Biblioxornal 8

6
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 8 Marzo 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 8 K wx ÅtÜéÉ K wx ÅtÜéÉ K wx ÅtÜéÉ K wx ÅtÜéÉ C O L AB O R A: E . N. L .

description

Boletín trimestral da biblioteca

Transcript of Biblioxornal 8

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

8 Marzo 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 8

K wx ÅtÜéÉK wx ÅtÜéÉK wx ÅtÜéÉK wx ÅtÜéÉ

C O L A B O R A : E . N . L .

P á x i n a 2 N ú m e r o 8 – 8 m a r z o 2 0 0 8

María Xosé Queizán nace en Vigo. Catedrática de Lingua e Literatura galega, até hai pouco deu clase no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas). Directora da revista cultural FESTA DA PALABRA silenciada. Dirixe a colección AS LITERATAS de narradoras en E. Xerais. Creadora e directora do TEATRO POPULAR galego, 1967. Escritora, tradutora, conferenciante. Colabora-dora diferentes xornais e revistas. Como escritora foi unha das primeiras narradoras galegas, a primeira ensa-ísta que achegou ao mundo galego o pensamento feminista. Como poeta a súa obra Metáfora da metáfora (1991) marca un antes e un despois na poesía galega. As súas obras literarias, novelas, ensaios ou a súa peza teatral Antígona, consolidárona como unha autora referente da literatura da Península Ibérica.

1.- Cando descubriu que o mundo conmemoraba o 8 de marzo? Por que segue sendo unha data de reivindica-ción necesaria?

Non lembro exactamente. Desde logo, antes do 1975, Ano Inter-nacional da Muller e ano da fundación do Feminismo Galego organizado coa AGM. Máis tarde enteireime que xa se celebraba o 8 de marzo na República, concretamente en Vigo celebrouse en Marzo do 36. Sería o último ata 1975. A celebración do 8 de marzo será necesaria mentres a equipara-ción entre humanas e humanos non sexa total. 2.- Como se pode definir o feminismo? Como o verdadeiro Humanismo; unha filosofía e unha teoría po-lítica guiada pola xustiza; un movemento de liberación, na medi-da en que teoría e praxe van unidas. Tamén define o Feminismo o ser a única Revolución que está cambiando a sociedade dun xeito radical sen empregar armas e derramar o sangue dos contrarios. As armas do Feminismo son a palabra e a razón. 3.- Cal é o obstáculo fundamental que impide que a muller consiga a súa liberdade? É o sistema patriarcal, unha construción antiga e universal que determina que o control dos recursos económicos, políticos, cul-turais, de autoridade ou de autonomía persoal, están en mans masculinas. Eles definiron ideoloxicamente e formaron material-mente todas as formas sociais a medida dos seus intereses. Neste sistema perverso tamén nos educamos e nos alienamos as mulle-res. Por iso só a razón e o coñecemento pode liberarnos, tanto a mulleres como a homes. 4.- No seu libro O Segredo da Pedra Figueira atopamos á per-sonaxe de Sensatanai, que representa unha nova óptica na

transmisión de valores e da propia tradición... Pode afondar neste aspecto? Sensata, seny (catalán), sagesse(francés), cabal, é unha virtude pouco valorada na actualidade e que cómpre recupe-rar. A sabedoría que lle transmite a avoa á neta está baseada na experiencia, na razón, na realidade. Escapa de fantas-magorías e prepara á rapaza para asumir a responsabilidade sobre si mesma, a valorar a verdade, o entendemento alcanzado polo esforzo. O esforzo non está ben considerado no ensino. Valórase no deporte, onde incluso se chega empregar a palabra sufrir nas retransmisións futbolísticas. Asumamos que sen esforzo nin se alimenta unha criatura, que debe chupar, nin se arrisca a pórse de pé e camiñar. A vida é acción. A pasividade leva á morte. 5.- Como autora de Amor de Tango, que mensaxe relacionado coa novela lle gustaría enviar á mocidade que hoxe ten 17 anos? Que as liberdades alcanzadas hai que mantelas. Recibimos un patrimonio conseguido pola cidadanía que nos prece-deu, como pode ser o ensino público (antes nin as rapazas nin os rapaces das clases baixas podían estudar) e temos a abriga de mellorar a sociedade para a xeración futura. Ollo! As forzas reaccionarias e conservadoras están sempre ao asexo. 6.- No seu último poemario Cólera achégase á Galiza dos anos sesenta e setenta, con todos os seus conflitos eco-nómicos e sociais, e achéganos unha Galiza reivindicativa. Que papel xogaron as mulleres nestas reivindica-cións? Era moi escasa a participación na política activa das mulleres naquel momento. Aínda que houbo grandes pioneiras. Pero aquela ausencia serviu para espertar moitas conciencias feministas.

P á x i n a 3 N ú m e r o 8 – 8 m a r z o 2 0 0 8

7.- Cre que a man de obra feminina permanece oculta na historia do mundo? Como valora a contribución das mulleres na construción dunha cidade como Vigo? É unha das grandes inxustizas que permite facer Historia de Galiza sen a participación das mulleres, cando a realidade é que non existiría Galiza sen o traballo das mulleres. Deberíamos esixir que se cuantificara porque os números son moi claros. A terra foi cultivada e o gando coidado por labregas, pero tamén na industria foi masiva a man de obra feminina. En Vigo foron a base da actividade pesqueira, da carga e descarga, da manipulación e venda do peixe; das industrias derivadas: salgado, conserva...; da elaboración de envases; da industria téxtil. As mulleres da burguesía tamén foron avanzadas na cultura, no deporte e no progreso dos costumes. 8.- Vostede ten sinalado que Cólera está escrito desde unha posición e unha óptica masculina. Pode explicar esta afirmación? Xa dixen que nesa resistencia á ditadura as mulleres eran minoría. Ademais, de querer facer unha apoloxía dos homes que arriscaron o paro, o cárcere, o exilio ou a vida mesmo, é necesario adoptar unha perspectiva masculina. Desde o Feminismo non podería obviar que, moitos dos que loitaban contra a tiranía eran tiranos na propia casa e coa propia mu-ller. 9.- Desde 1983 publícase a Festa da Palabra (Silenciada) que naceu co obxectivo de aglutinar ás mulleres que es-cribían en Galiza. Que mudou desde aquela? Como participa a revista desta mudanza? Creo que a revista acadou o seu propósito de sacar á luz e darlle valor ás escritoras. Tamén é tribuna permanente da teo-ría feminista e dos avances políticos, artísticos e científicos. É unha publicación galega que ten carácter universal. 10.- Cre que a literatura pode contribuír á igualdade? Pode a literatura cambiar o mundo? Por favor, contáxie-nos o optimismo que a caracteriza. Cando no s.XIX aparecen as escritoras, Rosalía, Pardo Bazán, algunhas travestidas, como George Sand, George Eliot, Fernán Caballero, Victor Catalá..., para non escandalizar, a literatura cambia radicalmente. Novas conciencias, novas experiencias, novas luces ilustran o pensamento e producen un desprazamento universal. Novas ansias, novas utopías que alicerzan toda boa literatura e que non só nos achegan a un futuro progresista, senón que fan aflorar o mellor e máis nobre das existencias en cada momento histórico. Sen a literatura o mundo sería máis pobre, máis ignorante e, sobre todo, menos feliz.

Anxos Sumai Anxos Sumai Anxos Sumai Anxos Sumai (Catoira, 1960). Documentalista, tradutora e escritora. Dende o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal (Catoira, 1960). Documentalista, tradutora e escritora. Dende o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal (Catoira, 1960). Documentalista, tradutora e escritora. Dende o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal (Catoira, 1960). Documentalista, tradutora e escritora. Dende o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal

www.culturagalega.org, coas seccións semanais “Anxos e diaños” (2002), “Anxos da garda" (2003www.culturagalega.org, coas seccións semanais “Anxos e diaños” (2002), “Anxos da garda" (2003www.culturagalega.org, coas seccións semanais “Anxos e diaños” (2002), “Anxos da garda" (2003www.culturagalega.org, coas seccións semanais “Anxos e diaños” (2002), “Anxos da garda" (2003----2005) e “Crítica da memoria pura” 2005) e “Crítica da memoria pura” 2005) e “Crítica da memoria pura” 2005) e “Crítica da memoria pura”

(2006). Colaborou na Revista (2006). Colaborou na Revista (2006). Colaborou na Revista (2006). Colaborou na Revista Guía dos Libros NovosGuía dos Libros NovosGuía dos Libros NovosGuía dos Libros Novos coa sección fixa "Hemisferio Oeste" coa sección fixa "Hemisferio Oeste" coa sección fixa "Hemisferio Oeste" coa sección fixa "Hemisferio Oeste"

(2003(2003(2003(2003----2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa 2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa 2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa 2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa

Diario CulturalDiario CulturalDiario CulturalDiario Cultural da Radio Galega. Entre os traballos de tradución destacan os da Radio Galega. Entre os traballos de tradución destacan os da Radio Galega. Entre os traballos de tradución destacan os da Radio Galega. Entre os traballos de tradución destacan os Diarios Diarios Diarios Diarios de de de de

Syra Alonso e Syra Alonso e Syra Alonso e Syra Alonso e Tres tempos e a esperanzaTres tempos e a esperanzaTres tempos e a esperanzaTres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, dentro da colección Mu- de Mariví Villaverde, dentro da colección Mu- de Mariví Villaverde, dentro da colección Mu- de Mariví Villaverde, dentro da colección Mu-

lleres (Edicións A Nosa Terra). Como narradora publicou lleres (Edicións A Nosa Terra). Como narradora publicou lleres (Edicións A Nosa Terra). Como narradora publicou lleres (Edicións A Nosa Terra). Como narradora publicou Anxos da gardaAnxos da gardaAnxos da gardaAnxos da garda (A Nosa Terra, (A Nosa Terra, (A Nosa Terra, (A Nosa Terra,

2003) e 2003) e 2003) e 2003) e Melodía de días usadosMelodía de días usadosMelodía de días usadosMelodía de días usados (Galaxia, 2005) e (Galaxia, 2005) e (Galaxia, 2005) e (Galaxia, 2005) e Así nacen as baleasAsí nacen as baleasAsí nacen as baleasAsí nacen as baleas (Galaxia, 2007). (Galaxia, 2007). (Galaxia, 2007). (Galaxia, 2007).

Participou en libros colectivos como Participou en libros colectivos como Participou en libros colectivos como Participou en libros colectivos como Pano de LonaPano de LonaPano de LonaPano de Lona (Arquivo Pacheco, 2005), (Arquivo Pacheco, 2005), (Arquivo Pacheco, 2005), (Arquivo Pacheco, 2005), Fisuras no Fisuras no Fisuras no Fisuras no

cotián. Nove narradoras no relato de Xénerocotián. Nove narradoras no relato de Xénerocotián. Nove narradoras no relato de Xénerocotián. Nove narradoras no relato de Xénero (Casa da Parra, 2006), (Casa da Parra, 2006), (Casa da Parra, 2006), (Casa da Parra, 2006), Ghats Ghats Ghats Ghats e e e e 241006241006241006241006

(2007). (2007). (2007). (2007). En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra Anxos da gardaAnxos da gardaAnxos da gardaAnxos da garda. En . En . En . En

abril de 2007 recibe o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opi-abril de 2007 recibe o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opi-abril de 2007 recibe o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opi-abril de 2007 recibe o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opi-

nión polas seccións “Perigosamentes normais” do nión polas seccións “Perigosamentes normais” do nión polas seccións “Perigosamentes normais” do nión polas seccións “Perigosamentes normais” do Diario CulturalDiario CulturalDiario CulturalDiario Cultural da Radio Galega e da Radio Galega e da Radio Galega e da Radio Galega e

“Crítica da memoria pura”, publicada en “Crítica da memoria pura”, publicada en “Crítica da memoria pura”, publicada en “Crítica da memoria pura”, publicada en culturagalega.org.culturagalega.org.culturagalega.org.culturagalega.org. En outubro de 2007 recibe o En outubro de 2007 recibe o En outubro de 2007 recibe o En outubro de 2007 recibe o

premio Repsol YPF de Narrativa Breve pola novela premio Repsol YPF de Narrativa Breve pola novela premio Repsol YPF de Narrativa Breve pola novela premio Repsol YPF de Narrativa Breve pola novela Así nacen as baleasAsí nacen as baleasAsí nacen as baleasAsí nacen as baleas....

1.- Pode comentar brevemente a importancia na súa vida da descuberta do 8 de marzo. É aínda o 8 de marzo unha data reivindicativa? Descubrín o 8 de marzo nos últimos anos de bacharelato, en Vilagarcía, cando era coñecido como Día da Muller Traballadora. Foime unha descu-berta da situación da muller na sociedade e dunhas reivindicacións que ata daquela descoñecía. A finais dos anos setenta e despois nos oitenta, o move-mento feminista desenvolvía unha actividade moi grande, moi apaixonada e fundamental para o que logo fomos gañando. Hoxe moitas desas reivindica-cións xa non son só patrimonio das mulleres, senón que aparecen recollidas en discursos políticos e sociais xerais. O 8 de marzo, agora, segue represen-tando a loita pola igualdade laboral pero tamén pola discusión dos roles atribuídos a homes e mulleres ou pola acepta-ción das múltiples identidades sexuais e de formas de convivencia libremente elixidas, etc. Por iso me parece moito me-llor que sexa coñecido como Día das Mulleres.

P á x i n a 4 N ú m e r o 8 – 8 m a r z o 2 0 0 8

2.- Cando lle conceden o Premio de Xornalismo Blanco Torres na prensa alguén subliñou que era a primei-ra muller en recibir o dito premio. Que sentiu diante desa afirmación? En principio pensei no absurdo que sería que acontecese ao revés: que se salientase que por vez primeira un home gañou determinado premio ou mereceu calquera recoñecemento público. Esa afirmación pon de manifesto a situa-ción da muller na literatura, na escrita de opinión e na vida cultural e pública en xeral: só hai que botarlle unha ollada aos xornais para comprobar que os grandes espazos de opinión especializados están asinados por homes. Tamén se me pasou pola cabeza que ao dárenme o premio estaban cubrindo a cota feminina e que todo o mundo había pensar que merecín o Branco Torres, non pola calidade dos meus artigos, senón por ser muller. Pero eu non xogo a iso e sentinme recompensada por todos os anos que levo escribindo na rede e porque visualizasen a opi-nión feita para a radio, e que o xurado tivese a intelixencia de premiar medios de comunicación distintos á prensa escrita. 3.- Existe discriminación de xénero no campo da crítica literaria? Eu creo que existe un prexuízo á hora de enfrontarse con textos escritos por mulleres, e dígoo pola miña experien-cia persoal. Nos máis dos casos analízase a obra dunha autora partindo de que é unha muller quen a escribe e non se valora a obra en por si, senón a posición da autora á hora de desenvolver os personaxes que creou ou os confli-tos que se xeran ou o desenvolvemento da novela. Parece como se ás mulleres se lles esixise utilizar a literatura como unha forma de militancia e de adoutrinamento, deixando de lado a liberdade creativa. Por iso acontece que,

se unha autora recrea espazos domésticos, íntimos, ou fala de sentimentos se lle apón ao texto o cuali-ficativo “feminino” ou “sentimental”, cun certo ton pexorativo. Se é un home quen o fai, dirase del que ten unha marabillosa habilidade para crear ambientes e personaxes. Esta forma de analizar as obras escritas por mulleres convértese, claro, nu-nha inxusta discriminación e case, case, nun me-nosprezo. 4.- A lectura da súa novela Así nacen as baleas,

lévanos ao mundo do privado, á compañía, se mo permite de “Obxectos cotiáns”, onde respi-ran personaxes femininas que son mulleres tra-balladoras. Pode falarme destas personaxes e da súa liberdade. As personaxes da novela sonme moi próximas: traballadoras, loitadoras, enfrontadas á dor propia e á allea, que procuran a súa dose de felicidade e, ás veces, conséguena. Só poden ser felices cando teñen capacidade de actuar con liberdade. Son as mulleres da miña familia, as miñas amigas e son eu mesma. Eu escribo dende o que coñezo. Unha das razóns polas que creei este mundo de mulleres foi porque me interesa como autora o mundo do privado, as relacións de poder que se establecen dentro del e que non son visibles para quen está fóra dese núcleo pechado. Nesta novela quixen reflexionar sobre situacións de dominio

exercidas por unhas mulleres sobre outras. Os obxectos son importantes para min porque teñen a capacidade de activarme a memoria, igual que acontece co-as fotos. Lembrar para min é moi importante, porque coñezo a fraxilidade da memoria. A perda da memoria per-soal dáme moito medo, porque é perder a identidade, é algo semellante a estar morto. Por iso son tan minuciosa, tan detallista coas cousas na descrición dos obxectos e convértoos en personaxes máis dentro da novela.

5.- Pode ser a literatura unha das frontes para a igualdade? A literatura é unha forma de pracer, pero tamén é unha fonte de reflexión e de aprendizaxe. Eu entendo que a igualdade apréndese, como se aprende a ler ou a amar ou a loitar. Pero iso non se aprende só nos libros. Creo que xa dixen que eu non emprego a literatura para facer militancia de nada, e por iso tampouco quero utilizala como unha “fronte” de loita. Como lectora, éme máis ben un camiño e, como autora, éme a forma máis grata de liberda-de que coñezo. E nesa liberdade é onde eu son igual a calquera, sen prexuízos e sen límites, e coa calma que me dá non ter que enfrontarme máis que á miña capacidade creativa e á lingua.

Anxos Sumai

Carme Adán naceu en Donostia (Guipuzcoa) o 16 de decembro de 1966, despois de volver ao seu domicilio familiar en Lalín establece a súa residencia en Vigo. É licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela doutorándose no ano 2002 coa tese "Epistemoloxía, natureza e xénero". Froito da súa actividade intelectual é autora de ducias de artigos entre o que destaca, “Simone de Beauvoir: entre a modernidade e a posmodernidade” na revista de pensamento Ago-

ra, e publica o libro Feminismo e Coñecemento. Da experiencia das

mulleres ao ciborg, traducido recentemente ao castelán. Exerce co-mo profesora de Ensino Secundario dende o ano 90, estivo no IES San Paio de Tui, máis dunha década e agora ten o destino definitivo no IES Politécnico de Vigo. Preside a Aula Castelao de Filosofía entre os anos 1999 e 2005, ano no que pasa a formar parte da comi-sión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega. Nas elec-cións ao Parlamento de Galicia do ano 2005 encabeza a lista do BNG pola provincia de Pontevedra sendo electa deputada ata ser nomeada Secretaria Xeral da Igualdade na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. 1.- Que se conmemora no 8 de marzo? A historiografía sobre a orixe do día é diversa, o certo é que as loitas das mulleres no téxtil durante 1908 –incluíndo a morte de 140 nunha fábrica na que se pecharan para pedir melloras nas súas condicións- fo-ron decisivas para que Clara Zetkin propuxera en 1910 a súa lembranza a través do Día internacional das mulleres. A primeira celebración ofi-cial foi en 1911 e máis dun millón de mulleres participaron na mesma. Hoxe conmemoramos o esforzo de moitas mulleres para conseguir ma-iores cotas de igualdade e, tamén, serve para recordar que aínda que levamos moito camiño ás nosas costas queda un largo treito para que a igualdade non sexa só un espellismo. 2.- Cando e como celebrou vostede o seu primeiro 8 de marzo? En 1991 no instituto de Redondela o primeiro ano que daba clases. Entre un grupo de profesoras deseñamos unha semana de actividades con conferencias, proxección de películas, exposición de carteis,… xa non me lembro de todas as actividades.

P á x i n a 5 N ú m e r o 8 – 8 m a r z o 2 0 0 8

6.- Pódese afirmar que se a figura da poeta se normaliza e se consolida na literatura galega nos anos 90, a da narradora debeu agardar até o século XXI. Que factores extraliterarios influíron neste proceso? Na literatura está acontecendo algo semellante ao que acontece no resto da sociedade: cada vez somos máis as literatas, pero tamén as artistas plásticas, as avogadas, as arquitectas, as compositoras... É o resultado dun proceso que comezou hai xa ben anos e que ten que ver co acceso ao ensino e coa liberación dos papeis asignados tradicionalmente á muller. Queda pendente, iso si –e sería outra reivindicación para o 8 de marzo-, a corresponsabilidade no ámbito doméstico, porque as máis das mulleres traballadoras teñen que ocuparse, tamén, dos labores do fogar xa que os homes non sem-pre se implican. Respecto das narradoras e das poetas, creo que hai outro factor que influíu e que ten que ver tristemente coa discrimi-nación na literatura: paréceme que as mulleres nunca estiveron mal vistas como poetas, pero era máis difícil aceptalas como narradoras. Como ía estar unha muller escribindo novelas e a casa sen limpar e a comida sen facer? Pero aínda seguimos sendo moitísimas menos que os literatos e eu sei que non é por falta de talento, senón porque eles, narradores e poetas, teñen case sempre alguén que se ocupa de que o seu mundo estea en orde e ben fornecido. 7.- Atopou vostede o “Cuarto Propio” do que falaba Virginia Woolf .

Atopeino, por fin, hai uns anos. Sete anos xustos, cando souben que a única posibilidade que tiña de escribir sen que ninguén me molestase era vivir soa. Foi unha cuestión de incompatibilidade coa vida doméstica, unha necesidade total de soidade que me supuxo a renuncia a unha parte moi importante da miña vida afectiva. O meu cuarto propio dáme moitísimas satisfaccións, ás veces tamén me produce tristeza, pero creo que aprender a vivir soa e a entregarse ao que amas é máis importante e máis satisfactorio que vivir co que che impoñen. Creo que por este tipo de rebelións, polo cuarto propio, pola loita contra o que nos foi imposto, tamén debemos loitar o 8 de marzo.

3.- Que labor desenvolve a Secretaria Xeral da Igualdade? Por competencias debe deseñar e coordinar as políticas de igualdade do goberno galego. Todas estas políticas pode-mos velas reflectidas no V Plan de igualdade do goberno galego 2007-2010 que ten por obxectivo central acadar a

igualdade real entre homes e mulleres. A maiores puxemos en marcha un Plan de fomento da corresponsabilidade do cal a acción máis destacada é a creación da Rede de Gales-colas. 4.- Pode valorar a importancia pública da muller na política activa? É fundamental que as mulleres accedan a todos os espazos públicos en igualdade de oportunidades e de trato. A políti-ca é un ámbito moi masculino que minimiza a importancia dalgúns temas que son os verdadeiramente centrais para a vida cotiá. 5.- Cal é o principal obstáculo que impide aínda hoxe que a muller consiga a súa liberdade? O uso non democrático dos tempos. Para mudar esta situa-ción compre que os homes participen en igualdade no espa-zo privado. As tarefas do coidado non poden seguir sendo responsabilidade única das mulleres, de aí que nos sempre falemos de corresponsabilidade. Outro atranco importante é que a sociedade aínda valora de xeito desigual o feminino e o masculino, pensemos só no deporte e comprendemos per-fectamente onde esta o problema ¿Acaso valoramos do mesmo xeito o esforzo que realizan por igual homes e mu-lleres no deporte?. Este tema do simbólico daría para falar moito, moito. 6.- É a lei de Igualdade un paso cara a Igualdade? Evidentemente, un marco lexislativo que marque os obxec-tivos de igualdade por lei é necesario. Mais os valores so-

ciais necesitaremos moitos anos para poder mudalos. 7.- Edicións xerais coedita xunto á Secretaría xeral da Igualdade por vez primeira en galego O segundo sexo de Simone de Beauvoir, unha autora que cumpriría este ano cen anos. Como influíu a lectura deste libro na súa vida? Cal é a actualidade desta obra que a fai recomendábel? Lino xa de maior cando estaba comezando a miña tese doutoral, foi un estímulo intelectual moi importante e decisivo nese momento. É unha obra tan actual que ás veces asusta que pasaran case sesenta anos da súa publicación e siga estando vixente. Ademais hai libros que por ser clásicos e fundamentais, coma este, nos acompañan sempre. 8.- Pode a literatura facernos máis libres e axudarnos a comprender o mundo? Eu penso que si. Que se queremos cambiar a orde simbólica patriarcal que nos rodea temos tamén que cambiar o de-sexo e a súa construción, aí o papel da literatura é básico. O poder de imaxinar mundos sen o xustillo das identidades de xénero é propiedade fundamentalmente da literatura e a arte.

P á x i n a 6 N ú m e r o 8 – 8 m a r z o 2 0 0 8

Carme Adán

E se queres saber máis destas tres mulleres escritoras, le as súas obras; na Biblioteca atoparás:

A orella no buraco, O segredo da Pedra Figueira, Evidencias, Amor de Tango, Cólera de María Xosé Queizán Así nacen as baleas de Anxos Sumai Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao ciborg de Carme Adán.