Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa,...

12
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 58 - marzo 2012 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa,...

Page 1: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 58 - marzo 2012 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

tema do mes

MANIFESTO 8 DE MARZO MANIFESTO 8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

O papel protagonista da Educación Social ante as O papel protagonista da Educación Social ante as

cuestións de xénero. Por un mundo onde homes e cuestións de xénero. Por un mundo onde homes e

mulleres Somos de Fiar.mulleres Somos de Fiar.

O Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia, a través do seu Grupo de Traballo Fiadeiras, neste 8 de marzo de 2012, quere poñer de MANIFESTO: 1. Que a Educación Social xoga un papel clave no cambio de sociedade, xa que traballamos para un desenvolvemento integral das persoas, libres de prexuízos e de estereotipos lastrados do pasado.

2. Que cunha boa organización das mulleres podemos chegar a facer grandes ou peque-nas cousas (pero poder facer é o reto), considerándoo como un paso máis de unión, fortale-cemento e dignidade das mulleres.

3. Que queremos debater sobre todo aquelo que nos afecta a nós, sen censuras, sen tapuxos, sen tabúes, sendo libres de pensar e falar por nós mesmas.

4. Que somos libres para o uso dos nosos dereitos, coñecéndoos e practicándoos en igual-dade de condicións e desde unha visión do mundo máis solidaria, ecolóxica e económica; desde unha visión do mundo SOCIAL.

5. Que somos quen de construír modelos de poder en feminino, onde as actitudes que proliferan e florecen son as da cooperación e a solidariedade, sen necesidade de agotarnos no intento, por vivir escenas agresivas e competitivas, valorando os aspectos cotiás do coi-dado.

6. Que traballaremos, desde a perspectiva de xénero, en tódolos nosos ámbitos de actua-ción, xa que é a vía para concienciarnos do problema, comprobar a gravidade do mesmo, e actuar en consecuencia.

7. Que esiximos que se cumpran as medidas de igualdade efectiva por parte dos pode-res públicos, sendo os primeiros que den exemplo á cidadanía de todo o que queda por fa-cer, poñendo en marcha todos os elementos que nos encamiñen cara unha sociedade máis igualitaria.

8. Que rexeitamos as reformas e as políticas sociais, económicas e laborais que supo-ñen un retroceso nas nosas conquistas e nos nosos dereitos (recortes e privati-zación de servizos públicos como a educación, os servizos sociais e a sanidade), veñan de onde veñan e sexan do tipo que sexan, e defenderemos a nosa integridade e o de-reito a un traballo digno por riba de todo.

9. Que nos sumamos a aqueles movementos feministas e entidades sociais que denun-cien estes feitos e reclamen o aquí enunciado, e chamamos á participación na mani-festación que terá como lema "Mulleres galegas, en loita polos nosos dereitos", con motivo do Día Internacional das Mulleres, convocada por diversas entidades, que disco-rrerá polas rúas de Compostela o domingo día 11 de marzo a partir das 12:00 (saída dende a estación do tren)

Por todo isto e por outras moitas cousas do día a día, nos 365 días que ten o ano, é polo que SOMOS mulleres DE FIAR ■

Page 3: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

Ante a nova medida de recorte

de dereitos, os traballadores/as

da Administración Pública, con

perda de moitos dereitos consoli-

dados como vacacións, penaliza-

ción das posibles enfermidades,

etc., atopámonos cunha situación

que nos retrotrae a sistemas

educativos de fai moitos anos.

Nos Centros nos que se atenden

a persoas con discapacidade e

nenos e nenas levan moitos anos

procurando que a atención ás

persoas que, pola súa situación

de risco social ou de outra índole,

se ven obrigadas a vivir nunha

situación de internamento, se

faga do xeito máis normalizado

posible. Neste sentido, e de cara

a lograr unha vida cotiá o máis

parecida posible ao que sería

unha vida no entorno dunha fa-

milia, fóronse dando pasos pro-

gresivos:

• reducindo as prazas

• dividindo os centros en uni-

dades de convivencia máis

pequenos e próximos

• facendo as tarefas da vida o

máis cotiás posibles

Un destes espazos é a hora de

comida; en moitos dos Centros

as educadoras e educadores co-

mían cos menores, na mesma

mesa e tomando exactamente os

mesmos alimentos que estes to-

man, facendo así do comedor un

espazo educativo, onde se poida,

non só ensinar a comer co exem-

plo das persoas adultas, senón

charlar dun xeito distendido e

normalizando a situación bus-

cando que os nenos e nenas se

atopen o mellor posible neste

entorno residencial.

A Xunta agora prohibe facer as

comidas ás persoas traballadoras

nos Centros, incluídas educado-

ras/es sociais, esquecéndose do

carácter educativo do comedor e

facéndonos regresar a eses anti-

gos centros onde as nosas e os

nosos nenos sexan”vixiados” po-

las/os educadoras/es mentres

comen, sentíndose supervisadas/

os dende fóra por alguén que

non comparte o espazo educati-

vo, perdendo totalmente o carác-

ter normalizador que lle debemos

dar aos espazos da vida cotiá.

Estanse a dar situacións do máis

estraño, como educadoras e edu-

cadores comendo menús diferen-

tes (que se traen da casa) aos

que lle temos que facer comer

aos nenos e nenas; ou incluso,

menores que nos piden que nos

sentemos e comamos con eles/as

sen entender nada da situación

que se está a producir.

Unha vez máis, os recortes que

se están aplicando agresivamen-

te van contra as persoas máis

vulnerables, e detrás dun aforro

case que miserable o que se es-

conde é unha precarización dos

servizos públicos.

Dende o Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

solicitamos que se diten as ins-

trucións necesarias para que de

xeito inmediato se permita ao

persoal educativo dos Centros

comer cos nenos e nenas, o mes-

mo menú e no mesmo horario.

Ademais disto, solicitamos á

Xunta de Galicia que se recoñeza,

nos centros que se ten que traba-

llar os 365 días do ano, o xeito de

traballar domingos e festivos, e

por suposto que no horario das

educadoras e educadores sociais

se teña en conta o traballo que

teñen que facer de elaborar os

protocolos existentes, a prepara-

ción de actividades e talleres,

etc., entendendo que non se po-

de facer no horario no que se es-

tá en atención directa cos meno-

res ou outras persoas atendidas.

Como Colexio Profesional poñé-

monos, como sempre, á disposi-

ción da Administración Pública

para tratar estes e outros temas

que sexan de interese común pa-

ra ambas organizacións, mirando

pola mellora profesional e perso-

al das persoas traballadoras e

usuarias de programas ou servi-

zos que levamos a cabo coa fina-

lidade última da calidade de vida

e a dignidade das persoas, ofre-

cendo uns servizos galegos, pú-

blicos e de calidade.

Santiago de Compostela,

13 de marzo de 2012 ■

Comedores educativos

No DOG do 2 de marzo publicouse a Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Gali-cia. O artigo 6.2 elimina o dereito do persoal ao servizo de comedor, o que conside-ramos unha medida moi inapropiada e antieducativa xa que o comedor tamén é un espazo importante no que educar. Enviamos á Consellería de Traballo e Benestar e á Secretaría Xeral de Política social este escrito no que amosamos a nosa preocu-pación ao respecto. Tamén fixemos pública a nosa preocupación enviando esta no-ta á prensa.

Page 4: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

ACTUACIÓNS

V Ciclo de teatro comunitario Te-atro (é) Educación. Os días 7 e 8 de marzo na Facultade de Filolo-xía da Universidade de Santiago continuaron as actividades iniciadas xa no mes de febreiro, coa conferencia / seminario "Teatro foro: unha ferramenta para a educación e a parti-cipación comunitaria" e a representación da obra "A USC en Transición" o día 7, e a representación da obra "Turandot" o día 8.

������������������������������������

Reunións cos principais sindicatos. O día 14 tive-mos encontros con cada un dos sindicatos máis representativos en Galicia: UXT, CIG e CCOO. Or-ganizamos estes encontros co obxectivo de pre-

guntar pola súa postura ante a nosa demanda de cambio nos postos de educador/a da xunta, para que o acceso sexa só para educadoras/es sociais e a categoría pa-se a denominarse "Educador/a social". Ta-mén aproveitamos as xuntanzas para analizar as políticas de recortes por parte das adminis-tracións públicas, e ana-lizar posibles accións conxuntas. ������������������������������������

Reunión cos Colexios Oficiais de Traballo So-cial e Psicoloxía. Dende o Ceesg solicitamos cita a colexios profesionais afíns, co obxecto de ana-lizar os posibles puntos de vista compartidos so-bre as políticas de recor-tes que están levando a

cabo as administracións públicas e propoñer, en función disto, posibles actuacións conxuntas. Visi-tamos o Colexio de Traballo Social o día 14, e o de Psicoloxía o día 20. Temos tamén pendente un en-contro co colexio de Socioloxía.

������������������������������������

Escrito ao Concello de Dodro. En relación ás bases de contratación dun/ha animador/a cultural publi-cadas no BOP de A Coruña de 29 de febreiro. Nes-ta carta indicamos que o perfil profesional máis indicado para cubrir este tipo de postos é o de educación social.

������������������������������������

Escrito sobre recortes no servizos de comedor. “Comedores educativos”. Dirixímonos á Consellería de Traballo e Benestar e á Dirección Xeral de Políti-ca Social para expresar a nosa preocupación polas medidas de recorte, entre outras a que afecta ao

Asemblea do Foro Galego de Inmigración. O Ce-esg asistiu, como membro, o día 3 de marzo en Santiago de Compostela. A temática que centrou a asemblea foi as limitacións de acceso á tarxeta sanitaria das persoas inmigrantes. Tamén se concretou a data e lugar para a asemblea anual do foro: 27 de maio na Coruña, así como os eixes e grupos de traballo que se van desenvolver na mesma.

������������������������������������

Xuntanzas ordinarias do Foro de Inmigración. As entidades da zona de Compostela reuníronse o mes de marzo en dúas ocasións, os días 7 e 31. Na primeira detalláron-se as actuacións que se están a xestionar desde o foro e as entidades que o forman. Como actuación destacable, desde o Ceesg presen-touse unha proposta de traballo para a elabora-ción dunha guía de sensibilización impul-sada polo Foro de Inmi-gración desde a partici-pación social. O paso seguinte é realizar achegas a esta propos-ta inicial e conformar o grupo de traballo que vai xestionar a estrutu-ra dos contidos, o pro-ceso de traballo, o cro-nograma de actua-cións... No segundo en-contro preparouse o grupo de traballo sobre o reparto de alimentos, e se ultimaron aspectos organizativos de cara a asemblea 2012.

������������������������������������

Manifesto con motivo do 8 de marzo, Día Inter-nacional das Mulleres. O Ceesg, a través do seu grupo de traballo de igualdade, Fiadeiras, realizou o MANIFESTO: O papel protagonista da Educación Social an-te as cuestións de xé-nero. Por un mundo on-de homes e mulleres Somos de Fiar. O día 11 de marzo unímonos á manifestación convocada en Santiago de Com-postela, co lema: Mulleres galegas, en loita polos nosos dereitos.

Obradoiro de sexualidade / Tuppersex fe-minista. O Grupo de Traballo Fiadeiras, do Ceesg, organizou un Tuppersex feminista a través do que, nun ambiente educativo, lú-dico, e distendido. Contribuíu a achegar, visibilizar e normalizar a sexualidade, fun-damentalmente a sexualidade feminina rompendo mitos, tabús e prexuízos esta-blecidos, favorecendo o pracer, o autoco-ñecemento e a mellora da vida sexual. Deuse a coñecer o mundo da xoguetería erótica e todos os seus complementos e fo-mentarase o coñece-mento de temas rela-cionados coa sexuali-dade e de hábitos de vida saudable para a súa posta en práctica como educadoras/es sociais.

Page 5: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

Escrito ao Concello de Pontevedra. En relación ás bases de contratación de tres funcionarios/as in-terinos/as coa categoría de Técnico/a en Orienta-ción Laboral, que se publicaron no BOP do 24 de marzo de 2012. Informamos da habilitación pro-fesional, para que a teñan en conta en próximos procesos selectivos.

������������������������������������

Asistencia ao Pleno e Asemblea Xeral Ordinaria de Unión Profesional de Galicia. Como entidade adscrita a Unión Profesional de Galicia, asistimos ao seu último pleno e participamos na Asemblea Xeral Ordinaria, que tivo lugar o día 22 de marzo na súa sede en Santiago de Compostela. Na asemblea presentáronse as contas do ano 2011, e fíxose a proposta de actividades para 2012. Ade-mais, debateuse acerca dos criterios para a for-mación de listas de peritos xudiciais, para valorar a determinación dunhas pautas comúns para a inclusión de profesionais nas respectivas listas de peritos xudiciais de cada colexio.

������������������������������������

Presentación da campaña Amigos/as do Ceesg. O 26 de marzo unha representante do Ceesg achegouse á Universidade de Santiago para pre-sentar a campaña ao alumnado. Pronto teremos un encontro coas alumnas e alumnos que teñen interese en dinamizar os PICs (Puntos de Infor-mación Colexial) desta Universidade.

������������������������������������

I Foro Professional de Banco Sabadell. Asisti-mos a este acto que tivo lugar o día 28 no Pazo de Vilaboa, en Culleredo. Ao foro asistiron 14 pre-sidentes e varios repre-sentantes dos Colexios Profesionais de Galicia. Pronto teremos un en-contro con esta entida-de, coa que temos in-tención de revisar e ac-tualizar o noso convenio de colaboración, con vis-tas a unha maior cola-boración en actividades formativas e vantaxes para persoas colexiadas. ������������������������������������

Asistencia ás manifes-tacións do día 29 de

marzo. O Ceesg secundou e apoiou a folga xeral en contra da reforma laboral, que consideramos un ataque aos dereitos da clase traballadora. Unímonos ás manifestacións convocadas en di-versos lugares de Galicia.

persoal educativo no uso do servizo de comedor nos centros públicos, por considerar que se trata dun importante espazo educativo e que este re-corte non fai máis que precarizar os servizos. Posteriormente enviamos comunicado de prensa con este mesmo texto, para facer pública esta cuestión.

������������������������������������

Asistencia a presentación da Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega: "Mira por elas". A plataforma, presentada o pa-sado 14 de marzo en Santiago, pretende ser unha ferramenta de defensa duns medios de comuni-cación públicos en galego, imparciais, plurais e con control democrático por parte da cidadanía. Asumindo que os medios públicos son un dereito fundamental da cidadanía a plataforma tamén ten un forte caracter reivindicativo promovendo unha orientación da información e dos progra-mas imparcial, plural, que contribúa a desmontar prexuízos e fomente a igualdade de xénero. Po-de verse toda a información da plataforma en www.miraporelas.com

������������������������������������

I Xunta de Goberno do CGCEES. Os días 17 e 18 de marzo mantívose en Madrid unha xuntanza na que se deu conta de moitos temas: estado da organización do Congreso estatal, da memoria xeral e económica do 2011, dos plans de traballo e ornamentos, dos convenios administrativos, de documentos internos do Cgcees, do estado da investigación finan-ciada polo Plan Nacio-nal Sobre Drogas, da situación das comisións non permanentes, das relacións institucionais e interinstitucionais, dos territorios que aín-da non contan con cole-xio profesional, e abor-dáronse outros asuntos de actualidade relacio-nados coa nosa profe-sión. Todos estes temas se aprobarán definitiva-mente na Asemblea Xeral do CGCEES que se celebrará coincidindo co noso Congreso Estatal en Valencia, o 5 de maio.

Organización e desenvolvemento do Curso de intervención socioeducativa en problemas de conduta e abordaxe de crise en centros de protección e reforma. Organizamos en Ou-rense este curso práctico impartido por An-dreu Barnés Serra e dirixido principalmente a educadoras/es que traballen en centros de menores, co obxectivo de dotalos/as de estra-texias e técnicas para modificar problemas de conduta nos menores, abordar as crises edu-cativamente e crear protocolos e procede-mentos que xeren unha contorna educativa segu-ra, respectuosa e onde as consecuencias das con-dutas sexan predicibles e sistemáticas.

Page 6: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

O Grupo de Estudos e Inter-vención Xeragóxica do Ceesg é o grupo máis estable e lon-xevo do Ceesg. Dende o ano 2003 no que co-mezou a súa andadura teñen pasado por el moitas profesio-nais (algunhas delas seguen aí dende a súa creación), que contribuíron ao desenvolve-mento da profesión no eido da xerontoloxía. O máis salientable de todo o seu traballo quizais sexa a or-ganización das Xornadas de Xerontoloxía e Educación So-cial, que chegaron ata a súa V edición, e onde puidemos aprender da experiencia de profesionais e entidades rela-cionadas co ámbito xerontoló-xico, centrándose cada unha delas nun aspecto concreto: programas interxeracionais, intervención socioeducativa, recursos de proximidade... Pero o seu traballo non se li-mita a isto. O GEIX ten revisa-do os borradores de normati-vas relacionadas coas persoas maiores e a dependencia para facer achegas dende o Ceesg,

ten representado ao Ceesg en multitude de ocasións en even-tos que xiraban en torno á xe-rontoloxía, e ten asesorado ao Ceesg nesta materia tamén numerosas veces.

Paloma Seijo, a coordinadora do grupo, anunciaba na pasada Asemblea Xeral do Ceesg que neste momento as circunstan-cias das integrantes do grupo de traballo lles impiden conti-nuar activamente, como a pro-fesión e a xerontoloxía na súa vertente socioeducativa o me-recen. A mesma Paloma fixo un cha-mamento ás persoas colexia-das para que o traballo feito

ata agora polo GEIX teña con-tinuidade. Por suposto, dende o Ceesg compartimos o seu punto de vista e queremos re-activar o grupo. Polo tanto, dirixímonos ás persoas que traballan ou teñen interese no eido da xerontoloxía para que vos animedes a participar dán-dolle un novo pulo ao GEIX, relanzando e retomando o tra-ballo feito ata agora. Dito isto, dende o Ceesg só queda agradecer o traballo fei-to polas persoas que nalgún momento formaron parte do GEIX, esperando que poidan integrarse de novo no grupo cando teñan dispoñibilidade para iso. As persoas que queiran unirse ao GEIX poden poñerse en contacto co Ceesg a través de correo electrónico ou teléfo-no. Unha vez visto o número de persoas que teñen interese en participar, organizarémonos para facer un encontro no que analizar as vosas ideas e expec-tativas e dar os primeiros pasos no inicio desta nova eta-pa.■

Nova etapa do GEIX

Actividade colexial

Este é un momento clave para que o grupo siga adiante.

www.envejecimientoactivo2012.es

www.facebook.com/2012envejecimientoactivo

Ano Europeo do Envellecemento Activo

e da Solidariedade Interxeracional 2012

Page 7: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

De actualidade

A unión e a participación son ele-

mentos clave para o desenvolve-

mento profesional. Esta premisa foi

a que nos levou a crear unha liña de

visitas con esta intención: a de pre-

sentarnos como Colexio Profesio-

nal que acolle arredor de mil educa-

doras e educadores sociais galegos,

e a de ofrecernos para poder levar a

cabo accións conxuntas.

Comezamos esta labor de presen-

tación e (re)coñecemento cos sin-

dicatos, a quen lles transmitimos

as nosas inquedanzas a través des-

tes puntos:

• Modificación do V Convenio

Colectivo de persoal laboral da

Xunta de Galicia: inclusión da

categoría profesional educa-

dor/a social.

• Evolución do Consorcio Galego

de Servizos de Benestar; con-

vocatoria de novas prazas e a

súa posible inclusión na futura

Axencia de Servizos Sociais.

• Valoración de actuacións co-

múns de organizacións sindi-

cais, colexios profesionais, enti-

dades públicas e privadas do

eido social en relación á situa-

ción de recortes económicos e

sociais.

• Adhesión ás propostas das or-

ganizacións sindicais en rela-

ción á situación de recortes

económicos e sociais e a Folga

Xeral do 29 de marzo de 2012.

O que sacamos en conclusión, con

estas entrevistas é o de que “non é

o momento” para revisar o conve-

nio (nós seguiremos intentándoo),

aínda que abrimos camiño para

poder facer actuacións comúns e

que se lembren de nós cando aten-

dan temas relacionados co social.

Noutro punto ben distinto está a

relación cos outros colexios profe-

sionais. Ata o de agora, reunímo-

nos co Colexio de Traballo Social e

Somos o Ceesg e queremos contar convosco! o Colexio de Psicoloxía. Faltaría por

concretar a data para vernos co Co-

lexio de Politoloxía e Socioloxía.

Tanto nun coma noutro colexio pro-

fesional quixemos deixar clara a no-

sa postura de achegamento e con-

fianza, xa que somos profesións que

traballamos interprofesionalmente,

pero os temas a tratar foron especí-

ficos.

Co Colexio de Traballo Social fala-

mos o seguinte:

• Presentarnos e coñecer a nova

Xunta de Goberno do COTS.

• Propoñer accións comúns entre

os colexios profesionais. A corto

prazo: actuacións motivadas

pola situación actual de crise e

recortes económicos no campo

educativo e social; manifestos

ou posicionamentos asinados en

conxunto, notas de prensa, etc.

E valoración de actuacións a

medio e longo prazo como ac-

cións formativas ou encontros

profesionais.

• Proposta de inclusión ou reco-

ñecemento do colectivo da edu-

cación social no MATIASS

(recoñecemento alomenos nos

equipos de servizos sociais co-

munitarios), inclusión das ac-

cións formativas do Ceesg nos

seus medios de comunicación

(web).

• Recoñecemento por parte das

profesionais de traballo social

dos informes emitidos por pro-

fesionais da educación social

(informes socioeducativos ela-

borados por educadoras de ser-

vizos sociais comunitarios)

Todos estes temas os tratarán en

Xunta de Goberno, pero a percep-

ción foi moi positiva.

Por outra banda, co Colexio de Psi-

coloxía, falamos o seguinte:

• Presentarnos (a pesares de que

xa nos coñecemos de coincidir

en moitos actos e reunións sobre

o ámbito do social).

• Activar unha liña de colabora-

cións, por exemplo, unha acción

formativa ou encontro profesio-

nal que nos afecten a ambas pro-

fesións. Podería ser “Revisión

Críticas da Situación dos Servizos

Sociais en Galicia (lei de servizos

sociais, decreto de servizos so-

ciais comunitarios, lei de inclu-

sión social, carteira de servizos

sociais, lei de familia…).

• Poñer en común problemáticas,

nunha reunión entre colexios,

tanto a principios como a finais

de ano.

• Levar a cabo reivindicacións con-

xuntas. O posible manifesto po-

dería saír do encontro profesional

que fagamos.

Visitar a estas outras entidades apor-

tounos información real de que o que

estamos a facer vai na liña doutros

colectivos e tamén puidemos com-

probar que non estamos tan distan-

tes ideoloxicamente, xa que, sobre

todo no caso dos colexios profesio-

nais, a finalidade última e mirar polo

ben do colectivo profesional, pero

sen descoidar que traballamos con e

para persoas, por iso, vos repetimos

o mesmo que lles dixemos: Quere-

mos contar convosco! ■■■■

Contamos

convosco!

Page 8: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

interésanos

O 16 de marzo aprobábase en Consello da Xunta de Galicia o Decreto polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, que se publi-cou no Diario Oficial de Galicia o día 30. Estamos aínda analizando o

Aprobado o decreto dos servizos sociais comunitarios

seu contido e comprobando se as achegas realizadas polo Ceesg no seu día se tiveron en conta. Neste decreto regúlanse temas clave, co-mo a dotación de persoal, o finan-ciamento, o/a profesional de refe-rencia, o expediente social único,

as competencias das administracións públicas e coordinación entre as mesmas. Tamén regula o Servizo de educación e apoio familiar (antigo programa de Educación Familiar) ■

• Regula aspectos clave dos Servizos Sociais Comunitarios. • Publicouse no DOG do 30 de marzo.

O comic do ceesg

Page 9: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

O pasado 17 de marzo de 2012, os

Consellos Xerais de Traballo Social

e de Educadoras e Educadores So-

ciais asinaron un convenio marco

para establecer vías de colabora-

ción entre ambas as dúas Entida-

des.

Ambos os dous Consellos, que re-

presentan máis de 55.000 profe-

sionais que traballan no ámbito

social, teñen interese en abrir can-

les permanentes de traballo con-

xunto. Se a colaboración entre

profesións tan próximas é sempre

necesaria para as persoas e colec-

tivos cos que traballan, neste mo-

mento, en que están en perigo os

servizos sociais públicos e priva-

dos, faise realmente imprescindi-

ble.

Convenio entre o CGCEES e o Consello Xeral de Traballo Social

Novas do cgcees

As dúas entidades cren necesario

estar vixiantes ante as políticas que

se están a levar a cabo, esixindo as

administracións que manteñan,

como mínimo, o nivel de investi-

mento social actual e tomen as me-

didas necesarias para que a actual

crise económica non repercuta nos

colectivos máis

débiles da socie-

dade. Nestes mo-

mentos de difi-

cultade débese

apostar, máis

que nunca, polos

colectivos máis

desfavorecidos.

Ademais deste

aspecto priorita-

rio, o convenio

permitirá tamén colaborar noutros

moitos aspectos como o intercambio

de información de interese común, a

realización de actividades conxuntas,

etc, co obxectivo de mellorar a cali-

dade das intervencións dos profesio-

nais no campo social. ■

AVISOS

Ábrese unha canle permanente de traballo conxunto.

Importes sufragados ao Ceesg no 2011 (Campaña de declaración da Renda)

O Ceesg ofrece un servizo no que consultar onli-ne o importe das cotas sufragadas ao Ceesg durante o ano 2011, para incluír na Declaración da Renda, no caso de ser de aplicación.

Esta utilidade está pensada para facilitar o acceso á información. Complementariamente, ofrecemos a posibilidade de solicitar un certificado emitido polo Ceesg. Sen embargo, temos que recordar que este certificado só ten efectos informativos, e que os documentos válidos para xustificar este gasto, no caso de que se requira, son os resgardos bancarios do pago da cota.

Habitualmente, a alta demanda destes certificados provoca unha saturación de traballo para o persoal do Ceesg, que se suma ao gasto económico e ao derroche de papel que supón o envío postal.

En calquera caso, de solicitar este documento, re-cordamos que pode ser enviado por correo-e en formato pdf, o que supón un menor impacto eco-nómico e medioambiental.

Co teu apoio no aforro de papel e envío, pre-servaremos a economía do Ceesg e o entorno que nos rodea. ■■■■

Como sabedes xa, os vindeiros 3, 4 e 5 de maio, terá lugar en Valencia o VI Congreso de Educación Social, onde nos daremos cita educadoras e edu-cadores sociais de todo o estado e de todos os diversos ámbitos de actuación desta profesión.

Para facilitar a asistencia e animar á participación, existe a posibilidade de facer unha inscrición gru-pal a través do Ceesg, de xeito que a inscrición só custa 150 €. O prazo para anotarse neste grupo e a este prezo rematará pronto, pois a par-tir do 15 de abril as cotas de inscrición aumenta-rán nun 20%.

Non deixes pasar esta oportunidade! ■

Últimos días para a inscrición grupal no VI Congreso Estatal de Educación Social

Page 10: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

Para ler e reflexionar...

Guía de formación para la participación social y política de las mujeres. Ma-nual de la profesora. (Luz Martínez Ten e Rosa Escapa Garrachón)

Este manual aporta as claves para organizar un curso de formación política para mulleres cunha metodoloxía dinámica e participativa. Céntrase no deseño do curso (qué facer o pri-meiro día, cómo programar actividades, cómo crear bo clima, cómo xestionar conflitos, cal é o papel da formadora, técnicas de formación, factores que condiciona a formación, etc.) Aporta tamén unha batería de actividades para traballar a formación política.

Algunhas obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Programas intergeneracionales. Hacia una sociedad para todas las edades (Mariano Sánchez,dir.)

No Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeracional non podemos deixar de destacar este estudio centrado na interxeracionalidade, onde se fai unha profunda análise dos programas deste tipo: qué son, historia e evolución, beneficios, dificultades, profe-sionalización, exemplos de boas prácticas...

Educablog 2006-2011. De la red al papel (Asier Félix Losada, Íñigo Rodríguez Torres e Raúl Luceño Caro)

Agrupados en diferentes bloques temáticos, recompílanse neste libro as entradas máis repre-sentativas publicadas nos primeiros cinco anos do blog www.educablog.es, que se centra na Educación Social dende unha perspectiva práctica e dende a experiencia en diferentes ámbi-tos da profesión. Estes pequenos textos achégannos ao día a día da profesión, reflectindo o que viven, senten e pensan os tres educadores sociais que os escriben.

• AA.VV: La adopción: pasado, presente y futuro. Resumen del proyecto. Fun-dación María José Jové e Fundación ROSE Caja Mediterráneo.

• Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria na administración pública. Xunta de Galicia.

• Guía para o trabalho educativo da auto-estima com grupos de mulheres para professionais de serviços sociais. Cabo Verde. 2008. Xunta de Galicia.

• Proyecto Arco. Diseño de itinerarios de autoempleo de la mujer en el medio rural de la iniciativa comunitaria Equal. II. 2007. Caixanova.

• Guía de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou con discapacidade. 2011. Xunta de Galicia.

• ALPI, L. e outros: Adaptación a la escuela infantil. Niños, familias y educadores al comenzar la escuela. 2003. Narcea.

• IGLESIAS GALDO, A.: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Ga-licia. 2008. Universidade da Coruña.

• Revista Galega de Traballo Social Fervenzas. Nº 13. Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia.

• Manual de formación para coidados no contorno familiar. 2011. Xunta de Galicia. • MILLÁN CALENTI, J.C. (Comp.): Voluntariado Social. 2001. Xunta de Galicia.

Novas publicacións da biblioteca

Page 11: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

TUPPERSEX FEMINISTA: obradoiro de sexualidade

Moitas de vós vos preguntare-des, que é un tuppersex feminis-ta? Durante os anos 80 e 90, e inclu-so na actualidade, moitas das vosas e as nosas nais reuníanse na casa e, mentres se tomaban un café e unha bola; unha co-mercial lles mostraba e lles ven-día unha serie de produtos para o fogar, de estética ou relacio-nados coa hixiene familiar... Ima-Ima-Ima-Ima-xinade o cambio!xinade o cambio!xinade o cambio!xinade o cambio! Antes a motiva-ción era a venda de produtos ba-seados no rol tradicional da muller como ama de casa, nun modelo an-drocéntrico e patriarcal; agora a finalidade é a busca e a priori-dade do noso pracer, o auto-coñecemento e o descubrimento e a mellora da nosa vida se-xual, dunha for-ma educativa e lúdica e sempre, a través dunha a p r e n d i z a x e compartida e significativa. Esta é a filosofía que orientou o Tuppersex realizado o pasado 15 de marzo15 de marzo15 de marzo15 de marzo, no Colexio de Edu-cadoras e Educadores sociais de Galicia e organizado polo grupo de traballo en Igualdade FiadeirasFiadeirasFiadeirasFiadeiras, dirixido pola Educa-dora social, Natalia Domínguez Galán, asesora tuppersex de Los Placeres de Lola.

Unha actividade feminista, coa que pretendemos sentirnos a gusto falando da nosa sexualida-de; facéndoa visible, a través do autocoñecemento, da expresión dos nosos sentimentos e da no-sa afectividade, cunha máxima meta, o PRACER, con maiúscu-las. A convocatoria foi un éxito, par-ticipamos un total de 28 mulle-res, a maioría de nos, educado-ras sociais, aínda que tamén mu-

lleres con outros perfís profesio-nais. Entre as cues-tións que esper-taron maior inte-rese como edu-cadoras sociais, destacamos a necesidade de romper co mo-delo de educa-ción sexual an-drocéntrico, que nos transmiten, que nos venden e co que nos presionan desde os diferentes axentes de so-cialización como a familia, a esco-la, os grupos de

iguais, os medios de comunica-ción, a igrexa…, un modelo cheo de prexuízos, tabús, control, vergoñas, medos, sufrimentos e mitos sobre o amor romántico; que nalgúns casos se traduce en experiencias negativas e frustra-cións noutros; un modelo que provoca estragos na igualdade, na felicidade e na estabilidade emocional das mulleres… Romper con este modelo de edu-cación, a prol dun novo modelo de educación afectiva-emocional e sexual, feminista, co que poidamos disfrutar con confianza da nosa vida sexual, na súa totalidade, no que se priorice o pracer e se lle de unha maior importancia a dese-

xenitalización e a descoitali-zación nas di-ferentes for-mas de vivir as nosas sexuali-dades. Un modelo a través do que tomamos concien-cia de que somos seres sexua-das, e de que temos que poñer todos os nosos sentidos en fun-cionamento para sacarlles o má-ximo partido, utilizando todo o noso corpo como un gran meca-nismo de comunicación coa fina-lidade do pracer, do benestar, da complicidade e da harmonía, con nós mesmas e/ou con outra/s persoas. Para seguir afondando aconse-

llamos a lectura de “Los Place-“Los Place-“Los Place-“Los Place-res de Lola”res de Lola”res de Lola”res de Lola” de Raquel Traba e Beatriz Higón, publicado no ano 2008 en edicións Aguilar. Agora e Sempre… Agora e Sempre… Agora e Sempre… Agora e Sempre… a DISFRUTAR!!!! a DISFRUTAR!!!! a DISFRUTAR!!!! a DISFRUTAR!!!! ■■■■

Organizado polo Grupo de Traballo Fiadeiras

Page 12: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-04-2012-boletin58g.pdf · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org

formación

Novas dos boletíns

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Deputación de Lugo: Subvencións destinadas a gastos co-rrentes do servizo de axuda no fogar, que faciliten a concilia-ción familiar e laboral, asi como a asistencia ós maiores nos concellos da provincia de Lugo. BOP 06/03/12 Consellería de Traballo e Benestar: Programas para a promoción da integración laboral das persoas con disca−pacidade en centros especiais de emprego e subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego. DOG 09/03/12 Consellería de Traballo e Benestar: Axudas e subven-cións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e orga-nismos das admi−nistracións públicas distintas da local, uni-versidades e entidades sen ánimo de lucro. DOG 12/03/12 Consellería de Traballo e Benestar: Axudas e subven-cións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades lo-cais. DOG 12/03/12 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. DOG 02/03/12 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Uni-versitaria: Subvencións para programas dirixidos á redu-ción do abandono escolar, nos concellos de Galicia. DOG 13/03/12.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou huma-nitario. DOG 14/03/12 Deputación de Pontevedra: Subvencións a entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada. BOP 26/03/12 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Subvencións para proxectos de acción humanita-ria no exterior. DOG 27/03/12 Consellería de Traballo e Benestar: Programa de inicia-tivas emprendedoras e de emprego (I+E+E). DOG 28/03/12

EMPREGO Concello de Ponteareas (Pontevedra): Responsable do Departamento de Cultura. Anuncio da publicación das bases específicas e xerais. DOG 27/03/12

LEXISLACIÓN Presidencia da Xunta de Galicia: Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 02/03/12 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Uni-versitaria: Orde pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas univer-sitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 29/03/12 Consellería de Traballo e Benestar: Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comuni-tarios e o seu financiamento. DOG 30/03/12

Novas visións para a educación social: experiencias e retos de futuro Valencia, 3, 4 e 5 de maio 2012

• ÚLTIMOS DÍAS para inscribirte por só 150 € a través do Ceesg! (A partir do 15 de abril as cotas incrementaranse nun 20%)

• Consulta o programa, actividades, opcións de aloxamento, descontos en viaxes, etc. na web:

http://www.congresoeducacionsocial.org

Educador/a Social: Para impartir diversos cursos para nenos e nenas en colexios. A Coruña. Docente de formación ocupacional: Docencia en cursos da Xunta (ADF) e formación continua bonificada. Ourense. Titor/a de empresa de Formación: Funcións: Guiar e motivar ao alumnado durante a preparación dos cursos; aplicar técnicas de estudio adaptadas a cada alumna/o en función da súa capaci-dade e tempo; resolución de dúbidas. Ourense. Teletitor/a de e-learning, en Educación: Especializados en EDUCACIÓN (atención á diversidade, TIC´s na educación, didácti-ca, educación especial e infantil, dirección de centros...) Vigo.

Mediador/a sociosanitario/a: Contrato de sustitución jornada parcial. Educación, formación y atención social directa. Vigo. Coordinador/a Servizo apoio a familias: Se valorará expe-riencia en trabajo con familias. Ourense. Bolsas de prácticas para departamento de Educación Am-biental. Realización de actividades divulgativas, lúdicas e de formación. Vigo. Formador/a igualdad e inserción laboral. Docencia presen-cial a grupos de alumnos/as de diferentes perfís formativos en ma-teria de igualdade e inserción laboral. Preparación de temarios e tarefas de xestión propias do posto.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

EMPREGO