RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de...

31
1 RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DE 4 DE FEBREIRO DE 2015 Reunido o Consello de Goberno o catro de febreiro de dous mil quince en sesión ordinaria e segunda convocatoria, comeza a súa sesión no Salón Reitoral ás dez horas e dez minutos coa presenza dos membros que deseguido se relacionan: ORDE DO DÍA: 1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2) Informe do Sr. reitor 3) Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral 4) Prazas de PDI: Integracións de profesores/as TEU ao corpo de profesor/a titular de universidade 5) Complementos retributivos autonómicos (2014) 6) Avaliación da actividade investigadora de PDI contratado (recursos) 7) Modificación da Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para efectos internos na USC 8) Planificación de actuación en materia de PDI no ano 2015 9) Acordo sobre proposta de adscrición funcional de materias a áreas de coñecemento (convocatoria 2015-16) 10) Proposta inicial de límite de prazas en másters universitarios para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de doutoramento para o curso 2015-16 12) Calendario e criterios para modificación/verificación de titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017 13) Calendario e criterios para modificación/verificación de programas de doutoramento para o curso 2016-17 14) Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela 15) Aprobación de prezos públicos e retribución por docencia para cursos de posgrao propio e formación continua para o curso 2015-16 16) Recoñecemento da lingua de signos como créditos do artigo 12, apartado 8 do Decreto 1393/2007 17) Revisión da Política de prevención de riscos laborais 18) Revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais 19) Aprobación do Plan Estratéxico do Campus Terra 20) Aprobación, se procede, dos sistemas de garantía interna de calidade de centros 21) Proposta de membros do Consello Científico do CEA 22) Memorias de cursos de posgrao propio 23) Transferencia de tecnoloxía

Transcript of RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de...

Page 1: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

1

RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO

DE 4 DE FEBREIRO DE 2015

Reunido o Consello de Goberno o catro de febreiro de dous mil quince en sesión

ordinaria e segunda convocatoria, comeza a súa sesión no Salón Reitoral ás dez

horas e dez minutos coa presenza dos membros que deseguido se relacionan:

ORDE DO DÍA:

1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

2) Informe do Sr. reitor

3) Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral

4) Prazas de PDI: Integracións de profesores/as TEU ao corpo de

profesor/a titular de universidade

5) Complementos retributivos autonómicos (2014)

6) Avaliación da actividade investigadora de PDI contratado (recursos)

7) Modificación da Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para

efectos internos na USC

8) Planificación de actuación en materia de PDI no ano 2015

9) Acordo sobre proposta de adscrición funcional de materias a áreas de

coñecemento (convocatoria 2015-16)

10) Proposta inicial de límite de prazas en másters universitarios

para o curso 2015-16

11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de

doutoramento para o curso 2015-16

12) Calendario e criterios para modificación/verificación de

titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017

13) Calendario e criterios para modificación/verificación de

programas de doutoramento para o curso 2016-17

14) Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de

Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela

15) Aprobación de prezos públicos e retribución por docencia para

cursos de posgrao propio e formación continua para o curso 2015-16

16) Recoñecemento da lingua de signos como créditos do artigo 12,

apartado 8 do Decreto 1393/2007

17) Revisión da Política de prevención de riscos laborais

18) Revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais

19) Aprobación do Plan Estratéxico do Campus Terra

20) Aprobación, se procede, dos sistemas de garantía interna de

calidade de centros

21) Proposta de membros do Consello Científico do CEA

22) Memorias de cursos de posgrao propio

23) Transferencia de tecnoloxía

Page 2: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

2

24) Regulamentos

25) Premios extraordinarios

26) Asuntos económicos

27) Convenios

28) Asuntos de trámite

29) Rogos e preguntas

* * * * *

Antes de abordar a orde do día, o reitor da a benvida aos novos decanos, membros

do Consello de Goberno durante o próximo ano, que son citados nominalmente:

- Profa. dona Begoña Barreiro Fernández

- Profa. dona Mª Emilia Vázquez Rozas

- Profa. dona Mª del Carmen Fernández Morante

- Profa. dona Mª José López Couso

- Profa. dona Socorro Rodríguez Holguín

- Prof. don Juan Jesús Gestal Otero

- Prof. Don Antonio Segura Iglesias

- Prof. Don Antonio Mosquera González

- Prof. don Tomás S. Cuesta García

1)Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

Trátase da acta do 17 de decembro de 2014, á cal se fixeron dúas obxeccións:

a) Unha presentada polo Sr. P. C. na que se solicita a modificación daquela

no sentido de recoller no punto 4 da orde do día a non participación na

votación do dicente e da Sra. C. H. xa que so figura o nome do primeiro.

b) Outra presentada tamén polo Sr. P. C. versa sobre o feito de que no

punto 22 da orde do día dicíase incorrectamente que o Prof. Barro

Ameneiro tiña firmado o Contrato 052 como presidente da Red

Emprendia cando o fixo un dos conselleiros.

Ámbalas dúas obxeccións foron aceptadas e procedeuse a aprobar a acta por asentimento.

Page 3: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

3

2) Informe do Sr. reitor

Por unha banda, o reitor informa da publicación do Real Decreto 43/2015, de 2 de

febrero, por el que se modifica el Real Decreto 1393/2007, de 29 de octubre, por el

que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales, y el Real

Decreto 99/2011, de 28 de enero, por el que se regulan las enseñanzas oficiales de

doctorado; e do acordo da CRUE para introducir unha moratoria na súa

implantación.

Pregunta o Prof. G. S. se o reitor pode engadir algunha información máis

detallada no relativo á posición discrepante dalgúns reitores na reunión da CRUE.

Responde o reitor que ningunha universidade amosou a vontade de non

considerarse vinculada polo acordo, salvo a Camilo José Cela. E a Universidade

Pompeu Fabra anunciou o seu desexo de impartir os graos de tres anos.

Pola outra banda, o reitor explica que se está a celebrar o proceso electoral

para a selección dos representantes dos directores de departamentos, de

institutos, escolas de doutoramento e outras estruturas de investigación, no

Consello de Goberno, indicando que diso daría conta a secretaria xeral no punto

seguinte.

3) Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral

O vicerreitor de organización académica e PDI salientou que, despois da resolución

da Consellería de Facenda e da Secretaría Xeral de Universidades na que se

impedía o emprego dun contrato de interino de substitución por vacante, a Xunta

estaba coa vontade de retomalo de novo. Tamén se discutía sobre la dotación dun

15% das prazas para a estabilización dos beneficiarios do Programa Ramón y Cajal,

en particular sobre a natureza do vínculo xurídico para tal estabilización

(funcionario ou laboral) ou se cumpría estendela aos procedentes do Programa

Parga Pondal.

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa informa, en primeiro

lugar, da xuntanza do 29 xaneiro 2015 na Secretaría Xeral de Universidades

referida ao plan de viabilidade dos graos que non acadaron o número mínimo de

alumnos e que na nosa Universidade é de 4 no campus de Santiago de Compostela

e de 5 no de Lugo. O prazo para procurar unha solución amplíase ao 30 de abril.

En segundo termo, trata tamén da revisión dos másters que non tiveron o

número mínimo de estudantes que, na nosa Universidade, foron quince.

E, por último, recorda que se abriu unha convocatoria adiantada de

doutoramento para os alumnos non procedentes do Espazo Europeo de Educación

Superior.

O Prof. L. D. inquire sobre o significado da data do 30 de abril, ao que o

vicerreitor respóndelle que é para presentar un plan de estabilidade dos graos que

Page 4: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

4

non acadaron o mínimo de estudantes os cales, de ser aceptados pola Xunta,

facilitarán que os devanditos graos pasen un novo proceso de acreditación.

A continuación pregunta a Profa. R. H. se o adianto da convocatoria dos

estudos de doutoramento o é da matrícula ou da admisión. Respóndeselle que do

segundo.

O xerente comenta na súa quenda de informes que se emitiron dúas

instrucións. Unha delas versa sobre o procedemento para incorporar na

Universidade o sistema electrónico de facturas, do que son excluídos os

provedores non residentes en España. A outra trata da reincorporación de

remanentes intentando preservar os dos grupos investigadores. A instrución parte

da distinción entre os remanentes que de xeito necesario se teñen que incorporar,

daquelas outras que se acumulan no transcurso dos anos.

Deseguido iníciase un debate entre o xerente e o Prof. L. D. que xira en torno

a necesidade de transmitir coa maior claridade, especialmente aos directores dos

centros de gasto, a dinámica de incorporación dos remanentes dentro dos criterios

de execución do exercicio orzamentario.

Pregunta a Profa. R. G. sobre o destino dos remanentes dos títulos propios

da Universidade e o xerente acláralle que son recursos específicos que deberán ser

reincorporados.

Remata o xerente anunciando o ingreso ao persoal da Universidade e na

nómina de febreiro dunha parte das retribucións correspondentes á paga

extraordinaria de decembro de 2012, pois a Xunta ten consignado o seu importe

no día de celebración do presente Consello de Goberno.

O Sr. M. L. pon en dúbida a idoneidade da decisión doutras administracións,

como a da Xunta ou das Universidades de A Coruña e Vigo, de ter pagado xa esas

retribucións, ao tempo que reclama cursar a información da cuestión a través das

representacións legais dos funcionarios e dos traballadores da nosa Universidade.

O Sr. G. F. pregunta se a devolución é o 100% como en Vigo.

O xerente conclúe indicando que será a cantidade prevista no orzamento da

Xunta.

Na quenda do vicerreitor de internacionalización, informa do incremento da

mobilidade do 25% e da saída a concurso dúas bolsas de colaboración do Servizo

de Relacións Exteriores.

A secretaria xeral inicia o seu informe citando os membros do Consello de

Goberno que cesan na súa condición pola incorporación dos novos decanos.

Trátase dos Profs. Ares Fernández, Gigirey Prieto e Monterroso Montero. A todos

eles o reitor agradécelles os servizos prestados.

Engade a secretaria xeral outros nomeamentos que recaeron en:

- O Prof. D. Juan Jesús Gestal Otero, como decano da Facultade

de Medicina e Odontoloxía, renovando o mandato.

- O Prof. D. Marcelino Agís Villaverde, como director do

departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, cesando no

Page 5: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

5

seu cargo o Prof. D. José Manuel Rodríguez Rial que rematou o

seu mandato.

- A Profa. Dna. Josefa Salgado Carballo, como directora do

Departamento de Física Aplicada, cesando no seu cargo o Prof.

D. Jorge Mira Pérez, que rematou o seu mandato.

Tamén é a ocasión de lamentar con fonda dor o pasamento do Prof. D.

Santiago Buide Díaz do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade,

que impartía clases na Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

Continúa a secretaria xeral co seu informe sobre un tema que o Prof. M. M.

tiña adiantado no punto relativo á probación da acta e que se traslada a esta sede

en aras dunha maior claridade e unidade do documento. Naquel punto, o citado

profesor denunciou a brevidade coa que se tiña recollido na acta o punto sete da

orde do día da reunión do Consello de Goberno do 17 de decembro de 2014,

referido a “Aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime Interno do

Consello de Goberno”. Engade que a discusión abarcara o procedemento de

elección dos directores de departamento para ser membros do Consello de

Goberno, que todo iso se reflectira no Regulamento de Réxime interno de dito

órgano e que pola tardanza na súa publicación no Taboleiro non estaba aínda

vixente no momento da convocatoria do proceso electoral. A consecuencia foi a

inseguridade xurídica derivada da substitución da aplicación dos artigos 57 e 58

do Regulamento Electoral Xeral por un acordo da Comisión Electoral Central.

A secretaria xeral argumenta que os artigos 57 e 58 do Regulamento

Electoral Xeral se encontran derrogados polo artigo 79 dos Estatutos da

Universidade no que se establece unha representación de cinco directores de

departamento (un por cada unha das grandes áreas de coñecemento) no lugar de

sete, que era o número sobre o que pivotaba o procedemento electoral do citado

Regulamento Electoral Xeral. Coñecendo esta incidencia, a Comisión Electoral

Xeral, reunida o 13 de xaneiro de 2015, acordou introducir unhas normas mínimas,

contidas na convocatoria do procedemento electoral, para suplir a lagoa legal.

Unha de esas normas establecía que cada elector votase a un único candidato. A

razón é a seguinte: antes ao ser sete o número de representantes, era lóxico que

fosen elixidos máis representantes dalgunhas grandes áreas que doutras e polo

tanto cada elector podería votar a máis dun candidato, pertencente a súa ou a

outras áreas de coñecemento. Cos Estatutos vixentes a situación cambia, pois

cóntase con cinco representantes dos directores de departamento e con cinco

áreas de coñecemento, o que significa que non é necesario votar a máis dun

candidato e/ou a candidatos doutras áreas dado que todas elas teñen garantido un

único representante no Consello de Goberno.

Avanza o Prof. L. D. que o Regulamento de Réxime Interno do Consello de

Goberno tardou en ser publicado ata o 30 de xaneiro e que, mudando o tema,

tamén podería ser admitido que o electores do procedemento electoral que se está

Page 6: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

6

a celebrar votarán a máis dun candidato sendo escollido por cada gran área de

coñecemento o que obtivese máis votos.

Responde a secretaria xeral que a Comisión Electoral Central optou por

outra interpretación xurídica diferente pero sen dúbida conforme a dereito, ao que

o Prof. L. D. asente, e explica que o retraso na publicación do Regulamento

obedeceu a diversas razóns, entre elas as vacación de Nadal e as dificultades da

corrección lingüística do mesmo.

O Prof. G. S. afirma que é fácil “cargar o morto” ao Servizo de Normalización

Lingüística, o que supón un “escaqueo” da responsabilidade.

Intervén o reitor pregando que non se faga cuestión do Servizo de

Normalización Lingüística.

A secretaria xeral diríxese expresamente ao Prof. G. S. sinalando que non

abdica, polo de agora, das súas responsabilidades e, por esa razón, é consciente de

que a primeira e última responsable da cuestión é ela mesma.

A Profa. R. G. pregunta o motivo de non retrasar un mes a celebración das

eleccións.

Engade o reitor a urxente necesidade de completar a composición do

Consello de Goberno para por en funcionamento as súas comisións delegadas.

A Profa. R. H. puntualiza que o único que non da seguridade xurídica é

convocar un procedemento electoral se o regulamento non está publicado.

A secretaria xeral responde que o Regulamento de cuxa tardía publicación

se fala non é o Regulamento Electoral Xeral, senón o Regulamento de Réxime

Interno do Consello de Goberno que non regula os procedementos electorais.

Conclúe o Prof. G. S. dicindo que na páxina web aínda continúa colgado o

derrogado Regulamento do Consello de Goberno.

4) Prazas de PDI: Integracións de profesores/as TEU ao corpo de

profesor/a titular de universidade

Indica a secretaria xeral que ante a falta de comisións delegadas do Consello de

Goberno, intervén este órgano colexiado no que reside a competencia para

resolver as cuestións a tratar nos puntos catro a nove.

Explica o vicerreitor de organización académica e PDI que se trata de tres

prazas, dous no campus de Lugo e unha no de Santiago, de integración de

profesores titulares de escola universitaria en profesores titulares de universidade.

Todas elas teñen sido aprobadas pola Mesa Sindical, na súa reunión do 16 de

xaneiro de 2015, e supoñen unha diferenza total de retribución de

aproximadamente once mil euros.

O Consello de Goberno as aproba por asentimento.

Page 7: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

7

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento tres prazas de profesores titulares de universidade resultantes da integración de outras tantas prazas de profesores titulares de escola universitaria.

5) Complementos retributivos autonómicos (2014)

Trátase de coñecer a relación de profesores que foron avaliados positivamente

pola ACSUG para o recoñecemento dos complementos que se relacionan:

- Excelencia curricular docente e investigadora (2014), 312

profesores

- Labor docente e labor investigador (2014), 26 profesores

- Cargos de Xestión (2014), 91 profesores

Estes complementos percíbense dende o 1 de xaneiro de 2014.

O Consello de Goberno aproba por asentimento a proposta de recoñecemento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de recoñecemento dos complementos autonómicos por excelencia curricular, labor docente e labor investigador e por xestión do profesorado, correspondentes á convocatoria de 2014.

6) Avaliación da actividade investigadora de PDI contratado (recursos)

Trátase da aprobación da proposta de recoñecemento a efectos económicos do

complemento de actividade investigadora (sexenios) do profesorado con vínculo

contractual laboral. Atinxe a catro profesores, tres dos cales o obteñen tras gañar o

recurso administrativo interposto ante a Comisión Nacional Evaluadora de la

Actividad Investigadora; e outro de xeito directo.

O Consello de Goberno apróbaos por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de recoñecemento de tramos do complemento de actividade investigadora do profesorado contratado.

Page 8: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

8

7) Modificación da Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para

efectos internos na USC

O vicerreitor de organización académica e PDI explica que o documento

“Normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para

efectos internos da USC” acadou o consenso da Mesa Sindical, e destaca o seu

punto 4 referido á prelación dos profesores acreditados.

O Prof. G. S., despois de agradecer que se mellorase a redacción para facer o

texto máis lexible, incide no tratamento pexorativo dos axudantes doutores, os

Ramón Y Cajal e os Parga Pondal.

A Profa. R. H. entende que a norma non é moi equitativa e conta cunha

natureza extremadamente temporal pois está pensando na conxuntura actual, cuns

funcionarios interesados no recoñecemento da súa promoción profesional e cunha

bolsa de profesores en situación laboral precaria.

Pregunta a Sra. V. C. sobre as implicacións da prelación, por exemplo, a

efectos de formar parte da xunta de entro.

O Prof. L. D. manifesta que no parágrafo cuarto do documento a redacción

non é correcta. A expresión “agás” fai que a preferencia non veña determinada por

ser máis antigo. Tamén pregunta sobre a razón pola cal non son mencionadas

figuras que xa desapareceron.

O vicerreitor de organización académica e PDI explica que non é fácil dar

unha resposta unívoca porque hai procesos nos que a a antigüidade se computará

de xeito total mentres que noutros de forma relativa no ámbito da categoría

profesional.

O Prof. L. D. replica, entón, que esa é a razón pola que resulta imprescindible

a exclusión de figuras que xa non existen e que tampouco alteran a orde da

prelación, ao fin e ao cabo cada persoa conta no seu propio expediente co rexistro

das categorías profesionais que ostentou. Ao fío do tema, propón reemprazar a

actual redacción do punto catro pola seguinte: “Todos os membros de cada grupo

teñen a mesma prelación, agás o profesorado que estea en posesión de ...”

O reitor engade un pequeno matiz á redacción proposta polo Prof. L. D. para

que quede como se indica: “Todos os membros de cada grupo e subapartado teñen

a mesma prelación, agás o profesorado que estea en posesión de ...”

O Consello de Goberno procede por asentimento á aprobación da normativa

citada e nos termos indicados.

Page 9: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

9

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a “Normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para efectos internos da USC”, baixo a condición de substituír a redacción do inicio do punto catro pola seguinte: “Todos os membros de cada grupo e subapartado teñen a mesma prelación, agás o profesorado que estea en posesión de ...”

8) Planificación de actuación en materia de PDI no ano 2015

Parte o vicerreitor de organización académica e PDI de que a planificación de

actuacións en materia de PDI debe combinar tres elementos diferentes, a saber:

a) A taxa de reposición que para este ano 2015 é do 50%.

b) A obriga legal de dedicar un 15% das prazas ofertadas á

estabilización de beneficiarios do Programa Ramón y Cajal.

c) A limitación orzamentaria.

(Ás 12.30 h, abandona o Salón Reitoral o reitor que é substituído na

presidencia do Consello de Goberno pola vicerreitora de investigación.)

Continua o vicerreitor explicando que son presentadas as seguintes prazas

en prol da estabilización do profesorado:

- 9 de axudantes doutores. Como aínda non é posible utilizar a

interinidade de substitución por vacante, a praza de axudante

doutor para estabilizar a 2 Ramón y Cajal e a 7 Parga Pondal

ten como vantaxes que non consome taxa de reposición e que

o seu custo é equivalente ao de interinidade de substitución

por vacante.

- 23 de profesor contratado doutor, que si consumen taxa de

reposición, distribuídas a razón de: a) 7 para os profesores

axudantes doutores que rematan contrato en 2014; b) 12

consolidacións de interinos de substitución por vacante; e c) 4

consolidacións de interinos de substitución por vacante

procedentes do Programa Ramón yCajal, e dicir, o 15% esixido

por lei de reserva do total das prazas ofertadas pola

Universidade de Santiago de Compostela no 2015.

O vicerreitor engade que a proposta descrita foi presentada á Mesa Sindical

e contou co apoio de dous dos catro sindicatos que a integran; aínda que tres

estaban por consumir a taxa de reposición e todos eles pola convocatoria das 7

prazas de profesor contratado doutor para os axudantes doutores que remataron

contrato en 2014.

(Ás 12.50 h incorpórase o reitor na presidencia do Consello de Goberno.)

Page 10: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

10

A continuación comeza un debate no que a Sra. V. C. pregunta se a

negociación vai seguir. A resposta do vicerreitor é afirmativa, aclarando que a

vontade é traer ao Consello de Goberno unha proposta global.

O Prof. L. D. pregúntase:

- Cal é o tipo de proposta que se eleva ao Consello de Goberno,

pois a documentación achegada refírese a 9 prazas e non a

outras 23 máis.

- Se a Xunta de Galicia estará en situación de asumir esta

proposta.

- Cal é a lóxica de dotar orzamentariamente unha praza de

promoción e de non facelo cunha praza de interino de

substitución de contratado doutor.

O vicerreitor explica que o motivo da tardía achega de documentación

obedece a que a celebración dunha reunión coa Xunta de Galicia co fin, entre

outros, de dirimir se cabería o emprego de contratos de interinidade por

substitución en caso de vacante, retrasouse ata o 14 de xaneiro e, só a partir desa

data, se convocou a Mesa Sindical.

Precisa grosso modo o xerente a dificultade orzamentaria de dotar unha

praza de promoción, pois o esforzo xustamente en termos orzamentarios devén

considerable. No momento de saída a concurso da praza de promoción, precísase

ter a consignación orzamentaria tanto de esta como da praza de orixe ou praza

real.

Afirma o Prof. L. D. que nas Administracións dotan as prazas polo custo

estimado e non polo custo consolidado, pero o xerente puntualiza que tal e como

se recolle no Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, a Universidade ten que

asegurar o valor consolidado da praza.

A Profa. N. A. solicita a venia para a lectura dun manifesto da Plataforma de

Acreditados e, tras serlle concedido, procede. O asunto do que trata é unha

reclamación dos dereitos deste colectivo a promoverse profesionalmente, polo

tanto, á concesión de prazas de catedrático.

Ao fío do anterior, pregunta o Prof. L. D. sobre o tema, sendo a resposta do

reitor resumidamente a seguinte:

- Ninguén ten sido excluído da planificación do PDI.

- O tema dos acreditados foi tratado nunha reunión coa

Secretaría Xeral de Universidades, a citada Plataforma e a

propia Universidade, da cal saíu a decisión de propor unha

oferta de estabilización e non de promoción.

Page 11: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

11

- Esta oferta pasa por sacar unha ducia de prazas de

estabilización fronte ao custe dunha única praza de

promoción.

- En vindeiros exercicios poderá mudar a situación pois o

compromiso de estabilización para o seguinte ano afectará a só

3 persoas.

A Profa. R. H. explica que se congratula do esforzo para concentrar todos os

recursos na estabilización do profesorado e non na súa promoción, e pregunta:

- Se as 23 prazas de profesor contratado doutor non o son de

profesor titular con fin de evitar problemas de preferencias

con outros contratados doutores máis antigos.

- Cales poden ser os criterios para ordenar doce prazas de

contratado doutor que non contan aínda co acordo dos

sindicatos.

Remata a súa intervención pedindo a fixación duns criterios estables e de

coñecemento público sobre a concesión de prazas e propoñendo que sexa o

Consello de Goberno a estancia encargada de valorar prima facie estas cuestións.

O vicerreitor responde que cómpre ter en conta a existencia dunha bolsa de

interinos de substitución por vacante, dos que algún xa está acreditado como

profesor titular; e, tamén, de investigadores que poderían chegar antes a ser

titulares que un contratado doutor. Esta panoplia de posibilidades aconsella a non

provisión de prazas de funcionarios.

Inquire a Profa. C. M. sobre o destino das 11 prazas, a descontar das 23 que

consumen taxa, que contan co respaldo da Mesa Sindical.

O vicerreitor di que 7 son para os profesores axudantes doutores que

rematan contrato en 2014; e 4 para as consolidacións de interinos de substitución

por vacante procedentes do Programa Ramón y Cajal.

Finalizado o debate, é solicitada votación a man alzada polo Prof. L. D. Os

termos da mesma son:

a) Por unha banda, a creación de 9 prazas de axudantes doutores en

prol da estabilización de investigadores procedentes dos

Programas Ramón y Cajal e Parga Pondal cuxos contratos xa

remataron. Acórdase por unanimidade.

b) E, pola outra, a creación de 23 prazas, a decidir no mesmo

Consello de Goberno e previa negociación sindical, para a

estabilización dos profesores interinos de substitución por

vacante ou para os axudantes doutores que remataran os seus

contratos. Acórdase por:

Page 12: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

12

28 votos a favor

6 abstencións

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por unanimidade a creación de 9 prazas de axudantes doutores en prol da estabilización de investigadores procedentes dos Programas Ramón y Cajal e Parga Pondal cuxos contratos xa remataron.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou con 28 votos a favor e 6 abstencións a creación de 23 prazas, que se decidirán no mesmo Consello de Goberno e previa negociación sindical, para a estabilización dos profesores interinos de substitución por vacante o para os axudantes doutores que remataran os seus contratos

Suspéndese a sesión as 13.55 h e retómase as 16.45.h. Desculpa a súa ausencia a

Profa. N. A. que alega un compromiso docente.

9) Acordo sobre proposta de adscrición funcional de materias a áreas de

coñecemento convocatoria 2015-16

O vicerreitor de organización académica e PDI explica que a proposta de adscrición

funcional de materias a áreas de coñecemento afecta, por unha parte, a titulacións

que incorporan materias por modificación do plano de estudos, sendo o caso do

Máster Universitario en Investigación Biomédica e o Máster Universitario en

Desenvolvemento Económico e Innovación; e, por outra, ás novas titulacións

seguintes:

- Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas

- Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

- Máster Universitario en Biotecnoloxía

- Máster Universitario en Investigación Química e Química

Industrial

- Máster Universitario en Física

- Máster Universitario en Psicoxerontoloxía

O Prof. L. D. pregunta a razón pola cal a materia “Lexislación agroalimentaria”

do Máster en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria ten un nivel de afinidade 1 con

Dereito e 3 con Económicas.

O vicerreitor de coordinación do campus de Lugo explica que constitúe unha

sorte de tradición na Escola Politécnica a atribución do máximo nivel de afinidade

Page 13: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

13

a aquelas áreas que veñen encargándose do encargo docente. Puntualiza o director

da Escola, Prof. Cuesta García, que nin o Departamento de Dereito Común, nin a

Área de Dereito Civil, opuxéronse a esta adscrición.

O Prof. L. D., tras escoitar a pregunta do reitor sobre se desexaba facer unha

proposta ao respecto, responde que non parece pertinente ao descoñecer a

vontade da Área, pero pide que conste en acta a súa desconformidade co modo de

atribuír os niveis de afinidade segundo se explicaron neste caso.

Apróbase por asentimento a proposta de adscrición funcional de materias a

áreas coa caución formulada polo Prof. L. D.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de adscrición funcional de materias a áreas de coñecemento para o curso 2015-16 correspondente as titulacións seguintes: 1) Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; 2) Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; 3) Máster Universitario en Biotecnoloxía; 4) Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial; 5) Máster Universitario en Física; 6) Máster Universitario en Psicoxerontoloxía; 7) Máster Universitario en Investigación Biomédica; e 8) Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación. O Consello de Goberno non considera adecuado o procedemento de adscrición da materia “Lexislación agroalimentaria” do Máster en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.

10) Proposta inicial de límite de prazas en másters universitarios

para o curso 2015-16

Intervén o vicerreitor de comunicación e coordinación no lugar do vicerreitor de

oferta docente e innovación educativa ausente temporalmente por motivos

persoais. Explica o primeiro que na documentación adxunta non figuran tódolos

másters dado que algúns están en proceso de verificación. Solicita a delegación no

vicerreitor responsable de competencia para adoptar decisións executivas con fin

de adaptar o número de prazas as necesidades dos títulos unha vez foran

ofertados. E pide a aprobación dos criterios que figuran en a citada documentación.

O Consello de Goberno apróbao por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta inicial de límite de prazas nos másters universitarios para o curso 2015-2016.

Page 14: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

14

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento delegar no vicerreitor de oferta docente e innovación educativa a adopción de decisións executivas para adaptar o número de prazas as necesidades dos títulos, unha vez foran ofertados.

11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de

doutoramento para o curso 2015-16

De novo intervén o vicerreitor de comunicación e coordinación, quen precisa que a

diferenza principal coa proposta de cursos anteriores estriba no establecemento

nos programas de doutoramento dunha cota de reserva do 20% dos postos para os

alumnos de fora do Espazo Europeo de Educación Superior.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta inicial do límite de prazas nos programas de doutoramento para o curso 2015-2106, no que figura unha cota de reserva do 20% dos postos para os alumnos de fora do Espazo Europeo de Educación Superior.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento delegar no vicerreitor de oferta docente e innovación educativa a adopción de decisións executivas para adaptar o número de prazas as necesidades dos programas de doutoramento, unha vez foran ofertados.

12) Calendario e criterios para modificación/verificación de

titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017

O vicerreitor de comunicación e coordinación precisa que o calendario e os

criterios que se presentan para a aprobación veñen avalados pola Comisión de

Titulacións e Programas de Estudo, tras a súa reunión do 28 de xaneiro do ano en

curso. Mentres que o reitor matiza que todo el foi acordado coa Consellería.

Toma a palabra a Profa. R. H. que advirte sobre unha incongruencia no

documento titulado “Criterios para a presentación de novas propostas de

titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017”, xa que se xoga sobre a

condición do propoñente que as veces parece ser a dirección da facultade ou da

escola, consonte o artigo 51 dos Estatutos da Universidade, e noutras non. A citada

profesora considera que so os centros a través do seu órgano colexiado, a xunta,

poderían elevar estas propostas.

Page 15: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

15

O reitor alega que non era a súa vontade eliminar a capacidade de proposta

dos grupos, ao tempo que os Profs. L. D. e R. H. postulan que sexa necesario o

acordo da xunta do centro ou da facultade.

Finalmente acordase que o documento manteña a súa redacción en todo

aquilo que non contrarie aos Estatutos da Universidade, en particular ao seu artigo

51, e dicir, que a proposta teña diferente orixe pero que sexa aprobada pola xunta

do centro.

O Prof. G. S. pide ao reitor que suspenda ad cautelam as propostas que non

veñan avaladas polo procedemento descrito, e esta petición é aceptada.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar o calendario e os criterios para a modificación/verificación de titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento esixir que as propostas de novas titulacións conten co informe favorable das xuntas das respectivas escolas ou facultades.

13) Calendario e criterios para modificación/verificación de

programas de doutoramento para o curso 2016-17

O vicerreitor de comunicación e coordinación precisa que o calendario e os

criterios que se presentan para a aprobación foron avalados pola Comisión de

Doutoramento.

O Sr. A. S. cualifica de necesario a modificación do penúltimo paragrafo do

documento “Criterios para a presentación de novas propostas de titulacións de

doutoramento para o cursos 2016/2017”. O citado parágrafo di literalmente: “

Todas as propostas deberán tramitarse consonte o establecido no Regulamento de

estudos de doutoramento da USC aprobado polo Consello de Goberno do 25 de

xuño de 2012”. Isto supón unha contradición co disposto no parágrafo anterior e

convén entón substituír a súa redacción pola seguinte: “ Todas as propostas

deberán tramitarse consonte o disposto no presente acordo e no resto da

normativa vixente”.

Page 16: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

16

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar o calendario e os criterios dos programas de doutoramento para o curso 2016-17.

ACORDO

O Consello de Goberno acordo por asentimento a modificación do penúltimo parágrafo do documento titulado “Criterios para a presentación de novas propostas de titulacións de doutoramento para o cursos 2016/2017” e a súa substitución polo texto seguinte: “Todas as propostas deberán tramitarse consonte o disposto no presente acordo e no resto da normativa vixente”.

14) Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de de Formación

Continua da Universidade de Santiago de Compostela

Comeza o reitor por salientar a urxente necesidade de aprobar un novo

regulamento sobre os títulos propios na Universidade de Santiago de Compostela,

unha necesidade que veu esixida así polo Consello de Goberno e, máis tarde, polo

Consello Social.

Apunta o vicerreitor de comunicación e coordinación, que a proposta

presentada ao Consello de Goberno foi elaborada conxuntamente polo Centro de

Posgrao, o Servizo de Xestión Académica, a Asesoría Xurídica e a Xerencia, e se

apoio nun dobre obxectivo: dotar dunha mellor organización a estrutura dos

títulos propios sobre créditos ECTs e incrementar a eficacia do control na súa

xestión.

Comeza unha quenda de debate que inaugura o Sr. P. C., en cuxa

intervención destacan as ideas seguintes:

1ª) A substitución da expresión “máster propio” por outra que non leve a

confusión cos títulos de másters oficiais.

2ª) A redución no número de órganos de dirección e xestión dos títulos

propios.

3ª) A precisión do módulo de cobro do profesorado da propia Universidade

e do control das horas extraordinarias.

4ª) A esixencia de que o persoal de administración e servizos encargado da

administración do título propio fose da Universidade de Santiago de Compostela e

estivera integrado nas unidades de centro sen ocasionar ningún sobrecusto.

Page 17: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

17

5ª) A necesidade de regular o pago das horas extraordinarias reais do

persoal de administración e servizos, en particular o de algúns servizos como a

conserxería.

6ª) A modificación de determinados artigos da Proposta de Regulamento,

en concreto:

a) Artigo 17.a), onde di que o orzamento debe estar en equilibrio,

engádase tamén que pode ter superávit.

b) Artigo 17.b), onde debería desaparecer a expresión “realismo”.

c) Artigo 19.3, ao tratar do 2% “do total de ingresos da matrícula”

debería figurar “do total dos ingresos do máster”.

7ª) A eliminación das atencións protocolarias como concepto de imputación

do gasto na partida orzamentaria.

O obxectivo final da intervención do Sr. P.C. é lograr a máxima integración

dos títulos propios na xestión da Universidade.

Incorpórase ao debate o Prof. G. O. o cal centra a súa intervención no que

atinxe á peculiaridade dos estudos de Odontoloxía. Subliña que estes están

pasando por un proceso de especialización carente aínda dun recoñecemento

oficial e de aí a xustificación e mesmo necesidade dos títulos propios neste ámbito.

A Profa. R. H. parte de que, ao seu ver, a formación continua debería ser

parte das tarefas cotiás e ordinarias do profesorado e que a Proposta de

Regulamento que se presenta pretende unha modificación menor do estado das

cousas. Continúa expresando as cuestións que interesaría fosen obxecto de

mellora, a saber e de xeito resumido:

a) A denominación dos títulos. Conviría empregar outra palabra

diferente da de “máster”, aínda que veña unida ao epíteto

“propio”.

b) A categoría de curso de formación continua de “experto

universitario” é incoherente, pois xusto se concede ás persoas

que non cumpren as condicións de acceso á universidade.

c) O número de cargos que poden ter algúns cursos é excesivo.

d) Non se inclúen ounon se fai referencia aos títulos propios de grao

superior como os de “Criminoloxía” e “Hostalaría”.

e) O art. 4.1 da Proposta de Regulamento esixe sete condicións para

o establecemento dun máster propio, e, deseguido, o apartado

segundo permite exceptuar a tres delas.

f) O artigo 12.2 da Proposta de Regulamento trata das

incompatibilidades no ámbito dos másters propios e non con

relación a outros cargos académicos.

Page 18: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

18

Ao carón do debate, puntualiza o Prof. L. D. que parece que se está a crear

unha actividade universitaria á marxe da propia Universidade e solicita a

aprobación das modificacións seguintes na proposta do regulamento:

a) Retirar do artigo 10.2 o adxectivo “mínimos” que acompaña á

expresión “deberes lectivos”.

b) Como o prezo público por crédito oscila na Universidade de

Santiago de Compostela entre 20 e 120 euros, reformular o artigo

18.1 cando afirma que se aprobará “o prezo público máximo por

crédito”.

c) Determinar mellor o artigo 20, apartados 3 e 4 no que ríspeta aos

orzamentos do título.

Pola súa banda, a Profa. C. M. aclara que a Facultade de Ciencias Económicas

e Empresariais é das máis antigas na impartición dos títulos propios, o cales

resultan absolutamente necesarios para a profesionalización dos estudantes. Tan é

así que algúns másters propios con sede nesa Facultade figuran na cabeza dos

rankings españois. Ao tempo recorda que se existen incompatibilidades para os

profesores de cara a docencia, tamén hai outras no eido da investigación que

deben igualmente cumprirse.

O reitor especifica que, sen menoscabar a iniciativa dos profesores para a

celebración destes títulos, do que se está a tratar é de introducir limitacións na súa

xestión económica. Responde ao Sr. P. C. quen tiña feito unha interpelación sobre a

aplicación do artigo 83.1 da Lei Orgánica de Universidades á actividade docente

dos profesores neste tipo de estudos, excluíndo tal posibilidade –o xerente

confirma esta posición. E considera necesario manter o emprego da expresión

“máster propio” polo que ten de atractivo.

O Prof. L. D. propón que máis que establecer límites a retribución nos

órganos de dirección dos másters, conviría fixar tramos aos que se lles asigna unha

determinada remuneración.

A Profa. R. H. pide que, no caso de se conservar o nome de “máster”, figure

sempre acompañado do adxectivo “propio” para evitar enganos. E engade tres

suxestións máis:

a) A corrección dos artigos 1.2 e 3.1 para que estean coordinados.

b) A substitución no artigo 2.1 do nome “Centro de Posgrao Propio”

polo correcto que é “Centro de Posgrao”.

c) A incorporación dunha disposición extravagante na que se de

conta da exclusión do ámbito do regulamento dos títulos de grao

propios en “Criminoloxía” e en “Hostalería”.

O reitor concreta que a proposta de regulamento que se somete á

aprobación do Consello de Gobernodebe conter as seguintes modificacións:

Page 19: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

19

a) A corrección dos artigos 1.2 e 3.1 para que estean coordinados,

de forma tal que a redacción quede como sigue: “os cursos

propios deben revestir a forma de máster propio ou de curso de

especialización”.

b) A substitución no artigo 2.1 do nome “Centro de Posgrao Propio”

polo correcto que é “Centro de Posgrao”.

c) O emprego da expresión “máster propio”.

d) O emprego da denominación “curso de experto” en lugar de

“curso de experto universitario”, no artigo 6.3.c).

Pediuse votación que presentou o seguinte resultado:

- 20 votos a favor da proposta.

- 4 votos en contra da proposta.

- 5 abstencións.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por vinte votos a favor, catro en contra e cinco abstencións, o Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela, incorporando as correcciónsda proposta inicial que se detallan:

a) A incorporación no artigo 3.1 da redacción que se transcribe: “os cursos propios deben revestir a forma de máster propio ou de curso de especialización”.

b) A substitución no artigo 2.1 do nome “Centro de Posgrao Propio” polo de “Centro de Posgrao”.

c) O emprego da expresión “máster propio”. d) O emprego no artigo 6.3.c) da denominación “curso de experto”

en lugar de “curso de experto universitario”.

15) Aprobación dos prezos públicos e retribución por docencia para cursos

de posgrao propio e formación continua para o curso 2015-2016

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa enuncia a proposta

para o coñecemento polo Consello de Goberno, proposta que se sustancia en:

a) Un máximo de 100 euros por crédito

b) Un máximo de 120 euros por hora como retribución do

profesorado

c) Un máximo de retribución total anual por curso e profesor de

7.000 euros.

Page 20: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

20

Na quenda de debates, a Profa. R. H. demanda a fixación dun prezo mínimo,

mentres que a Profa. V. R. inquire sobre o destino dos remanentes.

Puntualiza o reitor que non existe razón para o medo e para tratar de xeito

diferente os remanentes procedentes destes cursos de outro tipo de remanentes. O

control que a Xerencia propón en torno a esta cuestión limítase aos remanentes

acumulados no transcurso do tempo e que non responden ás necesidades reais da

actividade para a que existiu unha dotación orzamentaria.

Engade o vicerreitor que se se suceden as edicións dun curso non se

apreciará problema algún cos remanentes; xusto o contrario do que pasará se o

curso deixa de ofertarse.

Propón o Sr. P. C. reducir os importes da proposta do vicerreitor e fixar

tamén un prezo mínimo. Deste xeito, o prezo da hora de docencia por profesor

acadaría como máximo os 40 euros, e o total de retribución anual por curso e

profesor non pasaría dos 3.200 euros.

Fronte a isto, o reitor formula a proposta do equipo nos termos seguintes:

a) Prezo mínimo por crédito= 20 euros

b) Prezo máximo por crédito= 100 euros

c) Retribución máxima por hora de docencia= 120 euros

d) Retribución máxima anual por profesor e curso: 7.000 euros

Por indicación do Sr. P. C. procédese á votación desta proposta e, no caso de

non prosperar, daría lugar ao sometemento da súa propia proposta xa avanzada

neste texto.

O reitor mostra o seu acordo e o resultado da votación é:

- 20 votos a favor da proposta.

- 4 votos en contra da proposta.

- 6 abstencións.Deste modo, a proposta resultou aprobada.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 20 votos a favor, 4 en contra e 6 abstencións, os prezos públicos da matrícula así como a retribución por docencia nos cursos de posgrao propios e formación continúa para o curso 2015-201 nos termos que se detallan: - Prezo mínimo por crédito: 20 euros - Prezo máximo por crédito: 100 euros - Retribución máxima por hora de docencia, dirección ou coordinación: 120 euros - Retribución máxima por profesor e curso académico: 7.000 euros

Page 21: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

21

16) Recoñecemento da lingua de signos como créditos do artigo 12.8 do

Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación

das ensinanzas universitarias oficiais

A secretaria xeral informa de que no acordo do Consello de Goberno do 31 de

outubro de 2013 aprobáronse as actividades solidarias e de cooperación e os

cursos de lingua dos estudantes que merecían ter un recoñecemento en créditos.

Desgraciadamente non se incorporou a lingua de signos, razón pola cal solicitábase

do Consello de Goberno a modificación de dito acordo do 31 de outubro de 2013 co

fin de dar acollida a esta pretensión encaixándoa nun novo tipo de actividade

diferente dos dous existentes.

O Prof. M. M. precisa que a lingua de signos é oficial no Estado español e,

polo tanto, non ve a razón de incorporala nun tipo de actividade diferente da que

se refire ao resto das linguas.

A secretaria xeral responde que a razón é de carácter académico. Dado que

todos os estudantes deben obter durante o grao o B1 dunha lingua estranxeira,

tense de evitar que esta sexa a de signos pois se organiza sobre unha lingua previa,

o castelán, o galego, etc. Deste xeito, estase a impedir que teña a consideración de

lingua estranxeira o B1 da lingua de signos.

O Prof. G. S. e a Profa. L. C. se preguntan se este recoñecemento terá efectos

retroactivos, pois a proposta de acordo que se fixo chegar ao Consello de Goberno

afirma que “aplicarase a todas as solicitudes de recoñecemento que se presenten

dende o curso 2014/2015”. A secretaria xeral responde que abarca todas as

solicitudes presentadas dende o 1 de setembro de 2014, data de comezo do actual

curso académico. Os dous profesores citados pregan que se mude a redacción

inicial da proposta de acordo para que se incorpore nela o termo exacto, o que é

aceptado.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a modificación do acordo do Consello de Goberno de 31 de outubro de 2013 de xeito que se recoñeza as competencias acadas polas/os alumnas/os que realicen estudos ou acrediten competencias da lingua de signos para a obtención do título de grao. Este recoñecemento será de aplicación as solicitudes presentadas dende o 1 de setembro de 2014.

Page 22: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

22

17)Revisión da política de prevención de riscos laborais

18) Revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais

O xerente propón tratar os dous asuntos da orde do día de xeito conxunto é así se

acepta. Por unha banda, trátase da ratificación da política de prevención de riscos

laborais levada a termo nesta Universidade. E, pola outra, da revisión do Plan de

Prevención de Riscos Laborais, sobre cuxa aprobación, a súa importancia e a súa

novidade informou o Sr. M. L.

Por asentimento apróbase a ratificación do Plan.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Santiago de Compostela e a ratificación da política de prevención de riscos laborais.

19) Aprobación do Plan estratéxico do Campus Terra

O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo informa que en agosto de 2013

asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para

elaborar o Plan estratéxico do Campus Terra (Lugo) e o programa de necesidades

funcionais . O 1 de abril de 2014 o Plan estratéxico do Campus Terra foi remitido

dende á USC á Secretaría Xeral de Universidades (SXU) da Xunta de Galicia. O día

11 de xullo de 2014 recibiuse na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo

o informe da SXU en relación ao plan estratéxico presentado. En dito informe

facíanse unha serie de consideracións que obrigaban a realizar modificacións no

plan elaborado para continuar coa súa tramitación administrativa. Tras dúas

reunións coa SXU para concretar o alcance e o procedemento para realizar a

revisión que atendera as consideracións indicadas no informe, sométese á

consideración do Consello de Goberno a aprobación do Plan estratéxico do Campus

Terra, unha vez introducidas ás modificacións suxeridas. As modificacións

introducidas puideron ser consultadas polos membros do CG na documentación

posta a súa disposición no repositorio, onde figuran os cinco apartados do plan

estratéxico revisados.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Plan estratéxico do Campus Terra, unha vez introducidas ás modificacións suxeridas pola Secretaria xeral de Universidades.

Page 23: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

23

20) Aprobación, se procede, dos sistemas de garantía interna de calidade dos

centros

Informa o vicerreitor de comunicación e coordinación sobre a modificación do

Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade dos centros

seguintes:

- Escola Politécnica Superior

- Escola Técnica Superior de Enxeñaría

- Escola Universitaria de Enfermaría

- Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias

- Facultade de Farmacia

- Facultade de Filoloxía

- Facultade de Matemáticas

- Facultade de Química

- Facultade de Formación do Profesorado

- Facultade de Relacións Laborais

- Facultade de Veterinaria

- Facultade de Psicoloxía

- Facultade de Óptica e Optometría

Así mesmo, continuou a información sobre o Manual de Procesos e

Procedementos da Facultade de Formación do Profesorado.

Tras isto, o vicerreitor solicita a aprobación destes manuais ao Consello de

Goberno que o fai por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade relativo a: Escola Politécnica Superior; Escola Técnica Superior de Enxeñaría; Escola Universitaria de Enfermaría; Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias; Facultade de Farmacia; Facultade de Filoloxía; Facultade de Matemáticas; Facultade de Química; Facultade de Formación do Profesorado; Facultade de Relacións Laborais; Facultade de Veterinaria; Facultade de Psicoloxía; e Facultade de Óptica e Optometría.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento oManual de Procesos e Procedementos da Facultade de Formación do Profesorado.

Page 24: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

24

21) Proposta de membros do Consello Científico do CEA

Recordando o artigo oitavo do Regulamento do Centro de Estudos Avanzados-Casa

de Europa, o reitor reitera o nomeamento como director de dito centro do Prof.

Fernando Cabo Aseguinolaza e, comunica o do próximo en exercer tales funcións, o

Prof. Francisco Fernández Rivera.

Do mesmo xeito, informa do nomeamento dos membros do Consello

Científico, segundo o disposto no o artigo sétimo do Regulamento, que son os

profesores:

- Dna. María Isabel Quiroga Berdeal, pola Área de Ciencias da

Saúde

- D. José Luis Mascareñas Cid, pola Área de Ciencias

- D. José Rivas Rey, pola Área de Ciencias

- D. Manuel Guaita Fernández, pola Área de Enxeñaría e

Arquitectura

- Dna. Amelia González Méndez, pola Área de Ciencias Sociais e

Xurídicas

- Dna. Teresa Fanego Lema, pola Área de Artes e Humanidades

Conclúese o punto coa indicación dos membros do Consello Científico que

cesan e que de seguido se relacionan:

- Dna. Mª Isabel Loza García, pola Área de Ciencias da Saúde

- D. José Sergio Casas Fernández, pola Área de Ciencias

- Dna. Rosa Mª Calvo de Anta, pola Área de Ciencias

- D. Alfredo Bermúdez de Castro López Varela, pola Área de

Ciencias

- Dna. Mª del Mar Lorenzo Moledo, pola Área de Ciencias Sociais e

Xurídicas

- Dna. Ana Gloria Chouciño Fernández, pola Área de Artes e

Humanidades

22) Memorias de cursos de posgrao propios

Preséntase a aprobación polo Consello de Goberno as memorias de cinco másters

propios correspondentes ao bienio 2012-2014; e as de dous cursos de

especialización do ano 2013-2014.

Contan con informe favorable do Centro de Posgrao as memorias dos títulos

seguintes:

- Master da Sociedade da Información e do Coñecemento

Page 25: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

25

- Master en Enxeñaría da Madeira Estrutural

- Master en Produción de Leite

- Máster en Alimentación, Saúde e Nutrición Comunitaria

- Curso de Especialización en Implantoloxía Oral

- Curso de Especialización en Ortopedia para Licenciados en

Farmacia

En cuanto á memoria do Máster Internacional Teórico-Práctico de

Endodoncia Avanzada, non contaba co informe favorable da Comisión de Posgrao,

razón pola cal o Consello de Goberno tampouco emitiu o seu informe favorable e

decidiu reclamar a intervención do Servizo de Control Interno.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento emitir informe favorable con relación as memorias correspondentes ao bienio 2012-2014 dos seguintes títulos propios: 1) Máster da Sociedade da Información e do Coñecemento; 2) Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural; 3) Máster en Produción de Leite; e 4) Máster en Alimentación, Saúde e Nutrición Comunitaria. Tamén acordou emitir informe favorable sobre as memorias correspondentes ao ano 2013-2014 do Curso de Especialización en Implantoloxía Oral e do Curso de Especialización en Ortopedia para Licenciados en Farmacia.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento informar desfavorablemente a memoria do Máster Internacional Teórico-Práctico de Endodoncia Avanzada, correspondente ao bienio 2012-2014.

23) Transferencia de tecnoloxía

Intervén a vicerreitora de investigación e presenta a proposta para a creación de

tres empresas de base tecnolóxica con posible participación da Universidade de

Santiago de Compostela. Trátase de:

- Taste Lab S.L.

- Lentimed Medical Devices, S.L.

- SITUM Technologies, S.L.

Page 26: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

26

Con relación a segunda das citadas, Lentimed Medical Devices, S.L., que

contaría cunha achega da nosa Universidade de 5.000 euros, a vicerreitora

especifica que xurde por iniciativa da propia Universidade que, tras a concesión do

premio Marcelino Botín ao grupo de investigadores que a sustentarán, viu

posibilidades de negocio.

Pola súa banda, o Sr. P. C. pon de manifesto como en Taste Lab S.L. é posible

advertir incompatibilidade dalgún dos socios coa su dedicación a tempo completo

na Universidade. Por este motivo, o dicente solicita votación separada: dun lado a

que se refire a empresa Lentimed Medical Devices, S.L.; e doutro, a de Taste Lab S.L.

A proposta de votación é aceptada e o resultado da consulta se transcribe a

continuación:

a) Votación sobre a aceptación da creación de Lentimed Medical Devices,

S.L.:

- 17 votos a favor

- 2 votos en contra

- 5 abstencións

b) Votación sobre a aceptación da creación de Taste Lab S.L.:

- 17 votos a favor

- 0 votos en contra

- 7 abstencións

Por contraposición, a proposta de creación de SITUM Technologies, S.L. é

aprobada por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 17 votos a favor, 2 en contra e 5 abstencións, a proposta de creación da empresa Lentimed Medical Devices, S.L.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 17 votos a favor e 7 abstencións, a proposta de creación da empresa Taste Lab S.L.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de creación da empresa SITUM Technologies, S.L.

Page 27: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

27

24) Regulamentos

A secretaría xeral presenta o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de

Microbioloxía e Parasitoloxía para someterlo a consideración do Consello.

Subliña o Prof. L. D. o erro que figura no artigo 4 onde se ten como membros

do Departamento ao persoal de administración e servizos.

Apreciado o mesmo e co compromiso de corrixilo, apróbase por

asentimento.

Aproveita a ocasión o Prof. M. M. para reclamar a tramitación do

regulamento do seu Departamento, que dixo leva perto de 3 anos na vía

procedimental. A secretaria xeral toma conta da queixa.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía.

25) Premios extraordinarios

Tras a lectura dos agraciados cos premios extraordinarios de licenciatura e grao

(2013-2014), máster e doctorado, a Profa. L. C. inquire sobre cando se vai dar

trámite aos da Facultade de Filoloxía. A secretaria xeral explícalle que o criterio

empregado refírese a data de entrada dos documentos na Secretaría Xeral e que

cómpre interesarse polo que aconteceu cos premios desa Facultade.

A Profa. R. H. advirte que os premios extraordinarios de doutoramento

citados foron propostos segundo o réximen xurídico xa derrogado, pois agora a

competencia da proposta reside na Escola de Doutoramento Internacional.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos seguintes premios extraordinarios de licenciatura nas persoas que se relacionan:

- Dna. Alba Aguión Tarrio (Licenciatura en Bioloxía) - Dna. Amanda Barciela López (Licenciatura en Bioloxía) - Dna. Vanesa Sesto Varela (Enxeñaría Química) - Dna. Yovanna Gómez Castro (Enxeñaría Química) - Dna. Tamara Gómez Dacoba (Licenciatura en Farmacia) - Dna. Noelia Fernández Bargiela (Licenciatura en Farmacia) - Dna. Yolanda Pérez Otero (Licenciatura en Química) - D. Valentín García Souto (Grao en Enxeñaría Agrónoma)

ACORDO

Page 28: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

28

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos seguintes premios extraordinarios de doutoramento (2011-2012) nas persoas que se relacionan:

- Dna. Nuria Castro Iglesias (Facultade de Bioloxía) - D. Amable Rivas Fontenla (Facultade de Bioloxía) - Dna. Belén Budiño Rodríguez (Facultade de Bioloxía) - Dna. Almudena López Martínez (Facultade de Bioloxía) - Dna. Laura Saavedra Lago (Facultade de Matemáticas) - D. Rubén Figueroa Sestelo (Facultade de Matemáticas) - D. Mikel Álvarez Mozos (Facultade de Matemáticas) - D. Manuel Alberto Crego Barreiro (Facultade de Psicoloxía) - Dna. Elisabeth Hermida García (Facultade de Psicoloxía) - Dna. Vanessa Moreira Trillo (Facultade de Psicoloxía) - D. Pedro Gabriel Gonçalves Pedro Moreira da Silva (Facultade de

Xeografía e Historia) - Dna. Alejandra María Feal Pérez (Facultade de Xeografía e

Historia) - D. Simón Vicente López (Facultade de Xeografía e Historia) - D. Jesús Carrete Montaña (Facultade de Física) - Dna. Natalia Hassan López (Facultade de Física) - D. Eduardo Fernández Fernández (Facultade de Física) - D. Eduardo Santiago Conde Pena (Facultade de Física) - D. Josué Elías Juárez Onofre (Facultade de Física) - Dna. Soraya Rodríguez Losada (Facultade de Dereito) - Dna. Patricia Sanmartín Sánchez (Facultade de Farmacia) - Dna. Ana Rey Rico (Facultade de Farmacia) - Dna. María Fontán Sáinz (Facultade de Farmacia) - Dna. Laura Muiño Pose (Facultade de Farmacia) - D. José Sixto García (Facultade de Ciencias da Comunicación) - D. Ian Vázquez Rowe (Escola Técnica Superior de Enxeñaría) - D. Raul Valín Ferreiro (Escola Técnica Superior de Enxeñaría)

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster en Historia Contemporánea (2013-2014) a D. Bruno Esperante Páramos.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster Universitario en Biotecnoloxía (2013-2014) a D. Oscar Dorribo Martínez.

Page 29: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

29

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster Universitario en Innovación en Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias (2013-2014) a D. Alexandre Lamas Freire.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster Universitario en investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (2013-2014) a Dna. Irene Izquierdo Berjano.

26) Asuntos económicos

O xerente toma a palabra para explicar que se conta coas tres seguintes propostas

de doazón:

- 20 implantes da marca Straumann, cun valor de 4.980 euros,

sendo propoñente Straumann e receptor a “Unidade de Pacientes

Especiais” (Facultade de Medicina e Odontoloxía).

- Colección de 5.500 minerais, cun valor simbólico 1 euro, sendo

propoñente D. Joaquín Pardo Gómez e recepto o Museo de

Historia Natural Luis Iglesias.

- Busto de bronce de Isidro Parga Pondal, cun valor de 6.304 euros,

sendo propoñente a Asociación Foro Enrique Peinador e receptor

a Universidade de Santiago de Compostela.

Engade o dicente que tamén é presentada unha cesión dun sistema de

braquiterapia de alta taxa, modelo Microselectrom (Elekta), cun valor de 21.500

euros, sendo o cedente a Consellería de Sanidade (Servizo de Oncoloxía

Radioterapia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela) e o

cesionario o “Laboratorio de Radiofísica” da nosa Universidade.

O Consello de Goberno aceptou por asentimento as doazóns e máis a cesión.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou aceptar por asentimento as doazóns de 20 implantes da marca Straumann (valor de 4.980 euros), unha colección de 5.500 minerais (valor simbólico de 1 euro), e un busto de bronce de Isidro Parga Pondal (valor de 6.304 euros).

Page 30: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

30

ACORDO

O Consello de Goberno acordou aceptar por asentimento a cesión dun sistema de braquiterapia de alta taxa (valor de 21.500 euros).

27) Convenios

O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar os convenios que figuran

no anexo a esta acta.

O Sr. P. C. interésase polo contrato 052 que atinxe a RedEmpredia e a

Universidade.

O Prof. F. R. aclara que a situación era coñecida hai catro anos cando o Prof.

Barro Ameneiro comezou a súa labor en Redemprendia, e que o convenio se

renova cada ano de xeito totalmente transparente.

Insiste o Sr. P. C. que, de todos os xeitos, a decisión adoptada ata agora non é

correcta. Engade a vicerreitora de investigación que o conxunto de actividades

desenvolvidas polo Prof. Barro Ameneiro foron aprobadas pola Comisión de

Actividades I+D.

O Sr. P. C. conclúe dicindo que non pon en dubida a honorabilidade do

citado profesor porén insta a atopar unha solución xurídica máis axeitada.

28) Asuntos de trámite

Non se rexistraron.

29)Rogos e preguntas

O Sr D. C. A. fai unha pregunta, relativa a se é certo que as bolsas reducíronse nun

20%; e un rogo, referido a que a documentación se achegue a reunión do Consello

de Goberno dunha maneira máis analizada e con tempo suficiente para que non se

repita o que aconteceu cos puntos 4 e seguintes da orde do día nos que se

coñeceron as prazas de PDI para o ano 2015-2016.

O reitor respóndelle que se intentará cumprir con iso.

A Profa. R. H. fixo unha suxestión sobre o modo de desenvolverse a lista de

agarda nas prazas para os másters e os programas de doutoramento, pois a orde a

seguir debería vir do expediente académico e non de incorporar aos estudantes

que primeiro dilixenciasen o trámite administrativo.

Page 31: RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de ... orde do día da reunión do Consello de Goberno

31

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa respóndelle que esa

decisión xa foi tomada no sentido indicado pola profesora.

A dicente continúa con outra suxestión que alude a necesidade de que a

aplicación Xescampus incorpore novas tarefas e, entre elas, a de que os estudantes

poidan instar por eles mesmos as actas relativas a traballos fin de grao e fin de

máster.

O vicerreitor de comunicación e coordinación comprométese a valorar a súa

implementación.

O Prof. G. S. chama a atención sobre o feito de que na Web a última

información sobre os acordos adoptados polo Consello de Goberno se remonta o

26 de marzo de 2014. Pregúntase, entón, se foi adoptada a decisión de non

informar máis nestes termos.

O reitor precisa que non se tomou tal decisión e comprométese a que se

actualice a Web co fin de que figuren os acordos do Consello de Goberno dende a

data indicada.

O Sr. P. C. pregunta por algún tipo de información sobre o alleamento do

edificio do Hospital de Galeras.

Afirma o reitor que se está traballando niso pero que non pode dar máis

explicacións.

En fin, o Prof. L. D. pregunta sobre o Real Decreto-ley 17/2014, de 26 de

diciembre, de medidas de sostenibilidad financiera de las comunidades autónomas y

entidades locales y otras de carácter económico. En particular, sobre o fondo para o

financiamento de débeda sen intereses para as CC.AA. e ata o 2018. O xerente

respondeu que se contactou coa Consellería de Facenda de xeito informal, que a

Xunta de Galicia non se acolleu a dito fondo e que no suposto de que se adherira

se podería facer extensible aos organismos dependentes dela.

Sen nada máis que engadir, levántase a sesión as 20.52 h, do que dou fe.

Vº e prace Reitor

Juan Manuel Viaño Rey

Secretaria Xeral

Consuelo Ferreiro Regueiro