Boletin febreiro 2016

2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 187 - Febreiro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS OBRAS DE MISERICORDIA (II) DAR DE COMER E BEBER A FAMENTOS E SEDENTOS Empezamos, no boletín anterior, unha viaxe polas obras de misericordia. Sen facer o percorrido tradicional, fixámonos neste mes en dúas das obras máis sensibles aos nosos sentidos: darlle de comer ao famento e de beber ao sedento. Por que? Por varias razóns: nos carteis que irán aparecendo perio- dicamente, nas portas da igrexa, e logo na fronte do altar, invítasenos e recórdasenos o importante que é exercer estas obras con aquelas persoas próximas e non tan próximas. Pero ademais neste mes de febreiro, concretamente o día 10, empeza a Coresma, tempo de conversión; nesa mesma semana, MANS UNIDAS con- vídanos a unir as nosas mans a prol de tantas e tantas persoas que o seguen a pasar mal. Cales son as obras de misericordia máis urxentes? Todas son importantes pero, sen ningunha dúbida, darlle de comer ao famento e de beber ao seden- to son as máis necesarias. Unha vez recuperadas as forzas físicas, seguen a ser prioritarias as outras necesidades persoais. Fagamos deste mes de febreiro un mes solidario, cheo de misericordia e cami- ño de conversión! ORACIÓN PARA O XUBILEO DA MISERICORDIA Señor Xesús, ti ensináchesnos a ser misericordiosos como o Pai do ceo, e dixéchesnos que quen te ve, veo tamén a El. Amósanos o teu rostro e obteremos a salvación. A túa mirada chea de amor liberou a Zaqueo e a Mateo da escravitude do diñeiro; á adúltera e á Madalena de buscar a felicidade soamente nunha criatura; fixo chorar a Pedro despois da traizón, e aseguroulle o Paraíso ao ladrón arrepentido. Fai que cada un de nós escoite como propia a palabra que lle dixeches á samaritana: Se coñeceses o don de Deus! Ti es o rostro visible do Pai invisible, do Deus que manifesta a súa omnipotencia sobre todo co perdón e a mise- ricordia: fai que, no mundo, a Igrexa sexa o teu rostro visible, o seu Señor, resucita- do e glorioso. Ti quixeches que tamén os teus ministros fosen revestidos de debilidade para que sintan sincera compaixón polos que se atopan na ignorancia ou no erro: fai que quen se achegue a un deles se sinta esperado, amado e perdoado por Deus. Manda o teu Espírito e conságranos a todos coa súa unción para que o Xubileo da Misericordia sexa un ano de graza do Señor e a túa Igrexa poida, con renovado entusias- mo, levarlles a Boa Nova aos pobres, proclamarlles a liberdade aos prisioneiros e oprimidos e restituírlles a vista aos cegos. Pedímoscho por interseción de María, Nai da Misericordia, a ti que vives e reinas co Pai e o Espírito Santo por sempre eternamente. Amén.

Transcript of Boletin febreiro 2016

Page 1: Boletin febreiro 2016

BOLETÍN PARROQUIALNº 187 - Febreiro 2016

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

OBRAS DE MISERICORDIA (II)

DAR DE COMER E BEBER A FAMENTOS E SEDENTOS

Empezamos, no boletín anterior, unha viaxe polas obras de misericordia.Sen facer o percorrido tradicional, fixámonos neste mes en dúas das obrasmáis sensibles aos nosos sentidos: darlle de comer ao famento e de beber aosedento. Por que? Por varias razóns: nos carteis que irán aparecendo perio-dicamente, nas portas da igrexa, e logo na fronte do altar, invítasenos erecórdasenos o importante que é exercer estas obras con aquelas persoaspróximas e non tan próximas.

Pero ademais neste mes de febreiro, concretamente o día 10, empeza aCoresma, tempo de conversión; nesa mesma semana, MANS UNIDAS con-vídanos a unir as nosas mans a prol de tantas e tantas persoas que o seguena pasar mal.

Cales son as obras de misericordia máis urxentes? Todas son importantespero, sen ningunha dúbida, darlle de comer ao famento e de beber ao seden-to son as máis necesarias. Unha vez recuperadas as forzas físicas, seguen aser prioritarias asoutras necesidadespersoais.

Fagamos deste mesde febreiro un messolidario, cheo demisericordia e cami-ño de conversión!

ORACIÓN PARA O XUBILEO DA MISERICORDIA

Señor Xesús,ti ensináchesnos a ser misericordiosos como o Pai do ceo,e dixéchesnos que quen te ve, veo tamén a El.Amósanos o teu rostro e obteremos a salvación.A túa mirada chea de amor liberou a Zaqueo e a Mateo da escravitude dodiñeiro;á adúltera e á Madalena de buscar a felicidade soamente nunha criatura;fixo chorar a Pedro despois da traizón,e aseguroulle o Paraíso ao ladrón arrepentido.Fai que cada un de nós escoite como propia a palabra que lle dixeches ásamaritana:Se coñeceses o don de Deus!Ti es o rostro visible do Pai invisible,do Deus que manifesta a súa omnipotencia sobre todo co perdón e a mise-ricordia:fai que, no mundo, a Igrexa sexa o teu rostro visible, o seu Señor, resucita-do e glorioso.Ti quixeches que tamén os teus ministros fosen revestidos de debilidadepara que sintan sincera compaixón polos que se atopan na ignorancia ou noerro:fai que quen se achegue a un deles se sinta esperado, amado e perdoado porDeus.Manda o teu Espírito e conságranos a todoscoa súa unciónpara que o Xubileo da Misericordia sexa unano de graza do Señore a túa Igrexa poida, con renovado entusias-mo, levarlles a Boa Nova aos pobres,proclamarlles a liberdade aos prisioneiros eoprimidose restituírlles a vista aos cegos.Pedímoscho por interseción de María, Naida Misericordia,a ti que vives e reinas co Pai e o EspíritoSanto por sempre eternamente.Amén.

Page 2: Boletin febreiro 2016

MANS UNIDAS 2016

Invítovos a participar nesta Campaña.Os colectivos tan diversos que colabo-ran con nós achégannos unha riquezaextraordinaria. Acompañar os máispobres e “sentir con eles” debe formarparte dos valores fundamentais dunhasociedade que desexe ser xusta. Loitarcontra a fame é unha cuestión urxentena construción dun mundo digno, poissegue a ser actual o que san XoánPaulo II denominaba “paradoxo daabundancia”: hai comida para todospero non todos poden comer; mentresque o dispendio, o descarte, o consu-mo excesivo e o uso de alimentos paraoutros fins están ante os nosos ollos.

En Mans Unidas colaboramos cospobres e con quen colabora con eles,esforzámonos a prol dese mundo quepoña no centro a persoa, dunhas regrascomerciais nas que os pobres teñanalgo que dicir e dunha concepción dodesenvolvemento realmente humana epara todos, o que obriga a individuos einstitucións a prestarlles unha atenciónespecialísima aos últimos dos últimos,ao inmenso colectivo dos famentos.

Avancemos sen derrotismos. As metasnunca se acadan de todo pero comezana ser reais cando cremos nelas e nospoñemos a traballar. A indiferenza, encambio, empobrécenos moitísimo.

Un mundo máis xusto e irmandado énecesario. Plántalle cara á fame.SEMENTA.

PARROQUIA VIVA2.- Presentación do Señor. Bendicióndas candeas, ás 19 h.10.- Mércores de Cinza. Xornada dexaxún e abstinencia que sinala ocomezo da Coresma. Celebración, ás19 h.11.- Reunión do grupo parroquialsinodal, ás 20 h.12.- Cea de Mans Unidas, ás 20:30 h.18.- Reunión dos pais e nais dosnenos/as de 2º de PrimeiraComuñón, ás 8 do serán, nun localda Asociación Recreativa e Cultural.

24.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20 h.Nota: Todos os venres de Coresma,ás 18:30 h haberá viacrucis. Logoseguirá a Eucaristía.

O LAPIS

O inventor do lapis, antes de metelona caixa e envialo ao mundo, díxolle:“Cinco cousas debes saber e recordarsempre se queres ser o mellor lapisdo mundo”.

1ª.- Poderás facer grandes cousas,pero só se permites que alguén te use.

2ª.- Experimentarás dor cando chesaquen punta, pero é necesario sequeres ser o mellor lapis do mundo.

3ª.- Corrixirás todas as faltas quecometas.

4ª.- A túa parte máis importante estásempre dentro de ti.

5ª.- Deixarás a túa marca sobre todaa superficie na que sexas usado.

E, a pesar de todo, segue escribindo.

Agora ponte no lugar do lapis.

1.- Podes facer grandes cousas, perosó se deixas que Deus e os demais teusen e, ás veces, abusen de ti.

2.- Sentirás dor cando os problemasda vida e as dificultades de todo tipoche saquen punta. É necesario paramedrar e fortalecerte.

3.- Corrixe todos os erros que come-tas.

4.- A túa parte máis importante estádentro de ti.

5.- Deixa unha marca fermosa ondeescribas e por onde pases.

Impacto emocional, porque a presen-tación do prato remítenos á alta coci-ña, de empratado minimalista e sofis-ticado, coa culler de madeira traba-llada en perfecto equilibrio, que sos-tén un “exquisito” manxar: un boca-do de terra.

E tamén impacto moral, porque noslembra que non todo é tan sinxelo efácil como aparenta, que para ter unprato na mesa e comer –iso quenunha parte do mundo facemosvarias veces ao día sen prestar aten-ción–, primeiro hai que ter algún ali-mento e, para que ese alimento exis-ta, antes hai que sementar.

Aquí vos deixamos a imaxe impac-tante, sinxela e directa, coa que que-remos ilustrar un lema igualmenteimpactante, sinxelo e directo, quenos envía a loitar contra a fame ata-cando as súas causas e que nos con-vida a plantarlle cara da única manei-ra posible: sementando.

CAMPAÑA DE MANS UNIDASPLÁNTALLE CARA Á FAME:

SEMENTA

É dificil explicar o que se quere dicircunha imaxe, cando esta non preten-de máis que ilustrar o que contanunhas palabras, as do lema daCampaña 2016 de Mans Unidas.

Por iso “impacto” é, quizais, a pala-bra que define mellor o que queretransmitir este cartel. Impacto visual,polo contraste do prato branco, deli-cado, pulido, co marrón escuro,húmido, rudo, da terra sementada, eo verde vivo da planta xermolada.