As tecnoloxías da información e a comunicación

25

Transcript of As tecnoloxías da información e a comunicación

Page 1: As tecnoloxías da información e a comunicación
Page 2: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Contenido

As novas tecnoloxía da información e a comunicación.................2Intelixencia artificial......................................................................3 A robótica...................................................................................4Telecomunicacións.........................................................................6 Historia.......................................................................................6Tecnoloxía multimedia..................................................................8 Teléfonos móbiles......................................................................9 Evolución..............................................................................9Internet : A globalización.............................................................10A WEB 2.0...................................................................................12Valoración críticas das posibilidades e riscos da tecnoloxías da información..................................................................................14

1

Page 3: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

As novas tecnoloxía da información e a comunicación

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son un concepto moi asociado á informática. Aínda que podemos dicir que son “novas”, o concepto de novo ten que adaptarse as diferentes épocas. Que quero dicir con esto? Que o teléfono, cando Alexander Graham Bell o inventou e logo se comercializou, era algo novo, agora non. O mesmo pasou ca televisión e cos teléfonos móbiles , aínda que Apple e Samsung seguen impresionándonos cos novos deseños. Polo que agora, todas esas innovacións que foron na súa época non se consideran novas tecnoloxías na nosa. Incluso agora xa nin poderíamos meter dentro de ese grupo ós ordenadores, xa que non evolucionaron moito nos últimos anos. O que si poderíamos considerar como NTIC (Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación) son a tablets que se empezaron a comercializar a partires da chegada da 2ª e 3ª xeración de smarthphones. Todo esto é unha pequena introducción para explicar que as TIC´s non teñen un orixe concreto, xa que todas as innovacións relativas á comunicación e a información pódense considerar novas no contexto histórico na que as sitúemos.

Graham Bell co primeiro teléfono de fondo unhas liñas de teléfono.

Estas tecnoloxías están feitas para facilitar a vida. Por exemplo, Internet creouse nun principio para que un científico non tivera que levantarse a levarlle un informes o seu homólogo que estaba noutra planta. Ocorréuselle a idea de interconectar os ordenadores de maneira que nin tivera que imprimir os informes nin tivera que levantarse, só darlle a tecla Enter. Pediulle a un dos seus axudantes que o fixera, e deu tan bo resultado que se foi estendendo dende os ordenadores dos científicos a toda a planta, logo a toda a empresa e logo a todo o Mundo. Esto é un dato curioso para saber como se creou Internet e para demostrar que TODAS as novas tecnoloxías serven para mellorar e facilitar a vida. Os coches, avións, móbiles, Internet..todo. Qué será o seguinte? Coche máis veloces e más seguros, incluso que poidan voar. Quen sabe se nun futuro no farán falta estes aparatos xa que viaxaremos a través de portais? Eso serán novas tecnoloxías no momento que se inventen, pero agora, nos centraremos nas actuais en nalgúns que xa non o son.

2

Page 4: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Intelixencia artificial Unha das últimas innovacións no mundo da informática e das novas tecnoloxías é a intelixencia artificial. Que é? É a ciencia que fai que un ser NON vivo sexa capaz de razoar, é dicir, que faga accións segundo pense se son boas, malas, etc. John McCarthy denominouna en 1956 como “A ciencia e enxeño de facer máquinas intelixentes, especialmente, programas de cómputo intelixente” Deste último termino, programas de cómputo artificial, falaremos máis adiante. A intelixencia artificial ten algunhas características:

Busca do estado requerido no conxunto de estados producidos polas accións posibles.

Algoritmos xenéticos ( análogo o proceso de evolución das cadeas de ADN) Redes neuronais artificiais (análogo ó funcionamento físico do cerebro dos

humanos e dos animais) Razoamento mediante unha lóxica formal análogo o pensamiento abstracto

humano.

Historia A historia da intelixencia artificial remóntase bastantes máis anos atrás do que a maioría da xente cre. Pensamos que IA é recente, pero non. Arístoteles, un filósofo de fai 2300 anos, xa escribiu un conxunto de regras que describen unha parte do funcionamento da mente para conseguir conclusións racionais. Pasaría moito tempo, concretamente 1600 anos,ata que se volvera a falar sobre o razoamento; foi Ramón Llull, no seu libro Ars Magna, onde plasmou a súa idea de que o razoamento podía ser creado de maneira artificial. Despois de Llull, pasou máis de medio siglo ata que alguén volveu a indagar no tema. EN 1936, Alan Turing deseña formalmente unha Máquina universal, un dispositivo que manipula símbolos sobre unha tira de cinta de acordo a unha táboa de regras. Esta máquina, a pesar da súa simplicidade pode ser adaptada para simular a lóxica de calquera algoritmo de computador. Tamén demostrou na súa época a viabilidade de calquera dispositivo físico para implementar calquera cómputo formalmente definido. Sete anos despois, Warren McColluch e Walter Pitts presentarin os seu modelo de neuronas artificiais. Logo creouse o LogicTheorist, o cal era capaz de demostrar teoremas matemáticos. Despois do Congreso de Dartmouth, cando se encuñou o actual termino de Intelixencia Artificial, houbo un abandono case total das investigacións científicas debido a unhas previsión triunfalistas de dez anos que xamais se cumpliron. Despois de ese anos de abandono, en 1973 Shank e Abelson desenrolan os guións ou scripts pilares de moitas técnicas actuais de Intelixencia Artificial e a infórmatica e xeral. Eses guións foro os que permitiron á computadora Deep Blue gañar en 1997 ó campión mundial de xadrez, Garry Kasparov. Unhas das últimas probas de IA é Cleverbot, que é un programa co que podes falar, pero é un programa, non unha persoa. Fotos: A esquerda, duelo entre Deep Blue e Kasparov, á esquerda, os dous contrincantes.

3

Page 5: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Hai un “problema”, segundo ven algunhas persoas, que é que as máquinas non teñen sentimentos, os que ás veces obstaculizan tomar a decisión más axeitada ó problema dado. Moitas pensamos en dispositivos artificiais, capaces de concluír miles de premisas a partires de outras premisas dadas. Sen que ningún tipo de emoción teña a opción de obstaculizar a devandita labor. Esto, podería concluírse con que as máquinas con IA sempre toman as decisións axeitadas. Aínda que polo momento a maioría dos investigadores no ámbito da IA centrase só no aspecto racional, moitos de eles consideran seriamente a posibilidade de incorporar compoñentes “emotivos” como indicadores de estado, co fin de aumentar a eficacia dos sistemas intelixentes. Mazlish, e 1995 dixo que se podería equipar a un robot con dispositivos que controlen o seu medio interno, como por exemplo, que “senta fame” ó detectar que o seu nivel de enerxía está descendendo ou que “sentan medo” cando aquel este demasiado baixo. Esto significa que os sistemas intelixentes de podería ser dotados con mecanismos de retroalimentación que lles permitan ter coñecemento de estados internos, igual que sucede cos humanos que dispoñen de varias percepcións, como a intercepción. A retroalimentación está especialmente desenrolada na cibernética, por exemplo, no cambio de dirección e velocidade dun mísil. Volvendo ó tema dos sentimentos, os sistemas intelixentes ó carecer de eles, permítelles non esquecer a meta que deben alcanzar. Nos humanos, o olvido da meta ou o abandonar as metas por perturbacións emocionais é un problema que nalgúns casos chega a ser incapacitante. Os sistema intelixentes, ó combinar unha memoria durable, unha asignación de metas o motivación, xunto ca toma de decisións e asignación de prioridades con base a estados actuais e estados, logran un comportamento moi eficiente, especialmente ante problemas complexos e perigosos.

A robótica A robótica é a rama da tecnoloxía que se dedica ó deseño, construción, operación, disposición estrutural, manufactura e aplicación dos robots. Esta ciencia combina diversas disciplinas como son: A mecánica, a electrónica, a informática,a enxeñería de control, a física e a intelixencia artificial. Por iso nomeo a esta ciencia neste apartado. Quizais, se a un grupo de persoas que non saben a definición de intelixencia artificial nin a robótica, lles preguntamos que digan a cousa que máis asocian ca IA, dirían que o robots. Por qué? Porque como as persoas pensamos que só algúns os seres vivos teñen intelixencia, cando vemos un robot, que pensa por si só(que realmente non é así, só interpretan unha chea de algoritmos introducidos previamente) xa pensamos, valga a redundancia, que tamén ten intelixencia, e por iso o asociamos á IA. Son moitos os robots que temos visto, elucubracións de cómo poden ser nun futuro, se nós poderemos insertar a nosa cabeza nun corpo robótica e ser inmortais. Pero todo iso son imaxinacións, agora o que realmente se está facendo é crear pernas e brazos robóticos para xente con discapacidade. Fai pouco, uns científicos xaponés crearon unha estrutura que rodeaba as pernas e mais a cintura e que permitía andar a xente parapléxica. O problema de esta ciencia é que é moi cara e desenrolar estas estruturas ten un coste moi elevado, polo que só as persoas adiñeradas poderían acceder a eles. Dentro duns anos (esperase que poucos) deseñen unha formar de fabricar estes robots en serie e con un coste non tan elevado para que máis persoas podan acceder a eles.

4

Page 6: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Estrutura robótica que permite andar.

Esta ciencia tamén está permitindo chegar a lugares insospeitados para o home. Por exemplo, a Marte. O robot Curiosity (seu nome real e MSL Mars Science Laboratory) aterrizou de forma exitosa no planeta vermello xa fai máis dun ano, o 6 de agosto do 2012, despois de ser lanzado o 26 de novembro do 2011, é dicir, tardou un pouco máis de 8 meses en chegar.

Aterrizaxe do Curiosity en Marte

A parte do impresionante esforzo que tiveron que facer os científicos para facer aterrizar un vehículo de rover de 899 quilogramos, incluíndo 80 quilos de instrumentos e análises científicos. Isto resulta unha diferenza abismal con outros vehículos de recoñecemento usados na Mars Exploration Rover cuxo peso era de 185 kg e só levaban 5 kg de instrumental científico. O que realmente resulta asombroso que pese tanto tendo en conta as súas dimensións: 2.7 metros de largo e só 75 cm de altura. O problema do seu peso e a velocidade de desprazamento, que é de 90 metros/hora con navegación automática, per orealmente será de 30 polas variantes do terreo; espérase que nos dous anos que estea no planeta recorra 19 kilómetros.

Os datos están ben, pero o que realmente importa de este robot é todo o instrumental científico que leva encima para recadar toda a información posible:

Ten 4 tipos de cámaras, que transmiten diferentes imáxenes, a MastCam que proporciona imáxenes tridimensionais; a MAHLI, que se usa para tomar fotos microscópicas das rocas; a MARDI, que serviu para tomar as fotos do aterrizaxe e as Hazcams, que son catro pares de cámaras situadas na parte delanteira, traseira, esquerda e dereita do Curiosity.

Ten outros 4 espectómetros, o ChemCam, o Espectómetro de raios X por radiación alfa (APXS), o Chemin e por último,o de análises de mostras en Marte (SAM)

5

Page 7: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Dous detectores de radiación: O detector de avaliación de radiación (RAD) e un Albedo dinámico de neutróns (REMS)

E por último tamén conta con sensores medioambientais.

O Curiosity é o último éxito da Intelixencia Artificial e da robótica. Por iso incluino neste apartado e din algunhas das súas características. Ademais pode cambiar a nosa percepción do Universo tal e como o coñecemos se demostrase que hai ou houbo vida en Marte.

Telecomunicacións

Chámase telecomunicación á técnica de transmitir unha mensaxe desde un punto a outro, normalmente co atributo típico adicional de ser bidireccional. Provén do grego tele, que significa distancia. Por tanto, o termo telecomunicación cubre todas as formas de comunicación a distancia, incluíndo radio, telegrafía, televisión, telefonía, transmisión de datos e interconexión de ordenadores.

Historia

A historia das telecomunicacións remóntase ata 1873, cando o físico inglés James Clerk Maxwell, no prefacio da súa obra Electricity and Magnetism, declarou que a súa principal tarefa consistía en xustificar matematicamente conceptos físicos descritos ata ese momento de xeito unicamente cualitativa, como as leis da indución electromagnética e dos campos de forza, enunciadas por Michael Faraday. Con este obxecto, Maxwell introduciu o concepto de onda electromagnética, que permite unha descrición matemática axeitada da interacción entre electricidade e magnetismo mediante as súas célebres ecuacións que describen e cuantifican os campos de forzas. Isto foi o principio de algo que cambiaría a vida das persoas por completo, xa que grazas o escrito de Faraday, na primeira metade do séc. XIX, co telégrafo eléctrico, comezan as verdadeiras telecomunicacións. A esta invención fixéronselle dous notábeis mellorías: a adición dunha cinta perforada para poder recibir mensaxes sen que un operador estivera presente e a capacidade de enviar varios mensaxes pola mesma liña, que se chamou despois telégrafo múltiple. Máis tarde veu o teléfono, co que foi posible comunicarse utilizando a voz, e a revolución da comunicación sen fíos: as ondas de radio. A principios do séc. XX aparece o teletipo, que permitía enviar un texto en algo parecido a una máquina de escribir e recibir un texto que se imprimía. O termo telecomunicación foi definido por primeira vez na reunión conxunta da XIII Conferencia da UTI que comezou en Madrid o día 3 de setembro de 1932. A definición aprobada entón do termo foi: Telecomunicación é toda transmisión, emisión ou recepción, de signos, sinais, escritos, imaxes, sons ou informacións de calquera natureza por fío, radioelectricidade, medios ópticos ou outros sistemas electromagnéticos. O seguinte aparello revolucionario nas telecomunicacións (por aló da metade do século) foi o módem que fixo posible a transmisión de datos entre computadoras e outros dispositivos. Na década dos sesenta comeza a unión entre a telecomunicación e mais a informática co uso de satélites de comunicación e as redes de conmutación de paquetes. Nos anos oitenta as computadoras persoais volvéronse

6

Page 8: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

populares, aparecen as redes dixitais e as redes de telecomunicacións comezan a facerse omnipresentes.

Na última década do século XX aparece a internet, que se expandiu enormemente e a principios do século XXI estamos vivindo os comezos da interconexión total, a través de todo tipo de dispositivos que son cada vez máis rápidos, máis compactos e máis poderosos.

Unha proba clara da extensión das telecomunicacións é a abundancia de teléfonos móbiles e de internet móbil que hai na maioría dos países desenvolvidos subdesenvolvidos. Esta gráfica mostra o despegue que tivo o internet móbil en todo o mundo. A suba nalgúns aspectos, como o de ingresos pode chegar a ser alarmante debido a situación económica na que se encontra envolta o mundo.

Xa que falamos da telecomunicación tamén debemos falar dos compeñentes que se necesitan para que esta sexa posible. Estes elementos son: un transmisor, unha liña ou medio de transmisión e posiblemente, imposto polo medio, unha canle e finalmente un receptor. O transmisor é o dispositivo que transforma ou codifica as mensaxes nun fenómeno físico, o sinal. O medio de transmisión, pola súa natureza física, é posible que modifique ou degrade o sinal no seu traxecto desde o transmisor ao receptor. Por iso o receptor ha ter un mecanismo de decodificación capaz de recuperar a mensaxe dentro de certos límites de degradación do sinal. Nalgúns casos, o receptor final é o oído ou o ollo humano (ou nalgún caso extremo outros órganos sensoriais) e a recuperación da mensaxe faise pola mente. Despois, tamén pode a haber diferentes tipos de telecomunicación: pode ser punto a punto, punto a multipunto ou teledifusión, que é unha forma particular de punto a multipunto que funciona soamente desde o transmisor aos receptores, sendo a súa versión máis popular a radiodifusión. E como en todos os procesos de comunicación, poden haber diferentes interferencias ou problemas técnicos: ruído impulsivo, ruído térmico, tempo de propagación, función de transferencia de canle non linear, caídas súbitas do sinal (microcortes), limitacións no ancho de banda e reflexións de sinal (eco). Moitos dos modernos sistemas de telecomunicación obteñen vantaxe de algunhas destas imperfeccións para, finalmente, mellorar a calidade de transmisión da canle.

7

Page 9: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Tecnoloxía multimedia A tecnoloxía multimedia é aquela que combina o uso de arquivos de diferentes tipos de orixe, como imáxenes, vídeos, animacións, voces, música e texto. A súa utilización convertíuse en uso de cotío en Intenet e nas novas tecnoloxías en xeral, gañando unha importante aceptación entre os usuarios debido a interactividade que produce mediante a utilización de recursos de calidade. Se nos adentramos máis no termo multimedia, este utilízase para referirse a calquera obxecto ou sistema que utiliza múltiples medios de expresión físicos ou dixitais para presentar ou comunicar información. De alí a expresión multimedia. Os medios poden ser variados, dende texto e imaxes, ata animación, son, vídeo, etc. Tamén se pode cualificar como multimedia aos medios electrónicos ou outros medios que permiten almacenar e presentar contido multimedia. Multimedia é similar ao emprego tradicional de medios mixtos nas artes plásticas, pero cun alcance máis amplo.

Características da tecnoloxía multimedia A multimedia encontra o seu uso en varias áreas incluíndo pero non limitado: arte, educación, entretemento, enxeñaría, medicina, matemáticas, negocio, e a investigación científica. Na educación, a multimedia utilízase para producir os cursos de aprendizaxe computarizado (popularmente chamados CBT) e os libros de consulta como enciclopedia e almanaques. Un CBT deixa o usuario pasar cunha serie de presentacións, de texto sobre un asunto particular, e de ilustracións asociadas en varios formatos de información. O sistema da mensaxería da multimedia, ou MMS, é un uso que permite que un envíe e que reciba as mensaxes que conteñen a multimedia - contido relacionado. MMS é unha característica común da maioría dos teléfonos celulares. Unha enciclopedia electrónica multimedia pode presentar a información de maneiras mellores que a enciclopedia tradicional, así que o usuario ten máis diversión e aprende máis rapidamente. Por exemplo, un artigo sobre a segunda guerra mundial pode incluír hyperlinks (hiperligas ou hiperenlaces) aos artigos sobre os países implicados na guerra. Cando os usuarios acendan un hyperlink, vólvenos dirixir a un artigo detallado acerca dese país. Ademais, pode incluír un vídeo da campaña pacífica. Pode tamén presentar os mapas pertinentes aos hyperlinks da segunda guerra mundial. Isto pode acelerar a comprensión e mellorar a experiencia do usuario, cando está agregada aos elementos múltiples tales como cadros, fotografías, audio e vídeo. (Tamén se di que algunha xente aprende mellor vendo que lendo, e algúns escoitando). Debido as facilidades que dá a multimedia, esta é moi usada na industria do entretemento, para desenvolver especialmente efectos especiais en películas e a animación para os personaxes de caricaturas. Os xogos da multimedia son un pasatempo popular e son programas do software como CD-ROMs ou dispoñibles en liña. Algúns xogos de vídeo tamén utilizan características da multimedia. Os usos da multimedia permiten que os usuarios participen activamente en vez de estar sentados chamados recipientes pasivos da información, a multimedia é interactiva. Os xogos e simulacións multimedia poden usarse en ambientes físicos con efectos especiais, con varios usuarios conectados en rede, ou localmente cun computador sen acceso a unha rede, un sistema de videoxogos, ou un simulador. No mercado informático existen variadas aplicacións de autoría e programación de software multimedia, entre as que destacan Adobe Director e Flash.

8

Page 10: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Teléfonos móbiles

A tecnoloxía multimedia está para facilitarnos a vida. E cal é o obxecto que máis nos facilita a vida hoxe en día? O teléfono móbil. Xa falamos varias veces antes de el, pero agora afundirémonos máis na súa evolución e en como algo tan pequeno pode chegar a ser tan practico, e dicir, nomearemos as súas aplicacións a nosa vida cotiá.

Evolución

Todo comeza en 1876, cando Graham Bell inventa o teléfono. Este no evoluciona moito no seu funcionamento, só no seu aspecto exterior. Non é ata 1983, cando Motorola DynaTAC lanza o primeiro teléfono móbil, que tiña un peso de ..¡800 gramos! A evolución do móbil permitiu chegar aos actuais máis compactos e con maiores prestacións de servizo. O desenvolvemento de baterías máis pequenas e de maior duración, pantallas máis nítidas e de cores, a incorporación de software máis amigable, fan do teléfono móbil un elemento moi apreciado na vida moderna. O avance da tecnoloxía fixo que estes aparatos incorporen funcións que non fai moito parecían futuristas, como xogos, reprodución de música MP3 e outros formatos, correo electrónico, SMS, axenda electrónica PDA, fotografía dixital e vídeo dixital, videochamada, navegación por Internet, GPS, e ata Televisión dixital. As compañías de telefonía móbil xa están a pensar novas aplicacións para este pequeno aparato que nos acompaña a todas as partes. Algunhas desas ideas son: medio de pagamento, localizador e identificador de persoas. Esta última parte da evolución é a que a nós nos interesa. Esa incorporación de funcións que non fai moito parecían futuristas é a multimedia. Apartado que agora trataremos con máis detalle.

Multimedia aplicada ós móbiles

Xogos: Un entretemento. Pódense descargar en Google Play se tes un móbil con sistema Android e en App Store se tes un Apple.

Reprodutor de música en MP3: Un reprodutor de audio dixital é un dispositivo que almacena, organiza e reproduce arquivos de audio dixital. Comunmente denomínaselle reprodutor de MP3, reprodutor MP3, ou simplemente MP3 (debido á ubicuidade do formato *.mp3), pero os reprodutores de audio dixital reproducen a miúdo outros formatos de arquivo como algúns outro formatos propietarios á parte de MP3, por exemplo Windows Media Audio (WMA).

Correo electrónico: Una engadido máis que che permite recibir directamente os e-mails no teu móbil sen necesidade de entrar na páxina web. Normalmente esta aplicación ven de serie no móbil.

GPS: O SPG ou GPS (Global Positioning System: sistema de posicionamento global) é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) que permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa ou un vehículo cunha precisión ata de centímetros. O sistema foi desenvolvido, instalado e actualmente operado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. O sistema GPS está constituído por 24 satélites e utiliza a triangulación para determinar en todo do globo a posición cunha precisión de máis ou menos metros.

9

Page 11: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Internet : A globalización Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP, garantindo que as redes físicas heteroxéneas que a compoñen funcionen como unha rede lóxica única, de alcance mundial. As súas orixes remóntanse a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de computadoras, coñecida como ARPANET, entre tres universidades en California e unha en Utah, Estados Unidos. Un dos servizos que máis éxito tivo en Internet foi a World Wide Web (WWW, ou "a Web"), ata tal punto que é habitual a confusión entre ambos os dous termos. A WWW é un conxunto de protocolos que permite, de forma sinxela, a consulta remota de arquivos de hipertexto. Esta foi un desenvolvemento posterior (1990) e utiliza Internet como medio de transmisión.

Historia de Internet As súas orixes remóntanse á década de 1960, dentro de ARPA (hoxe DARPA), como resposta á necesidade desta organización de buscar mellores maneiras de usar os computadores dese entón, pero enfrontados ao problema de que os principais investigadores e laboratorios desexaban ter os seus propios computadores, o que non só era máis custoso, senón que provocaba unha duplicación de esforzos e recursos. Así nace ARPANet (Advanced Research Projects Agency Network ou Rede da Axencia para os Proxectos de Investigación Avanzada dos Estados Unidos. O outro paso fundamental foi facer dialogar (En cursiva porque os ordeadores non dialogan entre si, só están comunicados os ordenadores entre si. Para explorar este terreo, en 1965, Roberts conectou unha computadora TX2 en Massachusetts cun Q-32 en California a través dunha liña telefónica conmutada de baixa velocidade, creando así a primeira (aínda que reducida) rede de computadoras de área ampla xamais construída. Tardáronse 7 anos ata que o proxecto de ARPANET viu a luz. En 1975, realizouse a Primeira demostración pública de ARPANET, unha nova rede de comunicacións financiada pola DARPA que funcionaba de forma distribuída sobre a rede telefónica conmutada. O éxito desta nova arquitectura serviu para que, en 1973, a DARPA iniciase un programa de investigación sobre posibles técnicas para interconectar redes (orientadas ao tráfico de paquetes) de distintas clases. Fóronse modificando moitas cousas, os algortimos, o códigos, os protocolos de comunicaciones ata que no CERN de Xenebra, un grupo de físicos encabezado por Tim Berners-Lee creou a linguaxe HTML, baseada no SGML. En 1990 o mesmo equipo construíu o primeiro cliente Web, chamado WorldWideWeb (WWW), e o primeiro servidor web. A inicios dos 90, coa introdución de novas facilidades de interconexión e ferramentas gráficas simples para o uso da rede, iniciouse o auxe que actualmente lle coñecemos ao Internet. Este crecemento masivo trouxo consigo o xurdimento dun novo perfil de usuarios, na súa maioría de persoas comúns non ligadas aos sectores académicos, científicos e gobernamentais. 1993 xa se levantara a prohibición ao uso comercial do Internet e definido a transición cara a un modelo de administración non gobernamental que permitise, á súa vez, a integración de redes e provedores de acceso privados O 3 de xaneiro de 2006, a cifra de internet alcanzou os mil cen millóns de usuarios.

10

Page 12: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

Gráfica dos usuarios de Intenet en diferentes partes do mundo en 2007

Usos de Internet Xa que se globalizou Internet, explicaremos os seus usos e vantaxes para a vida diaria das persoas. O Internet moderno permite unha maior flexibilidade nas horas de traballo e a situación. Co Internet pódese acceder a case calquera lugar,a través de dispositivos móbiles de Internet. Os teléfonos móbiles, tarxetas de datos, consolas de xogos portátiles e routeres celulares permiten aos usuarios conectarse a Internet de forma inarámica. Dentro das limitacións impostas polas pantallas pequenas e outras instalacións limitadas destes dispositivos de peto, os servizos de Internet, incluíndo correo electrónico e a web, poden estar dispoñibles ao público en xeral. Os provedores de internet pode restrinxir os servizos que ofrece e as cargas de datos móbiles pode ser significativamente maior que outros métodos de acceso. Pódese encontrar material didáctico a todos os niveis, dende preescolar ata post-doutoral está dispoñible en sitios web. Os exemplos van dende CBeebies, a través da escola e secundaria guías de revisión, universidades virtuais, ao acceso á gama alta de literatura académica a través do talle de Google Académico. Para a educación a distancia, axuda coas tarefas e outras asignacións, a auto-aprendizaxe guiada, entretendo o tempo libre, ou simplemente buscar máis información sobre un feito interesante, nunca foi máis doado para a xente a acceder á información educativa en calquera nivel, dende calquera lugar. O Internet en xeral é un importante facilitador da educación tanto formal coma informal. Sistemas de xestión de contido permiten a colaboración aos equipos traballar en conxuntos de documentos compartidos ao mesmo tempo, sen destruír accidentalmente o traballo do outro. Os equipos de negocio e o proxecto poden compartir calendarios, así como documentos e outra información. Esta colaboración prodúcese nunha ampla variedade de áreas, incluíndo a investigación científica, desenvolvemento de software, planificación da conferencia, o activismo político e a escritura creativa. A colaboración social e político é cada vez máis xeneralizada, como acceso a Internet e difusión coñecementos de informática. A Internet permite aos usuarios de computadoras acceder remotamente a outros equipos e almacéns de información doadamente, onde queira que estean. Poden facer isto con ou sen a seguridade informática, é dicir, a autenticación e de cifrado, dependendo dos requirimentos. Isto é alentador, novas formas de traballo, a colaboración e a información en moitas industrias. Un contador sentado na súa casa pode auditar os libros dunha empresa con sede noutro país. Estas contas podería ter sido creado por traballo dende casa garfos de libros, noutros lugares remotos, con base na información enviada por correo electrónico ás oficinas de todo o mundo. Algunhas destas cousas eran posibles antes do uso xeneralizado de Internet, pero o custo de liñas privadas arrendadas fixéronse moitos deles non factibles na práctica. Un empregado de oficina

11

Page 13: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

lonxe do seu escritorio, talvez ao outro lado do mundo nunha viaxe de negocios ou de pracer, poden acceder aos seus correos electrónicos, acceder aos seus datos usando a computación en nube, ou abrir unha sesión de escritorio remoto ao seu PC da oficina usando un seguro virtual Private Network (VPN) en Internet. Isto pode dar ao traballador o acceso completo a todos os seus arquivos normais e datos, incluíndo aplicacións de correo electrónico e outros, mentres que fose da oficina. Este concepto foi remitido aos administradores do sistema como o pesadelo privado virtual, xa que amplía o perímetro de seguridade dunha rede corporativa en lugares remotos e as casas dos seus empregados.

Estes son claros exemplos dos usos modernos de Internet: Dropbox para compartir documentos, fotos, vídeos con calquera, Wi-Fi para conectarse a Internet sen cables e WhatsApp para chatear con calquera desde el móbil.

A WEB 2.0

O termo Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan compartir información, a interoperabilidade, o deseño centrado no usuario1 e a colaboración na World Wide Web. Un sitio Web 2.0 permite aos usuarios interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios nunha comunidade virtual, a diferenza de sitios web estáticos onde os usuarios se limitan á observación pasiva dos contidos que se crearon para eles. Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web, as aplicacións Web, os servizos de rede social, os servizos de aloxamento de videos, as wikis, blogs, mashups e folcsonomías. O termo Web 2.0 está asociado estreitamente con Tim O'Reilly, debido á conferencia sobre a Web 2.0 de O'Reilly Media en 2004.2 Aínda Que o termo suxire unha nova versión da World Wide Web, non se refire a unha actualización das especificacións técnicas da web, senón máis ben a cambios acumulativos na forma na que desenvolvedores de software e usuarios finais utilizan a Web. O feito de que a Web 2.0 é cualitativamente diferente das tecnoloxías web anteriores foi cuestionado polo creador da World Wide Web Tim Berners-Lee, quen cualificou ao termo como "tan só unha xerga" - precisamente porque tiña a intención de que a Web incorporase estes valores no primeiro lugar[cita requirida]. En conclusión, a Web 2.0 permítenos realizar traballo colaborador entre varios usuarios ou colaboradores. Ademais, as ferramentas que ofrece a web 2.0 non só permitirán mellorar os temas na aula de clase, senón tamén poden utilizarse para traballo en empresa. A web 2.0 permite a estudantes e docentes mellorar as ferramentas utilizadas na aula de clase. O traballo colaborador esta tomando moita importancia nas actividades que realicemos en internet.

12

Page 14: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

HISTORIA

A historia da web non é moi larga xa que a historia de Internet no se remota moitos aos atrás. Tim Berners-Lee e Robert Cailliau crearon a web ao redor de 1990, durante estas dúas últimas décadas sufriu unha evolución extraordinaria e asombrosa, aparecendo en 2004 o concepto de Web 2.0 froito desta evolución da tecnoloxía. Antes da chegada das tecnoloxías da Web 2.0 utilizábanse páxinas estáticas programadas en HTML (Hyper Text Markup Language) que non eran actualizadas frecuentemente. O éxito das .com dependía de webs máis dinámicas (ás veces chamadas Web 1.5) onde os sistemas de xestión de contidos servían páxinas HTML dinámicas creadas ao voo dende unha base de datos actualizada. En ambos os dous sentidos, conseguir hits (visitas) e a estética visual eran considerados como factores. Os teóricos da aproximación á Web 2.0 pensan que o uso da web está orientado á interacción e redes sociais, que poden servir contido que explota os efectos das redes, creando ou non webs interactivas e visuais. É dicir, os sitios Web 2.0 actúan máis como puntos de encontro ou webs dependentes de usuarios, que como webs tradicionais. Do que si podemos saber un pouco máis é da orixe do término WEB. O termo foi utilizado por primeira vez por Darcy DiNucci en 1999 nun dos seus artigos, aínda que non foi ata 2004 cando Tim O'Reilly o fixo popular. O termo acuñado por Darcy DiNucci foi popularizado Dale Dougherty de O'Reilly Media nunha tormenta de ideas con Craig Cline de MediaLive para desenvolver ideas para unha conferencia. Dougherty suxeriu que a web estaba nun renacemento, con regras que cambiaban e modelos de negocio que evolucionaban. Dougherty puxo exemplos - "DoubleClick era a Web 1.0; AdSense é a Web 2.0. Ofoto é Web 1.0; Flickr é Web 2.0. " - en vez de definicións, e recrutou a John Battelle para dar unha perspectiva empresarial, e O'Reilly Media, Battelle, e MediaLive lanzou a súa primeira conferencia sobre a Web 2.0 en outubro de 2004. O'Reilly, Battelle e Edouard resumiron os principios clave que cren que caracterizan ás aplicacións web 2.0: a web como plataforma; datos como o "Intel Inside"; efectos de rede conducidos por unha "arquitectura de participación"; innovación e desenvolvedores independentes; pequenos modelos de negocio capaces de redifundir servizos e contidos; o perpetuo beta; software por enriba dun só aparato. En xeral, cando mencionamos o termo Web 2.0 referímonos a unha serie de aplicacións e páxinas de Internet que utilizan a intelixencia colectiva (concepto de software social) para proporcionar servizos interactivos en rede.

PROBLEMAS

Como a maioría das ovas tecoloxías, a WEB tamén te ten os seus problemas e debilidades. Cada un dos internautas da Web 2.0 son "autores" dos contidos que envorcan na Rede, sempre que se trate de "creacións originales".Sin embargo, nada obsta para que unha obra de "nova creación" poida incluír, total ou parcialmente, unha obra previa doutro autor. Isto é o que se denomina "obra compuesta".Para evitar problemas tipificados legalmente sería necesario contar coa autorización do autor da obra previa ou ben usar esta dentro dunha das excepcións recoñecidas na propia Lei (ver Lei de Propiedade Intelectual). Esta no sólo se nos aplica para limitar nuestro acceso y uso de contenidos ajenos sino también para proteger y defender nuestros propios contenidos volcados en la Red.Falta implementar estrategias de seguridad informática, el constante

13

Page 15: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

intercambio de información y la carencia de un sistema adecuado de seguridad ha provocado el robo de datos e identidad generando pérdidas económicas y propagación de virus.La seguridad es fundamental en la tecnología, las empresas invierten en la seguridad de sus datos y quizás el hecho de que la web aún no sea tan segura, crea un leve rechazo a la transición de algunas personas con respecto a la automatización de sus sistemas..

Foto que esquematiza de forma sinxela como é a WEB 2.0.

Valoración críticas das posibilidades e riscos da tecnoloxías da información

Desgraciadamente, Interet ten moitos riscos, sobre todo no aspecto da protección de datos. Moita xente colga os seus datos, fotos, vídeos, sabendo que os van ver algunha xente, pero do que a maioría non é consciente é de que logo o quitar toda esa información é practicamente imposible. E xa que estamos falando de fotos, non podemos esquecer as redes sociales. O principio están ben, hai xente que chegar a estar adicta as redes sociales, non pode pasar un día sen entrar e calquera dos seus perfiles, pero logo acaba cansando, hai fotos que queres borrar, iso é doado, o que xa non o é tanto, volvemos a ter problemas. Pero o todo son problemas, ó contrario. Seica, non o podo asegurar con certeza, pero as redes sociais son unha innovación que lle nos permite comunicarnos co persoas que están na outra punta do Mundo, co familiares os que ves pouco, ou simplemente calquera cousa a u amigo por WhatsApp. Eu creo que Internet facilítanos moito a vida, quizabes ata tal punto que non nos damos conta de canto nos axuda. Esta aí, nos o sabemos, pero non le damos importancia porque xa vivimos acostumados a el. Algunhas persoas si notan esa innovación, os nosos avós, xa que son persoas que a chegada de Internet resultoulles revolucionario, e claro, dáslle importancia. En cambio, os nosos e pais e nós, a chegada de Internet resultounos igual de asombrosa, si, pero estamos máis acostumados a utilizalo. E xa on falemos das novas xeracións. A imaxen que está o final do traballo reflexa perfectamente como veñen as novas xeracións. Pero, repito, non todo é malo. Eu creo que outro apartado de esta crítica podería ser, non, deberían ser os móbiles. Canto nos facilitan a vida os móbiles! Que bos son! Si, pero están creando un illamento mundial. E preguntaraste? Como unha cousa tan pequena (pero cara, eh, eso si, pode chegar a ser moi caras se se tratan de terminais punteiros) pode chegar a illar a todas a maior parte do mundo? Pois a fai. Pero non é un illamento físico, é mental. Hai

14

Page 16: As tecnoloxías da información e a comunicación

Traballo inicial de TIC´s Íñigo Rolán Taboada

xente que cando está con amigos prefire estar falando con outros amigos por WhatsApp que cos amigos que ten diante das súas narices, ou estar mirando Twitter para enterarse das últimas noticias cando as persoas que ten a escasos centímetros que están comentado esas mesmas noticias. Iso debería a cambiar. Pero o problema é.. cómo?

15