ColeccióN 7

17
114 Colección documental Capítulo VII 1º de bacharelato. A era do imperialismo O concepto de imperialismo. Colonialismo e imperialismo. A. Diferencias entre colonialismo e imperialismo. “O concepto de Imperialismo adoita ser empregado con certa ambigüedade. Na súa máis ampla acepción enténdese por tal toda forma de dominio habitual dunha potencia sobre outra; fálase, pois, de imperialismo referíndose a un xeito de supeditación económica, ou politica, ou incluso cultural e, ás veces, territorial. O colonialismo é polo tanto unha das maneiras posibles do imperialismo, consistente na explotación dun territorio en proveito doutro polo xeral mediante o chamado pacto colonial (materias primas en troques de manufacturas e inversións na infraestructura, no seu prantexamento máis elemental). En rigor, tamén o término colonialismo adoita ser empregado coa mesma ambigüedade e semellantes acpcións que as advertidas para o imperialismo. Aquí referímonos sen embargo ó tipo de explotación descrita. Trátase polo demáis dunha forma histórica secular que se precipita non obstante entre 1870 e 1914. Isto levou á formulación de teorías diversas para explicar o feito. Tivo en concreto particularísima relevancia a elaborada polo pensamento socialista nos primeiros anos do século XX. Segundo él, a insoslaiable lei de expansión contínua, inherente ó sistema capitalista, conduce a nivel nacional a un estadio de plenitude, tanto no que concerne ó emprego de todas as súas virtualidades productivas como no que atinxe ó dominio do mercado. E isto forza a proxección exterior, á conquis ta de novas áreas económicas. En tal sentido exprésase en 1902 o laborista e economista británico John Atkinson Hobson (Imperialismo ), en términos que logo serán erroneamente atribuídos a Lenin. Aínda antes deste, o tamén economista e socialdemócrata alemán Rudolf Hilferding (1910, El capital finaciero ) anuncia que aquela proxección exterior do capitalism o nacional dará ademáis lugar ó triunfo do sistema económico socialista, pola imposibilidade de aquél de colocar os excedentes unha vez consumada así mesmo tal conquista de mercados foráneos.” (ANDR ÉS-GALL EGO. J.: Historia del Mundo Contemporáneo. Ed. Librería General, Zaragoza, 1978) As causas do imperialismo. A economía e o imperialismo Crear novos mercados. B. O pensamento dun intelectual contemporáneo. “Cada mellora nos métodos de producción, cada concentración da propiedade... semella reforzar a tendencia a expansión imperialista. Na medida en que unha nación tras doutra entran na era das maquinarias e adoptan os métodos industriais máis avanzados, é máis dificil para o s seus empresarios, comerciantes e financeiros colocar as súas reservas económicas, e progresivamente vense tentados a aproveitar os seus gobernos para asegurar para os seus fins particulares países lonxanos e subdesenvolvidos a través da anexión e protectorado(...). Este estado da cuestión na economía é a raíz do imperialismo. Se os consumidores deste país poideran elevar tanto o seu nivel de consumo que foran capaces de avanzar parellos ás forzas de producción, non habería ningún excedente de mercadurías e capital capaz de esixir do imperialismo o descubremento de novos mercados(...). O imperialismo é o esforzo dos grandes donos da industria para facilitar o desaugue do seu excedente de riqueza, buscando vender ou colocar no extranxeiro as mercadurías ou os capitais que o mercado interior non p ode abso rber. Non é o crece mento in dustrial o que desexa a apertura de novos mercados e de novas rexións para invertir, senón a deficiente distribución do poder adquisitivo a que impide a absorción de mercadurías e capital dentro do país.

description

Colección de documentos sobre o imperialismo

Transcript of ColeccióN 7

Page 1: ColeccióN 7

114

Colección documental Capítulo VII 1º de bacharelato.

A era do imperialismo

O concepto de imperialismo. Colonialismo e imperialismo.

A. Diferencias entre colonialismo e imperialismo.

“O concepto de Imperialismo adoita ser empregado con certa ambigüedade. Na súa máis ampla

acepción enténdese por tal toda forma de dominio habitual dunha potencia sobre outra; fálase, pois, de

imperialismo referíndose a un xeito de supeditación económica, ou politica, ou incluso cultural e, ás veces,

territorial.

O colonialismo é polo tanto unha das maneiras posibles do imperialismo, consistente na explotación

dun territorio en proveito doutro polo xeral mediante o chamado pacto colonial (materias primas en troques

de manufacturas e inversións na infraestructura, no seu prantexamento máis elemental).

En rigor, tamén o término colonialismo adoita ser empregado coa mesma ambigüedade e semellantes

acpcións que as advertidas para o imperialismo. Aquí referímonos sen embargo ó tipo de explotación descrita.

Trátase polo demáis dunha forma histórica secular que se precipita non obstante entre 1870 e 1914.

Isto levou á formulación de teorías diversas para explicar o feito.

Tivo en concreto particularísima relevancia a elaborada polo pensamento socialista nos primeiros anos

do século XX. Segundo él, a insoslaiable lei de expansión contínua, inherente ó sistema capitalista, conduce

a nivel nacional a un estadio de plenitude, tanto no que concerne ó emprego de todas as súas virtualidades

productivas como no que atinxe ó dominio do mercado. E isto forza a proxección exterior, á conquista de novas

áreas económicas.

En tal sentido exprésase en 1902 o laborista e economista británico John Atkinson Hobson

(Imperialismo), en términos que logo serán erroneamente atribuídos a Lenin.

Aínda antes deste, o tamén economista e socialdemócrata alemán Rudolf Hilferding (1910, El capital

finaciero) anuncia que aquela proxección exterior do capitalismo nacional dará ademáis lugar ó triunfo do

sistema económico socialista, pola imposibilidade de aquél de colocar os excedentes unha vez consumada así

mesmo tal conquista de mercados foráneos.”

(ANDR ÉS-GALL EGO. J.: Historia del Mundo Contemporáneo. Ed. Librería General, Zaragoza, 1978)

As causas do imperialismo. A economía e o imperialismo Crear novos mercados.

B. O pensamento dun intelectual contemporáneo.

“Cada mellora nos métodos de producción, cada concentración da propiedade. .. semella reforzar a

tendencia a expansión imperialista. Na medida en que unha nación tras doutra entran na era das maquinarias

e adoptan os métodos industriais máis avanzados, é máis dificil para o s seus empresarios, comerciantes e

financeiros colocar as súas reservas económicas, e progresivamente vense tentados a aproveitar os seus

gobernos para asegurar para os seus fins particulares países lonxanos e subdesenvolvidos a través da anexión

e protectorado(...).

Este estado da cuestión na economía é a raíz do imperialismo. Se os consumidores deste país poideran

elevar tanto o seu nivel de consumo que foran capaces de avanzar parellos ás forzas de producción, non habería

ningún excedente de mercadurías e capital capaz de esixir do imperialismo o descubremento de novos

mercados(...).

O imperialismo é o esforzo dos grandes donos da industria para facilitar o desaugue do seu excedente

de riqueza, buscando vender ou colocar no extranxeiro as mercadurías ou os capitais que o mercado interior

non pode absorber.

Non é o crecemento industrial o que desexa a apertura de novos mercados e de novas rexións para

invertir, senón a deficiente distribución do poder adquisitivo a que impide a absorción de mercadurías e capital

dentro do país.

Page 2: ColeccióN 7

115

O imperialismo é o froito desa falsa politica económica, e o remedio é <<a reforma social>>.”

(HOBS ON, J.A.: El imp erialism o: un es tudio . 1902)

C. O comercio exterior das potencias europeas.

D. A producción mundial en 1913.

Page 3: ColeccióN 7

116

E. O tipo de intercambios entre as metrópoles e as colonias.

As causas do imperialismo.A ideoloxía e o imperio. Civilizar e evanxelizar.

F. A filosofía do imperialismo.

“Podemos dividir as nacións do mundo, grosso modo, en vivas e moribundas. Por unha banda, temos

grandes países cúio enorme poder aumenta de ano en ano, aumentando de riqueza, aumentando o seu poder,

aumentando a prefección da súa organización. Os ferrocarriles déronlles o poder de concentrar nun só punto

a totalidade da forza militar da súa poboación e de reunir exercitos dun tamaño e un poder nunca soñados polas

xeneracións que teñen existido... Xunto a estas espléndidas organizacións, cúia forza nada semella capad de

disminuir e que sosteñen ambicións encontradas que só o futuro poderá dirimir a traves dunha arbitraxe

sangrenta, a caron destas, existe un número de comunidades que só podo describir como moribundas(...).

Década tras década, cada vez son máis febles, máis pobres, e posúen menos homes destacados ou institucións

en que poder confiar (...); e diante dos ollos da parte do mundo informada, mostran, en diverso grado, un

panorama terrible, un panorama que, desafortunadamente, o incremento dos nosos medios de información e

comunicac ión describen cos máis oscuros tintes diante da vista de todas as nacións, apelando tanto ós seus

sentimentos como ós seus intereses, pedindo que lles ofrezan un remedio(...).

Por unha ou outra razón, por necesidades politicas ou baixo presións filantrópicas, as nacións vivas

iranse apropiando gradualmente dos territorios das moribundas e xurdirán rapidamente as sementes e as

causas de conflicto entre nacións civilizadas (...). Naturalmente, non debemos supor que a unha sóa das nacións

vivas se lle permita ter o beneficioso monopolio de curar ou desmenuzar a eses desafortunados pacientes

[risas]... Indudablemente non imos permitir que Inglaterra quede en situación desventaxosa en calquer

reaxuste que poida ter lugar [aplausos]. Por outra banda, non sentiremos envexa se o engrandecemento dun

rival elimina a desolación e a esterilidade de rexións nas que os nosos brazos non poden alongarse.”

(Disc urso p ronun ciado o 4 de m aio de 1 898 p or Lor d Salis bury no Alb ert H all. The Times, 5 de maio de 1898)

Page 4: ColeccióN 7

117

G. Darwinismo social.

“A politica colonial imponse en primeiro lugar nas nacións que deben recurrir á emigración, xa sexa por

ser pobre a súa poboación, xa por ser excesiva. Pero tamén se impon nas que teñen ou ben superabundancia de

capitais ou ben excedente de productos; esta é a forma moderna actual máis extendida e máis fecunda (...).

Dende este punto de vista, repítoo, a fundación dunha colonia é a creación dun mercado (...). No tempo

que estamos e coa crise que pasan todas as industrias europeas, a fundación dunha colonia é a creación dunha

salida. Ali onde permaneza o nudo colonial entre a nai-patria que produce e as colonias que ela fundou, terase

predominio dos productos: predominio económico, e tamén predominio politico (...).

Hai un segundo punto que debo igualmente abordar (...): é o lado humanitario e civilizador da cuestión...

É preciso dicir abertamente que, por suposto, as razas superiores teñen un dereito con respecto ás razas

inferiores...[alboroto en varios bancos da extrema izquierda].

Sr. Maigne: ¿Atrévese vostede a dicir iso no país onde se proclamaron os dereitos do home?

Sr. de Guilloutet: É a xustificación da escravitude e da trata de negros.

Jules Ferry: Se o honorable Sr. Maigne ten razón, se a Declaración de Dereitos do Home foi escrita

para os negros de África ecuatorial, entón, ¿con qué dereitos van vostedes imporlles os intercambios, o

tráfico?. Eles non os chamaron (...).

As razas superiores teñen o deber de civilizar ás razas inferiores. ¿E existe alguén que poida negar

que hai máis xustiza, máis orde material e moral (...) Na África do Norte dende que Francia fixo a súa

conquista?”.

(Disc urso d e Jule s Fer ry ant e a Cá mar a dos D iputa dos, Pa rís, 188 2 e 18 85.)

As causas do imperialismo. Ciencia e imperio. As sociedades xeográficas.

H. O descubremento de ambientes descoñecidos.

Algunhas exploracións importantes

1837-1840

1839-1842

1850-1853

1872-1876

1878-1879

1888

1895-1908

1909

1911

Dumont d’Urville no Antártico.

Wilkes no Antártico.

Mac Clure descobre o paso do noroeste entre América e Euroasia.

Expedición científica de volta ó mundo coa nave “The Challenger” (sir Wyvi lle

Thompson).

Nordenskkhöld descobre o paso do nordés entre Eurasia e América.

Nansen en Groenlandia.

Sven Hedin en Asia Central.

Peary chega ó Polo norte.

Amundsen chega ó Polo sur

As causas do imperialismo. A demografía e o imperialismo. Emigración ou paro.

J. A explosión branca.

O crecemento da poboación

(en millóns de habitantes)

Países e continentes 1800 1914

Europa (con Rusia)

Estados Unidos e Canadá

Xapón.

TOTAL (países dominantes)

180

6

26

212

460

100

52

612

Page 5: ColeccióN 7

118

O crecemento da poboación

(en millóns de habitantes)

Paises e continentes 1800 1914

Asia (agás Xapón).

África.

América Latina.

TOTAL (Países dominados)

550

95

17

662

870

125

75

1070

K. A ameaza do paro nos países desenvolvidos.

“Onte estiven no East-End londinense e asistín a unha asemblea de parados. Ó escoitar discursos

exaltados coa nota dominante de ¡pan!, ¡pan! E ó reflexionar, de volta á casa, sobre o que escoitara,

convencínme, máis ca nunca, da importancia do imperialismo...

A idea que eu acaricio é a solución do problema social: Para salvar os corenta millóns de habitantes do

Reino Unido durante unha mortífera guerra civil, nós, os políticos coloniais, debemos tomar posesión de novos

territorios; alí enviaremos o exceso de poboación e neles atoparemos novos mercados para os productos das

nosas fábricas e das nosas minas.

O imperio, sempre o dixen, é unha cuestión de estómago. Se queredes evitar a guerra civil, debedes

convertervos en imperialistas.”

(RHODES, Cecil.: Carta ó periodista Stead. 1895. En: Historia do mundo contem poráneo. Ed. Ro deira . A Coruña, 2002. Pax.109)

As causas do imperialismo. A xeoestratexia e o imperialismo. Hexemonía e aprovisionamento.

L. Consideracións xeoestratéxicas.

“A política de expansión colonial está inspirada por unha verdade sobre a que eu quero chamar a vosa

atención; é esta: unha mariña como a nosa non pode prescindir, na superficie dos mares de postos sólidos, de

defensas, de centros de abastecemento.

Señores, nunha Europa como a actual, coa concorrencia de tantos rivais que vemos crecer arredor de

nós, a política de retraerse sobre si mesmos non é outra cousa que o camiño da decadencia.”

(FERRY, Jules: Discurso do primeiro ministro f rancés ante a Cámara dos Deputados. 1885. En: Historia do Mundo

contemporá neo. Ed. Rodeira. A Coruña, 2002. Pax. 111)

M. O asentamento dunha hexemonía continental de Alemaña.

“Os alemáns enfrontábanse a un problema distinto (ó dos franceses). O Reich de Bismarck era un

imperio por definición, pero limitado a Europa central: concretamente ó territorio do antigo Sacro Imperio

Romano. O paxermanismo -a forza emotiva máis vigorosa na crase media a partir da década de 1890-

centrábase en filiacións raciais que sinalaban oscuramente a proximidade dun enfrontamento cos escravos en

xeral e con Rusia en particular. Por outra banda, a competencia coa Gran Bretaña levou á adquisición de colonias

en África, e a fin de contas a unha carreira de armamentos navais que liquidou as posibilidades que puidera

haber de chegar a un arreglo co goberno británico encol da aspiración alemana da súa hexemonía en Europa

continental.

Unha política máis racional tería aplazado o conflicto anglo-alemán a fin de conseguir o apoio británico

contra a combinación franco-rusa. Pero os anglófilos que defenderon ese rumbo tropezaron cun formidable

argumento: sin unha mariña, Alemaña dependería da boa vontade británica, e deste xeito veríase atrancada na

persecución das súas ambicións nos Balcáns e no Oriente Medio. Pois o obxectivo primordial da política exterior

alemana durante a era de Guillerme II a partir de 1890 non era África, senón Europa central e, a prazo máis

longo, Turquía. As colonias africanas non eran senón fichas nun xogo diplomático. En cambio, Turquía

representaba un premio enorme. O decrépito imperio otomano estaba a cabalo entre a Europa sudoriental e

o Oriente Medio cos seus crecentes recursos petroleiros...”

Page 6: ColeccióN 7

119

(LICHTH EIN,G.: El imperialismo. Alianza editorial, Col. El libro de bolsillo, nº 417. Madrid, 1972. Paxs. 100-101)

As formas de dominación colonial. Un xeito de facilitar a explotación.

N. Protectorado, anexión e dominio.

“Mentras nos territorios de poboamento europeo ou nas antigas colonias se perfila claramente, unha

vez desaparecido o Pacto colonial, unha evo lución cara o “sel government” ou ben cara a aasimilación á

metrópole, o sistema de protectorado parece o máis axeitado ós fins e ós medios da Europa capitalista que a

tutela directa para os países recentemente ocupados. Non é que os liberais manchesterianos teñan inventado

o método: Dupleix xa o puxera en práctica; asimesmo xa o aplicaban os ingleses na India e os holandeses en

Xava. Pensouse nel para Arxelia,despois para o Senegal e Cochinchina. Os rusos viron máis vantaxas que

inconvenientes en seguir mantendo khanes influíntes no Turquestán. Ferry estimou oportuno actuar en Túnez

invocando a urxencia de levar axuda ó Bey e Gambetta declarou: “Nin abandono, nin anexión”. O goberno de

Londres xustificou a súa intervención en exipto utilizando un artificio parecido. Doudart de Lagrée obtivo do

rei de Camboia o recoñecemento do dereito de Francia a protexelo contra as usurpacións dos seus viciños de

Siam e do Vietnam, recoñecemento que Augusto Pavie obtivo tamén, á súa vez, dos xefes do Laos . En xeral,

as cousas desenvolveronse deste xeito cada vez que a potencia colonizadora se encontrou en presencia de

reximes que tiñan interese en aproveitar.

Sen embargo, a anexión impúñase cando a autoridade indíxena estaba ou moi desmenuzada ou ben era

impopular ou irreductiblemente hostil. Entón xurdía a colonia de dominio ou de encadramento: mantemento no

seu posto dos xefes locais, a administración europea os despoxaba de poder político, sometíaos aun estreito

control; incluso podía preferilos ante simples responsables escollidos entre os indíxenas leais. A administración

metropolitana ocúpase directamente dos asuntos do país polo camiño que cré de interese xeral para os seus

poboadores. Os ingleses utilizan este sistema nos lugares da India onde non pode aplicarse o protectorado,

prevalece en África negra e extendese ópropio Madagascar despois da caída da realeza hova.”

(SCHN ERB, R .: El siglo XIX. El apogeo de la expansión europea (1815-1914). Da obra d irixida por CRO UZET , M.: Historia de

las civilizaciones. Vol. VI, ed. Destino, Bar celona, 1969. Pa xs. 219-220)

O. O sistema de concesión.

“1. Os xefes de Mafela e Ngombi recoñecen, conforme ós seus desexos, que a Asociación

Internacional Africana se estableza nos seus países para o progreso da civilidade e o comercio. De común

acordo, por si, os seus herdeiros e sucesores cédenlle agora e para sempre á Asociación a soberanía e todos

os dereitos de goberno sobre os seus territorios...

4. A Asociación Internacional Áfricana obrígase a pagar ós xefes de Ngombi e Mafela os seguintes

artigos mercantís: unha peza de tea por mes a cada un dos xefes infraescritos, ademáis dun regalo de tea por

Xunta, e os devanditos xefes declaran aceptar esta entrega e subsidio mensual como compensación plena de

todo dereito entregado a esa sociedade.”

(Tratado de H.M. Stanley, ó mando da Asociación Internacional Africana, con xefes indíxenas de Mafela e Ngombi, na marxe

do río Congo. 1 de ab ril de 1884. En: Histo ria do mundo contem poráneo, 1º de bachar elato. Ed. Rodeira. A Coruña., 2002. Pax.

111)

P. O status especial do Congo belga. Explotación e evanxelización.

“Bruxelas, 16 de xuño de 1897.

Señor: ... A tarefa que os axentes do Estado teñen que cumplir no Congo é noble e elevada. Está baixo

a súa incumbencia proseguir a civilización de África Ecuatorial, guíados polos principios establecidos nas

resolucións de Berlín e bruxelas.

Cara a cara co barbarismo primitivo, loitando contra terribles costumes, de miles de anos de

antiguidade, o seu deber é modificar gradualmente eses costumes. Deben poñer a poboación baixo as nosas

leis, a maís apremiante e saudable delas é,sen dúbida, a do traballo.

Nos países non civilizados, é preciso, creo eu, unha firme autoridade para acostumbrar ós nativos ás

prácticas da civilización que son totalmente contrarias ós seus hábitos. Para isto é preciso ser ó mesmo tempo,

Page 7: ColeccióN 7

120

firme e paternal. E, en primeiro lugar, nun país coma o Congo, a poboación nativa é a base da súa riqueza. Os

primeiros esforzos tenderían a asegurar o seu libre desenvolvemento...

Baixo esta prosperidade material, na que brancos e negros teñen, evidentemente, un interese comun,

continuará un desexo por parte dos negros de superarse a si mesmos. A súa natureza primitiva non resistirá

sempre os esforzos da Cultura cristiana, a súa educación, unha vez teña comenzado, non será xa interrompida.

No seu éxito, vexo eu a culminación da tarefa comenzada polo noso pobo e tan habilmente secundada por

relixiosos misioneiros de ambolos dous sexos... Agradezo aos nosos axentes os seus esforzos e reitérolles a

expresión da miña real consideración.

Leopoldo.

(Carta do rei Leopoldo II de Bélxica aos axentes do Estado do Congo. En: GONZÁLEZ SALCEDO, J. e RAMÍREZ ALEDÓN,

G.: Historia del mundo contem poráneo a través de sus documentos . Ed. Teide, Barcelona, 1985. Pax. 234)

A expansión imperialista. As potencias repartense o mundo.

Q. A Conferencia de Berlín,

“No nome de Deus Todopoderoso.

S.M. o Emperador de Alemania, Rei de Prusia; a S.M. o Emperador de Austria, Rei de Hungría; a S.M.

o Rei dos belgas, a S.M. o Rei de Dinamarca, a S.M. o Rei de España, o Presidente dos Estados Unidos de

América, o Presidente da república Francesa, a S.M. a Raiña do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda,

Emperatriz das Indias; a S.M. o Rei de Italia, a S.M. o Rei dos Países Baixos, a S.M. o Rei de Portugal, a S.M.

o Emperador de todas as Rusias, a S.M. o Rei de Suecia e de Noruega, a S.M. o Emperador dos Otomanos.

Desexando establecer nun espíritu de entendemento mutuo as condicións máis favorables para o

desenvolvemento do comercio e da civilización en determiñadas rexións de África, e asegurar a todos os pobos

as ventaxas da libre navegación polos dous principais ríos africanos que desenbocan no océano Atlántico;

desexosos, por outra banda, de previr os malentendidos e as liortas que poideran suscitar no futuro as novas

tomas de posesión efectuadas nas costas de África, e preocupados ó mesmo tempo polos medios de aumentar

o benestar moral e material das poboacións indíxenas, resolveron, previa invictación que lles foi cursada polo

Goberno imperial de Alemania, dacordo co Goberno da República Francesa, reunir a tal obxecto unha

Conferencia en Berlín, e nomearon os seus plenipotenciarios [...]. Os que, provistos de plenos poderes [...],

discutiron e adoptaron sucesivamente:

1º. Unha Declaración relativa á libertade de comercio na conca do Congo, as súas desembocaduras e

países circunvec iños, con certas disposicións que se refiren a ela.

2º. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou por mar

suministraban escravos para a trata.

3º. Unha declaración relativa á neutralidade dos territorios comprendidos na conca convencional do

Congo.

4º. Un Acta de Navegación do Congo [...].

5º. Un Acta de Navegación do Níxer [...].

6º. Unha Declaración establecendo nas relacións internacionais reglas uniformes respecto ás

ocupacións que en adiante poidan verificarse nas costas do continente africano. [...]

(Acta X eral da Conf erencia de B erlín. 26 febr eiro 1885)

R. A organización do imperio británico.

“...Sen ningunha dúbida, a maís grande, a maís importante e ó mesmo tempo a máis delicada de todas

aas cuestións é a das futuras relacións -políticas e comerciais- entre as colonias autónomas e o Reino Unido.

Non creo que sexa preciso demostrar as vantaxes dunha unión máis estreita...

Penso qwue existe unha necesidade real de mellorar as formas de consulta entre as colonias autónomas

e a nai patria, e que sería posible crear un gran consello do imperio, ó que as colonias poderían enviar

plenipotenciarios e non simples delegados que serían incapaces de falar no seu nome sen referirse aos seus

gobernos respectivos , senón persoas que, pola súa situación nas colonias, polo seu carácter representativo e

Page 8: ColeccióN 7

121

1. Estados independentes, 2. Colonias alemanas, 3. Portuguesas, 4. Inglesas, 5. Francesas, 6. Belgas, 7. Italianas.

Fonte:www.pais-global.com.ar

polos seus estreitos contactos co medio colonial, serían capaces de dar unha opinión verdadeiramente positiva

e valiosa sobre calquera asunto que lles fose plantexado. Se fose creado tal consello acadaría de forma

inmediata unha inmensa importancia, e é perfectamente evidente que aínda podería ampliarse. Podería

transformarse lentamente en consello federal, este consello que debemos cons iderar coma o noso derradeiro

ideal.”

(CHAMBERLAIN, J.: Discurso na primeira reunión da Conferencia Colonial de 1887. En: KEITH , A.B.: Speeches and documents

in British colonial Policy (1763-1917). Oxford University Press, 1961. Vol. II, paxs. 210-216)

S. O reparto de África despois da Conferencia de Berlín

Page 9: ColeccióN 7

122

Font e: web .falco.m i.it

As Colonias enAsia

T. O imperio británico a comenzos do s. XX.

U. A expansión imperialista por Asia

Page 10: ColeccióN 7

123

Fonte: www. Tareasya.com

V. Os imperios coloniais en 1914.

O imperialismo das novas potencias. EE.UU. E Xapón.

W. O imperialismo americano. Fundamentos ideolóxicos: O “Destino Manifesto”.

“¡Vaia! Se faltaran outras razóns para elevar a cuestión da recepción de Texas pola Unión, da rexión

inferior das nosas pasadas disensións partidarias ó seu nivel adecuado de elevada e ampla nacionaliade, se

atoparán sen dúbida, e se atoparán abundantemente, na maneira en que outras nacións intentaron entrometerse

nela, entre nós e aqueles ós que o problema incumbe, con un espirito que nos é hostil e a confesada intención

de atrancar a nosa política e danar o noso poder, limitando a nosa grandeza e impedindo o cumplimento do noso

destino manifesto, que é o de abarcar o continente outorgado pola providencia para o libre desenvolvemento

dos millóns que se multiplican anualmente...

É enteiramente inexacto e inxusto para con nós pretender que a anexión teña sido unha medida de

despoxo inxustificable, de conquista militar baixo a forma de paz e o dereito de incremento territorial a

expensas da xustiza, que se lle debe por partida doble ó féble. Este enfoque da cuestión é totalmente

infundado e xa se refutou antes moi amplamente nestas páxinas, coma tamén nun milleiro doutras maneiras,

que non nos demoraremos de novo nisto. A independencia de Texas foi completa e absoluta. Foi unha

independencia non só de feito senón de dereito...”

(O ‘ SULLIVA N, J.L.: The United States Magazine and Democratic Rewiew, vol. XVII, nº LXXXV, xullo e agosto de 1845. En

: KHON , H.: El nacionalismo: su significado y su historia. Ed. Paidos, Buenos Aires, 1966. Paxs. 193-196)

Page 11: ColeccióN 7

124

X. O imperialismo americano. Fundamentos ideolóxicos: a Doutrina Monroe.

“7. ... Un principio referente ós dereitos e intereses dos Estados Unidos é que os continentes

americanos pola libre e independiente condición que adquiriron e que manteñen, non deben ser no sucesivo

considerados como suxeitos a colonización por ningunha potencia europea...

48. ... En consideración ás amistosas relacións que existen entre os Estados Unidos e esas potencias,

debemos declarar que consideramos como un verdadeiro perigo para a nosa paz e tranquilidade toda tentativa

pola súa parte que tivera por obxecto extender o seu sistema a este hemisferio. Coas colonias existentes ou

posesións de calquer nación europea non temos intervido nunca nin o faremos tampouco; pero tratándose dos

gobernos que decrararon e mantiveron a súa independencia, a que respectamos porque está conforme cos nosos

principios, non poderiamos menos que considerar como unha intervención hostil cara os Estados Unidos toda

intervención extranxeira que tivese por obxecto oprimilos...

49. . .. Pero tratándose destes continentes, as circunstancias son moi diferentes; non é posible que

as potencias aliadas extendan o seu sistema político a ningún daqueles sen poñer en perigo a nosa paz e o noso

benestar, nin é de crer tampouco que os nosos irmáns do Sur quixeran aceptar unha intervención extranxeira

polo seu propio consentimento. Sería igualmente imposible que aceptaramos con indiferencia unha intervención

desta especie, sea cal fora a forma en que se producira. Comparando as forzas e os recursos de España cos

deses novos gobernos, parece claro que dita potencia non poderá sometelos nunca; pero de tódolos xeitos a

verdadeira política dos Estados Unidos será respectar a uns e outros, esperando que as potencias imitarán o

noso exemplo...

... Non temos intervido nas guerras entre as potencias europeas e non interviremos..., únicamente

cando os nosos dereitos sexan lesionados ou ameazados, responderemos ás inxurias ou nos prepararemos para

a defensa...”

(MONROE, J.: Discurso ó Congreso, 2 de decem bro de 182 3. En: COR DER O TOR RES, J . M.: Textos básicos de América. Ed.

IEP, Madrid, 1955. Paxs. 51-52)

Y. O imperialismo am ericano. A intervención no istmo interam ericano.

“Art. 1. Os Estados Unidos garanten e manterán a indepependencia da República de Panamá.

Art. 2 . A Repúbl ica de Panamá concede aos Estados Unidos a perpetuidade o uso, a ocupa ción e o control dunha zona

de terra e a súa prolongación no mar para a construcción, mantem ento, explotación, saneament o e protección de dita canle;

esta zona d e 10 m illas de a nchur a, ext endes e sob re cinc o a cad a veira ...

Art. 3. A República de Panamá concede aos Estados Unidos todos os dereitos, poderes e autoridade no interior da

zona mencionada e descrita no artículo 2.

Art. 7. A República de Panamá concede aos Estados Unidos o dereito e o poder de manter a orde pública nas cidades

de Panamá e Colón e os territorios e portos adxacentes no caso de que a República de Panamá non sexa capaz, a xuízo de

Esta dos Un idos , de man telo.”

(Convención para a construcción da canle de Panamá. 1903)

Z. O imperialismo americano. Unha representación

satírica

Page 12: ColeccióN 7

125

A exp ansión norte ame ricana . (1867 -1914). F onte. Anais. Historia do mundo contem poraneo. Ed. Vicens-vives, A Coruña,

1987. Pax. 100.

Z. 1. O imperialismo americano. O escenario xeográfico.

Z. 1. O imperialismo xaponés. Causas.

“O Xapón, país de agricultura pobre, non atopa no seu propio territorio os recursos que lle fan falta.

Así pois, compensa este déficit coa industria e mailo comercio. Por iso é para él absolutamente

necesario conquista-lo mercado chinés a calquera prezo e limpalo da competencia estranxeira.

É evidente que o Xapón ten unhas inmensas expectativas para o futuro. A un lado ten un Estado

poderoso, formidablemente armado e pobre; no outro, e diante mesmo, un Estado inmenso, cheo de riqueza e

desprovisto de forzas militares serias.”

(CLAUDEL, P.: Baixo o signo do Dragón. 1909. En: GA RCÍA , M. e GATEL L, C.: Anais . Histo ria do m undo c ontem porá neo. Ed.

Vivens-vives, A Coruña, 1987. Pax. 100)

Z. 2. O imperialismo xaponés. Bases ideolóxicas.

“Para a gran maioría do pobo xaponés a guerra do ano 1905 non foi tan só unha guerra contra a nación

rusa. Foi un verdadeiro levantamento contra esta raza branca tan fahendosa, tan omnipotente, tan ameazadora:

foi unha revolución contra estes homes altos e grandes, coa pel branca, cun xeito de falar a berros e de acenos

groseiros, que tantos delictos, incongruenc ias e abusos de poder cometeran contra o Xapón. ... Tratábase de

vencer á soberanía desta raza que pretendía se-la aristocracia das razas humanas.”

(NADE AU, L.: O Xapón moderno . 1909. En: GARCÍA, M. e GATELL, C. Obra citada. Pax. 100)

Z. 3. O imperialismo xaponés. O militarismo.

“A independencia e a consolidación de Manchukuo é tan só o prefacio da autonomía e reconstrución

de Asia. A liberación de Manchuria ten que se-lo primeiro paso para a liberación de toda Asia...

Os límites do expansionismo xaponés son as beiras do canal de Suez.”

Page 13: ColeccióN 7

126

( Representación sat írica xaponesa sobre o imp erialismo ruso. En: www.ed-dolmen.com)

(NAKA YA BU SEY: D iscurso pronu nciado en 193 4. En: GAR CÍA, M. e GA TELL, C. Ob ra citada, pa x. 100)

Z. 4. A xustificación do imperialismo xaponés

As consecuencias do imperialismo. Grandes transformacións nas sociedades indíxenas.

Z. 5. A destrución da vida indíxena.

En Alxeria tódalas terras boas estaban xa cultivadas cando chegaron as tropas francesas. Así, a

pretendida “explotación da terra” foi máis ben a explotación dos seus habitantes, que se mantivo durante todo

un século. A historia de Alxeria é a dunha concentración progresiva da propiedade territotial en mans dos

europeos, a forza das propiedades alxerianas.

A revolta do ano 1871 serviu para ocupar centenares de milleiros de hectáreas ós vencidos.

Pero por se non abondaba, decidiuse darlles un valiosos agasallo ós musulmáns: démoslle-lo noso código

civil. ¿Por que tanta xenerosidade? Porque a propiedade tribal era colectiva na maioría dos casos e queríase

individualiza-la propiedade para permitir ós especuladores mercala de novo ós poucos. ... Velaquí o resultado

desta operación: no ano 1850 os frnacese tiñan tan só 115.000 hectáreas; no ano 1900, 1.600.000; e no ano

1959, 2.505.000...

Afrancesando e dividindo a propiedade gretouse a vella sociedade tribal sen lle ofrecer nada a cambio.

Estimulouse a anulación das xerarquías tribais, suprimíronse tódalas forzas de resistencia e susbtituíronse

as forzas colectivas polas individuais, ó tempo que se creaba unha man de obra barata. Esta man de obra era

a que compensaba os gastos do transporte dos productos coloniais á metrópole e aseguraba os benefic ios das

empresas coloniais.

Deste xeito, a colon ización transformou a poboación alxeriana nun inmenso proletariado agrícola.

Xa que en Europa fundamentaron sempre as reivindicacións nacionais na unidade da língua, negóuselles

ós musulmans o uso do seu propio idioma. Desde o ano 1830 a língua árabe está considerada en Alxeria como

estranxeira.

Page 14: ColeccióN 7

127

Máis isto non é todo; para desunir ós árabes, a administración francesa confiscóulle-la relixión e,

ademais, recruta os sacerdotes islámicos entre os seus asalariados. E mantivo as supersticións máis baixas,

porque estas desunen...”

(SART RE, J. P. : Tempos modernos. Nº 123, m arzo-abril, 1956 . En: GARC ÍA, M. e GAT ELL, C. Ob ra citada, pa x. 104)

Z. 6. Unha visión positiva do colonialismo.

“Nada ten de malo, senón moi ó contrario, que as nacións que, como consecuencia de estar situadas

nun medio xeográfico máis estimulante, prrogresaron máis en certos coñecementos industriais, políticos ou

morais, que os transmitan a nacións que estean máis atrasadas, debido ás súas circunstancias, para así axudalas

a desenvolver tanto os recursos materiais das súas terras coma os recursos humanos da súa poboación. Nin

me atrvería a firmar que sexa absolutamente ilexítimo o uti lizar nesta tarefa algún tipo de “persuasión, de

aguillón ou de presión” (para citar unha frase ben coñecida) ou, dicíndoo maís brevemente, algunha forma de

“coacción”. O facer uso da forza ou da coacción non é, en si mesmo, pero pode selo, a condición previa para que

se poña a anda-lo proceso educativo...

Se aceptamos que as técnicas do “progreso” ou algunhas delas, so comunicables, cousa que parece

indiscutible, non poden existir dereitos innatos nun pobo a negarse a recibi-las ensinanzas obrigatorias que

precisa para pasar da infancia á madureza dentro do concerto de nacións.”

(HOBS ON, J. A.: Estudio del imperialismo. Alianza Ed ., Madrid, 1981. Pax. 217 )

Z. 7. Unha visión máis imparcial do feito colonial.

A presencia europea en Asia e África, con independencia do xuízo moral que nos mereza a actuación

dos colonialistas, provocou unha auténtica revolución nos países colonizados, pois alterou un equilibrio social

milenario e creou os fundamentos para unha evolución que, inevitablemente, conduciría á rebelión e á

autonomía...

Xa no século pasado Karl Marx considerou que Gran Bretaña tiña unha dobre misión na India:

destructiva, de aniquilamento da vella sociedade asiática, para poder implantar sobre das súas ruínas os

fundamentos materiais da sociedade occidental e constructiva, na medida en que consolidou a unidade política

e contribuíu ó xurdimento dunha élite culta, provista de cualidades administrativas e impregnada do espírito

europeo. Seguindo este razonamento chegouse á conclusión de que a violación da identidade indíxena foi

fructífera, en contra da tese mantida polo anticolonialismo máis virulento, segundo o cal non se logrará a

verdadeira liberación dos pobos descolonizados ata que previamente non se destrúa a última pegada da

herdanza colonial.

(MADRILEJOS, M.: Colonia lismo y neoco lonialism o. Ed. Salvat, col.Biblioteca Salvat de Grandes Temas, nº 63. Barcelona, 1975.

Pax. 41)

Os conflictos coloniais. Antecedentes da 1ª Guerra Mundial.

Z. 8. O incidente de Fashoda.

“O 19 de setembro de 1898 o xeneral Kitchener, comandante das tropas inglesas, chega a Fashoda,

da que o capitán Marchand, procedente do Congo, tomou posesión no nome de Francia. Kitchener, que no curso

dunha espiñenta entrevista deu probas de gran tacto e de diplomacia, e que desde logo dirixe ó noso xefe todas

as súas felicitacións pola empresa que tivemos realizada, insiste unha vez máis... Quere convencernos de que

volvamos a Exipto sobre os seus cañoneiros: “Europa estremeceráse de admiración cando coñeza o que

fixestes. Verdadeiramente, lamento que non sexades inglés. A noticia do noso encontro aquí terá enorme

repercusión no mundo enteiro”.

“¿Vostede sabe que é a guerra entre os nosos dous países o que pode resultar da vosa negativa a

abandonar Fashoda?”, dí o xeneral... “Pero nese caso, e se o goberno de Londres desexa ocuparse deste asunto,

¿non é natural que conferencie para isto co de París? Nós somos soldados e non diplomáticos...”

(DR. JULES EMILY : Misión Marchand, 1896-1898. Diario de ruta do Dr. Emily. París, ed Hachette, 1912. En: LÓPEZ-CORDÓN,

M.V. e MART ÍNEZ CARR ERAS , J. U.: Análise e comentario d e tex tos his tórico s II. Id ade M odern a e Co ntem porá nea. Ed.

Alhambra. Madrid, 1978. Pax. 302)

Page 15: ColeccióN 7

128

Enfrontamentos na guerra anglo-boer.

Z. 9. A guerra Anglo-boer. 1899-1902.

Z .10. A guerra hispano-norteamericana de 1898

“Eran as nove e media da mañá cando o cruceiro acoirazado Infanta María Teresa, buque insignia do

almirante Pascual Cervera, abandonaba a bahía de Santiago de Cuba. A batalla comezou inmediatamente: ás

9,35 o "Teresa" abriu lume sobre un acoirazado norteamericano, aínda que a súa intención era dirixirse a toda

máquina cara ao Brooklyn, ao que interesaba poñer fóra de combate enseguida por ser o navío máis rápido da

escuadra inimiga. Detrás do "Teresa" saíron en ringleira (non había outra posibilidade polas características da

bahía) os tamén cruceiros acoirazados Biscaia, Cristovo Colón e Almirante Oquendo, coa intención de fuxir

rapidamente cara ao oeste. Para rematar fixéronse á mar os destructores Furor e Plutón, que non tiñan

ningunha opción ante a potencia de lume de Estados Unidos.

O único barco que podía, en principio, poñerse a salvo era o Cristovo Colón, ao ser o máis rápido de

ambas flotas. Estivo a piques de conseguilo, pero ao consumir todo o carbón de calidade, tivo que empregar

outro de menor poder calorífico; perdeu velocidade e foi alcanzado polos acoirazados inimigos. O seu

comandante decidiu embarrancarlo ás 13,54 nas proximidades da desembocadura do río Turquino, a 48 millas

(89 quilómetros) de Santiago. A sorte dos outros cruceiros foi similar. O "Teresa", aíínda que en principio fixo

fuxir ao Brooklyn, sucumbióó baixo o lume do Indiana e o Oregon. O "Oquendo" e os dous destructores sufriron

un intenso castigo desde que abandonaron a bahía e quedaron fóra de combate en pouco tempo. O Biscaia,

alcanzado por varias andanadas, decidiu encallar no Aserradero, onde lle explotaron as caldeiras e os pañoles

de munición pouco logo das once da maññá. En algo máis de catro horas, a escuadra española do Atlántico

quedou aniquilada.”

(PEYTA VÍ,R.: El des astr e nava l de Sa ntiag o de Cu ba. En: www.mgar.net/cuba/santiag2.htm . Febreiro 2006)

Page 16: ColeccióN 7

129

Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.

1. Cincuenta e cinco días en Pekin. EE. UU. 1963. Dir. Nicholas Ray. Xénero: aventuras. Duración: 150 m.

2. As catro plumas. Reino Unido. 1939. Dir. Zoltan Korda. Xénero: aventuras. Duración: 126 m.

3. Kharthoum. Reino Unido. 1966. Dir. Basil Dearden. Xénero: aventuras. Duración: 134 m.

4. Memorias de África. EE. UU. 1985. Dir. Sidney Pollack. Xénero: melodrama romántico. Duración: 154 m.

5. Queimada. Italia. 1969. Dir. Gillo Pontecorvo. Xénero: drama. Duración: 112 m.

6. Zulú. Reino Unido. 1963. Dir. C. Einfeld. Xénero: aventuras. Duración: 138 m.

7. Mencer zulú. EE. UU. 1979. Dir. Douglas Hickox. Xénero: aventuras. Duración: 117 m.

8. América, América. EE. UU. 1963. Dir. Elia Kazan. Xénero: drama. Duración: 177 m.

9. Cimarrón. EE. UU. 1960. Dir. Anthony Mann. Xénero: western. Duración: 147 m.

10. Tres lanceiros bengalís. EE. UU. 1934. Dir. Henry Hathaway. Xénero: aventuras. Duración: 109 m.

11. A xungla en armas. EE. UU. 1939. Dir. Henry Hathaway. Xénero: aventuras. Duración: 95 m.

12. Kim da India. EE. UU. 1950. Dir. Victor Saville. Xénero: aventuras. Duración: 112 m.

13. A revolta dos sipaios. EE. UU. 1954. Dir. László Benedeck. Xénero: drama. Duración: sin datos.

14. Rifles de Bengala. EE. UU. 1954. Dir. László Benedeck. Xénero: aventuras. Duración: 84 m.

15. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras. Duración: 222 m.

16. Rebelión na India. Reino Unido. 1965. Dir. Jhon Gilling. Xénero: aventuras. Duración: 81 m.

17. A última carga. Reino Unido. 1968. Dir. Tony Richardson. Xénero: bélica. Duración: 141 m.

18. O Winston novo. Reino Unido. 1972. Dir. Richard Attemborough. Xénero: Biográfico. Duración: 145 m.

19. O vento e o león. EE. UU. 1975. Dir. Jhon Milius. Xénero: aventuras. Duración: 119 m.

20 O home que puido reinar. EE. UU. 1975. Dir. Jhon Huston. Xénero: aventuras. Duración: 129 m.

21. Gandhi. Reino Unido. 1982. Dir. Richard Attemborough. Xénero: biográfico. Duración: 188 m.

22. Berra liberdade. Reino Unido. 1987. Dir. Richard Attemborough. Xénero: drama. Duración: 158 m.

Page 17: ColeccióN 7

130