Busca de TFGs no catálogo da biblioteca

4
1 LOCALIZACIÓN DE Traballos Fin de Grao no Catálogo da Biblioteca Para buscar soamente traballos fin de carreira pertencentes á Escola cómpre limitar a busca á Biblioteca da EUP. Busca polo autor do Traballo (o alumno/a que o realizou): Introduciremos os apelidos do alumno/a que presentou o traballo no campo AUTOR. Busca polo título do Traballo Ignorando os artigos, introduciremos o título do traballo (ou as primeiras palabras deste) no campo TÍTULO.

Transcript of Busca de TFGs no catálogo da biblioteca

Page 1: Busca de TFGs no catálogo da biblioteca

1

LOCALIZACIÓN DE Traballos Fin de Grao no Catálogo da Biblioteca

Para buscar soamente traballos fin de carreira pertencentes á Escola cómpre limitar a busca á Biblioteca da EUP.

Busca polo autor do Traballo (o alumno/a que o realizou): Introduciremos os apelidos do alumno/a que presentou o traballo no campo AUTOR.

Busca polo título do Traballo Ignorando os artigos, introduciremos o título do traballo (ou as primeiras palabras deste) no campo TÍTULO.

Page 2: Busca de TFGs no catálogo da biblioteca

2

Busca polo profesor/a que dirixiu o traballo: Introduciremos os apelidos no campo AUTOR, recuperando (1) os documentos escritos por ese profesor/a e (2) os proxectos nos que figura como titor (dir.).

Busca por palabra clave O catálogo ofrece unha ligazón específica para localizar proxectos fin de carreira mediante palabra clave (do título, materia, autor, titor…), pero debemos ter en conta que realizará a busca en todas as bibliotecas da UDC.

Page 3: Busca de TFGs no catálogo da biblioteca

3

Podemos modificar a busca para limitar os resultados á EUP, especificar unha data…

Busca pola materia (asignatura) do Traballo Debe introducirse a materia no campo COLECCIÓN para recuperar os traballos relacionados con esta (aparece no rexistro bibliográfico coma se fose unha serie).

Busca pola signatura topográfica dos traballos: Escollemos no desplegable o campo de busca “Signatura” e a introducimos da seguinte forma: Traballos en CD-Rom: TFG/EUP (por exemplo: TFG/EUP 1).

Page 4: Busca de TFGs no catálogo da biblioteca

4

Buscando por signatura tamén podemos ordenar os proxectos polo ano de presentación. Debemos buscar na Biblioteca da EUP a signatura “TFG/EUP” (para que nos recupere todos os proxectos) e ordear os resultados por “Data (máis recentes)”, para ver primeiro os máis recentes (este criterio de ordenación pode utilizarse tamén buscando TFGs por palabra clave, materia…).

Outra forma de “navegar” polos proxectos para ollar o que hai (se non buscamos ningún en concreto) é buscar por “palabra clave - trabajo fin de grado” e limitar a busca á EUP:

Ademais do catálogo, poden consultarse varios listados dos TFG da EUP na web da biblioteca.

¿TES ALGUNHA DÚBIDA? ¿NON ATOPAS O QUE BUSCAS? PREGÚNTALLE AO PERSOAL DA BIBLIOTECA