Biblioxornal 37

2
Número 37 Decembro 2014 Nestas xornadas finais do ano, de pouca claridade solar e merecido descanso, deixémonos iluminar cos fachos dos libros. Por se for de axuda, a biblioteca escolar presenta a súa xa tradicional guía de Nadal ao tempo que aproveita para desexarvos que gocedes dunhas datas cheas de Ledicia e Paz e dun Aninovo pletórico dos maiores éxitos. Boas Lecturas, Boas Vacacións e Bo 2015, no persoal e no académico! BEETHOVEN: A BUSCA DO TESOURO (director: Ron Oliver, Beethoven's Treasure Tail, 2014).- Para non parar de rir. Outra comedia protagonizada polo can Beethoven! Tras un desastre na rodaxe dunha película, o can e o seu adestrador diríxense á súa casa, pero quedan tirados nun pequeno pobo costeiro. Cando Beethoven se fai amigo dun rapaz do lugar e o axuda a encontrar o mapa dun tesouro pirata perdido, embárcanse nunha aventura na que vai participar o pobo enteiro. A ESMORGA (director: Ignacio Vilar, 2014).- Baseada na novela homónima de Blanco Amor, esta é a crónica cinematográfica dunha xornada na vida de Cibrán, Milhomes e O Bocas, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido na vila de Auria, nome imaxinario de Ourense, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran cara a súa perdición. O HOBBIT: A BATALLA DOS CINCO EXÉRCITOS (director: Peter Jackson, 2014).- Terceira entrega da triloxía de O señor dos aneis. Un Smaug enfurecido voa cara á Cidade do Lago para rematar con calquera resto de vida. Obsesionado sobre todo co reino recuperado, Thorin sacrifica a amizade e a honra para mantelo mentres que Bilbo intenta freneticamente facerlle ver a razón pola que o hobbit toma unha decisión desesperada e perigosa. Pero hai aínda maiores perigos por diante. Sen a axuda aparente do mago Gandalf, Sauron enviou lexións de Orcos cara á Montaña Solitaria nun ataque furtivo. Bilbo encontrarase así na batalla épica dos Cinco Exércitos onde se xoga o futuro da Terra Media. MORTADELO E FILEMÓN CONTRA JIMMY O CACHONDO (director: Javier Fesser, 2014).- O caos da broma e da risa ataca as máis consolidadas institucións mundiais: banca, gobernos, industrias, colexios, forzas de seguridade... só os dous superaxentes da TIA serán quen de poñer algo de orde e seriedade nunha humanidade a piques de sucumbir de risa. OUTRO PAI EN APUROS (director: Alex Zamm, Jingle All the Way 2, 2014).- O oso Harrison, xoguete de moda neste nadal está esgotado. Nesta comedia Larry, pai de Noel, unha nena de oito anos, non se deterá ante nada para facer feliz a súa filla e conseguir o xoguete dos seus soños. Feliz 2015! FILMES AMEIXEIRAS, Diego, Conduce rápido, Xerais, Vigo, 2014, 152 pp.— Extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan pola Compostela actual. Tras roubar (na Quintana) a cámara fotográfica a unha parella de turistas, Erika caeu nas escaleiras de Praterías. Samuel, o seu irmán, procura nas rúas compostelás unha oportunidade que os saque daquela vida. Un paquete conectará as vidas dos dous irmáns con Ventura, un mozo que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e préstamo de cartos. DOCOBO, José Ángel, Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e matemático, Ouvirnos, 2014, 133 pp.- Biografía dun astrónomo galego pioneiro. Construíu o primeiro observatorio astronómico de Galicia e fundou o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. Descubridor de catro estrelas dobres e autor dunha Introducción a la Astronomía, libro de referencia na universidade española durante décadas. Foi tamén un dos precursores do uso do galego na ciencia. IKAZ, Javier e DIAZ, Jorge, Yo fui a EGB, (I e II), Plaza & Janes editores, 2013-14, 256 e 288 pp.- Cando iniciamos unha nova reforma do sistema educativo non estará de máis facer un percorrido nostálxico polos usos, costumes, marcas, programas, cancións, comida, etc., dunha época que marcou a vida de varias xeracións de españois. Bo Nadal!

description

Boletín da biblioteca con propostas de lecturas e filmes para o Nadal 2014

Transcript of Biblioxornal 37

Page 1: Biblioxornal 37

Número 37 Decembro 2014

Nestas xornadas finais do ano,

de pouca

claridade solar e merecido descanso, deixémonos

iluminar cos fachos dos libros. Por se for de axu

da, a

biblioteca escolar presenta a

súa xa tradicional guía

de Nadal ao tempo que aproveita para desexarvos

que gocedes dunhas datas che

as de Ledicia e Paz e

dun Aninovo pletórico dos maiores éxitos. Boas

Lecturas, Boas Vacacións e Bo 2015, no persoal e

no académico!

BEETHOVEN: A BUSCA DO

TESOURO (director: Ron Oliver, Beethoven's

Treasure Tail, 2014).- Para non parar de rir.

Outra comedia protagonizada polo can

Beethoven! Tras un desastre na rodaxe dunha película, o can e o seu adestrador diríxense á

súa casa, pero quedan tirados nun pequeno

pobo costeiro. Cando Beethoven se fai amigo

dun rapaz do lugar e o axuda a encontrar o mapa dun tesouro

pirata perdido, embárcanse nunha aventura na que vai

participar o pobo enteiro.

A ESMORGA (director: Ignacio Vilar, 2014).-

Baseada na novela homónima de Blanco Amor,

esta é a crónica cinematográfica dunha xornada

na vida de Cibrán, Milhomes e O Bocas, compañeiros de esmorga que, deixando un

regueiro de destrución, de sexo equívoco e

reprimido na vila de Auria, nome imaxinario de

Ourense, van fechando portas tras si e

guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma

se adrede camiñaran cara a súa perdición.

O HOBBIT: A BATALLA DOS CINCO

EXÉRCITOS (director: Peter Jackson,

2014).- Terceira entrega da triloxía de O señor

dos aneis. Un Smaug enfurecido voa cara á

Cidade do Lago para rematar con calquera resto

de vida. Obsesionado sobre todo co reino

recuperado, Thorin sacrifica a amizade e a

honra para mantelo mentres que Bilbo intenta

freneticamente facerlle ver a razón pola que o hobbit toma

unha decisión desesperada e perigosa. Pero hai aínda maiores perigos por diante. Sen a axuda aparente do mago Gandalf,

Sauron enviou lexións de Orcos cara á Montaña Solitaria nun

ataque furtivo. Bilbo encontrarase así na batalla épica dos

Cinco Exércitos onde se xoga o futuro da Terra Media.

MORTADELO E FILEMÓN CONTRA

JIMMY O CACHONDO (director: Javier

Fesser, 2014).- O caos da broma e da risa ataca

as máis consolidadas institucións mundiais: banca, gobernos, industrias, colexios, forzas de

seguridade... só os dous superaxentes da TIA

serán quen de poñer algo de orde e seriedade

nunha humanidade a piques de sucumbir de

risa.

OUTRO PAI EN APUROS (director: Alex

Zamm, Jingle All the Way 2, 2014).- O oso

Harrison, xoguete de moda neste nadal está

esgotado. Nesta comedia Larry, pai de Noel,

unha nena de oito anos, non se deterá ante nada para facer feliz a súa filla e conseguir o

xoguete dos seus soños.

Feliz 2015! FILMES

AMEIXEIRAS, Diego, Conduce

rápido, Xerais, Vigo, 2014, 152 pp.—

Extraordinario retrato de vidas precarias

que deambulan pola Compostela actual.

Tras roubar (na Quintana) a cámara

fotográfica a unha parella de turistas,

Erika caeu nas escaleiras de Praterías.

Samuel, o seu irmán, procura nas rúas

compostelás unha oportunidade que os saque daquela

vida. Un paquete conectará as vidas dos dous irmáns

con Ventura, un mozo que forma parte dunha banda

dedicada ao branqueo e préstamo de cartos.

DOCOBO, José Ángel, Ramón

María Aller Ulloa. Astrónomo e

matemático, Ouvirnos, 2014, 133

pp.- Biografía dun astrónomo galego

pioneiro. Construíu o pr imeiro

observatorio astronómico de Galicia e

fundou o Observatorio Astronómico da

Universidade de Santiago. Descubridor

de catro estrelas dobres e autor dunha Introducción a

la Astronomía, libro de referencia na universidade

española durante décadas. Foi tamén un dos

precursores do uso do galego na ciencia.

IKAZ, Javier e DIAZ, Jorge, Yo fui a EGB, (I e II),

Plaza & Janes editores, 2013-14, 256 e

288 pp.- Cando iniciamos unha nova

reforma do sistema educativo non estará

de máis facer un percorrido nostálxico

polos usos, costumes, marcas,

programas, cancións, comida, etc.,

dunha época que marcou a vida de

varias xeracións de españois.

Bo Nadal!

Page 2: Biblioxornal 37

2º CICLO DA ESO

PIKETTY, Thomas, El capital en el siglo XXI, FCE, 2014, 663 pp.- Todo un tsunami no mundo económico!! Este economista francés analiza a orixe das desigualdades producidas polo capitalismo e propón medidas nada utópicas (un imposto global ao capital, un imposto sobre a renda máis progresivo ou un aumento da coordinación fiscal entre Estados) para eliminalas.

QUINO, Todo Mafalda (edición 50 aniversario), Lumen, 2013, 672 pp.—Mergúllate na Quinoterapia para recoñecer que os nenos son os depositarios da sabedoría pero a medida que crecen van perdendo o uso da razón, esquéceselles na escola o que sabían ao nacer, casan sen amor, traballan por diñeiro, cepíllanse os dentes, córtanse as uñas, e ao final -convertidos en adultos miserables- afogan nun nun prato de sopa. Unha visión da realidade coas lentes humorísticas do inigualable Quino.

SARRIONANDIA, Joseba, Tempo de exilio, Faktoría K, 2014, 264 pp.- Joseba Sarrionandia ofrece en edición bilingüe galego-éuscaro a primeira escolma da súa poesía. Rebeldía, compromiso coa lingua do seu pobo, crónica recente da nación vasca, en clave sentimental, a través da peripecia vital deste poeta, musicado por Laboa, Ord orika ou Oskorri. SÁNCHEZ, Mamen, Se prohíbe mantener afectos desmedidos en la puerta de la pensión, Espasa, 2014, 304 pp.— Humor, empatía cos personaxes,

sorpresas e variedade de rexistros alíanse para conseguir unha lectura absorbente e satisfactoria.A protagonista é unha muller que debe: refacer a súa vida despois dun traumático divorcio, reformar a casa dos seus avós e buscar hóspedes, non só por necesidade de cartos senón tamén porque así evitará ter que vivir soa. Pero como é unha muller sensata, decide impoñer unhas regras que, partindo da amarga experiencia, faciliten a convivencia. Por exemplo: non aflixirse por causas alleas ao sentido común e non mostrar compaixón cara a quen non a desexa.

1º CICLO DA ESO

AMBROSIO, Gabriella, Antes de despedirnos, Noguer, Barcelona, 2011, 139 pp.– Novela baseada no atentado suicida que cometeu unha moza palestina nun centro comercial no 2002. A historia desenvólvese nas sete últimas horas antes do atentado, tempo abondo para presentar de forma obxectiva, áxil e cun alto nivel literario, a situación do conflito árabe-israelí.

COSTAS, Ledicia, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais, 2014, 176 pp.– Suma de receitas larpeiras e humor macabro. Un neno ao que lle gusta a cociña recibe un estraño agasallo co que viaxará ao

mundo dos mortos para activar a Escarlatina.

MACEIRAS, Andrea, Volverás, golfiño, Xerais, 2014, 144 pp.– Iris e a súa familia trasládanse a vivir a Costa da Morte. Iris atopa no faiado un insólito baúl co seu nome. Algo relacionado co mar, as súas lendas e cos segredos dunha costa da morte e da vida, onde tamén hai algún golfiño.

MOORE, Gareth, Entrenamentes en cualquier momento del día, SM, Madrid, 2009, 190 pp.— Noventa xogos de entretemento con diferentes niveis de dificultade moi axeitados para incrementar o rendemento do cerebro. As propostas consisten en resolver coñecidos xogos de estratexia ( xadrez, afundir a frota, cartas ou dominó), desenvolver a agudeza visual (localizar diferenzas ou descubrir figuras ocultas) e a capacidade de razoamento e memoria (con

encrucillados ou textos cifrados).

SANTIAGO, Eduardo, O Gran Reino, Xerais (Fóra de Xogo), Vigo, 2014, 328 pp.— Intensa narración da vida dunha adolescente marcada pola anorexia, a tolemia e a falta de cariño dos pais. Gala, moza de catorce anos, boa estudante e cunha imaxinación portentosa, é abandonada polas amigas. Ante isto, le de xeito compulsivo e case non come; dous factores que, unidos, provócanlle unha certa tolemia e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Ingresada nun centro terapéutico establecerá unha relación moi especial coa súa psiquiatra , quen se converterá na súa confidente, a única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala para descifrar, entón, o enigma da pedra fractal e coñecer as características dos catro reinos que conforman Margonia.

CARBALLUDE, Pepe, Marxinados, Galaxia, 2014, 140 pp.—Unha estrela do baloncesto decide traballar como educador no internado onde tamén el foi criado. Está alí chamado por una historia de amor e para botar unha man a nenos e nenas marxinados por múltiples motivos: país e nais atrapados na misera, nas drogas…

CASTRO, Francisco, Tes ata as dez, Galaxia, 2014, 296 pp.— Unha novela de intriga e suspense con moitas historias distintas, que fai unha viaxe connosco pola historia recente de España e Galicia, mais tamén polos corazóns namorados. A través de correos electrónicos, cartas e misteriosas pistas, un pai morto (ou alguén quen está a facerse pasar por el) provoca que o protagonista investigue un asunto do pasado pendente de resolver.

GÓMEZ CERDÁ, Alfredo, Dímelo con los ojos, SM, Madrid, 2014, 190 pp.- Para celebrar o adeus ao instituto e a maioría de idade, Laia e Berta queren pasar o verán de tren en tren, perdidas por Europa, pero para iso necesitan cartos polo que comezan a traballar como monitoras nun campamento con mozos autistas, unha experiencia que lles cambia a vida. Internarse na súa mente axúdalles a comprender valores, fortalecer a súa amizade e esquecer os seus complexos.

VELA, David, Ninfas e caveiras e outras elucubracións de Ramón Gómez de la Serna, El Patito Editorial, 2013, 88 pp.— A imaxinación e o humor enxeñoso, negro en ocasións, do escritor madrileño debuxados polo pintor David Vela. Unha escolma de greguerías que ofrece unha lectura visual da metáfora e o xogo surrealista. Palabras e imaxes conxugadas explorando o mundo labiríntico que ambos os dous creadores comparten.

BACHARELATO

COBB, Humphrey, Senderos de gloria, Capitán Swing Libros, Madrid, 2014 , 306 pp.- O autor tiña dezasete anos cando estivo na fronte. Os recordos da trincheira e o cheiro da norte son a base para construír unha novela chea de sentimento, impotencia e tensión, onde se narra de forma valente a inxusta e desigual submisión que ten lugar entre os diferentes graos do exército. Un xogo terrorífico no que se prefire condenar inocentes a recoñecer erros dos mandatarios. Historias inmortais, e por desgracia reais, da Gran

Guerra perfectamente que popularizou Stanley Kubrick nunha formidable adaptación cinematográfica.

HUERTAS GÓMEZ, Rosa, Theotocópuli. Bajo la sombra del Greco , SM, Madrid, 2014, 256 pp.— Obra moi oportuna para rematar este ano do Greco. O pai de Alfredo confía en que o seu fillo siga os seus pasos profesionais mais o mozo está atrapado polo fascinante mundo da arte, especialmente dende o descubrimento da obra pictórica de Theotocópuli, grazas á aparición hipnótica de Carlota na súa vida. Dúas obsesións que conflúen nun traballo de investigación universitaria que lle farán reencontrarse coa rapaza, coñecer un misterioso e enigmático especialista no Greco e descubrir as luces e as sombras da vida e obra do xenial pintor.

REDONDO, Dolores, Ofrenda á tormenta, Xerais, 2014, 592 pp.- Nesta derradeira novela da triloxía ambientada no Val

do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar. A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido cando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo un ser maléfico. A inspectora e o seu equipo descobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos que se produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unha resolución sorprendente.

REIGOSA, Carlos G., A vinganza do defunto, Xerais, Vigo, 2014, 336 pp.—Quinta entrega da serie de novelas iniciada con Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro. Un rico ancián teme ser vítima dunha vinganza e contrata ao detective Castro que actúa acompañado dun xornalista. Na novela, con personaxes reais e imaxinarios. desenvólvese unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns no porto de Vigo na época da II Guerra Mundial e que termina no ano 2013 na Arxentina.

SALÓ, Aleix, Simiocracia. Crónica de la gran resaca económica, Debolsillo, Barcelona, 2012, 236 pp.- Facer compresible ao común dos lectores a complicada situación económica pola que está a atravesar o noso país non é cousa doada. Este cómic parece conseguilo, sumando ás súas moi ben escollidas reflexións, o humor das súas viñetas, enchidas de ironía e feliz sarcasmo.