CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

21
Cantigas novas de amigo IES AS LAGOAS DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA 3º B, C, D OURENSE, 2006

description

Cantigas de amigo creadas polos alumnos

Transcript of CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Page 1: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Cantigas novas de amigo

IES AS LAGOASDEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

3º B, C, DOURENSE, 2006

Page 2: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Por que non volve o meu amigo?Xa vai facendo frío. Ai, cando volverá!

Por que o meu amigo non volve?Xa cae a noite. Ai, cando volverá!

Xa vai facendo frío,Non se escoita nin pío. Ai, cando volverá!

Xa cae a noite,Non pasa ninguén pola fonte. Ai, cando volverá!

(Pablo Álvarez, 3º B)

Page 3: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Que veña meu amigo,que dende o día que estivo comigo Eu por el vivo.

Que veña meu amado,que dende o día que estivo ao meu lado Eu por el vivo.

Que dende o día que estivo comigoo meu corazón xa non está ferido. Eu por el vivo.

Que dende o día que estivo ao meu ladoo meu corazón xa non está danado. Eu por el vivo.

(Andrea Rodríguez, 3º B)

Page 4: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Onde estás, meu amigo,que non te vexo comigo? E vivo namorada!

Onde estás, meu amado,que non te sinto ao meu lado? E vivo namorada!

Que non te vexo comigo.Por que sinto isto? E vivo namorada!

Que non te sinto ao meu lado.Por que tanto teño esperado? E vivo namorada!

(Alexia Quintela, 3º B )

Page 5: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Ai, naiciña, onde estarámeu amigo, onde andará? Que eu quixérao ver!

Ai, naiciña, onde se esconderámeu amigo, onde se meterá? Que eu quixérao ver!

Meu amigo onde andará?Se non chega, ai!, que fará? Que eu quixérao ver!

Meu amigo onde se meterá?Se non chega, como estará? Que eu quixérao ver.

(Ana Quintas, 3º B)

Page 6: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Vou ir bailar, mia madre, á beira do ríoa ver se vén o vento e me leva consigo. O vento verrá bailar.

Vou ir bailar, mia madre, á beira do lagoa ver se ven o vento e me quita este cravo. O vento verrá bailar.

A ver se vén o vento e me leva consigo.O vento e a auga, un só amigo. O vento verrá bailar.

A ver se vén o vento e me quita este cravo.O vento e a auga, un só amado. O vento verrá bailar.

(Alexandre Alonso, 3º B)

Page 7: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Eu vivo coitada, irmá, agardando polo meu amorque dixo que chegaría ó solpor, e sen el vivo amargada.

Eu vivo coitada, irmá, agardando polo meu cariñoque dixo que viría polo camiño, e sen el vivo amargada.

Que dixo que chegaría ó solpor,eu estou mal sen o seu amor, e sen el vivo amargada.

Que dixo que viría polo camiño,eu estou mal sen o seu cariño. e sen el vivo amargada.

(Cristian González, 3º C)

Page 8: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Estou agardando polo meu amigoque quedei con el na ribeira do río. Estou namorada!

Estou esperando polo meu amadoque quedei con el na ribeira do lago. Estou namorada!

Que estarei con el na ribeira do ríoantes de que remate o prazo prometido. Estou namorada!

Que estarei con el na ribeira do lagoantes de que remate o prazo acordado. Estou namorada!

(Érika Estévez, 3º C)

Page 9: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Ai, miña amiga, cando durmo só esperoespertar cos seus beizos bicando os meus cabelos. Estas bágoas só as seca o vento.

Ai, miña amiga, cando durmo só agardoespertar cos seus ollos mirándome, mirando. Estas bágoas só as seca o vento.

Espertar cos seus beizos bicando os meus cabelos,apertándome con forza, quitándome o medo. Estas bágoas só as seca o vento.

Espertar cos seus ollos mirándome, mirando,apertándome con forza, mecéndome no abraio. Estas bágoas só as seca o vento.

(Carlota Mosquera, 3ºC)

Page 10: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

O meu amigo está capturado na guerra,debido a ese mal que nos goberna. Meu amigo, canto te estraño!

O meu amado está prisioneiro na batalla,porque os gobernantes son peores cá borralla. Meu amigo, canto te estraño!

Debido a ese mal que nos goberna,o meu colega xa perdeu unha perna. Meu amigo, canto te estraño!

Porque os gobernantes son peores cá borralla,ao meu amigo só lle queda unha pata. Meu amigo, canto te estraño!

(Pablo Mosquera, 3º C )

Page 11: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Como vivo triste xa que o meu amigo á sabana vai cazar,e alí, cazando e cazando, os leóns vano papar. E non sei se volverá.

Triste vivo porque á sabana meu amigo vai ire alí, cazando e cazando, uns ñus vano ferir. E non sei se volverá.

E alí, cazando e cazando, os leóns vano papar,e ningún dos seus amigos o vai salvar. E non sei se volverá.

E alí, cazando e cazando, uns ñus vano ferir,e despois de todo isto non logrará sobrevivir. E non sei se volverá.

(Martín Justo, 3º C)

Page 12: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Ai, amiga miña, quen fose ventopara surcar o ceo, sen cartos nin sustento. Pero non dou chegado, amigo.

Ai, miña amiga, quen fose augapara surcar os sete mares, sen enaguas. Pero non dou chegado, amigo.

Para surcar o ceo, sen cartos nin sustento,voando como frecha de lume ardendo. Pero non dou chegado, amigo.

Para surcar os sete mares, sen enaguas,voando como frecha leda na alborada. Pero non dou chegado, amigo.

(Simón Vázquez, 3º C)

Page 13: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Cando un día de choiva non teñas onde irchama o teu amigo, que te veña consentir. Ai, amigo, ven comigo.

Cando un día de choiva non teñas que facerchama o teu amigo, que te veña satisfacer. Ai, amigo, ven comigo.

Chama o teu amigo, que te veña consentir,e as ondas do mar hante maldicir. Ai, amigo, ven comigo.

Chama o teu amigo, que te veña satisfacer,e as ondas do mar hante compracer. Ai, amigo, ven comigo.

(Celia Pérez, 3º C)

Page 14: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Ai, que pena teño por non ver o meu amigo.Foi roubar a unha vella, apresárono en Vigo. No cárcere está o coitadiño.

Ai, que pena teño por non ver o meu amante.Foi roubar a unha vella, apresárono aquí diante. No cárcere está o coitadiño.

Foi roubar a unha vella, apresárono en VigoSó quería un anaco de pan e un pouco viño. No cárcere está o coitadiño.

Foi roubar a unha vella, apresárono aquí diante.Só quería un anaco de pan e algo refrescante. No cárcere está o coitadiño.

(Jorge Alvarez, 3º D)

Page 15: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Por ti morro, amigo,quérote sempre comigo. Tola por ti vivo!

Por ti eu morro, amado,quérote sempre ó meu lado. Tola por ti vivo!

Quérote sempre comigo,para estar no mar de Vigo.Tola por ti vivo.

Quérote sempre ó meu ladoPara estar xuntos no mar soñado.Tola por ti vivo.

(Carme García, 3º D)

Page 16: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

A ti che conto isto, río velido:que non vén meu amigo atractivo. Onde estará?

A ti che conto isto, río precioso:que non vén o meu amigo fermoso. Onde estará?

Que non vén o meu amigo atractivo.Sen el o meu corazón non está vivo. Onde estará?

Que non vén o meu amigo fermoso.Sen el o meu corazón non está animoso. Onde estará?

(Manuel Ángel Domínguez, 3º D)

Page 17: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Foi a alba polo camp´a camiñare o vent´a súa saia levantar. Ela deixábase.

Foi a alba polo campo a lecere o vento a súa saia a erguer. Ela deixábase.

E o vent´ a súa saia levantar,e despois a súa color ensuciar. Ela deixábase.

E o vento a súa saia erguer,e despois a súa cor ennegrecer. Ela deixábase.

(Miguel Domínguez, 3º D)

Page 18: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Ai, coitadiña amiga, por el vivo namorada.O anhelo rexurdía canto máis tempo o miraba. Amor da miña alma.

Ai, coitadiña amiga, por el a vida daría.Canto máis tempo o miraba, o anhelo rexurdía. Amor da miña alma.

O anhelo rexurdía, canto máis tempo o miraba.O amorío do meu corpo en bicos se expresaba. Amor da miña alma.

Canto máis tempo o miraba, o anhelo rexurdía.O amorío do meu corpo, libremente se expandía. Amor da miña alma.

(Lucas Fariñas, 3º D)

Page 19: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Estou esperando ao meu amigocun gran sorriso e uns figos. Que feliz son!

Estou esperando ao meu amadomoi contenta e cun ramo. Que feliz son!

Cun gran sorriso e uns figos,esperar a súa chegada é un martirio. Que feliz son!

Moi contenta e cun ramo,intranquila o tempo sen el paso. Que feliz son!

(Héctor Cortiñas, 3º D)

Page 20: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Flores do meu bosque querido,vou rezando polo meu amigo. Quen saberá onde anda!

Flores do meu bosque soñado,vou rezando polo meu amado. Quen saberá onde anda!

Vou rezando polo meu amigo.Hai días que el anda perdido. Quen saberá onde anda!

Vou rezando polo meu amado.Hai días que necesita ser buscado. Quen saberá onde anda!

(Brais Basquet, 3º D)

Page 21: CANTIGAS DE AMIGO 2006-2007

Augas do río Miño,se sabedes do meu amigo? Chegará ben o coitadiño?

Augas do río encantado,se sabedes do meu namorado? Chegará ben o coitadiño?

E se sabedes do meu amigo,verrá morto ou verrá vivo? Chegará ben o coitadiño?

E se sabedes do meu namorado,verrá vivo ou verrá finado? Chegará ben o coitadiño?

(Xacobo García, 3º D)