lalectura, de la necesidad de perfilar mis pensamientos»6.

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESODIEGO CORNIDE YANES, 2º ESOJUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO

5.- Ibidem, páxina 1726.- Benjamín González Quelle, Burela. Desahogos del Cronista, Burela 2008, páxina174

Page 18: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 16 -

A M E N C E R escolma

[VIN PRA CABO DELAS]

Vin pra cabo delas, a ver qué decían...Pra cabo das ondas que zoupan nas penas...¡Como se encabritan e se desfargallanno mar da Marosa, que ronca e bourea!

[ESTA BURELA ACHEGADIÑA Ó MAR]

Está Burela achegadiña ó mar;case dorme nela;ten a auga bendita nunha pilaPena-Burela á súa cabeceira.

Ten as sabas de liñona espuma da ribeira;e os edredós azules,grises, verdes...da color que se queira.

Moitos nenos, moitos homese mulleres; poucas vellas;un crego, doce mestres,ningún fillo de solteira.

As mozas cásanse novas:xa casei algunha nenade dezaseis anos enon houbo que dicir dela.

É moza nova Burela;Deus lle conserve a cabezafría pra otea-los maresonde está a súa riqueza.

De Cuaderno de Bitácora:

Rotulou:MARC SILVA CELMA, 3º ESO

Page 19: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A M E N C E R

-1 7 -

escolma

[SEÑOR, NON TEÑO CAMIÑOS]

Señor, non teño camiñospra andaren os pensamentos;non poden moverse, e xuran;dálles no curuto o vento.

Son como o cristal, e rompen;e despois que se romperondin que non lles doi, e doilles,porque non somos de ferro.

Os nosos homes agarrana verdá coma o coitelo...E como a verdá é de fume,hai que pasala pra dentro.

[EU QUIXERA ESCRIBIR CONTOS]

Eu quixera escribir contos:unhos libriños pequenosque despois de habelos lidocouperan sempre no peto.

Quixera falar un poucocomaquen conta un segredo,os que non ven un camiñopra ceiba-los pensamentos.

Quixera ser paxariñopra apousarme nun espeto,ou nunha fiestra un pouquiño,e lisparme despois deso.

Quixera andar coma o ventopor riba das carballeiras,e baixarme pouco a pouco

Señor, a auga do mare,cando saltan os salseiros,chega ata a boca, ten sale...Pregunta de pregunteiro:¿canto tempo lle levousalgala o teu cociñeiro?

Señor, non lles diga nada,que eles son mentireiros;son estreitos, non lles cabea auga polo caneiro.

Page 20: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A M E N C E R

- 18 -

escolma

de noite ata as chimenease acarón do lume acharmecoma na escoba das meigas.

¡Quen puidera abrirlle a portaás anduriñas tardegasque me colgaron o niñoen Covas, nas Pallaregas!

[QUEN DE NOVO NON TRABALLA]

"Quen de novo non traballade vello dorme na palla"

¡Ai, Terrachá, Terrachá!nin casei nin vivína tenor do teu refrán:

"Se queres vivir a gustocásate na Terrachá:beberás auga do charcoe oirás canta-la rá"

Bebín, ou bebeume a mina auga da charca aquelae ó longo da noite oína rá que cantaba nela.

Samartiño, Matocobo,A Lama, A Lamouriña;A Lama de Goá, e a verdeLama de Santa Cristina.

Lamas, Lamiñas, Lamelas;empeñas, zocas de caña,abidueiras pra chinelas.

Lamas e cheas do Miño,do Anllo e dos afluentes;carreiros, que son camiños,e historias de cas doentes...

Seves, bargos, pasadoiros,escairos, pontellos, regos,agüeiros, silveiras, toxos,caldo de berzas ou grelos.

Folla; moita folla habíade inverno nas carballeiras;e entrábase pola cortepra chegar ata as lareiras.

Gado e xente compartíano bafo do pote e do fume,o gado nas cambeleirase a xente arredor do lume.

Terrachá, tan chá que a auganon é auga, son poceiras,trollos, lagoas de labancos,cabezolos, rás e meigas.

Terrachá, a terra máis fonda,

Page 21: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 19 -

A M E N C E Rescolma

donde o carballo ten cernae donde a auga ten tona,

volven a xurdir en ti,-xa están arando as túas xeiras-os bardos dos ceos altosdesde a Domonte ata Meira.

Eu, que non puiden cantarnin ousei nunca collela

[XA N'HAI QUEN CANTE]

Xa n'hai quen cantepolos lindeiros...Señardá sinto polos canteiros...

Xa n'hai camiños,Xa n'hai carreiros...Xa n'hai borrallos...Xa n'hai palleiros...

Xa non oubea o lobo xunto a cruz de pedra...Xa n'hai na Montaña nin trigo nin millo...Xa non esá Noriega Varela na Graña...E ó Cristo apagóuselle o seu faroliño.

Xa naide alinda;xa n'hai lindeiros...E xa os labregosson mariñeiros.

Xa naide chora...¿Será verdade?¡Non debe selo!¡Quero chorare!

¡Non fagas caso!¡Non sei que digo,nin sei que fago!

-a gaita, probe de min-,fólgome de que a colleranmozos que viñan tras minfacendo a Terra máis leda.

¡Seixas, As Goás, Roás, Pino,Santa Cristina, Muimenta,Xermar, A Domonte, Goá,O Montalto e As Pedreiras!

Page 22: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 20 -

A M E N C E R escolma

.

¿Por que hei de rapa-las barbasse mas deu Dios?¿Por que hei de corta-las uñas,frenal o amor?

¡Anda, rapa as barbas!¡Amosa o carisoque pinta nas faceso branco sorriso!

¡Canta ! que o teu cantodesperta a labercada vida que brilanas froles da xesta!

Ouro sinxeliñoque non val pra nada,pero está coa xentee embelece a rama.

E ó fin queda soio,como quedou elna Cruz do Calvario:sin sangue e sin fel...

Morreu... Foi morrendoo son do camiño,cantando o romance do amor caladiño...Facendo martelos...Botándolles panas pobres formigasque veñen e van...

De Burela. Deshagos del Cronista:

O LIÑO

Aqueles peines de aceiro, ripas (así lles chamaban),

Page 23: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 21 -

A M E N C E Rescolma

Descabezaban o liño, deixábanlle soio a canaSen a caroliña azul, que lle chaman a baga.

Aquela man de cañotos había que asolagalaEn feixes, baixo terróns para amolecela na auga.E despois de algúns días, cando a sacaban, imbraba.

¡Cantos traballiños, cantos sinsabores e inquedanzasagardando polos malles e o sol no medio da aira!¡Como lle daban ós malles os mozos das foliadas!

Dende a sementeira á ripa e dende a ripa ata a tasca,E dende a tasca ata a roca, e dende a roca á fiada,Cando bailaban os fusos nos dedos daquelas damas,

Que engastaban na cintura a roca coma unha lanza,E cos dedos e cos dentes ían volcando a rocadaNo fuso, que ía engordando sen marearse na danza.

Iso era daquela, cando a xente honradaFacía a colleita do liño nas airas,Do millo e do trigo, do que se terciara.

As noites de inverno eran noites largas...Era unha ledicia estar nas fiadas,Esfollar mazorcas e logo enristralas.

Se lle lo contamos ás novas fornadasDe xente aburrida, que non inventa nada,Que queima a súa vida, apampa e acada

Cinza pra os seus ollos, noite para as súas almas,Triste e ao amencer retorna para as súas casas...Depois dunha festa non lles queda nada...

Page 24: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 22 -

A M E N C E R escolma

Non poden creelo... Xa non cren en nada...Pero entón creíase en Deus e nas Ánimas,I éramos felices... Había nas casasRespecto ós maiores, e leite pra as papas.

SAN PAIO DOS REDOS

(Na Carballeira de Pita, en Sistallo, 8-7-2006)

¡Carballeira de San Paio, das poucas que van quedando,onde a xente fai a festa ó abeiro dos carballos!Aquel rapaciño efebo, sobriño daquel preladoDe Tui, que lle fixo a figa ó señor do Califato,Quixo vir parar eiquí, e veu polo río abaixo...

E detívose nun redo dun pescador de Sistallo,Ten hoxe a festa na ermida, que naceu entre os carballos,Pola vontade de un povo, que recoñece o milagro...

Na Carballeira de Pita tornamos hoxe a xuntarnosOs cofrades do santiño e os que fomos convidadosA facer festa con eles ó abeiro dos carballos...

Que o santo nos garde a fe na que fomos bautizados;E que nos xunte no Ceo ós que eiquí hoxe nos xuntamos.E se caemos no río, que poña o redo San Paio:O redo que a el o librou de perderse río abaixo...

Fixeron a ESCOLMA:

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESODIEGO CORNIDE YANES, 2º ESOJUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO

Page 25: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 23 -

A M E N C E Rfaise saber...

Rotulou:CRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

... Que foi noticia:

... a presentación do número 217 de Amencer -o especial«30 anos»- que tivo lugar, na Aula «Losada Quiroga» do noso Semi-nario o pasado día vinte e seis de abril. Estiveron presentes o directorda revista, Víctor Amieiro Maseda; o Vicepresidente primeiro daDeputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga Outeiro; o Alcalde deMondoñedo, Orlando Gonzalez Cruz, e os dous profesores responsa-bles, Oscar Santiago Sanmartín e Félix Villares Mouteira. Asistiu bas-tante xente.

... a celebración do Festival da Canción Vocacional quetivo lugar no noso Seminario o pasado día vinte e oito de abril.

Page 26: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 24 -

A M E N C E R faise saber...

... o Día Sacerdotal que se celebrou no noso Seminario opasado día dez de maio, festa de San Xoán de Avila, no que variossacerdotes da nosa Diocese celebraron as súas Vodas de Prata, deOuro e de Diamante.

... a presentación do libro «Sindicatos Agrícolas Católicos1918-1942. Sindicato Agrícola de Gaibor» do que é autor David Co-rral Díaz, ex-alumno do noso Seminario. Esta presentación tivo lugarna Aula «Losada Quiroga» o pasado día vinte e tres de maio.

....Que é noticia:

... a convocatoria polo Concello de Mondoñedo dos pre-mios de Poesía «Xosé Díaz Jácome» (para menores de trinta anos)e «Manuel Leiras Pulpeiro».

... Que vai ser noticia:

... a nosa viaxe cultural de fin de curso que faremos os díasdezaoito, dezanove e vinte de xuño. Iremos a Cantabria onde visitare-mos Santander, Santillana del Mar, o Parque de Cabarceno, Covasde Altamira e El Soplao e outras localidades.

... a celebración, no Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, doCampamento Diocesano, do vinte ó vinte a nove de xullo, co lema"Xa sabes que vas facer este verán? Mira, mira...". Os destinatariosson rapaces e rapazas nacidos ente os anos 1996 e 2003.

... o número 219 de Amencer que sairá a comezos denovembro dedicado a Manuel Leiras Pulpeiro co gallo dos cen anosdo seu passamento.

a redacción

Page 27: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

-2 5 -

A M E N C E R30 anos

Esta é unha nova sección que imos manter ó longo detodo este ano 2012 no que se cumpren os trinta anos daaparición de Amencer. Facémolo porque trinta anos non secumpren todos os días.

Neste número recollemos unha colaboración, que aescritora mindoniense e amiga de Amencer Marina Mayoralnos enviou desde Madrid. Este traballo era para o númeroespecial conmemorativo dos trinta anos (o 217), pero, dadoque cando nos chegou, xa estaba na imprenta, publicámoloagora tal e como quedaramos coa autora, a quen, por certo,lle agradecemos a súa colaboración.

Tamén queremos facer unha pequena homenaxe ósque podemos considerar fundadores da nosa revista, édicir, ós alumnos que cursaban oitavo de EXB en 1982 e ósdirectores que, ó longo destes trinta anos, estiveron áfronte da redacción de Amencer.

a redacción

Rotulou:CRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

Page 28: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 26 -

A M E N C E R 30 anos

UN MILAGRE

Marina Mayoral

Un deses días de primavera adiantada dos que disfru-tamos en Madrid senteime na terraza para abrir o correo.Viña nel unha carta do Seminario de Mondoñedo onde in-formaba de que Amencer cumpría 30 anos. Repousei acabeza no respaldo do sillón: ¡trinta anos! ¿Como puidosobrevivir a tantos cambios? ¿a tantos rapaces diferentesque pasaron polas aulas do Seminario?

Arrolada polo arrecendo das follas que agromaban nasplantas e polo soave calor do sol, pechei os ollos e o meuúltimo pensamento antes de dar unha cabezada foi: Isto éun milagre do Mandamáis… ao cabo trátase dun Seminario.

Pero mentres durmía ouvín unha voz que me dixo :"Está vostede nun erro. Eu non teño enchufados . Axudopor igual a todos. O que pasa é que algúns saben aproveitaresa axuda e outros desperdíciana. Se busca unha explica-ción ten que ollar para outra parte".

Espertei e decateime de que en efecto era un erroatribuir a pervivencia da revista á Divina Providencia. É unmilagre humán, producto da xenerosidade, do entusiasmode nenos, rapaces e mestres que entregaron unha boaparte do seu tempo de ocio a esta labor, e souberon trans-mitir esa actitude ás xeracións seguintes. Coido que FelixVillares tivo parte importante no milagro.

A todos os que o fixeron posible quero enviarlles conestas liñas a miña noraboa e o testemuño da miña admi-ración.

Page 29: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 27 -

A M E N C E R30 anos

RECUNCHOS DA TERA CHA: A CHARCA DO ALLIGAL

Abel Vázquez Pardo

Está situada nun extremo da parroquia de Codesido (lindandocon Santaballa), saíndo da vila de Vilalba cara ás Pontes de GarcíaRodríguez.Empezou sendo unha poza máis ou menos grande nunha zona deprados con variedade de árbores e arbustos ao seu arredor. Cos anosfoi transformándose ata o aspecto actual que ten. No seu centroapreciase nacer auga permanentemente, pois as areas remóvenseco manar da auga. Ten uns 1,20 m de fondo e uns 30 metros dediámetro.

O enclave natural, rodeado de verde e natureza, fan da Charcado Alligal unha bela paraxe e un lugar que visitar e probar.

Trátase dun lugar ideal para darse un baño como piscina naturalou para tratamentos termais como problemas reumáticos (artrose,artrite, tendinite,...) ou doenzas crónicas da pel (dermatite atópica,psoriase,...). Pero tamén moi útil para relaxarse e gozar.

As augas da charca, que emerxen a gallarón no seu interior(veremos as burbullas por diferentes partes), contan cunha temperatura

Rotulou:

Ernesto Barro Jiménez, 1º ESO

Page 30: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

- 28 -

30 anosA M E N C E R

media de 23 graos, e son augas bicarbonatado-cálcicas e con baixamineralización.

¿De onde lle vén a súa sona? A xente conta dos seus éxitos deboca en boca e todos din que lles vai ben, ou que mal non lles fai nopeor dos casos.

Nela manan augas medicinais, razón pola cal se trata dunhaparaxe moi concorrida no verán. Numerosas lendas están vencelladasa este lugar, e a maior parte delas fala dos poderes curativos destasaugas para aquelas doenzas relacionadas coa pel e co reuma. Noverán acoden xente tanto da zona de Ferrol coma de Lugo.

Unha zona, actividade, monumento, lugar de interese,... quecada vez se coñece máis na súa zona e empeza a esparexerse polacontorna, comeza a crear tamén lendas, anécdotas e contos quecontribúen a aumentar a realidade ou os mitos relacionados con esecentro de interese. Algúns din que é necesario dar nove baños endías ininterrompidos no mes de agosto. Outros que teñen máis tempo,pensan que son necesarios quince días. Hai moita xente que fai ociclo tódolos anos porque «dende o ano pasado non fun a peor». Comopara desprazarse se fai en coche os que non son da zona, ás veces avisita e o tratamento das augas faise en familia ou en comunidade.Hai sombras polos arredores, polo que pode ser un motivo excelentepara facer unha escapada con picnic. Deste xeito combínanse asfuncións curativas coas do baño estival dos rapaces.

Parece ser que os veciños da zona recordan dos seusdevanceiros que ao ser unha zona cha, e preto do río, estaba semprecon auga, incluso no verán. Por ese motivo cando os rapaces ían cosseus animais por aquela zona, aproveitaban para refrescarse ebañarse nalgunha poza inicial. De aí ao que temos hoxe pasou unhamorea de anos con cambios que o tempo foi traendo e que hoxe oconverten nun lugar de lecer.

Para amar e valorar algo, hai que coñecelo e neste caso visitalo.Aproveitamos esta ocasión para invitar aos lectores de AMENCER aque se dean unha volta por este lugar da Terra Cha. Consideramosque non van perder o tempo, e que van gozar dun entorno de natureza.Nas súas proximidades construíuse un hotel con spa, onde se ofrecentamén algunha das virtudes que vimos de mencionar e outras máisespecíficas.

Page 31: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

SOPA DE LETRAS

por DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

Busca o nome de DEZ obxectos para levar á praia

PGUIACUTNABASP

AAAFGBOTYLAÑOU

LDTESTRCUFLOBC

OTRIABI

GRI

OÑNH

NZONNI

OSEXNMOA

BOYNTI

GTIHABVR

IEARISAESLAPVE

KEVOAEALLEVEIS

IJOAGBCUNCHASL

NUNQOEROSCILOP

IOMSXCALLAOTRA

OSATANOLECRABR

EATABIRTSIUQSE

CHANCLETASCIAO

chispa

- 29 -

Rotulou:LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

A M E N C E R

Page 32: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

A M E N C E R chispa

- 30 -

Solución á CHISPA do número 217

á sopa de letras

PROMESA

Unha vez foi un político, que estaba en campaña elec-toral, a un pobo e díxolles ós paisanos:

- Se botades por min, fágovos unha ponte.Daquela preguntou un velliño, moi vello, que estaba

no mitin:- ¿Para que queremos a ponte, se aquí non temos río?Respondeu o político:- Non se preocupen. Non hai problema ningún. O río

traémolo despois.

Page 33: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

de 1º de ESO

Ernesto Barro Jiménez De 2º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide YanesJuan José Montouto Chaves

de 3º de ESO

Adrián Carballeira MontenegroCristian Cornide YanesCristian Fernández LópezDiego García LópezMarc Silva CelmaLuis Torreira GarcíaManuel Trigo Bello

de 4º de ESO

Abel Vázquez PardoFélix Villares Mouteira

Debuxou a tapa:ADRIAN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 3º ESO

A M E N C E R

- 31 -

Bruno Esteves FernándezDavid Otero López

Rotulou: CRISTIAN CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 34: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 35: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: amencer 218 - mondonedoferrol.org · te pastoral xuvenil e pastoral vocacional), e algunha lectura para a tesina. Ao mediodía vou xantar á Domus Ecclesiae cos sacerdo- ... LENDA

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: