ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE...

36
1 ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE CREA O INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA E SE APROBA O SEU ESTATUTO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O artigo 51 da Constitución de 1978 establece que os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos destes e que promoverán a información e a educación dos consumidores e usuarios, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas nas cuestións que poidan afectar a aqueles, nos termos que a Lei estableza. Pola súa banda, no artigo 38º da Constitución recoñécese o sistema de libre empresa no marco da economía de mercado e precisa que os poderes públicos protexerán o seu exercicio. A vinculación das competencias entre a defensa do consumidor e a defensa da competencia recollíanse xa na Lei 1/2011, do 28 de febreiro, reguladora do Consello Galego da Competencia, ao indicar que a competencia é un elemento básico para o avance das economías de mercado modernas. O seu estímulo ocasiona unha mellor asignación de recursos e favorece as forzas dinámicas do mercado, de modo que se fortalece a eficiencia económica e aumenta o benestar dos consumidores e usuarios de bens e servizos. En última instancia, a competencia induce a unha maior produtividade e competitividade do tecido económico e, polo tanto, a un maior desenvolvemento económico e social. No ámbito da Unión Europea, o Tratado constitutivo da Unión Europea establece no seu artigo 4º que os Estados Membros instaurarán unha política económica que debe aplicarse respectando o principio dunha economía de mercado aberta e de libre competencia, e nos artigos do 81º ao 89º se consideran as liñas básicas do sistema de defensa da competencia que se aplica na Comunidade Europea. Esta vinculación das competencias entre a defensa do consumidor e o funcionamento do Mercado Interior a nivel europeo ponse de manifesto en diferentes normas, podendo citarse, a título de exemplo, os considerandos 3 e 4 da Directiva 2011/83/EU do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de outubro de 2011 sobre os dereitos dos consumidores, onde se indica que o artigo 169, apartado 1, e apartado 2, letra a), do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE) establecen que a Unión contribuirá a que se alcance un alto nivel de protección dos consumidores mediante as medidas que adopte en virtude do seu artigo 114, e que segundo o artigo 26, apartado 2, do TFUE, o Mercado Interior debe comprender un espazo sen fronteiras interiores no que están garantidas a libre circulación de mercadorías e servizos e a liberdade de establecemento. O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 30º.I.4, outorga competencias exclusivas sobre comercio interior e defensa do consumidor e o usuario, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre defensa da competencia.

Transcript of ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE...

Page 1: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

1

ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE CREA O INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA E SE APROBA O SEU ESTATUTO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O artigo 51 da Constitución de 1978 establece que os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos destes e que promoverán a información e a educación dos consumidores e usuarios, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas nas cuestións que poidan afectar a aqueles, nos termos que a Lei estableza.

Pola súa banda, no artigo 38º da Constitución recoñécese o sistema de libre empresa no marco da economía de mercado e precisa que os poderes públicos protexerán o seu exercicio. A vinculación das competencias entre a defensa do consumidor e a defensa da competencia recollíanse xa na Lei 1/2011, do 28 de febreiro, reguladora do Consello Galego da Competencia, ao indicar que a competencia é un elemento básico para o avance das economías de mercado modernas. O seu estímulo ocasiona unha mellor asignación de recursos e favorece as forzas dinámicas do mercado, de modo que se fortalece a eficiencia económica e aumenta o benestar dos consumidores e usuarios de bens e servizos. En última instancia, a competencia induce a unha maior produtividade e competitividade do tecido económico e, polo tanto, a un maior desenvolvemento económico e social. No ámbito da Unión Europea, o Tratado constitutivo da Unión Europea establece no seu artigo 4º que os Estados Membros instaurarán unha política económica que debe aplicarse respectando o principio dunha economía de mercado aberta e de libre competencia, e nos artigos do 81º ao 89º se consideran as liñas básicas do sistema de defensa da competencia que se aplica na Comunidade Europea. Esta vinculación das competencias entre a defensa do consumidor e o funcionamento do Mercado Interior a nivel europeo ponse de manifesto en diferentes normas, podendo citarse, a título de exemplo, os considerandos 3 e 4 da Directiva 2011/83/EU do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de outubro de 2011 sobre os dereitos dos consumidores, onde se indica que o artigo 169, apartado 1, e apartado 2, letra a), do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE) establecen que a Unión contribuirá a que se alcance un alto nivel de protección dos consumidores mediante as medidas que adopte en virtude do seu artigo 114, e que segundo o artigo 26, apartado 2, do TFUE, o Mercado Interior debe comprender un espazo sen fronteiras interiores no que están garantidas a libre circulación de mercadorías e servizos e a liberdade de establecemento. O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 30º.I.4, outorga competencias exclusivas sobre comercio interior e defensa do consumidor e o usuario, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre defensa da competencia.

Page 2: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

2

Como consecuencia desa competencia exclusiva en materia de defensa do consumidor e o usuario, por medio da Lei 8/1994, do 30 de decembro, se creou o Instituto Galego de Consumo que exerce no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as devanditas competencias de defensa do consumidor, sendo ratificado na Disposición adicional segunda da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias. En canto ás competencias da Comunidade autónoma en materia de defensa da competencia, estas derivan da sentenza do Tribunal Constitucional do 11 de novembro de 1999 que recoñece de modo explícito a competencia executiva das comunidades autónomas con competencias en materia de comercio interior para aplicar no seu territorio as normas de defensa da competencia no que se refire ás condutas que teñan ou poidan ter efectos restritivos sobre a libre concorrencia nos mercados. Esa sentenza tivo a súa plasmación normativa na Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación das competencias do Estado e das comunidades autónomas en materia de defensa da competencia, na cal se estableceron os mecanismos procedimentais para que as comunidades autónomas puidesen exercer esas competencias executivas, así como os puntos de conexión na repartición de expedientes coas institucións do Estado nesta materia. Facendo uso desas competencias, promulgouse a Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que foi substituída pola Lei 1/2011, do 28 de febreiro, reguladora do Consello Galego da Competencia. Partindo desta situación organizativa, a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, no seu artigo 38 autoriza á creación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia como organismo autónomo adscrito á consellaría competente en materia de consumo, que terá como fins xerais e obxectivos básicos a defensa, protección, promoción e información dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, e a garantía, promoción e preservación dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na perspectiva de conseguir a máxima eficiencia económica e a protección e o aumento do benestar dos consumidores e consumidoras. Tendo en conta esta autorización a través do presente decreto procédese á creación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a aprobación dos seus Estatutos. De conformidade co exposto, por iniciativa da Consellería de Economía e Industria, vistos os informes favorables das consellerías competentes en materia de administracións públicas e facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión de **** de ******* de dous mil quince,

DISPOÑO

Artigo 1º. Creación

En virtude da autorización contida no artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, créase o Instituto Galego do Consumo e da Competencia como organismo autónomo adscrito á consellaría competente en

Page 3: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

3

materia de consumo, que terá como fins xerais e obxectivos básicos a defensa, protección, promoción e información dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, e a garantía, promoción e preservación dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na perspectiva de conseguir a máxima eficiencia económica e a protección e o aumento do benestar dos consumidores e consumidoras, e se aproban os seus estatutos contidos no anexo I deste decreto.

Artigo 2. - Funcións e competencias. 1.- As funcións do Instituto Galego do Consumo e da Competencia serán as seguintes: a) Orientar, formar e informar aos consumidores e usuarios sobre os seus dereitos e a forma de exercelos e de difundir o seu coñecemento, co fin de que se teñan en conta e se respecten por todos aqueles que interveñan no mercado e por aqueles aos que poida afectar directa ou indirectamente en relación cos bens e servizos. b) Potenciar o establecemento e desenvolvemento das organizacións de consumidores e usuarios. c) Promover e levar a cabo os estudos que permitan unha axeitada prognose da problemática do consumo, así como levar a cabo ensaios comparativos, análise de laboratorio e, en xeral, todos os procedementos técnicos que se precisen para o mellor coñecemento dos bens, produtos e servizos que se oferten ao consumidor e usuario. d) Elaborar e difundir información para facilitar aos consumidores e usuarios a elección, con criterios de racionalidade, dos bens, produtos e servizos xenéricos máis axeitados ás súas necesidades. e) Impulsar a formación do cidadán, como consumidor e usuario, propoñendo aos organismos competentes a adopción de programas de educación para o consumo nos distintos graos do ensino e realizar as actuacións necesarias para asegurar que a devandita formación sexa permanente. f) Cooperar e colaborar coas administracións públicas e outras institucións públicas ou privadas, a través de acordos e convenios de colaboración, no ámbito dos obxectivos deste organismo. g) Potenciar a mediación e a arbitraxe para a resolución dos conflitos en materia de consumo, organizando e xestionando o funcionamento da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia. h) Realizar actuacións de inspección e sanción no ámbito de protección das persoas consumidoras, de acordo coas disposicións vixentes. i) Velar para que os produtos e servizos postos a disposición das persoas consumidoras e usuarias incorporen a información e os niveis de seguridade legalmente exixibles, e realizar campañas de control nos diferentes sectores do mercado galego, de maneira especial as dirixidas a evitar a fraude, a publicidade enganosa ou á utilización de cláusulas abusivas.

Page 4: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

4

j) Poñer en coñecemento dos organismos competentes da Administración propostas e iniciativas en relación coas funcións e competencias do Instituto. k) As que de acordo co establecido na Disposición Adicional segunda da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, corresponden ao Instituto Galego de Consumo. l) A aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, de coordinación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia. m) Preservar, garantizar e promover a existencia dunha competencia efectiva nos mercados, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. n) Exercer todas os demais fins, funcións, competencias e potestades que se sexan precisas para o desenvolvemento e exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia de protección das persoas consumidoras e defensa da competencia. 2.- O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, asumirá as funcións, o cumprimento dos obxectivos e o exercicio das competencias que na actualidade están atribuídas ao Instituto Galego de Consumo e ao Consello Galego da Competencia. Artigo 3- Adscrición. O Instituto Galego do Consumo e da Competencia queda adscrito á consellería competente en materia de Consumo. Disposición Adicional Primeira - Integración do Instituto Galego de Consumo e o Consello Galego da Competencia. 1.- O Instituto Galego de Consumo e o Consello Galego da Competencia quedan integrados dentro do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que, de acordo co establecido no apartado 2 do artigo 38 da da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, asumirá os medios persoais e materiais e as competencias que na actualidade corresponden ao Instituto Galego de Consumo e ao Consello Galego da Competencia, que se suprimirán no momento da súa entrada en funcionamento, sen que supoña incremento ningún de gasto público. 2.- O Instituto Galego do Consumo e da Competencia realizará o primeiro inventario dos bens que se lle adscriban e dos que poida adquirir para o inicio da súa actividade, antes de que transcorra un ano desde a súa posta en funcionamento. Disposición Adicional Segunda. Persoal. 1.- De acordo co establecido na disposición anterior, o persoal funcionario de carreira e o laboral fixo que preste os seus servizos no Instituto Galego de Consumo e no Consello Galego da Competencia pasará a desempeñar postos de traballo no Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a prestar servizos nel como persoal funcionario, na mesma situación na que se encontraba, ou como persoal laboral destinado no instituto, con efectos dende a data da súa entrada en funcionamento e

Page 5: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

5

con recoñecemento da súa antigüidade e de todos os seus dereitos adquiridos e que poidan corresponderlles. Ao persoal a que se refire o parágrafo anterior recoñéceselle no Instituto Galego do Consumo e da Competencia o tempo e a situación en que permaneza nela para os efectos de antigüidade, carreira profesional e demais dereitos inherentes á súa condición, de conformidade co que se estableza na normativa aplicable para cada persoal, e sen que isto supoña diferenzas respecto ao resto do persoal da Xunta de Galicia. 2. O persoal funcionario interino que preste servizos no Instituto Galego de Consumo e no Consello Galego da Competencia pasará a desempeñar postos de traballo no novo instituto e a prestar os seus servizos nel como persoal funcionario interino. Disposición Adicional Terceira. Constitución do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. A constitución do Instituto Galego do Consumo e da Competencia producirase coa celebración da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que terá lugar no prazo de seis meses dende a entrada en vigor deste decreto; a partir do cal se realizarán todas as actuacións conducentes para a súa posta en funcionamento. Disposición Adicional Cuarta- Referencias ao Instituto Galego do Consumo e ao Consello Galego da Competencia. As referencias ao Instituto Galego de Consumo e ao Consello Galego da Competencia deberán entenderse referidas ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia, de acordo co establecido neste decreto e na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico Disposición Transitoria Primeira. Relacións de postos de traballo do instituto. Ata a elaboración e aprobación da relación de postos de traballo inicial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia de persoal funcionario e laboral do instituto manteranse as relacións de postos de traballo Instituto Galego de Consumo e no Consello Galego da Competencia coas dotacións existentes no momento da creación do instituto.

Disposición Transitoria Segunda. Servizos comúns.

Sen prexuízo da creación e posta en funcionamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, os servizos comúns da Administración autonómica continuarán exercendo, en relación co novo instituto, as competencias que teñan atribuídas respecto do Instituto Galego de Consumo e do Consello Galego dá Competencia en tanto non dispoña de servizos propios.

Page 6: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

6

Disposición Transitoria Terceira. Adscrición provisional.

1.- A actual titular da Presidencia do Instituto Galego de Consumo pasará a desempeñar as funcións de dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia a partir da a creación deste.

2.- A actual titular da Xerencia do Instituto Galego de Consumo pasará a desempeñar as funcións da xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia a partir da a creación deste.

3.- O actual titular da Presidencia do Consello Galego da Competencia pasará a desempeñar as funcións da a presidencia da Comisión Galega da Competencia a partir da a creación desta ata a finalización do seu actual mandato.

4.- Os actuais vogais do Consello Galego da Competencia pasará a desempeñar as funcións de vogais da Comisión Galega da Competencia a partir da a creación desta ata a finalización do seu actual mandato.

6.- O actual titular da subdirección de Investigación do Consello Galego da Competencia pasará a desempeñar as funcións da subdirección da Área de Investigación a partir da a creación desta.

7. A persoas titulares dos servizos extintos do Instituto Galego de Consumo pasarán a desempeñar as súas funcións nos correspondentes do novo organismo que se crean neste decreto.

Disposición Transitoria Cuarta. Réxime transitorio dos procedementos.

Os expedientes iniciados polo Instituto Galego de Consumo e o Consello Galego da Competencia con anterioridade á posta en funcionamento do instituto e non resoltos na citada data, relativos a ámbitos de competencia asignados ao novo Instituto Galego do Consumo e da Competencia polo estatuto que aproba este decreto, resolveranse polo órgano competente do instituto de acordo coa atribución do exercicio de competencias establecidas polo seu estatuto.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto y de forma especifica:

O Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo.

O Decreto 184/2011, do 15 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego de Consumo.

O Decreto 60/2011, do 17 de marzo, polo que se desenvolve a estrutura organizativa do Consello Galego da Competencia.

Page 7: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

7

Disposición Final Primeira. Modificación do Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

Se modifica o artigo 4 do Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia que queda coa seguinte redacción:

Artigo 4. A Consellería de Economía e Industria estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.

2. Dirección Xeral de Comercio

3. Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

b) Quedan adscritos a esta consellería:

1. A Axencia Galega de Innovación.

2. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

3. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

4. O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

Disposición Final Segunda.- Modificación do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

1.- Modifícanse os artigos 2, 14, 15, 16, o Título da Sección 2ª do Capítulo III do Título II e o artigo 35 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

Un. O apartado 2 do artigo 2 queda coa seguinte redacción:

2. Quedan adscritos a esta consellería:

1) A Axencia Galega de Innovación.

2) O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

3) O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

4) O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

Dous. O artigo 35.1, apdo b) queda coa seguinte redacción:

Page 8: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

8

“b) O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organismo autónomo cuxa creación foi autorizada polo artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

2.- As modificacións citadas producirán os seus efectos a partir da constitución do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Disposición Final Terceira.- Modificación do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda

Modifícase o parágrafo 2 do artigo 2 do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, que queda coa seguinte redacción:

2. Adscríbense á Consellería de Facenda as seguintes entidades:

– Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo que se axustará, en canto aos seus fins, estrutura e funcionamento, ao previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e ás normas que a desenvolven.

– Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), ente de dereito público creado pola disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril.

– Axencia Tributaria de Galicia, axencia pública autonómica creada polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro.

– Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

Disposición Final Cuarta. Modificación do Decreto 232/2006, do 23 de novembro, polo que se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os órganos da Consellería de Innovación e Industria e se determinan normas de tramitación dos procedementos sancionadores nas materias da súa competencia.

Se modifica o artigo 3ª.2. B) do Decreto 232/2006, do 23 de novembro, polo que se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os órganos da Consellería de Innovación e Industria e se determinan normas de tramitación dos procedementos sancionadores nas materias da súa competencia, que queda redactado do seguinte xeito:

B) Defensa da persoa consumidora e usuaria:

a) As xefaturas territoriais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) A Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

Page 9: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

9

c) A persoa titular da consellería competente en materia de Consumo, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

d) O Consello da Xunta de Galicia, para a imposición de sancións que leven consigo a clausura dun establecemento.

Disposición Final Quinta. Mantemento de nomeamentos

Non será preciso un novo nomeamento e toma de posesión das persoas titulares dos órganos superiores e directivos cando a denominación varíe como consecuencia do disposto no presente decreto.

Disposición Final Sexta. Desenvolvemento normativo.

Autorízase a persoa titular da consellería de Economía e Industria para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Disposición Final Sétima. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, **** de *** de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Francisco Conde López

Conselleiro de Economía e Industria

Page 10: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

10

ANEXO I

Estatutos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

CAPÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Natureza e adscrición.

1. O Instituto Galego do Consumo e da Competencia é un organismo autónomo creado ao abeiro do artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico e que se encadra dentro das entidades públicas instrumentais reguladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. O Instituto Galego do Consumo e da Competencia está adscrito á consellería competente en materia de Consumo.

Artigo 2. Personalidade xurídica

A Instituto Galego do Consumo e da Competencia ten personalidade xurídica propia diferenciada respecto da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, patrimonio e tesouraría propios, así como autonomía de xestión, dentro dos límites que establezan a normativa vixente e este estatuto.

Artigo 3. Fins, obxectivos e funcións.

1. Os fins, obxectivos e funcións básicas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia son o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de defensa do consumidor e defensa da competencia, de acordo co previsto no artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico polo que se autoriza a creación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e no presente decreto.

2. O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, exercerá os demais fins, obxectivos, funcións e competencias que se lle correspondan, na súa función de protección dás persoas consumidoras e defensa da competencia, en particular a xestión do Sistema Arbitral de Consumo a traveso da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

Artigo 4. Sede.

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ten a súa sede institucional en Santiago de Compostela

Artigo 5. Potestades

Page 11: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

11

Corresponde á Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dentro da esfera da súa competencia, o exercicio de todas as potestades administrativas precisas para o cumprimento dos seus fins e funcións, nos termos establecidos no presente estatuto e de acordo coa lexislación aplicable.

Artigo 6. Réxime xurídico.

1.- O Instituto Galego do Consumo e da Competencia axustará a súa actuación ao establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, á Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; ao establecido na Lei 2/2012, do 28 de marzo, Galega de Protección Xeral das persoas consumidoras, aos presentes estatutos, e ás súas normas de desenvolvemento e, supletoriamente, ao previsto nas normas aplicables ás entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Administración autonómica galega.

2. Os actos administrativos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia son susceptibles dos recursos administrativos previstos na lexislación básica sobre réxime xurídico das Administracións Públicas, de acordo co establecido nestes estatutos.

3. Os actos ditados pola presidencia o Consello Reitor e a Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, esgotan a vía administrativa.

4.- Non obstante o anterior, as resolucións sancionadoras por infraccións graves da Dirección do Instituto serán susceptibles de recurso de alzada impropio ante o titular da consellería competente en materia de Consumo.

5. As resolucións e os actos da subdirección da Área de Investigación que produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos serán obxecto de recurso perante o Pleno da Comisión Galega da Competencia no prazo de dez días desde a súa notificación. Quen resolverá despois de poñer de manifesto o expediente ás partes para que formulen alegacións no prazo de quince días. 6.- Contra as resolucións e os actos da presidencia e do Pleno da Comisión Galega da Competencia non cabe recurso en vía administrativa, e só poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Page 12: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

12

CAPÍTULO II

ORGANIZACIÓN DO INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

Artigo 7. Estrutura do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos fins que lle están encomendados estrutúrase nos seguintes órganos:

a) De goberno.

1.º Presidencia.

2.º. Consello Reitor

b) Órganos Executivos.

-Dirección.

c) Outros órganos

- Xerencia

Artigo 8. A presidencia.

1. A presidencia corresponderá á persoa titular da consellería competente en materia de Consumo.

Por razóns organizativas e de oportunidade, a persoa titular da consellería competente en materia de Consumo poderá propor ao Consello da Xunta o nomeamento dunha persoa para desempeñar a presidencia no seu lugar.

2. No suposto de ausencia, vacante, enfermidade ou outro impedimento legal, a persoa titular da Dirección substituirá á persoa titular da Presidencia.

Artigo 9. Competencias da Presidencia.

Son competencias da persoa titular da Presidencia:

a) A representación institucional do Instituto, sen prexuízo das delegacións que poida establecer na dirección.

b) As relacións do organismo cos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das restantes administracións públicas a que dea lugar o exercicio das competencias e funcións establecidas nestes estatutos.

c) Presidir o Consello Reitor e desempeñar as demais competencias que, en exercicio desta función, lle correspondan, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

d) Subscribir con entidades públicas e privadas, convenios de colaboración excluídos da lexislación de contratos do sector público.

Page 13: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

13

e) Calquera outra que lle atribúan estes estatutos ou as demais normas que resulten de aplicación.

Artigo 10. O Consello Reitor

1.- O consello reitor estará composto polos seguintes membros, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de Consumo:

-. Dous representantes da consellería de Economía e Industria.

-. Un representante da consellería de Facenda.

-. Un representante da consellería de Sanidade

-. Un representante da consellería da consellería de Mar e Medio Rural

-.Un representante da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-.Un representante da entidade instrumental da Xunta de Galicia con competencias en materia de Turismo

2. -A persoa titular da dirección é membro nato do consello reitor.

3.- Os membros do consello poderán ser substituídos por quen designe o seu titular.

4.- A persoa titular da secretaría do consello reitor, que asistirá as reunións con voz pero sen voto, será designada e nomeada por este entre o persoal do organismo.

5. -O consello reitor exercerá as seguintes atribucións:

a. O seguimento, a supervisión e o control superiores da actuación da entidade e da xestión da persoa titular da dirección.

b. A resolución das reclamacións previas en asuntos civís e laborais.

c. A aprobación dun informe xeral anual da actividade desenvolvida pola entidade e de cantos extraordinarios considere necesarios sobre a súa xestión, coa valoración dos resultados obtidos e a consignación das deficiencias observadas.

d. A aprobación do anteproxecto de presupostos anuais e da contracción de obrigas de carácter plurianual dentro dos límites que teña fixados.

e. A aprobación das contas anuais e, no seu caso, a distribución do resultado do exercicio, conforme á lexislación de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia.

f. Calquera outra que lle atribúan estes estatutos ou as demais normas que resulten de aplicación.

Artigo 11. Funcionamento do Consello Reitor.

1. O Consello Reitor reunirase con carácter ordinario, logo da convocatoria da Presidencia e, en sesión extraordinaria, cando o acorde o presidente ou o soliciten a metade dos seus membros.

2. A convocatoria do Consello Reitor será realizada polo secretario cunha antelación mínima de setenta e dúas horas e incorporará a orde do día dos asuntos que se van tratar.

Page 14: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

14

3. Para a válida constitución do Consello Reitor, ademais do presidente e do secretario ou de quen os substitúa, deberán estar presentes, na primeira convocatoria, a metade dos seus membros e, na segunda convocatoria, que se celebrará 30 minutos máis tarde da primeira, constituirase cos membros presentes.

4. Os acordos do Consello Reitor tomaranse por maioría de votos dos seus membros e en caso de empate, a Presidencia terá voto de calidade.

5. Os demais aspectos relativos ao funcionamento do Consello Reitor axustaranse ao disposto nos seus estatutos e regulamento de réxime interno; na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normativa de aplicación para este tipo de órganos colexiados.

7. Poderán asistir ás reunións do Consello Reitor, con voz pero sen voto, os representantes de entidades públicas ou privadas, así como todas aquelas persoas que sexan convocadas polo presidente en calidade de expertos nalgunha das materias incluídas na orde do día.

Artigo 12. A Dirección.

1.- A dirección é o órgano executivo do instituto e será responsable da xestión ordinaria do mesmo, exercendo as competencias inherentes ao seu cargo establecidas legalmente e nos presentes estatutos así como as que lles deleguen os órganos de goberno.

2. – A persoa titular da dirección será a que ostente a titularidade da Dirección Xeral de Comercio.

3.- Correspóndenlle a Dirección as seguintes funcións:

-. Facer cumprir e executar os acordos do Consello Reitor, así como as resolucións xudiciais.

-. Impulsar e supervisar as accións do organismo.

-. Atender e canalizar as propostas e peticións das organizacións de consumidores e usuarios.

-. Actuar como órgano de contratación do Instituto con suxeición á normativa vixente, ordenar os pagos, e exercer a superior dirección do persoal do Instituto.

-. Formular ofertas de acordo coa normativa de contratos do sector público que resulte de aplicación para ser adxudicatario de contratacións públicas en España e calquera outro país, en especial respecto aos servizos que presta o Laboratorio de Consumo de Galicia.

-. Someter para a súa aprobación polo Consello Reitor o informe xeral anual da actividade do instituto e calquera outro informe extraordinario.

-. Someter para a súa aprobación polo Consello Reitor o anteproxecto de orzamentos anuais e da contratación de obrigacións de carácter plurianual dentro dos límites que teña fixados.

Page 15: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

15

-. Someter para a súa aprobación polo Consello Reitor as contas anuais do instituto e, no seu caso, a distribución do resultado do exercicio, conforme á lexislación de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia.

-. Someter para a súa aprobación pola consellería de Economía e Industria o Plan Anual de Actuación, previo informe favorable da consellería competente en materia de facenda.

-. Adoptar as medidas precisas para a interposición ante a xurisdición competente das accións de cesación ou colectivas en materia de consumo.

-. A resolución dos expedientes sancionadores pola comisión de infraccións graves en materia de consumo.

-. Coñecer e coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos en materias que garden relación cos fins do Instituto e que non estean expresamente reservados a outros órganos da Xunta de Galicia.

-. Iniciación e resolución do procedemento para a adopción das medidas administrativas de reacción para garantir o deber xeral de seguridade dos produtos.

-. Confirmar, modificar ou levantar, en materias da súa competencia, as medidas que sexan imprescindibles para a efectiva protección da seguridade e saúde das persoas consumidoras e usuarias e asegurar un nivel elevado da súa protección, tendo en conta, en todo caso, o principio de cautela, adoptadas pola Inspección de Consumo de acordo co establecido no artigo 2.7 da Lei 11/2004, e no 6 e) do Decreto 296/2000 nos casos de urxencia e para a protección provisional dos intereses implicados.

-. Presidir a Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, sen prexuízo da creación, no seu caso, de delegacións dentro do ámbito da Administración da Xunta de Galicia.

- Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou regulamentariamente, así como calquera outra non reservada expresamente a outros órganos en materia propia do Instituto.

3. No suposto de ausencia, vacante, enfermidade ou outro impedimento legal, a persoa titular da Xerencia substituirá a persoa titular da Dirección.

Artigo 13. A xerencia.

1-. A xerencia é o órgano ao que lle corresponden as funcións de xestión e administración e a coordinación e supervisión dos órganos do Instituto.

2. O Laboratorio de Consumo de Galicia e a Escola Galega de Consumo estarán baixo a dependencia directa da xerencia

3.- A xerencia terá rango de Subdirección xeral a tódolos efectos, sendo desinada e separada a súa persoa titular de acordo coa regulación xeral para a provisión deste tipo postos.

4.-. Correspóndenlle a xerencia as seguintes atribucións:

-. Promover, coordinar e realizar, baixo a superior dirección da persoa titular da Dirección do Instituto, as actuacións propias do Instituto e executar o seu presuposto, así como promover a cooperación e relacións do Instituto con outras institucións e entidades, tanto públicas coma privadas.

Page 16: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

16

-. Elaborar o Plan Anual de Actuación, o informe xeral anual da actividade e os informes extraordinarios necesarios, as contas e o anteproxecto do presuposto da entidade. -. Administrar e xestionar o patrimonio e os recursos económicos do Instituto e buscar liñas de financiamento, propoñer a ordenación de pagamentos e xestionar os asuntos de réxime interior, rexistro, publicacións, documentación administrativa, arquivo e inventario. -. Levar a cabo o asesoramento e os informes que lle solicite a Dirección do Instituto. -. Impulsar, orientar, coordinar e inspeccionar os servizos e unidades do Instituto e ditar as ordes, instrucións e circulares de funcionamento e comunicación entre as diferentes dependencias do organismo. -. Coñecer e coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos en materias que garden relación cos fins do Instituto e que non estean expresamente reservados a outros órganos da Xunta de Galicia, así como dirixir e promover a elaboración de estatísticas do organismo. -. Exercer a xefatura e dirección do persoal adscrito ao organismo e xestión dos recursos humanos, informando e tramitando a relación de postos de traballo do Instituto, programando as necesidades de persoal, exercendo a habilitación de persoal e material. -. Informar e tramitar as propostas de modificacións orzamentarias. -. Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou regulamentariamente ou lle delegue ou encomende a persoa titular da Dirección do Instituto. 5. No suposto de ausencia, vacante, enfermidade ou outro impedimento legal, a persoa titular do Servizo de Asuntos Xerais substituirá a persoa titular da Xerencia.

Capítulo III

Órganos do Instituto

Sección 1. ª Unidades adscritas á Xerencia.

Artigo 14. . Laboratorio de Consumo de Galicia. 1. O Laboratorio de Consumo de Galicia, baixo a dependencia da Xerencia do Instituto, contará cun director/a técnico con categoría de xefe/a de Servizo e terá as seguintes funcións:

a) A realización de estudos, análises e informes técnicos sobre os produtos existentes no mercado a disposición das persoas consumidoras ou usuarias.

b) La información y asesoramento en temas relacionados con el control de los produtos a disposición de las persoas consumidoras y usuarias.

c) A participación nos comités técnicos de normalización no ámbito das súas competencias e en cantos foros técnicos séxalles encomendado pola persoa titular da Dirección do Instituto.

Page 17: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

17

d) A proposta, desenvolvemento e coordinación de iniciativas de investigación en materia, análise e avaliación de produtos de consumo, e a participación, coordinación e elaboración de estudos prospectivos en materia de seguridade e calidade de produtos de consumo.

e) A prestación de Servizos de asistencia científico-técnica aos sectores sociais e industriais e aos xestores/ás públicos/ás en materia de consumo.

f) A participación e proposta de ofertas en contratacións públicas tanto en España como noutros países.

g) A participación e proposta de programas, acción e actividades formativas de concienciación e promoción en materia de consumo.

h) O soporte analítico das actuacións do Instituto.

i) O desenvolvemento e posta en marcha de novos métodos analíticos instrumentais.

j) A colaboración con outros organismos e entidades que teñan funcións en harmonía co Laboratorio de Consumo de Galicia.

k) Realizar informes en materia de seguridade dos produtos co obxecto de avaliar o seu cumprimento con respecto aos produtos existentes no mercado.

l) Propoñer campañas de inspección especialmente en materia de seguridade dos produtos.

m) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Dirección do Instituto.

2. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante ou a concorrencia de causas de abstención ou recusación a persoa titular do Servizo será substituída pola persoa titular da Xerencia do Instituto.

Artigo 15. Escola Galega do Consumo de Galicia.

1 A Escola Galega do Consumo de Galicia, baixo a dependencia da Xerencia do Instituto, contará cun director/a técnico con categoría de xefe/a de Servizo e terá as seguintes funcións:

a) Elaboración, execución e avaliación dos plans anuais de formación.

b) Xestión de convenios e acordos de colaboración no ámbito da función da escola.

c) Deseño e xestión de concursos, certames e exposicións en materia de formación e educación en consumo.

d) Coordinación da rede de educación para o consumo responsable Galicons.net.

Page 18: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

18

e) Coordinación de programas europeos de formación na materia de consumo.

f) Información e asesoramento pedagóxico a centros escolares, asociacións e colectividades.

g) Elaboración de informes, estudos de investigación no ámbito da formación e a educación para o consumo.

h) Elaboración de materiais didácticos.

i) Xestión da mediateca da Escola Galega do Consumo de Galicia.

j) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Dirección o da Xerencia do Instituto.

2. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante, ou a concorrencia de causas de abstención ou recusación a persoa titular do Servizo será substituída pola persoa titular da Xerencia do Instituto.

Sección 2. ª Servizos centrais

Artigo 16. . Servizo de Asuntos Xerais.

1. Dependendo da Xerencia do Instituto existirá o Servizo de Asuntos Xerais, ao que lle corresponde realizar as funcións de planificación, coordinación e execución, en relación coas seguintes materias:

a) Asesorar e emitir informes sobre aquelas cuestións que lle someta a Dirección, así como aquelas que lle encomende a propia Xerencia do Instituto.

b) Elaboración do borrador de anteproxecto de presupostos do Instituto e a súa execución e control, a tramitación das súas modificacións, así como a xestión económico-administrativa dos créditos presupostarios e a xustificación de contas xerais.

c) Habilitación de pagamentos e adquisición, xestión e control de medios materiais para o funcionamento ordinario do Instituto e dos recursos económicos deste.

d) Coordinación e xestión de expedientes de contratación administrativa.

e) Xestión de persoal, réxime interno e coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos e outras de contido administrativo que lle atribúa a Dirección.

f) Xestión de nóminas de persoal do Instituto.

g) Iniciación, instrución e tramitación de expedientes de responsabilidade patrimonial.

Page 19: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

19

h) Coordinación e xestión das unidades e aplicacións informáticas do Instituto ou vinculadas a este.

i) Exercer cantas funcións lle encomende a Xerencia.

2. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante ou a concorrencia de causas de abstención ou recusación a persoa titular do Servizo será substituída pola persoa titular da Xerencia do Instituto.

Artigo 17. Servizo de Protección ao Consumidor.

1. Dependendo da Xerencia do Instituto existirá o Servizo de Protección ao Consumidor, ao que lle corresponderá realizar as funcións de planificación, coordinación, execución e control en relación coas seguintes materias:

a) A elaboración dos proxectos de disposicións necesarios para o desenvolvemento e actualización da lexislación xeral de defensa das persoas consumidoras e usuarias.

b) A investigación dentro das súas competencias das denuncias por suposta infracción en materia de defensa das persoas consumidoras e usuarias, en coordinación coa Inspección de Consumo, e sen prexuízo das funcións desta, de acordo co disposto na súa normativa reguladora.

c) A iniciación, instrución e tramitación dos expedientes sancionadores que correspondan para corrixir as infraccións detectadas en materia de defensa das persoas consumidoras e usuarias, sen prexuízo das competencias doutros órganos do Instituto.

d) O fomento da formalización de convenios arbitrais entre as persoas consumidoras e usuarias e as empresas para solucionar as súas controversias mediante a arbitraxe de consumo.

e) A mediación, cando proceda, respecto das controversias derivadas de reclamacións das persoas consumidoras e usuarias.

f) O mantemento actualizado dos datos do censo das empresas adheridas ao Sistema Arbitral de Consumo de Galicia.

g) As actuacións correspondentes á Secretaría da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

h) Exercer cantas funcións lle encomende a Xerencia do Instituto.

2. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante ou a concorrencia de causas de abstención ou recusación, a persoa titular do Servizo será substituída pola persoa titular da xefatura do Servizo de Vigilancia del Mercado e Seguridade dos Produtos, sen prexuízo da posibilidade da delegación das actuacións correspondentes á Secretaría da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

Page 20: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

20

Artigo 18. Servizo de Vigilancia do Mercado e Seguridade dos Produtos.

1. Dependendo da Xerencia do Instituto existirá o Servizo de Vigilancia do Mercado e Seguridade dos Produtos, ao que lle corresponderá realizar as seguintes funcións:

a) A coordinación e seguimento das actividades de vixilancia do mercado no que respecta aos produtos ou Servizos destinados ás persoas consumidoras ou usuarias finais e das medidas adoptadas para velar porque tales produtos cumpran os requisitos legais establecidos pola lexislación e que non supoñan un risco para a seguridade das persoas consumidoras ou usuarias, sen prexuízo das atribucións que poidan corresponder a outros órganos da administración autonómica de Galicia.

b) A xestión do sistema de intercambio rápido de información sobre perigos derivados de produtos de uso ou consumo (rede de alerta de produtos non alimenticios), así como a coordinación e seguimento das actuacións levadas a cabo no ámbito da materia de seguridade dos produtos.

c) A supervisión e seguimento das medidas administrativas de reacción para garantir a seguridade xeral dos produtos cando tales medidas afecten a toda a comunidade autónoma.

d) A advertencia e requirimento aos produtores e distribuidores por medio dá Inspección de Consumo do cumprimento dous seus deberes de producir e distribuír produtos seguros.

e) A planificación, programación, coordinación e seguimento das actividades de inspección dos establecementos, bens e Servizos existentes no mercado, para o cumprimento da súa normativa reguladora e a protección dos dereitos e lexítimos intereses das persoas consumidoras ou usuarias, en coordinación co Servizo de Protección ao Consumidor.

f) Ordenar e coordinar as actuacións da inspección de consumo en cumprimento das súas funcións ditando as instrucións xerais e particulares a tal fin.

g) A iniciación, instrución e tramitación dos expedientes sancionadores que correspondan para corrixir as infraccións detectadas en materia de defensa das persoas consumidoras ou usuarias no campo da seguridade dos produtos e aquelas materias derivadas da obstrución ou negativa a subministrar datos ou a facilitar as funcións inspectoras.

h) A dirección e coordinación das actuacións do persoal da inspección de consumo adscrito ao Servizo.

i) Exercer cantas funcións lle encomende a Xerencia do Instituto.

2. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante, ou a concorrencia de causas de abstención ou recusación, a persoa titular do Servizo será substituída pola persoa titular da xefatura do Servizo de Protección ao Consumidor.

Artigo 19. Servizo de Información, Cooperación e Fomento.

Page 21: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

21

1. Dependendo da Xerencia do Instituto existirá o Servizo de Información, Cooperación e Fomento, ao que lle corresponderá realizar as funcións de planificación, coordinación, execución e control en relación coas seguintes materias:

a) A elaboración e difusión de proxectos de estudos, análises e enquisas sobre produtos e Servizos ofrecidas ás persoas consumidoras ou usuarias.

b) A proposta de deseño, elaboración implementación e difusión de publicacións e material informativo e métodos de xestión do Instituto.

c) O deseño e elaboración de campañas e xornadas informativas, sobre consumo dirixidas a distintos sectores e/ou ás persoas consumidoras ou usuarias en xeral.

d) A cooperación e asistencia ás organizacións de consumidores, oficinas e demais organismos e entidades interesadas.

e) A tramitación, execución e seguimento de convenios de colaboración ou cooperación con organismos, entidades e organizacións en materia de consumo.

f) A xestión do rexistro de organizacións de consumidores e demais entidades relacionadas co Instituto.

g) A tramitación e seguimento de axudas e subvencións a organizacións de consumidores, concellos e entidades con funcións relacionadas coas materias competencia do Instituto.

h) A elaboración da memoria anual e a estatistica de consumo

i) Exercer cantas funcións lle encomende a Xerencia.

2. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante ou a concorrencia de causas de abstención ou recusación, a persoa titular do Servizo será substituído/a pola persoa titular da Xerencia do Instituto.

Sección 3. ª Servizos periféricos

Artigo 20. Xefaturas territoriais do Instituto.

1. Baixo a dependencia xerárquica e funcional da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e de acordo coa distribución territorial da Xunta de Galicia existirán xefaturas territoriais do Instituto nas cales se integrarán todas as unidades do instituto situadas no seu ámbito territorial, sendo os seus titulares os/as xefes/as territoriais da consellería competente en materia de consumo, e sendo o seu ámbito territorial o destes últimos.

2. No ámbito territorial respectivo correspóndenlle as seguintes competencias:

a) Exercer a representación ordinaria do Instituto no seu ámbito territorial, sen prexuízo das competencias doutros órganos.

Page 22: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

22

b) Iniciación e resolución do procedemento previsto no artigo 11 do Real decreto 1801/2003, para a adopción das medidas administrativas de reacción para garantir o deber xeral de seguridade dos produtos recollidas no artigo 10 do citado Real decreto 1801/2003, cando as medidas a adoptar se circunscriban exclusivamente ao ámbito territorial dunha xefatura territorial.

c) Confirmar, modificar ou levantar, no eido da súa competencia, as medidas que sexan imprescindibles para a efectiva protección da seguridade e saúde das persoas consumidoras ou usuarias e asegurar un nivel elevado da súa protección, tendo en conta, en todo caso, o principio de cautela, adoptadas pola Inspección de Consumo de acordo co establecido no artigo 2.7 da Lei 11/2004, e no 6 e) do Decreto 296/2000, nos casos de urxencia e para a protección provisional dos intereses implicados.

d) A resolución dos expedientes sancionadores de carácter leve que lle correspondan.

e) Calquera outra competencia ou atribución que as leis e demais disposicións xerais lles confiran ou lles sexan delegadas.

3. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante ou de concorrencia de causas de abstención ou recusación, a persoa titular da xefatura territorial será substituída pola persoa titular da Xerencia do Instituto ou a persoa titular do servizo de consumo correspondente, de acordo co disposto pola Dirección do Instituto.

Artigo 21. Servizos de Consumo.

1. Dependendo da Xerencia do Instituto en cada provincia existirá unha unidade administrativa coa categoría de Servizo, que terán as seguintes funcións:

a) A xestión de cantos asuntos en materia de consumo teñan atribuídas as xefaturas territoriais, asegurando o cumprimento dos obxectivos no seu correspondente ámbito territorial.

b) A execución das medidas adoptadas pola Xerencia en materia de réxime interior, tramitación administrativa, xestión de persoal, rexistro xeral e arquivos da delegación, información ao público, elaboración das estatísticas no seu ámbito territorial en coordinación co Instituto Galego de Estatística e calquera outra que lle sexa encomendada pola Xerencia.

c) O apoio a actuacións informativas e formativas no marco de planificación estratéxica do Instituto.

d) A coordinación e seguimento das actividades de vixilancia do mercado no que res-pecta aos produtos e servizos destinados ás persoas consumidoras ou usuarias finais e das medidas emprendidas en velar porque tales produtos cumpran os requisitos legais establecidos pola lexislación e non supoñan un risco para a seguridade das persoas consumidoras ou usuarias, no ámbito do seu territorio, e sen prexuízo das atribucións que poidan corresponder a outros órganos da administración autonómica de Galicia.

e) A supervisión e seguimento das medidas administrativas de reacción para garantir a seguridade xeral dos produtos no seu ámbito o seu territorial.

Page 23: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

23

f) A dirección e coordinación das actuacións do persoal e da inspección de consumo adscrito ao servizo, de acordo coas directrices do Servizo de Vixiancia do Mercado e Seguridade dos Produtos.

g) A advertencia e requirimento aos produtores e distribuidores por medio da Inspección de Consumo do cumprimento dos seus deberes de producir e distribuír produtos seguros.

h) A execución das medidas adoptadas pola Dirección e a Xerencia do instituto e a persoa titular da xefatura territorial.

i) A mediación, cando proceda, así como a iniciación, instrución e tramitación dos expedientes sancionadores que correspondan para corrixir as infraccións detectadas en materia de defensa das persoas consumidoras ou usuarias, no seu ámbito territorial de competencia.

j) Exercer cantas funcións lle encomende a Xerencia do Instituto.

3. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante ou de concorrencia de causas de abstención ou recusación, a persoa titular da xefatura do Servizo de Consumo será substituída pola persoa titular da Xerencia do Instituto ou o/a xefe/a territorial correspondente, de acordó co disposto pola Dirección do Instituto.

CAPITULO IV

ÓRGANOS ADSCRITOS AO

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

Artigo 22. A Xunta Arbitral de Consumo de Galícia.

1. A Xunta Arbitral de Consumo de Galicia queda adscrita ao Instituto Galego do

Consumo e da Competencia.

2.- A Xunta Arbitral de Consumo de Galicia rexerase polo seu convenio de constitución os presentes estatutos e a normativa reguladora do Sistema Arbitral de Consumo e demais normativa de aplicación.

Artigo 23. . O Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

1. O Consello Galego de Consumidores e Usuarios queda adscrito ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

2. O Consello Galego de Consumidores e Usuarios rexerase polo establecido na Lei 2/2012, do 27 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras, os presentes estatutos e a súa a normativa reguladora.

Page 24: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

24

Artigo 24. A Comisión Galega da Competencia. A Comisión Galega da Competencia configurase como órgano colexiado independente, de carácter permanente e consultivo, na materia, con competencia para aplicar a Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, de coordinación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia.

Capítulo V

A COMISIÓN GALEGA DA COMPETENCIA

Artigo 25. A Comisión Galega da Competencia A comisión Galega da competencia, como órgano colexiado independente, adscrito ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia será a encargada de acordo coa norma reguladora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, destes estatutos e demais normativa, da aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, de coordinación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia.

Artigo 26. Funcións

1. Instruír e resolver expedientes sobre condutas prohibidas pola Lei de defensa da competencia e de control de axudas públicas 2. Informar sobre cuestións relativas á defensa da competencia, a solicitude do Parlamento de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, os seus conselleiros, corporacións locais de Galicia, asociacións de consumidores e usuarios ou de empresarios ou produtores 3. Promover a competencia efectiva nos mercados da Comunidade Autónoma de Galicia 4. Actuar como órgano de asesoramento da administración autonómica en materia de defensa da competencia 5.Informar de modo preceptivo non vinculante, sobre os anteproxectos de lei e proxectos doutras disposicións autonómicas de carácter xeral que poidan ter algún efecto sobre a competencia efectiva nos mercados. 6. Vixiar o funcionamento competitivo dos mercados par garantir os niveis de competencia efectiva nos mesmos en beneficio das persoas consumidoras e usuarias de Galicia 7. Elaborar informes no marco da Lei de defensa da competencia en materia de axudas públicas.

Page 25: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

25

8. Impoñer multas sancionadoras e coercitivas e adoitar outras medidas de execución forzosa previstas na normativa vixente, nos termos previstos na Lei de defensa da competencia. 9. Sancionar os comportamentos anticompetitivos producidos no ámbito da contratación do sector público, en particular, os comunicados polos órganos de contratación, a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia e os órganos competentes para resolver o recurso especial en materia de contratación, de acordo co disposto no artigo 23 apartado 3 da lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. 10. Impugnar os actos e disposicións xerais de rango inferior a lei, das administracións públicas autonómica e locais da Comunidade Autónoma de Galicia suxeitas a dereito administrativo dos que deriven obstáculos ao dunha competencia efectiva nos mercados 11. Realizar as funcións de arbitraxe, entre operadores económicos de acordo coa Lei de defensa da competencia. 12. Realizar funcións de colaboración e Coordinación coa Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia, os órganos xudiciais e os organismo reguladores. 13. Emitir informe acerca da posible vulneración da normativa de unidade de mercado 14. Calquera outra que lle atribúan estes estatutos ou as demais normas que resulten de aplicación.

Artigo 27. Órganos da comisión Galega da Competencia a) O seu presidente ou presidenta. b) O pleno. c) A Área de investigación.

Artigo 28. A presidencia: Nomeamento e duración do cargo. 1. A presidencia da Comisión Galega da Competencia ten rango de de director xeral e o seu titular é nomeado polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da conselleira á que se atope adscrita o Instituto Galego de Consumo e da competencia, entre xuristas, economistas e outros profesionais de recoñecido prestixio e experiencia no ámbito de actuación da Comisión. 2. O nomeamento da persoa titular da presidencia será por un período de seis anos, non renovable. Ao expirar o prazo do seu mandato continuará no exercicio das súas funcións ata a toma de posesión do novo presidente ou presidenta. 3. A persoa titular da presidencia exercerá a súa función con dedicación absoluta e estará sometida ao réxime de incompatibilidades establecido con carácter xeral para os altos cargos da Administración autonómica.

Artigo 29. Causas de cesamento e suspensión no exercicio do cargo.

Page 26: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

26

1. O cargo da persoa titular da presidencia é inamovible, sen que poida ser cesada nin suspendida, agás nos casos que se sinalan a continuación. 2. A persoa titular da presidencia cesará no seu cargo: a) Por renuncia. b) Por expiración do termo do seu mandato, sen prexuízo do establecido no apartado 2 do artigo anterior. c) Por incompatibilidade sobrevida, estimada por decisión administrativa ou xudicial firme, conforme o réxime de incompatibilidades de altos cargos. d) Por ter sido condenado ou condenada por delito. e) Por incapacidade permanente. f) Por separación a causa de incumprimento grave dos deberes do seu cargo, acordada polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellaría competente en materia de facenda. 3. A persoa titular da presidencia da Comisión Galega da Competencia só poderá ser suspendida no exercicio do seu cargo: a) Cando se dite en contra dela auto de procesamento ou de apertura de xuízo oral en procedementos por delito doloso. b) Cando se acorde en expediente disciplinario ou de declaración de incapacidade temporal. c) Por sentenza firme condenatoria que impoña a suspensión como pena principal ou accesoria.

Artigo 30. Funcións da presidencia. 1.-Correspóndenlle á presidencia da Comisión Galega da Competencia as seguintes funcións: a) Manter a boa orde e o goberno da Comisión, velando polo adecuado cumprimento das súas funcións e a aplicación das súas normas de organización e funcionamento. b) Exercer a dirección, a coordinación e a supervisión dos órganos da Comisión Galega da Competencia, nomeadamente a coordinación do pleno da Comisión coa Área de investigación e co secretario do pleno. c) Convocar o pleno por propia iniciativa ou por pedimento dun dos vogais e mais presidilo, así como exercer as demais competencias que lles correspondan aos presidentes dos órganos colexiados administrativos, segundo o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. d) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Defensa da Competencia, creado pola Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación das competencias do Estado e das comunidades autónomas en materia de defensa da competencia. e) Comparecer antes do 30 de xuño de cada ano perante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de

Page 27: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

27

Galicia para informar sobre a situación da competencia e do plan de actividades e os obxectivos previstos para o ano seguinte. Así mesmo, sempre que sexa requirido para iso, comparecerá por asuntos cuxa competencia para resolver ou instruír lle corresponda á Comisión Galega da Competencia. f) Impugnar perante a xurisdición competente os actos e as disposicións xerais de rango inferior a lei das administracións públicas autonómica ou locais da Comunidade Autónoma de Galicia suxeitas ao dereito administrativo dos que deriven obstáculos ao mantemento dunha competencia efectiva nos mercados. g) Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou regulamentariamente, así como calquera outra non reservada expresamente a outros órganos en materia propia do Instituto. 2. Así mesmo é o órgano competente para: a).- Propor o nomeamento do subdirector/a da Área investigación da Comisión Galega da Competencia. b) Designar, entre os vogais da comisión, quen actuará como secretario do Pleno da Comisión Galega da Competencia.

Artigo 31. Composición do pleno. 1. O Pleno da Comisión Galega da Competencia está integrado polo presidente ou a presidenta e por dous vogais. 2. O cargo de vogal da Comisión Galega da Competencia non esixe dedicación absoluta e, polo tanto, os ou as vogais non percibirán retribucións periódicas de ningunha clase polo desenvolvemento da súa función. Non obstante, percibirán as compensacións económicas dacordo co establecido no artigo 36 relativo ao seu réxime retributivo 3. Os ou as vogais da Comisión Galega da Competencia estarán sometidos aos réximes de nomeamento, duración do cargo, cesamento e suspensión establecidos para o presidente ou a presidenta. 4. O cargo de vogal do Pleno da Comisión Galega da Competencia é incompatible co exercicio de calquera outro cargo ou actividade que poida comprometer a independencia no exercicio das tarefas que lle son propias e, en particular, con calquera actividade profesional que teña relación directa co ámbito de actuación do organismo. Tampouco poden ser nomeadas vogais as persoas que, directa ou indirectamente, no período de dous anos anteriores á data de nomeamento comparecesen perante os órganos galegos de defensa da competencia en calidade de persoa interesada ou representante dalgunha persoa interesada. 5. Os ou as vogais, unha vez que cesasen no cargo, débense abster de intervir nos procedementos iniciados durante o seu mandato. 6. A secretaría do pleno da Comisión Galega da Competencia será exercida por un dos vogais do pleno de acordo co establecido no apartado 2.b) do artigo 31.

Page 28: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

28

Artigo 32. Funcionamento do pleno.

1. O pleno da Comisión Galega da Competencia quedará validamente constituído coa asistencia do presidente ou da presidenta e un vogal. No caso de ausencia do presidente ou da presidenta, para a válida constitución do pleno deberán estar presentes os dous vogais. 2. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes. No caso de empate decidirá o voto de quen presida. 3. O pleno aprobará o seu regulamento de réxime interior para regular a súa actividade e funcionamento naquelas cuestións non previstas no presente decreto.

Artigo 33. Funcións do pleno. 1. O Pleno da Comisión Galega da Competencia é o órgano colexiado de decisión en relación coas funcións da Comisión en materia de competencia previstas no presente decreto. 2. En particular, o Pleno da Comisión Galega da Competencia é o órgano competente para: a) Solicitar a instrución de expedientes sobre condutas restritivas da competencia pola Área de Investigación. b) Resolver, por proposta da Área de Investigación, os procedementos sobre condutas prohibidas polos artigos 1º, 2º e 3º da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, de acordo coas previsións contidas no presente decreto, incluída a aplicación do sistema de clemencia dos artigos 65º e 66º da mesma lei e a súa normativa de desenvolvemento. c) Aprobar e acordar o envío dos informes relativos a condutas restritivas e ao control de concentracións por proposta da Área de Investigación. d) Aprobar e acordar o envío dos informes relativos ao control de axudas públicas. e) Exercer as funcións de arbitraxe, consultivas, de promoción da competencia, de asesoramento, representación e vixilancia dos mercados nos termos previstos no presente decreto, sen prexuízo das atribucións do presidente ou da presidenta da Comisión Galega da Competencia. f) Acordar a impugnación dos actos e das disposicións referidos no artigo 27.8 do presente decreto. 3. Ademais, o pleno exercerá as seguintes funcións de carácter interno: a) Elaborar e aprobar as normas de réxime interno, que regularán o funcionamento do pleno e o réxime de convocatoria e sesións, de acordo co establecido nestes estatutos e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Page 29: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

29

b) Resolver sobre as recusacións e as correccións disciplinarias.

Artigo 34. Normas de procedemento. A Comisión Galega da Competencia aplicará aos procedementos que tramite as normas establecidas na lexislación estatal en materia de competencia e, con carácter supletorio, o que dispoña a normativa sobre procedemento administrativo común.

Artigo 35. Réxime retributivo dos/das vogais. 1. Os/as vogais percibirán compensacións económicas por cada acto xurídico ditado, pola súa asistencia ás sesións do Pleno e pola elaboración dos traballos que lles encomende o/a presidente/a. Estas compensacións axustaranse ás previsións orzamentarias do organismo para cada exercicio e diferenciaranse, no caso de que actúen en condición de relatores/as, en función da complexidade do asunto, de acordo cos criterios que se establecen no punto seguinte. 2. As compensacións económicas a percibir polos/as vogais serán: a) Por asistencia ao Pleno será de 200 euros. b) Por resolucións de procedementos con proposta de sanción ou proposta de terminación convencional; recomendacións dirixidas ás administracións públicas, informes ou estudos encargados polo Pleno, todo isto no ámbito do previsto na lei, o/a vogal que actúe como relator/a percibirá unha compensación económica de 800 euros. c) No caso de resolucións doutro tipo, a compensación económica asignada ao relator ou relatora será de 400 euros. d) En ningún caso as retribucións brutas anuais de cada un dos vogais poderá superar os 10.000 euros. 3. Así mesmo, os/as vogais teñen dereito a ser indemnizado por razón do servizo nas circunstancias, condicións e límites contidos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, sendo clasificados a este efecto no Grupo 1º dos definidos no Anexo I do citado decreto e sempre suxeito as previsións orzamentarias do organismo para cada exercicio.

Artigo 36. -A Área de Investigación.

1. A Área de Investigación, con categoría de subdirección xeral, é a unidade encargada da instrución dos expedientes previstos neste decreto, na materia de defensa da competencia. 2. En particular, a Área de Investigación é a unidade competente para: a) Instruír e elevar a correspondente proposta de resolución dos expedientes sobre condutas restritivas da competencia prohibidas polos artigos 1º, 2º e 3º da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, consonte os procedementos establecidos na Lei 15/2007, de defensa da competencia, e no Regulamento aprobado polo Real decreto 261/2008, do 22 de febreiro, ou na normativa que os substitúa.

Page 30: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

30

b) Resolver sobre as cuestións incidentais que poidan suscitarse no marco da instrución deses expedientes. c) Vixiar a execución e o cumprimento das resolucións e dos acordos adoptados en aplicación das competencias da Comisión Galega da Competencia. d) Elaborar os informes sobre condutas restritivas nos termos previstos no presente decreto. e) Elaborar os informes sobre control de concentracións nos termos previstos no presente decreto. f) Colaborar, no ámbito das súas funcións, cós organismos homólogos das comunidades autónomas e da Administración xeral do Estado. En especial, correspóndelle á Área de Investigación a competencia para realizar e recibir as notificacións ás que se refiren os artigos 2º.1, parágrafo primeiro, e 2º.2, parágrafo primeiro, da Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación das competencias do Estado e das comunidades autónomas en materia de defensa da competencia. g) Exercer cantas funcións lle encomende a Comisión Galega da Competencia ou a persoa titular da presidencia da mesma.

CAPÍTULO VI

Réxime de Persoal

Artigo 37. Persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia. 1. O Instituto Galego de Consumo e da Competencia contará con persoal funcionario e/ou laboral da Xunta de Galicia. En todo caso, quedan reservadas ao persoal funcionario as funcións que impliquen a participación, directa ou indirecta, no exercicio de potestades públicas ou na salvagarda dos intereses xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e das administracións públicas, así como aquelas que se determinen na normativa aplicable en materia de emprego público. 2. O persoal funcionario que preste os seus servizos no Instituto réxese pola normativa reguladora do réxime do empregado público e polas súas normas de desenvolvemento. 3. Ao persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma destinado no Instituto garantiránselle os dereitos e deberes que se recollen no Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e rexerase polo texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e pola restante normativa que resulte de aplicación ao persoal laboral ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 31: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

31

4. O persoal do Instituto quedará sometido ao réxime xeral de incompatibilidades aplicable ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 38. Ordenación de postos de traballo. 1. A relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo e da Competencia determinará a natureza, contido e características do desempeño e retribución de cada posto de traballo, de acordo co disposto na normativa de emprego público. Esta relación será pública e, en todo caso, os postos de nova creación integraranse na oferta de emprego público da Xunta de Galicia ou nos sistemas de provisión de postos de traballo. 2. A proposta de aprobación e modificación da relación de postos de traballo do Instituto serán acordadas polo Consello Reitor, por proposta da Dirección, logo do informe favorable dos centros directivos competentes en materia de orzamentos e de función pública. 3. A aprobación da relación de postos de traballo corresponderá ao Consello da Xunta de Galicia e na súa tramitación estará sometida á normativa xeral establecida na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia sobre estes instrumentos de planificación de persoal.

Artigo 39. . Selección do persoal, provisión de postos de traballo e mobilidade.

1. Os procesos de selección do persoal funcionario e/ou laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia destinado no Instituto Galego de Consumo e da Competencia serán realizados polo centro directivo competente en materia de función pública e seranlles de aplicación as disposicións da lexislación galega sobre emprego público. 2. A provisión de postos de traballo e a mobilidade do persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma destinado no Instituto someteranse ao réxime xeral previsto na normativa de emprego público.

Artigo 40. Condicións de traballo e réxime retributivo. 1. A aprobación dos instrumentos polos cales se regulen as condicións de traballo do persoal destinado no Instituto e o seu réxime retributivo require informe previo e favorable dos centros directivos competentes en materia de orzamentos e de función pública e deberán ser negociados previamente coas organizacións sindicais representativas no ámbito do emprego público. 2. Os conceptos retributivos do persoal funcionario do Instituto son os establecidos na normativa reguladora da función pública de Galicia e dos orzamentos da Comunidade Autónoma. As súas contías determinaranse no marco do contrato de xestión. 3. As condicións retributivas do persoal laboral do Instituto son as establecidas no convenio colectivo aplicable e no respectivo contrato de traballo e as súas contías fixaranse de acordo co establecido no punto anterior.

Page 32: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

32

Capítulo VII

Réxime patrimonial e de contratación

Artigo 41. . Patrimonio. 1. O Instituto Galego de Consumo e da Competencia terá, para o cumprimento dos seus fins, un patrimonio propio, distinto do da Administración xeral da Comunidade Autónoma, integrado polo conxunto de bens e dereitos de que sexa titular. 2. Así mesmo, poderase acordar a adscrición ao Instituto, para o cumprimento dos seus fins, dos bens do patrimonio da Administración xeral da Comunidade Autónoma de calquera titularidade, de conformidade co disposto na normativa reguladora do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 42. . Bens e dereitos propios. 1. O Instituto poderá adquirir toda clase de bens e dereitos por calquera dos modos admitidos no ordenamento xurídico. 2. A afectación dos bens adquiridos, así como a adquisición e o alleamento de bens inmobles ou de dereitos sobre eles, realizarase de acordo co disposto na lexislación de patrimonio da Comunidade Autónoma.

Artigo 43. Bens adscritos. A adscrición e desadscrición de bens por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma rexerase pola lexislación autonómica de patrimonio. Tales bens conservarán a súa cualificación e titularidade xurídica orixinaria e corresponderalle ao Instituto o exercicio das competencias que determina a lexislación de patrimonio da Comunidade Autónoma para os bens adscritos.

Artigo 44. . Inventario. O Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a través da súa dirección, formará e manterá actualizado o seu inventario de bens e dereitos, tanto propios coma adscritos.

Artigo 45. Contratación. 1. A contratación do Instituto Galego de Consumo e da Competencia réxese pola normativa básica vixente en materia de contratos do sector público e polas normas de desenvolvemento aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia. 2. O órgano de contratación do Instituto é a Dirección, que precisará a autorización do Consello da Xunta de Galicia cando, por razón da contía, lle corresponda a este autorizar o gasto.

Page 33: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

33

Capítulo VIII

Réxime económico-financeiro e orzamentario

Artigo 46. Réxime económico.

1.- Para o cumprimento dos seus fins, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia dispoñerá dos seguintes recursos económicos:

a-. As transferencias consignadas nos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. b-. Os ingresos propios que perciban como contraprestación polas actividades que poidan realizar en virtude de contratos, convenios ou disposicións legais para outras entidades públicas ou privadas ou persoas físicas, en especial as derivadas da actuación do Laboratorio de Consumo de Galicia. c-. O produto da alienación dos bens e valores que constitúan o seu patrimonio, de acordo co establecido na lexislación de patrimonio da Comunidade Autónoma. d-. O rendemento procedente dos seus bens e valores. e-. As achegas voluntarias, doazóns, herdanzas, legados e demais achegas a título gratuíto de entidades privadas e particulares. f-. Os ingresos recibidos de persoas físicas e xurídicas como consecuencia do patrocinio de actividades ou instalacións. g-. Os ingresos provenientes de multas e sancións, que se adicarán a actividades e actuacións de control, corrección e transparencia do mercado. h.- As taxas e demais ingresos de dereito público ou privado que estea autorizado a percibir i-. Calquera outro recurso que se lles poida atribuír. 2.- Non se considerarán recursos económicos aos efectos do apartado anterior os ingresos por multas e sancións en tanto non sexa firme en vía administrativa ou xurisdicional o acto de imposición, de tal xeito que as devolucións de ingresos provenientes de multas e sancións como consecuencia da revogación do acto de imposición se executarán en primeiro termo con cargo aos ingresos provenientes de multas e sancións. .

Artigo 47. Orzamento. 1. O Instituto Galego do Consumo e da Competencia elaborará o seu anteproxecto de orzamento, conforme o disposto no plan anual de actuación e coa estrutura e documentación establecida pola consellería competente en materia de facenda. Unha vez aprobado polo Consello Reitor, o anteproxecto será remitido á Consellería de Economía e Industria que, logo do seu exame, o achegará, xunto co orzamento da propia consellería, á competente en materia de facenda para a súa integración no anteproxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. O orzamento deberá estar equilibrado e terá carácter limitativo polo seu importe global e carácter estimativo para a distribución dos créditos en categorías económicas,

Page 34: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

34

agás os correspondentes a gastos de persoal e capital que, en todo caso, teñen carácter limitativo e vinculante pola súa contía total. 3. Correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de facenda, por proposta da Dirección do Instituto, a autorización das variacións da contía global do orzamento, así como as que afecten gastos de persoal e de capital. A autorización das restantes variacións que superen o inicialmente orzado, mesmo na contía global, cando sexan financiadas con recursos derivados das alíneas b), e), f) e g) do artigo 46.1 dos Estatutos, por riba dos inicialmente orzados e sempre que existan garantías suficientes da súa efectividade e do correspondente equilibrio orzamentario, correspóndelle ao Consello Reitor, que deberá dar conta posteriormente á consellería competente en materia de facenda. 4. Non se poderán adquirir compromisos de gastos que se estendan máis de catro exercicios, e o gasto que se lle impute a cada un deles non poderá exceder a cantidade que resulte de lle aplicar ao importe total de cada programa, excluídos o capítulo de persoal e os restantes créditos que teñan carácter vinculante, as seguintes porcentaxes: o 70% no exercicio inmediato seguinte, o 60% no segundo e o 50% nos exercicios terceiro e cuarto. 5. En casos especialmente xustificados, o Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de facenda, poderá modificar as porcentaxes e os importes anteriores, así como modificar o número de anualidades. 6. A Dirección do Instituto poderá acordar incorporar o remanente de tesouraría non afectado ao orzamento do exercicio seguinte, logo do informe preceptivo e vinculante do centro directivo da Comunidade Autónoma competente en materia de orzamentos. Do dito acordo daráselle conta á Comisión de Control. 7. Os déficits derivados do incumprimento das estimacións de ingresos anuais compensaranse na forma prevista no contrato de xestión.

Artigo 48. Contabilidade. 1. O réxime de contabilidade será o establecido na lexislación de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. O Instituto deberá aplicar os principios contables que lle correspondan, para o cal contará cun sistema de información económico-financeiro e orzamentario que teña por obxecto mostrar, a través de estados e informes, a imaxe do patrimonio, da situación financeira, dos resultados e da execución do orzamento, e que proporcione información dos custos sobre a súa actividade que sexa suficiente para unha correcta e eficiente adopción de decisións. 2. Así mesmo, o Instituto contará cun sistema de contabilidade de xestión que permita seguir o cumprimento dos compromisos asumidos no contrato de xestión.

Artigo 49. Control da xestión económico-financeira. 1. O control externo da xestión económico-financeira do Instituto correspóndelle ao Consello de Contas de Galicia, de acordo coa súa normativa específica.

Page 35: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

35

2. O control interno da actividade económico-financeira do Instituto correspóndelle á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e realizarase de acordo co disposto na lexislación de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

CAPÍTULO IX

PLAN DE ACCIÓN ANUAL E CONTROL DE EFICACIA

Artigo 50. Plan de acción anual 1.O plan de acción anual comprenderá a previsión da actividade do Instituto para o exercicio seguinte, a definición dos obxectivos que se teñen que conseguir, a previsión dos resultados que se pretende obter e os instrumentos de seguimento, control e avaliación a que se ten que someter a actividade do Instituto. 2. O Plan de Acción anual contemplará os recursos persoais, materiais e orzamentarios precisos para a consecución dos obxectivos e resultados fixados

Artigo 51. Control de eficacia O Instituto estará sometida a un control de eficacia que será exercido, a través do seguimento do plan anual de actuación, pola Consellería de Economía e Industria e pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa. Este control ten por finalidade comprobar o grao de cumprimento dos obxectivos e a adecuada utilización dos recursos asignados.

CAPÍTULO IX Modificación de estatutos e extinción do Instituto Galego do Consumo e da

Competencia

Artigo 52. Modificación de estatutos

1.- A modificación dos estatutos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia a

levarase a cabo por decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería de Economía e Industria , logo de informe favorable das consellerías competentes en materia de administracións públicas e de facenda e audiencia das organizacións sindicais representativas no ámbito da función pública cando a modificación proposta afecte os contidos incluídos dentro do ámbito das materias enunciadas no artigo 37 do Estatuto básico do empregado público.

Page 36: ANTEPROXECTO DE DECRETO **/2015 , DE **** POLO QUE SE …ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa... · 2015. 12. 4. · En virtude da autorización contida no artigo 38 da

36

Artigo 53. Extinción do Instituto Galego de Consumo e da Competencia

A extinción do Instituto Galego do Consumo e da Competencia levarase a cabo por decreto do Consello da Xunta, por proposta da consellería de adscrición, logo do informe favorable das consellerías competentes en materia de administracións públicas e de facenda. O dito decreto determinará o destino dos bens, dereitos e obrigas do Instituto, así como as medidas aplicables aos empregados do organismo no marco da lexislación reguladora de cada tipo de persoal.