CAÍDAS Datos legais

6
CAÍDAS Datos legais Unha caída pode producirse en diversas zonas (escaleira do foso da sala de muxido, escaleira do tractor, herba seca, ensilado, escaleiras...) dando lugar a fracturas, traumatismos...). Proteccións colectivas fronte o risco de caída a distinto nivel (varandas...), pasamáns, superficies antiesvaradizas, almacenamentos axeitados...) son algúns dos equipamentos para evitar tales caídas. Legalmente o R.D. 1215/1997 de 18 de xullo, establece textualmente no punto 1.6 do Anexo I: “Os equipo de traballo cuxa utilización prevista requira que os traballadores se sitúen sobre eles deberán dispor dos medios adecuados para garantir que o acceso e permanencia en eses equipos non supoña un risco para a súa seguridade e saúde... Cando exista un risco de caída de altura de máis de dous metros, os equipos de traballo deberán dispoñer de varandas ou de calquera outro sistema de protección colectiva que proporcione unha seguridade equivalente. As varandas deberán ser resistentes, dunha altura mínima de 90 centímetros e, cando sexa necesario para impedir o paso ou esvaramento dos traballadores ou para evitar a caída de obxectos, disporán, Seguinte

description

CAÍDAS Datos legais. Seguinte. Unha caída pode producirse en diversas zonas (escaleira do foso da sala de muxido, escaleira do tractor, herba seca, ensilado, escaleiras...) dando lugar a fracturas, traumatismos...). - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of CAÍDAS Datos legais

Page 1: CAÍDAS Datos legais

CAÍDAS

Datos legais

Unha caída pode producirse en diversas zonas (escaleira do foso da sala de

muxido, escaleira do tractor, herba seca, ensilado, escaleiras...) dando lugar a

fracturas, traumatismos...).

Proteccións colectivas fronte o risco de caída a distinto nivel (varandas...),

pasamáns, superficies antiesvaradizas, almacenamentos axeitados...) son algúns dos equipamentos para

evitar tales caídas.

Legalmente o R.D. 1215/1997 de 18 de xullo, establece textualmente no punto 1.6 do Anexo I:

“Os equipo de traballo cuxa utilización prevista requira que os traballadores se sitúen sobre eles deberán

dispor dos medios adecuados para garantir que o acceso e permanencia en eses equipos non supoña un

risco para a súa seguridade e saúde...

Cando exista un risco de caída de altura de máis de dous metros, os equipos de traballo deberán

dispoñer de varandas ou de calquera outro sistema de protección colectiva que proporcione unha

seguridade equivalente.

As varandas deberán ser resistentes, dunha altura mínima de 90 centímetros e, cando sexa necesario

para impedir o paso ou esvaramento dos traballadores ou para evitar a caída de obxectos, disporán,

respectivamente, dunha protección intermedia e dun rodapés”.

Seguinte

Page 2: CAÍDAS Datos legais

CAÍDAS

Datos legais

En canto ás escaleiras de man o mesmo R.D. establece no punto 4.2 do Anexo II:

“4.2.1 As escaleiras de man colocaranse de forma que a súa estabilidade durante

a súa utilización estea segura. Os puntos de apoio das escaleiras de man

deberán asentarse solidamente sobre un soporte de dimensións adecuadas e

estable, resistente e inmóbil, de forma que os travesaños queden en posición horizontal. As escaleiras

suspendidas fixaranse de forma segura e, excepto as de corda, de maneira que non poidan desprazarse

e se eviten os movementos de balanceo.

4.2.2 impedirase o esvaramento dos pes das escaleiras de man durante a súa utilización xa sexa

mediante a fixación da parte superior ou inferior dos longueiros, xa sexa mediante calquera dispositivo

antideslizante ou calquera outra solución de eficacia equivalente. As escaleiras de man para fins de

acceso deberán ter unha lonxitude necesaria para sobresaír ó menos un metro do plano de traballo ó

que se accede. As escaleiras compostas de varios elementos adaptables ou extensibles deberán

utilizarse de forma que a inmobilización recíproca dos distintos elementos estea asegurada. As

escaleiras con rodas deberán terse inmovilizado antes de acceder a elas. As escaleiras de man simples

colocaranse, na medida do posible, formando un ángulo aproximado de 75 grados ca horizontal”.

Seguinte Anterior

Page 3: CAÍDAS Datos legais

CAÍDAS

Datos legais

“4.2.3 O ascenso, descenso e os traballos dende escaleiras efectuaranse de

fronte a estas. As escaleiras de man deberán utilizarse de forma que os traballa-

dores poidan ter en todo momento un punto de apoio e de suxeición seguro.

Os traballos a máis de 3,5 metros de altura, dende o punto de operación ó chan, que requiran

movementos ou esforzos perigosos para a estabilidade do traballador, solo se efectuarán se se utiliza

un equipo de protección individual anticaídas ou se adoptan outras medidas de protección alternativas.

O transporte a man dunha carga por unha escaleira de man farase de modo que elo non impida unha

suxeición segura. Prohíbese o transporte e manipulación de cargas por ou desde escaleiras de man

cando polo seu peso ou dimensión poidan comprometera seguridade do traballador. As escaleiras de

man non se utilizarán por dúas ou máis persoas simultaneamente.

Non se empregarán escaleiras de man e, en particular, escaleiras de máis de 5 metros de lonxitude,

sobre cuxa resistencia non se teñan garantías. Queda prohibido o uso de escaleiras de man de

construción improvisada.

4.2.5 As escaleiras de man revisaranse periodicamente. Prohíbese a utilización de escaleiras de man

de madeira pintadas, pola dificultade que elo supón para a detección dos seus posibles defectos”.

Seguinte Anterior

Page 4: CAÍDAS Datos legais

CAÍDAS

Datos legais

O R.D. 486/1997 de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas

de seguridade e saúde nos lugares de traballo, establece textualmente no punto

3 da parte A do Anexo I:

“As aberturas ou desniveis que supoñan un risco de caída de persoas protexeranse

mediante varandas ou outros sistemas de protección de seguridade equivalente, que poderán ter

partes móbiles cando sexa necesario dispoñer de acceso á abertura. Deberán protexerse en particular:

a)as aberturas nos chans.

b)as aberturas en paredes ou tabiques, sempre que a súa situación e dimensións supoña risco de

caída de persoas, e as plataformas, muelles e estructuras similares. A protección non será obrigatoria,

sen embargo, se a altura de caída é inferior a 2 metros.

O mesmo real decreto establece:

Punto 3 da parte A do Anexo I:

“c) Os lados abertos das escaleiras e rampas de máis de 60 cm de altura. Os lados cerrados terán un

pasamáns, a unha altura mínima de 90 cm, si a anchura da escaleira é maior de 1,2 m; se é menor,

pero ambos lados son cerrados, ó menos un dos dous levará pasamáns. As varandas serán de

materiais ríxidos, terán unha altura mínima de 90 cm e disporán dunha protección que impida o paso ou

deslizamento por debaixo das mesmas ou a caída de obxectos sobre persoas”.

Seguinte Anterior

Page 5: CAÍDAS Datos legais

CAÍDAS

Datos legais

Punto 7 da parte A do Anexo I:

“os pavimentos das rampas, escaleiras e plataformas de traballo serán de materiais

non esvaradíos ou disporán de elementos antiesvarantes...

As escaleiras terán unha anchura mínima de un metro, excepto nas de servizo, que será de 55

centímetros.

Os peldaños dunha escaleira terán as mesmas dimensións. Prohíbense as escaleiras de caracol

excepto se son de servizo.

Os escalóns das escaleiras que non sexan de servizo terán unha pegada comprendida entre 23 e 36

cm, e unha contrapegada entre 13 e 20 cm. Os escalóns das escaleiras de servizo terán unha pegada

mínima de 15 cm e unha contrapegada máxima de 25 cm...”

Punto 1.2 da parte A do Anexo I:

“O acceso a teitos ou cubertas que non ofrezan suficientes garantías de resistencia solo poderán

autorizarse cando se proporcionen os equipos necesarios para que o traballo poida realizarse de forma

segura”.

Seguinte Anterior

Page 6: CAÍDAS Datos legais

CAÍDAS

Medidas Preventivas

Non saltar da cabina do tractor nin baixar ou subir do vehículo en marcha.

Baixar e subir de cara ó vehículo e empregando o sistema de tres

puntos de ancoraxe.

Manter os lugares de traballo limpos, ordeados e correctamente iluminados.

Dispoñer de escaleiras segundo o R.D. 486/1997 de 14 de abril e escaleiras de man segundo a R.D.

1215/1997 de 18 de xullo.

Empregar as ferramentas axeitadas para realizar traballos en altura.

Usar calzado antiesvarante.

Os ocos ou desniveis deben protexerse preferentemente con sistemas de protección

colectiva fronte ó risco de caída a distinto nivel. En caso de que non sexa viable, recorrerase a EPI.

Non acceder a lugares en alturas fráxiles...

Anterior