CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986)...

33
Amigo Carvalho Do Halley ao Hubble

Transcript of CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986)...

Page 1: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

AmigoCarvalhoDo Halleyao Hubble

CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 Página 1

Page 2: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

AmigoCarvalho

Do Halley ao Hubble

Guión e debuxosPepe Carreiro

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:13 Página 1

Page 3: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:13 Página 2

Page 4: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

Na madrugada do día 30 de outubro de 1910 naceu en Ferrol RicardoCarvalho Calero, fillo de Dolores Calero Beltrán e Gabriel Car-ballo Naya. Meses antes, durante a primavera, a cauda do cometaHalley atravesou o ceo, segundo algúns indicando calamidades,mais tamén houbo eséxetas para quen o Halley anunciaba boasnovas, como a do nacemento de Xesús de Nazaret. Quen sabe entónse aquel ano o astro non anunciara a chegada ao mundo de Ri-cardo?.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:13 Página 3

Page 5: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

4

O neno naceu no Ferrol Vello, na rúa de San Francisco número 51. Logo, naigrexa da Nosa Señora do Socorro, bautizárono como Ricardo, Leopoldo, Ángel,José, Gerardo. Mais sería sempre Ricardo para todo o mundo.

Como a moitos outros nenos de Ferrol, a Ricardopasoulle pola cabeza ser mariño de guerra. Non éraro, pois a cidade era base da Armada e tanto osbuques como os pimpantes uniformes dos oficiaishabían inflamar as fantasías infantís.

Mais a Ricardo o que xa lletiraba verdadeiramente eraescribir poemas e asistircos pais ao teatro Jofre.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:13 Página 4

Page 6: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

5

Aos 16 anos foi co pai buscar pousada en Santiago de Compostela, onde ía comezara carreira de Dereito. Era tanta a estima que Ricardo tiña pola Universidadeque parou diante do edificio e tirou o sombreiro en sinal de respecto.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:13 Página 5

Page 7: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

6

En Santiago de Compostela coñeceu outros escritores, como Francisco Fer-nández del Riego, Álvaro Cunqueiro ou Luís Tobío, algúns estudantes comael. Era habitual naqueles anos conversar paseando pola Alameda, entreoutras razóns, para non gastar os cartos en bares e cafés.

Relacionouse tamén con Vicente Risco, Otero Pedraio e Castelao, que xa eranhomes maduros, da xeración Nós. E comprometeuse nunha chea de cousas.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:13 Página 6

Page 8: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

7

Sendo aínda un mozo de 18 anos, Carvalho deu unha conferencia no “CentroObrero de Cultura”, de Ferrol, titulada En torno a las ideas comunistas dePlatón. Era a primeira conferencia que daba.

A idea da propiedade individualé un instinto tanto máis acusadocanto menos se ten avanzado no

camiño da civilización.

É necesariovarrer as palabrasteu e meu, sustituín-doas por noso, da

comunidade.

O comunismo moderno establé-cese para mellorar a situacióndos oprimidos polo capitalismo,aparecendo como unha aspira-

ción das clases inferiores.

Réstame só, para rematar, facervotos por que a gran obra socialista,purificada de todos os seus humanos

extravíos e libre de todos os seus acci-dentais erros, chegue a imporse entodas as conciencias e a reinar en

todos os espíritos.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 7

Page 9: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

8

Xa nos últimos días da ditadura do xeneral Primode Rivera e o reinado de Alfonso XIII, a forza pú-blica entrou ilegalmente na universidade com-postelá e disolveu unha folga de estudantes.Carvalho, que era antiditatorial e antimonár-quico, como a maioría dos universitarios, es-cribiu a crónica destes feitos.

Mais Carvalho tamén criticaba a falta deespírito galego dos estudantes composteláns, quevía máis atentos ao que se dicía en Madrid que ao quepasaba en Galiza.

Eramos todos, naquelaépoca, non só liberais,e anti-ditatoriais, senón

republicanos.

Alfonso XIII Primo deRivera

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 8

Page 10: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

9

Irei-me sem sabêlo.Mais de setenta anos perguntando-o.A resposta, silêncio.

Cai morto o prisioneiro sem ver nada.O espectador que está vivo e atento...algo mais vê. A porta que se abre.Mais nada. Alguém hai dentro?

Cantigas de amigo e outros poemas (1986)

PoesíaA poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,unha maneira de purificar-se, de purgar as angúrias, as preocupazónsdo home”. Como escritor, sentíase sobre todo poeta.Carvalho Calero escribiu poesía toda a súa vida, dende neno até os de-rradeiros días. Publicou na década de 1980 varios libros: Pretérito im-perfeito (1927-1961), Futuro condicional (1961-1980), Cantigas de amigoe outros poemas (1980-1985) e Reticências... (1986-1989).

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 9

Page 11: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

10

En 1931, Carvalho li-cenciouse en Dereitocun expediente acadé-mico brillante.

E f R e a

Traballou de funcionarioen Ferrol. E seguiu a es-tudar Filosofía e Letras,coa idea de chegar a serprofesor universitario.

O 12 de abril de 1931, as forzas políticas republi-canas gañaron as eleccións municipais. A xentebotouse ás rúas, entrou nos concellos, retirou osretratos dos monarcas, e nomeou alcaldes republi-canos. O rei Alfonso XIII xa “non tiña o amor do seupobo”, segundo dixo, e marchou ao exilio. O día 14proclamouse a II República. Un aire fresco de li-berdade empurrou a política e a cultura.

Como calquera outromozo daqueles tempos,Carvalho Calero fixo oservizo militar. Man-dárono a artillaríamontada, ao cuartelque había en Compos-tela onde agora está oParlamento de Galiza.Mais, aínda que seicagastaba botas con es-poras, non chegou amontar a cabalo.

Son o número tres.Posto de doce a duas.

As estrelas das miñasesporas

dialogan coas estrelasdo ceo.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 10

Page 12: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

11

En 1933 casou coa pro-fesora María IgnaciaRamos, que coñeceraen Compostela sendoambos estudantes.

io s-

s, r

.

En decembro de 1931, aos poucos meses de se pro-clamar a República, Carvalho participou naasemblea na que se fundou o Partido Galeguista.En maio, redactara, con Lois Tobío, por enco-menda do Seminario de Estudos Galegos, o ante-proxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza.

“Artigo primeiro.A Galiza é un Estado libredentro da República Fede-

ral Española”

Alfonso XIIImarchando

ao exilio

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 11

Page 13: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

O 17 de xullo de 1936, unha tropa de lexionarios, afeita a degolar mouros ereprimir obreiros, sublevouse en África contra a República. Ao mando destahorda púxose Franco, un xeneral ferrolán. Foi o chispazo que fixo estalarun golpe que se viña organizando había tempo. A sublevación estendeuse logopor toda a península, tamén por Galiza, a pesar da resistencia dos mariñei-ros da base naval de Ferrol, que prenderon os oficiais golpistas e mantive-ron os buques da Armada fieis á República.

Carvalho Calero estaba eses días en Ma-drid. Xa se licenciara en Filosofía e Le-tras e opositaba para profesor deinstituto. As oposicións foron afectadaspolo rebumbio da sublevación, mais Car-valho conseguiu a praza de catedrático.

En Madrid recibiu un telegramacomunicándolle que nacera Ma-galí, a súa primeira filla. Mais,debido ao golpe militar, nonpuido regresar a Ferrol.

12

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 12

Page 14: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

13

Carvalho alístouse nun batallón de milicianos republicanos e participou nadefensa de Madrid. A capital estaba ameazada polas tropas sublevadas, que xaentraban polas rúas dos arrabaldes.

Non seise matei.Estivenna trincheira.Non vino meunemigo.Disparei.Non seise matei.Fun ferido.Mais nonseisematei.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:14 Página 13

Page 15: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

14

Como a maior parte do exército se sublevou, o goberno da Repúlica tivo que de-fenderse principalmente con milicianos. Mais, para gañar a guerra, era pre-ciso un exército ben organizado. O goberno decidiu entón formar oficiaiscapaces de dirixir as unidades. Carvalho, debido á súa boa formación cultural,foi un dos elixidos e destinado como tenente de artillaría a Andalucía. Maisen 1939, ao gañaren os sublevados a guerra, prendérono por “adhesión á rebe-lión”. Este contrasenso, de seren os rebeldes quen condenaban por rebelíon aosque se mantiveron fieis á República, foi habitual incluso despois da guerra, edurante todo o franquismo.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:15 Página 14

Page 16: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

15

Carvalho foi condenado a doce anos e un día de reclusión maior e encerrado noconvento de Santa Úrsula, de Jaén, reconvertido en cárcere, porque non habíaprisións abondo para encerrar tanto preso como estaban a facer os vencedores.

Mais, aínda abatido, Carvalho non deixou de escribir.Carteábase tamén cos amigos, entre eles, Francisco

Fernández del Riego.

Resulta ridículo que a dórseña fecunda. A fecundidadeé filla do pracer. A amargura

non pare, ao sumo aborta.

A suas cartas viñan carregadas dunobrigado pesimismo. Pechado entre os

espesos muros dun vello convento anda-luz, Carvalho Calero considerábase un

fiel perseguido da desventura.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:15 Página 15

Page 17: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

16

En 1941, despois de dous anos preso,Carvalho saíu do convento-presidio.Como a outros moitos presos, soltá-rono porque a ditadura non podíamanter tantos reclusos.

Volveu, por fin, a Ferrol, onda a súafamilia. Mais tivo que presentarseperiodicamente ante as autoridadesdurante os doce anos e un día quedurou a condena.

E, como a ditadura que impuxeron osvencedores da guerra non lle permi-tía ser profesor de instituto, traba-llou en academias privadas.

E continuou escribindo. Colaborabatamén co xornal compostelán LaNoche e coas revistas da emigraciónGalicia, Lar e Galicia Emigrante.

Os que tiñamosos antecedentes

que eu tiña formá-bamos unha castade cidadáns de ca-

tegoría inferior.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:15 Página 16

Page 18: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

17

Fim da República.E a Galiza? Bóveda, imolado; Castelao, em Nova Iorque.Scórpio, morto cabo de Cleo polas bombas da aviaçom fascista, nom sei se in-

vejar a tua sorte.Se sobrevivo, e tenho sossego para isso, talvez retome aquel projecto que ou-

trora alimentei de escrever a tua história. De inventá-la, pois foste sempre un mis-tério para mim. Mas, quem pensa em escrever a historia de um home agora queagoniza todo um mundo?

Scórpio (1987)

NARRATIVACarvalho Calero escribiu A xente da Barreira cando saíu da prisión.Foi o primeiro romance en galego que se publicou despois da guerra.Aos 75 anos escribiu Scórpio, un romance inspirado nas súas propiasvivencias de mozo universitario e de combatente.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:15 Página 17

Page 19: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

18

As alumnas e alumnosrepresentaban tamén

obras xaponesas engalego, incluso con quimo-

nos, para entenderen que oseu idioma vale para repre-

sentar calquera cultura, nonsó os costumes das

aldeas galegas.

Carvalho introduciu o teatrono colexio. El mesmo facía dedirector e incluso de actor

nos ensaios.

En 1950, Carvalho trasladouse a Lugo, para traballar no colexio Fingoi comoconselleiro delegado. Realmente ía como director, mais non podía figurar cotal porque a liberdade condicional aínda non llo permitía. O Fingoi era un co-lexio anovador que daba un ensino baseado nos coñecementos prácticos e nacultura do país. As nenas e nenos estudaban xuntos, cousa rara naqueles anos,en que os colexios separaban por sexos.

A minha afeiçom ao teatro, afeiçom que sóesporadicamente pudem cultivar ao longo

da minha vida, data dos meus anos infantis.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:15 Página 18

Page 20: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

19

TEATRO

¡Ai, eu morro; eu morro; eu morro! ¡Ai, asmiñas illargas, ecetra, ecetra! Son muller pra

pouco. Acabo-me. ¡Ai, os meus rens: ai, odemais! ¡Ai, Divina! ¿Onde estás? ¡Ai, Divina!

E logo, ¿que chepasa? ¿Que be-rros son eses?

¡Ai, Divina! Atópo-memoi mal!. ¡Ai, Divina! ¡Vou-me! ¡Vou-me deste mundo!¡Ai, os meus cadrís! ¡Ai,

que non aturo!

Carvalho foi toda a vida un afeccionado ao teatro, xa desde cando nenoía cos pais ao teatro Jofre de Ferrol. As súas obras están recollidas noslibros Catro pezas e Teatro completo. Unha das súas pezas máis popularesé A farsa das zocas, baseada nun relato que unha alumna súa do colexioFingoi oíu nunha aldea de Lugo.

A farsa das zocas(escrita en1948 e

publicada en 1963)

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:15 Página 19

Page 21: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

Pouco antes de princi-piar a década dos 60, en1958, Carvalho ingre-saba na Academia Galega.

En 1961 a editorialGalaxia publicaba olibro de poesía deCarvalho Calero Sal-terio de Fingoy.

The Beatles, RollingStones, Bob Dylan,Joan Baez, Caetano Ve-loso, Raimon ou VocesCeibes representan amúsica desta década.

En 1960 aprobaban a co-mercialización da píl-dora anticonceptiva,impulsora da liberaciónsexual feminina.

En 1963 Martin LutherKing pronunciaba enWashington o seu fa-moso discurso contra adiscriminación racial“I have a dream”.

En 1963 a editorial Ga-laxia publicaba Histo-ria da literatura galegacontemporánea, obra deCarvalho Calero, na quetraballou moitos anos.

OS ANOS 60

20

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:16 Página 20

Page 22: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

En 1965, aos 55 anos,unha vez cancelados osantecedentes penais,Carvalho obtiña, porfin, praza de profesorde instituto.

En 1966 a editorial Gala-xia publicaba GramáticaElemental del GallegoComún, de Carvalho Ca-lero, da que se fixeronsete edicións.

En 1969 Neil Amstrongpisou a Lúa por pri-meira vez na historiada Humanidade.

En 1965 os EUA comeza-ron a bombardear inten-samente Vietnam, Laos eCamboia, con napalm eoutras armas químicas

En 1965 os marines dosEUA invadiron a Repú-blica Dominicana, o seu“patio traseiro”.

En marzo de 1968 a poli-cía volveu entrar nauniversidade compos-telá para disolver unhafolga de estudantes. Enmaio rebeláronse os es-tudantes de París con-tra o capitalismo.

21

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:16 Página 21

Page 23: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

22

En 1972, Ricardo Carvalho Calero obtén, por oposición, a cátedra de Lingua eLiteratura Galegas na Univerdidade compostelá, da que era docente desde 1965.Era o obxectivo que perseguira, desde que en 1931 empezara a carreira de Filo-sofía e Letras, e que nin a guerra nin os atrancos da ditadura puideron impe-dir. Os seus amigos organizaron un xantar para celebralo.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:16 Página 22

Page 24: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

23

Carvalho Calero pediu adiar o xantar de celebración, en sinal de respecto aAmador Rei e Daniel Niebla, dous obreiros que matou a policía en Ferrol duranteas folgas que se estaban a producir aqueles días no sector naval. A loitaobreira era apoiada polos estudantes da universidade compostelá e por moitaxente en toda Galiza. O 10 de marzo de 1972, día da morte de Amador e Daniel,ficou fixado no calendario como Día da Clase Obreira Galega.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:16 Página 23

Page 25: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

24

Distínguese inmediatamente a aquel investigador para quen o obxecto da súa in-vestigación é un material neutro desde o punto de vista afectivo e aquel que, apli-cando todo o rigorosamente lle sexa posíbel os sus métodos científicos, está senembargo interesado en dar a coñecer, en potenciar a actividade lingüística do seupobo con esperanza de que non se interrompa a corrente de criación que esa ac-tividade lingüística supón. Eu, naturalmente, estou dentro desta segunda corrente.

Carvalho Calero

CIENCIA“Ademais do labor de creación, é de sinalar o atento estudo que CarballoCalero lle adicou aos problemas da língua. Para el a historia do idiomagalego era a historia mesma de Galicia”, dixo do labor científico deCarvalho o seu fraternal amigo Francisco Fernández del Riego. CarvalhoCalero esculcou en profundidade a lingua e a literatura galegas.

Praza de Mazarelos, en Santiago de Compostela, onde estaba a cátedra de Lingua e Literatura Galegas.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:16 Página 24

Page 26: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

25

O conflito lingüístico segundo Carvalho Calero

“Unha lingua non pode perpetuarse senon se exercita”.

Para Carvalho Calero, literatura ga-lega é a que utiliza a lingua galega. Senon utiliza o galego, non pode consi-derarse literatura galega, aínda quefale de cousas moi enxebres.

Yo, en mis libros, hablo decorredoiras y de morriña.No me negarán que hago

literatura gallega.

“Na nosa terra o que funciona éunha diglósia, existe unha línguaalta e unha língua baixa”. Natu-ralmente, a situación resólvese afavor da lingua alta.

Tendo rastrillosmecánicos, quenquere angazos?.

A influencia do español convertirá ogalego nun dialecto. “Ou o galego seassume como galego-português, ou asua dialetalizaçom acabará por con-fundi-lo com o espanhol”.

Esta Carmela ébestial. Gústanme

muchísimo osseus vídeos.

Yo no hablogallego porquenadie lo usa. Pues yo no lo

uso porquenadie lo habla.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 25

Page 27: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

26

“O reintegracionismo supom o razoável reingresso na comunidade lingüísticaá que realmente pertence o galego”.

“O galego-português, o castelhano e o catalán som as três línguas romá-nicas da Península”. ”O galego ou é galego-português ou é galego-castelam. Ousomos umha forma do sistema occidental ou somos unha forma do sistema cen-tral. Non hai outra alternativa”.

GA

LEG

O-P

ORT

UGUE

S

CATA

LÁN

CASTELHANO

O reintegracionismo

“Un galego con ortografía castelhana é próprio dunpaís que renuncia à autonomía cultural e considera a

sua língua un dialecto daquela que lhe presta a sua nor-mativa gráfica. O galego debe ter umha ortografía pró-pria, e non debe ignorar que dentro do mundo hispánicooccidental hai unha lingua codificada e normalizada que

está ligada à nosa por laços estreitos”.

^

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 26

Page 28: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

27

Illarnos da lusofonía, con-vertiríanos en robinsóns.“O isolacionismo frente aoportugués nom pode condu-cir senom ao bloqueo das po-sibilidades de expansom donoso idioma. Se o galego sedesintegra do seu sistemanatural, nom tem ante simais perspectivas de fu-turo que a integraçom nosistema castelam”.

“O Galego-Português, na Galiza denomidado Galego, e internacionalmente con-hecido como Português, é a língua oficial de Angola, Brasil, Cabo Verde, TimorLeste, Galiza, Guiné Bissau, Guiné Equatorial, Macao, Moçambique, Portugal, SaoTomé e Príncipe..., comunidade lingüística internacional coñecida como Luso-fonia (tambén Galegofonia ou Galego-Lusofonia”. Uns 275 millóns de falantes.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 27

Page 29: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

28

Un bilingüismo a nível de povo, ounación, seria patológico. Seria undesdobramento da personalidade,un fenómeno de psicopatologia.

Un intelectual incómodo para a Galiza oficial

Que sentido pode ter a obrigato-riedade do ensino da nosa línguase non cabe o deber de coñecé-

la por parte dos galegos?

E se ninguén ten o deberde coñecé-la, por que se

chama língua oficial?

Porque no Boletín Oficial do

Goberno Autónomo hai que

insertar as disposicións en

castellano e en galego, lín-

guas que a xuizo da Xunta

son dabondo semellantes?

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 28

Page 30: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

29

Á Galiza oficial, é dicir, a do poder e os individuos que viven a conta del, amo-loulle que Carvalho fose crítico co marco constitucional-estatutario español.

Nunha das súas derradeiras entrevistas, declarou que el non era confor-mista “frente á política seguida polas forzas que governaron a nosa Autonomíaaté agora. Eu máis ben me considero fóra da situazón presente. Non se pode dicerque sexa especialmente distinguido polos nosos governantes. En algúns aspec-tos, como por exemplo o aspecto lingüístico, e dentro do aspecto lingüístico oda normativizazón do idioma, estou claramente escomungado”.

Ricardo Carvalho Calero mantívose fiel a si mesmo. Foi condenado ao ostracismopola Galiza oficial, mais houbo e hai moita xente admiradora e seguidora dunescritor, profesor e científico verdadeiramente senlleiro. En vida foi reco-ñecido por parte de todas as asociacións vinculadas á cultura galega de basee ao nacionalismo galego.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 29

Page 31: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

Ricardo Carvalho Calero finou o 25 de marzo de 1990 en Santiago deCompostela. Un mes escaso despois foi lanzado ao espazo o telescopioespacial Hubble. Haberá quen teña a esperanza de que algunha dascámaras do aparello localice Ricardo no ceo. Outros, menos crentes,buscarano nas bibliotecas, e todos na súa obra de amor e de servizoao pobo galego. Aquí é seguro que estará eternamente.

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 30

Page 32: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 31

Page 33: CapaCARVALHOcorunha:Maquetación 1 24/02/21 11:14 ......Cantigas de amigo e outros poemas (1986) Poesía A poesía era para Carvalho “unha maneira de expresar esa trascendéncia,

www.federaciongalizacultura.gal

[email protected]

D.L.: C 1604- 2020

I.S.B.N.: 978-84-122959-0-0

Edita

LibroCARVALHO2021:Maquetación 1 22/02/21 09:17 Página 32