Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa...

19

Transcript of Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa...

Page 1: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro
Page 2: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Club

Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono 902 18 20 10

Terás vantaxes especiais, descontos, agasallos e poderás acceder aos divertidos xogos dos Bolechas.

Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio CarreiroISBN: 978-84-17702-52-6Depósito Legal: C 2407-2018Impreso en Galicia

Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER no marco do programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 – Proxecto 0101_GNP_AECT_1_E As opinións vertidas neste libro son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite. A Comisión Europea e as Autoridades do Programa non se fan responsables do uso que poida facerse da información contida no mesmo.

Entra na nosa web e faite do club!

Page 3: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

32

Os Bolechas están na casa dos avósde Laurinda, unha nena portuguesadunha aldea da serra do Gerês.

Xa anoitece. A avoa púxolles a cea elogo se van deitar.

Chispa aínda anda a pasear conBouro, o can da casa. Chispa é unhusky siberiano e Bouro é de razacastro laboreiro.

–Subide, que teño aquí unhas papaspara vós –dilles a avoa aos cans.

Page 4: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Xa están todos deitados. Os Bolechas eLaurinda dormen nunha cama grande,con Chispa e Bouro. A avoa dorme noseu cuarto e Tatá no berce. De súpeto,antes de apagar a luz, Laurindaséntase na cama e berra:

–Ei! Esquecín darlle o bico de boanoite á Balbina!

–Balbina? E quen é a Balbina?

–É a miña vaca. Non durmo nunca sendarlle antes un bico.

54

Page 5: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Laurinda érguese e vai correndo ácorte da vaca. Os convidados, maisChispa e Bouro, van tamén con ela.Mais ao abriren a porta da corte,fican pasmados:

–Balbina non está! –berra Laurinda.

Non, na corte só hai palla. A vacadebeu fuxir. Seguro que deixaron aporta sen atrancar.

76

Page 6: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Quen sabe onde foi a Balbina?Podían ir buscala, pero é noite e nonse ve. Terán que agardar á mañá.Mais a Laurinda non está disposta aesperar.

–Eu nunca me deito sen darlle un bicoantes á Balbina. Doullo todas asnoites, dende que eu era bebé –rosmaa rapariga.

Pois terán que atopar unha solución.

98

Page 7: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Despois de moito matinar, Laurindaten unha idea: dille a Bouro que llespregunte a todos os cans e cadelasdo norte de Portugal se viron pasarpola súa aldea, vila ou cidade unhavaca, de raza barrosã, que se chamaBalbina.

–Bouro non fala, pero ouvea eenténdese cos outros cans –di Laurinda,xa na torre da igrexa.

Chispa tamén ouvea. Os cansentenden todos o idioma canino!

10 11

Page 8: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Os ouveos chegan atodas as aldeas, vilas ecidades do norte dePortugal. Os cansentenden ben amensaxe que llesmandan Bouro e maisChispa. E buscan coassúas amas e amos avaca Balbina.

Pintas, a dálmata doAlano, busca dendeo alto do castelo deBragança.

Gorila, o bulldog doEdoardo, buscadende a fortaleza deValença de Minho.

Jalisco, o chiguaguado Mário, buscadende o castelo deGuimarães.

Bigodes, a fox terrierda Amália, buscadende a torre dosClérigos, do Porto.

Bolinho, o cocker daFilipa, busca dende oalto de Santa Luzia,en Viana do Castelo.

1312

Page 9: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Laurinda e os Bolechas escoitan osouveos dos cans do norte de Portugal,pero non entenden nada.

–Tres ouveos longos, tres ouveoscurtos e medio ouveo... Quen sabe oque queren dicir? Eu non sei o idiomacanino –di Pili.

–Eu tampouco, pero Bouro e Chispaestán quietos. Iso é que Balbina nonapareceu. Se aparecese, Bouro eChispa irían correndo atrás do rastro.

1514

Page 10: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

–Pois se a Balbina non está no nortede Portugal, cruzaría o río Miño porunha ponte e andará por Galicia –diCarlos, con moita razón.

E alá van correndo, cara ao ríoMiño. As vacas son pesadas, peroandan moito. Pode ser que atravesaseunha ponte e pasase a Galicia. Igualxa anda por Santiago deCompostela! Quen sabe?

1716

Page 11: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Laurinda e os Bolechas chegan áponte. Agora Chispa e Bouro vanllespreguntar os cans de toda Galicia seviron pasar pola súa aldea, vila oucidade unha vaca, de raza barrosã,que se chama Balbina. E póñense aouvear.

–Dicídelles tamén que Balbina éunha vaca moi guapa e que ten oscornos revirados –precisa a Laurinda.

1918

Page 12: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Os ouveos chegan atodas as aldeas, vilas ecidades de Galicia. Oscans entenden ben amensaxe que llesmandan Bouro eChispa. E buscan coassúas amas e amos avaca Balbina, comofixeron antes osportugueses.

La, o komodor da Ana,busca dende a torrede San Sadurniñode Cambados.

Pipa, a san bernardodo Martiño, buscadende a Vera Cruzdo Carballiño.

Butter, a yorkshire daLucía, busca dende ocastelo de Monfortede Lemos.

Legón, o palleiro doSimón, busca dende ocastro de Santa Trega,na Guarda.

Chéri, a dogo francesada Gabriela, buscadende a torre deHércules da Coruña.

2120

Page 13: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Laurinda e os Bolechas escoitaninquedos os ouveos dos cans deGalicia. Mais, polo visto, tampoucopor alá viron a vaca, pois Chispa eBouro non se moven do sitio.

–Balbina non está nin no norte dePortugal nin en Galicia. Quen sabeonde anda? Perdeuse –laia aLaurinda.

22 23

Page 14: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

A busca non deu resultado. Todos oscans de Galicia e do norte dePortugal buscaron ben, pero aBalbina non apareceu.

Laurinda torna á casa cos seusconvidados. Van desacougados. Arapariga terá que deitarse esta noitesen bicar a vaca. Onde irá aBalbina?

–Igual marchou a Suíza. Balbina tencurmás suízas e se cadra foi visitalas.

2524

Page 15: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Antes de se deitar, Laurinda vaionda a avoa e cóntalle desacougadao que pasou.

–Avoíña, esperta! Esperta, avoíña!Escoita! A Balbina fuxíu. Non está nacorte, nin no norte de Portugal nin enGalicia.

A avoa acorda do sono pouco apouco e escoita os laios da neta.

2726

Page 16: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

–Pero, Laurindiña, non sabes que avaca foi co avó? Non lembras que alevou o avó a un concurso de gandoque hai en Montalegre, a ver se lle danun premio? Porque Balbina é moiguapa e seguro que lle dan o primeiropremio –di a avoa, xa esperta de todo.

–Claro! Balbina foi co avó aoconcurso de Montalegre!Esquecérao! –berra Laurinda,contentísima.

2928

Page 17: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Á mañá, chegan o avó e mais a vaca.

–Á Balbina déronlle o primeiropremio! Era a vaca máis guapa doconcurso –berra o avó, fachendoso.

Laurinda está feliz.

–Voulle dar o bico que non lle dinonte á noite e cen bicos máis! –berraa nena.

Os Bolechas, Laurinda, os avós emais Bouro e Chispa vano celebrarcun grande almorzo. Despois dedarlle cadanseu bico á Balbina, claro!

3130

Page 18: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá

Chispa Mamá Bolechas Papá Bolechas Avoa maternaBalbina

Avó materno Marcelo

Avoa paterna Flora

Avó paterno Emiliano

Curmá Sarela Curmá Ying Curmán Kofi Tía Camila Tío Lisardo

Lusco Fusco Curmá Saladina Tía Lupa Tío Agostiño

Page 19: Club - GNP, AECT pregunte a todos os cans e cadelas do norte de Portugal se viron pasar pola súa aldea, vila ou cidade unha vaca, de raza barrosã, que se chama Balbina. –Bouro

Os Bolechas van ao Gerês, á casa da súa amiga Laurinda. O caso é que a rapariga ten o costume de darlle un bico á súa vaca Balbina

antes de deitarse, e iso ocasiónalle algún problemiña...

9 788417 702526