Concello a baña animador cultural,oct14

3
BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958 VIERNES, 3 DE OCTUBRE DE 2014 | BOP NÚMERO 189 Página 1 / 3 Número de anuncio 2014/10264 ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL A BAÑA Bases contratación persoal DECRETO Dado que é necesaria a contratación dunha persoa con carácter de interinidade para cubrir o cadro de persoal do servizo subvencionado pola Deputación provincial da Coruña da figura da ANIMADORA CULTURAL, en substitución de Dona Marta Mª Cambeiro Pérez, en situación de baixa médica, esta Alcaldía RESOLVE: Convocar a praza de ANIMADORA CULTURAL e aprobar as bases que rexerán este proceso, que son as reguladas no DECRETO 223/07 do 18 de decembro de 2007 que rexiron o proceso da selección da animadora cultural correspondente ao ano 2007, que regularon o proceso da persoa titular da praza. AS CITADAS BASES QUEDAN MODIFICADAS NOS SEGUIN- TES APARTADO: - Sexta.- Duración.- A duración do contrato será de un ano desde a súa formalización. No referente á duración con- tractual, será mentras a traballadora titular non se incorpore ao seu posto de traballo. O contrato será de interinidade por baixa médica da persoa titular da praza. - Oitava.- Presentación de solicitudes. Queda exceptuado o pago de taxas. - Décima.- Tribunal cualificador. En canto ao tribunal cualificador, a designación do representante da Excma. Deputa- ción da Coruña, no seu día quedou exceptuada segundo Resolución da Presidencia nº 22.663 de data do 21 de decembro de 2007, pola que se renuncia á designación dun representante no órgano de selección de animadores culturais e de animadores deportivos. O resto dos membros do tribunal queda como segue: - Presidenta: A axente de desenvolvemento local, Mª Dolores Landeira Liñares ou quén legalmente a substitúa. - Vogais: A traballadora social, Ana Ares Quintáns ou quén legalmente a subsititúa. - Secretaria: a do Concello, ou funcionario/a no/a que delegue. DECRETO 223/07 Esta Alcaldía, por medio de Resolución do día 18 de decembro de 2007, aprobou as bases que a continuación se transcriben para a contratación laboral de: un/unha animador/a cultural. Primeira.- Obxecto da convocatoria.- O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral de duración determinada dun/dunha animador/a cultural coa función de desenvolver os programas de apoio á cultura no Concello da Baña en cola- boración co programa da Excma. Deputación Provincial. Segunda.- Modalidade de contratación.- Contrato laboral de 20 horas semanais. Terceira.- Publicidade.- A publicidade da convocatoria realizarase mediante a publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello. Cuarta.- Sistema de provisión.- Concurso de méritos. Quinta.- Xornada laboral.- Será de 20 horas semanais. Sexta.- Duración.- A duración do contrato será de un ano desde a súa formalización. Sétima.- Requisitos dos/as aspirantes.- A) Ser de nacionalidade española ou cidadán/á dun estado da Unión Europea. B) Ter cumpridos 18 anos de idade. C) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes. D) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de Estado, Comunidade Autónoma ou Adminis- tración Local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

description

Convocatoria Plaza Animador Cultural Concello A Baña

Transcript of Concello a baña animador cultural,oct14

Page 1: Concello a baña animador cultural,oct14

BOPBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958

VIERNES, 3 DE OCTUBRE DE 2014 | BOP NÚMERO 189

Página 1 / 3

Núm

ero

de a

nunc

io 2

014/

1026

4

AdministrAción LocALmunicipALA BAñA

Bases contratación persoal

DECRETO

Dado que é necesaria a contratación dunha persoa con carácter de interinidade para cubrir o cadro de persoal do servizo subvencionado pola Deputación provincial da Coruña da figura da ANIMADORA CULTURAL, en substitución de Dona Marta Mª Cambeiro Pérez, en situación de baixa médica, esta Alcaldía

RESOLVE:

Convocar a praza de ANIMADORA CULTURAL e aprobar as bases que rexerán este proceso, que son as reguladas no DECRETO 223/07 do 18 de decembro de 2007 que rexiron o proceso da selección da animadora cultural correspondente ao ano 2007, que regularon o proceso da persoa titular da praza. AS CITADAS BASES QUEDAN MODIFICADAS NOS SEGUIN-TES APARTADO:

- Sexta.- Duración.- A duración do contrato será de un ano desde a súa formalización. No referente á duración con-tractual, será mentras a traballadora titular non se incorpore ao seu posto de traballo. O contrato será de interinidade por baixa médica da persoa titular da praza.

- Oitava.- Presentación de solicitudes. Queda exceptuado o pago de taxas.

- Décima.- Tribunal cualificador. En canto ao tribunal cualificador, a designación do representante da Excma. Deputa-ción da Coruña, no seu día quedou exceptuada segundo Resolución da Presidencia nº 22.663 de data do 21 de decembro de 2007, pola que se renuncia á designación dun representante no órgano de selección de animadores culturais e de animadores deportivos. O resto dos membros do tribunal queda como segue:

- Presidenta: A axente de desenvolvemento local, Mª Dolores Landeira Liñares ou quén legalmente a substitúa.

- Vogais: A traballadora social, Ana Ares Quintáns ou quén legalmente a subsititúa.

- Secretaria: a do Concello, ou funcionario/a no/a que delegue.

DECRETO 223/07

Esta Alcaldía, por medio de Resolución do día 18 de decembro de 2007, aprobou as bases que a continuación se transcriben para a contratación laboral de: un/unha animador/a cultural.

Primeira.- Obxecto da convocatoria.- O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral de duración determinada dun/dunha animador/a cultural coa función de desenvolver os programas de apoio á cultura no Concello da Baña en cola-boración co programa da Excma. Deputación Provincial.

Segunda.- Modalidade de contratación.- Contrato laboral de 20 horas semanais.

Terceira.- Publicidade.- A publicidade da convocatoria realizarase mediante a publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello.

Cuarta.- Sistema de provisión.- Concurso de méritos.

Quinta.- Xornada laboral.- Será de 20 horas semanais.

Sexta.- Duración.- A duración do contrato será de un ano desde a súa formalización.

Sétima.- Requisitos dos/as aspirantes.-

A) Ser de nacionalidade española ou cidadán/á dun estado da Unión Europea.

B) Ter cumpridos 18 anos de idade.

C) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

D) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de Estado, Comunidade Autónoma ou Adminis-tración Local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

Page 2: Concello a baña animador cultural,oct14

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Viernes, 3 de octubre de 2014 • Número 189

Página 2 / 3

Núm

ero

de a

nunc

io 2

014/

1026

4

E) Estar en posesión do título de técnico/a en animación sociocultural, diplomado/a en educación social, maxisterio e/ou outras titulacións universitarias.

Todos os requisitos esixidos deberán terse no momento de finalizar o prazo das solicitudes.

Oitava.- Presentación de solicitudes.- As instancias para tomar parte no concurso presentaranse no rexistro xeral do Concello, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Os dereitos de participación neste proceso selectivo fíxanse na contía de 15 euros (quince euros).

As instancias deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

A) Fotocopia do D.N.I.

B) Fotocopia compulsada da titulación esixida.

C) Fotocopia compulsada de documentos xustificativos dos méritos.

D) Resgardo de ter abonado as taxas de participación no proceso.

Novena.- Lista de admitidos/as.- Rematado o prazo de presentación de instancias aprobarase a lista provisional de admitidos/as, que se fará pública no taboleiro de edictos do Concello, concedéndose un prazo de tres días naturais para a presentación de reclamacións. Se non as houbese, a lista elevarase automaticamente a definitiva.

Décima.- Tribunal cualificador.- Estará composto polos seguintes membros:

- Presidente: A secretaria do Concello ou quen legalmente a substitúa.

- Vogais:

* Un/ha representante da Deputación Provincial.

* A traballadora social, Susana Pazo Meijide ou quen legalmente a substitúa.

* A axente de desenvolvemento local, Mª Dolores Landeira Liñares ou quén legalmente a substitúa.

- Secretario: José Ramón Rodríguez Longueira ou quén legalmente o substitúa.

Décimo primeira.- Baremo para a avaliación de méritos: o baremo do Tribunal para a avaliación é o seguinte:

1) Outras titulacións relacionadas co traballo a desenvolver, distintas das achegadas como requisito para participar na convocatoria.

- Licenciatura: 2 puntos.

- Diplomatura: 1 punto.

2) Cursos, seminarios e xornadas relacionados coa actividade, a puntuación non poderá superar os tres puntos.

- Cursos de máis de 100 horas: 0,50 puntos.

- Cursos de 50 horas a 99 horas: 0,25 puntos.

- Cursos de 15 horas a 49 horas: 0,01 puntos.

3) Curso de galego: só se computará o de nivel máis alto.

- Perfeccionamento: 2 puntos.

- Iniciación: 1 puntos.

4) Coñecementos de informática: computarase ata un máximo de dous puntos.

5) A experiencia laboral computarase ata un máximo de cinco puntos:

- Traballos prestados á Administración:

-Por cada ano completo en posto de traballo como animador cultural: 1 punto.

-Por mes en posto de traballo como animador cultural: 0,08 puntos.

- Traballos prestados en empresas privadas:

-Por cada ano completo en postos de traballo: 0,75 puntos.

-Por cada mes traballado: 0,06 puntos.

6) Entrevista persoal.- Puntuarase ata un máximo de 5 puntos, e versará sobre as materias do traballo a desenvolver.

Page 3: Concello a baña animador cultural,oct14

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Viernes, 3 de octubre de 2014 • Número 189

Página 3 / 3

Núm

ero

de a

nunc

io 2

014/

1026

4

Décimo segunda.- Acreditación de méritos.- Os méritos comprendidos no apartado un da base anterior acreditaranse mediante copia compulsada do título correspondente.

Os méritos dos apartados 2 e 3 acreditaranse con certificado expedido polo órgano correspondente.

O mérito do apartado 5 acreditarase mediante copia compulsada dos correspondentes contratos ou nóminas percibidas.

Décimo terceira.- Rematada a selección o Tribunal publicará no taboleiro o nome do/a participante seleccionado/a coa súa puntuación.

O/A aspirante seleccionado/a deberá xustificar documentalmente antes da súa contratación os requisitos sinalados na base sétima, mediante a presentación de:

A) Certificado médico.

B) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo da administración estatal, autonómica ou local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

A contratación do/a aspirante seleccionado/a correspóndelle ó Sr. alcalde.

En todo o non previsto nas presentes bases estarase ao disposto na lexislación laboral e lexislación sectorial comple-mentaria que resulte de aplicación.

A Baña, 18 de decembro de 2007.

Dado na Baña, o 12 de setembro de 2014.

O ALCALDE,

Asdo.: José Andrés García Cardeso.

2014/10264