Carlos Casares CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS...

32
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2017 Carlos Casares

Transcript of Carlos Casares CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS...

CONCERTO DASLETRAS GALEGAS2017

Carlos Casares

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

real Filharmonía de galiciaOrquestra

maximino ZumalaveDirector

Coro novo Orquestra sinfónica de galiciadaniel garcía artés

Director de coro

Ourense16 de maio de 2017

santiagO de COmpOstela18 de maio de 2017

20:30 horas

Ourense e santiago. música e palabra

Dámoslles a benvida ao Concerto das Letras Galegas, unha iniciativaque dende hai sete anos pon música á festa do 17 de maio cun re-pertorio musical integrado por obras galegas. Con el, o Consello daCultura Galega quere contribuír a darlle máis valor a este día pormedio dunha achega musical que, por norma xeral, escolle textos eadaptacións musicais que dalgunha forma estean relacionados coafigura á que se lle dedica a festa da lingua. O primeiro concerto tivolugar na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Com-postela para, posteriormente, viaxar a Pontevedra, Lugo e A Coruñacon homenaxes a Valentín Paz-Andrade, Xosé María Díaz Castro,Roberto Vidal Bolaño, Filgueira Valverde e Manuel María. É a pri-meira vez que Ourense acolle esta iniciativa e faino cun recital de-dicado a Carlos Casares, autor nacido e profundamente ligado ácidade e a quen este ano honramos co Día das Letras Galegas.

Carlos Casares nacía nas primeiras horas dun 24 de agosto de1941 no domicilio da súa avoa materna, situado na rúa do CardealQuevedo número 2. A súa infancia e adolescencia transcorreronentre Ourense, Xinzo, Beiro e Sabucedo. Estes espazos marcaronprofundamente unha obra literaria na que o humor, a inocencia e amemoria familiar teñen un peso relevante. Melómano, coleccionistade vinilos e posuidor dunha ampla biblioteca musical, sorprenden-temente rica para alguén que non era músico profesional, o autorde Vento ferido foi un grande afeccionado ao jazz, pero tamén á mú-sica culta e á música popular. Consciente do poder aglutinador etransformador da música, no seu tempos de estudante en Santiagode Compostela estivo na organización do famoso concerto do can-tautor catalán Raimon, realizado en 1967. Este recital considéraseo inmediato antecesor do movemento Voces Ceibes, expresión ga-

lega da canción protesta. As cidades de Ourense e Santiago, a mú-sica e a palabra tiveron, pois, gran peso na vida e na obra de CarlosCasares, polo que este concerto supón acaída homenaxe para quenfoi presidente do Consello da Cultura Galega entre 1996 e 2002. Du-rante o seu mandato manifestou a súa gran sensibilidade e respon-sabilidade para co mundo da música galega, que se materializou naredacción en 1999 dun informe fundamental para a creación doscentros integrados de música en Galicia. Con el daríase un pasoesencial para fornecer de músicos cualificados a nosa vida cultural.

A formiga

Unha vez máis, é a Real Filharmonía de Galicia a que, acompañadanesta ocasión polo Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia ebaixo a dirección de Maximino Zumalave, ofrece un programa mu-sical coa Alborada do mindoniense Pascual Veiga; Lonxe da terriña,

escrita polo rexionalista federal lugués Aureliano J. Pereira en 1888e musicada por Xoán Montes (en ambos os casos a adaptación co-rreu a cargo de Juan Durán); e unha escolma da Cantata das cantigas

recompiladas por Ramón Cabanillas e musicadas por Rogelio Groba.A inclusión no programa da Suite sobre cantos populares gallegos,

do autor catalán Enrique Granados, revela o interese que a temáticagalega suscitou entre os grandes compositores internacionais.A elas súmase a encarga do Consello da Cultura Galega dunha com-posición musical creada en exclusiva para esta cita, co fin de irmosconfigurando un corpus orquestral sobre literatura galega. Nestecaso, o compositor lugués Rubén Vizcaíno elaborou a partituraA formiga, a partir do relato de Carlos Casares “A formiga esquia-dora”, integrado no libro A galiña azul. É a primeira vez que istoacontece cun texto narrativo xa que anteriormente só se musicaranobras líricas. O ourensán publicaba en 1968 o seu primeiro textopara nenos, que inclúe este contiño cheo de inocencia, tenrura, me-lancolía, crueldade, valentía e humor no que están moi presentes a

súa infancia, o seu pai e o seu irmán Xavier. Casares incorpora aomundo minúsculo dunha formiga a épica de grandes dimensións,aínda que cunha linguaxe sinxela e moi clara, que dota ese pequenorelato dun carácter único. Nesa mesma liña, tal e como o escritorconta grandes historias que combinan a plasticidade da escrita cundominio aparentemente sinxelo da lingua, a partitura de Rubén Viz-caíno pretende acadar tamén un resultado impactante con mediosintencionadamente limitados na procura da máxima expresividadecunha paleta reducida. O resultado, unha feliz combinación de emo-cións simples e evocadoras nunha composición que ten en Ourensea súa estrea absoluta antes de viaxar a Santiago de Compostela.

agradecementosCómpre, finalmente, amosar o agradecemento a todas as persoasque, dun xeito ou doutro, participaron neste Concerto das LetrasGalegas. Queremos agradecer a colaboración do Consorcio da Ci-dade de Santiago, que lle volveu permitir á Real Filharmonía de Ga-licia interpretar o programa musical; do Consorcio para a Promociónda Música, A Coruña, que cedeu o Coro Novo da Orquestra Sinfónicade Galicia —dirixido por Daniel García Artés— para poñer voz ás par-tituras; de Álvaro Torrente, autor das notas ao programa e da Coralde Ruada, que animosamente aceptou o noso convite para a inter-pretación do himno galego. Tamén queremos agradecer a xenero-sidade dos concellos de Ourense e de Santiago de Compostela, quecederon os auditorios que nos acubillan. Esta gran suma de esforzospermitiu a celebración do recital. É de xustiza, para rematar, salien-tar o traballo de Maximino Zumalave, como director da orquestra ecomo coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Con-sello da Cultura Galega. Sen o seu esforzo persoal e institucionalesta cita anual, ineludible xa no calendario da nosa cultura, non seríaposible.

Concerto das letras galegas2017

prOgrama

i

alBOrada galega (Francisco María de la Iglesia)Pascual Veiga(Orquestración de Juan Durán)

lOnXe d´a terriÑa (Aureliano J. Pereira)Xoán Montes(Orquestración de Juan Durán)

suite sOBre CantOs pOpulares gallegOsEnrique Granados

Nº 1. En la montaña. Allegretto tranquilloNº 2. Allegro ModeratoNº 3. Morriña. LentoNº 4. Final. La fiesta. Allegro grandioso

ii

a FOrmiga (Carlos Casares)Rubén Vizcaínoestrea absoluta

Cantata das Cantigas (Ramón Cabanillas) (selección)Rogelio Groba

I. Pensa moito e fala poucoV. Fun que non fun ao muíñoVI. Filla das herbas tristesVII. As fillas de FurabolosVIII. Coma se foran señorasIX. Deixade fungar ás vellasX. Arrú, meu neniñoXI. Unha silla no infernoXII. Pensa moito e fala pouco

teXtOs en que están Baseadasas peZas musiCais dO prOgrama

ia estrela CruÑesa(Alborada)Adicada ás garridas nenas d´a Cruña

IArriba qu´a Aurora

Comenza a pintarA luz que namoraN-a terra e n-o mar.

Deixad´os leitiños,Meniñas, deixá,Qu´os vosos olliñosDan mais craridá.

IIComo ese sol qu´alomea

Tan galan e spellador,Vínde vos, soles d´aldea,Avival o noso amor.

Que si con lumes e froresSabía Aurora rebuldar;Vosos cándidos amoresSaben millor feitizar.

IIIVínde, fillas d´a Alborada

Vínd a ver nacel o sol,Vosos beizos de granadaDarán celos ô arrebol!

E ô remanso d´os airiños, D´fontiña ô gorgullar,Bailaremos en remuiñosDe duzoso suspirar.

IVAla vén xa, raparigos,

Meu amor, miña ilusiónCochand´entre brancos prigosSeu ferido corazón.

N´hay aurora coma ela…Nin mais fresco caravel…¡Miña rula! ¡Miña estrela!...¡Morrerey por serche fiel!

V¿Non vés miña prenda

Aquél sol n´ourente?Seu lume crecente,E neve pra min.

Ven tí ós meus brazos.¡O mundo olvidemos!E amantes seremosD´a vida hastr´o fin.

Francisco maría de la iglesia:a Coruña, 1879

lOnXe d’a terriÑa

Lonxe d’ a terriña,lonxe d’ o meu lar,qué morriña teño,qu’ angustias me dan.

Non che nego a bonitura,ceíño d’ esta terriña;ceíño d’ a terra alléa¡quén che me dera n’a miña!

¡Ay, meu doce Miño,que regas meu chan!os aires che levano meu sospirar.

Cheirosas son estas rosas,cheirosas e bonitiñas.¡Ay, quén aló che me deraentre pallas y-entr’ ortigas!

¡Ay, meu alaláaaa....cándo t’ oirei!Chousas e searas¡cándo vos verei!

Verdiños son estes campos,verdiñas as arboredas,pero non moven as polasos aires d’ a miña terra.

¡Lonxe d’ a miña,qu’ angustias me dan!Os que vais pra ela¡con vos me levai!

aureliano J. pereira: “lonxed´a terriña”, en Cousas

d´aldea, a Coruña, 1891

a FOrmiga esquiadOra

Hoxe acordéime do Leoncio e quixera saber o idioma que inventóu, o «pa-papío», pra poder falar cunha formiga que conocín. Resulta que esta mañáapareceron formigas na habitación rosa da miña casa. Viñan do formigueiro,que está abaixo, no patio. Entraban pola ventá e pasaban pola habitaciónrosa para ir buscar azucre á cociña.

O meu pai, que sinte un gran cariño polos bichos, andivo mirando a cara-vana cunha lupa e descubríu unha formiga camiñando fóra da fila. Sa xabesque as formigas van sempre en caravana e en fila india.

Pois ben, unha formiga camiñaba pola súa conta, fóra da fila. Camiñabapaseniño, moi paseniño. O meu pai miróuna ca lupa e ¿sabes o que descu-bríu? Que a formiga tiña unha pata rota. Por eso andaba tan amodiño.

O meu irmáu Xavier dixo:—Como nevóu o outro día, ó mellor andivo esquiando e partíu uha pata.Era unha monada do meu irmáu, porque xa sabes que as formigas non es-

quían, pero na casa, entre todos, démoslle en chamar «A formiga esquia-dora».

Cando cheguéi á noite pra cear, o meu pai, que andivo observando ca lupatodos os pasos da formiga, contóume o seguinte:

—A formiga tardóu moito en chegar ó sitio do azucre, pero chegóu.¿Sabes o que fixo entón? Colléu unha pedra grandísima, a pedra de azucremáis grande que había. E marchóu con ela. Iba moi cansa. Levóulle pertodunha hora atravesar unha baldosa. Cando a tivo atravesado, metéuse, sinquerer, nunha pucharquiña de auga, e como andaba tan amodiño, derretéu-selle o azucre. Deu a volta e volvéu coller outra pedra grande. Aínda non an-divera dúas baldosas, cando chegóu unha mosca e roubóulle o azucre.

O meu pai estivo tentado de axudala, pero deixouna soia. Colléu unha vezmáis outra pedra e marchou con ela ó lombo… Pesáballe tanto que cásequenon podía andar. Despóis de moito traballo, despóis de varias horas, candoxa empezaba a anoitecer, cruzóu o buraco da ventá e saíu ó patio. Pero alínon puido máis e morréu desfalecida e sin forzas, ó pé dunha herbiña.

Agora o meu pai di que lle hai que cambiar o nome, que non está ben cha-marlle «A formiga esquiadora» e andamos todos a lle buscar un nome novo.¿Ocúrreseche a ti algún? Si non nos mandas ti un, ó millor pómoslle «A for-miga valente».

Carlos Casares: “a formiga esquiadora”, conto incluído en A galiña azul,Vigo, editorial galaxia, 1968

i. pensa moito e fala pouco

Pensa moito e fala pouco, que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

Catro cousas hai no mundoque revolven o sentido:amar e non ser amado,querer e non querido.

Para que rubes tan alto,atrevido pensamento,para que rubes tan altose tes que baixar co tempo.

Pensa moito e fala pouco,que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

V. Fun que non fun ao muíño

Ehí veñen os mariñeirosde traballar á escurada;rapaciñas da riberiaterlle a cama preparada.

Tódolos que cantan benteñen porta no muíño,os que non saben cantarmiran por un buraquiño.

O amor da costureira,era papel e mollouse,agora costureiriña,o teu amor acabouse.

Eu polo mar, ti tamén, os dous andamos perdidos.Ti no mar dos meus pesares,eu no mar dos teus sentidos.

Fun que non fora ó muíño,eu non fun para moer;fun falar coa muiñeira,non me quixo coñecer.

Vi. Filla das herbas tristes

Xa non teño pai nin nai,nin nesta terra parentes.Son filla das herbas tristes,neta das ágoas correntes.

Mira que estou agardandosentadiña nesta pedra,non penses que non é pecadoenganar a quen espera.

Acórdate que puxechetúas mans sóbor das miñase que dixeches chorandoque nunca me esquecerías.

Cantigas pOpulares reCOllidas pOr ramÓn CaBanillas1

Escolma do compositor Rogelio Groba a partir de textos populares recollidos por Ramón Cabanillas enAntífona da cantiga, Vigo, Galaxia, 1951.

Vii. as fillas de Furabolos

Si queres tratar comigolávate de arriba abaixo,que as meniñas desta terranon son lordas de refaixo.Ai, lalala. Ai, lalalala.

As fillas de Furabolos,todas xuntas nunha eira,unhas cantan, outras bailan,outras tocan a pandeireta.

Aviva a gaitiña, Pedro,que ela vai amourtaxada,e as rapaciñas da Ullaquérena máis avivada.Ai, lalala. Ai, lalalala.

A muller de Malpocadoestá bailando na eira;Malpocado está mirandocomo a muller se peneira.

Viii. Coma se foran señoras

As mozas de Paradela,elas son moi bailadoras,bailan na punta do pécoma si foran señoras.

Non te cases en Cariño,que é terra de moita areae ós tres meses de casadairás ó monte por leña.

Os de Noia son bos mozos,os de Muros baloqueiros,os de Fisterra morenos,os do Son son mariñeiros.

Sardiñas frescas do mar,quen che me dera un milleiro,pan trigo de Ribadavia,nenas do Chan de Amoeiro.

iX. deixade fungar ás vellas

Eu caseime con un vellopensando que tiña home,válate xuncras o vello,nen sequera á cama sobe.

Cantade, nenas, cantade,deixade fungar ás vellas,o tempo da mocidadetamén o pasaron elas.

Dios che me deacon esta miña muller; nin ela fai o que eu digo,nin eu fago o que ela quer.

Unha vella fixo papas, botoullas o pote fóra;fai un ano que foi isoinda agora vella chora.

A vella perdeu o velloentre as folliñas do millo,anda agora preguntandopolo seu agarimiño.

O baile, visto de lexos,parece cousa de tolos.E se é que o bailan os vellosé mellor pechar os ollos.

X. arrú, meu neniño

O meu meniño é unha rosa,porque caladiño durme,porque durme caladiño.[…]

Este meniño ten sono,ten un olliño pechado,outro non o pode abrir.[…]

Arrú, arrú meu meniño,Arrú, arrú meu rapaz,Arrú, arrú meu meniño,Arrú, arrú ben arruadiño vas.

Xi. unha silla no inferno

Para o domingo que vénsonche as miñas monicións,con iso iranse acabando tódalas marmuracións.

Por cantar, rir e bailar,nunca se perdeu ningún,perdeuse por marmurarda vida de cada un.

Podes falar o que queirase cantar o que che adoite,cando ti dis que é de díatodos pensan que é de noite.

O cruceiro da Xesteiraten dúas pedras de asento;unha é de marmurar,outra de pasar o tempo.

Máis quero na miña portaunha silva que me pique,que ter unha mala léngoabarredoira que me enlixe.

Marmurai, marmuradora,marmura de min e doutro,tes unha silla no infernopara descansar un pouco.

Xii. pensa moito e fala pouco

Pensa moito e fala pouco, que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

Catro cousas hai no mundoque revolven o sentido:amar e non ser amado,querer e non querido.

Para que rubes tan alto,atrevido pensamento,para que rubes tan altose tes que baixar co tempo.

Pensa moito e fala pouco,que o moito falar é vicio,e o dar palabras ao ventoé semear no camiño.

intÉrpretes

real FilharmOnía de galiCia Orquestra

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) nace da man da Xunta de Galicia en 1996cunha vocación universal, como a propia cidade onde ten a súa sede, San-tiago de Compostela. O Consorcio da cidade de Santiago é o organismo en-cargado da súa xestión.

Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de es-pírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada porcincuenta músicos de diferentes nacionalidades que achegaron a súa expe-riencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestrescomo Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como di-rector asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra queachegou a forza e pulo necesarios para iniciar este proxecto; Antoni RosMarbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos, e agora Paul

Daniel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron ou teñen a res-ponsabilidade de conducir esta formación musical.

O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio aceptencolaborar e compartir momentos de gran plenitude musical: Frank Peter Zim-mermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín); Natalia Gutman, Lluís Clatetou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou EldarNebolsin (piano), e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ouMatthias Goerne. E, por suposto, importantes directores de renome, comoFrans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, JosepPons ou Christop König, actual director invitado, puxeron o seu batuta áfronte da orquestra.

A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditoriode Galicia de Santiago de Compostela que compatibiliza con xiras e concertosnos escenarios de países como Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentinae, especialmente, Portugal, ademais das principais cidades españolas, ondesalienta a súa participación na tempada cultural de Vigo.

Co mestre Helmuth Rilling a orquestra gravou as catro primeiras Sinfonías

de Schubert, con Ros Marbà un disco dedicado a Joaquín Rodrigo e conAmancio Prada un centrado en compositores galegos. Na discografía da RFGdestacan os seus traballos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou,publicados en 2009, e a Maurice Ravel, en 2012. En 2013 edita o disco Varia-

ciones, no que a orquestra e a soprano María Bayo lle renden homenaxe aAntón García Abril. O seu último CD (2016) recolle tres obras para guitarra(“Concierto de Aranjuez” de Joaquín Rodrigo, “Concierto de Benicássim” deLeo Brouwer e “Guitare” de Frank Martin), baixo a dirección de Óliver Díaz eMiguel Trápaga na guitarra.

maXiminO ZumalaVeDirector

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Ma-drid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, GuillermoGonzález, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do CoroUniversitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal directorinvitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociadoda Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director aso-ciado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismonos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela. Con Ma-ximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo,E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens,V. Georghiu, W. Holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha,A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor,J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moiespecial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países deEuropa. Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas,como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra,Sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, Nacional de Lille,Sinfónica de Odense, Sinfónica de Porto, The Brabants Orchester (Eindho-ven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach Co-llegium, Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona,Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada, entre outras.

Foi invitado a participar en xurados e a presidir importantes certames epremios internacionais.

Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Cas-tillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo, coidando es-pecialmente as primeiras audicións de novos compositores galegos comoAlonso, Balboa, Buíde, Durán, Macías, Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seucompromiso coa cultura de Galicia transcende alén da música: Torrente Ba-

llester envíalle unha obra “lamentando que no pueda ser una sinfonía” e apoetisa Eva Veiga escribe:

...Maximino,

que coas súas mans do silencio

arrinca

a máis pura poesía,

no espacio fuxidía

no corazón eterna.

É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. Enfebreiro de 1995 foi elixido académico de número da Real Academia Galegade Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Dende 2010, é membro do Plenario,coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da CulturaGalega e, dende 2014, forma parte da Comisión Executiva desta institución.En xuño de 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Cas-telao e no ano 2016 foi recoñecido co Premio da Cultura Galega na modali-dade de Música.

COrO nOVO da Orquestra sinFÓniCa de galiCiaDaniel G. Artés, director

O Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), que se presentou en pú-blico en xuño de 2005 na Coruña, supón a posta en marcha da última das inicia-tivas do proxecto orquestral e coral galego, tras a consolidación do Coro e dosNenos Cantores da OSG.

Desde entón xa participou en varios proxectos coa Orquestra Sinfónica deGalicia, entre os que destaca a súa presenza na Balada dos heroes de Britten,A execución de Stepan Razin de Shostakóvich e a máis recente de Carmina Burana

no 15º aniversario da OSG. En decembro de 2007 formou parte xunto co Coroda OSG do Mesías participativo de La Caixa na Catedral de Santiago de Compos-tela e, na pasada tempada de concertos, da Cantata de Nadal de Honegger e doCarmina Burana participativo da edición 2011 do Festival Mozart da Coruña.

Ademais de colaborar nos concertos co Coro e coa Orquestra Sinfónica deGalicia, ofrece con regularidade concertos a capela en diferentes localidades dacomunidade galega.

Obtivo o 2º Premio no Concurso Fira de Tots Sants de Cocentaina na súa XXVIIedición (2007), así como o Premio do Público e Segundo Premio do ConcursoNacional de Corales Antonio José, en Burgos, en outubro de 2008.

O Coro Novo, formado por 35 mozas e mozos de entre 13 e 21 anos, repre-senta a ponte coral entre o Coro de nenos e o Coro de adultos da OSG.

Desde a súa creación tivo como directores a Daniel García Artés, José AntonioGarcía Mato, Fernando López Briones e José Ramón Rodríguez Castellanos.

Na actualidade Daniel García Artés exerce o labor de dirección musical e JoanCompany a dirección artística.

nOtas aO prOgrama

as músiCas daquel Verán

álvaro torrenteFundación Gonzalo Torrente BallesterInstituto Complutense de Ciencias Musicales

Os veráns foron, durante moitos anos, o tempo dos faladoiros entre Carlos Ca-sares e o meu pai Gonzalo Torrente Ballester, faladoiros aos que se sumabanfrecuentemente non poucos amigos e algúns familiares. Circulaba a lenda deque, ás veces, Casares levaba na súa moto a Torrente desde A Ramallosa aBaiona, unha lenda que non tiña máis testemuñas ca os protagonistas e queningún deles quixo nunca desmentir. Nos faladoiros do café Monterrey falábasede todo: de lembranzas, de actualidade, de literatura, de amigos achegadosou perdidos na brétema, de personaxes estrafalarios —frikis chamariámosllesagora—, de Pontevedra, de Santiago ou de Ourense, dunha Galicia doutrostempos que os mozos nunca puideramos coñecer. E tamén se falaba de poesía,de arte e de música. De Mozart e Bach, os músicos que ambos máis amaban.De vellos narrando contos e historias na lareira. De cegos cantando romancesacompañados da zanfona. De como o tango entrou en España polo porto deVigo, nos cafés e tabernas onde confraternizaba a burguesía viguesa con pa-saxeiros e mariños chegados de Arxentina (porque Galicia estaba máis pretode Bos Aires que de Madrid). Nunha daquelas, Casares trouxo canda el un no-vísimo Carlos Núñez e pasaron horas rememorando cancións e sons antigosque Núñez anotaba apresuradamente nun pano de papel e despois levou aosseus discos. Eran formas de transmisión da cultura e da tradición que a vidamoderna e a tecnoloxía están facendo desaparecer.

alborada (1880)É probable que fose esa a mesma vía pola que algúns dos compositores in-terpretados neste concerto coñeceron os cantares que serviron de inspiraciónás súas obras, quizais escoitados nunha festa de aldea ou nunha taberna demariñeiros. Pascual Veiga é lembrado sobre todo por dúas das súas compo-sicións, a Alborada galega que hoxe se interpreta e o Himno Galego Os Pinos,cuxa importancia e transcendencia máis dun século despois da súa morte dantestemuño da súa influencia na construción da identidade cultural galega.

Veiga foi unha figura fundamental na Galicia do século XIX, como fundador edirector de diversas agrupacións corais, e un dos protagonistas principais—xunto con Xoán Montes e Xosé Castro— do xurdimento e posta en valordunha música culta de raíces galegas da que aínda seguimos a beber. A Al-

borada, concibida inicialmente para coro, baséase nun poema de FranciscoMaría de la Iglesia titulado “A estrela coruñesa” e foi estreada nos Xogos Flo-rais de Pontevedra en 1880. Non tardou en se converter nunha desas obrasimprescindibles do panorama musical, adaptada a todo tipo de agrupaciónsvocais e instrumentais, de xeito especial para a gaita, e a súa popularidadechegou de maneira ininterrompida ata os nosos días. Xaora, o máis probableé que Veiga se inspirase no son do punteiro ao escribir unha melodía diatónicaen modo maior, que se apoia nos graos principais da escala, con frases per-fectamente definidas a modo de baile tradicional, como se quixese trasladarás voces o aroma característico das festas da Galicia do seu tempo. Sen dú-bida foi ese sabor popular o que chamou a atención aos xuíces do concursode coros na Exposición Universal de París de 1889, cando lle concederon aMedalla de Ouro a esta Alborada interpretada polo Orfeón Coruñés nº 4 copropio Veiga á fronte. Hoxe poderemos escoitar a versión orquestral realizadapor Juan Durán.

lonxe d´a terriña (1885)Formado na mellor tradición catedralicia, Xoán Montes tamén cultivou a mú-sica de cámara e de salón no seu Lugo natal, impulsando a creación de diver-sas agrupacións, como a banda de música ou o Orfeón Lucense, ata seconverter nun dos músicos clave da súa xeración. Aínda que cultivou todosos xéneros musicais do seu tempo, desde a música sacra á teatral, foron assúas baladas as que perpetuaron a súa memoria, en especial Negra sombra eUnha noite na eira do trigo, que xa pertencen á cultura popular. É posible quea inspiración para escribir estes lied á galega estivese influenciada polo seucoñecemento da obra de Schubert —outro dos compositores predilectos deCarlos Casares—, cuxas cancións transcribiu para harmonio na súa mocidade.A que hoxe escoitaremos, Lonxe d’a terriña, co subtítulo de “Balada galega”,foi a primeira que compuxo, en 1885, sobre un poema de Aureliano J. Pereira.Nela xa apunta esa inclinación polas tonalidades menores que parecen reco-ller como nunha radiografía o sentimento morriñento da terra que todos osemigrantes sentimos.

suite sobre cantos populares gallegos (1899)Unha das novidades deste concerto é a interpretación da Suite sobre cantos

populares gallegos do compositor catalán Enrique Granados, de cuxo nace-mento se celebra este ano o 150 aniversario, e non queda lonxe o centenarioda súa prematura morte en 1916, cando o vapor Sussex no que viaxaba foitorpedeado por un submarino alemán no Canal da Mancha, co que se truncoua vida dun dos compositores máis fecundos do seu tempo. Granados per-tence, pois, a unha xeración posterior á de Veiga e Montes, pero compartecon eles o interese polas músicas tradicionais como fonte de inspiración.A Suite é unha das súas primeiras obras sinfónicas, que revela un dominio ori-xinal da orquestración, influído especialmente pola escola francesa de Vin-cent d’Indy e Camille Saint-Saëns —outro dos compositores amados porCasares. Estreouse xunto á súa Marcha de los vencidos en 1899 —o mesmoano que morría Montes— na Societat Musical de Barcelona e, aínda que foipublicada por Unión Musical Española, sufriu o mesmo esquecemento quecase toda a súa obra sinfónica. De feito, a pesar da súa temática, tardou caseun século en ser estreada en Galicia, en 1995, e segue sen ser habitual escoi-tala nas nosas salas de concertos. Nesta Suite, Granados busca inspiraciónna música popular de fóra da súa terra, como xa o fixera nas súas máis coñe-cidas Danzas españolas, o que no su día foi obxecto das críticas dalgúns sec-tores da sociedade catalá. Pero como el mesmo escribiu, “a mí me pareceque el arte no tiene nada que ver con la política […] en mi música quiero ex-presar lo que siento, lo que admiro y lo que me parezca bien, sea andaluz ochino”. Ou, neste caso, galego, afortunadamente para todos.

A Suite sobre cantos populares gallegos, dividida en catro movementos—“En la montaña”, “Danza gallega”, “Morriña” e “Final”—, probablementese inspirou na Symphonie sur un chant montagnard français de Vincent d’Indy,que o propio Granados estreara en Barcelona un ano antes tocando o pianosolista. Desta sinfonía reproduce o plano orquestral, excepto no piano, esobre todo o carácter descritivo baseado en melodías tradicionais. Non sa-bemos cales son os cantos que o inspiraron e ata que punto foron transfor-mados polo seu enxeño, pero non hai dúbida de que moitas pasaxes lembrande forma consciente trazos característicos da música galega, en especial ouso da nota pedal, que evoca de maneira inequívoca o roncón da gaita; a uti-lización recorrente do compás de 6/8, característico da muiñeira e moitos ou-tros bailes tradicionais; ou o protagonismo do óboe na presentación e

desenvolvemento de moitos temas, como émulo orquestral da gaita. No se-gundo movemento quizais o que máis salienta é o contraste entre o motivorebuldeiro do fagot e a danza propiamente dita repartida entre o óboe e oresto da orquestra. No terceiro movemento emprega unha escala modal conpuntos en común con Negra sombra, composta por Montes poucos anosantes, que encaixa perfectamente co nome do movemento, “Morriña”.O “Final” é una danza moito máis expansiva que saca brillo aos metais paraconseguir un peche triunfal que contrasta co aire máis intimista dos númerosanteriores. A interpretación desta tarde emprega unha nova edición críticade Douglas Riva publicada o ano pasado polo Instituto Complutense de Cien-cias Musicales.

a formiga (2017)O mozo compositor lucense Rubén Vizcaíno escribiu unha obra para esta ho-menaxe baseada nun texto de Carlos Casares pertencente ao seu relato“A formiga esquiadora”. Rompe así coa súa propia tradición de só poñer enmúsica poemas escritos por el mesmo. Trátase dun dos cinco contos incluídosen A galiña azul, unha das primeiras obras do escritor ourensán (1968) e pro-bablemente a más popular, lectura obrigada nas escolas galegas. Vizcaínoconsegue recoller o testemuño de Casares, que no envoltorio dunha narra-ción infantil transmite unha reflexión sobre o esforzo e a constancia fronteás adversidades. A escritura vocal rigorosamente homofónica, coidando aperfecta articulación do texto, cede o protagonismo ás palabras do conto.O ritmo das frases musicais non se suxeita a ningún patrón regular senón quese vai transformando de maneira fluída en función do que vai relatando otexto, como cando explica a coxeira da formiga. A linguaxe harmónica é van-gardista sen ser estridente, con reminiscencias jazzísticas. É unha verdadeiraoportunidade asistir á estrea absoluta na que un músico mozo lle dá a man aun mestre moderno da literatura galega.

Cantata das cantigas (2012)A Cantata das cantigas do mestre Rogelio Groba, da que escoitaremos unhaampla selección, é unha obra recente, composta hai dez anos e estreada haiapenas cinco en Pontevedra, precisamente no marco do Concerto das LetrasGalegas. Está baseada na Antífona da cantiga do ilustre galeguista RamónCabanillas, a antoloxía de cantos populares galegos que serviu para inaugurar

en 1951 a Editorial Galaxia —a mesma que tres décadas máis tarde dirixiría opropio Carlos Casares. Desta antoloxía escribiu Fernández de Riego que era“unha intelixente e fermosa escolma” das “canciós que aínda viven nos nososescearios labregos e mariñeiros”. A cantata de Groba toma a súa inspiracióndeses cantos populares, renunciando por iso aos trazos máis vangardistasque percorren boa parte da súa obra, para adoptar unha escritura orquestraldiáfana e textura vocal homofónica cuxo obxectivo primordial é facilitar a in-telixibilidade do poema. Nas melodías parece buscar a inspiración nos mes-mos cantos que recolleu Cabanillas, porque na maioría predomina a sinxelezavocal, recordando en ocasións a cancións infantís, como por exemplo no pe-núltimo número, “Unha silla no inferno”. Nos recursos rítmicos e harmónicoshai una clara evocación a trazos propios da tradición popular galega, porexemplo a utilización do bordón que imita o roncón da gaita (algo que xavimos en Granados) e a acentuación irregular dalgunhas sílabas tónicas, imi-tando un trazo bastante característico das músicas de tradición oral. Quizaiso terreo onde Groba máis transforma os vimbios tradicionais é nas diversasopcións rítmicas e métricas. Aínda que adopta en varios dos números o ritmocaracterístico da muiñeira, non o fai de maneira literal senón transformán-doo, combinándoo con ritmos binarios, o que lle permite lograr un aire demodernidade sen perder a identidade galega. En conxunto, Groba respectao espírito dos poemas sen caer nunha música rutineira e netamente conven-cional, senón máis ben rompendo os moldes con sutileza pero coa persona-lidade indubidable que o caracteriza.

COnCertO das letras galegas2017

Organiza

Consello da Cultura Galega

Colaboran

Concello de Ourense

Concello de Santiago de Compostela

Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela

Consorcio para a Promoción da Música da Coruña

Coral de Ruada de Ourense

Real Academia Galega

GráficaImago Mundi

ImprimeGráficas Brial

Depósito LegalC 733-2017

CONSORCIO PARA LA PROMOCIÓN DE LA MÚSICA

CONC

ERTO

DAS

LET

RAS

GALE

GAS

2017Carlos Casares