Boletín decembro

4
. OS CLUBS DE LECTURA:”LIBROS DE PETO” NOVIDADES X&Q DECEMBRO 2010 Boletín nº 9 BIBLIOTECA IES Ponteceso Cambio Climático .-José Manuel Vázquez Varela Monasterios y con- ventos de la Península Ibérica . .– Francisco Rodríguez Iglesias. Depresión ou felicidade? .– Mi- reia Orgilés Amorós The Hound of the Baskervilles .– Arthur Conan Doyle O pintor do Sombreiro de malvas .- Marcs Calveiro. El último hermano .– Natacha Appa- nah. Eu de maior quero ser .– Rosa Aneiros Deep Trouble .– Lesley Thompson E MOITOS MÁIS… !!!! CULTURA : BREVES O “TRIVIAL” GALEGO: “Arume Xogal”, o novo xogo de mesa, preséntase como unha proposta dirixida á mocidade para unha aprendizaxe divertida da lingua, da cultura e da historia de Galicia. CERTAME DE POESÍA ERÓTICA: A escritora ceense María Lado gaña o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas na súa quinta edición, coa obra que recibe o título de “Amantes”. “RIÑA DE GATOS”: Título que dá nome á novela de Eduardo Mendoza, galardoada no mes de Outubro co Premio Planeta. A historia desenvólvese no Madrid de 1936, xusto antes do comezo da guerra civíl. A ETERNA CANDIDATA: Ana María Matute recibe, enormemente emocionada, a nova do Premio de literatura Miguel de Cervantes 2010, a distinción máis prestixiosa das letras hispanas, en recoñecemento a toda a súa traxectoria como escritora. GRANDES PERDAS DO CINE ESPAÑOL: Nada mellor que mencionar “Bienvenido, Mr. Marshall”, Calabuch” ou “Plácido”, películas que uniron a dous grandes do cine español e que sempre servirán para lembrar e rendir homenaxe conxuntamente ao actor Manuel Alexandre e ao director Luis García Berlanga, ambos finados neste outono despois dunha intensa vida dedicada a súa gran paixón. O 26 de Novembro faleceu FERNÁNDEZ DEL RIEGO, que desde a 2ª República traballou a prol da nosa cultura: Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos, fundación da Galaxia, director de Grial e da RAG, ensaio e crítica literaria.... Fóisenos con 97 anos un dos grandes, unha peza fundamental do que somos. Sandwich Cultural Os clubs de lectura do noso instituto iniciaron un ano máis a súa andaina. A primeira cita tivo lugar o 15 de outubro na biblioteca, coma sempre acompañados dun apetitoso chocolate. Este ano apuntáronse preto de 40 alumnos. Os alumnos do primeiro ciclo da ESO decidiron chamarse Os esquíos lectores, e nestre trimestre leron "O cocho de carreiras Rudi Fuciños", de Uwe Timm.Por outra banda os de segundo ciclo da ESO, que se fan chamar O Gato Lambón, leron neste trimestre "Mecanocristo da segunda orixe", de Manuel Pedrolo. E por último, os Lectores do Acuario, por aquilo de se reuniren no laboratorio de Ciencias, está formado por alumnos de Bacharelato que leron "O señor Ibrahim e as flores do Corán", de EricEmmanuel Shmitt e "A miña planta de laranxalima" de José Mauro de Vasconcelos. O obxectivo destes clubs non é tan só fomentaren a lectura entre o alumnado, senón tamén brindárennos a posiblidade de compartirmos as nosas lecturas favoritas, comentarmos cal é o noso estilo literario preferido, o escritor ou escritora que máis nos gusta... Anímate e ven!!! OUTONO PONDALIANO O outono é tempo de cogumelos, de cabazas, da vendima, de castañas, de longas noites de choiva, vento e frío pero este outono foi, sen dúbida, máis que nada, pondaliano. Este ano acadamos que o Simposio Pondaliano, un curso formativo que dende hai anos, concretamente vai pola súa XIV edición, no fora exclusiva do profesorado, e mais, conseguimos que vós, alumnos do IES Ponteceso, tivésedes en primicia un encontro literario con cada un dos persoeiros e figuras destacadas da cultura galega que cada martes do mes de novembro se achegaron a sede da Fundación Eduardo Pondal. O alumnado de 1º de Bacharelato foi o que inaugurou estes encontros pondalianos con Manuel Ferreiro, profesor universitario e principal estudoso do bardo pontecesán. El tentou achegarnos máis á personalidade do poeta e á súa obra, iso si, partindo das orixinais e , por que non dicilo, ás veces sorprendes preguntas que os nosos alumnos e alumnas lle propuxeron. O alumnado de 3º de ESO seguiu a senda marcada e atopáronse con Séchu Sende quen lles falou moitos dos prexuízos lingüísticos que nos rodean a cotío e lles mostrou a súa habilidade na hipnose para suxestionar en calquera persoa a capacidade para falar, por exemplo, lingua galega. O 23 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato descubriron, co profesor e escritor Anxo Angueira, unha nova Rosalía, moi distante de tópicos como “a meiguiña”, “a rula”, “a nai”,“a chorona”; a declamación, o recitar acertado de Anxo Angueira mostrounos unha Rosalía combativa, revolucionaria e feminista. Finalmente, no último dos encontros literarios, o escritor e tradutor Darío Xohan Cabana amosou aos alumnos e alumnas de 4º ESO a temática común que podemos atopar na poesía de Pondal e na de Uxío Novoneyra. Esperamos que para todo o alumnado que asistiu, que adicou unha pequena parte do seu tempo libre a estes encontros literarios de outono na Fundación Eduardo Pondal, atopase experiencias enriquecedoras e produtivas...e que queiran repetir en próximas edicións!!! Grazas a todos e todas os que participastes. Anxo Angueira Manuel Ferreiro Sechu Sende Darío Xohán Cabana

description

Boletín da biblioteca decembro 2010

Transcript of Boletín decembro

Page 1: Boletín decembro

.

OS CLUBS DE LECTURA:”LIBROS DE PETO” NOVIDADES

X&Q

DECEMBRO 2010 Boletín nº 9

BIBLIOTECA IES Ponteceso

Cambio Climático .-José Manuel Vázquez Varela Monasterios y con-

ventos de la Península Ibérica. .– Francisco Rodríguez Iglesias.

Depresión ou felicidade?.– Mi-reia Orgilés Amorós The Hound of the

Baskervilles.– Arthur Conan Doyle O pintor do Sombreiro de malvas.- Marcs Calveiro. El último hermano.– Natacha Appa-nah.

Eu de maior quero ser.– Rosa Aneiros Deep Trouble .– Lesley Thompson

E MOITOS MÁIS… !!!!

CULTURA : BREVES O  “TRIVIAL” GALEGO:  “Arume Xogal”, o novo  xogo de mesa, preséntase como unha proposta dirixida á mocidade para unha aprendizaxe divertida da lingua, da cultura e da historia de Galicia.  CERTAME DE  POESÍA  ERÓTICA:  A  escritora  ceense María  Lado  gaña  o  Certame  de  Poesía  Erótica  Illas Sisargas na súa quinta edición, coa obra que recibe o título de “Amantes”.  “RIÑA DE GATOS”: Título que dá nome á novela de Eduardo Mendoza,  galardoada  no mes  de Outubro co Premio Planeta. A historia desenvólvese no Ma‐drid de 1936, xusto antes do comezo da guerra civíl.  A  ETERNA  CANDIDATA:  Ana María Matute  recibe, enormemente  emocionada,  a  nova  do  Premio  de literatura Miguel  de    Cervantes  2010,  a  distinción máis  prestixiosa  das  letras  hispanas,  en  recoñece‐mento a toda a súa traxectoria como escritora.  GRANDES PERDAS DO CINE ESPAÑOL: Nada mellor que  mencionar  “Bienvenido,  Mr.  Marshall”, “Calabuch” ou “Plácido”, películas que uniron a dous grandes do cine español e que sempre servirán para lembrar e rendir homenaxe conxuntamente ao actor Manuel Alexandre e ao director Luis García Berlanga, ambos  finados neste outono despois dunha  intensa vida dedicada a súa gran paixón.  O 26 de Novembro faleceu FERNÁNDEZ DEL RIEGO, que desde a 2ª República traballou a prol da nosa cultura: Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos, fundación da Galaxia, director de  Grial e da RAG, ensaio e crítica literaria.... Fóisenos con 97 anos un dos grandes, unha peza fundamental do que somos.  

 

 

Sandwich Cultural

Os clubs de lectura do noso instituto iniciaron un ano máis a súa andaina. A primeira cita tivo  lugar   o 15 de outubro na  biblioteca,  coma  sempre  acompañados  dun  apetitoso chocolate. Este ano apuntáronse preto de 40 alumnos. Os alumnos do primeiro  ciclo  da  ESO  decidiron  chamarse  Os  esquíos lectores,  e  nestre  trimestre  leron  "O  cocho  de  carreiras Rudi  Fuciños",  de  Uwe  Timm.Por  outra  banda  os  de segundo ciclo da ESO, que se fan chamar O Gato Lambón, leron neste  trimestre "Mecanocristo da segunda orixe", de Manuel Pedrolo. E por último, os Lectores do Acuario, por aquilo de se reuniren no  laboratorio de Ciencias,   está formado por alumnos de Bacharelato que  leron "O señor  Ibrahim e as  flores do Corán", de Eric‐Emmanuel Shmitt e "A miña planta de  laranxa‐lima" de José Mauro de Vasconcelos. O obxectivo destes clubs  non  é  tan  só    fomentaren  a  lectura  entre  o  alumnado,  senón  tamén    brindárennos  a posiblidade  de  compartirmos  as  nosas  lecturas  favoritas,  comentarmos  cal  é  o  noso  estilo literario preferido, o escritor ou escritora que máis nos gusta... 

 

   Anímate e ven!!! 

OUTONO PONDALIANO

O outono é tempo de cogumelos, de cabazas, da vendima, de castañas, de longas noites de choiva, vento e frío pero este outono foi, sen dúbida, máis que nada, pondaliano. Este ano acadamos que o Simposio Pondaliano, un curso formativo que dende hai anos, concretamente vai pola súa XIV edi‐ción, no  fora exclusiva do profesorado, e mais,  conseguimos que  vós, alumnos do  IES Ponteceso,  tivésedes en primicia  un encontro literario con cada un dos persoeiros e figuras destacadas da cultu‐ra galega que cada martes do mes de novembro se achegaron a sede da Fundación Eduardo Pondal.  O  alumnado de 1º de Bacharelato  foi o que  inaugurou  estes  encontros pondalianos  con Manuel Ferreiro, profesor universitario e principal estudoso do bardo pontecesán. El tentou achegarnos máis á personalidade do poeta e á súa obra, iso si, partindo das orixinais e , por que non dicilo, ás veces sorprendes preguntas que os nosos alumnos e alumnas lle propuxeron. O alumnado de 3º de ESO seguiu a senda marcada e atopáronse con Séchu Sende quen  lles  falou moitos dos prexuízos lingüísticos que nos rodean  a cotío e lles mostrou  a súa habilidade na hipnose para suxestionar en calquera persoa a capacidade para falar, por exemplo, lingua galega. O 23 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato descubriron, co profesor e escritor Anxo Angueira, unha nova Rosalía, moi distante de tópicos como “a meiguiña”, “a rula”,  “a nai”,“a chorona”; a declamación, o recitar acertado de Anxo Angueira mostrounos unha Rosalía combativa, revolucionaria e feminista. Finalmente, no último dos encontros  literarios, o escritor e  tradutor Darío Xohan Cabana amosou aos alumnos e alumnas de 4º ESO a temática común que podemos atopar na poesía de Pondal e na de Uxío Novoneyra.  Esperamos que para  todo o alumnado que asistiu, que adicou unha pequena parte do  seu  tempo libre  a  estes  encontros  literarios  de  outono  na  Fundación  Eduardo  Pondal,  atopase  experiencias enriquecedoras e produtivas...e que queiran repetir en próximas edicións!!! Grazas a todos e todas os que participastes. 

      Anxo Angueira            Manuel Ferreiro             Sechu Sende            Darío Xohán Cabana 

Page 2: Boletín decembro

Appanah, Nathacha, El último hermano, Edito‐rial Alfaguara, 2010; En 1940, Raj era só un ne‐no, pero agora, no ocaso da súa vida, os recor‐dos da súa infancia atropélanse nos seus soños: a vexetación, os cheirumes e arrecendos da  illa tropical de Mauricio, o gran amor maternal, as malleiras ás que os sometía o seu pai pero, so‐bre todo, a sensación de perda que nel deixou a desaparición  dos  seus  dous  queridos  irmáns, Anil e Vinod, como consecuencia dunha virulen‐ta riada. A súa dor vese mitigada pola inespera‐

da aparición de David, o último  irmán, un neno xudeu gravemente enfermo  e  orfo  que  formaba  parte  dos  1500  xudeus  que  no  ano 1940 atracaron no Atlantic en Port Louis, expulsados de Palestina e deportados  á  illa de Mauricio,  naquel momento  colonia británica, no  cárcere de Beau‐Bessin. Con David, Raj  volverá  a  rir e  a  xogar pero tamén descubrirá unha crúa realidade na que está presente a guerra, a enfermidade e a crueldade do mundo adulto.A autora da novela recupera así a historia case esquecida e vergoñenta da reclu‐sión, moi similar a un campo de concentración, no que estes xudeus permaneceron,  e  onde moitos   morreron,  ata  ben  acabada  a  2ª 

Guerra Mundial.

CRÍTICAS LITERARIAS

CINE NO INSTITUTO

Páxina 2 X&Q MÚSICA

Seda de Alessandro Baricco narra a historia de Hervé Joncour, un mozo francés do século de‐zanove afincado na vila de Lavilledieu que dedi‐ca o seu tempo ao negocio da seda: posúe, como case todos os moradores do pobo, un criadeiro de vermes. O personaxe ve transco‐rrer a súa vida dun xeito contemplativo e tran‐quilo, sen que a inquedanza existencial afogue 

a pracenteira harmonía da súa relación con Hélène, a súa dona. Pero todo este cadro equilibrado vai verse rachado cando unha agresiva epidemia asole os criadeiros europeos e Hervé sexa designado para emprender unha longa viaxe ao Xapón, á procura de ovos sans.  O encontro coa máxima autoridade do exótico lugar, Hara Kei, e sobre todo o feitizo da misteriosa rapaza que o acompaña sempre, farán que o protagonista non teña máis remedio que fuxir da súa cápsula de pasividade e mergullarse definitivamente nos vaivéns vitais. Dende ese momento, a viaxe anual á afastada illa convertera‐se no feito inescusable que mantén a Hervé con vida.  Seda é a historia dun amor imposible contada nun estilo sinxelo e directo que fai que o lector tamén se namore da misteriosa rapaza e do mundo exótico que é o Xapón. 

-  El Rock y su historia de Andrea Bergamini. 

  Libro perfecto para un primeiro contacto coa historia da música popular urbana, den‐de o seu comezo oficial co rock'n'roll, na metade dos anos 50, ata estilos máis novos coma o rap ou o grunge, entre outros. A través de fotografías e fermosas  ilustracións percorreremos diferentes décadas do século XX e poderemos coñecer algúns dos grupos e cancións máis re‐

presentativos de cada época.   

‐Aplicacións musicais da internet indispensables no noso ordenador: 

  

Sinxelamente,  é  unha  aplicación marabillosa  que  nos  permite  ter acceso  a un  amplísimo  abano de músicas  cando  estamos na  rede, dun xeito totalmente legal. Temos que abrir unha conta e descargar un programa no noso ordenador. Nesta  ligazón que vos deixamos, explícase con todo detalle os pasos a seguir: http://www.javiermonteagudo.es/2010/11/abrir‐y‐utilizar‐una‐cuenta‐de‐spotify/ 

   . O director Gerardo Olivares leva ao cine a histo‐ria real de Marcos Rodríguez (Juan José Ballesta), un rapaz que pasou parte da súa infancia e ado‐lescencia  convivindo  con  lobos  nun  lugar  de Sierra Morena,  poucos  anos  despois  da  guerra civil.   A  idade de  sete anos Marcos  foi  vendido polo seu pai a un  terratenente, dono das  terras onde  traballaban.  O  “señor”  entregouno  a  un pastor que vivía na soidade da serra  para que lle 

axudase co   rabaño. Con el aprendeu a coidar dos animais, buscar comida,    a  cazar  e  a  curar  as  feridas de  forma natural. Ao pouco tempo morreu o pastor  e Marcos  viviu  cos  lobos de  forma  salva‐xe.Na película o director mostra o seu amor pola natureza.De claro corte naturalista. Destaca a fotografía, a beleza das imaxes e a ban‐da sonora de Klaus Bedett. Bótase en falta a reflexión filosófica so‐bre a natureza humana. Podedes ir a vela, está na carteleira. 

 O mexicano Alejandro González cóntanos a histo‐ria de Uxbal (Javier Bardem), un home desespera‐do, pai de dous fillos ao seu cargo e unha ex espo‐sa problemática que padece un trastorno bipolar.  O  protagonista malvive  no  barrio  barcelonés  do  Raval onde “trapichea” coas mafias chinas explo‐tando  a  inmigrantes  ilegais.  Ao  protagonista  lle diagnostican  un  cáncer  terminal.  Só  lle  quedan 

uns poucos meses de vida. Este feito supón un xiro na vida de  Uxbal.  A película relata a evolución espiritual do protagonista que terá que enfrontarse á morte.Reflexión sobre a morte e a vida que, parado‐xalmente,  cobra  sentido  ca percepción do  final. Cine de denuncia social onde o director reflexiona sobre a pobreza, a marxinación,  e a inmigración ilegal. Soberbio traballo de Javier Bardem.                             

Libros na nosa biblio : 

Page 3: Boletín decembro

FALEMOS DE… ANTROPOLOXÍA

Páxina 3 Boletín nº 9

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O pasado 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego. No noso centro, os departamentos de Normalización, Tecnoloxía, Matemáticas e Ciencias Naturais  decidimos conmemoralo cunha serie de actividades dirixidas a todo o alumnado e profesorado:  

A conquista do espazo. Unha historia da exploración do Sistema Solar. 

Un exemplo de software en galego: O programa Stellarium,. 

Como fabricar un planisferio estelar. 

A maxia dos números: O número áureo e a sucesión de 

Fibonacci. 

Inventores galegos. 

Convocatoria do II Premio de Investigación Científica "Ángel Carracedo". 

Videoconferencia dende o CERN (laboratorio europeo de física de partículas) ou organización europea para a Investigación Nuclear. 

    Tamén estaba prevista unha actividade de observación do ceo       nocturno, que non puido ser levada a cabo por mor das pésimas               

condicións atmosféricas. 

 Nigel   Barley, antropólogo doutorado pola Universidade de Oxford, dedicou varios  anos  ao  estudio dunha  tribo descoñecida do Camerún  “os Dowayo”. Como bo antropólogo realizou un traballo de campo no ano 1978 indo a vivir cos Dowayo. O resultado da súa aventura o recolle Barley neste marabilloso libro, unha monografía etnográfica pouco convencional na que o autor relata con ironía a súa experiencia.  Barley  chega ao poboado cargado de maletas, nelas  leva a súa cultura; moi pronto descubre que en África o estraño é el. Os Dowayo o ven como un ser raro, cuns costumes absurdos. Rinse moito do antropólogo. É así co‐mo da comezo  a súa viaxe, na que o protagonista aprende a distanciarse da cultura occidental para facilitar o encontro co “outro”, e así poder en‐

tender a súa cultura. Único camiño para a superación  do etnocentrismo cultural. Vive nunha cho‐za de barro, come a súa comida, compórtase coma eles….  

Page 4: Boletín decembro

SAM

AÍN

201

0 MICRORRELATOS DE MEDO

MARIO VARGAS LLOSA PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010

O último e flamante premio Nobel de literatura 2010 ,o hispano‐peruano  Mario Vargas Llosa 

( Arequipa, Perú 1936), ven de demostrar ao longo dos anos que é un prodixioso novelista  a través 

duns personaxes cribles e sólidos cun dominio da linguaxe extraordinario e unha técnica narrativa 

moi depurada. Converteuse nun referente literario nos sesenta co chamado “boom” da literatura 

hispanoamericana e traballou practicamente todos os xéneros literarios como a comedia, a novela 

negra, a literatura erótica,a novela histórica e a crítica literaria; tamén publicou algún que outro 

conto para nenos  e pezas teatrais.  Viviu unha infancia un tanto complicada, unha transhumancia  

continuada debido a cuestións familiares, de estudos ou de traballo, evolucionou dunha postura de 

esquerdas convencional  á súa 

actual convicción liberal, e 

polo medio marabillounos con 

libros como La ciudad y los 

perros, La casa verde  ou Con‐

versación en La Catedral, o  único libro que el mesmo 

salvaría da queima  ( e que podedes atopar na nosa bi‐

blioteca) e outros títulos como Pantaleón y las visitado‐

ras , La fiesta del Chivo que foron adaptados ao cinema . 

Trátase dun escritor de raíz ,crítico, con obras traducidas a 

máis de 50 idiomas, que xa fora galardoado  co Premio 

Cervantes e que indiscutiblemente non deixa a ninguén 

indiferente. 

O espírito do Samaín está moi vivo no noso centro. Este ano organiza‐mos unha sesión de lecturas  de microrrelatos de medo non aptas pa‐ra medorentos. Os diferentes participantes foron lendo e interpretan‐do  as  súas  arrepiantes  creacións  literarias  facéndonos  pasar moito, moito medo aínda que nalgún intre botamos tamén algunhas gargalla‐das.  

Estes foron os microrrelatos gañadores:                       1º PREMIO                   

               A man do medo          Nunha noite  fría  de  inverno,  unha  ra‐pariga  duns  vinte  anos  foise  hospedar nun  hotel  situado  ás  aforas  dun  pe‐queno pobo chamado San Lázaro.       A rapariga quedou coa habitación nº 121. A habitación  era escura,  cu‐nhas  paredes  de  cor  violeta  e  uns mobles vellos e medio comidos polas couzas.       A  rapaza  colleu  un  xiz,  fixo  un triángulo  no  solo,  acendeu  unhas candeas, sentouse no centro e empe‐zou a berrar cunha voz de ultratumba:  ‐ Mena casim carei, Mena casim carei, Mena casim carei. De súpeto o armario abriuse e del saíu unha man.  O día  seguinte  cando a  señora da  lim‐peza  abriu  o  cuarto,  desaparecera  to‐do: os mobles, o triángulo, a rapariga…       Óscar Bouzas Rodríguez  3ºESO B 

                       ACCÉSIT Era unha noite de tormenta. Un home estaba cuns nenos pe‐dindo caramelos e o home entra nunha casa. Abre a porta, 

berra aterrorizado o... que é... unha pantasma, deus santo, socorroooooooo!! ‐Cala a boca, imbécil ‐ contesta a pantasma.  ‐Non che teño medo – dixo o home.  Entón a pantasma córtalle a man e aparece moito sangue.  ‐Bueeeeno, agoooora si que che teño medo.       Petan na porta, uns nenos que din “Truco ou Trato”, e a pantasma colle de repente  e cerra a porta. O home asóma‐se pola ventá e ve un cemiterio, e ve 

que as tumbas se le‐vantan, os esqueletes se moven e sae alguén con cornos, parece o deus do inferno. Vai o home e morreeee.       Andrea Espasandín García 1º ESO B