As normas do Portelo de Fuxú.portelodefuxu.com/wp-content/uploads/2014/08/94490765268... ·...

2
A BE permanecerá aberta en horario de 9.20 a 18.15 os luns e os mércores. Os martes e os xoves de 9.20 a 13.40 e de 16.00 a 20.00; e os venres de 9.20 a 13.40 durante os días lectivos do curso escolar. • O titor/a no seu horario de biblioteca realiza o préstamo. Nalgunhas aulas fanno os propios alumnos, baixo a supervisión do profesor. As familias poden acceder persoalmente nas horas de titoría ou a través dos seus fillos na hora de Biblioteca ou nos recreos. As normas do Portelo de Fuxú. Biblioteca Xosé Neira Vilas do CEIP do Foxo HORARIO DE APERTURA PRÉSTAMO Cada alumno e mestre posúe un carné que ten un número de lector adxudicado e con este accede ao préstamo. Os alumnos usan marcadores personalizados coa súa foto para sinalar o préstamo. Estes sinais deben ser respectadas por todos os usuarios da BE. • O préstamo farase de dous exemplares como máximo, durante un período de 15 días renovables. Os períodos de vacacións están incluídos no préstamo. Dito préstamo realizarase a través do programa Meiga. En caso de perda ou deterioro, débese substituír este material ou reembolsar o seu importe, con previa comunicación aos titores e á familia. 1

Transcript of As normas do Portelo de Fuxú.portelodefuxu.com/wp-content/uploads/2014/08/94490765268... ·...

Page 1: As normas do Portelo de Fuxú.portelodefuxu.com/wp-content/uploads/2014/08/94490765268... · 2014-08-02 · Os martes e os xoves de 9.20 a 13.40 e de 16.00 a 20.00; e os venres de

• A BE permanecerá aberta en horario de 9.20 a 18.15 os luns e os mércores. Os martes e os xoves de 9.20 a 13.40 e de 16.00 a 20.00; e os venres de 9.20 a 13.40 durante os días lectivos do curso escolar.

• O titor/a no seu horario de biblioteca realiza o préstamo. Nalgunhas aulas fanno os propios alumnos, baixo a supervisión do profesor.

• As familias poden acceder persoalmente nas horas de titoría ou a través dos seus fillos na hora de Biblioteca ou nos recreos.

As normas do Portelo de Fuxú.

Biblioteca Xosé Neira Vilas do CEIP do Foxo

HORARIO DE APERTURA

PRÉSTAMO

• Cada alumno e mestre posúe un carné que ten un número de lector adxudicado e con este accede ao préstamo.

• Os alumnos usan marcadores personalizados coa súa foto para sinalar o préstamo. Estes sinais deben ser respectadas por todos os usuarios da BE.

• O préstamo farase de dous exemplares como máximo, durante un período de 15 días renovables. Os períodos de vacacións están incluídos no préstamo. Dito préstamo realizarase a través do programa Meiga.

• En caso de perda ou deterioro, débese substituír este material ou reembolsar o seu importe, con previa comunicación aos titores e á familia.

1

Page 2: As normas do Portelo de Fuxú.portelodefuxu.com/wp-content/uploads/2014/08/94490765268... · 2014-08-02 · Os martes e os xoves de 9.20 a 13.40 e de 16.00 a 20.00; e os venres de

• Na BE permanecerase en silencio e empregarase un ton de voz baixo, para non molestar ao resto de usuarios.

• Hai que manter un comportamento axeitado: non se pode comer, nin beber, nin petar en ventás e portas.

• Tratarase de soster a orde: colocar ben os libros e deixalos no andel no que estaban, así mesmo deixaranse os xogos recollidos. No caso de dúbida, consúltese co profesor.

• Colleranse os libros do ciclo de referencia. Se queren outros, deben consultalo.

• Permanecerase en silencio ata que a persoa bibliotecaria poida atender a nosa petición.

• Empregarase de forma axeitada e con respecto as instalacións e os diversos materiais.

• Os dicionarios, enciclopedias e material de consulta só se pode empregar na BE.

• Ofrécense novidades expostas nos andeis específicos para o coñecemento dos nenos e nenas.

NORMAS DE USO DA BE

• Non rompelos.

• Non pintar neles.

• Gardalos ben: nos andeis, na

mesiña de noite, no armario.

• Non comer cando estamos a ver

os libros.

• Pasar as follas de unha en unha e

con coidadiño.

• Non babalos, nin mollalos e nin

cuspilos.

• Miralo nunha cadeira, na cama ou

nunha mesa.

• Na cociña non se poden ver

porque hai graxa.

• Non andar a xogar con eles.

• Ter coidado de que non caian

porque rompen ou podemos

pisalos.

• Non ir ao cuarto de baño con eles

porque poden mollarse.

• As mans teñen que estar limpas e

secas.

• Non se pode escribir neles, nin

raialos, nin mordelos.

• Non se poden tirar.

NORMAS PARA O USO DOS LIBROS DE E.I NA CASA

Estas normas foron consensuadas nunha asemblea

polos nenos e nenas de EI ao principio de curso:

2