BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · O Regulamento do Parlamento de Galicia prevé, no seu...

282
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA XI lexislatura Número 26 6 de outubro de 2020 Fascículo 1 CSV: BOPGDSPG9QHtyWpHL7 Verificación: https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/

Transcript of BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · O Regulamento do Parlamento de Galicia prevé, no seu...

  • BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    XI lexislaturaNúmero 266 de outubro de 2020

    Fascículo 1

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • SUMARIO

    1. Procedemento parlamentarios

    1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.1. Normas aprobadas1.1.1.2. Regulamento do Parlamento

    ı Acordo do Pleno do Parlamento de Galicia, do 6 de outubro de 2020, polo que se modifica o Re-gulamento do Parlamento de Galicia 7327

    1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.1. Proxectos de lei

    ı Admisión a trámite do Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia e apertura do prazo depresentación de emendas 7332

    ı Admisión a trámite do Proxecto de lei de residuos e solos contaminados de Galicia e apertura doprazo de presentación de emendas 7473

    XI lexislatura. Número 26. 6 de outubro de 2020 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    7326

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • 1. Procedemento parlamentarios

    1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.1. Normas aprobadas1.1.1.2. Regulamento do Parlamento

    O Parlamento de Galicia, na sesión plenaria do 6 de outubro de 2020, aprobou, por 73 votos a favor,ningún en contra e ningunha abstención, a reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia.

    Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

    Acordo do Pleno do Parlamento de Galicia, do 6 de outubro de 2020, polo que se modificao Regulamento do Parlamento de Galicia

    Exposición de motivos

    A actual e excepcional situación de emerxencia sanitaria derivada da covid-19 exixe unha res-posta normativa ante a eventual imposibilidade ou dificultade de que a Cámara galega desenvolvaas súas funcións e celebre as súas sesións con normalidade. Na actualidade, o Regulamento doParlamento prevé o voto delegado e telemático dos deputados e deputadas para os supostos deembarazo, maternidade ou paternidade, polo que, por razóns de seguridade xurídica, se fai nece-sario regular e dar solución a situacións excepcionais que impidan o funcionamento do réxime pre-sencial das sesións dos órganos parlamentarios, engadindo a situación de risco na saúde comocausa que permita delegar o voto ou exercelo telematicamente.

    Respecto das posibilidades de funcionamento da Cámara no caso de imposibilidade de presenzafísica dos deputados e deputadas nesta situación de pandemia, deben tomarse en conta normasaplicables a esta cuestión como o Estatuto de autonomía de Galicia (artigo 12), cando dispón queo Regulamento precisará o número mínimo de deputados para a formación de Grupos Parlamen-tarios, a intervención destes no proceso lexislativo e as funcións da Xunta de Portavoces. Os GruposParlamentarios participarán en todas as Comisións en proporción ao número dos seus membros.

    O Regulamento do Parlamento de Galicia prevé, no seu artigo 84, o seguinte:

    «1. Os acordos serán válidos unha vez aprobados pola maioría simple dos membros presentesdo órgano correspondente, sen prexuízo das maiorías especiais que establecen o Estatuto de Ga-licia, as demais leis de Galicia e mais este Regulamento.

    2. Computaranse como presentes nunha votación as deputadas e os deputados da Cámara quemalia estaren ausentes fosen autorizados expresamente pola Mesa do Parlamento para participarna devandita votación a través dos mecanismos previstos neste Regulamento.

    3. O voto das deputadas e dos deputados é persoal e indelegable, agás nos casos de embarazo,maternidade ou paternidade que, por impedir o desenvolvemento da función parlamentaria e unha

    XI lexislatura. Número 26. 6 de outubro de 2020 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    7327

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • vez avaliadas as especiais circunstancias, se consideren abondo xustificados. A Mesa do Parla-mento, mediante resolución motivada, poderá autorizar que a deputada ou o deputado poida par-ticipar nas votacións a través dos sistemas de voto delegado ou voto telemático.

    4. O voto delegado: as deputadas e os deputados poderán delegar o seu voto noutra deputadaou deputado do seu mesmo grupo parlamentario. Para tal efecto, a deputada ou o deputado diri-xirá escrito á Mesa do Parlamento, no que se farán constar o nome da deputada ou do deputadoque delega o seu voto, o nome da deputada ou do deputado que recibe a delegación e o períodode duración da delegación ou os debates e as votacións en que debe exercese. Deberá constar, asímesmo, mediante sinatura, o coñecemento da ou do portavoz do grupo parlamentario correspon-dente. A delegación non se entenderá prorrogada tacitamente.

    5. O voto telemático: as deputadas e os deputados poderán exercer o seu voto telematicamente.Para tal efecto, dirixirán escrito á Mesa do Parlamento, no que se fará constar o seu nome, as vo-tacións ou o período de tempo durante o cal poderá emitir o seu voto a través deste procedemento.

    6. Ningunha deputada nin deputado poderá tomar parte, directamente ou mediante delegación,nas votacións sobre resolucións que afecten o seu estatuto de deputados.»

    Pola súa banda, o Pleno do Tribunal Constitucional, na súa Sentenza 19/2019, do 12 de febreirode 2019, en relación coa impugnación de disposicións autonómicas 492-2018, formulada polo Go-berno da Nación, pronunciouse sobre os criterios xerais de funcionamento persoal das cámarasparlamentarias que non impiden a súa excepción por motivos epidemiolóxicos excepcionais comoocorre da práctica parlamentaria comparada.

    Artigo único. Modificación do artigo 84 do Regulamento do Parlamento de Galicia

    Engádese ao artigo 84 do Regulamento do Parlamento de Galicia unha nova alínea 7, que quedaredactada nos termos seguintes:

    «A Mesa, de acordo coa Xunta de Portavoces, poderá habilitar excepcionalmente e por tempodeterminado a presenza, o voto delegado, sistemas de videoconferencia ou calquera outro sistematécnico viable e adecuado que garanta, para todos os efectos regulamentarios, a asistencia e par-ticipación nas sesións e nos debates e o exercicio do dereito de voto por quen non puider asistir ássesións de forma xustificada por atoparse Galicia nunha situación de afectación grave da saúde dapoboación declarada polas autoridades sanitarias públicas competentes que lle imposibilite a pre-senza física na sesión correspondente por comprometer a saúde das persoas.»

    Disposición derradeira única. Entrada en vigor

    A presente reforma regulamentaria entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Dia-rio Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

    XI lexislatura. Número 26. 6 de outubro de 2020 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    7328

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • Acuerdo del Pleno del Parlamento de Galicia, de 6 de octubre de 2020, por el que se mo-difica el Reglamento del Parlamento de Galicia

    Exposición de motivos

    La actual y excepcional situación de emergencia sanitaria derivada de la covid-19 exige una res-puesta normativa ante la eventual imposibilidad o dificultad de que la Cámara gallega desarrollesus funciones y celebre sus sesiones con normalidad. En la actualidad, el Reglamento del Parla-mento prevé el voto delegado y telemático de los diputados y diputadas para los supuestos de em-barazo, maternidad o paternidad, por lo que, por razones de seguridad jurídica, se hace necesarioregular y dar solución a situaciones excepcionales que impidan el funcionamiento del régimen pre-sencial de las sesiones de los órganos parlamentarios, añadiendo la situación de riesgo en la saludcomo causa que permita delegar el voto o ejercerlo telemáticamente.

    Respecto de las posibilidades de funcionamiento de la Cámara en el caso de imposibilidad depresencia física de los diputados y diputadas en esta situación de pandemia, deben tomarse encuenta normas aplicables a esta cuestión como el Estatuto de autonomía de Galicia (artículo 12),cuando dispone que el Reglamento precisará el número mínimo de diputados para la formaciónde Grupos Parlamentarios, la intervención de estos en el proceso legislativo y las funciones de laJunta de Portavoces. Los Grupos Parlamentarios participarán en todas las Comisiones en propor-ción al número de sus miembros.

    El Reglamento del Parlamento de Galicia prevé, en su artículo 84, lo siguiente:

    «1. Los acuerdos serán válidos una vez aprobados por la mayoría simple de los miembros pre-sentes del órgano correspondiente, sin perjuicio de las mayorías especiales que establecen el Es-tatuto de Galicia, las demás leyes de Galicia y este Reglamento.

    2. Se computarán como presentes en una votación las diputadas y diputados de la Cámara quea pesar de estar ausentes hayan sido autorizados expresamente por la Mesa del Parlamento paraparticipar en dicha votación a través de los mecanismos contemplados en este reglamento.

    3. El voto de las diputadas y diputados es personal e indelegable, salvo en los casos de em-barazo, maternidad o paternidad que, por impedir el desarrollo de la función parlamentaria yuna vez evaluadas las especiales circunstancias, se consideren suficientemente justificados. LaMesa del Parlamento, mediante resolución motivada, podrá autorizar que la diputada o dipu-tado pueda participar en las votaciones a través de los sistemas de voto delegado o voto tele-mático.

    4. El voto delegado: las diputadas y diputados podrán delegar su voto en otra diputada o dipu-tado de su mismo grupo parlamentario. A tal efecto, la diputada o diputado dirigirá escrito a laMesa del Parlamento, en el cual se harán constar el nombre de la diputada o diputado que delegasu voto, el nombre de la diputada o diputado que recibe la delegación y el periodo de duración dela delegación o los debates y votaciones en que ha de ejercerse. Deberá constar, asimismo, me-diante firma, el conocimiento de la o del portavoz del grupo parlamentario correspondiente. La de-legación no se entenderá prorrogada tácitamente.

    XI lexislatura. Número 26. 6 de outubro de 2020 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    7329

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • 5. El voto telemático: las diputadas y diputados podrán ejercer su voto telemáticamente. A talefecto, dirigirán escrito a la Mesa del Parlamento, en el que se hará constar su nombre, las votacio-nes o el periodo de tiempo durante el cual podrá emitir su voto a través de este procedimiento.

    6. Ninguna diputada ni diputado podrá tomar parte, directamente o mediante delegación, en lasvotaciones sobre resoluciones que afecten a su estatuto de diputados.»

    Por su parte, el Pleno del Tribunal Constitucional, en su Sentencia 19/2019, de 12 de febrero de2019, en relación con la impugnación de disposiciones autonómicas 492-2018, formulada por elGobierno de la Nación, se pronunció sobre los criterios generales de funcionamiento personal delas cámaras parlamentarias que no impiden su excepción por motivos epidemiológicos excepcio-nales como ocurre de la práctica parlamentaria comparada.

    Artículo único. Modificación del artículo 84 del Reglamento del Parlamento de Galicia

    Se añade al artículo 84 del Reglamento del Parlamento de Galicia un nuevo apartado 7, quequeda redactada nos tener siguientes:

    «La Mesa, de acuerdo con la Junta de Portavoces, podrá habilitar excepcionalmente y por tiempodeterminado la presencia, el voto delegado, sistemas de videoconferencia o cualquiera otro sis-tema técnico viable y adecuado que garantice, a todos los efectos reglamentarios, la asistencia yparticipación en las sesiones y en los debates y el ejercicio del derecho de voto por quien no pu-diere asistir a las sesiones de forma justificada por encontrarse Galicia en una situación de afec-tación grave de la salud de la población declarada por las autoridades sanitarias públicascompetentes que le imposibilite la presencia física en la sesión correspondiente por comprometerla salud de las personas.»

    Disposición final única. Entrada en vigor

    La presente reforma reglamentaria entrará en vigor el día siguiente al de su publicación en elDiario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 6 de octubre de 2020Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

    1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.1. Proxectos de lei

    Admisión a trámite do Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia e apertura doprazo de presentación de emendas

    A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 5 de outubro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

    Admisión a trámite e apertura do prazo de presentación de emendas

    XI lexislatura. Número 26. 6 de outubro de 2020 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    7330

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • - 2624 (11/PL-000003)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei de impulso demográfico de GaliciaExaminado o devandito proxecto e logo de verificar que reúne a documentación e os antecedentesprevistos no artigo 111 do Regulamento, a Mesa, por unanimidade, acorda:

    1º. Admitir a trámite o Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia polo procedemento lexis-lativo ordinario.

    2º. Oír a Xunta de Portavoces para a súa asignación a unha comisión e ordenar a súa publicaciónno Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

    3º. Abrir o prazo regulamentario de 15 días hábiles para a presentación de emendas, que comezaráa contar a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Oprazo remata o día 24 de outubro de 2020, ás 13.00 horas.

    Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2020Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

    Admisión a trámite do Proxecto de lei de residuos e solos contaminados de Galicia eapertura do prazo de presentación de emendas

    A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 5 de outubro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

    Admisión a trámite e apertura do prazo de presentación de emendas

    - 2625 (11/PL-000004)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei de residuos e solos contaminados de GaliciaExaminado o devandito Proxecto, e logo de verificar que reúne a documentación e os antecedentesprevistos no artigo 111 do Regulamento, a Mesa, por unanimidade, acorda:

    1º. Admitir a trámite o Proxecto de lei de residuos e solos contaminados de Galicia polo procede-mento lexislativo ordinario.

    2º. Oír a Xunta de Portavoces para a súa asignación a unha comisión e ordenar a súa publicaciónno Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

    3º. Abrir o prazo regulamentario de 15 días hábiles para a presentación de emendas, que comezaráa contar a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Oprazo remata o día 24 de outubro de 2020, ás 13.00 horas.

    Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2020Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

    XI lexislatura. Número 26. 6 de outubro de 2020 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    7331

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • PARLAMENTO DE GALICIA REXISTRO XERAL ENTRADA

    29 SET. 2020

    Núm.

    "."11.113przwroAl.

    Tiletit102.`4,:;t:

    9 SET. 2020

    Num

    I ci

    XUNTA DE GALICIA VICEPRESIDENCIA E CONSELLERiA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

    Ref: mv

    Para a súa tramitación polo Parlamento de Galicia achégolle o "Proxecto de lei de

    impulso demográfico de Galicia", aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na

    súa reunión do día 17 de setembro de 2020.

    Asemade achégase a certificación expedida polo secretario do Consello co visto e

    prace do Sr. Presidente da Xunta de Galicia, así como os documentos aos que se

    refire o artigo 111 do Regulamento da Cámara.

    Santiago de Compostela,

    A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias,

    (AS/NADO DIXITALMENTE)

    Sr. presidente do Parlamento de Galicia

    Xacobeo 2021

    7332

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    ALFONSO RUEDA VALENZUELA, VICEPRESIDENTE PRIMEIRO E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO, E SECRETARIO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA,

    CERTIFICO:

    Que o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte, adoptou o seguinte Acordo:

    "Aprobar o Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia e a súa remisión ao Parlamento de Galicia".

    E para que conste asino a presente, co visto e prace do Sr. Presidente, en Santiago de Compostela, a dezasete de setembro de dous mil vinte.

    V°. e Prac O PRESI NTE

    7333

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    PROXECTO DE LEI DE IMPULSO DEMOGRÁFICO DE GALICIA

    1

    7334

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    [Exposición de Motivos]

    TÍTULO PRELIMINAR. Disposicións xerais

    Artigo 1. Obxecto e finalidade da lei Artigo 2. Ámbito de aplicación Artigo 3. Definicións Artigo 4. Principios reitores Artigo 5. Principios de actuación Artigo 6. Principios específicos en materia de familia

    TÍTULO I. Criterios de actuación e organización para o impulso demográfico

    CAPÍTULO I. Carácter sistémico das políticas demográficas

    Artigo 7. Incorporación da perspectiva demográfica Artigo 8. Análise do impacto demográfico Artigo 9. Informe periódico e indicadores en materia demográfica Artigo 10. Colaboración e cooperación interadministrativa Artigo 11. Criterios de actuación das Administracións locais Artigo 12. Apoio ás Administracións locais Artigo 13. Colaboración co sector privado Artigo 14. Colaboración do Terceiro sector social Artigo 15. Participación cidadá Artigo 16. Contratación Artigo 17. Azudas e subvencións públicas

    CAPÍTULO II. Organización administrativa

    Artigo 18. Competencias do Consello da Xunta de Galicia Artigo 19. Comisión para o Impulso Demográfico Artigo 20. Comisión Técnica para o Impulso Demográfico Artigo 21. Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

    CAPÍTULO III. Estudo, sensibilización, formación e comunicación

    Artigo 22. Estudo en materia demográfica Artigo 23. Sensibilización social en materia demográfica Artigo 24. Formación no ámbito educativo Artigo 25. Formación do persoal ao servizo do sector público autonómico en materia demográfica Artigo 26. Medios de comunicación social

    2

    7335

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    TÍTULO II. Políticas públicas para o impulso demográfico

    CAPÍTULO I. Criterios xerais

    Artigo 27. Políticas activas de emprego Artigo 28. Apoio no acceso e á permanencia na vivenda Artigo 29. Renda familiar estandarizada

    CAPÍTULO II. Apoio ás familias

    Artigo 30. Incremento do investimento en políticas de familia Artigo 31. Prestacións e axudas familiares por nacemento, adopción ou acollemento preadoptivo Artigo 32. Accesibilidade dos recursos de atención temperá Artigo 33. Axuda ás familias máis vulnerables Artigo 34. Axudas para a mellora das vivendas Artigo 35. Apoio económico para o transporte Artigo 36. Apoio económico para o acceso á Educación Infantil 0-3 Artigo 37. Selo para establecementos amigables coas familias con nenos e nenas Artigo 38. Especial consideración das familias numerosas Artigo 39. Espazos para as familias nos edificios de uso público Artigo 40. Reserva de aparcamento para as familias Artigo 41. Bancos de leite materno Artigo 42. Asistencia sanitaria á reprodución

    CAPÍTULO III. Conciliación da vida familiar, laboral e persoal

    Sección 1". Principios xerais

    Artigo 43. Criterios xerais de actuación en materia de conciliación Artigo 44. Defensa da maternidade e paternidade nos procedementos penais

    Sección 2. Educación Infantil 0-3 e recursos e servizos de conciliación

    Artigo 45. Accesibilidade dos recursos e servizos de conciliación Artigo 46. Medidas de protección da saúde infantil nos recursos e servizos de conciliación Artigo 47. Educación Infantil 0-3 Artigo 48. Atención das necesidades puntuais de conciliación

    Sección r Conciliación no sector público

    Artigo 49. Desenvolvemento profesional

    3

    7336

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 50. Impulso da flexibilidade Artigo 51. Bolsa de horas de libre disposición Artigo 52. Recursos de conciliación

    Sección 4". Conciliación no sector privado

    Artigo 53. Implicación do sector empresarial Artigo 54. Axudas para facilitar a conciliación Artigo 55. Promoción da conciliación na contratación do sector público autonómico Artigo 56. Racionalización de horarios Artigo 57. Conciliación e corresponsabilidade na negociación colectiva Artigo 58. Reserva de solo empresarial para recursos de conciliación

    CAPÍTULO IV. Apoio á mocidade

    Artigo 59. Criterios xerais de actuación no ámbito da mocidade Artigo 60. Formación orientada ao mercado laboral e ás potencialidades do territorio Artigo 61. Educación non formal e voluntariado Artigo 62. Impulso do emprendemento Artigo 63. Impulso da innovación, tecnoloxía, creatividade e das tecnoloxías da información e a comunicación Artigo 64. Relevo xeracional

    CAPÍTULO V. Retorno e atracción de nova poboación

    Sección 1 a. Criterios xerais de actuación

    Artigo 65. Mellora do saldo migratorio e das tazas de poboación activa Artigo 66. Estímulo das actividades económicas Artigo 67. Incorporación ao sistema educativo

    Sección 2'. Fomento do retorno da poboación galega residente no exterior

    Artigo 68. Afianzamento dos vínculos coa poboación galega residente no exterior Artigo 69. Igualdade de condicións no acceso a programas e servizos Artigo 70. Apoio no proceso de retorno

    Sección 3". Atracción de nova poboación

    Artigo 71. Mercado laboral Artigo 72. Inclusión social

    4

    7337

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 73. Formación para o emprego

    CAPÍTULO VI. Equilibrio territorial

    Artigo 74. Valorización do medio rural e costeiro non urbano Artigo 75. Consideración dos desequilibrios demográficos Artigo 76. Desenvolvemento sustentable das políticas e servizos públicos Artigo 77. Accesibilidade dos servizos públicos Artigo 78. Mobilidade Artigo 79. Telecomunicacións Artigo 80. Servizos para as persoas maiores no medio rural e costeiro non urbano Artigo 81. Servizos para as persoas con discapacidade no medio rural e costeiro non urbano Artigo 82. Prazas educativas e recursos de conciliación Artigo 83. Estándares de calidade no ensino Artigo 84. Formación Profesional Artigo 85. Acceso á cultura e fomento das actividades e industrias creativas e culturais Artigo 86. Fomento do turismo sustentable e inclusivo Artigo 87. Acceso á terra Artigo 88. Impulso das actividades agroforestais Artigo 89. Sustentabilidade das actividades agroforestais e marítimo-pesqueiras Artigo 90. Diversificación da actividade económica Artigo 91. Relevo xeracional no medio rural e costeiro non urbano Artigo 92. Innovación e tecnoloxía no medio rural e costeiro non urbano Artigo 93. Tecnoloxías e competitividade Artigo 94. Incentivos e bonificacións impositivas ao investimento Artigo 95. Solo empresarial Artigo 96. Apoio ao comercio de proximidade Artigo 97. Servizos financeiros e bancarios Artigo 98. Responsabilidade social territorial

    CAPÍTULO VII. Envellecemento activo e saudable

    Artigo 99. Criterios xerais de actuación para o envellecemento activo e saudable Artigo 100. Tecnoloxía aplicada ao envellecemento activo e saudable Artigo 101. Economía do envellecemento Artigo 102. Cuarto ciclo Artigo 103. Posta en valor da experiencia Artigo 104. Atención a domicilio e acompañamento para as persoas maiores e con limitacións funcionais ou de autonomía persoal Artigo 105. Prevención e atención da soidade non desexada

    5

    7338

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 106. Reforzo das relacións interxeneracionais

    Disposición adicional primeira. Incremento do investimento en políticas de familia Disposición adicional segunda. Estratexia de impulso demográfico Disposición adicional terceira. Plan de apoio ás familias monoparentais Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa Disposición derradeira primeira. Modificación da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia Disposición derradeira segunda. Modificación da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia Disposición derradeira terceira. Modificación da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia Disposición derradeira cuarta. Modificación da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público Disposición derradeira quinta. Modificación do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro Disposición derradeira sexta. Modificación da Lei 2/2015, do 29 do abril, de emprego público de Galicia Disposición derradeira sétima. Creación do Rexistro das Familias Monoparentais Galegas Disposición derradeira oitava. Desenvolvemento normativo Disposición derradeira novena. Entrada en vigor

    6

    7339

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    A Comunidade Autónoma de Galicia vén experimentando nas últimas décadas un importante proceso de transformación demográfica, socioeconómica e cultural. Os trazos máis salientables da súa dinámica demográfica, compartidos co resto de España, Europa e os países desenvolvidos, e incardinados na denominada segunda transición demográfica, son, por unha parte, o incremento da esperanza de vida, que debe ser valorado como un gran éxito colectivo e que nos sitúa como un dos lugares máis saudables do mundo en atención á duración da vida, e, por outra, a variación da fecundidade, que en Galicia diminuíu, como en todas as sociedades avanzadas nos últimos sesenta anos, pero aquí de forma máis rápida e acusada. Así, aínda que a fecundidade das mulleres galegas xa foi baixa en relación coa das españolas dende o século XIX, entra en fase depresiva nas últimas tres décadas, con valores particularmente reducidos.

    Esta redución da fecundidade relaciónase moi directamente coa paulatina prolongación da etapa de xuventude, consecuencia das dificultades que atopa a mocidade na transición á vida adulta. A este respecto son expresivos o retraso na entrada no mercado de traballo, o emparellamento tardío e o progresivo incremento da idade media á primeira maternidade. Con maior ou menor intensidade, todos estes aspectos caracterizan a toda a sociedade occidental.

    O cambio demográfico implica tamén unha modificación dos marcos de convivencia no fogar e unha mudanza progresiva no mapa das estruturas familiares, cada vez máis diversas. Neste sentido, a mellora na supervivencia asegurou o núcleo filial-conxugal durante máis anos nos ciclos vitais e aumentou o seu peso no conxunto dos tipos de fogar. Por outra banda, producíronse mudanzas nas formas de vida, vinculadas ao proceso de modernización social e económica e ao desenvolvemento do estado do benestar.

    No caso de Galicia, ademais, a estrutura da poboación permanece aínda afectada polos intensos procesos migratorios do século pasado, que minoraron notablemente o crecemento real da poboación e repercutiron directamente no comportamento de todas as variables demográficas, dando como resultado unha estrutura demográfica avellentada e, a día de hoxe, con problemas de renovación xeracional .

    A esta complexa situación engádese un reparto da poboación no territorio que tende cada vez máis a concentrarse nas provincias occidentais, nas maiores áreas urbanas e nos concellos litorais, ao que se une a fragmentación e dispersión dos asentamentos poboacionais: Galicia conta con 3 771 das 4 907 entidades colectivas que hai en España, con máis de 30 000 entidades singulares, que

    7

    7340

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    suporien preto da metade das existentes no Estado, e máis da metade dos diseminados.

    Así mesmo, as variacións de poboación nas últimas décadas evidencian como os procesos de retorno migratorio e de inmigración non son capaces de compensar os balances negativos do crecemento vexetativo, así como que volve a recobrar importancia a emigración.

    Asistimos, polo tanto, a un cambio na dinámica e estrutura demográfica que ten efectos importantes a nivel humano, social, cultural, económico, político e medioambiental, e que supón un dos maiores retos aos que debe enfrontarse Galicia nos próximos anos. O cambio nos comportamentos reprodutivos, a maior esperanza de vida da poboación, as pautas de conformación das familias e a distribución da poboación no territorio, así como o impacto das migracións, forman parte dun mesmo proceso de carácter sistémico do que é preciso tomar conciencia e articular as medidas oportunas para xestionalo con éxito.

    II A preocupación polo reto que o cambio demográfico supón transcende o ámbito autonómico e estatal para ser hoxe un dos principais temas da axenda política dos países desenvolvidos. Neste senso, diferentes instancias da Unión Europea puxeron de manifesto a importancia do cambio demográfico e das súas repercusións para a sociedade, e solicitaron, máis aló da desexable toma de conciencia da sociedade, unha urxente resposta dos Estados e das rexións europeas. Nunha liria semellante pronúnciase a Organización das Nacións Unidas, que recolle de forma explícita na Axenda 2030, coa que se comprometeron os gobernos español e galego, a necesidade de afrontar os efectos da nova dinámica demográfica, sobre todo dende a perspectiva do desenvolvemento sustentable, e de tomar as accións oportunas.

    A Administración autonómica asume como unha das súas tarefas fundamentais de goberno a abordaxe do devalo demográfico e a xestión dos efectos que del se derivan. Nos últimos anos, estes desafíos recolléronse en diversos documentos de planificación. Así, o Plan de Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020, situou a cuestión demográfica entre as máximas prioridades do Goberno autonómico. Tamén en 2013 se aprobou a Estratexia para a Prevención e Detección Precoz da Dependencia, horizonte 2020, orientada a xestionar dun xeito máis eficiente e sustentable a atención ás necesidades derivadas do envellecemento da poboación.

    Pola súa parte, en decembro de 2014 viu a luz a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, que aborda as consecuencias do cambio demográfico como un factor a ter en conta na análise da pobreza e a exclusión social. Este documento

    8

    7341

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    incorpora medidas específicas para combater a exclusión territorial, fenómeno propio daquelas zonas nas que se conxuga o declive demográfico con escasas oportunidades de emprego e de desenvolvemento económico e con dificultades para acceder aos servizos.

    O Plan estratéxico de Galicia 2015-2020 incluíu como obxectivos transversais a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a dinamización e a revitalización demográfica de Galicia. Para crear un ambiente social favorable para formar unha familia, incluíronse unha serie de medidas no Programa de apoio á natalidade, PAN Galicia, que ten como obxectivo o apoio integral ás familias a través de tres áreas de actuación: axudas, conciliación e servizos.

    En 2016 a Estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020 estableceu un marco de actuación para unha vida activa, saudable, independente e segura co obxectivo de situar a Comunidade Autónoma de Galicia como referente neste ámbito.

    No ano 2017 ve a luz o VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, como instrumento de planificación froito do máximo compromiso institucional.

    Tamén se aprobou a Estratexia Retorna 2020, coa que se tenta favorecer a volta a Galicia dos galegos e galegas que emigraron e a da súa descendencia a través dunha batería de medidas dirixidas a que sintan esta terra como o lugar onde desenvolver a súa traxectoria persoal e profesional.

    Así mesmo, púxose en marcha o Plan de fixación de poboación no medio rural, dirixido a impulsar o desenvolvemento equilibrado das economías e comunidades rurais mediante o apoio ás actividades socioeconómicas, para crear e manter emprego nestes territorios.

    Amparan todas estas actuacións as Directrices de Ordenación do Territorio, aprobadas en febreiro do ano 2011 coa finalidade de concretar a definición do modelo territorial de Galicia e de establecer pautas espaciais de asentamento das actividades que, baixo unha perspectiva de sustentabilidade, propicien a cohesión social e o equilibrio territorial de Galicia.

    Finalmente, en 2018 viu a luz o Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021, un firme compromiso coa sociedade galega en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes a través do reparto equitativo dos traballos e as responsabilidades no ámbito privado, así como da promoción de máis e mellores medidas e servizos que apoien as familias na atención ás persoas menores e en situación de dependencia. Este plan tamén

    9

    7342

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTFI DE GALICIA

    avoga polo fomento de novas formas de organización do traballo, de novas modalidades de xestión dos recursos humanos e de novas condicións laborais nas administracións e nas empresas.

    Por outra parte, o Goberno galego impulsou a creación do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, mediante o Decreto 104/2016, do 28 de xullo, un foro de diálogo permanente entre as administracións públicas e as organizacións representativas de intereses económicos, sociais e políticos de Galicia. O seu obxectivo é afondar no coriecemento da realidade demográfica galega e asesorar ás Administracións Públicas galegas para a inclusión da perspectiva demográfica no deserio e desenvolvemento das súas políticas.

    III A Comunidade Autónoma de Galicia é consciente da necesidade dunha abordaxe máis profunda dos efectos derivados do cambio demográfico e da oportunidade do momento actual para facelo. Xestionar con éxito o reto demográfico ao que se enfronta Galicia implica adoptar novos enfoques e traballar de xeito conxunto e con visión de futuro, tanto o sector público autonómico como as administracións locais e os axentes económicos e sociais. É necesario un compromiso estratéxico que permita establecer medidas estables a medio e longo prazo. Esta Lei de impulso demográfico de Galicia ten o obxecto de servir como marco e orientación das actuacións en materia demográfica, que deben transcender o ámbito político temporal e ser planificadas considerando os seus efectos a medio e longo prazo e acadando un consenso socio político co obxecto de establecer un marco regulador que dea amparo a políticas estables.

    O contido da norma baséase na diagnose e na análise DAFO-CAME recollidas no Informe Galicia: perspectivas demográficas, elaboradas no seo do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica e aprobadas por unanimidade do seu pleno, e busca implicar a todas as Administracións Públicas de Galicia, aos interlocutores sociais, ao sector privado e ao conxunto da cidadanía. É necesario que toda a sociedade tome conciencia das implicacións derivadas do cambio demográfico e que cada quen asuma as obrigas e os compromisos correspondentes no seu ámbito de competencias e posibilidades.

    As amplas repercusións que se derivan do cambio demográfico implican a necesidade de incorporar a perspectiva demográfica no deserio e desenvolvemento de todas as políticas públicas. Como consecuencia, a regulación contida nesta lei dítase ao abeiro de títulos competenciais autonómicos diversos. Así, xunto á competencia autonómica en materia de fomento e planificación da actividade económica en Galicia (artigo 30.1.Un do Estatuto de autonomía), as previsións da lei atopan o seu fundamento noutros títulos competenciais máis específicos entre os que procede salientar os relativos ao réxime local, á ordenación do territorio e

    10

    7343

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    do litoral, urbanismo e vivenda, obras públicas, estradas e transporte, portos, montes, pesca, turismo, asistencia social e medio ambiente (artigo 27, números 2, 3, 7, 8, 9, 10, 15, 21, 23 e 30, do Estatuto de autonomía); réxime xurídico da Administración Pública de Galicia e réxime estatutario do seu funcionariado e contratos (artigo 28, números un e dous, do Estatuto de autonomía); industria, agricultura, gandería e comercio (artigo 30.1. Dous, Tres e Catro do Estatuto de autonomía), educación e sanidade (artigos 31 e 33 do Estatuto de autonomía).

    A Comunidade Autónoma de Galicia dispón, polo tanto, de competencia para establecer unha regulación como a contida nesta lei, que sente os fundamentos para o impulso demográfico de Galicia, mediante o establecemento dos principios e das hilas de actuación das Administración Públicas de Galicia e do conxunto de medidas que atinxen neste ámbito a estas, á cidadanía e aos diferentes axentes que operan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    IV A presente lei consta dun total de 106 artigos e estrutúrase nun título preliminar, dous títulos, tres disposicións adicionais, unha derrogatoria e nove disposicións derradeiras.

    O título preliminar recolle as disposicións xerais da lei, o seu obxecto e finalidade, o ámbito de aplicación, as definicións, os principios reitores e os de actuación. De forma especial faise fincapé nos principios de transversalidade, de colaboración e cooperación entre as diferentes Administracións Públicas de Galicia, e de participación da cidadanía e dos interlocutores sociais, que deben guiar a planificación e o desenvolvemento de todas as políticas públicas en materia demográfica.

    O título I divídese en tres capítulos. No capítulo primeiro establécense os criterios de actuación das Administracións Públicas de Galicia, destacando a obriga de incorporar a perspectiva demográfica en todas as súas políticas, en correspondencia co carácter sistémico que debe presidir a acción pública neste ámbito, o impulso da colaboración e cooperación interadministrativa, e a implicación do sector privado así como a participación cidadá. Cobra especial importancia neste senso o compromiso que asume a Administración autonómica de traballar conxuntamente co resto de Administracións Públicas de Galicia, apoiando e impulsando as súas actuacións en materia demográfica.

    No capítulo segundo regúlase a organización administrativa que se considera necesaria para unha maior efectividade desta lei, creando a Comisión para o Impulso Demográfico, como órgano de colaboración e cooperación das Administracións Públicas de Galicia en materia de impulso demográfico, e a Comisión Técnica para o Impulso Demográfico, como órgano da Administración

    11

    7344

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    autonómica para a coordinación das políticas autonómicas en materia demográfica. Preténdese reforzar e mellorar a coordinación inter e intra administrativa, incentivando a participación de todas as partes implicadas no deserio e aplicación de políticas públicas con impacto demográfico.

    Finalmente, o capítulo terceiro está dedicado ao fomento do estudo, sensibilización, formación e comunicación en materia demográfica, e trata de impulsar as condicións para afondar no coriecemento da evolución da poboación e dos seus efectos, transferindo os resultados ao conxunto da cidadanía para contribuír á mellora da gobernanza e á implicación de toda a sociedade na abordaxe consensuada do reto demográfico.

    O título II aborda as políticas públicas para o impulso demográfico, núcleo central da lei, e consta de sete capítulos.

    O capítulo primeiro establece criterios xerais de actuación en materia de vivenda e nas políticas activas de emprego desenvolvidas pola Administración autonómica e prevé a estandarización da renda familiar coa finalidade de dar un trato equitativo aos diferentes tipos e situacións familiares.

    O capítulo segundo regula o apoio ás familias. O seu obxectivo é o de apoiar e promover o libre desenvolvemento das familias e favorecer que as persoas poidan levar a cabo o seu proxecto familiar en Galicia así como ter o número de fillos e filias que desexen. Con esta finalidade desenvólvense medidas como o incremento do investimento en políticas de familia, e, así mesmo, para a mellora da accesibilidade dos recursos de atención temperá e prestacións e axudas familiares por nacemento, adopción ou acollemento preadoptivo e para a mellora das vivendas, así como o apoio económico para o transporte e para o acceso á Educación Infantil 0-3. Tamén se recolle a previsión de espazos e a reserva de aparcamento para as familias nos edificios de uso público, entre outras medidas. Así mesmo, prevese un apoio específico ás familias numerosas en atención á súa especial contribución á sociedade, dada a súa achega ao relevo xeracional.

    A pretensión última deste capítulo é a de establecer un marco xurídico e fínanceiro estable e o desenvolvemento de actuacións integrais que garantan unha estrutura de servizos de atención das necesidades das familias. Así mesmo, consolida as políticas de igualdade ao integrar a perspectiva de xénero como panca do desenvolvemento social e económico e elemento tractor do impulso demográfico.

    No capítulo terceiro abórdase a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, que, baixo o principio da asunción equilibrada das responsabilidades domésticas e de coidados e a superación dos roles e estereotipos de xénero, pretende impulsar e

    12

    7345

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    consolidar o desenvolvemento de políticas efectivas para que homes e mulleres poidan harmonizar as súas responsabilidades laborais e familiares en condicións de igualdade.

    O capítulo cuarto pretende sentar as bases que garantan as condicións necesarias para que as mozas e mozos galegos poidan desenvolver o seu proxecto vital e formar unha familia no territorio da nosa Comunidade, buscando reforzar as súas capacidades e habilidades e fomentar as súas oportunidades de emprego.

    O capítulo quinto establece un marco favorable para o asentamento de nova poboación na Comunidade Autónoma. Con esta finalidade, impúlsase o retorno da poboación galega residente no exterior e da súa descendencia mediante o afianzamento dos seus vínculos con Galicia, o acceso a programas e servizos en igualdade de condicións que o resto da poboación galega e o apoio para conseguir a súa plena integración social e laboral. Así mesmo, recóllense previsións dirixidas á captación de nova poboación en correspondencia coas demandas do mercado laboral e ao desenvolvemento de programas de acollida que faciliten a integración das novas persoas que se asenten en Galicia.

    O capítulo sexto regula o marco necesario para o desenvolvemento equilibrado do territorio e o asentamento da poboación no medio rural e costeiro non urbano, impulsando a dotación de servizos relacionados coas súas necesidades específicas nos ámbitos do ensino, con especial referencia á formación profesional, da conciliación, da cultura e da atención ás persoas maiores ou con discapacidade, entre outros.

    Merece especial atención a pretensión desta lei de impulsar as actividades económicas no medio rural e costeiro non urbano, máis aló do ámbito agroforestal e marítimo-pesqueiro, buscando unha modernización e diversificación da súa estrutura económica que garanta a sustentabilidade social, económica e medioambiental. Neste senso, faise especial fincapé na planificación e dotación das telecomunicacións, na aplicación da innovación e das tecnoloxías ás actividades económicas, no relevo xeracional, no acceso á terra e ás actividades marítimo-pesqueiras e na dotación de solo empresarial, entre outras políticas. Así mesmo, establécese un tratamento diferenciado en positivo que fomente novas iniciativas e consolide a actividade económica no rural e nas áreas costeiras non urbanas.

    A posta en valor e o desenvolvemento sustentable e integrador do medio rural e costeiro non urbano é unha responsabilidade de toda a sociedade e, en consecuencia, esta lei pretende impulsar a súa implicación nesta tarefa, con especial referencia aos axentes económicos e ás organizacións con actividade en Galicia pola súa potencialidade na consecución deste obxectivo.

    13

    7346

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • r•-• . + + t +

    XUNTA DE GALICIA

    No capítulo sétimo abórdase a promoción do envellecemento activo e saudable, buscando a súa integración nas diferentes políticas públicas coa finalidade de asegurar o benestar durante todo o curso da vida, especialmente na vellez, e de promover, á súa vez, a participación das persoas maiores na sociedade, atendendo as situacións de soidade non desexada, visibilizando o seu papel como motor de cambio e contribuíndo ao seu empoderamento. Con esta pretensión, entre outras accións, impúlsase a aplicación das tecnoloxías neste ámbito e estimúlase a denominada economía do envellecemento, co obxecto de dar resposta ás necesidades e demandas das persoas maiores ao tempo que se aproveita a súa potencialidade, se reforzan os servizos de atención a domicilio, se pon en valor a súa experiencia e se fortalecen as relacións interxeracionais.

    Polo que respecta ás tres disposicións adicionais, establécese nelas o mandato dun incremento mínimo do investimento nas políticas de familia do 50% sobre o aumento porcentual do gasto non financeiro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma no prazo de 5 anos dende a entrada en vigor da lei e de aprobación dunha estratexia conxunta das Administracións Públicas de Galicia para a ordenación e coordinación das políticas en materia demográfica e mais dun plan de apoio ás familias monoparentais.

    Por último, cabe destacar a modificación levada a cabo en diferentes corpos normativos a través das disposicións derradeiras da lei.

    A disposición derradeira primeira modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, coa finalidade de autorizar ao Consello da Xunta de Galicia para a creación do Comité de Ética dos Servizos Sociais de Galicia, como órgano do Sistema Galego de Servizos Sociais para a análise e asesoramento nos confiitos éticos que se susciten na intervención social.

    A disposición derradeira segunda modifica a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, para incluír nela o trámite de traslado dos proxectos de decreto xunto cunha análise do seu impacto demográfico ao órgano de dirección competente na materia de dinamización demográfica.

    A disposición derradeira terceira, de modificación da Lei 3/2011, do 30 de xurio, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, revisa o concepto de familia monoparental para adaptalo á realidade social actual destas familias, introduce o mandato de creación do Rexistro de Familias Monoparentais Galegas, recoriece dúas novas tipoloxías de familias de especial consideración, as familias en situación de especial vulnerabilidade económica e as familias vítimas de violencia de xénero, coa finalidade de que accedan ao trato preferente previsto para este

    14

    7347

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTFI DE GALICIA

    grupo na dita lei, e acomoda a valoración contractual das políticas empresariais en materia de conciliación ás previsións da presente lei.

    A disposición derradeira cuarta modifica a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, coa finalidade de aliñar a contratación pública aos obxectivos de impulso demográfico establecidos nesta lei.

    A disposición derradeira quinta modifica o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, para, por unha banda, eliminar a preferencia das empresas cun plan de igualdade ou en posesión da Marca Galega de Excelencia en Igualdade na adxudicación dos contratos sempre que as súas proposicións igualen ás máis vantaxosas dende o punto de vista dos criterios obxectivos que sirvan de base para a adxudicación, en consonancia co novo escenario que regula a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que permite outras alternativas de maior incidencia e relevancia para a valoración das políticas empresariais en materia de igualdade, e, por outra banda, para recoller unha remisión expresa á valoración das políticas empresariais en materia de conciliación que a presente lei incentiva a través da contratación do sector público autonómico. Así mesmo, revisa o artigo 92, incluido no capítulo relativo ás medidas de conciliación e corresponsabilidade no emprego público, para incorporar unha definición do concepto de flexibilidade horaria e mais as previsións da presente lei a este respecto. No mesmo senso, a disposición derradeira sexta leva a cabo unha modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para recoller as previsións da lei e a regulación da flexibilidade horaria anteriormente mencionadas respecto do persoal funcionario.

    Tamén se recolle na parte final da lei a derrogación de cantas disposicións de igual ou inferior rango se oporian ao disposto nela, unha habilitación para o seu desenvolvemento, fixando a tal fin un prazo máximo, así como o mandato de creación do Rexistro de Familias Monoparentais Galegas e a previsión sobre a súa entrada en vigor.

    A presente lei axústase aos principios de boa regulación contemplados no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, ao responder as medidas previstas nela á satisfacción de necesidades de interese xeral coa debida proporcionalidade, eficacia e eficiencia; ao contemplarse na norma os obxectivos perseguidos e a súa xustificación e ao promoverse a participación cidadá no procedemento de elaboración da norma, como esixen os principios de transparencia e accesibilidade; e ao introducirse a través dela, conforme aos principios de seguridade xurídica e simplicidade, as modificacións precisas nas disposicións vixentes. Procede salientar, ademais, que

    15

    7348

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    os requisitos establecidos na norma para o exercicio de determinadas actividades económicas responden a razóns de interese xeral, baseadas na salvagarda da seguridade e saúde infantil e na consecución de obxectivos da política social, sendo, en todo caso, enunciados do xeito menos restritivo ou distorsionador para a actividade económica á que afectan, de acordo cos principios de necesidade e de proporcionalidade previstos no artigo 5 da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado.

    No procedemento de elaboración desta lei promoveuse a participación cidadá a través do Portal de Transparencia e Goberno aberto. Así mesmo, na tramitación do anteproxecto de lei seguíronse os trámites previstos na normativa de aplicación, incluídos o de audiencia á Comisión de Persoal e de negociación colectiva respecto das medidas que afectan ao réxime de persoal do sector público autonómico así como o informe do Consello Galego de Benestar Social e o ditame do Consello Económico e Social de Galicia.

    16

    7349

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTFI DE GALICIA

    TÍTULO PRELIMINAR Disposicións xerais

    Artigo 1. Obxecto e finalidade da lei

    1. Esta lei ten por obxecto establecer os fundamentos para o impulso demográfico de Galicia, acorde cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, que favoreza un desenvolvemento social, económico e ambiental sustentable e territorialmente equilibrado, de xeito que as persoas consideren Galicia como o lugar idóneo para vivir, para establecerse e, se así o desexan, ter filias e filos e desenvolver o proxecto familiar que libremente escollan.

    2. Para estes efectos, a lei establece os principios e as lirias de actuación das Administracións Públicas de Galicia no deserio e desenvolvemento das súas políticas e un conxunto de medidas que atinxen ás ditas Administracións, á cidadanía e aos diferentes axentes que operan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    3. A finalidade desta lei é o impulso e a dinamización demográfica de Galicia mediante a ordenación e coordinación das políticas públicas autonómicas e o fomento da actuación conxunta das Administracións Públicas e dos distintos interlocutores sociais e económicos de Galicia.

    17

    7350

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 2. Ámbito de aplicación

    1. Esta lei é de aplicación á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

    2. As disposicións desta lei relativas ás Administracións Públicas de Galicia serán tamén de aplicación ás Administracións locais de Galicia e ás entidades públicas vinculadas ou dependentes delas, sen prexuízo do necesario respecto á súa autonomía.

    3. Os principios que inspiran as previsións desta lei serán aplicables, no que proceda, ás entidades instrumentais de natureza non pública pertencentes ao sector público autonómico. Ademais, serán directamente aplicables a tales entidades os preceptos desta lei relativos ao conxunto do sector público autonómico.

    18

    7351

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTFI DE GALICIA

    Artigo 3. Definicións

    Para os efectos desta lei enténdese por: a) Administracións Públicas de Galicia: a Administración xeral da Comunidade Autónoma, as entidades que integran a Administración local e as entidades públicas vinculadas ou dependentes das anteriores. b) Administración autonómica: a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou a entidade pública instrumental do sector público autonómico competente. c) Impulso demográfico: conxunto de medidas dirixidas ao desenvolvemento sustentable e ao logro do equilibrio territorial e social, de modo que se creen contornos favorables para o asentamento da poboación, o desenvolvemento saudable e o benestar da infancia e unha libre realización dos proxectos vitais que permita cumprir as expectativas e desexos da poboación de poder formar unha familia e aproxime a fecundidade á media da Unión Europea; que promova o envellecemento activo e saudable e que facilite o retorno das e dos galegos residentes no exterior e a atracción de nova poboación ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. d) Perspectiva demográfica: metodoloxía e mecanismos destinados a integrar na produción normativa e no deseño e desenvolvemento das políticas públicas a consideración das interaccións entre a acción pública e as dinámicas poboacionais. e) Impacto demográfico: identificación e valoración dos diferentes efectos e resultados dunha norma ou dunha política pública no comportamento da poboación, co obxecto de neutralizar posibles efectos que dificulten ou impidan o impulso demográfico. O Familias: todos os núcleos estables de convivencia formados por unha persoa ou unha parella unida por un vínculo conxugal ou de afectividade análoga á conxugal, de carácter xurídico ou non, e mais as persoas ascendentes, as que dependan delas por filiación, adopción, tutela ou acollemento e aquelas que teñan ao seu cargo. g) Familias de especial consideración: as que teñan este carácter conforme ao previsto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. h) Poboación galega residente no exterior: a cidadanía española residente no exterior á que o Estatuto de autonomía de Galicia outorga dereitos políticos, así como tamén a súa descendencia. i) Poboación galega retornada: as persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega, os seus cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os filos e as filias das ditas persoas, sempre que cumpran o disposto na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e, así mesmo, o resto de descendentes naquelas uñas concretas de acción que expresamente o establezan.

    19

    7352

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    1) Medio rural e costeiro non urbano: Zonas Intermedias (ZIP) e Zonas Pouco Poboadas de Galicia (ZPP) segundo a clasificación do grao e subgrao de urbanización das parroquias galegas realizada polo Instituto Galego de Estatística.

    20

    7353

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 4. Principios reitores

    Son principios reitores desta lei: a) Igualdade e respecto á diversidade nas políticas activas de impulso demográfico, prestando especial atención ás diferenzas derivadas do xénero, a idade, a situación de dependencia ou discapacidade e a orientación sexual ou relixiosa, mediante a adopción de medidas específicas para previr ou compensar as desvantaxes que estas diferenzas puideran causar. b) Apoio á liberdade de constitución e organización das familias, como elemento fundamental de organización da sociedade, en todos os ámbitos e, nomeadamente, no persoal, económico e social. c) Interese superior do e da menor. Todo neno e nena ten dereito a que o seu interese superior sexa valorado e considerado como primordial en todas as accións e decisións que Ile poidan afectar individual ou colectivamente, tanto no ámbito público como privado. Para os efectos da avaliación e determinación do dito interese superior consideraranse os elementos, criterios e principios recollidos no artigo 2 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil. d) Desenvolvemento económico intelixente e sustentable, baseado no capital humano, na aprendizaxe continua, na promoción e xestión do coftecemento e na modernización do sistema produtivo mediante a innovación e a incorporación das tecnoloxías como instrumento da actividade económica, e respectuoso co medio ambiente, que aproveite e vele polo uso dos recursos endóxenos e pola súa forma de explotación e aproxime o PIB per cápita á media da Unión Europea. e) Equilibrio territorial, a través dunha ordenación equilibrada do territorio que garanta o acceso equitativo ás oportunidades e aos servizos públicos e corrixa as desigualdades entre os diferentes territorios de Galicia e as zonas de interior e de costa e, particularmente, a polarización entre o medio rural e urbano.

    21

    7354

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTFI DE GALICIA

    Artigo 5. Principios de actuación

    A aplicación desta lei rexerase polos seguintes principios: a) Transversalidade: As Administracións Públicas de Galicia incorporarán a perspectiva demográfica en todas as súas políticas, tanto na elaboración da normativa que as regule como na dotación orzamentaria, especialmente nos ámbitos familiar, laboral, da saúde, a educación, a cultura e o ocio, o deporte, a xuventude, o envellecemento, a migración, os servizos públicos e as comunicacións. b) Colaboración e cooperación: As Administracións Públicas de Galicia colaborarán a prol do impulso demográfico de Galicia e promoverán, no exercicio das súas competencias, a cooperación da administración estatal e comunitaria. e) Coordinación: As Administracións Públicas de Galicia articularán procedementos de coordinación entre os diferentes órganos implicados nas políticas e medidas previstas nesta lei, co obxecto de simplificar e axilizar a tramitación dos procedementos relacionados con elas. d) Responsabilidade pública: As Administracións Públicas de Galicia garantirán, no ámbito das súas respectivas competencias, a regulación, articulación e aplicación efectiva do conxunto de políticas e medidas previstas nesta lei. e) Eficacia e eficiencia administrativa: As Administracións Públicas de Galicia deberán acadar os obxectivos definidos nesta lei garantindo a eficacia e eficiencia no emprego dos recursos, evitando posibles duplicidades derivadas da intervención de diferentes órganos ou administracións e velando pola aplicación dunha perspectiva integral na formulación de políticas sectoriais. f) Información e sensibilización: As Administracións Públicas de Galicia fomentarán o estudo e a análise das implicacións da evolución demográfica e contribuirán á mellora da concienciación da cidadanía, mediante o impulso do debate e a sensibilización social ao respecto. g) Avaliación e seguimento: As Administracións Públicas de Galicia realizarán un seguimento continuo do desenvolvemento e implantación das políticas públicas en materia demográfica para avahar a súa eficacia e eficiencia e facilitar a toma de decisións sobre elas. h) Participación: As Administracións Públicas de Galicia promoverán a participación da cidadanía, da iniciativa social, dos interlocutores económicos e sociais e dos restantes axentes públicos e privados na planificación e aplicación das políticas de impulso demográfico.

    22

    7355

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 6. Principios específicos en materia de familia

    As Administracións Públicas de Galicia desenvolverán as súas actuacións de impulso demográfico en materia de familia baixo os principios específicos de: a) Liberdade e respecto á diversidade. Garantirase a liberdade de constitución e organización da vida privada, familiar e de convivencia, o respecto á dignidade e aos dereitos e o coidado do benestar das persoas que integran os diferentes modelos de familia. b) Promoción e apoio. Recoriecerase, fomentarase e apoiarase o papel das familias como núcleo fundamental de convivencia da sociedade e axente vertebrador da solidariedade intraxeracional e interxeracional, así como da transmisión de valores sociais. c) Solidariedade. As políticas de apoio ás familias materializarán o apoio e respaldo da sociedade para con elas e, de forma positiva e diferencial, para coas familias de especial consideración. d) Equidade. As políticas de apoio ás familias asegurarán que todas elas se beneficien e terian oportunidades para mellorar ou manter a súa situación de benestar. Darase especial atención a aquelas familias con nenos e nenas en situación de vulnerabilidade pola súa situación de exclusión social ou pobreza económica, a súa pertenza a minorías étnicas, a súa discapacidade, ou por ser parte doutras familias de especial consideración como son as familias monoparentais, as familias numerosas ou as familias vítimas de violencia de xénero. e) Igualdade. As políticas de apoio ás familias fomentarán a igualdade entre bornes e mulleres e a conciliación corresponsable da vida persoal, familiar e laboral. O Recoriecemento. As políticas de apoio ás familias porierán en valor a institución familiar e os traballos de sostemento dos fogares e de coidado, realizados maioritariamente polas mulleres. g) Accesibilidade. Facilitarase a máxima accesibilidade aos recursos e servizos de apoio ás familias tendo en conta a ordenación territorial de Galicia. h) Promoción do benestar infantil. Considerarase o neno, nena e adolescente corno suxeito de dereitos e favoreceranse as actuacións que promovan o seu benestar e o exercicio progresivo autónomo daqueles dereitos, de acordo coa súa madurez.

    23

    7356

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    TÍTULO I Criterios de actuación e organización para o impulso demográfico

    CAPÍTULO I Carácter sistémico das políticas demográficas

    Artigo 7. Incorporación da perspectiva demográfica

    1. As Administracións Públicas de Galicia incorporarán a perspectiva demográfica na produción normativa e na elaboración, execución e seguimento de todas as políticas e de todas as accións desenvolvidas no exercicio das súas competencias.

    2. Na elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia tomaranse en consideración indicadores que permitan integrar a perspectiva demográfica nas políticas orzamentarias.

    3. Na memoria dos orzamentos individualizarase o gasto nas políticas activas de impulso demográfico recollidas na Axenda Demográfica prevista na letra a) do artigo 18.

    24

    7357

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 8. Análise do impacto demográfico

    1. Nos procedementos de elaboración de proxectos de lei e decretos, así como de documentos de planificación sectorial que se tramiten pola Administración autonómica, deberá darse traslado do texto proxectado, xunto cunha análise do seu impacto demográfico, ao órgano de dirección con competencias en materia de dinamización demográfica, concedéndolle un prazo de 10 días hábiles para a formulación, se é o caso, das observacións que estime procedentes nesta materia.

    2. 0 órgano de dirección con competencias en materia de dinamización demográfica proporcionará directrices, criterios e metodoloxías para facilitar a elaboración da análise prevista no número 1.

    25

    7358

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTFI DE GALICIA

    Artigo 9. Informe periódico e indicadores en materia demográfica

    1. 0 Observatorio Galego de Dinamización Demográfica elaborará e fará público un informe anual sobre a situación demográfica de Galicia.

    2. A Administración Autonómica incluirá na súa planificación estatística a elaboración de indicadores de competitividade territorial, que cumprirán coa obriga de incorporar a perspectiva de xénero, consonte ao previsto na normativa estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.

    3. Así mesmo, o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica definirá indicadores que servirán de orientación ás políticas das Administracións Públicas de Galicia en materia de impulso demográfico.

    26

    7359

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 10. Colaboración e cooperación interadministrativa

    1. A Administración autonómica garantirá a participación activa das Administracións locais de Galicia en todas as políticas dirixidas ao impulso demográfico.

    2. A colaboración e cooperación coas Administracións locais de Galicia no deserio e desenvolvemento de políticas de impulso demográfico será promovida pola Administración autonómica a través da comisión prevista no artigo 19.

    3. A Administración autonómica promoverá a inclusión de políticas de impulso demográfico dentro dos programas desenvolvidos pola Eurorrexión Galicia — Norte de Portugal.

    27

    7360

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTF1 DE GALICIA

    Artigo 11. Criterios de actuación das Administracións locais

    En atención ao carácter sistémico das políticas públicas en materia demográfica, as Administracións locais de Galicia, no exercicio das súas competencias, rexeranse polos seguintes criterios: a) A incorporación da perspectiva demográfica conforme ao previsto no artigo 7. b) A colaboración e cooperación coa Administración autonómica no deserio e implementación das políticas de impulso demográfico. c) O impulso da participación dos distintos interlocutores sociais e económicos e da cidadanía no deserio e desenvolvemento das políticas de impulso demográfico.

    28

    7361

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 12. Apolo ás Administracións locais

    1. A Administración autonómica, na asignación de fondos e no outorgamento de axudas e subvencións ás entidades locais terá en conta o desenvolvemento por parte destas de políticas de impulso demográfico de forma coordinada, o esforzo orzamentario realizado nesta materia e a súa capacidade económica.

    2. Dentro dos criterios de reparto do Fondo de Cooperación Local incluirase o esforzo orzamentario dos concellos en materia demográfica e, para estes efectos, poderase crear nel un fondo específico destinado ao equilibrio demográfico territorial.

    3. A Administración autonómica elaborará e porierá a disposición das Administracións locais instrumentos que faciliten a incorporación da perspectiva demográfica no deseño e aplicación das políticas e accións levadas a cabo por estas.

    29

    7362

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 13. Colaboración co sector privado

    1. As Administracións Públicas de Galicia fomentarán a implicación e participación dos axentes do sector privado nas políticas públicas de impulso demográfico, mediante programas específicos de colaboración público-privada.

    2. A Administración autonómica asinará convenios de colaboración coas entidades financeiras que operan en Galicia, así como coas Sociedades de Garantía Recíproca galegas co fin de facilitar o acceso ao crédito de traballadores e traballadoras autónomos/as e das empresas para o seu crecemento ou implantación no noso territorio.

    3. Así mesmo, a Administración autonómica impulsará a cooperación co sector privado para que este incorpore a formación do seu persoal en materias con impacto demográfico.

    30

    7363

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 14. Colaboración do Terceiro sector social

    As Administracións Públicas de Galicia promoverán a participación do Terceiro sector social nas accións de impulso demográfico para fortalecer o recoriecemento e o exercicio efectivo dos dereitos sociais, mellorar o coriecemento e a cobertura das necesidades da poboación máis vulnerable e avanzar nunha sociedade cohesionada e inclusiva.

    31

    7364

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 15. Participación cidadá

    1. A Administración autonómica garantirá a participación cidadá na elaboración dos seus instrumentos de planificación e na avaliación das políticas de impulso demográfico, mediante a realización dun trámite de consulta aberto á cidadanía en xeral e ás persoas e entidades especialistas na materia en particular.

    2. Así mesmo, promoverase a participación das persoas destinatarias directas das políticas, incluíndo a nenos, nenas e adolescentes.

    32

    7365

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 16. Contratación

    1. 0 sector público autonómico deseñará e articulará a súa estratexia en materia de contratación pública tendo en conta os principios de desenvolvemento social, económico e ambiental sustentable recollidos nesta lei.

    2. Para estes efectos, coa finalidade de proporcionar unha mellor relación calidade-prezo na prestación contractual e unha maior e mellor eficiencia na utilización dos fondos públicos, de acordo co establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se trasporien ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, en toda a contratación do sector público autonómico incorporaranse de maneira transversal e preceptiva criterios sociais e medioambientais que garden relación co obxecto do contrato, nos termos previstos no artigo 145 da dita lei.

    3. En desenvolvemento do expresado nos números anteriores, procurarase, mediante a súa inclusión nas prescricións técnicas, nos criterios de adxudicación ou nas condicións de execución do contrato, que as obras, produtos e servizos que se adquiran, así como os procesos ou procedementos que se utilicen neles, cumpran requisitos determinados e características específicas de tipo social e medioambiental, preferentemente aqueles relacionados coa igualdade de xénero, o comercio xusto, a agricultura e a gandería ecolóxicas e a xestión forestal e pesca sustentables e os que garantan o cumprimento das Convencións fundamentais da Organización Internacional do Traballo, de conformidade co establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro.

    4. En particular, os órganos de contratación introducirán criterios de adxudicación cualitativos, vinculados ao obxecto do contrato, referidos ás políticas empresariais en materia de igualdade no proceso específico de produción, prestación ou comercialización das obras, subministracións ou servizos, preferentemente aqueles referidos aos plans de igualdade de xénero ou ás medidas a prol da igualdade de xénero que se apliquen, á loita contra a discriminación salarial por razón de sexo e ao fomento da contratación feminina.

    5. Así mesmo, o sector público autonómico facilitará o acceso á contratación pública das pequenas e medianas empresas e das empresas de economía social.

    33

    7366

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    Artigo 17. Axudas e subvencións públicas

    1. 0 sector público autonómico deseriará e articulará a súa estratexia en materia de axudas e subvencións públicas tendo en conta os principios de promoción da igualdade de xénero e de desenvolvemento social, económico e ambiental sustentable recollidos nesta lei.

    2. De acordo co expresado no número anterior, o sector público autonómico incorporará nas bases reguladoras das axudas e subvencións requisitos dirixidos a promover a implicación dos diferentes axentes na sustentabilidade demográfica e na cohesión territorial de Galicia de modo que se favoreza, entre outras, a permanencia das persoas no lugar de residencia habitual, a conciliación corresponsable e o apoio ás familias con persoas a cargo.

    34

    7367

    CS

    V: B

    OP

    GD

    SP

    G9Q

    Hty

    WpH

    L7V

    erifi

    caci

    ón:

    http

    s://s

    ede.

    parla

    men

    tode

    galic

    ia.g

    al/tr

    amite

    s/cs

    v/

    https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/BOPGDSPG9QHtyWpHL7

  • XUNTA DE GALICIA

    CAPÍTULO II

    Organización administrativa

    Artigo 1 8. Competencias do Consello da Xunta de Galicia

    Ademais das competencias que a normativa vixente atribúe ao Consello da Xunta de Galicia, corresponderanlle en materia demográfica as seguintes: a) Establecer as direc