As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o...

20

Transcript of As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o...

Page 1: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos
Page 2: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

As nosas motivacións

Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e

a biblioteca da FEE. Consiste nunha escolma do recentemente publicado sobre

cambio climático e as súas consecuencias, tanto no eido da literatura acadé-

mica, o ensaio, a divulgación e mesmo a ficción (películas e novelas). Preten-

demos contribuír á concienciación sobre este tema mostrando obras que axu-

dan a establecer a dimensión do problema e que presentan alternativas e pro-

postas de transformación da situación actual, especialmente desde o punto de

vista da economía.

Quero agradecer a iniciativa ao profesor Fernando Bruna e aos demais profe-

sores/as que colaboraron, así como ao persoal da biblioteca pola dedicación

que, como sempre, empregan no seu traballo.

Chus Parga

Directora da Biblioteca

Chus Parga

Directora da Biblioteca

Page 3: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Cambio climático: o estado da cuestión

A apaixonante temática do cambio climático deixase ver xa en todos os ámbi-

tos das artes, da política e da análise académica. Nesta exposición da bibliote-

ca da Facultade de Economía e Empresa amósase unha escolma de libros físi-

cos e de documentais accesibles online. Hai exemplos de materiais de divulga-

ción e de investigación e tamén dun novo xénero, a ficción climática (cli-fi, por

climate science, análogo ao sci-fi da ciencia ficción). Preséntase obras de entre-

temento, obras de divulgación, informes de institucións internacionais e obras

académicas, en ámbitos como Climatoloxía, Historia, Socioloxía ou Política e,

especialmente, a Economía.

A exposición está dirixida ao público en xeral, pero tamén a profesores e estu-

dantes que poidan ter interese en realizar traballos de fin de grao ou mestría,

teses de doutoramento ou publicacións relacionadas co cambio climático. As

obras expostas son só unha mostra da abundante produción actual con esta

temática, pero son tamén un bo exemplo do último que se está facendo ao

respecto, e teñen o obxectivo práctico de axudar a mitigar os efectos na econo-

mía.

Fernando Bruna Quintas

Profesor do Departamento de Economía da FEE

Page 4: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Renewable energy finance: powering the future

Editado por charles W. Donovan, 2015

Nesta obra reúnense estudos e reflexións de ex-

pertos mundiais no eido das finanzas e a enerxía.

Atoparemos información sobre as transaccións

de enerxías renovables e unha visión de como

están a responder países como os Estados Uni-

dos, India e China ante o reto enerxético mun-

dial. Poderemos coñecer experiencias da man de

altos directivos e líderes académicos relaciona-

das co risco, o retorno dos investimentos e os rá-

pidos cambios nas políticas gobernamentais. Sen

dúbida é un libro moi recomendable para acce-

der a perspectivas intelixentes e prácticas sobre

o futuro do investimento en enerxías limpas, que

pode servir de axuda para ampliar os coñece-

mentos na materia e como apoio en estudos e

traballos académicos.

Page 5: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El informe Stern

Nicholas Stern,

Paidós, 2007

Redactado polo economista Nicholas Stern e publicado en inglés

en outubro do 2006, supón un fito histórico, ao ser o primeiro in-

forme deste tipo encargado por un Goberno, o do Reino Unido, a

un economista, en lugar de a un climatólogo. Nicholas Stern, re-

coñecido economista e académico británico, (foi vicepresidente

para o desenvolvemento económico e economista xefe do Banco

Mundial entre 2000 e 2003), afirma que a análise económica de-

berá ser global, para poder abordar as consecuencias a longo

prazo, estudar a fondo a economía dos riscos e incertezas e exa-

minar a posibilidade de cambios importantes. As súas principais

conclusións afirman que se necesita un investimento equivalente

ao 1% do PIB mundial para mitigar os efectos do cambio climáti-

co e que, de non facerse este investimento, o mundo se exporía a

unha recesión que podería acadar o 20% do PIB global. O infor-

me tamén suxire a imposición de ecotaxas para minimizar os de-

sequilibrios socioeconómicos.

Paloma Avilés (El Economista, 15/07/2007)

Page 6: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Elysium

Película escrita e dirixida por Neill Blomkamp, 2013

Filme de ciencia ficción para pasar unha tarde

entretida e reflexionar sobre as consecuen-

cias das accións do home sobre o entorno. No

ano 2154, existen dúas clases de persoas: as

ricas, que viven nunha estación espacial cha-

mada Elysium, e o resto, que viven nunha Te-

rra arruinada, superpoboada e afectada polo

cambio climático, a contaminación e numero-

sas enfermidades. A secretaria de defensa

Delacourt (Jodie Foster) fai cumprir as leis an-

ti-inmigración e preservar o luxoso estilo de

vida dos cidadáns de Elysium. A xente da Te-

rra segue intentando entrar. No medio desta

situación Max (Matt Damon) asume unha mi-

sión que, se ten éxito, non só salvará a súa vi-

da, senón que podería traer a igualdade a un

mundo polarizado.

Page 7: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El motín de la naturaleza

Philipp blom

Anagrama, 2019

Philipp Blom é un historiador, novelista, xornalista e tra-

dutor alemán, doutor en Historia Moderna pola Universida-

de de Oxford. Estamos ante un ameno libro que analiza a

Pequena Idade do Xeo (1570-1700) e como derivou nunha

nova orde estrutural da economía rural, que a súa vez xe-

rou un novo tipo de dinámica urbana que acabou promo-

vendo a aparición da Ilustración (Descartes, Hobbes, Gali-

leo...), é dicir, a aparición da cultura occidental actual. O au-

tor aproveita esta viaxe para reflexionar sobre o cambio cli-

mático nos nosos días.

Macroeconmics of climate change in a dualistic

economy

Svil Acar, Ebru Voyvoda, Erinc Yeldan, 2018

Libro dirixido a académicos, que aplica un mode-

lo de equilibrio xeral computable a una economía

dual para estudiar o crecemento económico e as

políticas de mitigación do cambio climático. Utili-

zando Turquía como exemplo, proporciona tanto

un marco de modelización do desenvolvemento

económico verde, como datos e modelos accesi-

bles na páxina web do libro. Sevil Acar e Erinc Yel-

dan son tamén os editores do “Handbook of Green

Economics”, publicado en 2019 por Academic

Press.

Page 8: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

SED

Neal Shusterman e Jarrod Shusterman

Nocturna, 2019

¿Ata onde chegarías para obter a última pinga

de auga? Jarrod e Neal Shusterman, Premio Na-

cional de Literatura Xuvenil nos Estados Unidos

e autor de best sellers como “Siega” e “El Abis-

mo”, tráennos nesta ocasión unha distopía que

vai ser levada ao cine por Paramount. Nesta no-

vela iremos ata o sur de California, a un barrio

no que vive Alyssa e a auga deixa de fluír da pía.

Despois de anos de seca todo o mundo está

afeito ás advertencias: non regar o céspede,

non encher a piscina, non tomar duchas lon-

gas… Pero esta vez non queda auga para afo-

rrar. O supermercado énchese de familias de-

sesperadas e dispostas a todo para conseguir

auga. E cando os pais de Alyssa saen á procura

de provisións e non regresan, ela, seu irmán e

un peculiar veciño deben comezar a tomar de-

cisións difíciles para sobrevivir. Unha historia

trepidante, que che fará meterte na pel dos

protagonistas e pensar se te comportarías co-

ma eles ante unha situación similar.

Page 9: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El planeta inhóspito: la vida después del ca-

lentamiento

David Wallace-Wells

Debate, 2019

Ensaio realizado polo periodista David Wallace

-Wells, especialista na investigación e difu-

sión de asuntos científicos e culturais. Nesta

obra, o autor pretende que o lector/a reflexio-

ne acerca das diferentes crises que serán con-

secuencia do quentamento global que está

acontecendo na actualidade, baseado en pre-

dicións e evidencias científicas e tratando de

promover un cambio de comportamento que

faga entrar en acción á sociedade. En concre-

to, menciona consecuencias como as mortes

por calor, as fames, os afogamentos, os incen-

dios, a escaseza de auga, o aire irrespirable, as

pragas ou o colapso económico, entre outros.

Algunhas recensións sobre esta obra:

«Un libro que tenemos que leer si no quere-

mos que nuestros nietos nos maldigan.» Ti-

mothy Snyder

«Un libro penetrante, que a la vez me da

miedo y esperanza sobre el futuro.» Jonathan

Safran Foer

Page 10: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

La sexta extinción: una historia nada natural

Kolbert, Wlizabeth

Crítica, 2015

Hace 66 millones de años, en el planeta Tierra, cayó

un asteroide que exterminó a los dinosaurios y a un

gran número de aves, mamíferos, plantas y formas

de vida marina. Hoy el planeta atraviesa una sexta

extinción pero, esta vez, aclara la autora, el agente

de destrucción masiva es el ser humano.

Antropoceno: la política en la era humana

Manuel Arias Maldonado

Taurus, 2018

O profesor de Ciencia Política na Universidade de

Málaga, Manuel Arias Maldonado reflexiona nesta

obra acerca de como está o mundo dende un punto

de vista medioambiental, tendo en conta as diferen-

tes implicacións políticas, sociais e culturais. En con-

creto, afirma que chegamos a unha nova época: o

Antropoceno. Esta nova época caracterízase porque

o ser humano colonizou o planeta e agora é o princi-

pal axente de cambio medioambiental a nivel glo-

bal. A través desta obra podemos descubrir un novo

réxime caracterizado por moitos perigos pero tamén

moitas oportunidades.

Page 11: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Y vimos cambiar las estaciones

Philip Kitcher e Evelyn Fox Keller

Errata Naturae, 2019

Dous grandes científicos da actualidade, como

o filósofo Philip Kitcher e a física Evelyn Fox Ke-

ller, achégannos dunha forma amena, accesible

para o gran público e ben documentada, a un

dos temas máis controvertidos da actualidade: o

cambio climático. Para isto recorren a seis esce-

nas ou conversacións cotiáns con doce persona-

xes interesantes, verosímiles, ricas e complexas;

cada unha con biografías, ideas e posicións soci-

oeconómicas moi distintas. Estas personaxes fa-

lan, argumentan, discuten e enfróntanse ao mo-

nopolio da conversación por parte das instancias

financeiras, políticas e mediáticas. A veces unha

personaxe convence a outra, a veces agranda as

súas dúbidas ou ábreselle un punto de vista. Do

que se trata é de xerar debate e invitar ao lector

a que participe nel, atopando ao final do libro

referencias, datos e explicacións co rigor científi-

co que merece esta cuestión

Page 12: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Por qué las mujeres salvarán el planeta

Varias autoras

Rayo Verde Editorial, 2019

Obra composta por diferentes ensaios, entrevis-

tas e casos de estudio que dan voz a diferentes

voces de movementos feministas e ecoloxistas in-

ternacionais e amosan as formas en que as mulle-

res participan na loita contra o cambio climático

pero tamén fan fincapé na súa loita a favor dunha

transformación da sociedade ou das formas de

poder. En concreto, pregúntanse se o empodera-

mento da muller pode transformar as posibilida-

des de loitar por unha sustentabilidade ambien-

tal. A resposta afirmativa basease nos diferentes

discursos ofrecidos polas mulleres que participan

na obra: Christiana Figueres, Patricia Espinosa, Su-

san Buckingham, Zandile Gumede, Diane Elson,

Lola Young, Nathalie Holvoet y Liesbeth Inberg,

Atti Worku, Shukri Haji Ismail Bandare y Fatima Ji-

brell, Karin Nansen, Gotelind Alber, Lyla Mehta y

Melissa Leach, Naoko Ishii, Caroline Lucas, Julie A.

Nelson, Vandana Shiva, Celia Alldridge, Maria

Mies, Nidhi Tandon, Anna Fitzpatrick, Carina

Hirsch, Kate Metcalf, Juliet Davenport e Yayo He-

rrero.

Page 13: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El casino del clima

William D. Nordhaus

Deusto, 2019

Nordhus recibiu en 2018 (xunto con Paul Ro-

mer) o premio Nobel de economía polo seu mo-

delo cuantitativo sobre a interacción entre a

economía e o clima. Neste libro aborda o cam-

bio climático dende cinco perspectivas distintas:

1) A causa última do cambio climático é a quei-

ma de combustibles fósiles; 2) o impacto poten-

cial dunha suba de 2-3 graos centígrados é moi

serio; 3) para substituír o actual patrón de con-

sumo baseado en combustibles fósiles, por acti-

vidades baixas en emisións é necesario aplicar

incentivos a millóns de empresas e miles de mi-

llóns de persoas; 4) a aplicación de medidas de-

be facerse de xeito gradual pero estas inclúen

penalizacións aos que se manteñan á marxe dos

acordos climáticos; 5) Obstáculos actuais, como

o dilema nacionalista que dificulta acordos glo-

bais, só trasladan os custes dunhas xeracións a

outras

Page 14: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Cambiemos el mundo

Greta Thunberg

Lumen, 2019

Greta Thunberg, unha moi nova activista climática

sueca, que se converteu nun dos referentes sociais na

loita contra o cambio climático é a protagonista desta

obra. Coñecida por iniciar unha folga polo clima todos

os venres na cidade de Estocolmo en agosto de 2018

que pronto se expandiu ao resto do mundo. A día de

hoxe esta rapaza tivo reunións con líderes políticos

europeos, dou discursos en diferentes ámbitos tales

como a recente COP-25 celebrada en Madrid. Na ac-

tualidade é unha das candidatas ao Premio Nobel da

Paz 2019. ¿Que atoparemos nesta obra? Unha recom-

pilación dos seus discursos e de diferentes comenta-

rios da prensa durante o período 2018-2019

Nueva York 2140

Kim Stanley Robinson,

Minotauro, 2018

Obra de Kim Stanley Robinson (1952), un dos gran-

des autores da ciencia ficción norteamericana.

¿Como será o futuro dunha gran cidade? A través

deste libro podemos descubrir o futuro da cidade

de Nova York no ano 2140, en concreto, este autor

narra a historia dunha cidade que vai cambiando

coas subidas das mareas ata estar somerxida en

auga, mostrando ao mesmo tempo, como a vida na

cidade segue adiante pero ao mesmo tempo mos-

trando todos os cambios aos que se enfrontan as

personaxes.

Page 15: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El clamor de los bosques

Richard Powers

Anaya, 2019

Se as árbores puidesen falar, ¿que nos dirí-

an? A resposta podémola atopar nesta nove-

la gañadora do Premio Pulitzer 2019 e finalis-

ta do Premio Man Booker 2018. Ambientada

en varias épocas, preséntanos fábulas entre-

lazadas nas que se explora o conflito esencial

do noso planeta: o que ten lugar entre hu-

manos e non humanos. Coñeceremos a

unhas personaxes moi diversas, entre elas un

xefe de carga da Forza Aérea en Vietnam, ao

que lle disparan no ceo e é salvado ao caer

sobre unha árbore banyan, ou a unha cientí-

fica con problemas de oído e fala que desco-

bre que as árbores se comunican entre sí. Es-

tas personaxes serán convocadas polas pro-

pias árbores, co obxectivo de salvar as pou-

cas hectáreas de bosque virxe que queda en

América. Aprenderán a ver o noso planeta

como algo extenso, interconectado, cheo de

recursos… á vez que forman parte da súa

paulatina catástrofe. Unha historia emocio-

nante sobre o activismo e a resistencia, que

tamén é unha evocación e un eloxio do mun-

do natural, e que de seguro che fará reflexio-

nar.

Page 16: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El green new deal

Jeremy Rifkin

Paidós, 2019

O termo Gren New Deal serviu para bautizar, hai máis de unha déca-

da, un movemento que inspirou en Europa a unha crecente lexión de

activistas medioambientais. Converteuse nun mantra de gran poder

mobilizador ao que adoita aludir unha nova xeración de congresistas

estadounidenses, encabezadas por Alexandria Ocasio-Cortez.

A denominada “burbulla do carbono” é unha expresión utilizada polo

sociólogo e activista norteamericano Jeremy Rifkin para explicar a po-

sibilidade de que o abandono das vellas enerxías do século XX polas

novas -verdes e máis baratas- orixine unha bestial cantidade de acti-

vos obsoletos, de xeito que se cree una enorme burbulla de carbono

susceptible de estalar en 2028 “e que levaría ao colapso da civilización

dos combustibles fósiles”. Rifkin -autor de una vintena de libros sobre

o impacto dos cambios científicos e tecnolóxicos na economía, a forza

laboral, a sociedade e o medio ambiente- pretende compartir a expe-

riencia acumulada nas dúas últimas décadas de traballo coa Unión Eu-

ropea e China. Unha colaboración que, asegura, serviu a ambos go-

bernos para preparar a transición cara a unha Terceira Revolución In-

dustrial de carbono cero.

Jorge Murcia (El Correo, 14/10/2019)

Page 17: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Economía del cambio climático

Jaime Terceiro Lomba

Taurus, 2009

Obra breve, froito dunha disertación de Jaime Terceiro, catedrático de Fundamentos da Aná-lise Económica da Universidade Complutense, na Xunta da Real Academia de Ciencias Mora-les e Políticas, en maio de 2008. Ten o mérito de recoñecer o escepticismo inicial do autor ante a polémica relativa aso efectos da activi-dade humana sobre o cambio climático. A par-tires de aí, revisa e acepta o consenso científi-co sobre este tema e presenta ferramentas de análise económica útiles para facer fronte ao reto: a existencia de fallos de mercado e a apa-rición de externalidades que xustifican inter-vencións públicas; a análise custe-beneficio a un problema rodeado de incertezas; e o cálcu-lo de las técnicas de desconto. Analiza tamén o establecemento de impostos ou a posta en práctica de mercados de emisión transferibles.

Page 18: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

La tierra herida ¿qué mundo heredarán nuestros

hijos

Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro

Destino, 2006

Miguel Delibes foi unha das primeiras figuras da

literatura española posterior á Guerra Civil, Premio

Príncipe de Asturias das Letras, e autor de clásicos

como “Las ratas” ou “Cinco horas con Mario”. Nes-

te libro dialoga co seu fillo biólogo, que foi director

da Estación Biolóxica de Doñana, e está considera-

do como a máxima autoridade mundial sobre o lin-

ce ibérico. Os dous conversan sobre o cambio cli-

mático, a desertificación, a desaparición de espe-

cies, a escaseza de recursos básicos, o desxeo dos

polos....

Energy and Economic Theory

Ferdinand E. Banks,

World Scientific, 2015

Manual onde podemos atopar información so-

bre os temas fundamentais da economía enerxé-

tica sen moita complicación matemática. Moi

adecuado para estudantes universitarios pero, en

xeral, destinado a calquera persoa con interese

en temas de esta índole. Conta cunha breve in-

trodución á economía enerxética, posteriormente

presenta unha análise máis técnica, finalizando

cun resumo nada técnico que se pode consultar

de forma independente ao resto do manual.

Page 19: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

El día de mañana (The Day After Tomorrow)

Película dirixida por Roland Emmerich, 2004

Entretido blockbuster de catástrofes con crítica social

aos políticos reticentes a tomar medidas contra o

cambio climático. Premio BAFTA a mellores efectos

especiais. Unha serie de anómalos fenómenos climá-

ticos empezan a producirse en distintas partes do

globo. O quentamento global puxo o planeta ao bor-

de dunha nova era glacial. Mentres o climatólogo

Jack Hall advirte á Casa Branca do inminente cambio

climático, o seu fillo Sam e os seus amigos atópanse

atrapados en Nova York, a onde foran para participar

nun concurso académico entre institutos.

El cambio climático: análisis y política económica: una

introducción

Director: Josep M. Vergara

La Caixa, 2009

Estudo moi recomendado para académicos con intere-

se no tema que pretende alcanzar un triplo obxectivo.

En primeiro lugar, expoñer os principais problemas que

temos que afrontar á hora de tratar cuestións funda-

mentais relacionadas coa economía do cambio climáti-

co. Un segundo obxectivo é presentar os principais ins-

trumentos que axudan na comprensión e interpreta-

ción do análise económico e as políticas de cambio cli-

mático. Finalmente, resume as explicacións aportadas

dende o análise económico en temas de cambios cli-

mático. Tal e como indican no seu prefacio os autores

intentan presentan diferentes puntos de vista dos te-

mas máis polémicos.

Page 20: As nosas motivacións · Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e ... para o gran público e ben documentada, a un dos temas máis controvertidos

Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa