Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os...

16
O vocabulario da boa educación Os sinónimos e os antónimos A sílaba tónica e a átona A comunicación A diversidade lingüística A descrición 1 EN MARCHA Comunicámonos 14

Transcript of Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os...

Page 1: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

• O vocabulario da boa educación• Os sinónimos e os antónimos• A sílaba tónica e a átona• A comunicación• A diversidade lingüística• A descrición

1

EN MARCHA

Comunicámonos

14

Page 2: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Que é un autorretrato?Investiga sobre o concepto de «autorretra-to» e recolle exemplos.

• Busca autorretratos de artistas, como por exemplo Castelao.

• A partir do que sabes del, describe o per-sonaxe real e tamén o seu autorretrato.

• Poñede en común os vosos traballos e comentade se, na vosa opinión, a idea que os personaxes elixidos teñen de si mesmos se corresponde coa idea que temos deles os demais.

Como somos e como nos venFai o teu autorretrato e pide que te retraten.

• Colle un espello e mírate nel. Ob-serva os teus trazos característicos e fai o teu autorretrato, ben sexa en debuxo ou como unha descrición escrita.

• Pídelles aos teus amigos ou á túa familia que describan como te ven. Podes cubrir unha táboa coma esta.

• Fai a descrición do teu compañeiro.

Obxectos que te definenConstrúe unha caixa dos tesouros.

• Deseña e constrúe unha caixa para gardar nela os obxectos im-portantes para ti.

• Presenta a túa caixa perante os compañeiros e explica por que eses obxectos teñen importan-cia para ti.

AutorretratoTAREFA INTEGRADA

Físico Carácter

Eu digo… . . . . . . . . . . . . . . . . . .

O meu

amigo di… . . . . . . . . .

. . . . . . . . .

A familia

di…

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

O meu

compa-

ñeiro di…

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

15

Page 3: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Maite Carranzaé unha escritora catalana que ademais é guionista e profesora universitaria de guións.

Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios.

LEMOS

A protagonista da lectura, Alicia, ten once anos e unha irmá maior coa que non se leva moi ben. O fragmento narra unha divertida escena en que as dúas se atopan nunha praia cun rapaz estranxeiro que fala un idioma descoñecido.

— Algunha vez intentaches entenderte con alguén que falaba un idioma distinto do teu? Como resolviches esa situación?

A praia dos guiris Non podía ser, pero era. Estaba ante unha oportunidade única. A Sonia moláballe un rapaz e se eu non facía nada… non pasaría nada.

—Di que se queres xogar á pelota con el.

Saíume así, de súpeto. Sonia quedou mirando para min abraiada. Non sabía que eu falase alemán; nin eu tampouco. Pero Sonia debía estar un pouco convalecente pola pelotada e tragouno.

—Dille que non sei xogar con raqueta.

E daquela eu vou e… falei alemán. Ou sexa, empecei a ladrar e cuspir palabras que me soaban, como «cartoffen» e «aai» e «dabuten» e «aufi-dersen». O alemán vai e… escoitoume —bastante descolocado— e vai e… contestoume.

E eu que me convertín na intérprete entre a miña irmá e o seu futuro mozo.

—Di que tanto ten, que estás moi boa e que non lle importa que non sai-bas xogar.

Sonia —que é unha crida e tragou todo— sorriulle ao guiri, colleu a outra raqueta, recolleu do chan a pelota asasina e arreoulle un raquetazo.

A pelota foi parar aos morros do alemán. «Plof». Sonia botouse a rir e o alemán, mentres lle ían inchando os morros, tamén riu. Os dous rindo. A verdade é que daba moita mágoa.

O alemán —despois de rir— soltou un montón de griñidos e eu traducín o que me pareceu máis lóxico.

—Di que tes moi bo estilo e que podedes facer un partido a once.

Sonia fixo un aceno de OK, afastouse uns pasos, sacou cun estilo penoso e o alemán devolveulle a pelota.

Sorpresa.

Sonia, que non esperaba que a súa pelota volvese, quedou coa pa levantada, bastante ridícula, e botouse a rir. O alemán tamén riu. E eu no medio, con ganas de trousar de tanta melindrada.

16

Page 4: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Traducín:

—Un a cero. Saca o guiri.

O alemán sacou, con bastante mellor estilo que Sonia, e a pelota foi parar ao mar porque Sonia nin a viu pasar nin amosou o máis mínimo interese en parala.

O Cenoria, solícito, correu a recuperala, e o alemán fixo uns comentarios que bulín a traducirlle a Sonia.

—Di que o gran non se che nota nada.

Sonia dubidou uns intres, miroume con cara de quererme fusilar, mirou cara ao alemán, cambiou de idea e botouse a rir. Salvada!

Sonia estivo a piques de pescarme, pero no canto de me preguntar como demo puidera aprender alemán nunha mañá bisboume con voz de mosqui-ña morta.

—Dille que me gusta a súa tatuaxe.

Eu obedecín e soltei catro palabras con moitas «cartoffen» polo medio e o alemán que, xúroo, se esforzaba por escoitarme e entenderme, puxo cara de sorpresa e cuspiume un milleiro de consoantes.

—Di que se queres farache unha no embigo.

Sonia mirou o embigo. O alemán mirou o embigo de Sonia.

Sonia, coqueta, chiscoulle un ollo, e o alemán riu.

Todo ía superbén ata que a nai do alemán, unha guiri foca, pegou catro be-rros desde a outra punta da praia. Non fixo falta que eu traducira, porque fa-laba na linguaxe universal das nais —moito máis antiga ca a dos xordomu-dos— e estaba dicindo «a xantar». O alemán virouse cara a Sonia e griñiu.

—Di que vai comer as salchichas.

O alemán colleu a pelota, púxolla a Sonia na man e soltou catro frases pe-nosas, moi tristes, con cara de ollomol.

Queres ser o mozo da miña irmá? Maite Carranza, Rodeira.

O que máis me gustou foi can-do sacaron a foto de Sonia e a enviaron.

A miña personaxe favorita é Alicia, aínda que de que máis aprendín foi de Sonia, porque ao final quixo cambiar e apren-deu que non hai que ser malos.

Eu cambiaría a parte en que Sonia está na azotea e ve o chupete de Meritxell no mar, pero o libro gustoume moito.

Nuria Matínez Quindimil CPI de Xancela (Mesía)

O lector critica

17

Page 5: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

COMPRENDEMOS 1 Primeiro que nada, buscamos no dicionario todas aquelas palabras que non entendamos e

copiamos o seu significado no noso caderno.

2 Indica a quen lle atribúes estas accións do texto. Xustifica a túa resposta con palabras tiradas da lectura.

Acción Personaxe Xustificación

Pegou catro berros… ............................ ............................

Fixo un aceno de OK. ............................ ............................

Actuou de intérprete. ............................ ............................

Puxo cara de ollomol. ............................ ............................

3 Nesta escena, como definirías o papel de Alicia? Dámosche algunhas pistas:

intérprete - intermediaria - tradutora - irónica - celestina - lambeteira - ousada

— Como actuarías ti no sitio de Alicia?

4 Observa atentamente a ilustración da lectura.

— Deseguido describe a Praia na que xogan os rapaces.

— Identifica as aves que hai no debuxo. Explica por que cres que están aí esas aves e non outras.

— Fíxate na auga do mar na ilustración. Está a marea alta o baixa? Razoa a túa resposta.

5 Que significa «ter cara de ollomol»? Elixe a opción correcta.

A. Cara con expresión triste. B. Cara en forma de peixe.

— Escribe unha anécdota que conteña esta expresión.

6 Escribe palabras da mesma familia léxica:

exemplo: raqueta-raquetazo

pelota, mar, triste, berrar

7 Investigade, en pequenos grupos, en que consiste a «linguaxe dos xordomudos», menciona-da na lectura.

— Expoñede cada grupo, por quendas, o resultado das vosas pescudas.

8 Por que cres que Alicia actuou así? Axudoulle a Sonia ou fíxoo peor? Que farías ti nun caso semellante?

9 Valora dun 1 a un 5 a actuación de Alicia. Explica a túa valoración. — Escribe o que cres que pasou despois entre Sonia e o alemán.

Investigamos

Reflexionamos

18

Page 6: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

A boa educación

Actividades

Cando coñecemos alguén novo hai unha serie de fórmulas que deberiamos empregar para presen-tarnos, tal e como seguramente fixeron o rapaz alemán e mais Sonia, aínda que non se entendesen.

1

10. Observa:

20— Relaciona estas expresións coa situación na que as usarías:

• Boa tarde. • Partido de fútbolPodo axudarlle?

• Ola, neno! • Consulta do mé-Son Brais! dico

• Bo día. Son • Reunión de nego-a nai de Ana. cios

• Encantado, señor • Tenda Ríos, son Xoán Díaz.

11. Di se estas afirmacións son falsas ou verda-deiras. Converte as falsas en verdadeiras.

— Cando atopas cun amigo dislle: «Bo día, señor. Como está vostede?».

— Unha persoa que acaba de coñecer a outra dille: «Ola, como che vai?».

— Para pedir algo con educación dicimos: «Por favor».

— Dicirlle «grazas» a alguén é de mala edu-cación.

12. Indica a palabra adecuada para cada defi-nición.

presentar - saúdo - educación - descortesía

• Falta de delicadeza e de respecto no tra-to con outras persoas...

• Facer coñecer unha persoa a alguén...

LÉXICO

Hallo ich heiße Paul und ich Komme aus Deutchland. Ich freu mich dir kennen zu lernen.

Ola, eu son Sonia e son española. Encantada de coñecerte.

De nada. Que teña vostede boa viaxe.

Bo día. Estou perdido. Por favor pódeme axudar?

Preciso chegar á estación de tren.

Moitas grazas. Adeus.

• Coñecemento e práctica das boas ma-neiras de comportarse...

• Palabra, xesto etc., dirixidos a unha per-soa ao chegar ou para se despedir...

13. Asocia estas expresións de despedida coas persoas coas que as usarías.

1. Aburiño, compañeiro!

2. Ata outro día e encantado de a coñecer.

3. Adeus e que teña bo día.

4. Ata logo.

• ...do teu amigo no parque.• ...da túa avoa.• ...do doutor na consulta.• ...dunha señora que acabas de coñecer.

14. Elixe, de entre as opcións que che damos, as palabras que usarías para despedirte.• ...do teu amigo no parque.• ...da túa avoa.• ...do doutor na consulta.• ...dunha señora que acabas de coñecer.Aburiño compañeiro! Ata logo.Ata outro día e encantado de a coñecer.Adeus e que teña bo día.

15. Observa:

— Por parellas, imitade a conversa destas dúas persoas. Lembrade preguntar e res-ponder con educación.

Bo día. Por suposto.

Siga pola esquerda e xa a ve de fronte.

19

Page 7: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

19. Forma pares de antónimos coas palabras do cadro.

tristura - cedo - inchar - levantar - cheo pechado - tarde - baleiro - perder - baixar

alegría - aberto - gañar - desinchar

Antónimostristura - alegría

— Agora engade máis palabras ao cadro e busca os seus antónimos.

20. Copia estes esquemas no teu caderno e complétaos.

Sinónimos Antónimosamarrar - . . . . . . . . . separar - . . . . . . . . .

porco - . . . . . . . . . hábil - . . . . . . . . .

brincar - . . . . . . . . . destruír - . . . . . . . . .

ledo - . . . . . . . . . anoitecer - . . . . . . . . .

21. Propón un sinónimo para as palabras da esquerda e logo relaciona cada un co seu antónimo.

Sinónimo Antónimoalegría ledicia lonxecerca . . . . . . . . . sanamañar . . . . . . . . . perderdoente . . . . . . . . . tristezavencer . . . . . . . . . diferentesemellante . . . . . . . . . estragar

LÉXICO Sinónimos e antónimos

Actividades

Ás veces atopamos palabras que diferentes que teñen un significado semellante, ou ben palabras diferentes con significados opostos.

— Repara nestas parellas de palabras e clasifícaas no cadro seguindo o modelo.

rapaz - mozo cuspir - chuspir interese - desinterese mellor - peorlóxico - ilóxico contestar - responder colocado - descolocado aceno - xesto

16. Cambia as palabras destacadas nas ora-cións polo sinónimo correspondente desta serie.

pena - vomitar - apesarado - comprender sorprendida - lamentable

• Sonia quedou mirando para min abraiada.

• O alemán esforzábase por me entender.

• A verdade é que daba moita mágoa.

• Sonia sacou cun estilo penoso.

• Eu tiña ganas de trousar.

• O alemán marchou moi triste.

17. Identifica as palabras sinónimas en cada grupo. Mira que pode haber máis dunha.

• bisbar - berrar - borboriñar - murmurar

• esperar - agardar - espetar - marchar

• montón - montículo - moito - morea

• alegre - alegría - contenta - leda

18. Escribe, no teu caderno, os adxectivos que signifiquen o contrario.

baixo . . . . . . . . . branco . . . . . . . . . dereito . . . . . . . . .

ordenado . . . . . . . . . igualado . . . . . . . . . grande . . . . . . . . .

feliz . . . . . . . . . frío . . . . . . . . . barato . . . . . . . . .

Palabras sinónimas Palabras antónimas Significados semellantes Significados opostos

rapaz - mozo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Cando dúas palabras diferentes teñen significados semellantes, son sinónimas.Cando dúas palabras diferentes teñen significados opostos, son antónimas.

20

Page 8: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Unha palabra pronúnciase mediante un ou varios golpes de voz. Cada un deses golpes corres-ponde a unha sílaba. A sílaba pronunciada con máis forza é a sílaba tónica. As demais son sílabas átonas.

— Separa as seguintes palabras en sílabas. Rodea a sílaba tónica en cada palabra.

raqueta - sinónimo - pelota - xogo - paz - alemán - chan - mar - última música - cero - cara - sorpresa - sílaba - oportunidade - mozo - triste

Exemplo: raqueta ➝ ra - que - ta

Fíxate, agora, na posición da sílaba tónica nas seguintes palabras.

a - le - mán ➝ última posición.

pe - lo - ta ➝ penúltima posición.

plá - ta - no ➝ antepenúltima posición.

Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras poden clasificarse en:

AGUDAS a sílaba tónica vai na última posición.

GRAVES a sílaba tónica vai na penúltima posición.

ESDRÚXULAS a sílaba tónica vai na antepenúltima posición.

Sílabas tónicas e átonas

Actividades

FONÉTICA E ORTOGRAFÍA 1

22. Clasifica estas palabras nunha táboa.

única - rapaz - súpeto - ladrar - guiri - cara embigo - porta - ollomol - préstamo - man

Aguda Grave Esdrúxula Última Penúltima Antepenúltima

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

23. A partir das palabras que están na cima da páxina, completa seguindo o modelo.

Palabra Sílabas Sílaba tónica Tipo

raqueta ra-que-ta penúltima grave

pelota . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

— Deseguido, escribe no teu caderno se-guindo o modelo:

Raqueta é unha palabra grave porque a sílaba

tónica vai na penúltima posición.

24. Detecta os erros nesta clasificación e co-rríxeos.

25. Ordena esta lea.

Agudas Graves Esdrúxulas

café praza último

anzol partido público

cana vogal area

sofá rústico príncipe

papel punto árbore

mísil xogo plástico

razón funil bóla

casa

árbitro

graves

árbore

comer

canción

cangrexo

xogar

esdrúxulas

anotar

bañar

bañador máquina

parchís

reloxo

tónica

rapaza

agudas

partido

rede

brétema música

21

Page 9: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

GRAMÁTICAA comunicación humana

Na nosa vida diaria a comunicación é constante. Esta dáse de formas moi variadas, a través de pala-bras, de xestos, de imaxes...

— Observa estas situacións da vida cotiá.

— Copia este esquema sobre os diferentes tipos de comunicación e indica, coa súa letra, a que tipo corresponden as situacións anteriores.

A comunicación

Existen diferentes tipos de comunicación humana. Pode ser verbal (con palabras) ou non-verbal (sen palabras). A comunicación verbal pode ser oral ou escrita, e é exclusiva do ser humano. A comunica-ción non-verbal pode ser xestual, táctil, visual, sonora...

Tipo de comunicación

Oral (falando). Situación: . . . . . . . . . .

Xestual (xestos, acenos). Situación: . . . . . . . . . .

Táctil (contacto físico). Situación: . . . . . . . . . .

Visual (imaxes, luces…). Situación: . . . . . . . . . .

Sonora (sons, ruídos…). Situación: . . . . . . . . . .

Escrita (por escrito). Situación: . . . . . . . . . .

Verbalcon palabras

sen palabrasNon-verbal

A

D

B

E

C

F

22

Page 10: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Actividades

Os elementos da comunicación — Repara neste acto de comunicación e fíxate nos elementos que interveñen nel.

1

26. Fai unha listaxe de situacións da vida cotiá en que se manifesten diferentes tipos de comunicación. Sigue este exemplo.

Situación: Ambulancia que fai soar a sire-na. ➝ Tipo de comunicación: Non-verbal / Sonora.

— En pequenos grupos, reunide e clasifi-cade todos os exemplos propostos.

27. Analiza as situacións comunicativas da páxina anterior e identifica os elementos da comunicación que interveñen en cada unha.

28. Agora, fai o mesmo coas seguintes situa-cións. Complétao con outras que coñezas ti.

• Un chifre nun partido de fútbol.• Unha moza vestida de branco con flores.• Unha luz amarela intermitente nunha esqui-

na do coche.• Un coche con luces azuis intermitentes e

facendo soar a sirena.

29. Explica a mensaxe que expresan estes de-buxos e di onde se poden atopar.

30. Tendo en conta o código empregado nesta mensaxe, descifra a de abaixo.

E u a p r e n d e r e i e s t e c ó d i g o s e c r e t o

w n ` I Í < I i s ® 6 © < i Ü © s 6 I ® ©

n s i ` © < I i s I w Í Ü I n Í < s ` i n

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

— Por parellas, creade e interpretade outras mensaxes a partir do código anterior.

31. Le esta noticia e mira esta viñeta. Segundo o que viches, ti dirías que hai comunica-ción ou non?

En todo acto de comunicación interveñen diferentes elementos básicos: o emisor, a mensaxe, o receptor, a canle e o código. No caso da comunicación verbal é fundamental, para que haxa comunicación, que o emisor e o receptor coñezan o código que utilizan.

Situación A

Emisor. . . . . . . . .

Mensaxe. . . . . . . . . . .

Receptor. . . . . . . . . . .

Canle. . . . . . .

Código. . . . . . . .

http://goo.gl/VY350vhttp://goo.gl/YDhGrA

Emisor: a nena(Quen envía a mensaxe)

Mensaxe: «Quedamos ás seis»

(O que se comunica)

Canle: fío telefónico(medio material que leva a mensaxe

ata o receptor)

Código: lingua galega(Conxunto de signos e regras usados

para crear a mensaxe)

Receptor: a súa amiga(Quen recibe a mensaxe)

Quedamos ás seis?

Vale, vémonos ás seis.

23

Page 11: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Lingua e sociedadeComo acabamos de ver, a comunicación verbal é fundamental e exclusiva do ser humano. E para que haxa comunicación, o emisor e o receptor deben coñecer o código que utilizan. A lingua é o código utilizado polos seres humanos para a comunicación verbal. No mundo hai moita variedade de linguas.

— Observa.

— Identifica que linguas se falan na viñeta anterior. Di en que países se fala cada unha delas.

Como ves, a lingua é un instrumento importantísimo para comunicar o noso pensamento, os nosos sentimentos ou emocións. Por iso é importante que a coñezamos, a respectemos e a empreguemos. Ademais, todas as linguas son importantes porque forman parte da riqueza cultural que nos rodea. A diversidade lingüística é un ben que debemos valorar e defender.

Na Península Ibérica fálanse o castelán, o catalán, o éuscaro, o galego e o portugués.

— Observa estes grupos de palabras que teñen o mesmo significado.

fonte - font - fuente - fonte - iturri luna- lúa - lluna - llargi - lua

asko - moito - molt - mucho - muito zaldi - cabalo - caballo - cavall - cavalo

— Clasifícaas segundo a lingua á que pertenzan.

Galego Castelán Portugués Éuscaro Catalán

fonte . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

— Investiga en que zonas do mundo se fala cada unha das linguas anteriores.

A diversidade lingüística

Quant en vas pagar?

Gorroto ditut hegazkinak

¿Tienes un avión? ¡¡Qué macarra!!

Wo ist meine koffer You lost it

or they stole it to you?

Pardon, la porte 54?

En que porta teño o avión?

24

Page 12: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

Actividades1

32. Igual que en España se falan varias linguas, hai outros países do mundo nos que pasa o mesmo. Descubre cantas linguas se falan nestes países, e di as tres que máis falan-tes teñen en cada país:

• Estados Unidos • Francia

• Arxentina • Suíza

• Marrocos • Reino Unido

33. E tamén hai tres países no mundo que son monolingües. Investiga cales son.

34. Observa este cartel.

35. A diversidade lingüística, ás veces, trae consigo a mestura de idiomas. Observa:

— En que idiomas está o texto da viñeta?

— Que quere dicir a señora?

— No teu día a día usas ou escoitas palabras doutros idiomas mesturadas coas nosas?

— Algunhas palabras, como sándwich, xa están aceptadas no noso idioma. Coñe-ces máis?

36. Imaxina que aceptas un traballo moi bo en Toronto, Canadá.

— Que lingua ou linguas deberías coñecer?

— Que deberías facer para coñecelas?

— Busca información sobre Toronto e elabo-ra un plan de traslado. Procura ordenar os pasos que debes dar: aloxamento, viaxe, a equipaxe, desprazamentos, permisos...

37. Coñeces o programa da TVG, Galegos no mundo? Podes velo na web:

• En que lugares estiveron?

• Asocia cada lugar co seu país.

38. Na lectura desta unidade, Sonia e a súa irmá intentan entenderse cun turista alemán.

— Ti cres que en verdade o alemán entende o que lle di a irmá de Sonia?

— Por que non se entenden?

— Con todo acaban xogando un partido ma-lia non se entender entre eles. Como cres que o conseguen?

— Ti como fas para te entender con alguén que non fala o teu idioma?

— É importante falar outros idiomas?

http://www.galegosnomundo.es/

— Está escrito en ruso.

— Pescuda en que países se fala este idioma.

Mira ao teu redor, na rúa, na escola, na casa, no cine…, a ver se ves estranxeiros falando galego.

• Sabías que hai unha gramática do galego en xa-ponés? Investiga quen a elaborou

• As persoas que ensinan a lingua e literatura do seu país en centros de ensinanza estranxeiros chámanse lectores, e o seu posto é un lectorado. Investiga:— Cantos lectorados de galego hai no mundo.— En que países hai lectorados.

Unha volta polo mundo

25

Page 13: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN : a descrición

39 O conserxe do colexio está enfermo e hai que contratar outro. Hai dous candidatos.

— Ordena os fragmentos e completa as des-cricións.

— Cal é Antón Regos? Como o soubeches? Cal deles contratarías ti? E por que non o outro?

40 Estás encargado de elixir un pallaso para a festa de aniversario do teu curmán peque-no. Describe como será o teu pallaso.

41 Acabas de ver o ladrón que roubou na xoia-ría de xunto á escola e tes que llo describir á policía.

— Por parellas, un de vós describirá o ladrón e o outro fará un retrato robot. Podedes usar o programa que hai nesta páxina web:

Fíxate ben nos seguintes personaxe e adiviña quen é Sonia, quen é o ale-mán e quen é a irmá de Sonia. Como o soubeches?

Antón Regos ten 55 anos. Está no paro e traballou como conser-xe no museo da vila.

Home novo de cabe-lo liso medio longo. É alegre e sociable. Non ten experiencia como conserxe.

Xosé Fraga ten 35 anos. Antes traballou como repartidor e garda do parque.

Ten o cabelo negro e crecho, bigote mesto pero xa canea. É serio e recto, moi responsable e pouco falador.

• Cara: alongada, redonda, doce, cadrada, dura, triste...

• Ollos: vivos, tristes, claros, escuros, verdes, azuis...• Nariz: longo, picudo, ancho, grande, chato, torto...• Boca: fina, ancha, grande, pequena, torta...

• Carácter: amable, nervioso, tranquilo, curioso, ca-riñoso, esperto, sociable, falador, maleducado...

• Expresións: ser alto coma un piñeiro, ser forte coma un carballo, ter cara de vinagre, ter mal xe-nio, ser un anaco de pan, pillalas polo aire, ser listo coma un allo, ser un roñón, estar nas verzas...

Vocabulario

http://flashface.ctapt.de/index.php

• Primeiro, ordenar as ideas.• Deseguido, establecer unha orde para facer a descrición: aspecto físico, vestimenta, carácter...• Ao rematar, repasar o texto e corrixir todo o que estea mal.

Asp

ecto

físi

co

Aspe

cto

mor

al

A descrición dunha persoa é a explica-ción detallada das súas características físicas e de personalidade, se é posible. Podemos usar adxectivos, comparacións, frases feitas etc., pero sen abusar, por-que parecería que temos un vocabulario pobre e repetitivo.

— Describide, entre todos, os personaxes anteriores. Tede en conta:

26

Page 14: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

1AVALIACIÓN 1 1 Inventa a conversa que manterían estas

dúas persoas que acaban de coñecerse.

2 Describe o personaxe da ilustración ante-rior que prefiras.

• Lembra ordenar primeiro as túas ideas, facer a descrición por orde tendo en con-ta o aspecto físico, os xestos, a roupa etc.

• Por último, repasa o texto e corrixe os erros.

3 Relaciona cada palabra da esquerda co seu sinónimo da dereita.

Palabra Sinónimobaduar xoldaboneca gabardialogar esbardallaresmorga monecarapaz conversareloxiar mozo

4 Clasifica estes actos segundo o tipo de co-municación ao que corresponden.

5 Indica se as palabras destacadas nestas oracións son agudas, graves ou esdrúxulas.

• A última xogada non é válida.

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

• O rapaz é alemán e non fala galego.

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

• A irmá tradúcelle todo.

. . . . . . . . . . . .

— Agora explica por que son agudas, graves ou esdrúxulas as palabras anteriores.

RutinaMOVE O PENSAMENTO

Vexo, penso, pregúntomeObserva atenta-mente a fotografía e escribe nun papel o que ves, o que pensas e o que te preguntas sobre a imaxe.Entre todos face-de unha posta en común…

Comunicación verbal

Oral . . . . . . . . . . . . . . .

Escrita . . . . . . . . . . . . . . .Comunicación non-verbal

Xestual . . . . . . . . . . . . . . .

Táctil . . . . . . . . . . . . . . .

Visual . . . . . . . . . . . . . . .

Sonora . . . . . . . . . . . . . . .

27

Page 15: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

PARA ACABARPON EN PRÁCTICA Solucións doadas a problemas complexos Com

petencias

— Le atentamente o texto e responde no teu caderno:

• Saberías dicir se a revista está en for-mato dixital ou en papel? Por que o sabes? Que elementos dirías que dife-rencian un formato do outro? Poñede as vosas respostas en común.

• Concretamente, a folla corresponde a unha sección. A cal? Como se chama?

• En que apartados se estrutura esta sec-ción? Cantas persoas aparecen men-

cionadas? Cales son os protagonistas? De que falan?

• Cal é o problema de Eva? Entendes a súa preocupación ou paréceche esaxe-rada?

• Que consello lle dá o especialista? Pa-réceche axeitado? Ti cal lle darías?

• No texto hai unha persoa que se pre-senta, cal? Como e por que o fai? Pola contra, hai outra que non, por que cres que é?

Problemas para relacionarseSolucións doadas a problemas complexos

1 Chegas á casa e teu pai está lendo unha revista.

Nai desesperada

Ola!Chámome Eva e teño corenta e catro anos. Estou casada e teño dous fillos: Braulio e Marcos. Braulio é o maior, ten trece anos e Marcos, o pequeno, ten sete. Desde sempre os dous tive-ron moi boa relación, tanto entre eles coma con nós. O pequeno ten moi bos resultados escolares, diso non nos podemos queixar, todo o contrario. Pero desde hai uns meses estamos moi preocu-pados porque cambiou a súa actitude na súa forma de relacionarse coas súas amizades: non quere ir á casa de ningún amigo xogar, nin ás excur-sións do colexio, nin aos campamen-tos de verán, nin sequera celebrar o seu aniversario cos rapaces da súa clase nin cos seus amigos. Ademais, no parque acaba sempre xogando cos bebés.Intentámolo todo pero xa non sabe-mos que máis facer. Ademais, non sei con quen falar disto porque non sei se me entenderán, así que su-frímolo o meu marido e mais eu en silencio, facendo como se nada dis-

to estivera acontecendo. Por darche algún dato máis, tanto o meu home coma min traballamos, pero iso nun-ca nos impide conciliar o traballo coa nosa familia, xa que temos unha boa flexibilidade horaria. Con nós e co seu irmán a relación é a mesma. Estamos moi preocupados, que podemos fa-cer?Graciñas por adiantado.

Un saúdo.

Consello do especialistaOla Eva,Lamento profundamente que o es-teades pasando mal, pero destes un paso moi importante ao poñervos en contacto con nós e expresar os vo-sos sentimentos e medos en voz alta. Sempre é moi importante compartir todo o que nos produce dor, angustia ou, como ti ben dis, preocupación.Nestas últimas décadas mostrouse un grande interese por parte da cien-cia por coñecer ou tratar de entender os sentimentos, as relacións sociais, a empatía... Isto ten que ver coa acepta-ción no grupo de iguais; isto é, a rela-ción coas persoas da mesma idade.

Probablemente, de aí vén o cambio de comportamento de Marcos. É moi significativo que o teu fillo deixase de xogar cos rapaces da súa idade e que si que o faga con nenos máis pe-quenos ca el. Con isto demostra una forte empatía cos máis pequenos, cun instinto de protección cara a eles, pero tamén cara a si mesmo, pois sabe que os máis pequenos non poden fa-cerlle dano.Falar con el sobre como se sente, so-bre por que xa non xoga cos nenos da súa idade e evita o contacto con eles, sen exercer presión sobre el ou xulgalo pode ser un bo comezo. Xa que algo debeu influír para que cam-biara os seus hábitos.

Desta maneira, sabendo o que lle pasa, poderedes traballar, quizais coa axuda dun profesional, os posi-bles medos que poida ter. Reforzar a súa estima e traballar o desenvolve-mento da empatía e das redes sociais en idades tan pequenas ten efectos moi positivos na vida futura das per-soas.

Espero que isto vos axude.Saúdos.

28

Page 16: Comunicámonos - edebe.es · e profesora universitaria de guións. Publicou obras para todos os públicos e recibiu nu-merosos premios. ... Unha palabra pronúnciase mediante un ou

EMPRENDEImaxina que tes un problema cun compañeiro da clase e non sabes como solucionalo.

— Que fas para resolvelo?

Avaliación

REFLEXIONA— Que aprendiches sobre os problemas?

— No caso de que tiveses un, que estratexias adquiriches para resolvelo?

— Cres que a partir de agora se tes algunha preocupación compartirala con alguén? Por que?

Diario da aprendizaxe

2 Escolle a palabra que signifique o mesmo. Atención, pode haber máis dunha.

Falador: calado – falangueiro – optimista - zarapeloRiseiro: risoño – triste – serio - cumpridorTúzaro: sociable – inocente – cabezán - listoPrudente: trenco – precavido – axuizado - imprudente

— Cada serie agocha un antónimo. Sabe-rías dicir cal é?

— Fai un texto no que inclúas dous sinóni-mos e dous antónimos.

3 A partir do texto do principio, completa o cadro con dez exemplos máis.

Agudas Graves EsdrúxulasChámome XEva XEstou X

— Rodea a sílaba tónica de cada unha.

4 Identifica os elementos de comunicación que interveñen no texto que escribiu Eva.

— Fai o mesmo co texto do especialista.

— A que tipo de comunicación responden: verbal ou non-verbal? Por que?

5 Deseguido tes varias formas de despe-dirte dalguén. Relaciónaas coa lingua na que están escritas.

Bonne nuit Portugués

Gute Nacht Francés

Boas noites Catalán

Good night Galego

Bona nit Alemán

Boa noite Inglés

mensaxe

canle

receptoremisor

código

29