CASTRO DE VILAR/ CASTRO DE SOUTOLONGO - …lalin.gal/files/Vilar-Soutolongo.pdf · 3...

10
1 FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA) Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca. 1. CLAVE DE IDENTIFICACIÓN: GA 36 024 034 Adscrición tipolóxica: Castro Adscrición Cultural: Idade de Ferro 2. LOCALIZACIÓN Nome: CASTRO DE VILAR / CASTRO DE SOUTOLONGO Topónimo: O Castro; Castro daquil lado. Provincia: Pontevedra Concello: Lalín Parroquia: Soutolongo (Santa María) Lugar: Vilar CARTOGRAFÍA Coordenadas (Datum ETRS89) UTM: Fuso 29 Coord. x: 569.291 Latitude: 42° 38' 20,177" N Coord. y: 4.721.067 Lonxitude: 8° 9' 17,371" O Nº MAPA Esc. 1/10.000: 154 - 11 Esc. 1/5.000: 0154A-0201 (malla anterior: 0154 1-2) ACCESOS Saímos de Lalín en dirección suroeste, pola estrada PO-534. Ao chegar a Soutolongo, á altura do P.K. 6.9, collemos un desvío á dereita (norte), cara a Vilar. Neste lugar, na praza que se abre á entrada da aldea, parte un camiño en dirección norleste. Continuamos por el ata empalmar cunha ancha pista de xabre recén aberta (trátase do mesmo camiño ancheado). Seguimos durante aproximadamente 1 km., xa que o castro se atopa a man dereita (norte), xusto no punto no que a pista comeza un brusco descenso cara ao río. 3. CARACTERÍSTICAS DO EMPRAZAMENTO Altitude: 468 m.s.n.m. Emprazamento topográfico: Nun outeiro, nun meandro que fai o río Asneiro. Utilización do entorno: Monte inculto.

Transcript of CASTRO DE VILAR/ CASTRO DE SOUTOLONGO - …lalin.gal/files/Vilar-Soutolongo.pdf · 3...

1

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  034  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro

2.  LOCALIZACIÓN    

Nome:   CASTRO DE VILAR / CASTRO DE SOUTOLONGO

Topónimo:   O Castro; Castro daquil lado.

Provincia:   Pontevedra

Concello:   Lalín

Parroquia:   Soutolongo (Santa María)

Lugar:   Vilar

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)      

UTM:  Fuso  29  Coord.  x:     569.291 Latitude:   42° 38' 20,177" N

Coord.  y:     4.721.067 Lonxitude:   8° 9' 17,371" O

Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   154 - 11 Esc.  1/5.000:   0154A-0201 (malla anterior: 0154 1-2)

ACCESOS  

Saímos de Lalín en dirección suroeste, pola estrada PO-534. Ao chegar a Soutolongo, á altura do P.K. 6.9, collemos un desvío á dereita (norte), cara a Vilar. Neste lugar, na praza que se abre á entrada da aldea, parte un camiño en dirección norleste. Continuamos por el ata empalmar cunha ancha pista de xabre recén aberta (trátase do mesmo camiño ancheado). Seguimos durante aproximadamente 1 km., xa que o castro se atopa a man dereita (norte), xusto no punto no que a pista comeza un brusco descenso cara ao río.

3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

Altitude:     468 m.s.n.m.

Emprazamento  topográfico:   Nun outeiro, nun meandro que fai o río Asneiro.

Utilización  do  entorno:    

Monte inculto.

2

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN  

Vexetación  

Árbores (carballos, algún pino), e monte baixo (toxo, xesta, silva).

Descrición  das  alteracións:  

Camiños modernos modifican a zona da croa.

Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:    X   Regular:       Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:      

Causas  de  alteración:  

Camiños e recheos na zona de entrada polo sur ao castro. Explotacións forestais.

Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:    

Protección  física:    

Intervención  arqueolóxica:    

Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X

5.  MATERIAIS  

Descrición:    

Restos de muíños de man planos e circulares, moi desgastados (Buxán 1989: 16).

Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:    

Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:  

-­‐  Museo  ou  colección  privada:  

-­‐  Particular,  Nome(s)  e  dirección(s):

3

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

Está composto por un recinto central, con un amplo antecastro que se desenvolve cara ao surleste. As súas

dimensión son: no eixo NE-SO mide 87 m., polo interior e uns 100 m. ó exterior; contando as estructuras

exteriores á croa chega aos 120 m. No eixo NO-SE mide uns 50 m. no interior e 65 m. polo exterior; o

total do xacemento chega aos 160 m.

A croa está defendida por un terraplén artificial na súa metade leste, mentres que na zona oeste aproveita

o terraplén natural cunha forte pendente cara ao río. No sector sueste hai un parapeto de terra defendendo

a croa, cunha altura máxima duns 2 m. dende o interior.

A entrada ao recinto estaría no suroeste, onde o parapeto interrómpese e amplíase. O acceso está

defendido polo exterio, ao oeste, cun pequeno parapeto circular alongado de terra -tipo bastión-, duns 10

m. de lonxitude e un pequeno foxo.

Cara ao surleste desenvólvese un antecastro dividido en dúas terrazas por un terraplén que o atravesa de

norte a sur. Ten unha extensión de 100 m. no eixo N-S, e 110 m. no eixo E-W. Como na croa, combínanse

as defensas artificiais cos terrapléns naturais. O acceso ao antecastro é polo sur onde hai un foxo que

completa a súa defensa..

Orotofografía do voo Americano de 1956 - 1957 (esquerda) e detalle do plano 1:5000 (dereita)  

4

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

8.  CROQUIS  DO  XACEMENTO:  

5

9.  FOLKLORE  

- “la parroquial fue hecha con el oro de los ‘mouros’; un hombre santo los puede oir moler dentro del castro; llaves de oro y alquitrán hasta el castro de Gresande”. Filgueira y García 1954-56: 127-128).

- “O castro é obra dos mouros e ninguén se acorda de cando se fixo. Daquela época non se sabe nada”. - “Din que había un pasadizo subterráneo desde o castro ata o río, que usaban os mouros para levar a beber as súas mulas ou, tamén, en caso de calquera outra necesidade”. - “Referencia á existencia dun pasadizo subterráneo que comunicaba este castro co de Sestelo, ao outro lado do río Asneiro”. - “No ano 1917, estábase a construír unha presa sobre o río Asneiro, nas proximidades deste castro e, ao mesmo tempo, tamén se perforaba un túnel de 160 metros de lonxitude para a conducción de auga, atravesando a lomba na que se localiza o castro, entre a referida presa e a central hidroeléctrica. No seguinte ano, 1918, a corrente eléctrica chegaría á vila de Lalín, a primeira poboación da comarca que empezou a utilizar este novo tipo de enerxía. O relato que se transcribe a continuación, foi contado por unha veciña de Vilar (Soutolongo), nacida en 1903, que transmite a información que lle facilitaron a ela as testemuñas reais do acontecido, que eran veciños do fondo da aldea de Vilar. «Cando se estaba facendo a tosta (presa) da Fábrica da Luz e mailo túnel, para levar auga ata a central de O Castro, unha veciña do fondo da aldea de Vilar, ía tódolos días ao mediodía a Levarlles o xantar aos homes da súa casa, que traballaban na apertura do túnel, para que non tiveran que subir á aldea e lles rendira máis o traballo. A comida levabaa nunha cesta que colocaba no chan, ao lado dun mantel. Certo día, sentáronse ao lado dunha pena, á sombra, e cando estaban todos comendo viron que se acercaba cacarexando unha galiña con pitos. A muller quedou moi sorprendida, porque aquel era un lugar deshabitado e dixo en voz alta: ';Jesús!, mirade, unha galiña con pitos!" Ao decir o nome 'Jesús': a galiña e mailos pitos desapareceron repentinamente sen deixar rastro. Levantáronse sorprendidos e comezaron a buscar polos arredores a ver se localizaban a galiña ou os pitos, pero tódolos esforzos foron inútiles. Eles xa sabían que a causa de facer desaparecer o encantamento estaba na palabra 'Jesús': que dixera a muller sen darse conta, debido á sorpresa que lle causara aquelo. Isto tan só lles ocurriu nunha ocasión, a pesares de que estiveron traballando alí varios meses, pero mantivos en tensión ata o remate da obra, porque se decía que se alguén conseguía coller a galiña ou os pitos transformaríanse en ouro»". - “Por debaixo do castro pasa unha viga de ouro e outra de alquitrán. Se alguén tenta sacar a de ouro pode atoparse coa de alquitrán pero, esta ao tocala estoupa e desaparece o castro e todo o que haxa nel”. - “Decíase que tiñan visto a unha muller loira, moi fermosa e de longa cabeleira, bañarse no río, pero que ninguén se puidera acercar a ela para vela de cerca, porque ao intentalo metíase debaixo da auga e desaparecía”. (Recollido por A. Presas en 1975, Presas 2008:339-340.

- “Castro comunicado por túneles cos de Vilatuxe e Gresande”. - “Din que un home santo pode oír os mouros trasfegando no seu interior”. - “Feito polos mouros”. - “Pasadizo subterráneo desde o castro ata o río polo que levaban a beber as mulas”. - “Pasadizo subterráneo que comunicaba este castro co de Sestelo, Ó outro lado do río Asneiro”. - “Galiña cacarexando seguida de pitiños; desaparecían ó pronunciar a palabra «Xesús»; se os collesen se converterían en ouro”. - “Vigas subterráneas de aura e alcatrán”. - “Aparecía bañándose no río un ha muller fermosa e loura. Se alguén tentaba acercarse a el a, esta metíase debaixo da auga e desaparecía”. (García Porral 2010: 49-51).

6

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X Non  axeitado:    

Estado  de  conservación  actual:  

Bo estado, conservando as defensas interiores e as exteriores (parapetos, foxos, terrapléns)

Vulnerabilidade  ás  visitas:  

Non se aprecian.

Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

Amplos sistemas defensivos. Emprazamento nun meandro dun río e enfrontado a outro castro. Paisaxe que se divisa dende a croa e intervisibilidade co castro de Botos.

Perceptibilidade  das  estructuras:  

Boa perceptibilidade, tanto do castro como das estruturas en si.

Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

En coche ou bus chégase ata Vilar. Dende este punto ata o xacemento hai que ir andando, durante uns 15 minutos, por unha zona de souto con abundantes castiñeiros – o paseo é moi agradable-. No xacemento circúlase ben.  

Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Sistema defensivo. Emprazamento. Relación co castro veciño. Paisaxes, tanto o actual como o pretérito que se poden reconstruir

Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

Limpeza de monte baixo.  

Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:  

Castro de Botos. Muíño de grandes dimensións na beira do río. Ponte tradicional destruída que comunica as dúas beiras, que podería dar acceso ao castro de Botos.

7

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 16. CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela. (2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-45 do PGOU de Lalín”. FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páxs. 127 – 128. GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 48-49. LÓPEZ CUEVILLAS, F. (1973): “Prehistoria”. En R. Otero Pedraio (dir): Historia de Galiza. Vol. III. Buenos Aires. MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia. PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín. VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest VÁZQUEZ CRESPO, A. E GONZÁLEZ ALÉN (1997): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2ª ed. (ed. Orixinal 1989).

Informante(s):  

Redactor(es):   Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz

Lugar  e  data:    

Lalín, 23 de novembro de 2012  

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

GA36024034. CASTRO DE VILAR / CASTRO DE SOUTOLONGO (Vilar, Santa

María de Soutolongo)

IMG_6126. Vista da ubicación xeral, dende o S.

IMG_6122. Vista do parapeto da croa.

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

IMG_6119. Entrada sur á croa dende o exterior.

IMG_6120. Entrada sur á croa dende o exterior.