CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos...

12
Contos das familias CEIP Emilio González López Letras galegas 2010

Transcript of CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos...

Page 1: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Contos das familias

CEIP Emilio González López

Letras galegas 2010

Letras galegas 2010

Page 2: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 1

LETRAS GALEGAS 2010

Benqueridas familias:

Volve de novo a asomarse aos vosos fogares esta pequena publicación feita

grazas á colaboración e esforzo de todos e todas:

♠ Das familias que ano tras ano, e xa van catro, achegan as súas

historias con xenerosidade.

♠ Dos nenos e das nenas que elaboraron as ilustracións.

♠ Do profesorado, que motivou ao alumnado para a realización das

imaxes que tedes nas vosas mans e asumiu como propias as

propostas do EDNL ao longo do curso.

♠ Do Concello de Cambre e da Dirección Xeral de Política Lingüística

da Consellería de Educación e O.U., que financian esta

publicación.

Chegan tempos de cambio e, nesta ocasión, os cambios veñen da man de

dous rapaces do colexio que van compartir con tod@s nós os seus contos.

Resultaron gañadores, dos seus respectivos niveis, no Certame de Contos e Lendas

sobre Seres Mitolóxicos, convocado polo Equipo de Biblioteca co gallo do Día do

libro. E pareceunos que tamén deberían formar parte desta revista.

Os autores e autoras dos relatos e tamén os ilustradores e as ilustradoras

remataron aquí a súa obra. Correspóndenos agora a tod@s desfrutar en familia cos

relatos .

Confiamos en que sexan do voso agrado.

Un agarimoso saúdo .

Xuño de 2010

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Page 3: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 2

LETRAS GALEGAS 2010

Chimpo o can astronauta

Nun lugar afastado do bosque de Cecebre, escoitase cantar….

“Que viva Chimpo, Chimpo cadelete

Un cadeliño sen igual

Marrón e negra é a súa pelaxe

E o seu tamaño medianiño nada máis…”

–Pero, que é esa bulla? Xa ninguén

respecta que unha durma a sesta en paz!

Que está a pasar? –di Tomasa a toupa

achegándose ao grupo de animais que

cantan.

–É Chimpo, señora Tomasa. Finalmente conseguiu volver da lúa –respóndelle a

nutra Conchita.

–Oh!, eu sempre dixen que ese cadeliño chegaría lonxe.

–Si, si! Ás veces, cando era ben pequeno, desaparecía semanas enteiras, para

logo chegar ledo á súa casa coma se nada –confirma Carmelo, o coello.

–Pero é que o de agora xa foi de máis. Viu na tele a cadeliña esa que mandaron

os humanos á Lúa, e dixo que el non quería ser menos –Engadiu Conchita.

-Sí pero non deixa de ser un can, como ía ir á Lúa? –Exclama Tomasa.

–Ser é un can, mais non é un can calquera é o can de Maru, a fada bolboreta do

bosque. –Manifesta Carmelo o coello– Foi ela quen lle puxo a medalliña que leva

no colo co seu nome que disque ten poderes máxicos.

–Poderes máxicos! –Profire Tomasa admirada.

–Si, mais contan que para activalos alguén ten que chamar ao cadeliño polo seu

nome –expresa Conchita.

Pois si, amigas e amigos, esta é a

historia de Chimpo o alegre cadeliño

de Maru a fada bolboreta do bosque,

que un día se propuxo ir á Lúa, e non

parou ata conseguilo.

O primeiro problema que tiña que

resolver era o de chegar á Lúa. Xa

probara algunha vez o de ir ao ceo,

Page 4: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 3

LETRAS GALEGAS 2010

facéndose pequeno (cos poderes da medalla) e subindo ao lomo da pega Aroa, mais

iso só fora un voo de baixura…

―Para chegar á Lúa necesito a alguén que voe máis rápido e con máis forza‖,

matinaba Chimpo. Nesas estaba, cando viu á bexata Xoana, practicando a súa super

caída en picado, nos seus exercicios matutinos. ―Xa está!, coa axuda de Xoana e da

miña medalliña poderemos invertir o vo, fortalecer as súas plumas e chegar á Lúa‖.

Contoulle o seu plan a Xoana e esta ficou encantada, porque se ben coñecía a

moitas aves viaxeiras que ano tras ano daban voltas ao redor do planeta Terra,

nunca pasaba por aquí algunha procedente da Lua, de Marte, de Venus o dalgún

outro planeta do Sistema Solar, e xa era tempo de coñecelas.

Así o día sinalado, pedíronlle a a fada bolboreta que viñera despedilos, para

activar o poder da medalla. Maru foi, aínda que non de moi boa gana, porque o

plan parecíalle un pouco tolo.

Chegado o momento, deulles os consellos de rigor, unha apreta, desexoulles

sorte e moi suaviño dixo: ―Chimpo‖. Nese momento unha luz verde forte iluminou

a Xoana cuxas ás tornaron de cor metal e a Chimpo, que de súpeto se fixo

pequeniño e subiu ao lombo da miñata, nun plis-plas, desapareceron a toda

potencia cara á Lúa.

A chegada a Lúa foi un pouco accidentada e moi artística, pois foron caer

nunha gran pista de xeo, na que tiveron que facer tres mil trescentas piruetas para

poder manterse en pé e conseguir ter control.

Acabaron exhaustos, pero valeu a pena, porque aquilo non se parecía a ningún

dos lugares que os nosos protagonistas tiñan coñecido. Percorreron o satélite de

cabo a rabo, ata que unha dúbida empezou a presentarse nas súas cabezas:

–Chimpo, e agora como imos facer para volver á Terra? –dixo Xoana

–Eu tiña a esperanza de atopar algún extraterrestre que dixera a palabra máxica,

- contestoulle Chimpo– mais ata agora non atopamos ningún….ningún…ningún…

gún….

Page 5: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 4

LETRAS GALEGAS 2010

–Xoana escoitaches iso…iso…iso. Hai eco ben, ben , bravo…bravo…

–Pois non sei eu por que te pos tan contento por un pouco de eco… eco…

eco….co –engade Xoana

–Pois porque pode ser a nosa oportunidade para volver a casa, aínda que tal vez

non consigamos con el toda a forza necesaria, mais terémolo que

intentar….intentar… intentar….tar.

E así o fixeron, preparáronse e á de tres, os dous gritaron a un tempo

―CHIMPO‖, cando se escoitou CHIMPO, CHIMPO, PO…Unha luz verde clariña

envolveunos e emprenderon o regreso a casa.

Ao pasar a atmosfera sufriron fortes turbulencias, e sentiron que as forzas xa

lles fallaban, mais ao lonxe viron que remataba de chover no bosque de Cecebre e

que un gran Arco da Vella se estaba a formar. Dirixíronse cara a el e,deixáronse

deslizar coma por un tobogán, ata chegaren ao mesmo centro do Bosque de

Cecebre.

Xoana tiña unha importante ferida nunha á, así que rapidamente a levaron ao

hospital da Curuxa Laura. Mentres animais de todo o bosque fóronse xuntando para

escoitar a historia do noso heroe, e cantarlle….

“Que viva Chimpo, Chimpo cadelete

Un cadeliño sen igual

Marrón e negra é a sua pelaxe

E o seu tamaño medianiño nada máis”

“Que viva Chimpo, Chimpo cadelete

Un cadeliño sen igual

Marrón e negra é a súa pelaxe

E o seu tamaño medianiño nada máis”…

Page 6: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 5

LETRAS GALEGAS 2010

Choiva e Lúa

– Boas tardes. Qué tal está?

–Hola nena. Ti es nova, non si?

–Certo. Chámome Sara. Quén é vostede? É que aínda non coñezo a tódolos

residentes.

–Eu son Choiva.

–Qué nome máis bonito. Nunca coñecín a ninguén con ese nome. Agora

vouna levar á súa habitación para que descanse.

–Grazas, neniña. Hoxe vaime visitar a miña irmá. Veume ver onte e díxome

que hoxe volvería.

–Non se preocupe que eu lle direi que a espera na súa habitación.

–Queda un pouquiño comigo, por favor.

–Está ben. De qué quere que falemos?

–Do que ti queiras, nena. Só quero unha pouca compañía.

–Cónteme algo de vostede, así coñecereina mellor.

–Chámome Choiva.

Teño … moitos anos.

Vivo na residencia

dende hai … non sei

… algúns anos. Todos

son moi amables e teño

boas amigas. Aínda

que a mellor amiga que

tiven en toda a miña

vida chámase Lúa e é a

miña irmá. Lúa

visitábame a diario dende que estou aquí. Hai uns meses deixou de vir. Pero

onte volveu. Qué alegría! Non lle pedín explicacións de porqué tardara

tanto, supoño que tiña cousas que facer. Pasamos a tarde enteira falando,

recordando cómo era a nosa vida cando eramos nenas. Gustábanos escoitar

á nosa nai contando o que acontecerá o día en que nacemos.

A nosa familia tiña unha granxa en África, alí nacemos e nos criamos. Moi

cerca dun enorme lago que non sempre estivera alí. Antes había un val moi

fondo. O día que eu nacín, comezou a chover ben cedo, choveu toda a maña

Page 7: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 6

LETRAS GALEGAS 2010

e toda a tarde, cada vez con máis forza. Tanto que se formou o gran lago.

Parou a choiva á noitiña, cando nacín eu. E non volveu chover máis ata que

naceu a miña irmá, un ano despois. A min chamáronme Choiva.

O día que naceu a miña irmá o sol quentaba con forza xa ben de mañá. Os

xornaleiros preparaban as terras para sementar o café. De súpeto os cans

comezaron a porse nerviosos. Tamén os cabalos. Escureceu. O sol quedou

totalmente tapado e no ceo brillaba unha inmensa lúa chea. Dúas horas

despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a

pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu. A nosa

nai decidiu o nome da miña irmá: Lúa.

–Tamén é un nome precioso. Supoño que eran moi felices en África.

–Foi a época máis feliz da nosa vida. Vivíamos nunha casa enorme, unha

gran mansión, cun alpendre inmenso na parte de atrás onde Lúa e eu

tiñamos clases. A avoa empeñárase en poñernos unha mestra particular que

falara e nos ensinara francés. Así que un bo día chegou Mademoiselle

Sophie.

–Guau! Terá vostede moi bos recordos dela.

–Non creas. Mademoiselle Sophie despediuse ás dúas semanas. Despois

houbo outras, Mademoiselle Marie, Valerie, Isabelle … Ningunha duraba

máis dun mes.

–Comprendo … para alguén que vai de Francia ten que ser duro o clima de

África.

–Non era iso. Miña irmá Lúa tiña un don especial. Era capaz de facer que os

obxectos se moverán sós e ver o que ía acontecer. Cando aparecía pola

maña na escaleira que baixaba ó comedor ataviada con canto colar atopaba

e coa roupa máis estrambótica e colorista que te poidas imaxinar era porque

Page 8: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 7

LETRAS GALEGAS 2010

ese día nos visitaría alguén á hora do almorzo. Encantáballe vestir así e a

verdade é que estaba moi guapa. A quen non lle gustaba era á nosa nai.

Chamábanos a un lado e prohibíanos terminantemente asomarnos ao

comedor mentres a visita non marchara. Ese día Lúa e máis eu comíamos na

cociña para evitar que puxera en práctica algunha das súas ―técnicas‖ se

non lle gustaba a visita: facer que a cafeteira se desprazara soa polo

comedor ata meterse na cociña, ou soster no aire, diante dos fociños do

invitado, algún obxecto… O invitado acostumaba saír correndo e perdíase

polo camiño cara os cafetales, cando non caía desmaiado susto. Miña nai,

entón, viña á cociña feita unha furia. Que van dicir de nós no pobo, ninguén

nos falará nin nos van querer atender en ningún lado –dicía— Lúa e máis

eu poñiamos cara de arrepentimento e dabamos a nosa palabra de non

volvelo facer, pero cos dedos cruzados detrás do cu. As mademoiselles

duraban o que duraban, porque a Lúa non lle gustaba moito estudar e cando

lle preguntaba a lección que non estudiara, o libro comezaba a voar por riba

das cabezas das mademoiselles ata que se desmaiaban co medo. Logo

preparaban a equipaxe tan rápido como podían e marchaban. Lúa sempre

foi moi divertida.

Pasabamos xuntas todo o día e, pola noite, cando todo o mundo durmía,

faciamos plans para o futuro.

Cos anos, eu marchei a París para ir á universidade e Lúa viaxou á India

para traballar de enfermeira nun hospital de orfos. Pasamos moitos anos sen

vernos, pero mantendo o contacto con longas cartas semanais. Hai un

tempo, cando me notei moi maior para estar soa e decidín vir vivir aquí,

conteillo por carta. Entón Lúa vivía en África de novo. Viaxou ata aquí e

quedou a vivir nunha casiña que alugou moi preto. Viña tódolos días verme

e pasabamos horas falando. Logo deixou de vir. Espereina durante meses

Page 9: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 8

LETRAS GALEGAS 2010

sen ter novas súas. Onte, por fin, volveu. Prometeume que hoxe tamén

volvería para estar xuntas sempre. Estou desexando que chegue e regresar

ámbalas dúas a África, á nosa casa.

–Estou abraiada con todo canto me acaba de contar. Gustaríame moito falar

con vostede máis veces. Agora é mellor que descanse e eu que siga

traballando. Non quero que me despidan! Virei por vostede para cear.

–Moi ben nena. Eu descansarei un pouco. Quero estar ben descansada

cando veña Lúa.

–Deica logo.

–Adeus.

–Lúa, es ti? Estas moi bonita, coma cando eramos nenas. Igual.

–Choiva, veño por ti.

–Qué gañas teño de volver á nosa casa, Lúa.

–Qué sorpresa van levar todos cando nos vexan aparecer.

–Sempre me gustou esa roupa que levas Lúa, e todos eses colares e

abalorios, que tan furiosa poñían a mamá, lémbraste?

–Claro, Choiva. Imos. Será coma antes. E cando veña de visita alguén que

non nos guste, farei que a cafeteira voe polo comedor e pasaremos a tarde

rindo.

–Dáme a man, Lúa. Imos.

Page 10: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 9

LETRAS GALEGAS 2010

–Pobriña, era moi maior.

–Teremos que avisar ao cura. Buscarei no expediente o teléfono da familia.

–Qué familia? A señora Clara estaba soa. Non tiña a ninguén.

–Clara? Non, non estaba soa. Tiña unha irmá. Chámase Lúa. Ela mesma mo

contou esta tarde. Lúa visitouna onte e hoxe ía volver.

–Sara, a irmá da señora Clara chamábase Celia e morreu hai uns seis meses,

é imposible que viñera vela onte.

–Pero Choiva …quero dicir Clara, díxome que Lúa … é dicir Celia …

Olvídao!

–Sara, mira pola ventá. Espero que trouxeras paraugas, está chovendo

moito.

–Pois si, chove abondo. Por certo, viches algunha vez unha lúa tan fermosa

e inmensa?

Page 11: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 10

LETRAS GALEGAS 2010

O afinador de pianos

Ao abrir o día Martiño ergueuse, vestiu e almorzou un café ben quentiño cun

par de madalenas. Meteu nun saquiño o termo, un anaco de queixo e un par de

mazás para o camiño e foi buscar o seu burro Federico, pois a viaxe que ía comezar

non se podía facer a pé nin en coche; quizais si en helicóptero, certamente, pero

desde logo en burro íalle saír máis económica.

Martiño montou no burriño e botaron a andar a paso alegre pola corredoira. Era

día 1 de xuño e, coma

todos os anos, tocaba

visitar Vilasol, unha vila

na montaña con casas

pintadas de cores

rechamantes para non

desaparecer baixo a neve

nos invernos, á que non

chegan estradas nin pistas.

A viaxe facíase

agradable, lucía o sol.

Martiño cantaba e

asubiaba e Federico...

Federico, non. Na Fraga

dos Mil Carballos

decidiron repousar un

chisco á sombra para

coller folgos. Federico

triscou un pouco de herba

e Martiño... Martiño, non.

Aproveitou para remexer

ao pé das árbores, apañar

non sei o que e metelo na

súa bandoleira. Habían ser

uns morotes ou uns

cogomelos, non o vin

ben... Despois continuaron

a marcha.

Subiron monte arriba, por sendas só boas para cabras e burriños, ata ver ao

lonxe as casiñas de Vilasol. Federico fixo a última parte do camiño ao trote, porque

Page 12: CEIP Emilio González López · 2021. 1. 30. · despois a miña irmá choraba con forza nos brazos da nosa nai. Pouco a pouco, o sol asomou de novo e aquela incrible lúa chea desapareceu.

Páxina 11

LETRAS GALEGAS 2010

o pillabán tiña na aldea unha ―amiguiña‖ de vello e xa lle tardaba vela e ornear un

pouco con ela.

Os habitantes da vila reuníranse na Praza Maior para recibilos. A chegada do

afinador era todo un acontecemento anual. Agardaban a alcaldesa, a médica, o

arquitecto municipal, a mestra, e detrás deles a orquestra, que en canto Martiño e

Federico puxeron un pé (e unha pata) na praza, comezou a tocar a overtura

d’As Vodas de Fígaro co fervor dun amor adolescente. “Vaites, este ano toca

Mozart!‖, pensou Martiño, que tamén era pianista e de música entendía bastante...

Tras a actuación, o discurso de benvida e os saúdos aos veciños e veciñas. Despois

todos tomaron chocolate con churros mentres a orquestra amenizaba a festa. Ai,

amiguiñas e amiguiños, o caldeiro de chocolate era tan grande como o da poción

máxica de Astérix, e os churros... os churros rebordaban de sesenta e catro caixas

de madeira amoreadas debaixo da carpa, así como volo conto.

Os habitantes de Vilasol sonvos especiais. Por xunto chámanse vilasolenses..

Por separado, Harmonía, Coral, Fa, Sinfonía, Corchea, Escala, Fusa ou Semifusa as

máis das mulleres e nenas; Acorde, Bemol, Dó, Re, Solfexo, Valse, Concerto ou

Arpexio case todos os homes e nenos. Tamén son moi comúns nomes que noutrora

foran compostos, como Dorremí, Sibemol ou Clavedefá, que tanto valen para nenos

coma para nenas (poderiamos dicir que son nomes unisex).