Citas

3
CITAS - “Non es Atlas sostendo o mundo sobre os teus ombreiros. É bo recordar que é o planeta o que te sostén a ti.” - “Sempre que os patróns de consumo ou produción impliquen consumir ou producir máis do que necesitamos, estamos enxendrando violencia.” - “É usual que aqueles esquemas que empeoran a posición dos máis pobres invoquen os pobres como beneficiarios.” - “A natureza esmorece a medida que o capital crece. O crecemento do mercado non pode solventar as crisis que produce.” - “Creo que Gandhi foi a única persoa que soubo de democracia real – non democracia entendida como o dereito de ir a mercar o que queiras, senón democracia entendida como responsabilidade cara cada ser que te rodea. A democracia comeza coa liberación da fame, a liberación do desemprego, a liberación do medo, a liberación do odio. Estes son para min os piares nos que as boas sociedades humanas están sustentadas.” - “Creo que hai dous niveis nos que se producen os cambios. O primeiro paso para cambio prodúcese na nosa cabeza. Mentres a nosa mente está ocupada con estruturas dominadoras e colonizadoras, estamos dando o noso consentimento silencioso e non

description

Citas dunha autora

Transcript of Citas

Page 1: Citas

CITAS

- “Non es Atlas sostendo o mundo sobre os teus ombreiros. É bo recordar que é o planeta o que te sostén a ti.”

- “Sempre que os patróns de consumo ou produción impliquen consumir ou producir máis do que necesitamos, estamos enxendrando violencia.”

- “É usual que aqueles esquemas que empeoran a posición dos máis pobres invoquen os pobres como beneficiarios.”

- “A natureza esmorece a medida que o capital crece. O crecemento do mercado non pode solventar as crisis que produce.”

- “Creo que Gandhi foi a única persoa que soubo de democracia real – non democracia entendida como o dereito de ir a mercar o que queiras, senón democracia entendida como responsabilidade cara cada ser que te rodea. A democracia comeza coa liberación da fame, a liberación do desemprego, a liberación do medo, a liberación do odio. Estes son para min os piares nos que as boas sociedades humanas están sustentadas.”

- “Creo que hai dous niveis nos que se producen os cambios. O primeiro paso para cambio prodúcese na nosa cabeza. Mentres a nosa mente está ocupada con estruturas dominadoras e colonizadoras, estamos dando o noso consentimento silencioso e non estamos contribuindo a construir as alternativas. Se non cambiamos a nosa forma de pensar nas nosas accións cotiás, sostemos o sistema. A nivel de traballo práctico, non sucede igual que na nosa cabeza, os sistemas non se poden cambiar automáticamente. No mundo material, os cambios precisan accións concretas. Estas accións específicas poden parecer moi pequenas, pero cando están feitas con dedicación e se multiplican, provocan cambios grandes. Cando alguén lle dixo a Gandhi rindo: Cres que podes derrotar o Imperio Británico cunha una roda de fiar?, el respostou: É o único que pode hacerlo. Porque se o intentamos coa violencia, eles sempre tenrán canóns máis grandes. Pero algo tan pequeno como unha roda de fiar é poderoso xustamente porque é

Page 2: Citas

pequeno. Todo o mundo pode ter unha roda de fiar na súa casa, e todo o mundo pódese implicar no cambio. Eu coido que ese é o cambio de mentalidade que precisamos, porque a meirande parte dos movemientos violentos de protesta tratan de imitar a grandeza do dominador. Pero os cambios non-violentos requiren da celebración da forza do pequeno.”

- “Eu creo que o tipo de filosofía e visión mundial que naceu da sociedade industrial e capitalista baseábase no concepto de que a natureza está baleira e que a natureza é unha materia morta. Isto era absolutamente esencial porque se a intención era violar a terra e explotar a natureza, tiñas que convencerte de que xa está todo morto de todas maneiras, porque só así non había que pensar no dano que se facía. Separar a vida da natureza foi o primeiro paso no camiño cara a destrución. Cando se trata a relación básica coa terra, todas as culturas campesiñas consideran que a terra está viva e é unha nai. Se a Terra é un ser vivo, intelixente e organizado, cal é o problema de estar asociado con ela? Porque é unha asociación de creatividade, é unha asociación de superintelixencia.”