As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi...

6
1 - Historia da Igrexa - As Reformas Protestante e Católica (ss. XVI e XVII) Unha nova división se desencadea no seo da Igrexa de Occidente. O fraile agustino Martiño Lutero rompe coa Igrexa de Roma; en 1517 cravou nas portas da igrexa do Castelo de Wittenberg as súas 95 Teses, ideas críticas sobre a venda de indulxencias promulgadas polo papa León X para poder realizar a construcción da Basílica de San Pedro de Roma, cuestionando a súa honorabilidade e a validez espiritual dos seus discursos, o que lle valeu a excomuñón por parte de Roma o 3 de xaneiro de 1521. Pronto se extendeu polo centro e norte de Europa, por causas tamén políticas. As principais características da doctrina Protestante son: a) Autoridade soberana da Biblia en materia de fe; recházase todo aquelo que pertenza á Tradición e o Maxisterio da Igrexa.

Transcript of As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi...

Page 1: As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido principalmente a través do Concilio

1

- Historia da Igrexa -

As Reformas Protestante e Católica

(ss. XVI e XVII)

Unha nova división se desencadea no seo da Igrexa de Occidente. O fraile

agustino Martiño Lutero rompe coa Igrexa de Roma; en 1517 cravou nas portas da

igrexa do Castelo de Wittenberg as súas 95 Teses, ideas críticas sobre a venda de

indulxencias promulgadas polo papa León X para poder realizar a construcción da

Basílica de San Pedro de Roma, cuestionando a súa honorabilidade e a validez

espiritual dos seus discursos, o que lle valeu a excomuñón por parte de Roma o 3 de

xaneiro de 1521. Pronto se extendeu polo centro e norte de Europa, por causas tamén

políticas.

As principais características da doctrina Protestante son:

a) Autoridade soberana da Biblia en materia de fe; recházase todo aquelo que

pertenza á Tradición e o Maxisterio da Igrexa.

Page 2: As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido principalmente a través do Concilio

2

b) A salvación do ser humano so a través da fe. As boas obras non son a causa da

salvación, senón a súa consecuencia.

c) A forza interior do Espírito Santo, pola cal o crente comprende o espírito da

palabra de Deus, que se expresa nos libros sagrados (Biblia) e non nos mandatos da

Igrexa (rechaza, por tanto, a autoridade do papa).

d) Non teñen devoción polos santos nin pola Virxe María (a quen si recoñecen

como nai de Xesús), mentres que os católicos si cren na súa intercesión nas pregarias

ante Deus (culto de veneración).

Resúmese dita doctrina nas Cinco “Sola”: So a Escritura, So a Fe, So a Gracia, So

Cristo e So a Deus a Gloria.

O Protestantismo foise ramificando en diversas igrexas protestantes: Luteranismo,

Calvinismo, Anglicanismo, Zwinglio, Evanxélicos, Baptistas, Anabaptistas, Metodistas,

Pentecostais, etc.

Anglicanismo en Inglaterra: Enrique VIII, rei de Inglaterra,

pide o divorcio de Catalina de Aragón, filla dos Reis Católicos,

coa fin de casarse con Ana Bolena. Ó non serlle concedido

polo papa, decide crear unha nova Igrexa, a Anglicana (froito,

máis dos seus antoxos persoais ca das crenzas relixiosas), da

cal será el a súa cabeza visible relixiosa e política.

Calvinismo (Francia, Suiza): Na mesma época, Xoán

Calvino creou unha nova relixión en Francia, na cal, en termos resumidos, a lonxanía ou

cercanía de Deus víase influenciada polo progreso social e económico, con poucas

regras de moralidade. A aparición desta nova igrexa protestante protagonizou a

guerra relixiosa en Francia e no resto de Europa, a Guerra dos Trinta Anos, con

acontecementos tan tristes como a noite de san Bartolomeu, 1572.

A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA

O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido

principalmente a través do Concilio de Trento (1545-1563), dando lugar así á

Reforma Católica ou Contrarreforma; neste concilio fixáronse algúns aspectos da

doctrina católica e da misión da Igrexa naquel tempo:

1) a salvación da persoa vén tanto pola fe coma polas obras;

2) reafírmase a presenza real de Cristo na Eucaristía;

Page 3: As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido principalmente a través do Concilio

3

3) a interpretación autorizada das Sagradas Escrituras por parte do Maxisterio

da Igrexa;

4) a veneración (que non é adoración; esta so a Deus) da Virxe e os santos;

5) a creación de novos seminarios diocesanos para unha completa formación dos

futuros sacerdotes.

6) a reforma das ordes relixiosas tradicionais e fundación de novas ordes que

levasen a evanxelización ó medio do pobo coas súas necesidades concretas.

Así, destacan:

A fundación da Compañía de Xesús (os Xesuitas), por San Ignacio de Loiola

(Guipúzcoa, 1491-1556), en 1540, coa finalidade evanxelizadora, propagando a fe,

sendo pioneiros nos métodos de inculturación, educando á xuventude, traballando en

tódolos campos do saber, enfrentándose ás inxustizas e defendendo os dereitos

humáns. Cabe destacar o seu gran labor apostólico e de promoción social

especialmente nos territorios recentemente descubertos e colonizados (Latinoamérica,

Extremo Oriente).

En 1773 o papa Clemente XIV viuse forzado a extinguir a Compañía e outro papa,

Pío VII, restaurouna en 1814.

Xa no s. XX os Xesuitas desenrolan a súa misión evanxelizadora seguindo os

principios fundamentais do Concilio Vaticano II (1962-1965), que afirma que existe un

vínculo inseparable entre a fe e a promoción da xustiza. Esto levaríaos en moitas

ocasións a poñerse do lado das víctimas e a denunciar as estructuras inxustas que

xeran as desigualdades, abusos, discriminacións, etc, implicándose sempre na

construcción dun mundo máis xusto.

Pero esta Reforma Católica non so se dá na institución da Igrexa, senón tamén a

través de moitos cristiáns, co seu gran compromiso de vida, de evanxelización e de

solidariedade social, especialmente entre os máis pobres da sociedade:

- San Felipe Neri (Italia, 1515-1559) funda en 1552 a Congregación do Oratorio

que, con novos métodos evanxelizadores e pastorais, de acollida a todos, etc., soubo

transmitir o Evanxeo ás xentes de Roma. Patrono dos educadores e humoristas.

Festividade: 26 maio.

- San Carlos Borromeo, arcebispo de Milán (Italia, 1538-1584). Fundou centos de

escolas de catecismos, seis seminarios, para unha óptima formación dos sacerdotes,

etc. Festividade, 4 novembro.

- San Camilo de Lellis (Italia, 1550-1614), fundador da Comunidade dos Servos

dos Enfermos, agora chamados Padres Camilos (1584), para a asistencia ós enfermos

graves e ós moribundos; patrono dos enfermos e precursor da Cruz Vermella.

Festividade, 14 xullo.

Page 4: As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido principalmente a través do Concilio

4

- Destaca tamén nesta época San Vicente de Paúl

(Francia, 1581-1660), quen (axudado por Louise de

Marillac) fundou: a Congregación da Misión (C.M.),

coñecidos tamén como Padres Paúles, 1625.

O seu lema é “Evangelizare pauperibus misit me

Dominus”, “O Señor envioume para evanxelizar ós

pobres”, as Conferencias de Caridade e a Asociación

relixiosa Compañía das Fillas da Caridade, adicadas ó

coidado dos pobres e os enfermos. Festividade, 27

setembro

- Jeanne-Françoise de Chantal (Francia, 1572-

1641), coa fundación da Congregación da Visitación da

Nosa Señora (1610), para a asistencia de enfermos e a educación das nenas.

Festividade, 3 agosto.

- Nesta misión foi axudada por Francisco de Sales (Francia, 1567-1622), bispo de

Xenebra, onde sentía unha suma preocupación polos pobres e pola formación dos

seus fregueses. Por elo empezou a escribir libros de maneira sinxela que gustaron a

todos.

Considerado patrono dos periodistas (“Non nos alporicemos no camiño uns contra

outros; camiñemos cos nosos irmáns e compañeiros con dozura, paz e amor”).

Festividade, 24 xaneiro.

- Juan Francisco de Régis (Francia, 1597- 1640): xesuita discípolo de Francisco

Xabier. Adicou a súa misión apostólica entre os máis pobres, humildes, enfermos.

Festividade, 14 xuño.

- Máis tarde, en 1681, Jean-Baptiste de La Salle (Francia, 1651-1719) funda a

Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás (os colexios la Salle) para a educación de

nenos pobres ou abandoados; nomeado por Pío XII patrón dos educadores cristiáns.

Festividade: 7 abril.

- En España, Santa Tereixa de Xesús (Ávila, 1515-Alba de Tormes, 1582), que

reformou a orde das Carmelitas e influiu decisivamente na renovación espiritual.

Festividade, 15 outubro.

Vinculado a ela na reforma da Orde Carmelita hai que mencionar ó fraile

carmelita, asceta e poeta español San Xoán da Cruz (Ávila, 1542- Xaén, 1591).

Festividade: 14 decembro.

San Francisco Xabier (Navarra, 1506- China, 1552), relixioso xesuita, que se uniu ó

grupo de Ignacio de Loiola e anunciou o Evanxeo como misioneiro no Extremo

Oriente. Festividade, 3 decembro.

San Francisco Blanco (A Gudiña, 1570-Xapón 1597): misioneiro franciscano

mártir, xunto con outros vintecinco misioneiros, en Xapón. Festividade, 6 febreiro.

San Xosé de Calasanz (Huesca 1556-Roma 1648): pioneiro da educación colectiva

e gratuita, ó alcance de todos, non so dos privilexiados. Funda en Roma a Orde dos

Escolapios para a educación de nenos pobres; agora extendidos por todo o mundo.

Page 5: As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido principalmente a través do Concilio

5

Festividade, 25 agosto. En España celébrase o 27 de novembro o Día dos Mestres, en

memoria deste santo, declarado por Pío XII patrón das Escolas Cristiás dende 1948.

San Pedro Claver (Lleida, 1580-Cartaxena de Indias, 1654): misioniero e sacerdote

xesuita español, entregado a aliviar o sufrimento dos escravos do porto negreiro de

Cartaxena de Indias, onde viviu a maior parte da súa vida. Modelo da praxis cristiá da

caridade e a defensa dos dereitos humáns.

- San Xoán de Deus (Portugal, 1495-España, 1550), funda a Comunidade dos

Irmáns Hospitalarios, que actualmente levan o seu nome. Festividade, 8 marzo.

O Ecumenismo

A comezos do s. XX iniciouse o chamado movemento

ecuménico ou ecumenismo, un intento de diálogo, reflexión,

oración, etc. entre as principais Igrexas cristiás co obxecto de

encontrar elementos comúns que nos poidan conducir á

desexada unión de todos os cristiáns na única Igrexa que Cristo

quere. Así, acordouse que tódolos anos, entre o 18 (festividade da confesión de san

Pedro) e o 25 (festividade da Conversión de san Paulo) de xaneiro, se celebraría en

tódalas Igrexas cristiás do mundo (católicos, ortodoxos, protestantes) o Octavario de

Oración pola Unidade dos Cristiáns.

Page 6: As Reformas Protestante e Católica...A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido principalmente a través do Concilio

A Renovación da Igrexa Católica

a través dos cristiáns comprometidos

(ss. XVI e XVII)

Nesta época (descubrimento e evanxelización do Novo Mundo, a Reforma Protestante, a Reforma

Católica ou Contrarreforma, o Concilio de Trento, etc.) a Igrexa tamén precisou dunha profunda

renovación para dar unha resposta coherente ás novas realidades.

Esta renovación veu en gran parte, a través do dobre compromiso, humanitario cos máis

desfavorecidos da sociedade, e evanxelizador, de moitas persoas profundamente cristiáns que se

implicaron na atención, acollida, servizo, caridade, educación, sanidade, etc. nos lugares nos que

vivían. As súas obras permanecen hoxe, cinco séculos despois, como mostra do compromiso da Igrexa

cos máis necesitados do noso mundo.

Investiga e RELACIONA (anota o número do personaxe nas casiñas que correspondan):

Festividade no

Santoral

Funda en Roma a Orde dos Escolapios, para a educación dos nenos

máis pobres. 1. Camilo de Lelis 24 xaneiro

Fraile carmelita, asceta e poeta español, que axudará a Tereixa de

Xesús na renovación e reforma de dita orde relixiosa. Autor de La

Noche oscura e de Cántico Espiritual.

2. Tereixa de Xesús 6 febreiro

Funda a comunidade relixiosa dos Servos dos Enfermos (Padres

Camilos). Patrono dos enfermos e precursor da Cruz Vermella

3. Jean-Baptiste de La

Salle 8 marzo

Funda a Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás (os colexios

La Salle) para a educación de nenos pobres e abandoados. 4. Carlos Borromeo 7 abril

Bispo de Xenebra, preocupado pola formación dos seus fregueses.

Patrono dos periodistas. 5. Felipe Neri 26 maio

Misioneiro franciscano ourensán, mártir, xunto con outros 25

misioneiros, en Xapón. 6. Vicente de Paúl 14 xullo

Funda a Comunidade dos Irmáns Hospitalarios (que levan o seu

nome) para o coidado de enfermos pobres. 7. Ignacio de Loiola 7 31 xullo

Arcebispo de Milán. Fundou escolas de catecismos e seminarios,

preocupado pola formación humana e cristiá. 8. Xoán da Cruz 25 agosto

Relixioso xesuita navarro, misioneiro no Extremo Oriente. 9. Xosé de Calasanz 27 setembro

Relixiosa de Ávila que reforma a Orde das Carmelitas e inflúe na

renovación espiritual da Igrexa do seu tempo.

Mística na súa experiencia relixiosa, escribiu Camino de perfección

para dirixir ás relixiosas e Castillo interior para instruir ós cristiáns.

10. Francisco de Sales 15 outubro

Sacerdote francés (s.XVII). Fundou a Congregación da Misión (os

Padres Paúles) e (xunto a Louise de Marillac) as Fillas da Caridade,

para o coidado dos pobres e enfermos

11. Xoán de Deus 4 novembro

Funda a Congregación do Oratorio en Roma, para a acollida a

todos e a re-evanxelización da cidade.

Patrono de educadores e humoristas, polo seu grande sentido do

humor e humildade.

12. Francisco Xabier 3 decembro

7

Relixioso guipuzcoano fundador da Compañía de Xesús (Xesuitas),

para a evanxelización, a aposta pola formación integral (humana e

relixiosa) das persoas, a defensa dos dereitos humáns, etc.

13. Francisco Blanco 14 decembro