Comentariodetextos

7
LITERATURA GALEGA II O comentario de textos literarios 4º ESO Curso 2009 - 2010 Segundo trimestre Acto Presentación do tema e esquema.

Transcript of Comentariodetextos

Page 1: Comentariodetextos

LITERATURA GALEGA II

O comentario de textos literarios

4º ESO

Curso 2009 - 2010

Segundo trimestre

Acto

Presentación do tema e esquema.

Page 2: Comentariodetextos

Comentario de textos literarios

I.- Lectura e comprensión.

1.- Primeira lectura do texto.

Consultar e aclarar as dúbidas de vocabulario que puidese haber.

2.- Segunda lectura do texto.

Unha vez resultas as dúbidas de léxico deberemos esforzarnos en comprender as expresións utilizadas polo autor, cada oración, frase ou verso, posto que a comprensión global do texto depende da comprensión de cada unha das súas partes, das ´suas expresións. De haber aspectos oscuros deberemos tratar de aclaralos antes de avanzar no comentario.

Page 3: Comentariodetextos

Comentario de textos literarios

II.- Situación.

1.- Situación do texto na obra á que pertence.Deberemos identificar o texto para adscribilo á obra á que pertence. Isto pode darnos

pistas importantes que nos axuden a orientar mellor o comentario. Se temos información sobre a obra, como temas que se tratan na poesía, ou personaxes, punto de vista..., na prosa, isto probablemente sexa aplicable ao texto.

2.- Situación do obra no seu autor.Coñecer o autor será de grande utilidade á hora de comentar por exemplo estilo ou os

temas, recursos expresivos, etc.

3.- Situación do autor no seu tempo.Situar o autor nas súas coordenadas temporais, na corrente á que pertence, pode

achegarnos unha información previa que logo atoparemos no comentario do seu texto literario.

Page 4: Comentariodetextos

Comentario de textos literarios

III.- Contido.

1.- Argumento.Resumo do argumento do texto.

2.- Tema.Síntese, nunha breve frase do tema do texto. A necesaria brevidade na formulación do

tema non debe ser obstáculo para dar as explicacións necesarias que xustifiquen o dito.

3.- Estrutura.Dende o punto de vista do contido, debemos tratar de analizar a estrutura, é dicir, se se

pode dividir en partes o texto e segundo que criterio ou cal é a xustificación para facelo. Lembrade que o obxectivo último do comentario é explicar o texto, para o que debemos comprender a intención do autor en cada decisión que tomou na creación da obra.

Page 5: Comentariodetextos

Comentario de textos literarios

IV.- Expresión.

1.- Estrutura.Análise da estrutura do texto dende o punto de vista da expresión. Por exemplo, se é un

poema, o tipo de estrofa, de versos, a rima, a métrica... Se fose un texto narrativo tamén se pode analizar o tipo de parrágrafos, de oracións, a sintaxe... Se é dramático, pois actos, escenas, anotacións, e tamén tipo de parágrafos de oracións.... É dicir todo o que teña que ver coa forma que ten o texto.

2.- Punto de vista.Isto podería facerse antes da estrutura (depende ddas preferencias de cada un). En

realidade afecta á expresión, pero tamén pode ter importancia no comentario do contido o punto de vista que adopte o autor. En tal caso, podedes facelo antes ou despois segundo o texto do que se trate.

Page 6: Comentariodetextos

Comentario de textos literarios

IV.- Expresión.

3.- Recursos expresivos.Isto nunca debe ser unha relación dos recursos utilizados polo autor, senón que

debemos sempre interpretar a finalidade dos mesmos. Lembrade que sempre a elección que se fai entre expresar algo dunha forma ou doutra responde a unha intencion, que normalmente ten moito que ver co contido do texto. Os recursos van permitir ao autor transmitir o que quere da forma que quere, sexan feitos, sucesos, sentimentos, sensacións...

Page 7: Comentariodetextos

Comentario de textos literarios

V.- Conclusión.

1.- Síntese.Breve repaso ao máis significativo do comentario realizado, trátase de redactar un

breve texto que resuma os puntos tratados, non necesaramente todos, depende do noso criterio, pero debemos lograr que dea unha idea xeral do cementario

2.- Valoración persoal.Breve valoración persoal sobre o texto analizado. Non debe ser unha simple afirmación

sobre si nos gusta ou non. Debemos facer unha exposición razoada do que valoramos positiva e negativamente e das razóns desta valoración.