Comentario de textos narrativos

3
CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA Ao comentar un texto narrativo, debemos ter en conta: 1. A historia (contido) Presentación lóxica dunha serie de acontecementos nun marco espaciotemporal por medio duns personaxes. 2. O discurso (expresión) Maneira en que se presenta a historia por parte dun narrador a un receptor, e que comprende a perspectiva, a voz narrativa, o modo do relato e o tempo. 1. A HISTORIA A acción Pode ser simple ou composta (con varias “historias” –unha principal e outras secundarias, unha servindo de marco para a narración doutras e varias accións paralelas). A intriga pode mostrarse: desde o comezo (ab initio) ou no seu transcurso (in media res). Os personaxes Poden aparecer caracterizados de diversos xeitos: Directamente (nas autobiografías). Un personaxe é presentado por outro personaxe. É o narrador heterodiexético quen o presenta. Combinando as diferentes modalidades. Atributos: O nome. Os atributos físicos e psíquicos (por exemplo na novela psicolóxica). A dimensión social (na novela social). Un obxecto (que pode ir asociado cun personaxe). Tipoloxía: Carácter redondo: con trazos ben definidos (aínda que pode contradicirse e experimentar cambios). Carácter plano: non posúe trazos individuais e repite as características esquemáticas da clase social, da profesión, etc. 2. O DISCURSO A comunicación narrativa Se a narración é o acto de contar unha historia, o discurso comprende o emisor ou narrador desa historia, o modo de contala (dispoñendo os acontecementos nunha orde, duración, punto de vista, etc.) e o receptor. Así, as tipoloxías que entran na comunicación narrativa son: O autor implícito é a imaxe que o autor real proxecta de si dentro do texto; fai partícipe ó lector implícito do seu sistema de valores morais (non representado). Tamén se cando o narrador figura como “autor” (“e ti, amigo lector...”) (representado). 3

description

 

Transcript of Comentario de textos narrativos

Page 1: Comentario de textos narrativos

CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA

Ao comentar un texto narrativo, debemos ter en conta:

1. A historia (contido)Presentación lóxica dunha serie de acontecementos nun marco espacio­temporal por medio duns personaxes.

2. O discurso (expresión)Maneira en que se presenta a historia por parte dun narrador a un receptor, e que comprende a perspectiva, a voz narrativa, o modo do relato e o tempo.

1. A HISTORIA

A acciónPode ser simple ou composta (con varias “historias” –unha principal e outras secundarias, unha servindo de marco para a narración doutras e varias accións paralelas­).A intriga pode mostrarse: desde o comezo (ab initio) ou no seu transcurso (in media res).

Os personaxes Poden aparecer caracterizados de diversos xeitos:

­Directamente (nas autobiografías).­Un personaxe é presentado por outro personaxe.­É o narrador heterodiexético quen o presenta.­Combinando as diferentes modalidades.

Atributos:­O nome.­Os atributos físicos e psíquicos (por exemplo na novela psicolóxica).­A dimensión social (na novela social).­Un obxecto (que pode ir asociado cun personaxe).

Tipoloxía:­Carácter redondo: con trazos ben definidos (aínda que pode contradicirse e

experimentar cambios).­Carácter plano: non posúe trazos individuais e repite as características

esquemáticas da clase social, da profesión, etc.

2. O DISCURSO

A comunicación narrativaSe a narración é o acto de contar unha historia, o discurso comprende o emisor ou narrador desa historia, o modo de contala (dispoñendo os acontecementos nunha orde, duración, punto de vista, etc.) e o receptor.Así, as tipoloxías que entran na comunicación narrativa son:

O autor implícito é a imaxe que o autor real proxecta de si dentro do texto; fai partícipe ó lector implícito do seu sistema de valores morais (non representado). Tamén se dá cando o narrador figura como “autor” (“e ti, amigo lector...”) (representado).

3

Page 2: Comentario de textos narrativos

O lector implícito é un lector que o texto necesita para a súa existencia e que o proceso de lectura vai establecendo. Cando se menciona “lector”, fálase de lector explícito.

Figuras da narración A focalización

­Focalización cero: omnisciencia autorial ou editorial (presencia do autor implícito: onarrador presenta os feitos, intervén con comentarios ou reflexións e valora os personaxes) e omnisciencia neutra (cando non hai autor implícito).

­Relato focalizado externamente: o narrador limítase a captar polos sentidos comounha “cámara fotográfica”. Téndese á obxectividade máis absoluta.­Relato focalizado internamente: o narrador redúcese ó interior do personaxe. E ó seuservicio están a psiconarración, o monólogo interior e o estilo indirecto libre.

[Cómpre lembrar que ó longo dun discurso narrativo é posible que atopemos diversas focalizacións. Entón debemos valorar o influxo de cada unha e determinar cál é a dominante].

A voz narrativaEn canto protagonista do proceso de comunicación, o narrador está dotado dunha voz e aparece cunha persoa gramatical.Entón temos:

­Narrador autodiexético: protagonista en primeira persoa. Propio dememorias, biografías, etc.­Narrador heterodiexético: narrador (que non forma parte da historia) e fala en1ª ou en 3ª persoa del ou de ti (“Vou contarvos algo que sucedeu en

1333:...”).­Narrador homodiexético: narrador (que forma parte da historia) e fala de sien 1ª ou en 2ª persoa (testemuña, personaxe secundario).

O modo­Diálogo.­Discurso directo narrativizado (“... alguén falou dende o alto da tarima queridos, unsuceso que ocorreu onte entre nós non pode repetirse e ti alí diante...”). Nonhai ningún indicador externo.­Monólogo dramático (só se oe a voz dun dos interlocutores. Lémbrese o caso de Aesmorga).­Monólogo citado ou soliloquio (discurso en solitario do personaxe introducido polonarrador. Lémbrese Los de abajo: “Descendiendo con agilidad y rapidez,pensaba: “Seguramente ahora sí van a dar con nuestro rastro...” [p. 79]). Se haiausencia de narrador, fálase de monólogo interior.­Estilo indirecto.­Estilo indirecto libre.­Psiconarración (o narrador conta en estilo indirecto o que os personaxes ou o propionarrador pensan).­Monólogo autobiográfico.­Monólogo interior ( ou corrente de conciencia).

O tempoTodo discurso literario necesita sucesión, movemento, pero no caso da narrativa este trazo superlativízase.

3

Page 3: Comentario de textos narrativos

­A duración temporalÉ imposible atoparmos unha coincidencia entre a duración da historia e a do discurso. Os seus tipos correspóndense coas catro formas de movemento narrativo:

Resumo (un período amplo sintetízase nunhas liñas ou nun parágrafo).Escena (predominio do diálogo que produce un ritmo lento e parece mostrar otranscurso da realidade tal como se produciu).

Elipse (omisión de sectores da historia).Pausa (é o contrario da elipse. Pormenorízase de modo que se orixina untempo do discurso de maior duración ou ritmo máis lento da historia).­A orde temporal

Todo discurso narrativo está repleto de anacronías, é dicir, de discordancias entre a orde de sucesión da historia e a orde de sucesión no discurso. Distínguense dous tipos:

Analepse: relato cara atrás.Prolepse: relato cara adiante.

O espazoAínda que ocupe unha función auxiliar dentro do relato, as referencias espaciais contribúen a crear o efecto de realidade e son un factor de coherencia textual.Dentro do discurso manterá relacións privilexiadas coa acción e o personaxe. E fálase de espacio verosímil ou fantástico. Tamén pode semiotizarse e converterse en expoñente de relacións de índole ideolóxica ou psicolóxica (cidade/campo; pazo/casas pobres; espacio aberto/pechado; paisaxe frondosa –estado anímico atormentado na literatura romántica­­).

3