BOLETÍN FETE UGT - feteugtgalicia.es fileballou sempre pola mellora do sistema educativo e das...

8
Eleccións Sindicais: PARTICIPA!! Nº 03 Novembro 2010 BOLETÍN FETE UGT FETE-UGT é un sindicato que, ao longo da súa historia, tra- ballou sempre pola mellora do sistema educativo e das con- dicións laborais e de vida de todos os traballadores e traba- lladoras do ensino. Como federación integrada en UGT, participou e propiciou o consenso constitucional que sentou as bases do actual sistema educativo, sempre desde a do- bre perspectiva de defender de maneira singular o sistema público, e aos propios traballadores/as do ensino. A defen- sa dunha educación de calidade para todos/as, entendida como servizo público e inspirada nos principios de igualdade, solidariedade, liberdade e laicida- de, é unha constante da nosa traxectoria. FETE-UGT é un sindicato con capacidade e vocación negociadora. Os avances conseguidos ao longo da historia foron froito de sucesivos pasos adiante. As propostas que defendemos nos fo- ros de negociación son propias, non están subordinadas a intereses políticos e expóñense en clave de acordo. Alcanzamos pactos con diferentes gobernos, pero tamén chocamos, incluso radicalmente, con executivos de signos políticos diferentes, coa única motivación de defender un modelo progresista da escola e as condiciones sociolaborais do profesorado. FETE-UGT esforzouse nos últimos meses por lograr un Pacto pola Educación, frustrado final- mente polos intereses electorais dalgúns partidos e organizacións sociais. Iso non vai impedir que o noso sindicato siga loitando por que saian adiante as reivindicacións do profesorado, es- pecialmente nunha situación como a actual, na que os empregados/as públicos non debemos ser quen paguemos os efectos da crise. Marcelino Brea, Sº Xeral

Transcript of BOLETÍN FETE UGT - feteugtgalicia.es fileballou sempre pola mellora do sistema educativo e das...

Eleccións Sindicais: PARTICIPA!! Nº 03 Novembro 2010

BOLETÍN FETE UGT

FETE-UGT é un sindicato que, ao longo da súa historia, tra-ballou sempre pola mellora do sistema educativo e das con-dicións laborais e de vida de todos os traballadores e traba-lladoras do ensino. Como federación integrada en UGT, participou e propiciou o consenso constitucional que sentou as bases do actual sistema educativo, sempre desde a do-bre perspectiva de defender de maneira singular o sistema público, e aos propios traballadores/as do ensino. A defen-sa dunha educación de calidade para todos/as, entendida como servizo público e inspirada nos principios de igualdade, solidariedade, liberdade e laicida-de, é unha constante da nosa traxectoria. FETE-UGT é un sindicato con capacidade e vocación negociadora. Os avances conseguidos ao longo da historia foron froito de sucesivos pasos adiante. As propostas que defendemos nos fo-ros de negociación son propias, non están subordinadas a intereses políticos e expóñense en clave de acordo. Alcanzamos pactos con diferentes gobernos, pero tamén chocamos, incluso radicalmente, con executivos de signos políticos diferentes, coa única motivación de defender un modelo progresista da escola e as condiciones sociolaborais do profesorado. FETE-UGT esforzouse nos últimos meses por lograr un Pacto pola Educación, frustrado final-mente polos intereses electorais dalgúns partidos e organizacións sociais. Iso non vai impedir que o noso sindicato siga loitando por que saian adiante as reivindicacións do profesorado, es-pecialmente nunha situación como a actual, na que os empregados/as públicos non debemos ser quen paguemos os efectos da crise.

Marcelino Brea, Sº Xeral

Página 2 BOLETÍN FETE UGT

Eleccións Sindicais: PARTICIPA!!

PROGRAMA ELECTORAL

http://www.feteugtgalicia.es/eleccions/ugt/programa.html Podes acceder a toda a información sobre as eleccións (candidatos/as, programa, documentos....) na nosa web http://www.feteugtgalicia.es/eleccions/index.html

Página 3 BOLETÍN FETE UGT

Carlos López Cortiñas, Secretario Xeral Federal visita Valdeorras

O IES Cosme López de A Rúa (Ourense) tivo nos primei-ros días do mes de novembro unha singular visita, Carlos López Cortiñas, fillo do profesor que da nome ao centro educativo e Secretario Xeral Federal da FETE UGT apro-veitou o paso pola comarca de Valdeorras para mostrar o agradecemento da súa familia ao Concello.

O Secretario Xeral Federal que participou nunha xornada

de formación de Escola Viva en Ourense, aproveitou o seu

paso por Galicia para ter unha xuntanza no Barco de Val-

deorras coa Comisión Executiva Nacional da FETE UGT

Galicia.

Carlos López criticou os recortes do estado e

da Xunta en persoal e medios destinados á

educación

Página 4 BOLETÍN FETE UGT

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. UNHA VEZ MÁIS ERRA NAS FOR-MAS E NO FONDO ENVIANDO INFORMES XURÍDICOS AOS CENTROS EDU-

CATIVOS QUE INCITAN Á CONFUSIÓN.

Foi remitido un informe xurídico aos centros de ensino con diversas ilustracións

de sentenzas sobre a xornada escolar no tocante ao horario do profesorado.

Unha vez máis elúdese a representación dos/as traballadores/as. Un tema que

afecta as condicións laborais do persoal docente ten que pasar pola Mesa de Ne-

gociación. Novamente a Consellería de Educación invita á xudicialización da Nego-

ciación Colectiva.

Este informe xurídico preséntase inadecuadamente nos centros : non dá instru-

cións, non é unha circular, xera confusión e provoca a desorganización; a mesma

confusión, desorganización e desco-

ordinación amosada pola Consellería

cando foi preguntada por este envío.

A data do informe é de xaneiro de

2007. Posteriormente a esta data,

producíronse cambios que xustifican a

revisión do informe e polo tanto, ma-

niféstase a súa inoportunidade, en

canto ao envío e o contido do mes-

mo, deixando un forte fedor a mala intencionalidade.

A xestión educativa en Galicia recae sobre a Consellería de Educación. A Conse-

llería de Educación non pode delegar as súas responsabilidades nos centros e inci-

tar ao profesorado a que inclúan no Regulamento de Réxime Interno ou na progra-

mación do centro as responsabilidades que non lle competen.

Página 5 BOLETÍN FETE UGT

O PROFESORADO NON PODE FACER O QUE A CONSELLERÍA NON FAI.

O PROFESORADO NON DEBE COMPREMETERSE NESTA RESPONSABLI-DADE QUE NON LLE COMPETE.

ESTE INFORME NADA CAMBIA CON RESPECTO AO TEMPO ANTERIOR Á SÚA EMISIÓN, POLO QUE É ACONSELLABLE, A MODO DE AVISO, NON IN-TRODUCIR NINGUNHA MODIFICACIÓN HORARIA NO RRI OU NA PXA.

UGT non comparte a tese de que nestes momentos ao profesorado (que xa es-

tá a sufrir dabondo) lle toca “menos salario e máis traballo”.

UGT está demandando permanentemente da Consellería a negociación dos

Regulamentos Orgánicos dos Centros de ensino infantil, primario e secundario así co-

mo a negociación das ordes que desenvolven todos os ROCs. Non temos respostas.

Seguramente se impoñerán, non se negociarán.

Moitos centros de Galicia te-

ñen os horarios condiciona-

dos polo funcionamento do

transporte escolar quedando

polo tanto moitos/as alumnos/

as certo tempo sen atención

nos momentos da entrada e

saída dos centros. Ao profe-

sorado non se lle pode pedir

que asuma responsabilidades

que non lle corresponden : O TRANSPORTE ESCOLAR NON PODE CONDICIONAR OS HORARIOS DOS CENTROS.

Esta situación non se atalla por parte da Consellería e UGT leva moitos anos

propoñendo e demandándolle á Administración a inclusión de novos perfís profesio-

nais que se fagan cargo destas funcións. Nun momento de crise e polo tanto de altos

índices de paro, a Administración educativa ten unha oportunidade de ouro de reducir

as cifras do paro coa inclusión destes novos perfís.

Nº 03 Novembro 2010

Página 6

EDUCANDO EN IGUALDADE: LUGO Alumnos de 17 centros escola-res de Lugo farán obradoiros de Igualdade a partir de xa-neiro

FETE UGT está achegando a todos os

centros de Galicia a campaña

“Educando en Igualdade” co obxectivo

de acercar a Igualdade ás aulas. A

campaña está centrada nas relacións

afectivas e a promoción das relacións de bo trato e de igualdade

entre homes e mulleres.

A coeducación é parte fundamental da Educación en Valores. Unha

sociedade igualitaria e non discriminatoria cara ás mulleres esixe

que se empece dende as primeiras idades pasando por todas as

etapas educativas.

A campaña “Educando en Igualdade”, presentouse no Concello

de Lugo onde a partires de xaneiro terán lugar os obradoiros que

desenvolven o proxecto.

Na presentación, que tivo lugar no Concello, con asistencia dun

numeroso grupo de profesores, tamén participaron as Concelleiras

de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e de Educación,

Dolores Vieiro, ademais do secretario xeral de FETE-UGT Galicia,

Marcelino Brea, e o responsable do mesmo sindicato na comarca

de Lugo, José Rodríguez Trigo.

A coeducación é parte fundamental da Educación en Valores. Unha

sociedade igualitaria e non discriminatoria cara ás mulleres esixe

que se empece dende as primeiras idades pasando por todas as

etapas educativas.

Nº 03

Xornada de formación de Escola Viva en Ourense O movemento de renovación pedagóxica ESCOLA VIVA celebrou na localidade de

Ourense unha xornada de formación, que nos lembra ás Escolas de verán que

durante moitos anos se organizaban na cidade. Cunha boa participación de mestras

e mestres de Educación Primaria e profesorado de Secundaria, houbo relatorios e

debates en torno aos valores educativos e o seu papel enriquecedor no

desenvolvemento do ser humano. Os Movementos de Renovación Pedagóxica (MRPs), non caducan e seguen a ter sentido grazas

aos sindicatos que botaron man deles. Desde hai demasiados anos, se nos insistía con vehemencia, que a independencia ideolóxica

era incompatible cos valores sindicais. Nada máis lonxe da realidade. O traballo sindical ten moito co ver cos MRPs posto que

comparten algúns obxectivos fundamentais. A capacidade de anticipación e prevención aos problemas de actualidade e a

potenciación da calidade da formación continua, ten pouco que ver coa oferta de formación permanente que se fai desde a

Administración educativa. Demasiadas carencias hai a día de hoxe, e se se foran corrixindo a un ritmo lento habería esperanza; mais

tórnase cara outros camiños moito máis perigosos, como os

da Comunidade Autónoma de Madrid. As reivindicacións dos

MRPs seguen sendo válidas para estes tempos de

incerteza, pero as axudas económicas pasaron de ser moi

escasas, a ser inexistentes. Este feito tan negativo, destrúe

a formación permanente e crea desigualdades sociais, posto

que so os ricos acceden a dita formación. Hasta hai poucos

anos había Escolas de Verán en Pontevedra, Ourense,

Ferrol, Vilagarcía e outras localidades, na que se nos permitía formar a mestres e mestras en paro. Onde se van formar agora?.

Pagando e nada máis que pagando. Escola Viva celebrou durante anos, escolas nas que os docentes presentaban as súas

experiencias e coñecían outras técnicas de ensino. A actual Administración educativa é inimiga destas escolas. Din sen rubor, que

mesmo por internet poden comunicarse uns cos outros, sen moverse da casa. Unha boa forma de fomentar as relacións humanas!!!.

Deste xeito se hai un ano era unha milagre que o MRP ESCOLA VIVA celebrara o seu vintecinco aniversario, agora mesmo é grazas

a un equipo de persoas que traballan pola renovación pedagóxica con moita ilusión, e ao apoio do sindicato da FETE- UGT, que cos

seus medios e coa súa infraestructura axudan a que todo siga adiante. Por iso é fundamental o esforzo do seu Secretario Xeral

Federal, Carlos López Cortiñas, galego da Rúa de Petín, que veu a propósito desde Madrid. Coa súa presenza en Ourense, aportou

a súa experiencia nun relatorio central da semana de Escola Viva.

Escola Viva ten moito que dicir no futuro dos MRPs como peza fundamental da recen creada Agrupación Galega de MRPs.

Unha renovación interna necesaria nos Movementos de Renovación Pedagóxica.

José Luís Fernández Díaz

Membro do Consello Escolar de Galiza polos MRPs.

Página 7