CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a...

14
1 CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO ÍNDICE INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, TAREFAS E TEXTOS .......................................... 1 INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE EXAMES................................................................................ 2 INDICACIÓNS PARA CITAR FONTES, TEXTOS e OBRAS ........................................................................... 2 INDICACIÓNS PARA ENVIAR TAREFAS EN ARQUIVOS ADXUNTOS ......................................................... 3 INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN TEXTO EXPOSITIVO......................................................................... 3 INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN TEXTO ARGUMENTATIVO .............................................................. 6 INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN DISCURSO ....................................................................................... 8 INDICACIÓNS PARA RESPECTAR AS PROPIEDADES TEXTUAIS .............................................................. 10 ESTRUTURA DA PROBA DE LINGUA E LIT. GALEGA NA ABAU .............................................................. 11 RÚBRICA PARA AVALIAR A LECTURA NA AULA .................................................................................... 14 INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, TAREFAS E TEXTOS Entregaranse escritos unicamente a bolígrafo azul ou negro, nunca en lapis ou en calquera outra cor, sempre que se fagan a man. Nos traballos elaborados dixitalmente deberase empregar un tamaño de letra 18 para o título, 16 para o encabezamento de cada apartado e 12 para o corpo. O tipo de letra será Arial, Times New Roman ou Verdana. Deberán deixarse marxes: inferior (2 cm), superior (3 cm), dereita (2 cm) e esquerda (3 cm). Debe haber unha distancia adecuada entre as liñas e estar aliñadas horizontalmente. Os parágrafos deben estar sangrados. En caso de traballos escritos, débese coidar a limpeza. Requírese que a letra sexa lexible. Estarán escritos por unha soa cara e unidas con grampas. Incluirán (sexa na portada (para os traballos) ou no encabezamento (para as tarefas e textos) a seguinte información: Título, nome e curso do alumno/a, materia e avaliación á que pertence o exercicio. En caso de traballos, á portada seguiralle un Índice que recolla os apartados e as páxinas nas que estes se atopan, numeradas a partir deste índice. Acabarán sinalando as Fontes de información.

Transcript of CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a...

Page 1: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

1

CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO

ÍNDICE

INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, TAREFAS E TEXTOS .......................................... 1

INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE EXAMES ................................................................................ 2

INDICACIÓNS PARA CITAR FONTES, TEXTOS e OBRAS ........................................................................... 2

INDICACIÓNS PARA ENVIAR TAREFAS EN ARQUIVOS ADXUNTOS ......................................................... 3

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN TEXTO EXPOSITIVO......................................................................... 3

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN TEXTO ARGUMENTATIVO .............................................................. 6

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN DISCURSO ....................................................................................... 8

INDICACIÓNS PARA RESPECTAR AS PROPIEDADES TEXTUAIS .............................................................. 10

ESTRUTURA DA PROBA DE LINGUA E LIT. GALEGA NA ABAU .............................................................. 11

RÚBRICA PARA AVALIAR A LECTURA NA AULA .................................................................................... 14

INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, TAREFAS E TEXTOS

Entregaranse escritos unicamente a bolígrafo azul ou negro, nunca en lapis ou en

calquera outra cor, sempre que se fagan a man. Nos traballos elaborados dixitalmente

deberase empregar un tamaño de letra 18 para o título, 16 para o encabezamento de

cada apartado e 12 para o corpo. O tipo de letra será Arial, Times New Roman ou

Verdana.

Deberán deixarse marxes: inferior (2 cm), superior (3 cm), dereita (2 cm) e esquerda (3

cm). Debe haber unha distancia adecuada entre as liñas e estar aliñadas

horizontalmente. Os parágrafos deben estar sangrados.

En caso de traballos escritos, débese coidar a limpeza. Requírese que a letra sexa

lexible.

Estarán escritos por unha soa cara e unidas con grampas.

Incluirán (sexa na portada (para os traballos) ou no encabezamento (para as tarefas e

textos) a seguinte información: Título, nome e curso do alumno/a, materia e

avaliación á que pertence o exercicio. En caso de traballos, á portada seguiralle un

Índice que recolla os apartados e as páxinas nas que estes se atopan, numeradas a

partir deste índice. Acabarán sinalando as Fontes de información.

Page 2: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

2

INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE EXAMES

Debe empregarse exclusivamente bolígrafo azul ou negro: nin lapis nin tipex.

Salvo indicación en sentido contrario, as respostas aparecerán nos folios en branco,

non no exame.

É conveniente deixar marxes para facilitar a corrección. Na medida do posible,

evitaranse as tachas.

É obrigatorio sangrar os parágrafos.

As páxinas estarán sempre numeradas e todas levarán o nome do alumno/a.

Buscarase sempre a orde e a limpeza. Se, unha vez contestada unha pregunta, se

quere aportar nova información empregaranse as notas a pé de páxina. Colocarase un

asterisco (*) na pregunta que queremos continuar e a información nova poñerase nun

folio aparte. No caso de que isto suceda con máis dunha pregunta os asteriscos deben

ser numerados (*1/ *2) para facilitar a corrección do exame.

INDICACIÓNS PARA CITAR FONTES, TEXTOS e OBRAS

PARA CITAR FONTES

Se se trata dun libro ou manual impreso, escribiremos o nome do autor/a (primeiro o

apelido e despois o nome, separado por unha coma), ao que seguirán dous puntos e o

título da obra en cursiva, separado por unha coma da data de publicación, que á súa

vez se separará cunha coma da Editorial. Se podemos citamos as páxinas que

utilizamos desa obra. Exemplo: MOURE, Teresa: Ecolingüística, 2011,Editorial

Universidade da Coruña, pp 7-13.

Se se trata dunha páxina web, escribiremos o nome da páxina, indicando a quen

pertence, o nome do autor/a, en caso de que sexa posible indicalo. Seguirá, precedido de

dous puntos, o enderezo dixital. Exemplo: Lingua e Literatura de Xano Cebreiro:

http://remexer.com/cuarto/

PARA CITAR TEXTOS

Ao longo das nosas producións textuais, precisamos facer referencia a fragmentos de

textos. No noso centro acordamos o seguinte modelo de citación:

Nos documentos escritos a man, as citas das obras ou textos van sempre entre

comiñas.

Nos textos dixitais, as citas van sempre en cursiva.

En ambos casos deben engadirse entre parénteses o número de liña/s ou verso/s a

que corresponden esas citas con respecto ao texto citado.

PARA CITAR OBRAS

Nos documentos escritos a man, os títulos das obras deben ir subliñados.

Nos documentos dixitais, irán en cursiva.

Page 3: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

3

INDICACIÓNS PARA ENVIAR TAREFAS EN ARQUIVOS ADXUNTOS

1. As tarefas que se envíen por correo electrónico enviaranse sempre en arquivos

adxuntos.

2. O formato dos arquivos adxuntos será como segue:

a. O tipo de arquivo indicarao o profesor/a (word, open office, pdf...)

b. O nome do arquivo deberá recoller sempre estas indicacións:

NOME DO

ALUMNO/A INICIAIS DOS

APELIDOS CURSO NIVEL GRUPO NOME DA TAREFA

SONIA

R L

ESO

A

TRABALLO DO LIBRO

CORREDORA

3. O correo deberá levar no ASUNTO o nome da tarefa.

4. A caixa do correo deberá conter un texto con saúdo, indicación da tarefa que se envía

e despedida.

EXEMPLO:

ASUNTO Traballo do libro Corredora

CAIXA DO CORREO

Bos días, Profe!

Envíoche a miña tarefa sobre o libro Corredora

Saúdos,

Sonia

ARQUIVO ADXUNTO

Sonia R L – 2ºESO-A – Libro Corredora

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN TEXTO EXPOSITIVO

Un texto expositivo dá a coñecer información con obxectividade, non aporta opinións, e

faino cunha linguaxe clara e precisa.

Estrutura (partes dun texto expositivo)

1. Título. Enunciado que nomea o tema. Procurarase unha construción que reúna un

substantivo (elemento NUCLEAR) e un adxectivo (ou calquera elemento

MODIFICADOR), evitando o emprego de verbos (PREDICADOS).

Page 4: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

4

2. Introdución: Presentación ou achegamento ao tema e ao seu contexto. Serve para

explicar o tema que se vai abordar: o porqué do seu interese, a súa actualidade, o

enfoque que se lle vai dar... A súa extensión limítase a un parágrafo breve. (Non debe

supor máis do 10% do texto expositivo)

3. Desenvolvemento: Explicación, o lugar onde realmente se achegan as explicacións

arredor dos distintos aspectos do tema. Atópase dividido en parágrafos. Pódese facer

de varias formas dependendo do tipo de tema que esteamos a tratar: (Debe supor o

80% do texto expositivo)

Analizando as causas polas que algo ocorre e logo analizando as

consecuencias ou as solucións que pode ter.

Enumerando ou describindo as características ou as propiedades que posúe

o obxecto ou a idea do que estamos tratando.

Expoñendo as ideas de maneira cronolóxica, é dicir, segundo van

acontecendo no tempo.

Facendo unha comparación entre distintas ideas ou aspectos dun mesmo

tema.

Etc.

4. Conclusión: Síntese básica das ideas expostas. Pode incluír unha reflexión sobre a

actualidade ou cara ao futuro. A súa extensión limítase a un parágrafo.(Non debe

supor máis do 10% do texto expositivo)

Expresión (precisión, obxectividade e claridade)

1. Léxico preciso. Débense empregar termos específicos e/ou tecnicismos, non termos

comodín (“cousa”, “facer”, “dicir”, etc...) que carece de significado preciso. Débense

achegar datos concretos (porcentaxes, datas, nomes, etc…)

2. Obxectividade. Débense empregar sobre todo oracións enunciativas con verbos en

3ª persoa e/ou estruturas impersoais, plurais de modestia... (pénsase que,

considérase...)

3. Claridade. Débense usar expresións simples que deixen claro cal é a relación que

existe entre as ideas, a súa orde lóxica: se é unha explicación, se é unha

exemplificación, se é unha idea que contrarresta a anterior... En consecuencia,

débense utilizar os conectores apropiados (porque, para, porén, ademais...) que

guíen a explicación (en primeiro lugar, a seguir, por outro lado...).

Page 5: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

5

VALORACIÓN DE TEXTOS EXPOSITIVOS.

Alumno/a_____________________________________Grupo_________________________

Aspectos estruturais do texto expositivo.

Fai unha introdución do tema que se vai tratar

0 1 2 3 4 5

O desenvolvemento, onde se achega a información sobre o tema consta, polo menos, de tres parágrafos

0 1 2 3 4 5

Ten unha conclusión que recolla un breve resumo do tema exposto ou unha reflexión sobre a vixencia dese tema a día de hoxe 0 1 2 3 4 5

Mantén un punto de vista obxectivo na presentación da información

0 1 2 3 4 5

O léxico é preciso e variado (presenza de tecnicismos). Non usa palabras comodín. Utiliza sinónimos e hiperónimos 0 1 2 3 4 5

¿Aparecen elementos impropios deste tipo de texto? 5 4 3 2 1 0

PUNTUACIÓN TOTAL.

Aspectos de expresión

Ten erros gramaticais e ortográficos 0 1 2 3 4 5

Emprega sobre todo oracións enunciativas con verbos en 3ª persoa e/ou estruturas impersoais, plurais de modestia... (pénsase que, considérase...) 0 1 2 3 4 5

O texto é coherente (ten sentido) 0 1 2 3 4 5

Cada parágrafo desenvolve unha idea principal.

O texto ten cohesión. Aparecen enlaces entre os parágrafos. Utilízanse organizadores textuais e conectores variados. 0 1 2 3 4 5

É adecuado (que a súa expresión se corresponda cun nivel de lingua propio dunha tarefa académica) 0 1 2 3 4 5

PUNTUACIÓN TOTAL

Page 6: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

6

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN TEXTO ARGUMENTATIVO

Un texto argumentativo dá unha opinión avalada por argumentos de distinto tipo para

soster unha postura en relación a un dilema.

Estrutura dun texto argumentativo

Presentación

A finalidade é presentar o dilema, así como a postura que se vai manter ante o mesmo;

ademais de captar a atención do destinatario e espertar nel interese e unha actitude

favorable.

Argumentación

A finalidade é soster unha opinión, pero argumentar non é opinar. Só os datos

obxectivos ou as afirmacións demostrables constitúen argumentos válidos para

defender unha postura a favor ou en contra. Podemos servirnos de distintos tipos de

argumentos:

o De competencia, baseado na capacidade adquirida por unha persoa grazas á

súa experiencia.

o De analoxía, baseado en exemplos similares ao da tese que se defende.

o De datos, baseado en estatísticas.

o De autoridade, baseado no prestixio dunha persoa ou institución.

o De lei, baseado en regras, decretos, ou calquera tipo de norma de carácter legal.

Conclusión

A súa finalidade é recordarlle ao receptor/interlocutor a tese, as partes máis relevantes

do exposto e insistir na postura argumentativa adoptada.

Observación: Para coidar a expresión, sobre todo a cohesión textual, haberá que servirse

dos conectores máis habituais para este tipo de textos:

Adversativos: pero, non obstante, agora ben, con todo, aínda así...

Consecutivos: así que, mentres que, de modo que, de maneira que...

Explicativos: por iso, en consecuencia, así pois, por tanto...

Aditivos: así mesmo, igualmente, de igual modo, por outra parte, pola súa banda, á

súa vez, ademais, por engadido, por demais, mesmo, inclusive...

Contraargumentativos: aínda que, a pesar de que, malia que, se ben...

Page 7: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

7

VALORACIÓN DE TEXTOS ARGUMENTATIVOS.

Alumno/a_____________________________________Grupo________________

Aspectos estruturais do texto argumentativo.

Grado de claridade do “punto de vista”, da tese presentada. Presentación do dilema e postura ante o mesmo 0 1 2 3 4 5

¿Cantos argumentos se presentan? ¿Son variados ¿Teñen calidade? 0 1 2 3 4 5

Conta o apartado da argumentación con, ao menos, tres parágrafos? 0 1 2 3 4 5

¿Considera puntos de vista alternativos ao que se defende? 0 1 2 3 4 5

Ten unha conclusión que recolla un breve resumo da argumentación e unha reflexión arredor da tese defendida 0 1 2 3 4 5

¿Aparecen elementos impropios deste tipo de texto? 5 4 3 2 1 0

PUNTUACIÓN TOTAL.

Aspectos de expresión

Ten erros gramaticais 0 1 2 3 4 5

Ten erros ortográficos 0 1 2 3 4 5

O texto é coherente (ten sentido) 0 1 2 3 4 5

O texto ten cohesión. Aparecen enlaces entre os parágrafos. Utilízanse organizadores textuais e conectores variados. 0 1 2 3 4 5

É adecuado (que a súa expresión se corresponda cun nivel de lingua propio dunha tarefa académica) 0 1 2 3 4 5

PUNTUACIÓN TOTAL

Page 8: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

8

INDICACIÓNS PARA ELABORAR UN DISCURSO

O discurso é un xénero fronteirizo entre a oralidade e a escritura. Aínda que o vas pronunciar, antes terás que escribilo. Para iso é desexable que fagas un esquema para distinguir claramente as PARTES. Fíxate ben e a partir do esquema elabora o teu discurso.

1. Comezo e saúdos

Protocolo. Saúda aos presentes en orde de maior a menor relevancia no contexto en que esteades.. Exemplo: director do centro, compañeiros e compañeiras.

Decide como te dirixes ao público: de ti o de vostede

2. Corpo do discurso

Expón claramente cal é o propósito do teu discurso.

Continúa cos argumentos que encontrases para apoiar a túa visión do tema que estás tratando. Recorda estes aspectos:

a. Divide o discurso en parágrafos para que ao pronuncialo se noten as partes, que subliñarás con pausas máis longas.

b. Para iso usa conectores.

c. Achega datos, exemplos, citas, argumentos, causas e consecuencias

d. Tamén podes idear unha frase-estribillo, é dicir, palabras que repites ao longo do discurso e que servirán para atraer a atención do público e unir os apartados. Exemplo: Malala no seu discurso ante a ONU di moitas veces: “Estimados irmáns e irmás” Ou Emma Watson repite: “Se non eu ¿quen?”

3. Conclusión e final

O final debe vir anunciado: nun momento dado o público ten que saber que estás acabando. Elixe un conector ou unha frase que marque o final. Exemplos: Non quero terminar sen dicir que…; Por último…; Para finalizar…; Acabo xa coa esperanza de que…; Só me queda engadir que…; Espero que teña quedado claro que o propósito do meu discurso…, etc.

Acaba cun brevísimo resumo do que contaches..

Dá as grazas.

5. Ensaio xeral ¿Como o digo? Isto tamén require un proceso de preparación. Elabora un guión, pero non leas o teu discurso. Para poder falar sen necesidade de ler, ensaia varias veces. Mide o tempo: se che sae moi longo, terás que cortar algo, e ao revés.

6. Posta en escena E chegou o momento de pronuncialo.

Sae con seguridade e, unha vez no atril ou mesa onde vaias pronuncialo respira fondo.

Mira ao público. Reparte a mirada por toda a sala para que todos/as sintan que lles falas a eles. Coida a postura, os xestos e o volume de voz para que chegue a todos/as.

Page 9: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

9

VALORACIÓN DE EXPOSICIÓNS ORAIS.

Alumno/a_____________________________________Grupo________________

Expresión oral.

Saúda a audiencia, preséntase de forma adecuada e indica o tema de exposición de maneira clara e concisa.

0 1 2 3 4 5

Mantén unha postura adecuada. Mantén o contacto visual para captar o interese do auditorio. Os seus xestos non denotan nerviosismo. 0 1 2 3 4 5

Pronuncia correctamente todos os fonemas. O ritmo é adecuado pois o seu discurso resulta fluído e natural. A entoación e o volume son adecuados 0 1 2 3 4 5

Exprésase correctamente sen interferencias lingüísticas. 0 1 2 3 4 5

Emprega un vocabulario rico, variado e preciso, adecuado ao tema e ao rexistro formal. 0 1 2 3 4 5

PUNTUACIÓN TOTAL.

Aspectos do contido

ADECUACIÓN:

Cumpre todos os puntos previstos achegando información pertinente en todos. Non cae en contradicións nin comete repeticións.

O seu discurso progresa tematicamente. 0 1 2 3 4 5

COHERENCIA E COHESIÓN:

Organiza a exposición de modo que garante plenamente a coherencia e a cohesión textuais. 0 1 2 3 4 5

DOMINIO DO TEMA

Os seus coñecementos sobre o tema son profundos e desenvólvese nel con soltura. Aporta un enfoque orixinal e/ou creativo. Pode contestar a todas as preguntas (en caso de facerllas). 0 1 2 3 4 5

CONCLUSIÓN E DESPEDIDA

Despídese adecuadamente, recollendo o dito nunha conclusión non xenérica, e dá paso á audiencia para que faga preguntas 0 1 2 3 4 5

MATERIAIS DE APOIO:

Usa material de apoio que clarifica a exposición, ao tempo que permite manter o interese da audiencia como fragmentos de vídeo, gráficas, esquemas, presentacións informáticas… 0 1 2 3 4 5

PUNTUACIÓN TOTAL

Page 10: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

10

INDICACIÓNS PARA RESPECTAR AS PROPIEDADES TEXTUAIS

ADECUACIÓN (adaptación do texto á situación comunicativa)

Tipoloxía

o Estrutura determinada polo tipo de texto (narrativo, argumentativo,

expositivo...)

o Obxectividade adaptada á intención (informativa, apelativa, descritiva,

expositiva…)

Ámbito

o Características adaptadas ao espazo en que se produce a comunicación

(académico, social, xudicial, literario, medios de comunicación...)

o Características adaptadas ao soporte usado (móbil, correo electrónico, papel,

presentación informática, audiovisual...)

Rexistro

o Rexistro adaptado ao destinatario (formal ou coloquial)

COHERENCIA (claridade e orde das ideas dun texto)

Información precisa, que se cinxa ao tema

Exposición de ideas non repetidas

Exposición das ideas sen contradicións

Organización da información de xeito progresivo e ordenado

Exposición do contido con claridade

COHESIÓN (relación axeitada entre os elementos dun texto)

Uso de conectores textuais adecuados, para enlazar palabras, frases, oracións

ou parágrafos.

Uso de hiperónimos, sinónimos ou substitutos pronominais para evitar

repeticións.

Uso dos signos de puntuación de xeito adecuado.

Respecto pola concordancia gramatical.

Page 11: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

11

O DEBATE. PASOS QUE DEBES SEGUIR

1. ESCOLLER O TEMA

2. ORGANIZAR OS GRUPOS:

Serán grupos de seis persoas. Unha persoa de cada grupo actuará como secretario ou secretaria, tomando notas dos argumentos do grupo contrario e de como se está levando a cabo o debate segundo as normas. Outro membro do grupo actuará como portavoz. En cada debate haberá un moderador ou moderadora.

3. FASE PREVIA DE DOCUMENTACIÓN E ELABORACIÓN DE ARGUMENTOS.

3.1. Informarse sobre o tema acudindo a diversas fontes. 3.2. Coñecer e redactar os diferentes tipos de argumentos, especialmente de tipo racional, para que a argumentación sexa sólida. Son recomendables:

argumentos de autoridade (opinión de científicos, sociólogos, antropólogos...)

argumentos baseados en datos, cifras, estatísticas, informes …

de causa-consecuencia,

exemplos,

da propia experiencia. Coñecer as falacias para tratar de non caer nelas. 3.3. Ensaiar as técnicas do contra argumento e a refutación. É importante prever as alegacións dos contrarios. Por iso, convén elaborar unha listaxe con, ao menos, tres argumentos adversos e, posteriormente, redactar a réplica correspondente. Todo isto debe comentarse no grupo.

4. REALIZACIÓN DOS DEBATES.

4.1. Estrutura do debate:

O moderador/a iníciao enunciando o tema de controversia, e a continuación presenta aos grupos e comeza a vez no uso da palabra.

Desenvolvemento do debate nun tempo acordado previamente.

Conclusións de cada grupo.

Invitación aos asistentes a preguntar ou achegar algunha información relevante.

Apertura dunha nova volta de respostas ás cuestións dos/as asistentes.

Cerre por parte do moderador/a e despedida

4.2. Tempo de duración:

Acordar un tempo limitado para todo o debate (arredor de 20 minutos).

Axustar o tempo de intervención de cada participante (uns dous minutos). O secretario/a de cada grupo controlará o tempo e avisará aos seus compañeiros/as do tempo consumido.

Page 12: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

12

ESTRUTURA DA PROBA DE LINGUA E LIT. GALEGA NA ABAU

A estrutura xeral da proba e a ponderación das diferentes partes de que consta son as xa

coñecidas de anos anteriores:

I. Competencia comunicativa 5 puntos

a) Comprensión textual 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)

b) Produción textual 3 puntos (1 pregunta)

II. Contidos específicos da materia 5 puntos

c) Lingua e gramática 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)

d) Lingua e sociedade 1 punto (1 pregunta) e Literatura 2 puntos (1 pregunta)

I. Consideracións relativas á parte de competencia comunicativa.

Obxectivo fundamental da nosa materia: conseguirmos que o alumnado acade unha adecuada

capacidade no uso comprensivo e produtivo da lingua galega. Para iso cómprenos “priorizar a

realización de actividades comunicativas de produción e comprensión de textos, pois

destas depende o desenvolvemento da competencia xeral en comunicación lingüística”.

Así pois, neste bloque avalíase a competencia comunicativa do alumnado, na súa dupla dimensión

de comprensión e de produción de textos, de acordo coa seguinte estrutura:

a) Comprensión textual (preguntas 1 e 2) Formularanse dúas cuestións breves —cunha

valoración de 1 punto cada unha— sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto

proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo:

• Resumo breve do texto ou dunha parte del.

• Estrutura do texto.

• Ideas principais e secundarias.

• Intencionalidade do texto. O alumado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá

da súa literalidade, percibindo recursos como, por exemplo, a ironía, as implicaturas,

presuposicións...

• Significado concreto no texto dalgunhas palabras, expresións ou fragmentos.

• Recoñecemento e descrición de recursos cohesivos gramaticais e léxico-semánticos.

• Descrición do rexistro do texto e análise das súas manifestacións lingüísticas.

b) Produción textual (pregunta 3) Pediráselle ao alumno ou alumna que constrúa un texto

persoal cunha extensión aproximada de 200-250 palabras sobre un tema proposto, relacionado

dalgún xeito co contido do texto do exame. Nesta pregunta valorarase a capacidade para

producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á

situación comunicativa. A cualificación da pregunta (3 puntos) desagregarase en tres tramos

de 1 punto cada un, do seguinte xeito:

1) Construción textual: 1 punto. Valorarase:

• A adecuada selección da información, coa presenza daquela que sexa pertinente e

necesaria para que o texto resulte comprensible. Terase en conta a capacidade para evitar

clixés, estereotipos, lugares comúns e ideas excesivamente previsibles, así como unha

orixinalidade gratuíta e afastada do contido do texto da proba.

• A coherencia discursiva. A sucesión de enunciados do texto debe presentar continuidade

temática e progresión informativa. Non debe ademais introducir contradicións.

Page 13: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

13

• A organización da información: estruturación do texto (p. ex., introdución, desenvolvemento

e conclusións), argumentación e organización en parágrafos.

2) Adecuación léxico-gramatical: 1 punto. Valorarase:

A capacidade de construción de textos adecuados á situación (formal) en que estes se

producen. Terase en conta o manexo apropiado dos rexistros da lingua nas escollas lexicais e

nas construcións gramaticais. O texto deberá evitar polo tanto trazos propios da oralidade e

dos textos espontáneos e non planificados, así como aqueles que amosen un requintamento

afectado. En definitiva, valorarase o bo manexo dos recursos cohesivos, tanto gramaticais

coma léxicos.

3) Corrección ortográfica e gramatical: 1 punto. Valorarase:

• O correcto dominio da ortografía e os signos de puntuación, así como a gramaticalidade

das construcións sintácticas e das escollas morfolóxicas, desde o punto de vista do galego

estándar.

A extensión proposta debe entenderse a título aproximativo e informativo. Porén, para evitar

estratexias elusivas maliciosas, a presentación de textos cunha extensión manifestamente

menor á solicitada, ao extremo de dificultar a axeitada avaliación da tarefa, suporá unha

diminución proporcional da valoración global da pregunta. Polo mesmo motivo non se tomarán

en consideración os textos (ou partes deles) que carezan da necesaria pertinencia con relación

ao tema proposto.

II. Consideracións relativas á parte de contidos específicos da materia

c) Lingua e gramática (preguntas 4 e 5)

Formularanse dúas preguntas breves sobre contidos de: Fonética e fonoloxía , Morfoloxía e

sintaxe, Semántica e lexicoloxía ou Dialectoloxía

d) Lingua e sociedade (pregunta 6)

Formularanse dúas preguntas, das que o alumno ou alumna deberá responder só unha, á súa

elección. Valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis

relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades.

e) Literatura (pregunta 7)

Formularanse dúas preguntas, das que se deberá responder só unha, á libre elección do

alumno ou alumna. Non se considerarán correctas as respostas que consistan nunha

mera listaxe de autores e obras. Valorarase o tratamento, no tema escollido, dos seguintes

elementos: Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias,

iniciativas, tendencias, etc. Información acerca dos principais autores/as dun período ou

corrente. Esta non só debe facer referencia ás obras máis importantes senón tamén aos

trazos que caracterizan cada un dos autores/as. Información acerca do que un grupo,

autor/a ou época supuxeron na historia da literatura galega.

Page 14: CADERNO DE COMUNICACIÓN 4º ESO · caderno de comunicaciÓn 4º eso Índice indicaciÓns para a presentaciÓn de traballos, ... indicaciÓns para respectar as propiedades textuais

14

RÚBRICA PARA AVALIAR A LECTURA NA AULA ALUMNO/A CURSO-GRUPO AVAL.

CRITERIOS MOI BEN BEN REGULAR MAL

Velocidade

100 palabras /10’- 25’ 100 palabras / 25’ - 40’ 100 palabras / 40’ - 50’ 100 palabras / 50’ - 60’

Fluidez Le sen silabar e sen saltar palabras ou liñas. O seu discurso resulta fluído e natural.

O seu discurso resulta fluído e natural, pero tropeza nalgunha palabra.

O seu discurso é pouco fluído e natural. Tropeza varias veces en determinadas palabras.

O seu discurso carece por completo de fluidez e naturalidade. Tropeza continuamente.

Pronuncia Pronuncia correctamente todos os fonemas.

Pronuncia incorrectamente algún fonema de maneira puntual.

Pronuncia incorrectamente algunhas palabras repetidas veces

Pronuncia incorrectamente

Volume Volume adecuado ao espazo e ao contido. Le o suficientemente forte, sen chegar a berrar. Sabe proxectar a súa voz

Volume adecuado, aínda que oscila subindo e baixando a voz.

Volume pouco adecuado porque sobe ou baixa a voz excesivamente, ou ben óese fragmentariamente, dificultando a comprensión

Volume inadecuado, pois resulta inaudible, até o punto de imposibilitar a comprensión.

Entoación Le respectando os tempos adecuados para cada signo de puntuación, entoando adecuadamente a exclamación e a interrogación, ademais dos enunciados en xeral

Le respectando a puntuación, entoando a exclamación e a interrogación, ademais dos enunciados en xeral; se ben non sempre o fai dun xeito adecuado.

Le case sen entoación ou cun ton en exceso monótono

Le sen entoación ou cunha entoación inadecuada que dificulta ou mesmo imposibilita a comprensión

Dramatización Demostra comprender o que está a ler a través da súa dramatización. Modula a voz para marcar o cambio de personaxes ou narradores

Dramatiza a súa lectura, pero non sempre o logra dun xeito adecuado

Tenta dramatizar o que le, pero non o consegue adecuadamente ou cae na dramatización tópica, sen entender o que está a ler.

Le sen comprender o que le e sen dramatizalo

Atención Presta atención e continua a lectura adecuadamente

Presta atención, pero continúa a lectura de calquera xeito.

Continúa a lectura pero non no mesmo lugar nin dun xeito adecuado ou despístase e pide axuda para seguir.

Non presta atención e non sabe seguir a lectura.

Comprensión

Sabe diferenciar as ideas principais das secundarias. É capaz de facer un resumo claro e conciso e sabe identificar o narrador, espazo, tempo e protagonistas.

Sabe diferenciar as ideas principais das secundarias . É capaz de facer un resumo e sabe identificar o narrador, espazo, tempo e protagonistas.

Sabe diferenciar as ideas principais das secundarias despois de varias lecturas . É capaz de facer un resumo e sabe identificar o narrador, espazo, tempo e protagonistas, unha vez que o texto foi comentado en clase polo profesor/a

Non sabe diferenciar as ideas principais das secundarias. É incapaz de facer un resumo claro e conciso e non logra identificar o narrador, espazo, tempo e protagonistas.