ColeccióN 5

18
81 Colección documental Capítulo V 1º de Bacharelato A sociedade industrial e o Movemento obreiro. A sociedade industrial . Unha opotunidade para a igualdade e o progreso. A. A sociedade de clases. Características xerais. “Unha vez abolida a situación de privilexio de que gozaban os estam entos privilexiados da nobreza e o clero, a sociedade europea emprega novos criterios para clasificar os grupos e individuos . A nova sociedade de clases organiza aos individuos, básicamente en función da súa riqueza e non de situacións de privilexio herdadas ou adquiridas. A riqueza -e a cultura como consecuencia directa- como criterio de diferenciación social permite establecer un tipo de sociedade moito máis dinámica e aberta na que -polo menos en teoría- existen posibilidades de ascenso social para todos aqueles individuos que consigan os recursos económicos necesarios ou que logren unha formación cultural que lles permita ascender a postos máis elevados na escala social. O mérito persoal queda así premiado, igual que a valía intelectual, a capacidade de em prender accións lucrativas ou o risco de iniciar negocios e instalar industrias. Esta mobilidade social, é dicir, a posibilidade de nacer nun ha determinada clase e asc ender na escala social en función das circunstancias persoais, vai ser unha das características máis destacadas desta nova estructura social, substituta da sociedade pechada e inmobilista do Antigo Réxime. Do mesmo modo que se aascende, tamén un individuo pode descender socialmente pola perda de poder económico ou deterioro da súa posici ón socia l. Evidentemente, todos estes cambios non se produciron ao mesmo tempo en toda Europa nin foi radical a perda de poder dos antigos grupos dominantes, sobre todo da nobreza. Algúns individuos destes vellos grupos de privilexiados adaptáronse aos novos cambios pero outros mostráronse totalmente contrarios a aceptalos. Sin embargo, no seu conxunto, a sociedade europea camiñou con paso firme cara unha sociedade de clases na que o pode r da bu rgues ía se rá cada vez m aior. Na sociedade de clases, a desigualdade económica producida pola acumulación dos bens de producción en mans duns poucos e a necesidade da inmensa maioría -asalariados, proletarios- de traballar para eles a cambio dun salario, vai se conve rter no eixe cen tral da nova estruct ura social. As clases ricas, acomodadas, están formadas tanto por nobres (que aínda que perderan os seus privilexios sociais e políticos conservaron as posesións, básicamente terras) como por burgueses enriquecidos coa actividade comercial, industrial, financeira e tamén debido ao desempeño de cargos administrativos e políticos. Estes dous grupos, enfrontados durante o Antigo réxime, estreitan agora as súas relacións, xa que defenden intereses comúns; os nobres participan en negocios (noutros tempos desprezados) e os burgueses casan con nobres ou permíteselles o acceso aos títulos nobiliarios.” (ALFEIRÁN RODRIGUEZ, x.; ROMERO MASIÁ, A: Historia do Mundo Contem poráneo. 1º de bachar relato. Ed. Co nsorc io editorial galeg o. A Coruña, 20 03. Paxs. 86 e 8 7) B. Os grupos sociais na sociedade de clases. “A sociedade vienesa en 1902. Descubrín que había polo menos tres capas sociais superpostas. A primeira compoñíase principalmente da alta aristocracia. A segunda estaba mái s extendida, com posta de minist ros do Estado, da pequena nob reza, de altos funcionarios, de grandes financeiros, xudeos bautizados, así como diplomáticos. A terceira capa era diversa e comprendía profesores, artistas escribanos, xudeos, funcionarios de segunda orde, actores e políticos. Había pouca comunicación entre estas capas. No cúmio do edificio social erguíase o emperador, a familia imperial, os membros da Corte, planeando tan alto por riba do común dos mortais e tan ben protexidos por unha antiga etiqueta española, que podían, se se presentaba a ocasión, permitirse moverse, coma deuses,

description

Conxunto de documentos escritos, gráficos estatísticos e imaxes sobre a burguesía e o proletariado. tamén se inclúen documentos sobre o movemento obreiro.

Transcript of ColeccióN 5

Page 1: ColeccióN 5

81

Colección documental Capítulo V 1º de Bacharelato

A sociedade industrial e o Movemento obreiro.

A sociedade industrial . Unha opotunidade para a igualdade e o progreso.

A. A sociedade de clases. Características xerais.

“Unha vez abolida a situación de privilexio de que gozaban os estamentos privilexiados da nobreza e

o clero, a sociedade europea emprega novos criterios para clasificar os grupos e individuos . A nova sociedade

de clases organiza aos individuos , básicamente en función da súa riqueza e non de situacións de privilexio

herdadas ou adquiridas.

A riqueza -e a cultura como consecuencia directa- como criterio de diferenciación social permite

establecer un tipo de sociedade moito máis dinámica e aberta na que -polo menos en teoría- existen

posibilidades de ascenso social para todos aqueles individuos que consigan os recursos económicos necesarios

ou que logren unha formación cultural que lles permita ascender a postos máis elevados na escala social. O

mérito persoal queda así premiado, igual que a valía intelectual, a capacidade de emprender accións lucrativas

ou o risco de iniciar negocios e instalar industrias.

Esta mobilidade social, é dicir, a posibilidade de nacer nunha determinada clase e ascender na escala

social en función das circunstancias persoais, vai ser unha das características máis destacadas desta nova

estructura social, substituta da soc iedade pechada e inmobilista do Antigo Réxime. Do mesmo modo que se

aascende, tamén un individuo pode descender socialmente pola perda de poder económico ou deterioro da súa

posición social.

Evidentemente, todos estes cambios non se produciron ao mesmo tempo en toda Europa nin foi radical

a perda de poder dos antigos grupos dominantes, sobre todo da nobreza. Algúns individuos destes vellos grupos

de privilexiados adaptáronse aos novos cambios pero outros mostráronse totalmente contrarios a aceptalos.

Sin embargo, no seu conxunto, a sociedade europea camiñou con paso firme cara unha sociedade de clases na

que o poder da burgues ía será cada vez maior.

Na sociedade de clases, a desigualdade económica producida pola acumulación dos bens de producción

en mans duns poucos e a necesidade da inmensa maioría -asalariados, proletarios- de traballar para eles a

cambio dun salario, vaise converter no eixe central da nova estructura social.

As clases ricas, acomodadas, están formadas tanto por nobres (que aínda que perderan os seus

privilexios sociais e políticos conservaron as posesións, básicamente terras) como por burgueses enriquecidos

coa actividade comercial, industrial, financeira e tamén debido ao desempeño de cargos administrativos e

políticos. Estes dous grupos, enfrontados durante o Antigo réxime, estreitan agora as súas relacións, xa que

defenden intereses comúns; os nobres participan en negocios (noutros tempos desprezados) e os burgueses

casan con nobres ou permíteselles o acceso aos títulos nobiliarios.”

(ALFEIRÁN RODRIG UEZ, x.; RO MERO MASIÁ , A: Historia do Mundo Contem poráneo. 1º de bachar relato. Ed. Co nsorc io

editorial galeg o. A Coruña, 20 03. Paxs. 86 e 8 7)

B. Os grupos sociais na sociedade de clases.

“A sociedade vienesa en 1902.

Descubrín que había polo menos tres capas sociais superpostas. A primeira compoñíase principalmente

da alta aristocracia. A segunda estaba máis extendida, composta de ministros do Estado, da pequena nobreza,

de altos funcionarios, de grandes financeiros, xudeos bautizados, así como diplomáticos. A terceira capa era

diversa e comprendía profesores, artistas escribanos, xudeos, funcionarios de segunda orde, actores e

políticos.

Había pouca comunicación entre estas capas. No cúmio do edificio social erguíase o emperador, a

familia imperial, os membros da Corte, planeando tan alto por riba do común dos mortais e tan ben protexidos

por unha antiga etiqueta española, que podían, se se presentaba a ocasión, permitirse moverse, coma deuses,

Page 2: ColeccióN 5

82

entre a multitude...”

(WICK HAN ST EED, Henr y. (Corresponsal do Times, en Londres): Mes souvenirs. París, p lon, 192 6,)

C. A sociedade de clases. A igualdade xurídica.

“Na Idade Media, e no entanto a propagación dos postulados cristiáns, a desigualdade era ostensible

entre a sociedade humana, principalmente polo que toca á institución da servidume, na que os servos estaban

supeditados á vontade do señor feudal e á nobreza.

A desigualdade fáctica que prevalecía ata antes da Revolución francesa, traducíase na consecuente

desigualdad xurídica, que non era senón o recoñecemento que facía o Dereito Positivo respecto dos privilexios,

potestades e prerrogativas dunha clase social e económica sobre outra. Ata a administración de xust iza, cuxo

recto e debido desempeño debe ter como suposto fundamento a igualdade, desenvolvíase en planos de marcado

sectarismo, revelado na existencia dos diferentes fueros.

A Revolución francesa, inspirada no seu contido filosófico-xurídico polas doutrinas polít icas de Rousseau

e do jus-naturalismo, principalmente, constituíu a orixe da consagración xurídica da igualdade humana como

garantía individual ou prerrogativa do home opoñible ás autoridades estatais. Ante a lei e para o Estado

desapareceron todos aqueles factores que integraban a desigualdad entre os diversos gobernados. Con todo,

a igualdade legal abstracta traduciuse na realidade económica, primordialmente entre o capital e o traballo,

nunha profunda desigualdad. Esta, no entanto, non se manifestou como unha negativa da garantía individual de

igualdade, senón como un estado existente entre dúas clases sociais e económicas determinadas, ou sexa,

entre dous suxeitos sociais colocados na mesma situación de gobernados, estado que se remediou mediante

a consagración das garantías sociais.

En conclusión, a Revolución francesa trouxo consigo a consagración xurídica definitiva da igualdade

humana como garantía individual, subsistiendo actualmente como tal na maioría dos ordenamientos

constitucionais dos países civilizados contemporáneos.”

( B U R G O A , I g n a c i o : A n t e c e d e n t e s h i s t ó r i c o s d a i g u a l d a d e c o m o s i t u a c i ó n d o i n di v i d u o .

En:http ://orbita.starm edia.com/~m iggarm e/anteced entes_h istoricos_de_ la_ig.htm . 13-II-2006)

D. A sociedade de clases habita na cidade. Os problemas de infraestructura urbana..

“Limpeza.- Na antiguidade establa deplorablemente abandoado estre ramo de policía. Os viciños

arroxaban aos basureiros que había nos portais (cando non á rúa) todo o lixo e os desperdicios das casas, e só

unha vez por semana era recollido o lixo e barridas as rúas. Posteriormente se facía o barrido cada dous días;

e en 1833, coa intención de conxurá-la invasión do cóler-morbo, acordouse a supresión dos basureiros dos

portais e estableceuse o barrido diario, dispoñendo que os veciños depositasen pola noite os lixos no arroio

da rúa. Os montóns de lixo que con esta disposición se formaban no centro das rúas, incomodaban bastante

ós veciños e forasteiros que se retiraban un pouco tarde, ó mesmo tempo que servían de campo de exploración

ós trapeiros, e de sabroso pasatempo ós cáns vagabundos. Como consecuencia disto mellorouse este servicio,

e hoxe a limpeza fáise ás primeiras horas da mañán (de 6 a 8 nos meses de maio a outubro e de 7 a 9 nos

restantes do ano), baixando os veciños ó portal as cestas de lixo, que son recollidas polos carros da vila

debidamente dispostos, e provistos dunha campaniña que avisa a súa presencia ás criadas.

A limpeza nocturna (ou dos pozos de inmundicia) principia ás doce da noite e conclúe ás seis da mañán,

facéndose con arreglo ó número de solicitudes que durante o día se presentan na oficina da vista xeral, sita

na rúa de San Opropio. Hai días nos que a pesar de ser Madrid un pobo de 7000 casas, non chegan a vinte as

solicitudes, o que proba certa morosidade por parte dos veciños, e confirma tamén o feito constante do pouco

que se pode esperar da cooperación dos particulares nos ramos de policía que esixan certa asiduidade, ou que

ocasionen algunha molestia. Importa por consiguiente trazar canto antes o plano subterráneo da vila e levar

a cabo un sistema de alcantarillas completo, que permita verificar a exportación das augas inmundas coa

celeridade e perfección doutras capitais, e prescindir de contar coa sempre feble eficacia dos viciños.

Desgraciadamente o alcantarillado existente, a pesar do moito que costou, é aínda insignificante pola súa

extensión, e sobre todo sumamente defectuoso na súa construcción.

Sumideiros públicos.- En todos os pobos numerosos faise dificil evitar o desaseo e a fetidez que

ocasionan os oríns, que moitos non reparan en soltar onde queira que lles ocurre a necesidade daquela

Page 3: ColeccióN 5

83

París no Século XIX. Avenue de l’Opera. En:

www.ebay.es

Paríos no século XIX. Vaudeville. En: www.ebay.es

frecuente emisión. Así é que os arredores dos teatros, dos cafés e demáis lugres dalgunha concurrencia, as

rinconadas das rúas e prazas, os calexóns, os portais das casas que non teñen porteiro, todo se ve inundado,

causando non pouca repugnancia ó olfato e ata incomodidade ós pés dos transeuntes. Esta verdadeira

calamidade urbana dos pobos grandes non pode remediarse senón multiplicando os mexadeiros e as garitas

públicas, así gratúitas coma de pago, e evitando, mediante un incansable ce lo por parte dos dependentes da

policía urbana, que siga o costume de mexar en calquera parte.

Alumeado e sereos.- Antigamente o alumeado das rúas e prazas estaba a cargo dos viciños, coidaban

de prender, limpar e conservar os faroles, e dos propietarios, que tiñan ó seu cargo costear e repoñer os

faroles e as palomiñas, abonando ademáis ós viciños o custo das luces. En 1765 estableceuse unha dirección

oficial deste ramo de policía, dispoñéndose a iluminación das rúas e prazas durante os seis meses de inverno,

ou sexa dende outubro a abril. En 1744 acordouse que a iluminación continuase nos demáis meses de verán. En

1798 crearonse os serenos, reunindo este ramo co do alumeado, e aumentando ata 96 reais anuais o imposto

anual de 64 rs. 20 mrs(maravedíes) por cada luz, que se viña pagando dende o 1º de xaneiro de 1766. Esta

contribución de farol e sereno aumentou dende o 1º de xaneiro de 1820 ata 120 rs., cúia cantidade é a mesma

que se sigue pagando hoxendia. En 1835 estabrecéronse os faroles de reverbero, sendo en todo Madrid en

número de 2410, ó cargo de 187 faroleiros, que son os mesmos serenos, baixo a vixiancia dun inspector xeral

e de 10 celadores de districto.- no septenio de 1838-44 os gastos ordinarios e custo do alumeado público

importaron unha suma total de 4.329,641 rs. 24 mrs.

O alumeado de aceite empezouse fai dous ou tres anos a sustituír polo de gas. Se ben xa iluminadas

por este medio as principais rúas; estan canalizadas outras moitas rúas, coas súas cañerías postas; e dentro

de poucos meses todo Madrid poderá estar alumeado polo gas na vía pública, así como empeza a estalo tamén

en moitos almacéns, cafés e edificios particulares.”

(MONLAU, P.F. (1985): Madrid en la mano, o el amigo forastero en Madrid y sus cercanías. Ed. Facsími da editada por primeira

vez en Madrid en 1850 . Madrid. Guillermo B lázquez. En : BIOSC A, G.; CLAVI JO, C.: Cambio y diversidad en el mundo

contemporá neo. Textos para la enseñanza de las Ciencias Sociales. Ed. Graó. Col. Mat eriales para la Innovación E ducativa (MI E),

nº 7. Barcelona, 1993. Paxs. 38,39 e 40)

E. As paisaxes urbanas.

Page 4: ColeccióN 5

84

F. Exodo rural e crecemento da poboación urbana en Europa.

G. Os ensanches urbanos de mediados do sécu lo XIX. Barcelona.

Page 5: ColeccióN 5

85

H. Os ensanches urbanos de mediados do século XIX. Viena.

I. A vida nas cidades.

Page 6: ColeccióN 5

86

Unha fam ilia burguesa . FONTE : /www.portalplanetasedna.com.ar/burguesia.htm

J. A burguesía. Caracteres xerais.

“En primeiro lugar, pois, polo que se refire ós patróns: con moi poucas ecepcións, son un grupo de

homes que xurdíu do negocio do algodón sen educación nin preparación, excepto a que puidesen adquirir gracias

aá súa relación co pequeno mundo de comerciantes na lonxa de Mánchester; pero para contrarrestar este

defecto, dan unhas apariencias, gracias a un ostentoso desfile de mansións elegantes, enxovais, libreas,

parques, cabalos, cans de caza, etc. , que se coidan de exhibir ante o comerciante extranxeiro de forma máis

fastuosa. Por suposto, as súas casas son elegantes palacios que superan con moito, en volume e extensión, as

residencias refinadas e fascinantes que se poden ver nos arredores de Londres... pero o observador puro das

belezas da natureza e a arte combinados advertirá nelas unha deplorable falta de gusto. Educan as súas

familias nas escolas máis caras decididos a darlle á súa descendencia unha dobre ración do que a eles lles falta.

Así, sen que a penas teñan nas súas cabezas unha segunda intención, son materialmente pequenos monarcas,

absolutos e despóticos nos seus distritos particulares; e para que todo iso se manteña, ocupan todo o seu

tempo en maquinar como obter a maior cantidade de traballo a cambio do menor gasto.”

(Relato dun operario da industria do algodón en 1818. En: Historia do mundo contemporáneo, 1º Curso de bacharelato. Ed.

Rodeira. A coruña, 2002. Pax. 78)

K. A cotidianeidade da burguesía.

L. O proletariado. O concepto de proletariado.

“A industria moderna transformou o pequeno taller do mestre patriarcal na gran fábrica do capitalismo

industrial. Masas de obreiros, amoreados na fábrica, están organizados en forma militar...

Pequenos industriais, pequenos comerciantes e alugadores, toda a escala inferior das clases medias

doutro tempo, caen nas fi las doproletariado; uns, porque os seus pequenos capitais non lles alcanzan para

acometer empresas industriais e sucumben na competencia cos capitalistas máis fortes; outros, porque a súa

habilidade profesional vese desprezada ante os novos métodos de producción...

Nesta etapa, os obreiros forman unha masa diseminada por todo o país e disgrgada pola competencia.

(MARX e ENGE LS: Manifesto comunista.)

Page 7: ColeccióN 5

87

M. As condicións de vida do proletariado.

“Que non vira nunca, antes, (declarou) unha miseria coma a da súa parroquia. A xente non ten mobles,

fáltalles todo, a miudo habitan dúas parellas de esposos na mesma habitación. Un día visitou sete casas nas que

non encontrou ningunha cama, en algunhas nin xiquera palla; persoas de oitenta anos durmían sobre un armazón

de madeira. Case todas permanecían vestidas durante a noite. Nun soto encontrara dúas familias de campesiños

escoceses: dous dos fillos morreran pouco despois de ter chegado á cidade, o terceiro estaba moribundo no

momento en que os visitou; para cada familia había sobre o pavimento un montonciño de palla sucia; ademáis,

o soto -onde non era posible recoñecer a unha persoa en pleno día- tamén daba cobixo a un asno”

(ENGE LS, F.: La situación de la clase obrera en Inglaterra. 1845. Ed. De F. Warshaver, Júcar, Madrid, 1980. Pax. 55)

N. O traballo infantil.

“A experiencia xa demostrou todo o que pode producir o traballo dos nenos e a ventaxa que se pode

atopar en emplealos cedo nas labores de que son capaces. O desenvolvemento das escolas de industria debe

dar tamén resultados materiais importantes. Se alguen se tomase a molestia de calcular o valor total do que

gañan dende agora os nenos educados según este método, sorprenderíase ó cons iderar a carga de que exonera

ó país o seu traballo, que basta para cubrir o seu mantemento, e os ingresos que os seus esforzos laboriosos

e os hábitos nos que son formados veñen engadir á riqueza nacional.”

(PITT,W lliam: Discurso no Bill Whitbread sobre a asistencia pública, 12 de febreiro de 1796)

As orixes do movemento obreiro. ¡As máquinas son as culpables!

O. Un caso británico.

“Na tarde do venres, arredor das catro, un numeroso grupo de revoltosos atacou a fábrica de tecidos

pertencente ós señores Wroe e Duncroft, en West Houghton..., e, atopándoa desprotexida, pronto se

apoderaron dela. Inmediatamente a incendiaron e todo o edificio coa súa valiosa maquinaria, tecidos, etc., foi

completamente destruído. Os danos ocasionados son inmensos, tendo costado a fábrica sóa 6.000 libras. A

razón argumentada para xustificar este acto horrible é, como en Middleton, o “tecido a vapor”. Por este

espantoso suceso, dúas respectables familias sufriron un dano grave e irreparable e un gran número de pobres

quedaron sin emprego. Os revoltosos parecen dirixir a súa vinganza contra toda clase de adiantos nas

maquinarias. ¡Que trabucados están! ¿Que sería deste país sin tais adiantos?”

(Annual Register, 26 de abril de 1812. Citado en George Rudé, 1978)

P. Un caso español.

“O 2 de marzo, máis de 1.200 homes se dirixiron ás fábricas situadas fora da cidade de Alcoi e

destruíron as súas máquinas (que non eran de vapor). O 9 de marzo, o diputado alcoiano, Sr. Gisbert, explicaba

nas Cortes as causas do motín ludita:

<<Como la invención de las máquinas excusa gran cantidadde brazos, nada tiene de extraño que,

viniendo a ser cesantes los que antes se ocupaban en el trabajo, acosados del hambre y de la necesidad, se

precipiten en estos excesos.>>”

(Diario de sesións. 9 de marzo de 1825)

A situación da clase traballadora. Diversas opinións ó respecto.

Q. A opinión dun experto.

“Ó meu xuízo, o feito económico máis funesto para as crases obreiras será a separación absoluta, cada

vez máis completa, que se produce netre os dous elementos da producción, o capital e o traballo, e que coloca

así en perpetua hostilidade a dous intereses opostos. A producción, na medida que medra e crea axentes

mecánicos máis complicados, esixe unha masa de capitais que só un reducido número de homes ricos está en

condicións de reunir. Os instrumentos de traballo quedan, pois , vedados para sempre para o obreiro laborioso

que aspira a salir da precaria condición de simple asalariado.”

Page 8: ColeccióN 5

88

(BURE T, E.: Sobre la miseria de las clases trabajadoras en Inglaterra y Francia. Bruxelas, 1843)

R. A opinión dun ideólogo.

“Na manufactura e no oficio, o obreiro sírvese da ferramenta; na fábrica sirve á máquina. Nos dous

primeiros casos, o movemento do medio de traballo dimana do obreiro, mentras que no último é o obreiro quen

ten que seguir ó movemento. Na manufactura, os obreiros son membros dun mecanismo vivo. Na fábrica existe

un mecanismo independente deles , ó que se incorporan como secuela viva. O triste tormento dun traballo

infinito, que repite sempre o mesmo proceso mecánico, semella o traballo de Sísifo. O peso do traballo cae,

o mesmo que a rocha, constantemente sobre o obreiro extenuado (...).

Toda producción capitalista que sexa non só proceso de traballo, senón á vez proceso de incremento

de capital, ten como característica común que non é o obreiro quen aplica a condición do traballo, senón que

é á inversa, a condición do traballo aplica ó obreiro; pero só coa introducción da maquinaria adquire esta

inversión técnica unha realidade palmaria.”

(MARX , K.: El cap ital. 1867-1874)

S. A opinión dun médico.

“Un médico do Hospital Xeral de Sheffield (Inglaterra), ó analizar as causas de morte dos anos 1837-

1842, chega á seguinte conclusión:

<<Moi limitada debe sera observación de calquer médico que non lle levara á conclusión de que as

mortes de centos de persoas desta cidade se deben atribuír a unha carencia das cousas indispensables para

vivir. Pode que morran de enfermidade, pero esta é ocas ionada polo feito de vivir na pobreza, conxugada co

excesivo esforzo no traballo>>

(Informe do Dr. Holland. Sheffield, 1842)

T. A opinión da Igrexa.

“Os deberes dos capitalistas e os amos: non tratar ós obreiros como a escravos; respectar neles a

dignidade da persoa humana, ennobrecida polo crácter cristiano (...). É inhumano abusar dos homes, coma se

non fosen máis que cousas, só para as ganancias (...). Deber dos amos é dar a cada un o que mereza en xustiza.

Determinar a medida xusta do salario depende de moitas causas, pero teñan moi presente os ricos e os amos

que nin as leis divinas nin as humanas lles permiten oprimir en proveito propio ós necesitados e desgraciados,

buscando a propia ganancia na miseria do seu próximo.”

(LEON XIII: Encíclica Rerum Novarum , 1891)

As primeiras organizacións obreiras. Reformismo dende o propio sistema.

U. A loita dende o Parlamento.

“Unha votación democrática levaría ó Parlamento ós representantes da crase obreira, ó ser mioritaria

na poboación inglesa, e permitiría con isto a aprobación de medidas de reforma social. Os seis puntos

reclamados pola Carta do Pobo eran: 1) Districtos electorais iguais; 2) Sufraxio universal; 3) Renovación anual

do parlamento; 4) Supresión do requisito de ser propietario para ser Diputado; 5) Voto segredo mediante

papeletas; 6) Pago de dietas ós diputados.”

(DAGE NVILLE , R.: Marx y Engels. El Sindicalismo, 1976)

V. O socialismo utópico.

“O novo sistema fúndase en principios que capac itarán á humanidade para impedir na próxima

xeneración todos os males e miserias que nós e os nosos antepasados temos experimentado (...). Acabaráse

coa ignorancia; impediráse que as malas pasións se fortalezan; a amabilidade e a caridade prevalecerán

universalmente; non se coñecerá a pobreza; o interés de cada individuo estará en estreita relación co interés

de todos os individuos do mundo. Non haberá ningunha contradicción entre os desexos e apetencias dos homes.

A moderación e simplicidade de maneiras será a característica de todos os componentes da sociedade (...).

Page 9: ColeccióN 5

89

Fonte dos gravados:/www.upf.edu/materials/fhuma/portal_geos/tag/t5/t5.htm

Cada un posuirá, sin perxuizo dos demáis, todo o que poda tender á súa comodidade, ó seu benestar e á súa

felicidade (...). Ó seu debido tempo, formaranse comunidades con tales caracteres.”

(OW EN, R.: Informe a los habitantes de New Lanark, cidade que fundou arredor da fábrica que dirixía. 1816

W. O proxecto de New Harmony en Indiana de R. Owen. 1825.

X. Outras creacións do Socialismo utópico.

Page 10: ColeccióN 5

90

Socialismo e anarquismo. Revolución para abolir o sistema.

Y. O socialismo científico.

“De todas as crases que a hora presente se atopan enfrontadas coa burguesía, só a burguesía é unha

crase verdadeiramente revolucionaria (...). As Crases medias -pequenos fabricantes, tendeiros, artesáns,

campesiños- combaten á burguesía por que é unha ameaza para a súa existencia como crases medias. Non son,

pois, revolucionarias, senón conservadoras; en todo caso son reaccionarias: piden que a Historia retroceda. Se

se axitan revolucionariamente é por temor a caer no proletariado (...). Toda unha série de elementos modestos

que viñan pertencendo á crase media son absorvidos polo proletariado.

A plebe das grandes cidades, esa podredume pasiva... pode atoparse arrastrada ó movemento por unha

revolución proletaria; sin embargo, as súas condicións de vida predispóñena máis a venderse á reacción.

As condicións de existencia da vella sociedade están xa abolidas nas condic ións de existencia do

proletariado: O proletariado está sin propiedade; as súas relacións de familia non teñen nada en común coas

da familia burguesa; o traballo industrial moderno, que implica a servidume do obreiro ó capital... , despoxa ó

proletariado de todo carácter nacional. As leis, a moral, a relixión, son para él meros prexuizos burgueses (...).

A revolución comunista é a ruptura máis radical coas relacións de propiedade tradicionais (...). Xa

dixemos que o primeiro paso da revolución obreira é a elevación do proletariado ó poder, a conquista dea

democracia. O proletariado valerase do poder para ir despoxando á burguesía de todo o capital, para centralizar

todos os instrumentos da producción en máns do Estado, é dicir, do proletariado organizado como clase

dominante.”

(MARX , K. e ENGE LS, F.: O manifesto comunista. 1848)

Z. O socialismo científico. A teoría da loita de clases

“Toda a historia da sociedade humana, ata hoxe, é unha historia da loita de clases.

Libres e escravos, patricios e plebeos, baróns e servos da gleba, mestres e ofic iais, nunha palabra,

opresores e oprimidos fronte a fronte, sempre empeñados nunha loita ininterrompida, velada unhas veces, e

outras franca e aberta, nunha loita que conduce en cada etapa á transformación revolucionaria de todo un

réxime social ou ó exterminio de ámbalas clases belixerantes.

A moderna sociedade burguesa que se ergue sobre as ruínas da sociedade feudal non aboliu os

antagonismos de clase. O que fixo foi crear novas clases, novas condicións de opresión, novas modalidades de

loita, que vieñeron substuí-las antigas.

Sen embargo, a nosa época, a época da burguesía, caracterízase por ter simplificado estes

antagonismos de clase. Hoxe, toda a sociedade tende a separarse, cada vez máis abertamente, en dous grandes

campos antagónicos: a burguesía e o proletariado.”

(MARX , K. e ENGE LS, F.: O manifesto comunista. 1848)

Z. 1. O socialismo c ientífico. O concepto de plusvalía.

“Agora ben, ¿qué ocurre despois de que o obreiro vende ó capitalista a súa forza de traballo; é dicir,

despois de que a pon á súa disposición, en troques do salario acordado, por xornal ou a destaxo? O capitalista

leva o obreiro ó seu taller ou á súa fábrica, onde se atopan xa preparados todos os elementos necesarios para

o traballo: materias primas e materiais auxiliares (carbón, colorantes, etc.), ferramentas e maquinaria. Aquí,

o obreiro comenza a traballar. Supoñamos que o seu salario é, coma antes, de tres marcos ó día, sendo

indiferente que os obteña como xornal ou a destaxo. Volvamos supoñer que, en doce horas, o obreiro, co seu

traballo, engade ás materias primas consumidas un novo valor de seis marcos, valor que o capitalista realiza ó

vender a mercancía rematada. Destes seis marcos, paga ó obreiro os tres que lle corresponden e garda os tres

restantes. Agora ben, se o obreiro, en doce horas, crea un valor de seis marcos, en seis horas creará un valor

de tres. É dicir, que con seis horas que traballe resarcirá ó capitalista o equivalente dos tres marcos que este

lle entrega como salario. Ó cabo de seis horas de traballo, ámbolos dous están en paz e ningún adeuda un

céntimo ó outro.

-¡Alto ahí! -berra agora o capitalista-, eu aluguéi ó obreiro por un día enteiro, por doce horas. Seis

horas non son máis que media xornada. De xeito que ¡a seguir traballando, ata cubrir outras seis horas, e só

Page 11: ColeccióN 5

91

entón estaremos en paz! e, en efecto, o obreiro non ten máis remedio que someterse ó contrato que

“voluntariamente” ten pactado, e no que se obriga a traballar doce horas enteiras por un producto de traballo

que só costa seis horas.”

(ENGELS, F.: Introducc ión á edición de 1891 do estudio de C . Marx: Traballo asalariado e capital. 1847. En: Obras escollidas.

Tomo I, paxs. 150-152)

Z. 2. O socialismo científico. O materialismo histórico.

“O resultado final ao que cheguei e que, unha vez obtido, serviu de fío conductor ós meus estudios,

pode resumirse así: na producción social da súa vida, os homes contraen determinadas relacións necesarias e

independentes da súa vontade, relacións de producción, que corresponden a unha determinada fase de

desenvolvemento das súas forzas productivas materiais. O conxunto destas relacións de producc ión forman

a estructura econñomica da sociedade, a base real sobre a que se ergue a superestructura xurídica e política

e á que corresponden determinadas formas de conciencia social. O modo de producción da vida material

condiciona o proceso da vida social, política e espiritual en xeral. Non é a conciencia do home a que determina

o seu ser, senón que, pola contra, é o ser social o que determina a súa conciencia. Ao chegar a unha determinada

fase de desenvolvemento, as forzas productivas materiais da sociedade entran en contradicción coas relacións

de producción existentes, ou, o que non é máis ca expresión xurídica disto, coas relaciós de propiedade dentro

das que se desenvolveron ata alí. De formas de desenvolvemento das forzas productivas, estas relacións

convertense nos seus atrancos. E ábrese así unha época de revolución social. Ao cambiar a base económica,

revoluciónase, máis ou menos rapidamente, toda a inmensa estructura erixida sobre ela. Cando se estudian esas

revolucións, hai que distinguir entre os cambios materiais ocorridos nas condicións económicas de producción...

e as formas xurídicas, políticas, relixiosas, artísticas ou filosóficas, nunha palabra, as formas ideolóxicas nas

que os homes adquiren conciencia deste conflicto e loitan por resolvelo.”

(MARX . K.: Contribución á crítica da economía política. 1859)

Z. 3. O socialismo científico. A Dictadura do Proletariado.

“Xa deixamos dito que o primeiro paaso da revolución obreira será a xaltación do proletariado 'Poder,

a conquista da democracia.

O proletariado valerase do Poder para ir despoxando paulatinamente a burguesía de todo de todo o

capital, de tódolos instrumentos da producción, centralizando estes en mans do Estado, é dic ir, do proletariado

organizado como clase gobernante, e procurando fomentar por tódolos medios e coa maior rapidez posible as

enerxías producticas.

Claro é que, ó principio, isto só se poderá levar a cabo mediante unha acción despótica sobre a

propiedade e o réxime burgués de producción, por medio de medidas que, aínda que de momento parezan

economicamente insuficientes e insostibles, no transcurso do movemento será un gran resorte propulsor e das

que non se pode prescindir como medio para transformar todo o réxime de producción vixente.”

(MAR X, K. e E NGE LS, F.: O ma nifest o Com unista . 1848)

Z. 4. O socialismo científico. A sociedade sin clases.

“Tan axiña como, no transcurso do tempo, teñan desaparecido as diferencias de clase e toda a

producción estea concentrada en mans da sociedade, o Estado perderá todo carácter político. O poder político

non é, en rigor, máis que o poder organizado dunha clase para a opresión da outra. O proletariado vese forzado

a organizarse como clase para loitar contra a burguesía; a revolución leva 'poder; máis tan logo como desde el,

como clase gobernante, derribe o réxime vixente de producción, con este fará desaparece-las condicións que

determinan o antagonismo de clases, as clases mesmas e, polo tanto, a súa soberanía como tal clase.

E a vella sociedade burguesa, coas súas clases e os seus antagonismos de clase, será substituída por

unha asociación na que o libre desenvolvemento de cada un condicione o libre desenvolvemento de todos.”

(MARX , K. e ENGE LS, F.: O manifesto comunista. 1848)

Page 12: ColeccióN 5

92

Z. 5. O socialismo científico. Revisionismo: Bernstein.

“A pesar dos considerables progresos que a crase obreira ten feito dende opunto de vista intelectual,

político e económico, dende os tempos en que Marx e Engels escribían, eu non a considero, incluso hoxe, como

bastante avanzada para adueñarse do poder político. Creo o meu deber dicilo, tanto máis por canto, neste

sentido, ven introducíndose na literatura socialista un canto que ameaza con deformar todo xuízo sano, e non

descoñezo que en ningunha parte estaría tan seguro dunha apreciación obxectiva das miñas observacións como

entre os obreiros que forman a vangarda na loita ploa emancipación da súa clase... Só os literatos que nunca

viviron no movemento obreiro poderán ter nestas cuestións unha opinión diferente. Daquí o furor cómico de

G. V. Plejanov contra todos os socialistas que non ven dende agora na clase obreira o que o seu destino histórico

lles reserva no porovir, e que siguen vendo problemas alí onde él ve solucións que só esperan ser aplicadas...

E a verdade é que, en xeral, nin caeron no pauperismo, como prevía O Manifesto Comunista, nin están

tan exentos de prexuízos e de defectos como quixeran facer crer os seus admiradores... Esta verdade debera

ser comprendida, en primeiro lugar, por aqueles que, no que toca ás proporcións numéricas entre a clase pobre

e a clase posuidora, gostan darse esaxeracións fantásticas.”

(BERN STEI N, E. : Socialismo teórico y socialdemocracia práctica. Ed. Stock, París 1900, pax. 62-63)

Z. 6. O socialismo científico. Revisionismo: Kautsky.

“O que nós poñemos en dúbida é a posibilidade para un partido proletario de formar con partidos

burgueses un goberno ou un poartido gubernamental, sin caer polo mesmo en contradiccións insuperables que

o farían fracasar necesariamente. En todas partes o poder político é un órgano de dominación de clase. Polo

tanto, o antagonismo entre o proletariado e as crases posuidoras é tan formidable que xamáis o proletariado

poderá exercer o poder conxuntamente con unha desas crases. A crase posuidora esixirá sempre e

necesariamente que o poder polít ico contnúe reprimindo ó proletariado. Este, pola contra, esixirá dun goberno

no que o seu propio partido estea representado que os órganos do Estado o apóien nas súas loitas contra o

capital. É esto o que entraña o fracaso de todo goberno de coalición entre partido proletario e partido

burgués.”

(KAUTSKY, K.: El camino del poder. Citad o segú n P. Louis , Cent cinquante ans de pensée socialiste. Ed. Nueva Serie , París ,

Riviere, 1953. Paxs. 32-33)

Z. 7. O socialismo científico. Revisionismo: Rosa Luxemburgo.

“A teoría oportunista no partido, a teoría formulada por Bernstein, non é máis que un intento

inconsciente para asegurar o predominio dos elemntos pequenoburgueses que ingresaron no noso partido para

cambiar a política e os fíns deste no seu proveito. O problema de reforma ou revolución, esta última, meta final

do noso movemento, é, básicamente, noutras palabras, o problema do carácter pequeno burgués o proletario

do movemento obreiro.

Por consiguiente, está no interés da masa proletaria do Partido chegar a compenetrarse activa e

detalladamente da presente controversia teórica co oportunismo. En tanto que o coñecemento teórico

permaneza como privilexio duns cantos “académicos” dentro do Partido, éste atoparase en gran perigo de ir

ó fracaso. Só cando a gran masa de traballadores tome nas súas mans con máis vigor as armas do socialismo

científico, todas as inclinacións pequeno burguesas, todas as correntes oportunistas, se anularán.”

(LUXE MBUR GO,R.: Reforma ou revolución. 1899. Paxs. 171 -173)

Z. 8. O anarquismo. Diferencias entre comunismo e anarquismo.

“Os comunistas cren un deber organizar as forzas obreiras para apoderarse do poder politico dos

Estados. Os socialistas revolucionarios, en cambio, só confían na libertade...; pensan que a humanidade se

deixou mandar demasiado tempo e que a orixe da súa infidelidade non está nuha ou noutra forma de goberno,

senón no mesmo feito do goberno, sexa éste o que sexa. Éste é o punto que divide esencialmente ós socialistas

ou colectivistas revolucionarios dos comunistas autoritarios, partidarios da iniciativa absoluta do Estado. Eles

afirman que somentes a dictadura -a súa, por suposto- pode crear a vontade do pobo. Nós repostámoslles:

ningunha dictadura pode ter outro obxecto que o de perpetuarse; ningunha dictadura podería enxendrar e

desenvolver no pobo que a soporta outra cousa que a escravitude: a libertade só pode ser creada pola libertade.

Page 13: ColeccióN 5

93

Marx é un comunista autoritario e centralista. Quere o que nos queremos: o triunfo da igualdade

económica e social, pero no Estado e pola forza do Estado; pola dictadura dun goberno provisional, poderoso

e, por dicilo así, despótico, isto é, pola negación da libertade. O seu ideal económico é o Estado convertido no

único propietario da terra e de todos os capitais, cultivando a primeira por medio de asociacións agrícolas ben

retribuídas e dirixidas polos seus inxeñeiros civiles, e comanditando os segundos mediante asociacións

industriais e comerciais.

Nos queremos ese mesmo triunfo da igualdade económica e social pola abolición do Estado e de todo

canto se chame dereito xurídico que, segundo nós, é a negación permanente do dereito humano. Queremos a

reconstitución da sociedade e a constitución da unidade humana, non dende arriba para abaixo pola vía de

calquer autoridade, senón de abaixo para arriba, pola libre federación de asociacións obreiras de toda crase,

emancipadas do xugo do Estado.

Hai outra diferencia, esta vez moi persoal, entre él e nós. Enemigos de todo absolutismo, tanto

doctrinario como práctico, nós non nos inclinamos con respecto diante das teorías que non podemos acptar

como verdadeiras, senón diante do dereito de cada cal a seguir e propagar as súas (...). Non é este o talante

de Marx. É tan absoluto nas súas teorías, cando pode, coma na práctica. Á súa intelixencia, verdadeiramente

eminente, une dous delectables defectos: é vanidoso e celoso.”

(Discurso de Mijaíl Bakunin, 1869)

Z. 9. O anarquismo. Concepción da liberdade.

“... Eu non son verdadeiramente libre máis que cando todos os seres humanos que me rodean, homes

e mulleres, son igualmente libres. A liberdade do outro, lonxe de ser un límite ou a negación da miña liberdade,

é pola contra a súa condición necesaria e a súa confirmación. Eu non chego a ser verdadeiramente libre máis

que pola liberdade dos outros, de sorte que, canto máis numerosos son os homes libres que me rodean, canto

máis extensa e profunda é a súa liberdade, máis extensa e profunda devén a miña propia liberdade. É pola

contra a escravitude dos homes a que pon unha barreira á miña liberdade, ou, o que é o mesmo, é a súa

bestialidade o que supón unha negación da miña humanidade porque, digámolo unha vez máis, eu non podo

dicirme libre verdadeiramente nada máis que cando a miña liberdade, ou o que é o mesmo, cando a miña

dignidade de home, o meu dereito humano, que consiste en non obedecer a ningún outro home e en non

determinar os meus actos máis que conforme ás miñas conviccións propias, reflectidos pola conciencia

igualmente libre de todos, vólvenme confirmados polo asentimento de todo o mundo. A miña liberdade persoal

así confirmada pola liberdade de todos exténdese ata o infinito.”

(BAKUNIN, M.: El imperio Knutogermánico y la revolución social. 1871. En: Ni Dios n i amo. Antolog ía de l anarquismo. Ed. Campo

abierto, Madrid, 1977. Paxs. 138-139)

Z. 10. O anarquismo. Concepción do Estado.

“... Non dubido en dicir que o Estado é o mal, pero un mal históricamente necesario, tan necesario no

pasado como deberá sela tarde ou cedo a súa extinción completa, tan necesario como o foron a bestialidade

primitiva e as divagacións teolóxicas dos homes. O Estado non é a sociedade, senón unha forma histórica tan

brutal como abstracta. Nado históricamente en todos os paíse da maridaxe coa violencia, da rapiña, do pillaxe

nunha palabra, da guerra e da conquista, cos deuses creados sucesivamente pola fantasía teolóxica das nacións,

foi dende a súa orixe e sigue sendo aínda a sanción divina da forza bruta e da iniquidade triunfante.

... A revolución é moito máis doada contra o Estado, porque hai na antureza mesma do Estado algo que

chama á revolta. O Estado é a autoridade, é a forza, é a ostentación e a infatuación da forza.”

(BAKUNIN, M.: Obra citada, paxs. 138-139)

Z. 11. O anarquismo. A concepción da propiedade.

“Se tivera que contestar á seguinte pregunta: ¿qué é a escravitude?, e respondera en poucas palabras:

é o asasinato, o meu pensamento, dende logo sería comprendido. Non precisaría de grandes razoamentos para

demostrar que o dereito de quitar ó home o pensamento, a vontade, a personalidade, é un dereito de vida e

morte, e que facer escravo a un home é asasinalo. ¿Por qué razón, pois, non pode contestar á pregunta ¿qué é

a propiedade? Dicindo concretamente: a propiedade é un roubo, sin ter a certeza de non ser comprendido, a

Page 14: ColeccióN 5

94

pesar de que esta segunda afirmación non é máis que unha simple transformación da primeira?

Decídome a discutir o principio mesmo do noso goberno e das nosas institucións, a propiedade; estou

no meu dereito. Podo equivocarme na conclusión que das miñas investigacións resulte; estou no meu dereito.

Pláceme colocar o derradeiro pensamento do meu libro na súa primeira páxina; estou tamén no meu dereito.

Un autor ensina que a propiedade é un dereito civil, nacido da ocupación e sancionado pola lei; outro

sosten que é un dereito natural, que ten por fonte o traballo; e estas doutrinas tan antitéticas son aceptadas

e aplaudidas. Eu creo que nin o traballo, nin a ocupación, nin a lei, poden enxendrar a propiedade, pois ésta é

un efecto sin causa. ¿Pódese censurar por isto? ¿cantos comentarios producirán estas afirmacións?

¿A propiedade é o roubo! ¿Aquí está o toque de rebato do 93! ¡a turbulenta axitación das

revolucións!...”

(PRUDHON, P. J.: ¿Qué es la propiedad?. 1840. En: D. Guerin: Ni Dios ni a mo. A ntolog ía del an arquis mo. Ed. Campo ab ierto.

Madrid, 1977, T. I. Paxs. 42-44)

O internacionalismo. ¡Proletarios do mundo unídevos!

Z. 12. A Primeira Internacional (1864).

“Considerando: Que a emancipación dos traballadores debe ser obra deles mesmos, que os seus

esforzos por conquistar a súa emancipación non deben tender a constituír novos privilexios, senón á estabrecer

para todos os mesmos dereitos e os mesmos deberes.

Que o sometemento do traballador ó capital é a fonte de toda servidume: politica, moral, material.

Que, por esta razón, a emancipación dos traballadores é o gran obxectivo ó que debe ser subordinado

todo o movemento politico (...).

Que todos os esforzos realizados ata aquí fracasaron por falla de solidariedade entre os obreiros das

diversas profesións en cada país, e dunha unión fraternal entre os traballadores de diversas rexións.

Que a emancipación dos traballadores non é un problema local ou nacional, senón que, pola contra,

interesa a todas as nacións civilizadas, xa que a súa solución está necesariamente subordinada ó seu concurso

teórico e práctico.

Que o movemento que se leva a cabo entre os obreiros dos países máis industriosos de Europa...

advirte solemnemente non recaer nos vellos erros, e aconsella combinar todos eses esforzos aínda aillados.

Por estas razóns:

Os que abaixo firman, membros do Consello elexido pola asamblea celebrada o 28 de setembro de 1864

en Saint-Martin’s Hall en Londres, tomaron as medidas necesarias para fundar a Asociación Internacional de

Traballadores.”

Z. 13. A Segunda Internacional (1889).

“O Congreso rexeita as tendencias revisionistas (...) Que tratan de reemplazar a conquista do poder

mediante a loita contra a burguesía, por unha politica de concesións cara o orde estabrecida. A consecuencia

dunha tal táctica revisionista sería converter un partido que persegue a transformación da sociedade burguesa

en sociedade socialista; dun partido, por consiguiente, revolucionario no mellor sentido da palabre, nun partido

que se conformaría con reformar a sociedade burguesa.

(...) O Congreso dec lara:

1º Que o partido declina toda responsabilidade nas condic ións politicas e económicas, baseadas sobre

a producción capitalista e, por consiguiente, non aproba ningún dos medios que tendan a manter no poder á clase

dominante.

2º Que a democracia socialista non pode aceptar ningunha participación no goberno da sociedade

burguesa...”

(Resolución do Congreso de Amsterdam, 1904)

Page 15: ColeccióN 5

95

Z. 14. O traballo das mulleres.

“Ocupacións fora da casa:

Poden dividirse en dous grupos:

a) Ocupacións comúns a solteiras e casadas fora do domicilio:

Lavandeiras. O lavado da roupa é a ocupación máis penosa da muller, sen dúbida algunha.

Faise sempre ó aire libre, esixe grandes esforzos, ten plazos fixos e áchase suxeita a non poucas

enfermidades por efecto da auga na que é preciso mergullar as pernas ata os xionllos , pola posición do corpo,

inclinado durante todo o día, e polo contaxio que pode producirse se as roupas proceden de enfermos

infecciosos.

Forneiras. Nalgúns puntos de España, e exemplo disto é Galic ia, as mulleres traballan nos fornos de

pan. Unhas amasan e outras levan o pan ás casas en grandes cestas postas sobre a cabeza. O labor é incómodo

e pesado; e o xornal, que é maior nas primeiras, nunca chega a unha peseta 50 céntimos. As que carrean o pan

cobran en masa.

Auxiliares de fábrica. Hainas de moitas crases, o mesmo tratándose de tecidos e estampados, que de

fundicións e outras industrias. O seu traballo, aínda sendo tan penoso como o das minas, págase e apréciase

como a metade do traballo do home.

Costureiras a xornal. Son as que van ás casas, e hainas de dúas crases: en branco e en cor. Axústanse

de dous xeitos: a secas ou con comida.

(ELORZA, A.; IGLESIAS, M. do C.: Burgueses y proletar ios . C lase obrera y reforma social en la Rest auración (188 4-1889). Laia,

Barcelona. 1973)

Z. 15. O Primeiro de Maio.

“Festa do Traballo. Manifestación internacional do Primeiro de Maio.

Pola xornada de oito horas e unha lexislación protectora do traballo que teña como fin a garantía dun

salario mínimo, a limitación do traballo das mulleres e dos nenos, o reposo dun día por semana e a supresión do

traballo nocturno, das oficinas de colocación e dos intermediarios no traballo.

Porque a xornada de oito horas é traballo e pan para moitos traballadores que se amontoan co

estómago valeiro nas portas dos talleres: en efecto, onde se precisan dous obreiros que traballan doce horas,

precisaríanse tres que traballasen oito horas.

Porque a xornada de oito horas significa o fin do paro periódico que multiplica os efectos do

maquinismo, e a disminución do traballo para os que traballan demasiado, proporcionando traballo ós que non

o teñen.

Porque a xornada de oito horas é o aum,ento dos salarios pola supresión da competencia homicida que

fan os obreiros desocupados ós traballadores ocupados e da baixa de salarios que esta competencia acarrea.

Porque a xornada de oito horas é, con oito horas de sono e oito de descanso, vida de liberdade e de

acción para a crase obreira.

Porque a xornada de oito horas beneficiará ó pequeno comercio, aumentando o poder adquisitivo e de

consumo da súa clientela obreira, xa que esta será máis numerosa e mellor pagada, como consecuencia do

aumento forzoso dos obreiros ocupados e dos seus salarios (...).

Traballadores de París:

Festexaredes o Primeiro de Maio coa orde e a dignidade que animan ó proletariado internacional en

marcha cara a súa emancipación.

¡Viva a xornada de oito horas!

¡Viva a República Democrática e Social!.”

(Chamamento do Congreso Internacional de París para a festa internacional do traballo do 1 de maio de 1

Sociedade de clases e movemento obreiro en Galicia. Cambios menos profundos.

Z. 16. Pervivencia da vella fidalguía.

Ademáis do clero, os fidalgos significaban a grande reserva tradicional de fartura e de enerxía. Eles

Page 16: ColeccióN 5

96

seguían iguais a sí mesmos. Algúns, os máis soados, botábanse á loita política e facían toladas por un partido,

un amigo, unha idea. Os do pazo da Seara de Trasouto non eran deses.. . En setembro cobraban as rendas do

pan... Cada foro cumpría coas obrigas da súa constitución ben precisadas nas cartas forais... Nos derradeiros

de setembro recollías o millo... De segida estrondaban polas terras, quentes e baixas da parroquia as cántigas

da vendima... Enfriabase o bico nas mañás do outono cando as parellas de bois rachaban na terra os sucos da

sementeira de centeo... En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño... No inverno... a matanza dos

porcos. Deste xeito, tódalas sazóns do ano coas súas angustias...

O amo a penas vixiaba; non estaba ben que atendera as angustias e froitos que lle eran deidos por

dereito natural. Soamente nalgunha vegada deixábase ver no fato formigueante da feira, e tódalas monteiras

baixábanse e tódalas bocas labregas loubaban a sinxeleza do señorito.”

(OTE RO P EDR AYO , R.: Os ca miños da vida . 1928)

Z. 17. As condicións do obreiro.

Este barrio (de Esteiro, en Ferrol) cobixa no seu seo a crase máis desventurada da sociedade, como

é a prostitución desvergonzada e na rúa; barrio antigo e non reformadas as súas primitivas edificacións, As

casas son vellas, húmidas, con escasa luz e nula ventilación; das ventás colgan pingaxos de toda especie, ou ben

prendas de vestir lavadas que se secan ó aire extendidas sobre un bramante; sin letrinas na súa maioría, e con

pozos negros, que de tais non teñen maáis que o nome, ou sin eles, que tamén os hai, almacenando os seus

moradores os desperdicios e as deyeccións en receptáculos que conducen, a todas horas, a hortos próximos

que xeralmente cultivan, despedindoun fedor capaz de producir vómito ó transeunte que teña a desgraza de

pasar ó seu carón; barrio o máis populoso, como antes dixemos, e o máis pobre, como dicimos agora, e por esta

causa o máis descoidado en cultura social, educación, instrucción e moralidade; barrio no que, por razón do seu

modo de ser; viven en repugnante consorcio, e como en familia, os pais, os fillos, os porcos, as cabras... Barrio

que ten todas as rúas, agás unha, sin empedrado, facéndose imposible o tránsito en épocas chuviosas por

converterse en baches e charcas...

Un barrio así ten que ser forzosamente antihixiénico, e polo tanto insalubre; ten que ser pola súa

triste condición, o que maior tributo paga á mortalidade, e do que as xentes medianamente acomodadas fuxen

coma da peste.”

(NIETO RODR IGUEZ , P.: Memoria a creca das condicións hixiénicas e e stado sanita rio de El Ferr ol. 1895. En: ROMERO

MASI Á, A.: Galicia . CC.S S. Xe ogra fía e H istoria . Ed. Bahía. A Coruña, 1997. Paxs. 383-84)

Z. 18. Manifestacións luddistas na fábrica de tabacos da Coruña.

“O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A

Coruña). Parece que no lugar dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensayando a

construcción doutros de diferente feitura e cúias follas van engomadas, suprimíndolles os virxinias ou comúns,

e os de capa habana ou mixtos, e na vez destes crearon un taller cigarros cunha máquina para picar o tabaco.

Como ambalas dúas operacións son novas, non se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben

facelos, tardando tanto en elaboralos que a penas sacan a terceira parte do xornal que acostumbraban. Esto

e o pouco satisfeitas que están do director da fábrica, exasperóunas en términos que o expresado día 7 a iso

das once da mañán, alborotáronse aquelas catro mil mulleres, arrementendo contra os xefes e empregados do

estabrecemento, destruíndo todo o tabaco picado, pitos e folla que tiveron á mán e o que facía tempo estaban

elaborando, pisoteándoo e botándoo ó mar, romperon e fixeron pedazos as máquinas novas para picar o tabaco,

e que se dí costaron catorce mil pesos, tirándoas ó mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e

efectos que atoparon nas habitac ións do director, e ata a caixa apareceu estragada e coa falla de diñeiro que

incluía, que eran uns vinte e oito mil reais. Tan pronto tiveron notic ia deste lamentable suceso o Capitán

Xeneral e o Gobernador da provincia, dirixíronse ó momento ó dito estabrecemento, coas forzas de infanteria

e cabaleiría dispoñibles, e ó pouco da súa chegada apaciguaron o tumulto, non sin que aquelas subiran ó tellado

e dende alí arroxaron infinidade de tellas, desteitando unha gran proción do edificio dende o que foron

trasladadas por mar e na falla de resgardo á carcel pública unhas vinte e tantas, contra quen e as demáis está

procedendo o xuzgado de primeira instancia.

(EL PAIS, DIARIO DE PONTEVEDRA, ano I, nº 16, 13-XII-1857)

Page 17: ColeccióN 5

97

Z. 19. O Internacionalismo en Galicia.

“A Sección de Carpinteiros fixou nas esquinas grandes carteis bermellos que dín así: Alto -Asociación

Internacional de los Trabajadores-Sección de Carpinteros-. Compañeiros: esta seción acordou abolir a velada,

e polo tanto esperamos que ninguén faga traizón a este acordo e convócasevos a unha reunión que terá lugar

o próximoxoves ó serán. (...)

Todos os días se celebran grandes asambleas, e cando o local non é suficiente, celebranse ó aire libre.

Os carpinteiros, ferreiros, toneleiros e douradores, se os mestres non ceden á demanda de abolir a velada, o

luns 7 decraránse en folga. Queren os burgueses pedir operarios a Valladolid. Sirva esto de aviso ós obreiros

da dita localidade, coma a todos os de España, pra que cumprindo co deber de solidariedade, os internacionais

da Coruña logren o seu triunfo completo.

(Acta do Consello e Comisión Federal da Rexión Española)

Z. 20. A celebración do 1º de maio.

“Estimado amigo: Aproxímase o día Primeiro de Maio, data designada polos obreiros para poñer en

práctica determinados medios de acción. Adxunto envío a V. un pliego de instruccións ó que debe vostede

aterse para precaver ou reprimir cantos sucesos poidan acontecer... Sírvase vostede estudiar detidamente...

o espirito das masas obreiras nesa localidade e porñerme na maior brevidade o que concetúe necesario, a fin

de que as súas ordes poidan ser debidamente executadas. Xa sabe vostede a forza da Garda Civil que conta

nesa localidade e vostede me dirá se conceptúa precisa algunha máis, en cúio caso ordenarei se concentren

nesa localidade algúns números. Ofreza aos fabricantes, mestres de obras e obreiros de toda crase, protección

co fin de mantelos no seu dereito, adicando a este punto, como ó de impedir resoltamente as manifestacións

na vía pública, toda a súa atención e coidados... Se a gravedade das circunstancias o esixise partípemo

inmediatamente, pois nese caso acudirei persoalmente ó seu carón para facer prevalecer o principio de

autoridade, o imperio da lei e as instruccións do goberno.”

(LINARES, M.: (Gobernador). Com unic ado a Francisco Bellas (Alcalde de Ferrol). 19-IV-1891). En: ROMERO MASIÁ, Obra

citada)

Z. 21. O sindicalismo católico. Os Círculos Católicos.

“(Son obxectivos do Círculo:)

1º. O relixioso, que consiste en conservar, enrraizar e propagar as crreezas católicas, apostólicas,

romanas, empregando ó efecto todos os medios convenientes para formar obreiros honrados e sólidamente

cristianos.

2º. O instructivo, que se dirixe a difundir entre os obreiros os coñecementos relixiosos, morais,

tecnolóxicos, de ciencias e artes, literarios e artísticos.

3º. O económico, que se realiza por medio da realización dunha caixa de socorros mútuos, do fomento

de toda clase de asociacións, para a compra de sementes, ferramentas, abonos, etc., e para a indemnización

mútua das perdas sufridas nas industrias agrícolas por caso fortuito, para a adquisición de primeiras materias,

instrumentos emáquinas para os obreiros industriais, da fundación dunha Caixa de Aforros e Monte de Piedade,

e finalmente, por medio da promoción de toda a asociac ión e de todo canto tenda a mellora do pobre obreiro

baixo o seu aspecto económico.

(CÍC ULO CAT ÓLIC O DE OBR ERO S. Regulame nto . Santiago. 1896. En: ROMERO MASIÁ, A. Obra citada)

Z. 22. O traballo feminino en Galicia. A Fábrica de Tabacos da Coruña.

“Baixaron xuntas ao andar inferior, coa intención de aproveitar a ocasión e velo todo. Se os pitos eran

o Paraíso e os cigarros comúns o Purgatorio, a anloxía continuaba nos talleres baixos, que merecían o nome de

Inferno (onde estaban) o ñóbrego obradoiro do desveado e o espantoso obradoiro da picadura. No obradoiro

do desveado daba frío ver, agachadas sobre as negras baldosas e baixo a sombría bóveda, sostida por arcos

de cachotería, e algo semellante a unha cripta sepulcral, moitas mulleres, vellas a maior parte, metidas ata a

cintura entre moreas de follas de tabaco, que revolvían coas súas mans trémulas , separando a vea da folla.

Outras empurraban enormes pans de prensado, do tamaño e forma dunha roda de muíño, arrimándoos a parede

para que esperasen o turno de ser escollidos e desveados. A atmósfera era a un tempo espesa e glacial.”

Page 18: ColeccióN 5

98

(PARDO BAZÁN, E. : A Tribuna. 1883. En: A LFEIR ÁN, X. E R OMER O MAS IÁ, A.: Historia do mundo contemporáneo. 1º de

bachar elato. Ed. Consor cio Editorial Galeg o. A Coruña, 20 03. Pax.92)

Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.

1. A nai. Unión Soviética. 1926. Dir. V. Pudovkin. Xénero: drama. Duración: Sin especificar.

2. Oliver. Reino Unido. 1968. Dir. C. Reed. Xénero: musical. Duración: 139 m.

3. ¡Que verde era o meu val!. Citada na unidade temática anterior.

4. Germina l. Citada na unidade temática anterior.

5. Novecento. Italia. 1976. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: Drama. Duración: 165 m.

6. Daens. Bélxica. 1992. Dir. Stijn Conink. Xénero: drama. Duración: 138 m.