Asemblea 13 marzo 2015

3
Asemblea pola Unidade ACTA DA ASEMBLEA DO 13 DE MARZO DE 2015 Preséntase a orde do día: regulamento das asembleas, opcións xurídicas pra a candidatura, principios políticos e grupos de traballo. Chámase xente a formar a mesa. Regulamento asembleario Un membro explica o primeiro punto arredor do regulamento das asembleas que teñen que durar, cando menos, os vindeiros catro anos para que a veciñanza dispoña dun espazo real onde facer valer a súa voz. Precisamente, conclúese que para que as representacións da Asemblea pola Unidade poidan trasladar o sentir popular estas asembleas teñen que ter un óptimo funcionamento. Recálcase que o documento é un punto de partida que haberá que seguir traballando e que cómpre articular unha Comisión Ética e de Garantías, que vele polos conflitos internos e resolva problemas de funcionamento sen entorpecer a Asemblea pola Unidade. Ademais destas xuntanzas están os grupos de traballo e un correo electrónico a disposición dos membros e de calquera persoa para facer achegas. Ábrese unha quenda de intervencións e alguén pide a palabra solicitando un resumo dos pasos que se foron dando nestes días a nivel político e legal. Pénsase que algún dos artigos presentados podería ocasionar problemas e provocar que xente quede fóra do proxecto. Unha nova intervención cre axeitado que se faga entrega dos documentos con maior antelación. Pregunta a orixe da idea da Asemblea pola Unidade e que diferenzas, como aglutinantes da esquerda, hai con ACE. Valora que o único diferente é o mecanismo de traballo e bota en falta na esfera política municipal un regulamento que sexa democrático. Un membro dos grupos de traballo explica que non se procuran diferenzas con ningún outro partido político senón a unión e a converxencia de toda a esquerda para botar o PP. A mesma persoa pregunta polo significado de “persoa adherida” e máis adiante cuestiónase a diferenciación entre categorías como esta fronte a militancia e veciñanza. Alguén apunta que poderían contribuír á segregación. Outro membro que participa nos grupos de traballo recorda que son cuestións que debe resolver a propia asemblea. Acto seguido, e logo dun debate en ton respectuoso, decídese por aclamación eliminar as diferenciacións segundo o carácter da participación na Asemblea pola Unidade e substitúese todo por “veciñanza”. Dende a mesa indícase que os documentos son de partida para que sexan levados á casa e se fagan achegas mediante o correo electrónico ou a web xa que isto é traballo de todos os membros. Sempre mellor por escrito. Declara que a Asemblea pola Unidade non só se limita ás eleccións, senón que hai máis temas de traballo e que se teñen que facer en conxunto.

description

ASemblea de #AU celebrada no Salasón de Cangas, o 13 de marzo de 2015

Transcript of Asemblea 13 marzo 2015

Page 1: Asemblea 13 marzo 2015

Asemblea pola Unidade

ACTA DA ASEMBLEA DO 13 DE MARZO DE 2015

Preséntase a orde do día: regulamento das asembleas, opcións xurídicas pra a

candidatura, principios políticos e grupos de traballo. Chámase xente a formar a mesa.

Regulamento asembleario

Un membro explica o primeiro punto arredor do regulamento das asembleas que teñen

que durar, cando menos, os vindeiros catro anos para que a veciñanza dispoña dun

espazo real onde facer valer a súa voz. Precisamente, conclúese que para que as

representacións da Asemblea pola Unidade poidan trasladar o sentir popular estas

asembleas teñen que ter un óptimo funcionamento.

Recálcase que o documento é un punto de partida que haberá que seguir traballando e

que cómpre articular unha Comisión Ética e de Garantías, que vele polos conflitos

internos e resolva problemas de funcionamento sen entorpecer a Asemblea pola

Unidade. Ademais destas xuntanzas están os grupos de traballo e un correo electrónico a

disposición dos membros e de calquera persoa para facer achegas.

Ábrese unha quenda de intervencións e alguén pide a palabra solicitando un resumo dos

pasos que se foron dando nestes días a nivel político e legal. Pénsase que algún dos

artigos presentados podería ocasionar problemas e provocar que xente quede fóra do

proxecto.

Unha nova intervención cre axeitado que se faga entrega dos documentos con maior

antelación. Pregunta a orixe da idea da Asemblea pola Unidade e que diferenzas, como

aglutinantes da esquerda, hai con ACE. Valora que o único diferente é o mecanismo de

traballo e bota en falta na esfera política municipal un regulamento que sexa

democrático. Un membro dos grupos de traballo explica que non se procuran diferenzas

con ningún outro partido político senón a unión e a converxencia de toda a esquerda

para botar o PP. A mesma persoa pregunta polo significado de “persoa adherida” e máis

adiante cuestiónase a diferenciación entre categorías como esta fronte a militancia e

veciñanza. Alguén apunta que poderían contribuír á segregación. Outro membro que

participa nos grupos de traballo recorda que son cuestións que debe resolver a propia

asemblea. Acto seguido, e logo dun debate en ton respectuoso, decídese por aclamación

eliminar as diferenciacións segundo o carácter da participación na Asemblea pola

Unidade e substitúese todo por “veciñanza”.

Dende a mesa indícase que os documentos son de partida para que sexan levados á casa

e se fagan achegas mediante o correo electrónico ou a web xa que isto é traballo de

todos os membros. Sempre mellor por escrito. Declara que a Asemblea pola Unidade

non só se limita ás eleccións, senón que hai máis temas de traballo e que se teñen que

facer en conxunto.

Page 2: Asemblea 13 marzo 2015

Hai unha nova intervención que considera fundamental o nivel de traballo parroquial á

hora de coordinalo co municipal. Unha das persoas responsábeis do Grupo Organizativo

coincide en que o traballo veciñal é determinante e anuncia que a Asemblea pola

Unidade ten programada unha serie de presentacións polas parroquias que dará comezo

este martes 17 de marzo ás 20:00 na Escola Vella do Hío. O xoves será a quenda de

Coiro. Lembra que as parroquias funcionarían mellor coa creación de organismos de

representación social como os Consellos Parroquiais, nos que a xente poida ter unha

ferramenta para solucionar os problemas diarios. Acórdase que este punto sexa

abordado máis adiante de cara a elaboración dun programa electoral.

Formas xurídicas para concorrermos ás eleccións municipais

Explícanse os trámites mediante os cales a Asemblea pola Unidade, como se acordara

na derradeira xuntanza asemblearia, se rexistrou como partido político por se fixese

falta botar man dese formato. Apúntase que non se desbotan as outras opcións

(funcionamento só en asemblea para integrarse nunha posíbel coalición ou agrupación

de electores). Unha vez efectuadas as xestións legais, a Asemblea está nestes momentos

á espera dunha resolución favorábel por parte do Ministerio do Interior.

Unha intervención solicita unha explicación de cal sería o tipo de forma xurídica máis

axeitada. O poñente volve explicar polo miúdo as tres opcións xurídicas e sentencia que

a forma idónea sería a que elixise toda a asemblea. Ademais, apunta, cumprirá contactar

coas diferentes organizacións políticas.

Unha nova intervención considera que a opción dunha coalición representaría un erro

porque arrastraría os erros cometidos polos outros partidos existentes. Apunta que unha

agrupación de electores ten máis posibilidades de apoio. Considera necesario que se fale

dos tempos que hai para ter esa discusión.

Dende o grupo organizativo sinálase que o tempo é escaso para todas as opcións, sobre

todo para o partido político. Malia todo, estamos a tempo de concorrer de calquera das

tres formas. Explica que a coalición tería dúas posíbeis vías; que a Asemblea se erixa

en órgano de decisión da coalición dos partidos que se presenten como ferramenta súa

ou que esta se coligue con outros partidos. A agrupación de electores precisaría dunha

gran loxística e deixaría de lado a concorrencia ás deputacións das que dependen moito

os concellos. En todo caso, a Asemblea vai ter sempre a última palabra.

Unha nova intervención solicita aclarar hoxe mesmo o tema xurídico e que non

entendeu ben a incidencia das deputacións e ve como posibilidade real o emprego de

calquera das opcións.

Unha asistente considera que as decisións hai que as tomar no pobo de Cangas e que

aínda que na Asemblea se cree un partido cómpre non romper a esquerda cando nos

teñamos que definir e que non se desbote ningunha das opcións xurídicas. Pensa que é

necesario o acordo co resto das forzas políticas que poden ter puntos en común coa

Page 3: Asemblea 13 marzo 2015

asemblea. Indica que o proceso de ACE foi asembleario pero que se foi distanciando

dese funcionamento por desleixo. Recalca a necesidade de combater o inimigo común e

que non convén deixarse levar por présas que leven á toma de decisións erróneas.

Hai unha nova intervención que considera que non podemos botar por terra o que foi

ACE e pregunta si se descarta ACE como ferramenta.

Un membro dos grupos de traballo manifesta que está de acordo en que a coalición é a

mellor opción e que a semana pasada xa se dixo que non se lle pode botar nada en cara.

Considera que, se cadra, a diferenza é que xa non se fan as asembleas de ACE, que

habería que nomear a alguén para que a Asemblea non sexa vista coma unha ameaza e

invitar a ACE a formar parte dela.

Unha nova intervención solicita un código ético que reflicta que os membros da

Asemblea estean de xeito individual e non representando a partidos. Reitera a

necesidade de non definirse como esquerda e si concentrarse en retirar PP e PSOE do

poder.

Dende a mesa unha membro maniféstase a favor da coalición e de que non se pode

desbotar o traballo feito por ACE. Considera que hai que seguir dialogando polo que hai

que designar unhas persoas que manteñan conversas cos partidos.

Un membro considera que o proxecto é unha Asemblea pola Unidade con dous

conceptos base: asemblearismo e inscrición individual. Ten que representar o sentir

maioritario da sociedade, que o camiño é unir máis do que xa hai e que ACE é un punto

a seguir. Mantén a idea de agrupar a esquerda e non dividila máis. Avoga tamén por

manter contactos cos partidos e preservar a forma xenuína de representación veciñal coa

adscrición individual fronte aos partidos.

Unha intervención postula que se debe falar cos partidos e non coas coalicións como a

de ACE, porque esta se debe ampliar mediante o método asembleario de unidade e

convidar os partidos a apoiar de xeito individual o proceso que se está encetando.

Acórdase nomear un grupo de responsábeis para manter os contactos cos partidos co

resultado de 38 votos a favor, 1 en contra e 1 abstención.

Unha intervención declara que os puntos a falar cos partidos teñen que estar claros e

explícaselle que se trata só de tomar contacto para ver se están de acordo en participar

na Asemblea e unir a esquerda.

Para rematar recórdaselle á xente que estea interesada en colaborar con achegas ou na

creación de novos grupos de traballo, que pode facelo. Indícase o compromiso de

facilitar os documentos que se traten con maior anterioridade e pídese comprensión

polos prazos que son curtos e logo se bota o tempo enriba.

Levántase a asemblea.