Carta Director Xeral Educación 17 Julio 2013

1
ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA Rúa: General Martitegui S/N 36001 PONTEVEDRA telf: 986 861 251 - fax: 986 861 272 [email protected] http://gradoconservacionbbcc.es/ Sr Director Xeral: Dende Decembro de 2012 levamos intentando ordear o proceso de implantación do 4º curso dos estudos na ESCRBCG que, como sabe, deben incrementarse nun novo curso (ata o de agora os estudos eran de 3 anos). Esas necesidades foron expostas nunha reunión sostida con vostede no mes de Maio. Das diversas peticións nada se completou ata o de agora: - O orzamento solicitado (79.000 euros) non foi concedido, limitándose a 71.000 (64.000 iniciais máis unha ampliación de 7.000 euros) - O persoal docente solicitado (4 profesores) aínda non o coñecemos, pero negouse a posibilidade da selección por méritos académicos. Como consecuencia, non fomos quén de preparar os horarios do ano que ven, que en condicións normais deberían estar ya colgados na nosa web. - As obras e infraestructuras solicitadas non foron atendidas. - As dotacións e equipamento só foi parcialmente atendido: o mobiliario chegou onte; os ordenadores moitos menos dos solicitados, e os equipos de CR non foron adquiridos. O orzamento non dá para mercar todo o necesario. Supoño que lle chegaría o escrito emitido por unanimidade no Consello Escolar da ESCRBCG, e a ameaza de dimisión que presentou. Como director encóntrome nunha situación particularmente difícil, cunha perspectiva moi complexa para o inicio de curso en Setembro. Non temos os medios para a implantación do curso que nos exixe o plan de estudos LOE. Por todo o anterior, prégolle que me conceda unha entrevista antes do inicio de agosto, á espera de poder solucionar algún dos problemas sinalados. En Pontevedra, a 17 de Xullo de 2013 Fernando Carrera Ramírez Director ESCRBCG SR. DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA Edificio Administrativo de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela [email protected] 981 54 65 50

Transcript of Carta Director Xeral Educación 17 Julio 2013

Page 1: Carta Director Xeral Educación 17 Julio 2013

ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE

GALICIA

Rúa: General Martitegui S/N 36001 PONTEVEDRA telf: 986 861 251 - fax: 986 861 272

[email protected]

http://gradoconservacionbbcc.es/

Sr Director Xeral: Dende Decembro de 2012 levamos intentando ordear o proceso de implantación do 4º curso dos estudos na ESCRBCG que, como sabe, deben incrementarse nun novo curso (ata o de agora os estudos eran de 3 anos). Esas necesidades foron expostas nunha reunión sostida con vostede no mes de Maio. Das diversas peticións nada se completou ata o de agora:

- O orzamento solicitado (79.000 euros) non foi concedido, limitándose a 71.000 (64.000 iniciais máis unha ampliación de 7.000 euros)

- O persoal docente solicitado (4 profesores) aínda non o coñecemos, pero negouse a posibilidade da selección por méritos académicos. Como consecuencia, non fomos quén de preparar os horarios do ano que ven, que en condicións normais deberían estar ya colgados na nosa web.

- As obras e infraestructuras solicitadas non foron atendidas. - As dotacións e equipamento só foi parcialmente atendido: o mobiliario

chegou onte; os ordenadores moitos menos dos solicitados, e os equipos de CR non foron adquiridos. O orzamento non dá para mercar todo o necesario.

Supoño que lle chegaría o escrito emitido por unanimidade no Consello Escolar da ESCRBCG, e a ameaza de dimisión que presentou. Como director encóntrome nunha situación particularmente difícil, cunha perspectiva moi complexa para o inicio de curso en Setembro. Non temos os medios para a implantación do curso que nos exixe o plan de estudos LOE. Por todo o anterior, prégolle que me conceda unha entrevista antes do inicio de agosto, á espera de poder solucionar algún dos problemas sinalados. En Pontevedra, a 17 de Xullo de 2013 Fernando Carrera Ramírez Director ESCRBCG SR. DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela [email protected]

981 54 65 50