Boletin decembro 2015

2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 185 - Decembro 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ADVENTO, CAMIÑO DE MISERICORDIA Todos sabemos que o Advento é un tempo litúrxico do ano cristián que se desenvolve ao longo de catro semanas. Coma un camiño que, día a día, nos vai acercando á meta, o Nadal de Xesús. Este camiño sinalado pola misericordia de Deus que, con amor de Pai, nos envía o seu Fillo para que camiñemos con El e El ao noso carón ata chegar á meta do seu Reino en plenitude; é camiño de misericordia porque a tenru- ra de Deus se converte en amor de Pais cos fillos. Este camiño é tamén invi- tación permanente de Xesús que nos acompaña a sermos misericordiosos cos irmáns e irmás en tantas e tantas opor- tunidades que se nos presentan ao longo dos días, concretamente no Advento. Cando o día 8 de decembro se inaugure en Roma o Ano Santo da Misericordia e, aquí en Santiago, o fagamos o día 13, ás 5 da tarde, ábrese, unha vez máis, para nós, a dobre porta da misericordia: por unha banda, Deus Pai misericordioso acóllenos co seu perdón e, por outra, ábrese a oportu- nidade, sempre presente, de facer isto mesmo, como fillos do Pai Deus, exercendo a misericordia con e para con todos os irmáns e irmás. “Aproveitemos este Ano Santo para abundar en Misericordia”. O NOSO NADAL Ademais de percorrer, durante o Advento, o camiño da misericordia, o Advento é unha oportunidade única para preparar o Nacemento de Xesús. Nestes momentos hai moitas propostas perigosas para converter o Nadal nun tempo de descanso, de vacacións ou de ocio, ausente dunha mínima presenza do verdadeiro senso navideño. Somos un pouquiño máis xenerosos cos desfavorecidos, quizais para tran- quilizarnos e, logo, despreocuparnos durante todo o ano no que segue habendo necesitados moi próximos a nós. No libriño do Evanxeo 2016 que se vos dá na parroquia aparecen as obras de misericordia, cheas sempre de actualidade, pero especialmente no Nadal. En cada acto de amor, de misericordia, de preocupación polos demais, o noso corazón de carne faise un pouco máis belén no que acollemos a Xesús. Calquera expresión (portal, belén, árbore...) debe manifestar a acollida que lle damos a un neno (inmigrante, refuxiado...), a un mozo (que fuxe de tan- tas escravitudes e pobrezas), a tantas e tantas familias (que non son acolli- das nin nos portais dos nosos beléns). ¿Que novidade lle vou engadir neste Nadal, ao noso Nadal? ¡FELIZ NADAL PARA TI E OS TEUS, E FAGÁMOSLLES UN NADAL FELIZ AOS DEMAIS! ADVENTO, TEMPO DE ESPERANZA Nun mundo tan convulso; nun mundo cheo de problemas e de medos; nunha humanidade onde os corazóns xa non son de carne senón de cemento e ferro; nun mundo no que todo nos parece normal; nun mundo e nunha humanidade na que parece que non hai horizontes claros, necesitamos unha grande esperanza. Unha persoa sen esperanza é como un peregrino que camiña sen rumbo, cara a ningures. Repetindo co Papa Francisco: “O tempo de Advento devólvenos o horizon- te da esperanza, unha esperanza que non decepciona porque está fundada na Palabra de Deus. Unha esperanza que non decepciona, sinxelamente porque o Señor non decepciona endexamais. ¡El é fiel! ¡El non decepciona! ¡Pensemos e sintamos esta beleza!”. O Advento deixa de ser esperanza en Nadal, pois xa se fai vida e realidade.

Transcript of Boletin decembro 2015

Page 1: Boletin decembro 2015

BOLETÍN PARROQUIALNº 185 - Decembro 2015

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

ADVENTO, CAMIÑO DE MISERICORDIA

Todos sabemos que o Advento é un tempo litúrxico do ano cristián que sedesenvolve ao longo de catro semanas. Coma un camiño que, día a día, nosvai acercando á meta, o Nadal de Xesús.

Este camiño sinalado pola misericordia de Deus que, con amor de Pai, nosenvía o seu Fillo para que camiñemos con El e El ao noso carón ata chegará meta do seu Reino en plenitude; é camiño de misericordia porque a tenru-ra de Deus se converte en amor de Pais cos fillos. Este camiño é tamén invi-tación permanente de Xesús que nos acompaña a sermos misericordiososcos irmáns e irmás en tantas e tantas opor-tunidades que se nos presentan ao longo dosdías, concretamente no Advento.

Cando o día 8 de decembro se inaugure enRoma o Ano Santo da Misericordia e, aquíen Santiago, o fagamos o día 13, ás 5 datarde, ábrese, unha vez máis, para nós, adobre porta da misericordia: por unhabanda, Deus Pai misericordioso acóllenosco seu perdón e, por outra, ábrese a oportu-nidade, sempre presente, de facer istomesmo, como fillos do Pai Deus, exercendoa misericordia con e para con todos osirmáns e irmás.

“Aproveitemos este Ano Santo paraabundar en Misericordia”.

O NOSO NADAL

Ademais de percorrer, durante o Advento, o camiño da misericordia, oAdvento é unha oportunidade única para preparar o Nacemento de Xesús.Nestes momentos hai moitas propostas perigosas para converter o Nadalnun tempo de descanso, de vacacións ou de ocio, ausente dunha mínimapresenza do verdadeiro senso navideño.

Somos un pouquiño máis xenerosos cos desfavorecidos, quizais para tran-quilizarnos e, logo, despreocuparnos durante todo o ano no que seguehabendo necesitados moi próximos a nós.

No libriño do Evanxeo 2016 que se vos dá na parroquia aparecen as obrasde misericordia, cheas sempre de actualidade, pero especialmente no Nadal.En cada acto de amor, de misericordia, de preocupación polos demais, onoso corazón de carne faise un pouco máis belén no que acollemos a Xesús.Calquera expresión (portal, belén, árbore...) debe manifestar a acollida quelle damos a un neno (inmigrante, refuxiado...), a un mozo (que fuxe de tan-tas escravitudes e pobrezas), a tantas e tantas familias (que non son acolli-das nin nos portais dos nosos beléns).

¿Que novidade lle vou engadir neste Nadal, ao noso Nadal?

¡FELIZ NADAL PARA TI E OS TEUS, E FAGÁMOSLLES UN NADALFELIZ AOS DEMAIS!

ADVENTO, TEMPO DE ESPERANZA

Nun mundo tan convulso; nun mundo cheo de problemas e de medos; nunhahumanidade onde os corazóns xa non son de carne senón de cemento eferro; nun mundo no que todo nos parece normal; nun mundo e nunhahumanidade na que parece que non hai horizontes claros, necesitamos unhagrande esperanza. Unha persoa sen esperanza é como un peregrino quecamiña sen rumbo, cara a ningures.

Repetindo co Papa Francisco: “O tempo de Advento devólvenos o horizon-te da esperanza, unha esperanza que non decepciona porque está fundada naPalabra de Deus. Unha esperanza que non decepciona, sinxelamente porqueo Señor non decepciona endexamais. ¡El é fiel! ¡El non decepciona!¡Pensemos e sintamos esta beleza!”.

O Advento deixa de ser esperanza en Nadal, pois xa se fai vida e realidade.

Page 2: Boletin decembro 2015

O Papa Francisco na Bula Miseri-

cordiae Vultus con motivo da pro-clamación do Ano da Misericordiadinos:

“Sempre temos necesidade de con-templar o misterio da misericordia. Éfonte de alegría, de serenidade e depaz. É condición para a nosa salva-ción.

Misericordia: é a palabra que revelao misterio da Santísima Trindade.

Misericordia: é o acto último esupremo co cal Deus vén ao nosoencontro.

Misericordia: é a lei fundamental quehabita no corazón de cada persoacando mira con ollos sinceros oirmán que atopa no camiño da vida.

Misericordia: é a vía que une a Deusco home, porque abre o corazón áesperanza de ser amados para semprecon todo o límite do noso pecado."

Que coincida esta etapa no inicio doAdvento convértese nunha incompa-rable oportunidade para que este pró-ximo Nadal sexa diferente para expe-rimentar a profundidade da nosa fedesde o misterio de Belén.

PARROQUIA VIVA

8.- Festa da Inmaculada Concep-ción. Inaugúrase, en Roma, o AnoSanto da Misericordia.

9.- Grupo de Cáritas, ás 20 h.

10.- Grupo sinodal, ás 20:15 h.

13.- Apertura da Porta Santa, ás 5 datarde. Comezo do Ano Santo daMisericordia.

17.- Reunión dos pais e nais dosnenos e nenas de 2º de PrimeiraComuñón, nun salón da AsociaciónRecreativa, ás 20 h.

20.- Celebración comunitaria damisericordia, ás 11 da mañá.

Concerto de Nadal, ás 12:30, doGrupo Coral Aleceia, no temploparroquial dos Tilos.

25.- Nadal. Só haberá misa ás 12.

27.- Festa da Sagrada Familia.

As “obras de misericordia” non sonalgo para memorizar de corridodesde o catecismo, senón máis benexperiencias vitais, verdadeiro cerneda espiritualidade cristiá.

Agora ben, é o propio Catecismo daIgrexa Católica o que orienta a súapráctica cando na segunda seccióndedicada aos Dez Mandamentos,capítulo primeiro, artigo 6º, “O amoraos pobres” (n. 2447), di expresa-mente:“As obras de misericordia sonaccións caritativas mediante as calesaxudamos o noso próximo nas súasnecesidades corporais e espirituais.Instruír, aconsellar, consolar, confor-tar, son obras espirituais de miseri-cordia, como tamén o son perdoar esufrir con paciencia. As obras demisericordia corporais consistenespecialmente en darlle de comer aofamento, darlle teito a quen non oten, vestir o espido, visitar os enfer-mos e os presos, enterrar os mortos.Entre estas obras, a esmola feita aospobres é un dos principais testemu-ños da caridade fraterna; é taménunha práctica de xustiza que agrada aDeus”.

Preséntanos tres citas bíblicas para anosa consideración: Lc 3,11; Lc11,41; e St 2,15-16.

Os adornos de Nadal es ti, cando astúas virtudes son cores que adornan atúa vida. A campá de Nadal es ti, cando cha-mas, congregas e buscas unir. Es tamén luz de Nadal, cando ilumi-nas coa túa vida o camiño dos demaiscoa bondade, a paciencia, a alegría ea xenerosidade. Os anxos de Nadal es ti, cando cantasao mundo unha mensaxe de paz, dexustiza e de amor. A estrela de Nadal es ti, cando condu-ces a alguén ao encontro co Señor. Es tamén os Reis Meigos, cando dáso mellor que tes sen importar a quen. A música de Nadal es ti, cando con-quistas a harmonía dentro de ti. O agasallo de Nadal es ti, cando es deverdade amigo e irmán de todo serhumano. A tarxeta de Nadal es ti, cando a bon-dade está escrita nas túas mans. A felicitación de Nadal es ti, candoperdoas e reestableces a paz, aíndacando sufras. A cea de Nadal es ti, cando sacias depan e de esperanza o pobre que estáao teu lado. Ti es, si, a noite de Nadal, candohumilde e consciente, recibes nosilencio da noite o Salvador domundo sen ruídos nin grandes cele-bracións. Ti es sorriso de confianza e de tenru-ra, na paz interior dun Nadal perenneque establece o Reino dentro de ti. ¡Unha moi Boa Noite de Nadal paratodos os que se parecen ao Nadal!

ANO DA MISERICORDIA

¡FELIZ NADALE VENTUROSO ANO DA MISERICORDIA!

MENSAXE DO PAPAFRANCISCO ANTE O

NADAL"O Nadal adoita ser unha festa ruidosa:viríanos ben un pouco de silencio, paraescoitar a voz do Amor."

Nadal es ti, cando decides nacer denovo cada día e deixar entrar a Deus natúa alma.

O piñeiro de Nadal es ti, cando resistesvigoroso aos ventos e dificultades davida.