Boletin de problemas electricidade 1

2
BOLETIN DE PROBLEMAS 1. Que quere dicir que un corpo está cargado positivamente? E negativamente? 2. Que é a carga eléctrica? Que unidade ten? A cantos coulombs equivale un amperio-hora? 3. Que é a intensidade da corrente eléctrica? Que unidade ten e con que aparato se mide? 4. Que misión ten un xerador de corrente? 5. Que é a resistencia eléctrica? De que parámetros depende? 6. Como se define a densidade de corrente? 7. Que expresión determina a cantidade de enerxía eléctrica que se transforma en calor? 8. Que cantidade de carga eléctrica atravesa un circuíto polo que circulou durante 35 segundos unha corrente de 15 A? 9. 150 C recorreron unha estufa eléctrica durante dous minutos e medio. Que intensidade marcará o amperímetro no circuíto? 10. Determine a resistencia dun condutor de cobre de 1.600 m de lonxitude e de sección 25 mm 2 . 11. Cal é a resistencia dun condutor polo que circula unha corrente de 22 A e entre os seus extremos hai unha diferenza de potencial de 230 V? 12. Temos un forno eléctrico de 2.200 W/ 230 V. Que resistencia ofrece? Que cantidade de corrente absorbe? Cal será o importe de enerxía eléctrica consumida en 10 h de uso, si o prezo do kWh é de 0,36 €? Que cantidade de calor da o forno eléctrico durante estas 10 h? 13. O devanado dun motor con condutores de cobre ten unha resistencia de 80 Ω a unha temperatura de 20 ºC. Determine a resistencia do devanado a unha temperatura de 90ºC.

Transcript of Boletin de problemas electricidade 1

Page 1: Boletin de problemas electricidade 1

BOLETIN DE PROBLEMAS

1. Que quere dicir que un corpo está cargado positivamente? E negativamente?

2. Que é a carga eléctrica? Que unidade ten? A cantos coulombs equivale un amperio-hora?

3. Que é a intensidade da corrente eléctrica? Que unidade ten e con que aparato se mide?

4. Que misión ten un xerador de corrente?

5. Que é a resistencia eléctrica? De que parámetros depende?

6. Como se define a densidade de corrente?

7. Que expresión determina a cantidade de enerxía eléctrica que se transforma en calor?

8. Que cantidade de carga eléctrica atravesa un circuíto polo que circulou durante 35 segundos unha

corrente de 15 A?

9. 150 C recorreron unha estufa eléctrica durante dous minutos e medio. Que intensidade marcará o

amperímetro no circuíto?

10. Determine a resistencia dun condutor de cobre de 1.600 m de lonxitude e de sección 25 mm2.

11. Cal é a resistencia dun condutor polo que circula unha corrente de 22 A e entre os seus extremos

hai unha diferenza de potencial de 230 V?

12. Temos un forno eléctrico de 2.200 W/ 230 V. Que resistencia ofrece? Que cantidade de corrente

absorbe? Cal será o importe de enerxía eléctrica consumida en 10 h de uso, si o prezo do kWh é de

0,36 €? Que cantidade de calor da o forno eléctrico durante estas 10 h?

13. O devanado dun motor con condutores de cobre ten unha resistencia de 80 Ω a unha temperatura

de 20 ºC. Determine a resistencia do devanado a unha temperatura de 90ºC.