Bibliotecas alternativas

16
Bibliotecas alternativas 24 de outubro: Día das Bibliotecas

Transcript of Bibliotecas alternativas

Page 1: Bibliotecas alternativas

Bibliotecas alternativas

24 de outubro: Día das Bibliotecas

Page 2: Bibliotecas alternativas

Ao longo desta presentación, recollemos exemplos de bibliotecas alternativas. Independentemente do tipo ou do motivo, todas se encadran na categoría do diferente. No fondo, pese a ser moi dispares, todas teñen algo en común: levar a información a todos os que a queren consumir.

Page 3: Bibliotecas alternativas

Bibliobarco En Laos un barco viaxa polas augas do Mekong, río que percorre todo o país, con case mil libros de literatura infantil e xuvenil. Os nenos poden coller os libros, levalos para casa e devolvelos antes de que o barco deixe a súa poboación.

Na costa Oeste de Noruega, o principal obstáculo son os fiordos, por iso o barco Epos compaxina o seu labor turístico no verán, coa súa misión como biblioteca móbil no inverno.

Page 4: Bibliotecas alternativas

Bibliotecas flotantesEn Arxentina, unha lancha percorre as illas do Delta do Paraná, no noroeste da provincia de Bos Aires. Dotada dun fondo de 2.000 exemplares, dispón de ordenadores con conexión a Internet e organiza obradoiros de promoción á lectura.

En Chile, aproveitan as lanchas que transportan o equipo médico. Unha vez ao mes percorren as zonas rurais das illas de Mechuque, San José, Metahue e Tacdurante.

En Venezuela, existen tres, e son un servicio de extensión da Biblioteca Pública do Estado de Amazonas: a bibliolancha, o bibliobongo (unha embarcación de madeira feita polos indíxenas) e a bibliofalca (unha embarcación máis estable que a anterior).

Page 5: Bibliotecas alternativas

Bibliolancha Bibliobongo

Page 6: Bibliotecas alternativas

Bibliocamelo

En Mongolia , este home, Jambyn Dashdondog, viaxa nas costas dun camelo, transportando libros infantís polas comunidades rurais do deserto do Gobi.

Os bibliocamelos en Kenia levan libros ás escolas e ás comunidades nómadas. Onde hai xente que se move coas estacións, as bibliotecas teñen que moverse con elas.

Page 7: Bibliotecas alternativas

Bibliotecas móbiles en HaitíDepois do terremoto que sufriu o país no ano 2010, a iniciativa Libraries Without Borders (Bibliotecas Sen Fronteiras) decidiu lanzar a primeira biblioteca móbil de Haití. No ano 2015 existían tres vehículos que achegaban libros aproximadamente a 6000 nenos e adultos todos os meses.

Page 8: Bibliotecas alternativas

Bibliotecas sen librosAs bibliotecas sen libros son xa á unha realidade en Estados Unidos. Aquí, en lugar de libros,

encontramos tablets, computadores e e-readers. A primeira experiencia ocorreu en San Antonio, Texas.

Page 9: Bibliotecas alternativas

Biblioburro

Hai máis de 15 anos que o mestre Luis Humberto Soriano se propuxo achegar os libros aos nenos que vivían en lugares recónditos do norte de Colombia. Botou man dos seus burros, Alfa e Beto, e montou a súa particular biblioteca móbil. O seu proxecto fíxose popular e medrou ata converterse nunha sólida rede de biblioburros colombiana.

Hai iniciativas similares en Chile, as bibliollamas, en Italia, o biblioasino e en Venezuela, as bibliomulas.

Page 10: Bibliotecas alternativas

BibliobicisEstepona (Málaga): dúas bibliobicis percorren o paseo marítimo ofrecendo en préstamo obras para ler nas horas de praia.

Posto fronterizo de Tijuana: as bibliobicis ofrécenlles aos condutores préstamo de libros para a súa distracción durante o tempo de espera para cruzar a fronteira.

Uagadugú (capital de Burkina Faso): hai servicio de bibliobicis con préstamo semanal para favorecer a lectura entre nenos dos barrios desfavorecidos.

Page 11: Bibliotecas alternativas

Bibliobús

Na Comunidade de Madrid hai un servicio de bibliotecas móbiles de préstamo de libros, vídeos, CD, DVD, etc. que viaxan a zonas con menor poboación ou a puntos lonxe dos centros urbanos.

Cada bibliobús transporta unha colección de préstamo de 3.500 unidades que inclúen libros, materiais audiovisuuais e multimedia para todas as idades e de todas as materias.

Page 12: Bibliotecas alternativas

Arma de instrución masivaRaúl Lemesoff, un artista arxentino, creou un extraño vehículo parecido a un tanque chamado “Arma de instrución masiva”, que pretende usar para combatir a ignorancia e expandir o coñecemento.

Raúl conduce polas rúas de Bos Aires repartindo libros a todo o mundo. O único que pide a cambio é que prometan ler o que lles dá.

Page 13: Bibliotecas alternativas

BibliometroÉ un sistema de préstamo gratuito de libros que se realiza no Metro.

En Madrid, varias estacións dispoñen dunha serie de módulos cuns 3.000 volúmenes que corresponden a 800 títulos. O sistema Bibliometro permite o préstamo de dous libros por lector por un período máximo de 15 días, renovable por outros 15.

Page 14: Bibliotecas alternativas

Máis exemplos:

Page 15: Bibliotecas alternativas
Page 16: Bibliotecas alternativas

Fontes

http://proxectointerdisciplinar.weebly.com/bibliotecas-alternativas.html

http://mundodelivros.com/bibliotecas-alternativas/

https://es.globalvoices.org/2010/02/16/video-bibliotecas-moviles-del-mundo/

http://blog.sedic.es/2009/10/13/bibliotecas-moviles-como-instrumento-para-promover-la-lectura/

http://www.mondorino.com/10-bibliotecas-moviles-originales-y-solidarias-2/

http://www.biblogtecarios.es/rafaelibanez/bibliobibicletas-bibliocicletas-bibliocletas-bicicletas-y-servicios-bibliotecarios/