Boletin maio 2014 2

2
BOLETIN PARROQUIAL Nº 174 - Maio 2014 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS CONTAS PARROQUIAIS - ANO 2013 ECOS PASCUAIS Hai quince días que celebramos, un ano máis, a Pascua de Resurrección. Á velocidade que van hoxe as noticias, parece que xa hai máis tempo deste gran acontecemento cristián. Cal é o problema? Que nos esquezamos tan rapidamente da Pascua de Resurrección impediranos vivir os seus efectos liberadores e de chamada a ser ”novos” nin sequera durante a cincuentena pascual. Os ecos pascuais deben provocar en nós unha intensidade da vivencia pas- cual. Ecos pascuais reflectidos na fe viva e comprometida; ecos pascuais vividos nunha esperanza activa e caracterizados por un estilo de vida ale- gre, ilusionado, capaz de contaxiar gañas de vivir; ecos pascuais que, a semellanza das primeiras comunidades cristiás, sexan chamada a compar- tir e a provocar a expresión “mirade como se aman”. Ecos pascuais que nos inviten a ser “constantes na oración, na súplica, na acción de grazas e en partir o pan”. Ecos pascuais reflectidos na imaxe que preside o altar maior da nosa igre- xa parroquial: A cruz superada sempre pola figura do Resucitado. Que esta escena se reflicta na nosa vida: que os problemas, dificultades, etc., (cruces dia- rias) estean sempre iluminadas por Cristo Resucitado. ¡Felices festas de Pascua de Resurrección! Benjamín.

Transcript of Boletin maio 2014 2

Page 1: Boletin maio 2014 2

BOLETIN PARROQUIALNº 174 - Maio 2014

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

CONTAS PARROQUIAIS - ANO 2013

ECOS PASCUAISHai quince días que celebramos, un ano máis, a Pascua de Resurrección. Ávelocidade que van hoxe as noticias, parece que xa hai máis tempo destegran acontecemento cristián. Cal é o problema? Que nos esquezamos tanrapidamente da Pascua de Resurrección impediranos vivir os seus efectosliberadores e de chamada a ser ”novos” nin sequera durante a cincuentenapascual.Os ecos pascuais deben provocar en nós unha intensidade da vivencia pas-cual. Ecos pascuais reflectidos na fe viva e comprometida; ecos pascuaisvividos nunha esperanza activa e caracterizados por un estilo de vida ale-gre, ilusionado, capaz de contaxiar gañas de vivir; ecos pascuais que, asemellanza das primeiras comunidades cristiás, sexan chamada a compar-tir e a provocar a expresión “mirade como se aman”. Ecos pascuais quenos inviten a ser “constantes na oración, na súplica, na acción de grazas

e en partir o pan”.Ecos pascuais reflectidos na imaxe que preside o altar maior da nosa igre-xa parroquial: A cruz superada sempre pola figura do Resucitado. Que esta escena se reflicta nanosa vida: que os problemas,dificultades, etc., (cruces dia-rias) estean sempre iluminadaspor Cristo Resucitado.

¡Felices festas de Pascua deResurrección!

Benjamín.

Page 2: Boletin maio 2014 2

comunitarios, onde os cregos ocupeno seu lugar, pero tamén onde ossegrares mozos e adultos e as relixio-sas ocupen o seu. Pequenos gruposque analicen máis en concreto asituación de fe das nosas comunida-des, a resposta pastoral que se estádando e que se debería dar. 5. Que realice unhas celebracións

litúrxicas vivenciais, participativas,adaptadas ás asembleas concretas, efestivas, nas que atopen acollida, eiluminación as preocupacións, pro-blemas e inquedanzas que está vivin-do a xente.6. Que resplandeza polo desinteresee a gratuidade nos servizos, e que ocompartir e a comunicación cristiáde bens sexan expresión da comuñónfraterna e do espírito apostólico.7. Que dedique unha especial aten-ción á acollida, acompañamento,servizo e axuda aos máis necesitadosde medios económicos, de promo-ción humana e de calor familiar.

PARROQUIA VIVA

19.- Reunión do grupo de Vodas dePrata parroquiais, ás 20,30.21.- Reunión do grupo de catequistas,ás 20,30.22.- Reunión de pais/nais dos nenosde segundo de Primeira Comuñón,nun local da Asociación Recreativa eCultural, ás 20,30.28.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20,30.

CÁRITAS

Seguen aumentando as familias queacoden a Cáritas parroquial buscandoaxuda e colaboración para superarmomentos de crise.Un grupo de voluntarios de Cáritasatende semanalmente a esas persoas,en nome dos fregueses da parroquia,para tratar de resolver os problemasou orientalos.Iso obríganos a non baixar a garda eseguir pedindo colaboración.Damos as grazas a todos os colabora-dores na recente colecta extraordina-ria que fixemos o primerio domingodo mes pasado na que recadamosmáis de mil euros.

NOTICIAS VARIAS

Hai un grupo de adultos que se están axuntar mensualmente coa finalidadede aportar suxestións ao SínodoDiocesano. Este é un grupo aberto. Atúa presenza fai medrar os compoñen-tes do grupo e axuda a formar comu-nidade. Se queres aínda estás a tempode integrarte.

Como xa é sabido e anunciado, fare-mos, se Deus quere, do 23 ao 30 deAgosto, unha peregrinación a Asíspasando por Roma. Aumentou onúmero de prazas a 55, polo que aíndaquedan prazas dispoñibles. Infórmatena parroquia.

O profesor e catedrático Dr. LuísHueso xa ten configurado un ciclo deCineforum sobre a figura do nosopatrón S. Francisco de Asís. É precisoque a xente interesada se preinscribapara acordar, logo, as mellores datasde realización. Apúntate na parroquia.

Coincidindo co final de curso de cate-quese, faremos o sábado 7 de Xuño,unha visita-excursión ao Ézaro, visi-tando unha explotación agrícola e acooperativa FEIRACO. Poderán parti-cipar nenos/as, pais e outras persoasque o desexen. Será unha xornada de contacto directocoa natureza, coa produción de leite eco medio rural. Hai que anotarse naparroquia.

A PARROQUIA E OSÍNODO DIOCESANO

Queremos camiñar cara a unha

parroquia que sexa auténtica

comunidade evanxelizadora.1. Que sexa unha familia grande,unha comunidade viva e aberta,dinamicamente proxectada cara atodos, acolledora das persoas detodas as tendencias onde se poñan aoservizo dos demais os dons recibidosde Deus. Que non só chame e invitea participar e colaborar, senón queofreza tamén canles concretas parafacelo.2. Que teña como unha das tarefasmáis importantes a iniciación cristiá,consolidando proxectos catequéticosdende a infancia ata a idade adulta,nun proceso orgánico e permanentede educación na fe, e que a cateque-se de adultos sexa unha preocupa-ción primordial.3. Que non se limite a responder ádemanda dos que acoden senón queprincipalmente anuncie e testifique oEvanxeo nos sectores e lugares máisalonxados, na diversidade de idades,condicións humanas e situacións defe. Valorando a necesidade de animara todos a emprender un proceso deformación integral, espiritual, doctri-nal e apostólico co fin de ser e viviro que confesan e celebran e anunciaro que viven e esperan (cf. LG,72).4. Que se vaia configurando nunhacomunidade cristiá, dinamizada porpequenas comunidades e grupos