Biografia Treixadura

3
Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando música de seu. 15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega

description

TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando música de seu. 15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega

Transcript of Biografia Treixadura

Page 1: Biografia Treixadura

Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando

e escoitando música de seu.15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en

común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.

A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novasincorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas

décadas de música galega

Page 2: Biografia Treixadura

Cronoloxía1990 xullo Catro gaiteiros comezan unha nova andaina musical no muíño vello de Redondela, á beira do río Alvedosa: Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez.

1991 Ramón Vázquez, O Chilro, súmase á idea, e comeza a perfilarse un estilo propio, fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos, cun obxecti-vo: manter as melodías coas que os nosos gaiteiros animaron festas e romarías dende sempre.

1992 - 30 de xuño. Primeiro concerto de Treixadura, no muíño vello de Redondela. Dende entón, o grupo foi actuando en diferentes vilas e cidades de Galiza e España.

1995Paulo Nogueira substitúe a Xabier Martínez.Treixadura entra no mercado discográfico cun CD titulado “Obrigado"

1998Ramón Vázquez abandona o grupo para dedicarse profesionalmente áconstrución de gaitas e instrumen-tos de percusión galega. O grupo  incorpora o acor-deón con César Longa.

1999A presentación do segundo disco, "Unha Noite No Muíño", pretende iniciar unha serie de catro discos que levarán por título cada un dos versos dunha cuadra moi popular en Galiza. Treixadura leva entón a súa música ás principais vilas e cidades de Galiza e ao estranxeiro.

2000Treixadura colabora con Rodrigo Romaní en "Albeida", primeiro disco do que fora membro de Milladoiro, e acompáñao durante ese ano na xira de presentación.

Page 3: Biografia Treixadura

2001A idea de fundir o bo gusto de Romaní co repertorio que Treixadura estaba a preparar, deu lugar ao tercei-ro traballo discográfico do grupo, "Unha Noite non é Nada". Este disco é o xérmolo do Orfeón Treixadura. 2004Nace Son de Aquí, un espectáculo galego completo que enche as festas de música, danza, títeres, e conta contos; Treixadura, Leilía, Orfeón Treixadura, Tanxarina e Quico Cadaval levan o seu proxecto por toda Galiza durante os anos 2004 e 2005.

2005Treixadura participa no primeiro traballo discográfico de Donicelas,  “Que nunca foi abalada”.

2006A idea de recuperar a música popular cantada dá orixe á terceira entrega da copla popular cun novo disco, “Unha semaniña enteira”,no que o Orfeón Treixadura participa de cheo.

2008Xan López deixa Treixadura, e é substituído por Magoia Bodega. Queda así establecida a formación con  Antón López, César Longa, Magoia Bodega,Paulo Nogueira e Xaquín Xesteira.

2010O grupo participa na gravación dun traballo colectivo de música galega  titulado “Cantigas do camiño”

2011O denominado, ata o momento orfeón Treixadura queda definitivamente encadrado dentro da agrupación.Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións, de  vida en común.Treixadura pon fin á tetraloxía editando “Esa si que é  muiñada”