Cataventos14

56
C C A A T T A A V V E E N N T T O O S S REVISTA ESCOLAR Saco e Arce Xuño 2014 http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos Debuxo: Yago González e Yaritsa Cofán

description

Revista Escolar do CEIP Saco e Arce de Toén - Ourense

Transcript of Cataventos14

Page 1: Cataventos14

CCAATTAAVVEENNTTOOSS

REVISTA ESCOLAR Saco e Arce

Xuño 2014

http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos

Debuxo: Yago González e Yaritsa Cofán

Page 2: Cataventos14

Revista Cataventos. CEIP SACO E ARCE de Toén

SSSuuummmaaarrriiiooo

As familias contan 3

Antía vai de viaxe 4

Viaxando con Efrén 6-17

Receita de Samaín 18

Bo Proveito 19

Visita ao centro de día 20

A caza do tesouro 21

Cogomelos do Concello 22

Educación en Valores 24-30

Entrevista 31

O Entroido 32

Aula virtual 34

O Vals das flores 36

Día da árbore 38-41

Cantiga de cego 42

Letras Galegas 44-46

Monumentos 47

A prehistoria 48

Arte 49-51

Deporte escolar 52-54

Mirade á cámara 55

EEEDDDIIITTTOOORRRIIIAAALLL

Durante este ano desenvolvemos no centro o

Proxecto Documental:

A Volta ao Mundo Con Efrén.

Viaxamos tod@s xunt@s ao redor do mundo…

con Efrén, claro!

1º Preparamos a equipaxe para visitar moitos

lugares interesantes, coñecer a súa cultura, a

súa historia e as persoas que viven alí.

OS NOSOS DESTINOS FORON:

3 anos: España

4 anos: Francia

5 anos: Exipto

1º EP: Alemaña

2º EP: Australia

2º Ciclo: Brasil

5º EP: A India

6º: Xapón

Os nosos traballos podédelos ver publicados na

web do cole e nos blogs: Bloguesquío, O Souto

dos Laretas, Historias da nosa Aula e

https://sites.google.com/site/avoltaaomundocone

fren/

Disfrutamos da Obra de Teatro Os Trogloditas no

Auditorio de Ourense. (Proxecto A Prehistoria)

Bra

is P

azo

s

Este entrañable grupo de gaiteiros encheu

de música a nosa Festa das Letras

Page 3: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Para celebrar o Mes dos Libros invitamos as familias a compartir connosco unha

lectura na Biblioteca do cole.

Nove mamás e dous papás achegáronse á Biblio, escolleron un conto, levárono á

casa para preparalo e… convertéronse en "Contacontos por un día” .

@s nen@s quedaron encantad@s e estamos segur@s de que para @s que

participaron no proxecto, foi unha experiencia que non esquecerán, nen esquecerán

@s seus fill@s e deixará unha pegada imborrable pola carga afectiva que implica

escoitar un relato na voz de alguén querido.

A mamá de Antón

A mamá de Theo

A mamá de Lúa

Os papás de Gabriel

A mamá de Jose Manuel e Arón

A mamá de Hugo e Valeria

O papá de Anxo

A mamá de Xan e Alexandre

A mamá de Candela

A mamá de Martín

Page 4: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

ÉRASE UNHA VEZ UNHA NENA CHAMADA ANTÍA

QUE FOI A FRANCIA A VISITAR A TORRE EIFFEL

COA SÚA NAI.

ESTANDO EN PARÍS, SUBIRON NUN COHETE E

FORON VISITAR A MERCURIO, A PLUTÓN, VIRON O

SOL . . . E CAMIÑARON POLA LÚA.

DESPOIS DAQUEL PASEO VOLVERON A FRANCIA E

ANTÍA FOI VISITAR A UN AMIGO A NANTES . . . E

MONTARON NO ELEFANTE.

O NENO INVITOUNA A CEAR NA SÚA CASA E

COMERON QUEIXO, BAGETTE, CROISANT, UVAS E

DE POSTRE CREPS. OS MAIORES BEBERON VIÑO

E OS NENOS AUGA.

QUEDOUSE A DURMIR NA SÚA CASA.

Page 5: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

POLA MAÑÁ LEVANTÁRONSE E FORON Ó ZOO A

VER ELEFANTES ASIÁTICOS E ELEFANTES

AFRICANOS QUE FACÍAN FILAS.

CAMIÑARON POLOS PIRINEOS .

E FORON VISITAR MOITOS CASTELOS E

SUBÍRONSE NELES ATA AS TORRES MÁIS ALTAS.

DESPOIS DE PASALO TAN BEN EN FRANCIA, A

NENA VOLVEU A SÚA CASA EN AVIÓN. E ……

COLORÍN, COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.

Page 6: Cataventos14

CCCCATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar CEIPCEIPCEIPCEIP Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce 2012012012014444

Page 7: Cataventos14

CCCCATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar CEIPCEIPCEIPCEIP Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce 2012012012014444

Page 8: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Este ano viaxamos polo mundo con Efrén e todo o colexio está implicado

neste proxecto...e dixo a profe que NÓS tiñamos que elexir un país para

percorrer o mundo e para coñecer outras culturas afastadas de nós.

“Coñecer para aprender e respectar ós que son diferentesa nós”

Despois de moito deliberar decidimos que o noso destino sería…

O FULECO É A

MASCOTA DO MUNDIA

DE FUTBOL E O SEU

SIGNIFICADO É A

MESTURA DO FUTBOL E

A ECOLOXÍA.

MUNDIAL de FUTBOL

2014. NÓS SOMOS

FUTBOLISTAS E

CAMPIÓNS ¡

INVESTIGANDO E

REXISTRANDO O

TEMPO NAS CIDADES

DO BRASIL FACEMOS

GRÁFICAS DE BARRAS

E CLIMOGRAMAS.

E…BLA, BLA, BLA ! 2º ciclo de Primaria

Page 9: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

.

Que Rime..!

A samba é

un xénero musical que

para NóS é marchosa,

divertida, festeira,

rítmica…é

FENOMENAL!

A CAPOEIRA é unha

expresión cultural

e é unha arte

marcial que moito

nos “molou”!

Page 10: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Antía, Brais, Lorena e Rafa. 5º EP.

Queridos compañier@s, o pasado mes de marzo os rapaces e rapazas de quinto fixemos unha viaxe virtual

a India. Como nós xa somos uns expertos, ímosvos a dar uns conselliños por se queredes viaxar vós

tamén.

Os pasos que seguimos para organizar a viaxe foron os seguintes:

1º Buscamos unha compañía de voo que se axustase a os nosos presupostos. Despois de moito buscar

decidímonos por un voo da Compañía British Airways, que nos levaría a Bombay, saínda da captial española

por:

680€ por pasaxeir@.

Saímos de Ourense cara Madrid para coller o avión.

Saída de Madrid (Baraxas) o 10-03-14 as 21:00

Chegada a Bombay o día 11 ás 00:20 (escala e cambio de

avión en Paris)

Regreso o 31 de marzo dende Bombay as 13:20

Madrid (Baraxas) ás 12:50h

2º Comprobamos que o noso DNI non estivera caducado e fixemos o pasaporte.

3º Un mes antes, pasamos polo centro médico e puxemos as vacinas recomendadas, parecíamos coadores.

4º Fomos ao banco e cambiamos € por rupias,

1€ = 80,32 rupias.

Temos un presuposto de 25€/día -> 20 días x 25 €/día = 500€

Ao cambiar 500 € por rupias 500 x 80,32 = 40 160 rupias para

gastar

5º Preparamos a equipaxe. Na nosa mochila metemos: roupa, o móbil, unha tablet,

a cámara de fotos, unhas botas para os monzóns, a carteira, un neceser cun cepillo

de dentes, un peite, xampú e xabón, un saco de durmir, un botiquín con

Page 11: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

medicamentos básicos e materiais para pequenas curas e unha mochila pequena para as excursións, unha guía

sobre a India e un caderno de notas para apuntar todas as cousas que imos visitar.

6º Visitar, visitamos moitos lugares, pero non todos non agradaron por igual. Aí vai unha valoración

“realista”.

A Festa de Holi, é a festa da

primavera, é moi divertida,

recorda un pouco ao San Xoán.

Hai fogueiras polas noites, moita

xente polas rúas botando po de

cores.

O Taj Mahal, o edificio é bonito

pero non ten nada de especial, e

a entrada custa 25 dólares…

mellor miralo dende lonxe..

O Templo dourado dos Sijs ou

Golden Temple, é un lugar

interesante e diferente. Entra

descalzo e queda a pasar a noite

e a cear… é gratis!

Hospitalidade india

O Templo Karni Mata, templo

famoso polas súas ratas negras,

que son sagradas. Se lle tedes

medo as ratas, mellor non

vaiades.

O río Ganges. Hai bo ambiente,

pero non te bañes…

O Himalaia. Non volo perdades!,

alquilade unhas bicis e

percorrede as rutas marcadas.

Hampi É un lugar tranquilo con

moitas cousas que ver alquila un

ricksaw e visita as ruínas e o

mercado.

7º Que comer A comida

tradicional é o thali: arroz e

verduras cun sabor moi forte

porque lle botan moitas

especias. É unha comida moi

diferente á nosa. Nós comemos

moitas veces en postos que hai

na rúa que eran máis baratos. A

limpeza non caracteriza ás

cidades indias, o mellor é comer

comidas cociñadas e non crúas

e beber sempre auga

embotellada. Preferimos a nosa

cociña… viñemos cunhas ganas

de comer unha boa tortilla ou un

bo churrasco…

Page 12: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Page 13: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Porque para eles o sol era moi importante dado

que vivían no deserto. Para cada momento do día

tiñan un sol distinto: escarabello (sol nacente) Ra

(sol do mediodía) e o Carneiro (sol do crepúsculo).

NENOS E NENAS DA CLASE DOS

Page 14: Cataventos14

Project: “Around the world with Efren” 2nd Graders

Page 15: Cataventos14

Project “Around the world with Efren” Students in Grades 3&4

Page 16: Cataventos14

Project: “Around the world with Efren” 5th Graders

INDIAN FLAG

INTERESTING FACTS Continent: Asia. Ocean: Indian Ocean/ Arabian Sea. Population: 1237 millions people. Languages: Hindi and English. Religions: Hinduism, Buddhism... Important Cities: Bombay, Calcutta Capital City: Delhi. Longest Rivers: Indus, Ganga. Highest mountain: Kachenjuga (8.598m).

FOOD They use a lot of different herbs

(cilantro, mint ) and spices (curry, ginger, dried hot pepper…) Many Hindus are vegetarians. Lamb and chicken are the most popular meats. Most Indian food is eaten with fingers or bread. There are a lot of different breads.

TOURIST ATTRACTIONS Taj Mahal: It’s a big mausoleum.

Vanarasi: Sacred city. Pilgrims do their devotions in the river.

Kanha National Park: A wildlife reserve. Ajanta Caves: Rock-cut cave monument

(2nd Century B.C.) Golden Temple: The dome is made of pure gold.

FAMOUS PEOPLE Mother Teresa. Mahatma Ghandi. Rabindranath Tagore Rudyard Kipling: Poet: “The Jungle Book”. J. Tata: Business man// Tata Cars Freida Pinto: Actress “Slumdog Millionare”

DO YOU KNOW? The first European

to travel to India was Vasco de Gama in 1498.

More than 20.000 rats live in the temple of Goddess Karni Mata.

The first Bollywood film was “Alam Ara” in 1931.

In December 1987, the first music CD was sold in India.

There are 22 official languages

NATIONAL SYMBOLS National Animal: Tiger.

National Bird: Peacock.

National Fruit: Mango.

National Tree: Bayan tree.

National flower: Lotus

TRADITIONS Diwali: A Hindu five-day festival known as “festival of light”. People wear new clothes, open their doors and

windows, clean the house and light oil lamps. Rangolis : colourful designs made on the floor near the

entrance to a house to welcome guests using coloured powders, flowers or sand.

CLOTHING The traditional clothing for women are the colourful silk saris. Men wear the dhoti and the kurta

Page 17: Cataventos14

Project “Around the world with Efren” 6th Graders

Japan produces motor

vehicles, electronics…

Some of the most well-known

companies are from there:

Toyota, Nintendo, Sony,

Honda, Toshiba, Canon...

There are over 6000 islands. There are 4 large ones: Hokaido, Honshu, Shikoku and Kyushu

Highest mountain: Mount Fuji (3,777m). It’s a volcano. Rivers: Shinano (377 km), Tone River (322 Km) Climate: 4 seasons: - Spring: Sunny - Summer: Hot and humid -Rainy season: June/July -Winter : Mild/Snow in the North.

Kimono: For men and women.

Made of : Silk and cotton.

Men’s: Dark blue, black,

green, brown

Women’s: More brightly

coloured. Floral designs

(cherry blossoms)

Miso soup, rice and tea are very common for

breakfast,

lunch and

dinner.

They eat with

chopsticks

Tako-yaki:

Fried or grilled octopus.

Sushi: Rice cooked with vinegar with uncooked

seafood into roll inside of noril (see weed)

Shashimi: Raw fish sliced and served alone.

Tempura: Vegetables or seafood covered with

butter and fried

Continent: Asia Ocean: Pacific Ocean/Sea of Japan Population: 128.000.000 people Languaje: Japanese Religion: Buddhism Capital city: Tokyo Important Cities: Osaka, Sapporo, Nagoya Currency: Yen

They drive

on the left

Martial Arts :

Karate, judo,

Sumo, Kendo,

Aikido…

Sumo:

National sport

Baseball: the most popular

spectator sport.

Akira Kuro sawa :

Film director

Akihito: Emperor

Yoko Ono : Artist

Shin Chan / Doraemon :

Cartoons

Pagoda:Tower made of wood of metal

with several stories, to store sacred

relics.

Geisha: Woman who

entertain guests playing musical

instruments, singing, dancing, reciting

poems...

Samurai: Ancient warrior. Very skilled fighter

and swordman. Main weapon:

Katana

Haiku: Poems consisting of 3 lines

Manga: Comics created in Japan.

They’re painted in black and white.

Kamishibai: Storytelling with

story cards with the images on one

side and the text on the back side.

Ninja: Warriors with supernatural skills. They

wear black clothes

Page 18: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Alumn@s do 3º Ciclo

Que se celebra? O FIN DO VERÁN. Chega o frío, caen as follas, as noites son moi longas... Pero aínda

está por vir a noite máis arrepiante do ano, a do 31 de outubro ao 1 de novembro. Os defuntos saen e

vagan polos camiños e por iso non está de máis tallar unha cabaza e colocala no valo da túa casa. Este

ritual manterá lonxe ás ánimas... uhhhhhhh!! Para poder sobrelevar tanta troula preparamos este

ponche morno de cabaza, unha bebida arrepiante, perfecta para vivir sen sobresaltos estas datas.

Ingredientes: 2 colondros medianos baleiros

3 l de zume de mazá

2 l de zume de piña

4 culleradiñas de zume de limón

2 paus de canela

3 mazás

2 culleradiñas de cravos enteiros

Paso 1: Baleira as cabazas.

Paso 2: Fai boliñas de mazá, usando o mesmo utensilio que

para facer as boliñas de melón. Dálles máis sabor ás mazás

cravando en cada boliña un cravo no centro.

Paso 3: Engade o zume de mazá, o zume de

piña, o zume de limón, as bolas de mazá, e

os paus de canela.

Paso 4: Remove e quenta durante uns

poucos minutos a lume medio (non ten que

ferver). Retira a pota do lume e deixa

arrefriar

Page 19: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Poñemos a mesa entre todos

Pero.... lembrade :

- Garfo á esquerda

- Coitelo e culler á dereita

De que lado poñemos o pan?

- A esquerda do prato

- E o vaso... a dereita

-

Agardade a que

remate para

tirar a foto…

De que lado

se pon esto?

Teño que apurar máis,

que sempre quedo de

último….

Esta foto vai ser

trending topic en

Cataventos

Veña Brais,

apura que teño

fame!!!

En pausa…

Xa rematamos!

Page 20: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

En novembro, como cada ano, o noso colexio desprazouse ao centro de día da localidade

para pasar unha xornada cos nosos maiores. Nesta ocasión, o motivo central foi a

celebración do DÍA do MAIOR e o DÍA das BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Preparamos unha escolma de actuacións coas que agasallar aos nosos anciáns. Contos, cancións,

obras de teatro. Nós, os alumn@s do 3º ciclo fixemos unha posta en escena da canción tradicional

“ESTANDO O SEÑOR DON GATO”. O ÉXITO FOI TOTAL... HAI QUE REPETILO!!!

Page 21: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Na caza do tesouro O día 20 de decembro os nenos e

nenas de todo o colexio

participaron nunha gymkana/caza

do tesouro. Onde por equipos

mesturados de tódolos cursos

deberían buscar unhas pistas

agochadas por todo o cole (cada

pista conducíate a seguinte).

Despois de atopar cada unha das

pistas deberían pasar unha proba,

de forma que ían completando ata

chegar ó final que lles levaría o

tesouro.

Unha vez atopadas todas as pistas e

superadas todas as probas, todos

conseguiron atopar o tesouro e o

seu premio correspondente.

Page 22: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

MICOLOXÍA É a ciencia que se dedica ao estudio dos fungos.

Os cogomelos pertencen ao reino dos fungos.

Son seres vivos, pluricelulares, formados por células

con núcleo ou eucariotas. As súas células non forman

tecidos.

Non son plantas porque non realizan a función da

fotosíntese

Por norma xeral teñen as seguintes partes:

pé, sombreiro, láminas ou esponxa. Tamén

poden ter volva e anel.

A súa alimentación é heterótrofa son descompoñedores.

Reprodúcense por esporas que se atopan na parte inferior

do sombreiro.

PEIDO DE LOBO RUSSULA EMÉTICA

AMANITA CITRINA AMANITA MUSCARIA

AMANITA PHALOIDE

Page 23: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

O luns, 14 de novembro de 2013,fixemos unha exposición dos cogomelos máis abundantes do

Concello de Toén, na que aparecían exemplares tanto comestibles coma non comestibles:

Sara,unha das cociñeiras do colexio experta en cogomelos, explicounos as características de cada unha

delas e nós escoitámola con moitísima atención. Aprendemos un montón!!!

Despois explicamos aos máis cativos o aprendido.

10 CONSELLOS PARA SER UN BO BUSCADOR DE COGOMELOS

1. Levar roupa axeitada para andar polo monte, unha cesta e navalla/coitelo.

2. Ir cun expert@, non te guíes só polas fotos dos libro

3. Os cogomelos que non son aptos para o consumo humano son alimento de moitos animais.

4. Nunca consumas cogordos que non coñezamos ou dos que teñamos dúbidas.

5. Se non os coñeces non os toques, poden ser tóxicos.

6. Non os arranques ,córtalle o pé cun coitelo para non danar futuros cogomelos .

7. Se xa son vellos, non os cortes, déixaos para que solten as esporas.

8. Recolle os cogomelos nunha cesta, así irán soltando as esporas polo monte.

9. En caso de intoxicación por cogordos, chama ao 112 e leva mostras.

10. Sé en todo momento respectuoso co medio ambiente.

Page 24: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Page 25: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Page 26: Cataventos14
Page 27: Cataventos14
Page 28: Cataventos14

CCCCATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar CEIPCEIPCEIPCEIP Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce 2012012012014444 Os nenos e nenas de 2º de primaria, xunto cos de tres anos, participamos nun proxecto onde traballamos xuntos, compartimos momentos e intercambiamos sentimentos e emocións. De todo o tempo vivido queremos compartir convosco algúns dos nosos momentos e das emocións que afloraron dos vínculos da relación.

Sara ten o meu corazón e eu

o dela. Gustoume traballar con Ainara

porque me fixo moito caso.

Encantoume traballar con Sabela. Gustoume

pintar con Aroa.

Page 29: Cataventos14

CCCCATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS ATAVENTOS Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar Revista Escolar CEIPCEIPCEIPCEIP Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce Saco e Arce 2012012012014444

A Uxía e a min

gustounos facer

cousas xuntos. Gustoume facer

a Spiderman con Gabriel.

Estiven moi contento

axudando a Teo.

Encántame a tenrura de

Gabriel.

Eu quero abrazar a Hugo.

Héctor e mais eu traballamos moi

ben xuntos.

Gustoume facer o corazón

para Xan.

Gabriel, Lea e eu divertímonos mentras

compartiamos o traballo.

Quero darche

un abrazo.

Grazas por

traballar ao

meu lado.

Espero que Yeramir me

faga máis caso

Traballando con Arón

sentinme útil.

Gustoume traballar con el.

Grazas

Page 30: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Todos unidos por unha causa solidaria.

Lorena Seara

Sheila é unha nena que necesita a nosa axuda para conseguir reunir 10 toneladas de tapóns e así poder mercar un andador que lle permita camiñar.

Vive no Barco de Valdeorras e dende que naceu, sofre unha parálise cerebral espástica. A parte do seu corpo máis afectada son os seus músculos, polo cal non pode moverse, sosterse de pé nen camiñar.

O andador que precisa custa 6000 euros. Os pais non poden afrontar este gasto, así que todos nós estamos colaborando e axudándolles a xuntar tapóns.

A compañía encargada da reciclaxe destes tapóns, proporcionaralle a Sheila un andador.

Anímate a taponear, xuntos podémolo conseguir!!!

UNIDOS CONTRA A

POBREZA

Os nen@s do CEIP Saco e

Arce loitan contra a pobreza

Antía Delgado

Moitos nen@s e familias enteiras están a

pasar fame ao noso redor.

Os nen@s do cole, concienciados ante

esta terrible situación, recollemos en

colaboración coa ANPA e Carrefour

alimentos non perecedoiros como pasta,

arroz, cereais, aceite ou conservas.

Os alimentos serán entregados ao Banco

de Alimentos para que sexan repartidos

entre as familias que máis o necesitan.

Se todos aportaramos algo da nosa

compra xuntaríase moita comida e non

habería tanta pobreza e tanta fame ao

noso redor. Con pequenos actos

conséguense grandes obras.

Antía, Cristian, Lorena, Alex e Adrián

deixando os tapóns

Page 31: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Este ano veu ao cole Miguel Angel Alonso Diz, o escritor do conto “ A Nena a que non

deixaban ser FELIZ” e decidimos facerlle unha

entrevista:

Cantos contos levas escrito?

Levo publicado 3 contos xuvenís: “O Cullarapo Croque”, “A

nena a que non deixaban ser feliz” e “O soño de Esther”.

Cales eran as túas lecturas favoritas cando eras

neno?

“O principiño” e “Momo”

Dende cando quixeches ser escritor?

Dende que era pequeno gústame moito escribir. Era seguidor dos

Cómics de Marvel, así que escribía a continuación das aventuras de

Spiderman e os meus compañeiros de clase facían de lectores.

Estaban moi interesados nas lecturas.

En que te inspiraches para crear os personaxes do conto

de Sabela, a nena a que non deixaban ser feliz?

Nas desigualdades que hai no mundo.

Por que toda a xente do conto está triste?

Porque os poderosos do conto non saben o que é a felicidade, so

pensan nos cartos, na comida en abundancia e nas novas tecnoloxías.

Coñeces a moitas persoas que non deixen ser felices aos demais?

A moitas, coñezo a moitísimas.

O final do conto está aberto, que lle

pasou ao final a Sabela e ao

gardián?

Non quixen pórlle ningún final, desexo que

cada nen@ deixe libre a súa imaxinación e

que lle poña o final que máis lle guste.

Lorena Seara Calviño

Page 32: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Ven Viaxar connosco a mil e un lugar. Da unha volta ao mundo se queres gozar.

e disfruta, de todo ao pasar e disfruta, destas fermosas historias…, que che imos a cantar:

Don Quixote e Dulcinea,

Están en Toén.

Sancho Panza,

o escudeiro

Viaxa tamén!

Por España,

viaxa con nós!

E disfruta

da praia e da montaña

da súa xente e do sol.

Page 33: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Se viaxas ata Francia

Sube a Torre Eiffel

Pola noite Moulin Rouge

Ven ao cabaret, e disfruta…

da nosa función. C’est París

Achégate a Disneyland

Vas a pasalo xenial

Unha guía de Exipto

Imos mercar.

Un cruceiro polo Nilo

Non faltará,

Xa no Cairo, pirámides hai

No deserto,

Con momias e faraóns

Tesouros encontrarás.

A visita a Alemaña

Vaiche encantar

Aquí hai cervexa

para dar e tomar

Imos todos... agora a brindar

É unha festa

E comeremos salchichas

Que ben o imos pasar!!

Un tempo estupendo

En Australia vai

Sol e ondas xigantes

Para surfear

En Tasmania, ata un demo hai

E koalas, Atoparás Aborixes

Nesta illa SEN IGUAL

Baila a Samba no Brasil

Isto é o carnaval

Con que ritmo e fantasía

É Espectacular!

A capoeira é unha arte marcial

Van danzando

Ven a Río de Xaneiro

Connosco a desfilar

Unha peli en Bollywood

Estase a rodar

Pola India en Bombay

e no Taj Mahal

Polas rúas... vacas verás

Son sagradas.

Se queres entrar nos templos

Primeiro haste descalzar.

Imos viaxar agora...Ata Xapón

Podes ir en barco ...E tamén en avión

Trae o kimono, para visitar As súas illas

E non te podes perder a cerimonia do té.

Page 34: Cataventos14

Aula virtual 2º ciclo

“Ola a tod@s, tendes unha

mensaxe nova....”

Iniciámonos neste curso o uso do correo

electrónico e da informática como ferramenta de

traballo para o noso aprendizaxe.

Queremos interesarnos polo uso da internet

para mellorar os nosos coñecementos e así

ampliar a nosa Competencia Dixital...sempre coa

axuda e asesoramento dos adultos!!!

"Se eu fose un

libro, dende

logo, sería un

libro de viaxes.

Un libro que

conta sobre o

que aconteceu

ao longo da historia...por exemplo

ver o Mont Saint Michel cando

estaban a construír o castelo,

tamén ir a

ver as pirámides exipcias durante

o reinado do faraón Tutankhamón,

e sen que se me esqueza o mellor,

encantaríame coñecer

a LEONARDO DÁ VINCI, ver como

facía as súas pinturas e como

deseñaba os seus grandes

inventos”.

ICÍA - 3º

"Eu se fose

un libro

gustaríame

que tratase

de animais,

que fose

divertido,

gracioso e que houbese un malo como

en todas as películas de nenos. Eu

quixera que houbese dúas

dimensións, que son o mundo e o

desmundo, e cando un neno quixese ir

ao desmundo habería un

transportador no club

chamado"Reform Club ". Entón cando

a historia estivese desprazada por

todos os nenos do mundo vivirían

felices para sempre xamais".

Clara - 4º

"Facían unha festa cada noite e

facían tanto ruído que os

marciáns bailaban. Un día un dos

nenos púxose enfermo e a festa

non soou. Os marciáns baixaron a

ver o que

pasaba e coa súa maxia curaron ó

neno. Esa noite montaron a festa

máis grande de todas”.

Lúa- 3º

Xogo

coa

lingua

IMAXINA QUE TI ERES UN LIBRO... QUE ME CONTARÍAS?

"CONTAN QUE NUN PAÍS AFASTADO VIVÍAN UNS NEN@S

QUE…”

Page 35: Cataventos14

"Contan que nun

país afastado vivían

uns nenos que

estaban estudando

a prehistoria, a

idade antiga,a idade

media, a idade

moderna e a contemporánea, nun colexio que

tiña moitos anos. Un día un dos nenos

chamado Jose, non quixo ir o colexio por que

una nena chamada Lucía, contou una historia

de castelos encantados que daba moito medo.

Os outros nenos ríronse, pero o que non

sabían todos era que o colexio tamén estaba

encantado. Na clase as cousas flotaban por

todas partes. Os compañeiros que se

burlaron del, colleron moitísimo medo, pero

o que non sabían era que esas bromas

facíanas Sofía, Candela e Icía”.

Sofía 3º

“Sería unha margarida

de moitas cores,en cada

pétalo tería unha diferente. Tamén tería catro follas

e un tallo loooooooooooongo longo, e viviría rodeada das miñas amigas as herbas e os xirasoles. Estaría tan suxeita ao chan que ninguén me podería arrancar. Encantaríame quedar no meu hábitat porque marearíame o viaxar. Nin siquera me movería a

curiosidade de aproximarme aos lugares afastados para ver aos nenos xogar”.

Irene -3º

“Se eu tivese un superpoder sería o

de poder voar. Con ese poder levaría a

xente dun lado a outro polo ceo.

Tamén podería viaxar polo mundo sen

contaminar a terra. Coñecería o

mundo enteiro, podería tocar algúns

planetas e tamén a lúa.

Sería moi divertido. Cando xogase ao

escondite esconderíame nun lugar

moi alto, cando xogase ao pilla, voaría

para que non me pillasen, e cando me

tocase a min voaría moi rápido para

pillalos.

Tería

máis amigos e amigas por todo o

mundo (mil) cós que poder xogar en

distintos idiomas. Sacaría fotos dende

o ceo, e esas fotos daríallas aos meus

amigos e amigas.

Damián- 4

" SE EU TIVESE SUPERPODERES ..........SERÍA"

Page 36: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

ADAPTACIÓN DO MUSICOGRAMA “ EL VALS DE LAS FLORES” DE TCHAIKOVSKY.

http://www.youtube.com/watch?v=diqDijUt2oc

APARECE O SOL RADIANTE E CONTENTO.

SÚMASELLE A NUBE. NA TERRA ESTÁ UNHA ÁRBORE, DÚAS FLORES LARANXAS, UNHA AZUL E OUTRA VIOLETA. TODAS ESTÁN MOI CONTENTAS.

A NUBE ESTÁ ESPECIALMENTE CONTENTA.

DE SÚPETO, APARECEN, FOLLAS E VENTO!. A NUBE AÍNDA SEGUE CONTENTA.

VOLVEN APARECER AS FOLLAS E O VENTO, PERO AÍNDA MÁIS FORTE!. AS FLORES NON CREN QUE SIGA

EMPEORANDO O TEMPO E COMEZAN A BAILAR.

Page 37: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

PRIMEIRO BAILA A FLOR AZUL, LOGO A VIOLETA, E POR ÚLTIMO AS DÚAS XUNTAS. SÚMANSE O BAILE AS FLORES LARANXAS, A ÁRBORE, A NUBE E O SOL.

TODO CAMBIA. A NUBE COMEZA A PORSE MOI MALIÑA...APARECEN RAIOS, FOLLAS E VENTOS MÁIS FORTES

QUE NUNCA!.

COMEZA A CHOVER. CAEN MÁIS RAIOS DO CEO.

AS FLORES ASÚSTANSE MOITÍSIMO. COMEZAN A CORRER PRÉSAS DO MEDO.

O SOL CHEGA PARA PEDIR CALMA AXUDADO DA NUBE CONTENTA.

PARA REMATAR, FAI PRESENZA O ARCOIRIS CA NUBE PARA ANUNCIAR QUE XA CHEGOU A PRIMAVERA.

NEN@S 3 ANOS.

Page 38: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Lorena, Antía e Brais

Este ano é o Ano Internacional da Agricultura Familiar. A agricultura familiar é todo o que se cultiva ou se obtén do monte, para o

beneficio propio ou para a venda: hortalizas, o mel, o viño, madeira...

O xoves veu

Santos, un axente

forestal para ensi-

narnos a orientar-

nos usando un

compás e todo

tipo de mapas.

O que temos que

facer é poñer o compás sinalando ao

norte.

Santos tamén nos dixo que nunca

podemos saír a pasear por sitios que

non coñezamos e moito menos sen

mapa nin compás.

Tamén nos falou de cómo

comportarnos no monte e que facer

ante un incendio.

A que no sabedes o que é un

escapadiño? Un escapadiño é un

paxaro que cae do niño antes de

tempo. Non o debedes coller! Non

sabedes que tipo de paxaro é e a súa

nai vai seguir alimentándoo.

Tamén fixemos unha plantación no

cole, ademais estivemos axudados

por Pepe, que tamén veu a pasar a

mañá con todos nós.

Foi un día xenial, divertido e

entretido.

Page 39: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

A FOUCE e A COITELA

A fouce e a coitela son ferramentas cun mango de madeira cunha folla de

ferro curva que se usa para cortar herba ou rozar.

A forcada

Ten un pau de

madeira con

varias gallas.

Utilízase para

cargar o toxo ou

mover os feixes

de estrume.

A aixada

Ten un pau longo

cunha pa de ferro

nun extremo.

Úsase para cavar,

abrir sucos ou

gabias.

O Raño - Sacho

Pode ter dous ou

tres dentes.

Úsase para cavar

a terra cando está

moi dura e para

arrincar esterco,

sachar, etc.

O angazo

Consta dun pau

de madeira

cunhas gallas a

modo de peite.

Serve para xuntar

palla, folla…

Alex Gómez e Rafa Sousa. 5º EP

Page 40: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

PASATEMPOS Alex Gómez. 5º EP

Atopa as 7 diferenzas

Localiza na sopa de letras as 7 palabras correspondentes ás seguintes

definicións

J P O S P O I U T R L U A R O

U C Q O G A R D A B O S Q U E

E S C A P A D I Ñ O S R U T A

A S Q T Ñ A Z O T S O U T O N

R E U O L D E R E Q O A A S C

D N E F U M E C O U T O A R D

S M R G M R E G A E R B O T A

A I N C E N D I O S R O D A R

1- Persoa que garda os bosques.

2- Conxunto de árbores.

3- Gran cantidade de lume.

4- Calor que desprende unha materia

que arde.

5- Substancia que bota o lume, de cor

gris.

6- Paxaros que caen do niño antes de

tempo.

7- Bosque de carballos.

Page 41: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño":

comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía.

Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade .

Cada clase elixiu a silueta dunha árbore . Levámola á casa e

tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao

bosque.

Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás,

avós... Podiamos crear o noso propio poema ...

O caso era atopar unha poesía que nos gustara ...

e escribila na nosa árbore .

Page 42: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Page 43: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL

Page 44: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Texto: Brayan, Fermín – Debuxos: Yesica e Yago O 19 DE FEBREIRO DE 1914 NACE NO VILARIÑO

NUNHA CASA LABREGA XOSÉ MARÍA DÍAZ

CASTRO.

A IDADE DE 15 ANOS INGRESOU NO SEMINARIO DE

MONDOÑEDO, ONDE ESTUDOU 7 ANOS.

NA SÚA ESTANCIA NO SEMINARIO COÑECEU AO

SEU MELLOR AMIGO AQUILINO IGLESIAS

ALVARIÑO.

REMATADA A GUERRA O SEU AMIGO AQUILINO

CHÁMAO PARA DAR CLASES NO COLEXIO LEÓN XIII

DE VILAGARCÍA DE AROUSA.

EN 1947 ABANDONA VILAGARCÍA E DECIDE

MARCHAR A MADRID, PARA TRABALLAR DE

TRADUTOR.

CASOU O 10 DE AGOSTO DE 1954 CON MARÍA TERESA

ZUBIZARRETA E TIVO TRES FILLOS.

Page 45: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

NO 1961 REÚNE UN GRUPO DE POEMAS E PUBLICA O

SEU ÚNICO LIBRO “NIMBOS” XA XUBILADO MARCHOU DE MADRID E ASENTOUSE

DEFINITIVAMENTE EN GUITIRIZ NO 1985 E ALÍ

COLABORA COA ASOCIACIÓN CULTURAL XERMOLOS

O 9 DE AGOSTO DE 1984 FIXO O ÚNICO RECITAL

DE POESÍA NA SÚA TERRA.

RECIBE NUMEROSOS PREMIOS E

RECOÑECEMETOS EN GALIZA E TAMÉN EN

EUSKADI.

MORRE O 2 DE OUTUBRO DE 1990

No resplandor do día

Quero morrer de música

nunha tarde de pinos

sen sentir o martelo

dun recordo no sangue,

e caer a modiño

na sombra coma a lúa

enterra as súas cornas

tras de Arxán.

Díaz Castro

Page 46: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Díaz Castro, tiña varias afeccións, a poesía, a natureza da súa

terra natal, a arqueoloxía, coñecer idiomas...

Por iso se di que era políglota, ou o que é o mesmo un monstro

das linguas, pois dominaba case todos os idiomas europeos: o sueco,

o noruegués, o finlandés, o inglés, o grego, o francés, o portugués, o

italiano, o alemán, o danés, o éuscaro ..., e outros tamén os

coñecía como o ruso, o húngaro, etc.

A nosa viaxe en carro

DÍAZ CASTRO ESCRIBIU ESTE POEMA QUE FALA DO CARRO: NUNHA CASA LABREGA NON PODÍA FALTAR O CARRO XA QUE ERA O

MEDIO DE TRANSPORTE DO MEDIO RURAL GALEGO, SEMPRE RODANDO E CANTANDO POLOS CAMIÑOS.

No Resplandor do día

Que o meu carro

se entorne

cheo de lume e soño

sen axotar as troitas

nin as alas dormidas

e que a Deus me

encomenden

os ventos vagabundos,

os camiños que andiven

e as árbores con niños,

os ollos, inda cheos

da lus de Deus,

dos nenos as voces escondidas

que teman deste mundo,

as bágoas puras

que non ve ninguén.

Xosé Mª Díaz Castro

Brais Pazos. 5º EP

Brais Pazos

Page 47: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Damián, Icía e Candela

Investigo os

monumentos

2º ciclo Primaria

Page 48: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

De nómadas a sedentarios

Lorena e Antía. 5º curso O 27 de febreiro, os alumn@s e profes do 2º e 3º ciclo fomos ata Ourense para disfrutar dunha Exposición sobre a Prehistoria:

De Nómadas a Sedentarios.

O Neolítico é o período que vai dende a aparición da agricultura ata a invención da escritura

É unha etapa na que os seres humanos deixan de ser nómadas e vivir só da caza, da pesca e da recolección, para facerse sedentarios, é dicir vivir nun sitio fixo, cultivar os seus alimentos, domesticar animais… O 1º animal que domestican é o lobo.

Domestican tamén cabras, ovellas e bóvidos

Pasan de vivir en covas a construir casas. Tamén

fabrican utensilios de cerámica

Aparece o comercio ou troco, i

ntercambiando os produtos agrícolas, carne,

tecidos, cerámica, etc.

A visita rematou cunha pequena compra no

mercado. Compramos froita para engañar o vermiño

da fame ata a hora de comer.

Page 49: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

ARTE RUPESTRE NA ESCOLA DE TOÉN

DESDE CANDO PINTAN AS PERSOAS?

Pintando como os nosos antepasados 1.-Escollemos unha pedra xeitosa, cunha superficie que pensamos que podemos pintar.

2.-Fabricamos as cores.- En varios compartimentos dun envase para ovos poñemos manteiga ou aceite. Despois engadimos: terra amarela, carbón, especies varias como curry, canela, pimentón, colorante…

3.-Mesturamos, machacamos, remexemos…e conseguemos uno pigmentos naturais de cores moi vivas moi similares aos dos nosos antepasados.

4.- Observaamos algunas pinturas rupestrews reais…e intentamos pintar as nosas cun estilo parecido.

Page 50: Cataventos14

CATAVENTOS CATAVENTOS CATAVENTOS CATAVENTOS Revista Escolar CERevista Escolar CERevista Escolar CERevista Escolar CEIP Saco e Arce IP Saco e Arce IP Saco e Arce IP Saco e Arce 2012012012014444

Reutilizar materiais de refugallo é unha forma fantástica de economizar no

presuposto adicado ao arte e as manualidades. Tamén é unha boa forma de

protexer o medio ambiente ao reutilizar obxectos que doutra forma rematarían no

caldeiro do lixo. Cun pouco de creatividade e de habilidade pódense facer miles de

fantásticas creación, como as que o alumnado de 2º vos mostra a continuación.

O material utilizado é de uso común nos fogares: caixas, tapóns, botellas, rolos de

papel, cartóns, palillos, botes, pinzas, calcetíns, fios, paus…

EstasEstasEstasEstas creaciónscreaciónscreaciónscreacións fixéronnasfixéronnasfixéronnasfixéronnas coacoacoacoa axudaaxudaaxudaaxuda dasdasdasdas súassúassúassúas familiasfamiliasfamiliasfamilias nananana casa.casa.casa.casa.

A participación das familias na escola é fundamental, porque a través da

interacción co mesmo obxectivo, o desenrolo do benestar e a aprendizaxe do

alumno/alumna será moito mellor.

GrazasGrazasGrazasGrazas pais,pais,pais,pais, nais,nais,nais,nais, avós,avós,avós,avós, avoasavoasavoasavoas…………

polopolopolopolo tempotempotempotempo dedicadodedicadodedicadodedicado!!!!

Page 51: Cataventos14

CATAVENTOS CATAVENTOS CATAVENTOS CATAVENTOS Revista Escolar CERevista Escolar CERevista Escolar CERevista Escolar CEIP Saco e Arce IP Saco e Arce IP Saco e Arce IP Saco e Arce 2012012012014444

Page 52: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

FACEMOS ACROSPORT

Os alumnos/as de 2º e 3º ciclo gozaron cas xornadas de acrosport (ximnasia acrobática) na clase de

educación física, deporte que combina acrobacia e coreografía.

Este deporte acrobático-coreográfico no cal intégranse tres elementos fundamentais: formación de figuras ou

pirámides corporais, acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios con elementos de la danza,

saltos, e piruetas ximnásticas.

Page 53: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Os nosos alumn@s despois de ver como se fan algunhas figuras cos seus corpos crearon a súas propias

traballando en equipo e dando saída a súa imaxinación.

Page 54: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Esta tempada no equipo de fútbol

sala foi distinta porque todos os

anos estaba de adestrador Pepe, e

este ano o adestrador foi Jorge.

Fixemos dous equipos, un de

benxamíns e outro de alevíns.

Nos benxamíns xogaban algúns

nenos de 2º, todos os nenos de 3º

e 4º e unha nena de 3º, pero solo

xogaron 2 partidos: contra

Ramirás e o da final, contra O

Sagrado Corazón. Xogaron 4

partidos: contra Ramirás,

Padrenda, A Merca e o da final.

Os benxamíns gañaron o

primeiro partido 8-0 e perderon

o segundo 6-2.

Deporte Escolar

O Equipo dos alevíns estaba

formado por catro nenos de 6º,

tres nenos de 5º e unha nena de

5º. Os alevíns gañaron o primeiro

partido 14-2, o segundo 8-2 e o

terceiro 8-2.

Pero na final perderon 3-2 na

prórroga.

Ningún dos equipos puido xogar

nas provinciais xa que perderon

na final contra o seu máximo

rival: “O Sagrado Corazón”

Espero que para o ano

teñan máis sorte

Rafa Sousa González 5º

Page 55: Cataventos14

CATAVENTOS Revista Escolar CEIP Saco e Arce 2014

Page 56: Cataventos14

CCAATTAAVVEENNTTOOSS

Debuxo: Yesica Ribeiro