Circular familias Rastro Solidario 2017

1
CENTRO PÚBLICO INTEGRADO Plurilingüe “VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044 Correo E.: [email protected] Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela IX RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2017 Queridas familias: Un ano máis Monferosolidario solicita a vosa colaboración para levar a cabo o IX Rastro Solidario. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Este ano, igual que en anos anteriores, en lugar de utilizar “cartos” para realizar as compras, o faremos mediante un troco con alimentos non perecedeiros, e deste xeito efectuaremos tamén a xa tradicional “Operación Quilo”, en colaboración coa “Cociña Económica de Ferrol”. O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastro. Tipo de materiais: libros, complementos, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos decorativos, etc… que estean en boas condicións, sen deterioro. O prazo para entregar os obxectos é o luns 27 de marzo de 2017. Os obxectos estarán expostos á venda no IX Rastro Solidario que terá lugar o venres 31 de marzo de 2017, en horario lectivo, nos corredores do edificio de secundaria. Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras (non esquecer levar alimentos se queredes facer o troco). As familias poderán participar na actividade, axudando no rastro e realizando compras. Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e Monferosolidario: construíndo un mundo mellor

Transcript of Circular familias Rastro Solidario 2017

Page 1: Circular familias Rastro Solidario 2017

CENTRO PÚBLICO INTEGRADO Plurilingüe “VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA

TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044Correo E.: [email protected]

Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela

IX RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2017

Queridas familias:

Un ano máis Monferosolidario solicita a vosa colaboración para levar a cabo o IX Rastro Solidario. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Este ano, igual que en anos anteriores, en lugar de utilizar “cartos” para realizar as compras, o faremos mediante un troco con alimentos non perecedeiros, e deste xeito efectuaremos tamén a xa tradicional “Operación Quilo”, en colaboración coa “Cociña Económica de Ferrol”.

O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastro.Tipo de materiais: libros, complementos, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos decorativos, etc… que estean en boas condicións, sen deterioro.

O prazo para entregar os obxectos é o luns 27 de marzo de 2017. Os obxectos estarán expostos á venda no IX Rastro Solidario que terá

lugar o venres 31 de marzo de 2017, en horario lectivo, nos corredores do edificio de secundaria.

Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras (non esquecer levar alimentos se queredes facer o troco).

As familias poderán participar na actividade, axudando no rastro e realizando compras.

Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

Monferosolidario: construíndo un mundo mellor