Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e...

19
Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC 1/20 Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de Enxeñaría Química Data: 13-09-2019 Orde do día: 1. Aprobación das actas das reunións do Consello de Departamento celebrada os días 07-02-2019, 21-03-2019, 06-05-2019, 13-05-2019, 21-05- 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019. 2. Ratificación dos acordos da Comisión Permanente dos días 11-02-2019, 13-03-2019, 22-04-2019, 10-05-2019, 14-05-2019, 16-05-2019 e 20-05-2019. 3. Informes do Director. 4. Aprobación da modificación do POD dos cursos 2018-19 e 2019-20. 5. Aprobación da asignación de despacho a PAD. 6. Programa de mentorizado. 7. Aprobación da valoración das solicitudes de bolsas de colaboración. 8. Aprobación de proposta ás Medallas de Investigación da RAGC. 9. Quenda aberta Asistentes: M. Carballa, E. Fernández, A. Franco, M. S. Freire, D. Gómez, A. Hospido, R. Méndez, G. Pereira, E. Rodil, O. Rodríguez, H. Rodríguez, J. A. Souto, A. Val Excusan asistencia: J. J. Casares, J. González, S. González, J.M. Martínez, M. T. Moreira, A. Soto, M.J. Vázquez. O día 13 de setembro de 2019 reúnese o Consello de Departamento de Enxeñaría Química as 9:00 horas en primeira convocatoria e as 9:30 horas en segunda convocatoria na sala de xuntas 3.2 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría e na sala de reunións da Facultade de Ciencias. 1. Aprobación das actas das reunións do Consello de Departamento celebrada os días 07-02-2019, 21-03-2019, 06-05-2019, 13-05-2019, 21-05- 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes de aprobar foron publicadas na web do Departamento. O Director pregunta se existe algunha outra observación ou enmenda a realizar. O profesor J. A. Souto indica que vota en contra da acta do día 21-05-2019 Apróbanse as acta por maioría.

Transcript of Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e...

Page 1: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

1/20

Borrador Reunión Ordinaria do Consello do

Departamento de Enxeñaría Química Data:

13-09-2019

Orde do día: 1. Aprobación das actas das reunións do Consello de Departamento celebrada os días 07-02-2019, 21-03-2019, 06-05-2019, 13-05-2019, 21-05-2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019. 2. Ratificación dos acordos da Comisión Permanente dos días 11-02-2019, 13-03-2019, 22-04-2019, 10-05-2019, 14-05-2019, 16-05-2019 e 20-05-2019. 3. Informes do Director. 4. Aprobación da modificación do POD dos cursos 2018-19 e 2019-20. 5. Aprobación da asignación de despacho a PAD. 6. Programa de mentorizado. 7. Aprobación da valoración das solicitudes de bolsas de colaboración. 8. Aprobación de proposta ás Medallas de Investigación da RAGC. 9. Quenda aberta Asistentes: M. Carballa, E. Fernández, A. Franco, M. S. Freire, D. Gómez, A.

Hospido, R. Méndez, G. Pereira, E. Rodil, O. Rodríguez, H. Rodríguez, J. A. Souto, A. Val

Excusan asistencia:

J. J. Casares, J. González, S. González, J.M. Martínez, M. T. Moreira, A. Soto, M.J. Vázquez.

O día 13 de setembro de 2019 reúnese o Consello de Departamento de Enxeñaría Química as 9:00 horas en primeira convocatoria e as 9:30 horas en segunda convocatoria na sala de xuntas 3.2 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría e na sala de reunións da Facultade de Ciencias.

1. Aprobación das actas das reunións do Consello de Departamento celebrada os días 07-02-2019, 21-03-2019, 06-05-2019, 13-05-2019, 21-05-2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019

As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes de aprobar foron publicadas na web do Departamento. O Director pregunta se existe algunha outra observación ou enmenda a realizar. O profesor J. A. Souto indica que vota en contra da acta do día 21-05-2019

Apróbanse as acta por maioría.

Page 2: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

2/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

2. Ratificación dos acordos da Comisión Permanente dos días 11-02-2019, 13-03-2019, 22-04-2019, 10-05-2019, 14-05-2019, 16-05-2019 e 20-05-2019.

Os acordos foron publicados na web do Departamento para o coñecemento dos membros do Consello. O Director pregunta se existe algunha outra observación ou enmenda a realizar. O profesor J. A. Souto indica que vota en contra dos acordos adoptados o día 20-05-2019.

Ratifícanse os acordos por maioría. Ditos acordos están incorporados a presente acta no anexo I.

2. Informes do Director.

- Parabéns ó prof. Óscar Rodríguez Figueiras por conseguir praza de PCD en concurso celebrado en Abril de 2019.

- Parabéns á prof. Ángeles Val del Río por conseguir praza de Profesora

Axundante Doutor, en concurso celebrado en Xullo de 2019.

- Xubilación do Prof. Juan M. Lema. Darlle os parabéns do Departamento pola gran labor académica, de xestión e de investigación que permiteu convertir o noso Departamento nun referente.

- O Consello de Goberno de finais de Xullo aproba que o prof. Juan M.

Lema Rodicio sexa nomeado Profesor Emérito. No mesmo Consello concédese tamén a prórroga do prof. Alberto Arce Arce como profesor emérito. Parabéns aos profesores Alberto Arce e Juan M. Lema e agradecemento do Departamento polo seu compromiso co Departamento e Universidade.

- Parabéns á investigadora Gemma Eibes por conseguir unha praza do

prestixioso programa Ramón y Cajal, segundo a resolución provisoria de Agosto de 2019.

- Parabéns aos novos Doutores polos noso Departamento: i).- Marlén González Amado. “ Aqueous Two-Phase Systems for the Valorization of Cheese Whey” dirixida polos prof. Ana M. Soto e O. Rodríguez (20/05/2019). ii).- Xela García Santiago. "Avaliación das Técnicas de Xestión de Residuos Orgánicos de Alto Volume de Produción" dirixida pola profa. Amaya Franco (19/07/2019). iii).- Tomás F. Allegue Martínez. “Desenvolvemento e estudo de bioprocesos de eliminación simultánea de metano e

Page 3: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

3/20

nitróxeno para o tratamento de augas residuais“ dirixida polos prof. Francisco Omil e Juan M. Garrido (23/07/2019).

O departamento desexanlles ós novos doutores os maiores éxitos a nivel persoal e profesional.

- A Universidade fixo pública a relación de prazas de Profesor

Contratado Doutor que promocionarían a Profesor Titular de Universidade e das 21 aprobadas figura a solicitude da profesora Almudena Hospido (posto 14). Tres solicitudes de PCD do Departamento non se aproban para este curso, quedando nos postos 55, 56 e 57.

- En canto a praza de Cátedra non se estimou a solicitude do Departamento, para a promoción da profa. Anuska Mosquera (Consello de Goberno de 29 de Xullo de 2019).

- Noraboa do Departamento ó prof. Gumersindo Feijoo que recibeu o

premio “Madre Tierra”, da Federación Española de Recuperación e Reciclaxe” (Xuño de 2019).

- A profa. María Teresa Moreira ten sido nomeada Editora Executiva da

revista “Journal of Cleaner Production” (https://www.journals.elsevier.com/journal-of-cleaner-production/editorial-board). Parabéns a profa. M.T. Moreira polo seu nomeamento.

- A nosa área de Enxeñería Química está presente nos principais

ranquins universitarios; Sinalar especialmente a presenza da área no ranquing da fundación CYD que clasifica os títulos en España (https://www.fundacioncyd.org/resultados-sexta-edicion-del-ranking-cyd/), ranquing del diario el Mundo no que aparecen destacadas as titulacións de Grao en EQ, Máster de EQ e Bioprocesos e Máster de EA (https://www.elmundo.es/especiales/ranking-universidades/donde-estudiar-ingenieria-quimica.html) e ranquing internacional QS no que a nosa área aparece dentro dos 201-250 primeiros do mundo (https://www.topuniversities.com/universities/universidade-de-santiago-de-compostela)

- A Profa. María Teresa Moreira encóntrase de baixa por accidente,

sendo operada recentemente, transmitimos o afecto do Departamento hacia ela, desexando unha pronta recuperación. Tamén sinalar que se están facendo as accións necesarias para tratar de diminuir o impacto que poida ter a súa baixa na docencia do Departamento.

Page 4: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

4/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

- XXXVI Jornadas de Ingeniería Química en Zaragoza, o Director do Departamento acude a estas xornadas, adicadas á investigación en EQ. Como resumo sinalar que participaron profesores e investigadores de 21 departamentos de EQ e 4 institutos de investigación. A modo de resumo se sinala que segundo datos do prof. Javier Herguido, presidente do Comité Organizador, o 27% das ponencias adicaronse a Enerxía, 59% ó Ambiente e 14% a saúde. Sinalar que se celebrou unha mesa redonda, adicada a investigación na empresa, na que participaron representante de Dow Chemical, Repsol, grupo Samca e Industrias Químicas del Ebro. Os catro representantes de empresas enviaron unha mensaxe clara a que a investigación dos nosos Departamentos poidan axudar a resolver os problemas do sector produtivo do noso País ou da nosa Rexión, e en canto as competencias dos titulados sinalaron que é moi importante que sigan mantendo uns coñecementos asentados en Operacións Unitarias de Separación, Enxeñería da Reacción Química, mantendo unha forte base matemática e capacidade para a autoaprendizaxe e relación con outros titulados.

- Organízase o Congreso Mediterráneo de IQ e a Expoquímia en Xuño

de 2020. O envío de comunicacións deberá facerse antes de mediados de Xaneiro de 2020.

- Fin do prazo de envío de comunicacións para o V Congreso de

Innovación Docente en IQ (V CIDIQ) para o 15 de Setembro, e que terá lugar na ETSE.

- O Director do Departamento informa que a titulación de Grao en

Bioquímica, para a cal o Departamento se posicionara en contra durante a etapa de alegacións, foi aprobada finalmente polo Consello de Goberno da USC do día 18 de Xullo de 2019. Está prevista a súa posta en marcha na Fac. de Ciencias do Campus de Lugo para o curso 2020-21.

- O Consello de Goberno do día 29 de xullo de 2019 aproba a proposta

de Dobre Título entre o noso Máster de EQ e Bioprocesos e o título de Enxeñeiro Civil Química, outorgado pola Universidade de Concepción, de forma que os estudantes seleccionados poidan obter unha dobre titulación.

- Preocupación pola baixada na nota de corte do título de Grao en

Enxeñería Química a 6,456 e pola baixada na porcentaxe de mulleres no Grao (40%). Matricula nova, 70 alumnos de 1º de Grao, 10 máis do establecido. Sería bo iniciar unha acción de mellora na que profesoras e alumnas de EQ puideran explicar a súa visión en Institutos de Bacherelato.

Page 5: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

5/20

- Cambio de denominación do grupo de investigación GI-1612 que pasa a chamarse Intensificación de Procesos para un Desenvolvemento Sostible, liderado pola profa. Julia González Álvarez.

4. Aprobación da modificación do POD dos cursos 2018-19 e 2019-20.

4.a. Levouse a cabo a distribución dos bolseiros con dereito a docencia no POD, coa seguinte distribución para o curso 2019-20

4.b. Por outra banda unha vez asinado contrato de Profesora Axudante Doutora por parte de Ángeles Val, deberase proceder a asignarlle efectivamente a docencia que se decidiú durante a elaboración do POD do curso 2019-20 do departamento. Dita docencia consiste en:

Page 6: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

6/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

- G4021330 – Fundamentos de máquinas e resistencia de materiais (14hE + 12hIS + 10hIL)

- G4021223 – Electrotecnia (60hIL)

- G1041426 – Proxectos Profesionais en Química (72hIS)

- G4021326 – Enxeñaría Bioquímica (12hE + 6hIS)

- G4021324 – Chemical Reaction Engineering (28hE + 9hS)

Respecto a derradeira das materias, queda pendente que a profesora obteña a acreditación de idioma por parte de USC.

Isto implica a reducción de horas aos profesores que se lles asignara as horas a maiores durante a elaboración do POD.

4.c. Asignación de docencia a prof. J. M. Lema, previamente asignada a profa. M. T. Moreira para o curso 2019-20.

- P4141103 – Bioprocesos (15hIL + 11hIS)

4.d. Creación dun novo grupo de laboratorio en P4141108 – Deseño conceptual de procesos para o curso 2019-20.

- H. Rodríguez pasa de 15hIL a 21hIL

- E. Rodil pasa de 0hIL a 2hIL

- A. Arce pasa de 0hIL a 24hIL

4.e. Trocos na materia P4141206 – Líquidos iónicos en procesos químicos e bioprocesos por reoganización da materia

- A. Soto pasa de 6hE+4hIS+3hIL a 4hE+3hIS+6hIL

- H. Rodríguez pasa de 6hE+4hIS+3hIL a 8hE+5hIS+0hIL

4.f. Corrección do POD do profesor J. M. Martínez Ageitos do curso 2018-19 correspondente a materia G4031451 – Prácticas externas.

- Incorporar 3hIS

Apróbanse por asentimento.

Page 7: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

7/20

5. Aprobación da asignación de despacho a PAD

Con data 03/09/2019 recibiuse na secretaría do departamento unha petición por parte da profa. Ángeles Val del Río da asignación dun despacho. Vista a súa solicitude, procédese a asignarlle o despacho D1.2 compartido .

Apróbase por asentimento

6. Programa de mentorizado.

O prof. Juan M. Garrido preséntase voluntario, para facer labores de mentorizado da profa. Ángeles Val, dentro da materia de Electrotecnia. O programa de mentorizado comprenderá as seguintes actividades:

A.-Cesión de guións de prácticas de Laboratorio e en Aula de Informática e revisión, coa profa. Ángeles Val de cada unha das sesións experimentais e da aula de informática programadas.

B.- Presencia durante as sesións de prácticas de laboratorio do prof. Juan M. Garrido. Ao repetirse a sesión durante 4 días correlativos (4 grupos) se plantexa que o primeiro día lidere a sesión o prof. Juan M. Garrido e nos seguintes sexa a prof. Ángeles Val a que lidere a sesión.

C.- Nas sesións en aula de informática plantéxase realizar unha estratexia similar que no laboratorio. En todo caso o prof. Juan M. Garrido estará presente na maior parte das sesións para, ó finalizar a mesma, intercambiar impresións coa profa. Ángeles Val.

D.- Actividade de Titoría e Visita Técnica. Ángeles Val participará nalgunha das sesións correspondente as actividades de Seminario da materia. A actividade de titoría comprende a visita as instalacións eléctricas da ETSE (centro de transformación e cadro principal) e elaboración dun informe por parte dos alumnos e a visita técnica a unha instalación industrial en coordinación coa profa. Ana Soto (Transporte de fluídos, 2º GEQ) (ETAP Tambre).

7. Aprobación da valoración das solicitudes de bolsas de colaboración.

A día de hoxe soamente recibiuse unha solicitude para participar nas bolsas de colaboración 2019-20, concretamente de Ismael Fernández Pazó. Na súa solicitude indica claramente que colaborará nas tarefas que o departamento e Enxeñaría Química considere, polo que proponse darlle a máxima puntuación, como tradicionalmente se fai. O Director de departamento solicita ao consello que no caso de recibirse en prazo algunha solicitude adicional, se permita a Comisión Permanente o valorar dita/s solicitude do mesmo xeito.

Page 8: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

8/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

Apróbase por asentimento.

8. Aprobación de proposta ás Medallas de Investigación da RAGC.

Recibiuse unha invitación da RAGC para que o Director e o Departamento podan sinalar a un profesor/a mesmo con aportacións excepcionais, que poida concorrer as Medallas da RAGC. O Director de Departamento, tendo en conta o número de publicacións, liderado de proxectos e índice H, entre o profesorado do Departamento (vía Scopus) vai facer unha proposta para que a profa. María Teresa Moreira poida optar a dita distinción. Sinalar que a profa. M.T. Moreira ten un índice H de 52 e alomenos autora de 293 publicacións, tendo liderado un bo número de proxectos de investigación nacionais e internacionais así como teses de doutoramento e realizado labores de xestión no Departamento e Centro.

Apróbase por asentimento.

9. Quenda aberta.

A profesora A. Val agradece ao profesor J. M. Garrido a súa implicación no programa de mentorizado.

O prof. Juan M. Garrido sinala que a ganancia non só é para a profa. A. Val, senon que é mutuo e extensivo para todo o Departamento pola mellora da calidade docente que se produce.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión ás 10:30 horas

En Santiago de Compostela, a 13 de setembro de 2019

V. e pr.

Asdo.: D. Gómez Secretario do Departamento

Asdo.: J.M. Garrido Director do Departamento

Page 9: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

9/20

Anexo I

Page 10: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

10/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

Page 11: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

11/20

Page 12: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

12/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

Page 13: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

13/20

Page 14: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

14/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

Page 15: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

15/20

Page 16: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

16/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

Page 17: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

17/20

Page 18: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

18/20 : www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

Page 19: Borrador Reunión Ordinaria do Consello do Departamento de ... · 2019, 29-05-2019, 21-06-2019 e 09-07-2019 As actas das reunións do Consello de Departamento que están pendentes

Departamento de Enxeñaría Química Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n

15782 Santiago de Compostela Tel. 881816730

: www.usc.es/enxqu : @EnxQuim_USC

19/20