As palabras doces

2
AS PALABRAS DOCES Esta mañá, Lola espertou con palabras doces na boca. "Están aquí", di, "sinto como se inchan baixo as meixelas". A Lola gustaríalle dicir as súas palabras doces a papá. Pero é demasiado tarde. Papá vaise. A Lola gustaríalle dicir as súas palabras doces a mamá. Pero mamá ten moita présa. "Mamá, gustaríame dicirte. . . ", cuchichea Lola. "Logo, cariño", contesta deseguida mamá. "Chegarás tarde á escola". No autobús, hai demasiado ruído parra dicir palabras doces. No patio da escola, Lola achégase á mestra. Pero a señorita xa ten a un pequeniño nos brazos.O seu compañeiro de mesa non lle cae moi simpático. Non terá as súas palabras doces. É a hora de recreo. Todas xogan en roda. Lola non puido soltar nin unha palabra, e aínda menos unha palabra doce. A mediodía, no comedor, todo o mundo mastiga. Lola non di nada. "As palabras doces", pensa "non" son "para mastigar". Á saída, aí está Frankie. É a el a quen quere ofrecer as súas palabras doces máis doces.Que groseiro! Pasa por diante dos seus narices sen pararse, sen dicirlle nada, sen esperar as súas palabras doces. No autobús, segue habendo demasiado ruído. De todos os xeitos, agora, Lola pon mala cara. " Mamá, papá, adórovos! Adórovos! Adórovos! " Lola logrou por fin dicir as súas palabras doces. As palabras

Transcript of As palabras doces

Page 1: As palabras doces

AS PALABRAS DOCES

Esta mañá, Lola espertou con palabras doces na boca."Están aquí", di, "sinto como se inchan baixo as meixelas".

A Lola gustaríalle dicir as súas palabras doces a papá. Pero é demasiado tarde. Papá vaise. A Lola gustaríalle dicir as súas palabras doces a mamá. Pero mamá ten moita présa.

"Mamá, gustaríame dicirte. . . ", cuchichea Lola.

"Logo, cariño", contesta deseguida mamá. "Chegarás tarde á escola".

No autobús, hai demasiado ruído parra dicir palabras doces. No patio da escola, Lola achégase á mestra. Pero a señorita xa ten a un pequeniño nos brazos.O seu compañeiro de mesa non lle cae moi simpático. Non terá as súas palabras doces.

É a hora de recreo. Todas xogan en roda. Lola non puido soltar nin unha palabra, e aínda menos unha palabra doce.

A mediodía, no comedor, todo o mundo mastiga. Lola non di nada. "As palabras doces", pensa "non" son "para mastigar".

Á saída, aí está Frankie. É a el a quen quere ofrecer as súas palabras doces máis doces.Que groseiro! Pasa por diante dos seus narices sen pararse, sen dicirlle nada, sen esperar as súas palabras doces.

No autobús, segue habendo demasiado ruído. De todos os xeitos, agora, Lola pon mala cara.

" Mamá, papá, adórovos! Adórovos! Adórovos! "

Lola logrou por fin dicir as súas palabras doces. As palabras doces, ao irse, fan efecto. Deseguida, todo son mimos e biquiños para Lola. . . .

Pero, mentres sobe cara ao seu cuarto, está un pouco preocupada: e se mañá xa non viñesen as palabras doces?

Tan pronto como Lola apaga a luz, queda máis tranquila. As palabras doces de mañá xa están no seu cuarto.

Esta mañá Lola espertou con palabras doce na boca.