As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica...

12

Transcript of As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica...

Page 1: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia
Page 2: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

As nosas motivacións

A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros

de economía de Galicia do noso pasado recente, as décadas 60 e 70 do século XX. Estes libros

pertencen a unha época convulsa, e ao mesmo tempo enchida de esperanzas de cambio e novas

posibilidades. Foron nestes anos, de finais dunha longa ditadura e comezo dun novo réxime

democrático, onde comezaron a xurdir numerosos estudos e reflexións sobre Galicia e os seus

problemas económicos, co fin de atopar solucións e contribuír ao seu desenvolvemento. A estas

inquedanzas de moitos intelectuais e académicos hai que engadir a creación dunha nova

Facultade de CC. Económicas en Santiago, na que os seus estudantes puideron vivir este

ambiente renovador e formarse con profesores que despois serían protagonistas das posteriores

transformacións políticas e sociais que se viviron no país. Estes son os libros deses profesores, e

os seus referentes, que aqueles alumnos lían con interese e curiosidade e que o seu

coñecemento enriquecerá sen dúbida aos estudantes de economía de hoxe. Esa é a nosa

intención e o noso desexo.

O segundo motivo e non menos importante, é mostrar o noso agradecemento ao profesor Julio

G. Sequeiros por esta doazón, da que esta exposición é só unha pequena mostra, coa que

contribuíu a enriquecer os fondos bibliográficos da biblioteca da nosa Facultade cuns libros tan

representativos da historia do pensamento económico de Galicia na segunda metade do século

XX.

Chus Parga

Directora da Biblioteca

Facultade de Economía e Empresa

Page 3: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

O pensamento económico en Galiza a través da doazón de Julio Sequeiros Tizón

Próxima a década dos 60 en Galiza xorde unha nova xeración de economistas que estrean

un pensamento económico centrado no noso territorio que dan en espallar a través de

obras monográficas e contribucións en novas revistas especializadas. Ata ese momento

non se pode falar en Galiza de nada semellante a unha xeración de economistas e moito

menos a un sistema conceptual ou a unha escola económica de seu.

Se cadra, porén, os alicerces do pensamento económico galego podémolos atopar no

século XVIII, ao tempo que nace unha nova ciencia da man de Adam Smith, en filósofos

ilustrados coma Benito Jerónimo Feijoo ou frei Martín Sarmiento. As novas teorías

económicas da ilustración chegaron tamén a Galiza da man de institucións tan

sobranceiras coma as Sociedades Económicas de Amigos do País. No século XIX o

pensamento reformista chega a Galiza grazas a homes coma Ramón de la Sagra ou Manuel

Colmeiro. No tradicionalismo moveuse outro destacado pensador, crítico coa economía

política liberal, como foi Alfredo Brañas.

Xa no século XX o que caracterizou aos intelectuais e estudosos da economía de Galiza é

a ligazón do seu pensamento económico ao seu pensamento político, o que podemos

comprobar no agrarismo liberal de Basilio Álvarez ou no pensamento económico do

galeguismo, entre cuxos representantes podemos destacar, entre outros, os escritos de

Alexandre Bóveda sobre política de ingresos e gastos públicos. A Guerra Civil truncou o

desenvolvemento das novas correntes de pensamento económico reducíndoa a sectores

do exilio con achegas de intelectuais do talle de Castelao ou Suárez Picallo ou á difícil

resistencia interior.

Non é ata a década dos 50 cando xorden algúns traballos sobresaíntes mais illados de

economía aplicada, coma foron, por exemplo, as obras do gran economista galego

Valentín Paz Andrade. Paradigma do renacemento do pensamento económico galego é a

aparición en 1958 da Revista de Economía de Galicia, dirixida por Xaime Isla Couto que

tería a Xosé Manuel Beiras coma subdirector o que, partindo do pensamento galeguista

de preguerra, e incorporando métodos de análise marxista e estruturalista, pode ser

considerado o iniciador da actual xeración de economistas galegos.

Pero son os anos 60 e 70 os que representan o verdadeiro rexurdimento da economía

galega moderna. Son tempos de axitación intelectual e desenvolvemento de novas ideas

no eido da economía de Galiza. Fitos daqueles anos son, entre outros, a inauguración da

Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais da Universidade de Santiago de

Compostela (1967), a publicación de obras esenciais sobre o desenvolvemento económico

de Galicia e a saída do prelo de novas revistas científicas especializadas na materia.

Page 4: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

Todos estes acontecementos, cruciais para a historia da economía galega convértense

para estudosos coma M. Jaime Barreiro Gil no “momento no que comeza a historia

contemporánea do pensamento económico en Galicia. Un pensamento novo, que se

corresponde cunha nova visión de Galicia e unha nova concepción teórica dos seus

problemas económicos.”

Podemos falar logo dunha morea de estudosos e investigadores que inician un

camiño que xa non se deterá ata os nosos días e que nos ofrecerá, dende a década dos

60 e 70 en diante, un bo número de estudos e publicacións que se converterán en

obras de referencia para as xeracións posteriores de estudantes, investigadores e

persoas interesadas na economía da nosa terra.

Son anos de grande actividade universitaria onde se demandan novas ideas na

literatura de análise política e económica e estase a crear unha verdadeira “biblioteca”

da literatura económica de noso.

Algunha das producións intelectuais máis destacadas desa xeración de estudosos

podédela ollar nesta exposición que vos presentamos. Son contribucións coma: La

agricultura y el estancamiento económico de Galicia en la España del Antiguo

Regimen de Jaime García-Lombardero y Viñas; O atraso económico de Galicia de

Xosé Manuel Beiras Torrado; a Revista Galega de estudios agrarios do Servizo de

Publicacións da Xunta de Galicia; ou La Polarización espacial en el crecimiento

económico español : el caso gallego de Julio G. Sequeiros Tizón, grazas a cuxa doazón

podemos agora ofrecervos esta selección de obras.

Mónica Rei

Facultade de Economía e Empresa

Biblioteca

Bibliografía

Barreiro Gil, M.J. (2009). A creación e os creadores do pensamento económico en

Galicia. En: Galicia economía. (Tomo LX, pp. 21-35). A Coruña : Hércules de

Ediciones.

Dopico, F. (1974). Economía. Pensamiento económico gallego. En: Gran Enciclopedia

Gallega. (Tomo IX, pp. 206-208). Gijón : GEA.

Economía. (1999). En: Enciclopedia Galega Universal. (Vol. 7, pp. 495-498). Vigo : Ir

Indo.

Page 5: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

Revista de economía de Galicia

Xaime Isla Couto (dir.) Vigo: Galaxia, 1958-1968

Nace grazas a iniciativa de Xaime Isla Couto, pai do

proxecto e deseñador do formato, dentro do equipo da

editorial Galaxia. Colaboran destacados galeguistas como

Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1963,

incorpórase como subdirector Xosé Manuel Beiras

Torrado. Non só era unha das primeiras publicacións que

trataba os problemas económicos propios de Galicia,

senón tamén foi introdutora no país da obra de autores

estranxeiros. Desenvolveuse en circunstancias políticas e

culturais moi difíciles, en pleno réxime franquista.

El problema del desarrollo en la Galicia rural

Xosé Manuel Beiras Torrado. Vigo: Galaxia, 1967

Trátase dun primeiro libro de investigación da

economía agraria galega, apoiada en material

estatístico, no que se analiza tanto a súa estrutura

como sector económico, como os condicionantes e

factores que entorpeceron a súa evolución.

É unha das primeiras obras de X.M. Beiras, onde

empeza xa a desenvolver as súas teses sobre o

colonialismo interior. Posteriormente, en 1970,

escribiría “Estructura y problemas de la población

gallega” e dous anos despois a que sería a súa

contribución fundamental “O atraso económico de

Galicia”.

Page 6: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

Introdución á economía galega hoxe

AA.VV. Galaxia, 1969

Son os textos editados conxuntamente do

ciclo de conferencias celebrado na Coruña

pola agrupación cultural “O Facho”, en 1968

co título xenérico de “Problemática

económico social galega” . Participan

destacados economistas galegos como Xaime

Isla, X.M. Beiras ou C. Otero Díaz. Foi un dos

primeiros libros que comezan a tratar o

problema galego desde unha perspectiva

propia. Tivo unha gran acollida no momento

da súa publicación pola alta demanda que

había de lectura política e económica sobre

Galicia.

La marginación de Galicia

Valentín Paz Andrade. Madrid: Siglo XXI, 1970

Este polifacético autor fai un ensaio de gran

importancia, onde profunda nos aspectos xa

esbozados na súa obra anterior “Galicia como

tarea”.

Analízanse todos os aspectos que conforman

a realidade socioecónómica dun país ou

rexión, a estrutura demográfica los sectores

produtivos,(fundamentalmente a agricultura e

a pesca) así como os aspectos financeiros.

Page 7: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

La agricultura y el estancamiento económico de

Galicia en la España del Antiguo Régimen

Jaime García-Lombardero y Viñas. Madrid: Xiglo

XXI, 1973

Constituíu una das primeiras achegas sobre historia

económica de Galicia. Expón os factores esenciais que

contribuíron ao estancamento económico de Galicia

durante o século XIX e que xa actuaban durante o

ultimo século do Antigo Réxime.

Revista Galega de estudos agrarios

Director, X. Isla Couto. Santiago de Compostela,

1979-1983

Editada pola Xunta de Galicia, nace e un proxecto

que nace xa con apoio institucional. O seu

primeiro director foi Xaime Isla Couto. No consello

de redacción estaba X.M. Beiras. Nesta revista

colaboraron os que máis tarde serían destacados

economistas e políticos de Galicia: Ceferino Díaz,

Emilio Pérez Touriño, Juan Quintás Seoane,

entre outros.

Page 8: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

O atraso económico de Galicia

X.M. Beiras Torrado. Vigo: Galaxia, 1972

Acadou xa un grande impacto no momento da súa publicación, a principios da década

dos 70 cando tanto na sociedade como na academia se estaban a debater cuestións

relativas a economía galega. Posteriormente, foi a obra que tivo unha maior

transcendencia, tanto académica como política, de xeito que se converteu na gran

referencia na recen creada Facultade de CC. Económicas de Santiago de Compostela

para os estudantes e parte do seu profesorado, nuns tempos de gran inquietude

intelectual e política.

O libro supuxo un achegamento novo aos problemas económicos de Galicia que para

moitos dos seus contemporáneos resultou ser revelador, aínda que tamén foi obxecto

de numerosos debates. Estre as réplicas atopámonos con obras dos seus alumnos

como “Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña producción campesina” de

Emilio Pérez Touriño ou “A outra economía galega” de Albino Prada e Abel López,

prologada polo propio Beiras.

Hoxe segue a ser unha obra fundamental, un clásico, da bibliografía económica galega.

Page 9: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

Economía e población en Galicia

Xosé Antonio López Taboada. A Coruña, Edicións do

Rueiro, 1979

Estudo científico sobre a demografía de Galicia na

segunda metade do século XIX e primeira década do

século XX que sitúa os resultados dentro do marco

histórico da economía galega.

O autor defende a tese de que mentres que a Galicia do

século XIX era un dos elementos precoces e mellor

situados dentro do conxunto hispánico, a inmobilidade

das súas estruturas económicas e modos de produción

anacrónicos entre outras causas, situárona nun punto

morto no século XX, imposible de superar sen

transformacións considerables na súa economía.

A Galicia Rural na encrucillada

AA.VV. Vigo: Galaxia, 1975

Tratase dunha obra colectiva, de trece autores, entre

os que se atopaban X.M. Beiras, R. Lopez-Suevos,

Camilo Nogueira, Odón Abad Flores ou Avelino Pousa

Antelo que no seu día participaron no ciclo de

conferencias que baixo ese mesmo título organizou a

agrupación cultural “O Facho” na Coruña. Os traballos

agrupáronse en 5 apartados un dos cales titulábase “As

relacións económicas e sociais”, dentro dun conxunto

de ensaios encol do mundo rural e campesiño, coa

intención de comprender os problemas do home

galego no seu conxunto.

Page 10: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

Estrutura da pesca costeira galega

Fernando I. González Laxe. Vigo: Galaxia, 1977

González Laxe, xa desde os anos 70 comeza a analizar o sistema económico da pesca

galega, poñendo de manifesto a carencia de investigacións académicas sobre o tema e

a necesidade dun estudo profundo que tivera como finalidade a proposta dunha

reforma pesqueira para facer fronte a crise que padecía o sector. Un ano antes xa

publicara tamén en Galaxia “Problemas da pesca costeira ga lega” e no 77

“Desenrolo capitalista e crise pesqueira”. Este último ten como base os relatorios

presentados no Seminario de Economía Pesqueira da Facultade de CC. Económicas de

Santiago, así como artigos de revistas e xornais publicados nestes anos polo autor.

Como curiosidade resaltamos a dedicatoria do libro, que resultou ter algo de profética

e as verbas limiares de X.M. Beiras que ilustran esa nova concepción da universidade

que nestes anos reivindicaba un sector do profesorado como contraposición “a ese

vello corpo esclerosado da institución oficial.”

Page 11: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia

Escedente económico e análise estructural

Ramón López-Suevos Fernández. Vigo: Galaxia, 1977

Trátase da edición comercial da tese doutoral, que foi

defendida polo autor en Santiago de Compostela en

1974. Non puido ser escrita en galego por precepto

legal e foi traducida por Pilar García Negro.

O autor fai una rigorosa investigación sobre un tema

considerado importante para a elaboración dunha

política de desenvolvemento apropiada para Galicia:

o concepto de excedente e o seu papel no análise

estrutural do desenvolvemento económico nas

economías campesiñas subdesenvolvidas .

Anteriormente, no ano 1975, xa tiña publicado o

breve estudo “Cara unha versión crítica da economía

galega” prologada tamén, como moitas destas

obras, por X. M. Beiras.

O monte é noso

Círculo de Información y Estudios Sociales (CIES). Vigo: Galaxia,

1979

Este libro trata do conflito social que xurdiu na

década dos 70 provocado polo problema dos montes

veciñais en man común. A “Coordinadora de Montes

Comunais” formouse para reivindicar a devolución dos

montes aos veciños e foi a organizadora das Xornadas

que sobre o tema celebráronse en Pontevedra en

decembro de 1978 e cuxas contribucións recóllese

neste libro. A coordinadora tamén foi a produtora do

salientable documental do mesmo título que sobre

este tema realizou o director catalán Llorenç Soler

(dispoñible en libre acceso en internet).

Page 12: As nosas motivacións - udc.gal · As nosas motivacións A través desta mostra bibliográfica queremos achegar aos estudantes da nosa Facultade os libros de economía de Galicia