clima

32
Cómo salva-lo Clima Únete á [r]evolución renovábel

description

Salvar o clima

Transcript of clima

Page 1: clima

Cómo salva-lo Clima

Únete á [r]evolución renovábel

Page 2: clima

As temperaturas medias globais aumentaron o 0,8ºC desde os albores da

Revolución Industrial, un feito que pode parecer pouco importante aínda que as súas

consecuencias son devastadoras. Os casquetes polares estanse a derreter ano tras

ano. Estanse a producir cada vez máis ciclóns e outras catástrofes meteorolóxicas

extremas. O cambio climático está a danar xa os ecosistemas e poñendo en perigo

os medios de vida de millóns de persoas. E isto é só o principio.

Nunca ata o de agora se viron unhas consecuencias tan devastadoras, está a

afectar a todo o planeta e ameaza os medios de vida de persoas de tódolos países

e continentes. Pero aínda estamos a tempo de facer algo para remedialo. Non se

trata dunha ameaza procedente do espazo. Somos nós os que estamos provocando o

cambio climático ó contamina-la atmosfera cun exceso de dióxido de carbono (CO2) e

outros gases de efecto invernadoiro.

E é aquí onde a sorte nos sorrí. Se fomos nós os que provocámo-lo problema,

tamén nós podemos solucionalo. Contamos xa coa tecnoloxía necesaria.

02

PoDEmos FREa-loCamBio ClimÁTiCo

o noso planeta invernadoiro

[01] Os raios do sol quentan a superficie da Terra.

[02] A Terra reflicte esta enerxía en forma de calor, parte da que escapa ó espazo.

[03] Os gases invernadoiro reteñen o resto na atmosfera. Pero o ser humano está

alterando este equilibrio natural.

1

2

3

Page 3: clima

El EsTaDo DEl Clima | 03

Podemos –e debemos- recortar nun 50% as emisións de CO2 para o ano 2050, e os países industrializados deberán reducir ata un 80 por cento as súas emisións. Se acadamos estes obxectivos poderemos mante-lo aumento das temperaturas globais por debaixo de 2ºC, como medida esencial para evitar un cambio climático perigoso.

Posto que as emisións se deben principalmente ó sistema enerxético actual baseado na queima de combustíbeis fósiles, a única solución real ó problema do cambio climático é a substitución completa dos combustíbeis fósiles por enerxías renovábeis –solar, eólica, xeotérmica, ondas, hidráulica e biomasa- xunto co aforro e o uso eficiente da enerxía. Contamos coa tecnoloxía e precisamos vontade política para levalo a cabo.

Necesitamos nada menos que unha revolución renovábel para acadar estes obxectivos, unha revolución que supón cambios fundamentais nos nosos métodos de xeración de enerxía, no noso xeito de vida e os nosos hábitos de desprazamento e no noso comportamento en xeral. Os países industrializados debemos lidera-lo camiño e os países en vías de desenvolvemento deberan intentar non comete-los mesmos erros ca nós.

O cambio climático é unha ameaza mundial que require unha acción mundial. Este folleto explica qué medidas podemos tomar entre todos para protexe-lo clima. Non podemos perde-lo tempo. Comecemos xa a vivir dun xeito máis respectuoso co clima!

Ti e máis eu e todos xuntos temos nas nosas mans a posibilidade de frea-lo cambio climático. Como? Le este folleto e sigue as súas indicacións.

Contido01 O estado do clima (p 02–11) 02 Aforra enerxía (p 12–17) 03 Climatización eficiente (p 18–21)

04 Vive en verde (p 22–25)

05 Revolución Renovábel (p 26–31)

Page 4: clima

Co2 E ComPaÑa

[01] O petróleo é a fonte de enerxía máis importante pero tamén unha das fontes principais de emisións de CO2, o 40% das emisións de combustíbeis fósiles. Os produtos derivados do petróleo son os combustíbeis utilizados practicamente en tódolos vehículos a motor e avións e en moitos sistemas calefactores e centrais térmicas.[02] O carbón ten xa tanta responsabilidade coma o petróleo e pode chegar a converterse nun futuro próximo no principal causante da degradación do clima. A combustión de carbón e o lignito (a forma máis sucia do carbón) solta enormes cantidades de CO2. Aínda que se espera que as reservas de carbón e de lignito duren aínda varios centos de anos, o seu uso incontrolado pode converterse nunha grande catástrofe para o clima.[03] O gas natural considérase coma o “menos sucio” dos combustíbeis fósiles e pode utilizarse de xeito eficaz para a xeración combinada de calor e electricidade,

[02][01]

04

O denominado efecto invernadoiro é unha acumulación de calor na atmosfera sen a que o noso planeta sería inhabitábel. Se parte da calor reflectida desde a terra non fora “capturada” polos gases invernadoiro naturais, a superficie do noso planeta sería 33 ºC máis fría. O problema xorde porque o ser humano está liberando á atmosfera cada vez máis gases de efecto invernadoiro e este feito está afectándolle seriamente ó delicado equilibrio natural. De onde proveñen estes gases?

Page 5: clima

pero aínda así sigue emitindo moito CO2 por quilowatt hora xerado (a metade que unha de lignito). [04] a destrución do bosque tropical é responsábel de arredor dun 1/5 do total das emisións de CO2. A talla forestal é moi perigosa porque pode provocar o colapso de sistemas climáticos locais enteiros coma, por exemplo, no Amazonas.[05] o metano, o óxido nitroso e os gases industriais fluorados son tamén importantes gases de efecto invernadoiro. As fontes principais de emisións de metano son a gandería, a agricultura e a destrución dos bosques, e poden liberarse tamén enormes cantidades pola fusión do permafrost. A agricultura tamén é a fonte principal de óxido nitroso. Os gases fluorados industriais utilizados na refrixeración, aire acondicionado e algúns procesos químicos tamén contaminan a atmosfera.

[04] [05][03]

El EsTaDo DEl Clima | 05

O contido de CO2 da atmosfera aumentou xa máis dun terzo desde o inicio da revolución industrial. Se queremos mante-lo quentamento global por debaixo de 2 ºC, debemos comezar xa a reduci-las emisións de CO2.

Page 6: clima

UN mUNDo REsPECTUoso Co Clima

[01] Un vehículo industrial todo terreo emite 1,3 toneladas de CO2 para un total de

traxectos de menos de 3.000 quilómetros. Un vehículo de menor consumo poderá

realizar máis de 18.000 quilómetros co mesmo combustíbel.

[02] Unha familia de Bangladesh emite a mesma cantidade de CO2 en todo un ano, e

para tódalas súas actividades. As emisións por persoa actuais alí son de 0,3 Tm por ano.

[03] Pola contra, catro consumidores medios nos países industrializados contaminan

a atmosfera dun xeito similar simplemente como resultado de seu consumo de carne.

Cada quilo de carne producida provoca a emisión de gases de efecto invernadoiro

(incluíndo o metano e o óxido nitroso) cun efecto equivalente a entre tres e catro quilos

de CO2.

[02] [03]

3000 km

STOP

3000 km

STOP

[01]

06

As consecuencias do quentamento global son unha ameaza para todos nós,

pero serán aínda máis graves nos países máis pobres, que non poden permitirse

custosos programas para axustarse ó cambio. E eles mesmos non emiten

practicamente gases de efecto invernadoiro.

Por esta razón, son os países ricos os que deben tomar medidas empregando

o seu liderado tecnolóxico e os seus recursos financeiros para reduci-las súas

emisións e contribuír ó crecemento económico dos máis pobres sen destruí-lo

clima. Se queremos acada-lo obxectivo de 2 ºC, para o ano 2050 cada un dos

habitantes do Planeta deberá reducir a 1,3 toneladas anuais as súas emisións de

CO2. a modo de comparación:

sToP

3000 km

Page 7: clima

3000 km

STOP

[04] Un voo de ida e volta a un destino de vacacións a 2.500 quilómetros de distancia

provoca a emisión de gases de efecto invernadoiro dun efecto equivalente a 1,3

toneladas de CO2 por cada pasaxeiro a bordo, así que unha viaxe deste tipo utiliza o

equivalente a tódalas súas reservas persoais de carbono por ano.

[05] aínda estamos a tempo de reduci-lo noso obxectivo de 1,3 toneladas, pero

é esencial poñer en marcha xa medidas de protección do clima. Os cálculos só

funcionarán se logramos unha diminución drástica e rápida das emisións de CO2,

comezando xa!

[04] [05]

El EsTaDo DEl Clima | 07

As emisións de gases de efecto invernadoiro distribúense dun xeito moi irregular. EE.UU. emite anualmente da orde de seis mil millóns de toneladas de CO2, que son 20 toneladas por persoa e dez veces máis que toda a África Subsahariana, onde viven o dobre de persoas pero emiten só 0,9 toneladas por persoa. China axiña superará a EE.UU. coma maior emisor, aínda que a media de emisións de CO2 por persoa neste país é só un sexto da cifra estadounidense e un terzo da cantidade da UE.

Page 8: clima

E sE NoN Tomamos mEDiDas….

Comezamos polas boas novas: podemos facer algo sobre o quentamento

global. Se actuamos xuntos, gobernos, industria e poboacións de todo o mundo,

poderemos mante-lo aumento da temperatura por debaixo de 2 ºC.

a mala nova é que, se seguimos actuando coma ata o de agora, a temperatura

media global poderá subir case 6 ºC durante o curso do século.

[01] as inundacións aumentarán dramaticamente ó producírense cada vez máis

tormentas violentas e choivas torrenciais.

[02] os glaciares do Planeta estanse a derreter a unha velocidade arrepiante.

Desde 1894 ata o 2000, a superficie glaciar dos Perineos diminuíu case un 85%. Os ríos

han secar en moitas partes do mundo poñendo seriamente en perigo os subministros

acuíferos.

[03] a subida do nivel do mar é unha das principais ameazas de zonas costeiras e

illas. Nas costas españolas, para finais deste século agárdase un aumento do nivel do

mar de 50 cm. a 1 m.; que poderá causa-la perda dun número importante de praias,

sobre todo no Cantábrico e inundacións das zonas baixas costeiras (deltas do Ebro, do

Llobregat, Manga do Mar Menor ou costa de Doñana).

[02] [03][01]

08 |

Page 9: clima

[04] as secas están a ser cada vez máis frecuentes, por exemplo, en África, Asia

e a rexión do Mediterráneo. Millóns de persoas vense ameazadas pola fame,

especialmente nos países máis pobres, e agárdase que recrúe nas vindeiras décadas.

Pero países ricos coma Australia han pagar tamén un prezo moi alto pola súa política

irresponsábel cara o clima – de feito xa o están a pagar.

[05] a extinción de especies acelerarase debido á dificultade de animais, plantas

e ecosistema para adaptárense ós rápidos cambios climáticos. Estes perigos son

realmente serios para a fauna e a flora dos arrecifes de coral, bosques, sabanas,

rexións polares e cordilleiras montañosas. A comunidade científica teme que para o

2050 se teñan extinguido xa un terzo de tódalas especies existentes.

[04] [05]

El EsTaDo DEl Clima | 09

O cambio climático é unha realidade. Hoxe en día a temperatura do noso planeta é máis alta que hai dous mil anos. Para finais do século, de continua-la tendencia actual, a temperatura global experimentará unha subida maior que nunca durante os últimos dous millóns de anos.

Page 10: clima

[02]

aCTÚa-REvolUCióNaTE

[03]

Na actualidade, diferentes informes e investigacións, avaladas por expertos

no clima, demostran a necesidade de aplicar medidas urxentes, máis aínda

constatando que o mundo xa conta coa tecnoloxía apropiada para facer

compatíbel a industria co clima. Isto só custaría o equivalente ó 1% dos

recursos económicos totais do mundo, mentres que non facer nada será vinte

veces máis caro.

E as investigacións sobre o clima advirten que se nos está a acaba-lo tempo.

Temos que actuar rapidamente para cambia-lo noso concepto en políticas e

industria – e na concienciación pública do problema. os próximos dez anos

serán cruciais.

< 2°C? !

[01]

[01] infórmate! Te-lo conceptos claros e estar concienciados sobre o cambio climático

e as súas consecuencias aumenta a nosa predisposición para tomar medidas

[02] Comeza por ti mesmo! Revisa o teu fogar e os teus costumes. Hai que poñerse

en marcha xa cambiando algunhas pequenas cousas, pasando gradualmente ás máis

difíciles. Aquí encontrarás cómo.

[03] ensina e aprende con outros. Comeza por amosarlle alternativas e opcións

coherentes á túa familia e amigos, despois ós teus compañeiros de traballo, ó teu xefe,

ás túas compañeiras de estudos, ó teu caseiro, ós teus veciños...

10 |

Page 11: clima

< 2°C? !

[04] [05]

< 2°C? !

[04] Participa! Implícate na protección do clima promovendo diferentes propostas que

contemplen medidas fronte ó Cambio Climático. Organiza as túas propias iniciativas!

Esixe ós políticos medidas que promovan o aforro e a eficiencia enerxética.

[05] así é como podemos facelo! Xuntos debemos protexe-lo único planeta que temos.

Escollendo un modelo enerxético sostíbel baseado en enerxías renovábeis e aforrando

e utilizando a enerxía de xeito máis sostíbel. Faino posíbel!

El EsTaDo DEl Clima | 11

“No caso do cambio climático, as preferen-cias individuais xogan un papel moi importante. Os acordos internacionais de

alto nivel por si sós non van dete-lo cambio climático; necesítanse cambios de com-portamento individuais e das comunidades, especialmente nas súas preferencias en materia de aloxamento, transporte e consumo de alimentos.”

Informe Stern

Page 12: clima

[02]

aFoRRa ENERXÍa –No HoGaR

[03]

En primeiro lugar, hai que expulsa-los “ladróns de enerxía” da casa! Moitos

electrodomésticos consumen moita máis enerxía da necesaria, mesmo cando

están apagados.

Podemos cambiar todo isto aplicando algúns trucos moi sinxelos e incorporando

criterios enerxéticos sostíbeis nas nosas compras. O estado das nosas contas

domésticas e climáticas notarano.

[01]

[01] merca os produtos de maior eficiencia enerxética. Busca os que teñan etiquetas

de aforro enerxético de clase A, e investiga que significan! Os novos electrodomésticos

deben incorporar un interruptor de corte que os desconecte da fonte de alimentación,

ou que no modo de repouso non consuman máis de 1 vatio.

[02] Faille un favor ó teu PC e déixao que descanse. Utiliza o modo de aforro de enerxía

do sistema operativo. Cando acabes de traballar, apágao e non esquezas desconectalo

tamén da fonte de alimentación. Por certo, as pantallas planas e os portátiles son moi

eficientes enerxeticamente.

[03] Usa lámpadas fluorescentes compactas (cFi). As lámpadas de baixo consumo

recortan o consumo enerxético ata un 80%. (Estas lámpadas conteñen mercurio e

débense depositar en puntos limpos). Apaga sempre as luces de habitacións que

12 |

Page 13: clima

[04] [05]

non esteas usando. Existen interruptores de presenza, mesmo lámpadas con eles

incorporados, que se acenden ou apagan automaticamente ó detectaren a presenza.

[04] Pon fin ás perdas de enerxía de repouso! Televisores, vídeos, PC e tódolos

accesorios que os acompañan continúan consumindo electricidade cando están en

stand by. Para evitalo, desconecta os enchufes ou utiliza un enchufe múltiple co seu

propio interruptor de corte. Estas perdas son as responsábeis do 5 ó 13% do consumo

de electricidade nos fogares dos países da OCDE.

[05] Evita deixar enchufados cargadores e transformadores. Seguen a consumir

electricidade mesmo cando non se utilizan. Desconecta os cargadores de teléfonos

móbiles, MP3 e cámaras dixitais, e os transformadores das lámpadas halóxenas e

electrodomésticos.

aHoRRa ENERGÍa | 13

Informe de Greenpeace “[r]evolución enerxética”

“O uso responsábel de instalacións con iluminación eficiente podería facer innecesarias 85 centrais térmicas de carbón a escala mundial, o que suporía unha redución anual das emisións de CO2 de máis de 500 millóns de toneladas, unha cifra superior ó total de emisións actuais dun país como Canadá.”

Page 14: clima

[02][01]

[01] Pensa sempre en termos enerxéticos! Tapa a pota. Utiliza só a auga necesaria

cando vaias a ferver alimentos. Usa a olla a presión, mellor a súper-rápida. Non

quentes o forno previamente. Se tes que mercar unha cociña escóllea de gas mellor

que eléctrica (destas a máis eficiente é a vitrocerámica de indución) Se tes cociña

eléctrica, apaga os queimadores e o forno cando estea quente e deixa que se acabe de

cociñar sen gastar electricidade. Seguro que ti coñeces máis trucos...

[02] líbrate dos devoradores de enerxía e comproba o consumo enerxético de

calquera novo electrodoméstico antes de mercalo. Compra só os electrodoméstico

máis eficientes (en Europa: Categoría A+ ou A++). Escolle tamén o volume que

realmente necesitas; por exemplo, nun frigorífico o que vaias a encher en menos de

dous terzos (tres cuartos no caso do conxelador).

14

aFoRRa ENERXÍa –Na CoCiÑaA cociña caseira é a mellor, tamén para o medio ambiente, porque é

máis eficiente en canto a emisións de CO2 cós pratos de comida rápida e os

conxelados listos para o seu consumo. Pero mesmo no fogar, moitas cociñas

poden reducir de xeito importante o seu consumo enerxético e, ó mesmo tempo,

aforrar cartos.

Page 15: clima

[04] [05][03]

[03] Coloca o frigorífico nun lugar fresco. Non o poñas nunca preto de fontes de calor

(forno, cociña...). Abre as portas o menor tempo posíbel e comproba que pechan ben.

Non obstrúas a ventilación dos enreixados de atrás e mantenos limpos de po.

[04] Desconxélao con regularidade, se o aparato non o fai de xeito automático.

Consumen máis enerxía cando acumulan xeo. Non introduzas nunca alimentos

quentes. Desconxela a comida pasándoa do conxelador á neveira un día antes. Axusta

o termóstato a unha temperatura non excesivamente baixa. Por cada ºC que baixa

aumenta o consumo un 5%.

[05] Quenta-la auga ou a comida consume moita enerxía. Evita quentar máis da

que necesites. Os sistemas máis eficientes son as cociñas de gas ou os fervedoiros

eléctricos. Non quentes comida nunha cociña eléctrica; é mellor utiliza-lo microondas.

aHoRRa ENERGÍa| 15

Un frigorífico típico fabricado en 1993 consume o dobre de electricidade que un modelo de alta calidade moderno. O seu cambio reportaralle un grande aforro na factura eléctrica, e contribuirá a reduci-las emisións anuais de CO2 en 100 quilos.

Page 16: clima

[02]

aFoRRa ENERXÍa –No BaÑo

[03]

40°C

[01]

16

[01] Date unha ducha rápida en lugar dun baño. Apaga a billa mentres te enxaboas.

Escolle unha melodía corta e cántaa ou asubíaa. Cando remate, tamén rematará a

ducha. Instala un economizador de auga na ducha: acurta á metade o consumo de auga

e de enerxía.

[02] instala colectores solares. Nas nosas latitudes, os colectores poden subministrar

do 60 ó 70% da auga quente necesaria nun fogar e esta cifra pode aumentar ata o 100%

en rexións moi soleadas. Consulta a nosa Guía Solar www.greenpeace.es

[03] ahorra en la colada. Lava en frío y olvídate del prelavado. Un lavado normal será

más que suficiente y reducirás el consumo energético hasta un 80%. Realiza siempre el

lavado con la lavadora llena.

Todos temos oído algunha vez que unha caloría aumenta nun grao a

temperatura dun gramo de auga. E o quentamento da auga, despois do

quentamento do ambiente, supón o meirande consumo de enerxía no fogar. O

importante é saber como quentar auga e usala de xeito eficiente. O sol é o noso

mellor aliado ofrecéndonos un servizo de quentamento de auga e de secado

gratuítos. Teñámolo en conta!

40°C40˚C

Page 17: clima

40°C

[04] [05]

40°C

aHoRRa ENERGÍa | 17

[04] Tende a roupa para que seque. As secadoras son auténticas devoradoras de

enerxía. Un fogar de catro persoas que non utilice a secadora aforrará 480 quilovatios

hora –e 300 quilos de CO2- anualmente.

[05] Non utilices electrodomésticos a pilas, (por exemplo, máquinas de afeitar,

cepillos de dentes) porque consumen máis enerxía cós conectados á rede. Se só tes

acceso a un electrodoméstico a pilas intenta, cando menos, cargalo correctamente.

Desenchúfao tan axiña como se recargue a pila, utilízao ata que se desgaste e desbótao

correctamente cando non funcione máis.

As caldeiras eléctricas para quentar auga son moi ineficientes. Cambia a caldeira eléctrica o antes posíbel por colectores solares ou un quentador de gas eficiente (caldeira de condensación).

Page 18: clima

[02]

a TEmPERaTURa iDEal

[03]

Todos deberiamos ter un fogar cálido durante o inverno e fresco durante o

verán, pero o importante é quentar ou arrefria-la túa casa, non a atmosfera que

a rodea. Unha climatización ineficiente segue a se-la maior débeda na conta

do clima de moitas persoas. E o potencial de aforro enerxético neste campo é

enorme. Con só algúns trucos e unhas inversións prudentes poden acadarse

uns recortes drásticos nas facturas.

[01]

[01] Non quentes nin arrefríes máis do necesario. 20 ºC é suficiente para un entorno

saudábel no salón da casa. Coa roupa adecuada en cada época pódense reduci-las

necesidades de climatización. Mantén pechadas as portas, e non deixes nunca a

calefacción acesa cando non esteas na casa. Instala termóstatos programábeis para

regular automaticamente a temperatura do cuarto, por exemplo, máis alta durante o

día e máis baixa durante a noite.

[02] instala un dobre acristalamento illante –ou convence ó teu caseiro para que o

faga. As vellas fiestras poden ser unha importante fonte de perda térmica, no só polo

cristal, senón tamén por marcos e pechaduras ineficientes.

[03] ventila as habitacións rapidamente! A mellor forma de ventilar unha habitación

é apaga-la calefacción a abri-las fiestras non máis de 10 minutos. É unha operación

rápida que evita que se arrefríen as paredes. Non deixes nunca a calefacción acesa coa

fiestra aberta, aínda que só sexa unha físgoa.

18

< 20°C

Page 19: clima

< 20°C

[04] [05]

< 20°C

[04] Constrúe unha vida cómoda! Mellora o illamento de fiestras, teitos, paredes e

chans. Estas medidas poden reducir en máis da metade as facturas de calefacción e

eléctrica, evita o uso de aire acondicionado. Antes de instala-lo aire acondicionado

na túa casa, pensa se realmente o necesitas. Pódese mante-la casa fresca cun bo

illamento, o control das fiestras durante o día (pechándoas para que non entre calor e

impedindo con toldos persianas que entre o sol) e ventiladores de teito.

[05] Fai revisa-lo teu sistema de calefacción. Os sistemas de calefacción eléctricos

(incluíndo os sistemas de carga nocturna) son devoradores de enerxía moi ineficientes

que deben de ser substituídos polos novos sistemas que son moito máis eficientes. Se

invistes nun novo podes acadar beneficios económicos en só uns anos. Pero lembra que

cada sistema de calefacción debe ser mantido correctamente e a intervalos regulares.

ClimaTizaCióN EFiCiENTE | 19

Con cada grao que báixe-la temperatura da sala es-tarás aforrando ata un 6% de consumo enerxético en calefacción.

Page 20: clima

[02]

Bos sisTEmas DE CalEFaCCióN

[01]

[01] o sol e a calor corporal son realmente todo o que precisas para a meirande

parte das necesidades de calefacción nunha casa eficiente (casa pasiva). Este tipo de

vivendas están moi ben illadas e a maioría das súas fiestras están orientadas cara o sur.

[02] los sistemas de leña. As unidades modernas queiman pellets ou labras de

madeira. Son totalmente automáticas e poden quentar toda a casa. A emisión de CO2 é

neutra se a madeira se obtén de bosques sostíbeis.

[03] os colectores solares proporcionan máis que auga para lavarse. As instalacións

de quentamento solar de casas ben illadas poden proporcionar toda a calor necesaria e

serviren de soporte do sistema de calefacción no inverno.

20

As vivendas modernas poden case autoquentarense. As mellores están tan

ben illadas que o sol, xunto coa calor corporal dos ocupantes, pode producir

unha agradábel temperatura. E se as temperaturas baixan realmente, os

sistemas de quentamento alternativos poden axudar.

Emisións de Co2: cero. Compensa investir en sistemas eficientes –mesmo en

casas máis antigas.

Page 21: clima

[04] [05][03]

[04] o biogás non só se emprega en unidades especiais, senón que pode incorporarse

á rede de gas. Cando se queima en pequenas centrais de coxeración, proporciona

electricidade e calor.

[05] os recursos xeotérmicos poden subministrar enerxía para xerar calor de varias

formas. En moitos países contan xa nas casas con colectores ou bucles xeotérmicos

debaixo do chan. As bombas de calor utilizadas para procesa-la enerxía xeotérmica

deben accionarse unicamente con enerxía limpa. A enerxía xeotérmica produce

electricidade e calor canalizada.

ClimaTizaCióN EFiCiENTE | 21

“Un mellor deseño dos edificios e un illamento térmico efectivo permitirán aforrar ata un 80% da demanda térmica media dos edificios. Durante os últimos dez anos construíronse en Europa miles de casas súper-eficientes deste tipo. Isto non é un soño de futuro, senón parte da vida cotiá.”

Informe de Greenpeace “[r]evolución enerxética”

Page 22: clima

viaXa REsPECTaNDo o Clima

[02] [04] [05][03][01]

< 4L

< 4L

A mobilidade é a área onde existen máis diferenzas de equilibrio nas emisións

de carbono por persoa. Mentres que algunha persoas se moven en potentes todo

terreos, outros viaxan en autobús. Algúns precisan voar por todo o mundo durante

o seu tempo de lecer; outros prefiren unhas vacacións desprazándose a pé. Son

enormes diferenzas nos patróns de comportamento, tan grandes coma o potencial

de aforro enerxético.

[01] Utiliza o transporte público! Os autobuses e os sistemas ferroviarios son tres

veces máis eficientes que os vehículos privados. Os sistemas ferroviarios urbanos son

os máis eficientes, e mesmo serán máis limpos no futuro, cando funcionen con enerxía

renovábel.

[02] move as pernas! Camiñar é un excelente exercicio para manterse en forma e non

afecta ó clima. Reconquista as cidades – a pé.

[03] voa só cando realmente o necesites! O tráfico aéreo é o máis contaminante de

todos. Busca alternativas coma o teléfono e as videoconferencias. Reduce os voos

22

Page 23: clima

Se deixa-lo coche na casa e vas ó traballo en bicicleta, reducirás ata media tonelada as túas emisións anuais de CO2 á atmosfera.

[02] [04] [05][03][01]

< 4L

< 4L

de larga distancia. E en rutas máis cortas, incluso a países veciños, a viaxe en tren é

rápida e moito máis respectuosa co clima.

[04] Reduce o tamaño do teu coche! Se mercas un coche a cuestión máis importante

na que debes pensar é: “Canto combustíbel consume?” Xa hai no mercado vehículos

que consumen 4 litros ós 100 km, e será posíbel reducir esa cantidade a 2 litros.

[05] viaxa en bici! Ocupa moi pouso espazo e non consume nada. É silenciosa e limpa, e

permíteche estar en forma. Aproveita calquera oportunidade para usa-la bici nos teus

desprazamentos cotiáns.

vivE EN vERDE | 23

Page 24: clima

[02] [04] [05][03][01]

2007 20272007 2027

Coa túa axuda podemos reduci-los gases de efecto invernadoiro. Comeza hoxe mesmo!

mENos É mÁisA filosofía do mundo moderno é canto máis, mellor, o antes posíbel e o máis

barato posíbel: esta é. O consumo masivo de enerxía non fai o mundo máis feliz e,

sen embargo, o medio ambiente paga as consecuencias. Un sistema económico

onde situamos cantidade por diante de calidade está a malgastar materias primas

e emitindo enormes cantidades de gases de efecto invernadoiro. Unha xestión máis

responsábel do tempo e dos recursos hanos permitir deixar unha pegada ecolóxica

menos impactante e mellora-la nosa calidade de vida.

[01] Busca calidade. Os produtos de boa calidade duran máis e coa súa compra

protéxense os recursos naturais e redúcese o tráfico de mercadorías. Cando realíce-

las túas compras ten presentes algúns criterios ecolóxicos, solicítaos!

[02] Come menos carne! Ademais de ser bo para a túa saúde, segundo a FAO, a

gandería é responsábel de arredor do 18% do total de emisións de gases de efecto

invernadoiro debido ás enormes cantidades de enerxía consumida durante a produción

de fertilizantes, a talla de bosques tropicais para os pastos e as colleitas de soia e, por

último, os enormes volumes de metano producido polo gando vacún.

[03] opta polos alimentos ecolóxicos –cultívanse sen pesticidas nin fertilizantes

artificiais. Non precisan do transporte de pensos desde outros países. E os métodos

24

Page 25: clima

[02] [04] [05][03][01]

2007 20272007 2027

Coa túa axuda podemos reduci-los gases de efecto invernadoiro. Comeza hoxe mesmo!

cíclicos de produción agrícola e gandeira provocan menos emisións de gases de efecto

invernadoiro.

[04] adquire produtos locais e de temporada. Con iso redúcese o tráfico de

mercadorías e a necesidade de quentar invernadoiros.

[05] E por último, descubre a beleza local! Coller un voo para facer unha viaxe de

compras e voar a un paraíso tropical en vacacións é devastador para o balance da túa

conta persoal de emisións de CO2. Goza tamén doutras opcións no teu tempo libre,

planifica as vacacións preto da casa e descubre as paisaxes máis próximas.

vivE EN vERDE | 25

Page 26: clima

1

2

3

4

5

o PoTENCial Das RENovÁBEisAs enerxías renovábeis poderían abastecer toda a demanda de electricidade

na península proxectada para o 2050. A capacidade de xeración renovábel é tan elevada que se podería propoñer incluso a posibilidade de cubrir tódalas demandas de enerxía, non só eléctrica, pois equivale a máis de 10 veces a demanda peninsular de enerxía total proxectada para o 2050.

Somos un país rico en enerxías renovábeis, que son a forma máis segura e limpa de garanti-lo abastecemento enerxético e cumpri-lo Protocolo de Quioto. Hai que aproveitar estes recursos.

UN BaRRio REsiDENCial Do FUTURo

[01] os paneis solares decorarán os tellados de case tódolos fogares. A enerxía

fotovoltaica, apoiada por subvencións e regulacións que obrigan á rede principal

eléctrica a merca-la enerxía producida, é xa un próspero negocio en Xapón, Alemaña e

California e, mesmo, en España.

[02] Centrais de coxeración subministran electricidade e calor a vivendas individuais

ou a rexións completas. Estas centrais aliméntanse con gas natural, biogás ou aceite

vexetal producido con métodos compatíbeis co medio ambiente.

[03] os colectores solares producen auga quente e subministran enerxía para

quentamento.

26

Page 27: clima

1

2

3

4

5

Os recursos renovábeis máis abondosos dos que dispoñemos no noso país son os asociados á enerxía solar: entre tódalas tecnoloxías solares poderíase obter enerxía equivalente a 8,32 veces a demanda enerxética total da península en 2050. A tecnoloxía máis destacada é a solar termoeléctrica cuxo potencial de xeración supón o 62,6% do total renovábel. Realmente sómo-lo “país do sol”

Informe de Greenpeace. “Renovábeis 2050”

[04] as casas pasivas, que manteñen condicións de confort sen necesidade de

sistemas tradicionais de calefacción. Están construídas orientadas cara o sol e

utilizan directamente a radiación solar.

[05] as centrais xeotérmicas xeran electricidade e calor. Aínda que a tecnoloxía

para conseguir enerxía xeotérmica de fontes de maior profundidade está aínda

nas súas primeiras etapas, existe un enorme potencial neste campo. Os expertos

creen que xogará un importante papel como fonte de enerxía renovábel porque pode

proporcionar un fluxo de enerxía continuo.

REvolUCióN RENovaBlE | 27

Page 28: clima

1

2

3

4

5

O sistema enerxético actual, é insostíbel e non internaliza tódolos seus custos. A progresiva internalización deles hanos conducir a un notábel incremento do custo da electricidade xerada polas tecnoloxías sucias. Reconverte-lo sistema enerxético cara a sostibilidade requirirá un esforzo económico, especialmente no proceso de evolución das tecnoloxías renovábeis cara a madurez industrial. Este esforzo económico é unha inversión que nos ha conducir a un sistema sostíbel, con custos de electricidade moi por debaixo mesmo dos actuais.

28

o PREzo Das RENovÁBEis

[01] os paneis solares en fachadas e cubertas serán un elemento decorativo

de edificios de oficinas e apartamentos. Os sistemas fotovoltaicos serán máis

competitivos, e a mellora do seu deseño permitirá ós arquitectos estende-lo seu uso.

[02] a renovación de edificios pode reduci-lo consumo enerxético ata a metade,

ou incluso ata un 80%, cun mellor illamento térmico, fiestras illadas e sistemas

modernos de ventilación.

[03] os colectores termosolares producen auga quente para o seu propio edificio e

edificios lindantes.

UNHa CiDaDE Do FUTURo

Page 29: clima

1

2

3

4

5

REvolUCióN RENovaBlE | 29

As tecnoloxías de menor custo no horizonte do 2050 serán as renovábeis. Practicamente a totalidade delas, ó acadar o seu período de madurez industrial, poderán proporcionar electricidade a un custo inferior e, en moitos casos moi inferior, ó proxectado para nuclear e térmica de ciclo combinado.

Informe de Greenpeace “Renovábeis 100%: Un sistema eléctrico renovábel para a España peninsular e a súa viabilidade económica”

[04] as centrais térmicas eficientes de coxeración terán diferentes tamaños

–axustándose ó soto dunha vivenda independente ou proporcionando electricidade e

calor a grandes complexos de edificios ou apartamentos sen perdas de transmisión.

[05) Electricidade limpa. A orixe da electricidade será 100% renovábel, poderase

cubrir toda a demanda dun país unicamente con tecnoloxías renovábeis:

termosolar, fotovoltaica, eólica (terrestre e mariña), ondas, xeotérmica, biomasa e

minihidráulica. Estas tecnoloxías están dispoñíbeis xa na actualidade.

Page 30: clima

1

2

3

4

5

TÉmo-la solUCióNUn sistema 100% renovábel é económica e tecnicamente viábel, e

proporciona xunto co aforro e a eficiencia a única operación seria de cambia-lo modelo enerxético por un que permita á humanidade sobrevivir ó cambio climático sen provocar ou acrecentar outros graves problemas ambientais e sociais.

30

mUNDo RURal Do FUTURo

[01] o biogás pode subministrar electricidade ou calor a granxas ou pobos enteiros.

É un produto da fermentación do esterco e outros residuos orgánicos, xerándose

grandes cantidades como subproducto agrícola e, cada vez máis, a partir de colleitas

recollidas para esas finalidades.

[02] os biocombustíbeis procedentes de residuos agrícolas, forestais e da industria

agroalimentaria, son tan bos para os vehículos como a gasolina e o diésel. A cantidade

de CO2 emitida por eles é teoricamente igual á absorbida polas plantas durante o seu

crecemento. O importante é garantir que a xeración de enerxía pola agricultura sexa

ecoloxicamente compatíbel e non provoque a escaseza de alimentos.

[03] a enerxía solar chega do tellado do celeiro, onde hai moito espazo para monta-

los paneis solares.

Page 31: clima

1

2

3

4

5

É viábel propoñer un sistema de xeración baseado unicamente en enerxías renovábeis, non só para cubri-la nosa demanda eléctrica senón tamén a demanda enerxética total. Comecemos xa a Revolución Renovábel.

Informe de Greenpeace “Renovábeis 100%: Un sistema eléctrico renovábel para a España peninsular e a súa viabilidade económica”

[04] os aeroxeradores. Os agricultores poden arrendar zonas das súas terras

para instalar parques eólicos ou paneis fotovoltaicos con seguimento (que seguen

os movemento do sol). Poden investir eles mesmos ou vende-la electricidade.

A industria eólica está crecendo en países como Alemaña, España, EE.UU,

Dinamarca e a India.

[05] as centrais hidroeléctricas proporcionan actualmente a maior cota de enerxía

renovábel, pero o seu potencial está limitado. En moitos casos, a construción de

grandes presas afecta ó medio ambiente e entra en conflito cos dereitos humanos.

Como alternativa, contémplase a construción de centrais máis pequenas.

REvolUCióN RENovaBlE | 31

Page 32: clima

Greenpeace España | San Bernardo 107 1ª planta | 28015 Madrid | T: 91 444 14 00 | F: 91 447 15 98 | [email protected] | Ilustracións: Carsten Raffel | Deseño: Jürgen Kaffer, Markus Koll (Büro Hamburg) | Maqueta: Rebeca Porras | Texto original: Greenpeace Internacional | Traducción: Ada Fernández | Versión en castellano adaptada por: Alicia Can-tero, José Luis García y Eva Saldaña.

Impreso en papel reciclado postconsumo e totalmente libre de cloro.

www.energia.greenpeace.es