Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde - Viaxes … · 2015. 7. 17. · para certos...

115
Viaxes internacionais e saúde

Transcript of Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde - Viaxes … · 2015. 7. 17. · para certos...

  • Viaxes internacionais e saúde

  • 1 Introdución

    Publicado pola Organización Mundial da Saúde en 2006, co título:

    “International Travel and Health Situation as on 1 January 2006” © Organización Mundial da Saúde. 2006

    Introdución

    Un elevado e cada vez maior número de persoas realiza viaxes internacionais, xa sexa por motivos profesionais, sociais, de ocio ou con fins humanitarios. Un gran número de persoas percorre distancias máis longas e a unha maior velocidade, esta tendencia ascendente parece que se vai manter. Como consecuencia, os viaxeiros expóñense a unha variedade de riscos sanitarios en ámbitos non familiares. Non obstante, moitos deses riscos poden minimizarse adoptando as precaucións adecuadas antes, durante e despois da viaxe, e é propósito deste libro ofrecer orientacións sobre as medidas que poden previr ou reducir as consecuencias adversas para a saúde do viaxeiro.

    O libro vai dirixido en primeiro lugar aos profesionais da saúde pública que dan consellos médicos aos viaxeiros, pero tamén ten como propósito ofrecer orientacións aos axentes e organizadores de viaxes, ás compañías aéreas e ás empresas de transportes. Na medida do posible, a información preséntase cun formato facilmente accesible para os viaxeiros interesados e para os lectores non sanitarios. Para os profesionais sanitarios, que teñen acceso a outras fontes de datos adicionais, preséntase a información esencial de forma tan concisa como foi posible.

    O obxectivo do libro é dar orientacións sobre todos os temas sanitarios significativos asociados coas viaxes. Recoñécese o papel da profesión médica, a industria das viaxes e os propios viaxeiros na prevención dos problemas sanitarios. As recomendacións tratan sobre os riscos sanitarios asociados cos diferentes tipos de viaxes e viaxeiros.

    Préstase unha grande atención ás viaxes en avión e aos riscos sanitarios asociados con elas, como reflexo da

    enorme expansión que experimentaron nos últimos tempos estas viaxes, especialmente os voos a longa distancia. Nesta edición o capítulo sobre as viaxes en avión foi revisado por un grupo de expertos para que sexa máis informativo. As viaxes de negocios aumentaron enormemente, e os viaxeiros frecuentes forman actualmente unha importante proporción do total. Un gran número de viaxeiros trasládase moito máis alá dos centros habituais de ocio e negocios, tanto por motivos profesionais como por pracer, e actualmente están aumentando os viaxeiros con idades avanzadas, presentando algúns deles problemas médicos previos. Tamén requiren unha atención especial os riscos e precaucións que concirnen especificamente a lactantes e nenos pequenos. Inclúese máis información sobre os factores ambientais que poden ter efectos adversos para a saúde e o benestar do viaxeiro. Descríbense individualmente as principais enfermidades infecciosas que representan riscos sanitarios potenciais para o viaxeiro, con indicación das correspondentes medidas preventivas. A distribución mundial das principais enfermidades infecciosas móstrase en forma de mapas e, sempre que é posible, substitúense os textos extensos por listas e táboas. Dedícase un capítulo á información sobre as enfermidades previbles con vacina e as correspondentes vacinas, con orientacións para a selección individualizada das vacinas que necesita cada viaxeiro. En cada capítulo indícanse outras fontes de información complementaria.

    A versión impresa publícase cada dous anos, pero a versión na internet (http://www.who.int/ith) permite realizar actualizacións durante o ano, e inclúe enlaces sinxelos con outras informacións como, por exemplo, noticias actualizadas sobre abrochos de enfermidades de importancia internacional.

    (http://www.who.int/ith)

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 2

    Capítulo 1

    Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais

    As persoas no seu medio habitual viven nun estado de equilibrio coas cepas de microorganismos locais, coa altitude e as condicións climáticas da rexión. Non obstante, este é un equilibrio inestable que se pode ver alterado mesmo no propio domicilio por factores como a chegada dun microorganismo estraño, cambios climáticos estacionais e situacións inusualmente estresantes. Os numerosos cambios físicos e ambientais que se encontran durante unha viaxe internacional poden alterar este equilibrio aínda moito máis: a repentina exposición a considerables cambios de altitude, humidade, flora microbiana e temperatura, exacerbada polo estrés e a fatiga, pode provocar trastornos de saúde e incapacitar para lograr o obxectivo da viaxe. Os riscos asociados coas viaxes internacionais están influídos polas características do viaxeiro (incluída a idade, o sexo e o estado de saúde), e polas características propias da viaxe (incluído o destino, o propósito e a duración).

    A planificación previa, unhas adecuadas medidas de prevención e a coidadosa adopción de precaucións poden reducir considerablemente o risco de consecuencias adversas para a saúde. Aínda que a profesión médica e a industria das viaxes poden ofrecer unha gran cantidade de axuda e consellos, é responsabilidade do viaxeiro pedir información, entender os riscos implicados, e tomar as necesarias precaucións para a viaxe.

    Riscos relacionados coas viaxes Os factores clave para determinar os riscos aos que se pode expoñer o viaxeiro son: ■ destino; ■ duración da visita; ■ propósito da visita; ■ tipo de aloxamento e hixiene dos alimentos; ■ conduta do viaxeiro.

    Os destinos onde a calidade do aloxamento, a hixiene, os saneamentos, a asistencia médica e a auga son dun alto nivel supoñen relativamente menos riscos graves para a saúde do viaxeiro, a menos que teña unha enfermidade preexistente. Así ocorre no caso dos viaxeiros por negocios e os turistas que visitan principalmente cidades importantes e centros turísticos e utilizan aloxamentos de boa calidade. Polo contrario, os destinos onde o aloxamento é de mala calidade, a hixiene e os saneamentos son inadecuados, non existen servizos médicos e non se dispón de auga limpa, poden supoñer riscos graves para a saúde dos viaxeiros. Isto é aplicable, por exemplo, ao persoal das axencias de axuda en emerxencias ou para o desenvolvemento, ou aos turistas que se aventuran en áreas remotas. Nestes lugares débense tomar estritas precaucións para evitar enfermar.

    A duración da visita, así como a conduta e o estilo de vida do viaxeiro, son factores importantes para determinar a probabilidade de exposición a moitos axentes infecciosos e influirá nas decisións sobre a necesidade de certas vacinacións ou de medicación antipalúdica. A duración tamén pode determinar se o viaxeiro vai estar sometido a marcados cambios de temperatura e humidade durante a visita, ou a unha exposición prolongada a contaminación atmosférica.

    O propósito da visita é fundamental no que respecta aos riscos sanitarios asociados. Unha viaxe de negocios a unha cidade, onde a visita transcorre nun hotel e/ou nun centro de conferencias de alto nivel, ou unha viaxe por ocio a un centro turístico ben organizado, comporta menos riscos que unha visita a zonas rurais remotas, xa sexa por traballo ou por pracer. Non obstante, a conduta tamén representa un papel importante; por exemplo, saír ao aire libre durante a noite nunha zona endémica ao paludismo sen

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 3

    tomar precaucións pode facer que o viaxeiro se infecte. A exposición a insectos, roedores ou outros animais, axentes infecciosos, auga e alimentos contaminados, combinada coa falta de centros médicos apropiados, fan que a viaxe en moitas rexións remotas sexa especialmente perigosa.

    Consulta médica antes da viaxe O viaxeiro que vai visitar un destino nun país en desenvolvemento, debe acudir a un centro especializado en medicina do viaxeiro ou consultar cun médico antes de emprender a viaxe. É preferible que esa consulta teña lugar 4-6 semanas antes da viaxe, especialmente se se necesitan vacinacións. Non obstante, os viaxeiros de última hora tamén se poden beneficiar dunha consulta médica, mesmo o día antes de partir. Nesta consulta determinarase se é necesaria algunha vacina e/ou medicación antipalúdica, así como calquera outra protección sanitaria que poida necesitar o viaxeiro. Prescribirase ou subministrarase unha caixa de urxencias médica básica cos elementos apropiados para as necesidades individuais.

    É recomendable realizar unha revisión dental antes de viaxar a países en desenvolvemento ou realizar unha viaxe prolongada a zonas remotas. Isto é especialmente importante no caso de persoas con problemas dentais crónicos ou recorrentes.

    Avaliación dos riscos sanitarios asociados coa viaxe

    Os asesores médicos basean as súas recomendacións, que inclúen as vacinacións e outro tipo de medicación, nunha avaliación individual do risco de cada viaxeiro, para a cal se debe ter en conta a probabilidade de contraer unha enfermidade e a gravidade que iso tería para ese viaxeiro. Elementos claves desta avaliación de riscos son o destino, a duración e a finalidade da viaxe, ademais das condicións do aloxamento e o estado de saúde do viaxeiro.

    Para cada enfermidade considerada, tamén se avalía: ■ a dispoñibilidade de profilaxe, os seus posibles efec

    tos secundarios e se é adecuada para o viaxeiro en concreto;

    ■ os riscos para a saúde pública asociados (por exemplo, o risco de infectar a outros).

    No momento de reunir a información necesaria para realizar a avaliación do risco, débeselle preguntar deta

    lladamente ao viaxeiro. É útil dispoñer dunha lista de comprobación ou protocolo que asegure a obtención e rexistro de toda a información relevante. Débeselle facilitar ao viaxeiro unha acreditación persoal das vacinas administradas (rexistro para o paciente), xa que as vacinas se poden administrar en diferentes centros. Ao final deste capítulo 1 móstrase un modelo de lista de comprobación para viaxeiros individuais.

    Caixa de urxencias médica e artigos de aseo Débese levar material sanitario suficiente para todas as necesidades previsibles durante o tempo que dure a viaxe.

    Cómpre dispoñer dunha caixa de urxencias médica naqueles destinos onde pode haber riscos significativos, especialmente en países en desenvolvemento e/ou onde non é segura a dispoñibilidade local de determinados medicamentos. Nesta caixa incluiranse medicamentos básicos para tratar as doenzas comúns, artigos para primeiros auxilios e calquera produto sanitario especial que poida necesitar o viaxeiro persoalmente.

    Algúns tipos de medicamentos con receita deben levarse xunto cun certificado asinado por un médico, declarando que o viaxeiro necesita eses fármacos para o seu tratamento persoal. Algúns países non só exixen que este certificado estea asinado por un médico, senón tamén pola Administración sanitaria nacional.

    Todos os medicamentos deben transportarse na equipaxe de man para evitar a súa perda durante a viaxe. Unha boa medida de precaución, en caso de perda ou roubo, é levar o material por duplicado na equipaxe facturada.

    Os artigos de aseo tamén se deben levar en cantidade suficiente para toda a viaxe, a menos que estea asegurada a súa dispoñibilidade no destino da viaxe. Entre eles incluiranse produtos para o coidado dental, coidado dos ollos, incluídas as lentes de contacto, coidado da pel e hixiene persoal.

    Contido dunha caixa de urxencias médicas básica

    Artigos para primeiros auxilios: ■ Esparadrapo adhesivo ■ Antiséptico para feridas ■ Vendas

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 4

    ■ Gotas oculares emolientes ■ Repelente de insectos ■ Tratamento para as picaduras de insectos ■ Desconxestionante nasal ■ Sales de rehidratación oral ■ Tesoiras e imperdibles ■ Analxésico simple (por exemplo, paracetamol) ■ Apósitos esterilizados ■ Termómetro clínico

    Artigos complementarios segundo o destino e as necesidades individuais: ■ Medicación contra a diarrea ■ Pos antifúnxicos ■ Medicación antipalúdica ■ Preservativos ■ Medicación para calquera enfermidade previa ■ Sedantes ■ Xiringas e agullas esterilizadas ■ Desinfectante da auga ■ Outros artigos para as necesidades previsibles,

    segundo o destino e a duración da viaxe

    Viaxeiros con problemas médicos preexistentes e necesidades especiais Os riscos sanitarios asociados coas viaxes son maiores para certos grupos de viaxeiros, incluídos bebés e nenos pequenos, mulleres embarazadas, vellos, discapacitados e persoas que teñen problemas médicos previos. Todos estes tipos de viaxeiros necesitan asesora-mento médico e precaucións especiais. Deben informarse ben sobre os servizos médicos dispoñibles no destino da viaxe.

    Idade

    Os bebés e os nenos pequenos teñen necesidades especiais no que se refire a vacinacións e precaucións contra o paludismo (véxanse os capítulos 5 e 6). Son especialmente sensibles á radiación ultravioleta e deshidrátanse máis facilmente que os adultos en caso dunha inxestión inadecuada de líquidos ou perda de fluídos a causa de diarrea. A deshidratación nunhas poucas horas pode abater un neno. As viaxes en avión poden provocar molestias aos bebés debido aos cambios de presión de aire na cabina e están contraindicados para neonatos menores de sete días. Os bebés e os nenos pequenos son máis sensibles aos cambios repen

    tinos de altitude. Tamén son máis susceptibles a moitas enfermidades infecciosas.

    A idade avanzada non é necesariamente unha contraindicación para a viaxe se o estado xeral de saúde é bo. As persoas vellas deben pedir consello médico antes de planificar unha viaxe de longa distancia.

    Embarazo

    En xeral viaxar non está contraindicado durante o embarazo, mentres que non estea próxima a data prevista do parto, sempre que se trate dun embarazo sen complicacións e a saúde da nai sexa boa. As aeroliñas impoñen algunhas restricións ás viaxes ao final do embarazo e durante o período neonatal (véxase o capítulo 2).

    Hai algunhas restricións sobre vacinación durante o embarazo, o capítulo 6 ofrece información específica.

    As mulleres embarazadas teñen risco de complicacións graves se contraen paludismo. Deben evitar viaxar a áreas endémicas de paludismo durante o embarazo sempre que sexa posible. No capítulo 7 facilítanse as recomendacións específicas sobre o uso de medicamentos antipalúdicos durante o embarazo.

    Durante o embarazo calquera tipo de medicación só se debe tomar de acordo co consello médico.

    Non é recomendable realizar viaxes a grandes altitudes (véxase tamén o capítulo 3) ou a zonas remotas durante o embarazo.

    Discapacidades

    As discapacidades físicas normalmente non constitúen unha contraindicación para viaxar se o estado xeral de saúde é bo. As compañías aéreas teñen reguladas as condicións de viaxe dos pasaxeiros discapacitados que necesitan ir acompañados (véxase o capítulo 2). Débese obter información da aeroliña con antelación.

    Enfermidades preexistentes

    As persoas afectadas por enfermidades crónicas deben pedir consello médico antes de organizar unha viaxe. Entre as doenzas que incrementan os riscos sanitarios durante a viaxe inclúense as seguintes:

    ■ Enfermidades cardiovasculares

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 5

    ■ Hepatite crónica ■ Enfermidades intestinais inflamatorias crónicas ■ Enfermidade renal crónica que require diálise ■ Enfermidades respiratorias crónicas ■ Diabetes mellitus ■ Inmunosupresión debida a medicación ou a infección

    por VIH ■ Enfermidade tromboembólica previa ■ Anemia severa ■ Trastornos mentais graves ■ Calquera doenza crónica que requira intervención

    médica frecuente

    Un viaxeiro afectado por unha enfermidade persistente debe levar consigo na súa equipaxe de man a medicación necesaria para todo o tempo que dure a viaxe, e levará sempre consigo o nome e os datos de contacto do seu médico xunto cos outros documentos de viaxe, e información sobre a súa situación médica e tratamento, ademais dos detalles sobre a medicación (incluídos os nomes xenéricos dos medicamentos) e as doses prescritas. Tamén é necesario un informe do médico certificando a necesidade dos medicamentos ou outro material sanitario (por exemplo, xiringas) que poida ser cuestionado polos oficiais de alfándegas.

    Seguros de viaxe Os viaxeiros internacionais deben ser conscientes de que no estranxeiro frecuentemente só se dispón de asistencia médica en centros médicos privados e que esta pode ser moi custosa. En lugares onde a asistencia médica de boa calidade non é accesible, o viaxeiro pode necesitar ser repatriado en caso de accidente ou enfermidade. Se se produce a morte no estranxeiro, a repatriación do cadáver pode ser extremadamente cara e difícil de organizar. Débeselles recomendar aos viaxeiros: 1) pedir información sobre os posibles convenios recíprocos en materia de asistencia sanitaria entre o país de residencia e o país de destino, e 2) contratar un seguro médico especial naqueles destinos onde os riscos sanitarios son importantes e a asistencia médica é cara ou non é facilmente alcanzable. Ese seguro sanitario debe incluír cobertura para cambios de itinerario, repatriación urxente por razóns sanitarias, hospitalización, asistencia médica en caso de enfermidade ou accidente, e repatriación do cadáver en caso de morte.

    Normalmente os axentes ou organizadores de viaxes informan sobre os seguros médicos para viaxeiros. Debe

    advertirse que actualmente algúns países exixen proba de que se dispón dun seguro médico adecuado como condición para a entrada. Os viaxeiros deben coñecer os procedementos que deben seguir para obter a asistencia e os reembolsos. Débese levar na equipaxe de man unha copia do certificado do seguro e os datos de contacto xunto cos demais documentos da viaxe.

    Papel dos profesionais da industria das viaxes Os operadores turísticos, axencias de viaxes, aeroliñas e empresas de transportes teñen unha importante responsabilidade á hora de salvagardar a saúde dos viaxeiros. A industria das viaxes debe ser a primeira interesada en que os viaxeiros teñan os menores problemas posibles durante o traxecto e a visita a un país estranxeiro. O contacto co viaxeiro antes da viaxe ofrece unha oportunidade única para informalo e asesoralo sobre a situación en cada un dos países que vai visitar. As axencias de viaxes ou os operadores turísticos deben dar a seguinte información sanitaria aos viaxeiros:

    ■ Recomendarlle ao viaxeiro que acuda a un centro especializado en medicina do viaxeiro tan pronto como sexa posible despois de planificar unha viaxe a calquera destino onde se poden prever importantes riscos sanitarios, especialmente en países en desenvolvemento, preferiblemente 4-6 semanas antes da partida

    ■ Recomendarlles aos viaxeiros de último minuto que acudan a un centro especializado en medicina do viaxeiro mesmo ata o día antes da partida

    ■ Asesorar o viaxeiro se o destino presenta riscos especiais para a saúde e a seguridade persoal, e suxerir as precaucións adecuadas

    ■ Recomendarlle encarecidamente ao viaxeiro que contrate un seguro médico e informalo sobre as pólizas dispoñibles

    ■ Informar o viaxeiro sobre os procedementos para obter asistencia e reembolsos, especialmente se a póliza do seguro é xestionada pola axencia ou compañía de viaxes

    Facilitar información sobre:

    ■ os requisitos obrigatorios de vacinación contra a febre

    amarela ■ a necesidade de precaucións contra o paludismo no

    destino da viaxe ■ a existencia doutros importantes riscos sanitarios no

    destino da viaxe

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 6

    ■ a existencia ou a falta de centros médicos de boa calidade no destino da viaxe

    Responsabilidade do viaxeiro Os viaxeiros poden obter unha gran cantidade de información e consellos dos profesionais sanitarios e da industria das viaxes, para axudalos a previr problemas sanitarios mentres se encontran no estranxeiro. Non obstante, o viaxeiro debe aceptar que é responsable da súa saúde e benestar durante a viaxe e ao seu regreso. A seguir detállanse as principais responsabilidades que debe asumir o viaxeiro:

    ■ a decisión da viaxe ■ recoñecer e aceptar os riscos implicados ■ buscar consello médico con tempo suficiente, preferi

    blemente 4-6 semanas antes da viaxe ■ cumprir as vacinacións recomendadas e as prescri

    cións sobre outras medicacións e medidas sanitarias ■ realizar unha coidadosa planificación antes da partida ■ levar consigo unha caixa de urxencias médica coñe

    cendo o seu manexo ■ contratar un seguro coa cobertura adecuada ■ adoptar precaucións antes, durante e despois da viaxe ■ conseguir un informe do médico sobre os medicamen

    tos con receita, xiringas, etc., que vai levar consigo ■ facerse responsable da saúde e o benestar dos nenos

    que o acompañan ■ adoptar precaucións para evitar transmitir calquera

    enfermidade infecciosa a outras persoas durante e despois da viaxe

    ■ informar detalladamente sobre calquera enfermidade ao regreso, incluída a información sobre todas as viaxes recentes

    ■ mostrar respecto polo país anfitrión e pola súa poboación

    Ao final deste capítulo 1 inclúese un modelo de lista de comprobación que pode usar o viaxeiro, onde se indican as medidas que debe tomar antes da viaxe.

    Exame médico despois da viaxe Débeselle recomendar ao viaxeiro someterse a un exame médico ao seu regreso se:

    ■ padece unha enfermidade crónica, como enfermidades cardiovasculares, diabetes mellitus, enfermidade respiratoria crónica, etc.

    ■ experimenta unha enfermidade nas semanas seguintes ao regreso, especialmente se presenta febre, diarrea persistente, vómitos, ictericia, trastornos urinarios, enfermidade cutánea ou infección xenital

    ■ considera que estivo exposto a unha enfermidade infecciosa grave durante a viaxe

    ■ pasou máis de tres meses nun país en desenvolvemento

    O viaxeiro debe informar ao persoal sanitario sobre a súa recente viaxe, incluído o destino, o obxectivo e a duración da visita. Os viaxeiros frecuentes deben informar sobre todas as viaxes que realizasen nas semanas e meses anteriores.

    Nota. A febre despois de regresar dunha zona endémica de paludismo supón unha emerxencia e os viaxeiros afectados deben buscar atención médica inmediatamente.

    Lectura adicional � Dupont HL, Steffen R, eds. Textbook of tavel

    medicine and health. London, BC Decker, 1997.

    � Zuckerman JN, ed. Principles and practice of travel medicine. Chichester, John Wiley&Sons, 2001.

    Modelo de lista de comprobación para o viaxeiro Obter información sobre as condicións locais

    Dependendo do destino

    ■ Riscos relativos á zona (urbana ou rural) ■ Tipo de aloxamento (hotel, cámping) ■ Duración da estadía ■ Altitude ■ Problemas de seguridade (por exemplo, conflitos) ■ Dispoñibilidade de centros médicos

    Prevención

    Vacinación. Contactar co centro especializado en medicina do viaxeiro máis próximo ou cun médico tan pronto como sexa posible, preferiblemente 4-6 semanas antes da partida.

    Paludismo. Solicitar información sobre o risco de paludismo, a prevención das picaduras de mosquito e a

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 7

    posible necesidade de quimioprofilaxe e tratamento de reserva apropiado, así como prever un mosquiteiro para a cama e repelente de insectos.

    Hixiene dos alimentos. Comer só alimentos completamente cociñados e beber só bebidas frías embotelladas ou empaquetadas ben seladas. Ferver a auga de bebida se a seguridade é dubidosa. Se non é posible fervela, pódese usar un filtro aprobado en bo estado e/ou un axente desinfectante.

    Enfermidades locais específicas. Por favor, consulte as seccións correspondentes deste libro.

    Accidentes relacionados

    ■ Co tráfico (obter antes da partida unha tarxeta onde se mostre o grupo sanguíneo)

    ■ Cos animais (ter coidado con serpes e cans rabiosos) ■ Coas alerxias (usar un brazalete de alerta médica) ■ Co sol (levar lentes de sol e crema solar)

    Facer as seguintes comprobacións

    ■ Médica: obter receitas para a medicación de acordo coa duración da estadía, e pedir consello ao seu médico sobre o que debe conter unha caixa de urxencias médica apropiada

    ■ Dental ■ Oftalmolóxica: levar lentes de reposto ■ Outras segundo as necesidades específicas (por

    exemplo, embarazo, diabetes)

    Subscribir un seguro médico con cobertura apropiada no estranxeiro, por exemplo, de accidentes, enfermidade, repatriación médica.

  • Riscos sanitarios e precaucións: consideracións xerais 8

    Cuestionario previo á partida

    Apelidos: Nome:

    Data de nacemento: País de orixe:

    Motivo da viaxe: Privado Profesional

    Actividades especiais: Aloxamento: p.ex. cámping, vivac

    Deportes: p.ex. submarinismo, caza, trekking a grande altitude

    Data de partida e duración da estadía:

    Lugares que se van visitar:

    País Cidade Zona rural Datas

    Si Non Desde ata

    Si Non Desde ata

    Si Non Desde ata

    Si Non Desde ata

    Historia clínica:

    Rexistro de vacinacións:

    Estado de saúde actual:

    Enfermidades crónicas:

    Tratamentos médicos recentes ou actuais:

    Historia de ictericia ou hepatite:

    Alerxias (p.ex.: ovos, antibióticos, sulfamidas, etc.):

    Para a muller: Actualmente embarazada Probable embarazo nos tres meses próximos Actualmente en período de lactación

    Historia de ansiedade ou depresión: En caso afirmativo, tratamento prescrito (especificar)

    Trastornos neurolóxicos (p.ex.: epilepsia, esclerose múltiple, etc.):

    Enfermidades cardiovasculares (p.ex.: trombose, uso de marcapasos, etc.):

  • 9 Viaxes en avión: consideracións sanitarias

    Capítulo 2

    Este capítulo foi preparado en colaboración coa Organización Internacional de Aviación Civil e a Asociación Internacional do Transporte Aéreo. Para facilitar o seu uso por unha ampla variedade de lectores limitouse o uso de termos técnicos ao mínimo. Os profesionais sanitarios que necesiten información máis detallada poden consultar a páxina web da Asociación Médica Aeroespacial: www.asma.org.

    Viaxes en avión: consideracións sanitarias

    O volume de tráfico aéreo incrementouse extraordinariamente nos últimos anos e o número de voos de longa distancia aumentou enormemente. Cos modernos avións de longo alcance reduciuse a necesidade de facer escalas, co conseguinte aumento da duración dos voos. O número de pasaxeiros que poden transportar os avións de longo percorrido tamén está aumentando, de forma que cada vez máis pasaxeiros viaxan xuntos a bordo dun avión. Os “pasaxeiros frecuentes” constitúen agora un importante segmento da poboación de viaxeiros. De acordo coa Organización Internacional de Aviación Civil o número anual de pasaxeiros foi superior a 1.647 millóns en 2000, e aínda que as cifras caeron durante os anos seguintes debido aos problemas de seguridade e ao abrocho da síndrome respiratoria aguda severa (SRAS), as cifras están aumentando de novo e é previsible que se incrementen nun 4,4% anual ata 2015.

    As viaxes en avión, especialmente a longa distancia, expoñen os pasaxeiros a diversos factores que poden afectar a súa saúde e benestar. Os pasaxeiros con problemas médicos preexistentes teñen máis probabilidades de verse afectados e deben consultar co seu médico ou acudir a un centro de atención ao viaxeiro con suficiente antelación antes de viaxar. Os que reciben asistencia médica e teñen previsto viaxar en avión nun futuro próximo deben comunicarllo ao seu asesor médico. Os riscos sanitarios asociados coa viaxe en avión pódense minimizar se o viaxeiro o planifica coidadosamente e adopta algunhas sinxelas precaucións antes, durante e despois do voo. A seguir inclúese unha explicación dos diversos factores que poden afectar a saúde e o benestar dos viaxeiros por aire.

    Presión de aire na cabina Aínda que as cabinas dos aparellos están presurizadas, a presión de aire na cabina durante o voo a altitude de cruceiro é máis baixa que a presión do aire a nivel do mar. A unha altitude de cruceiro típica de 11.000 a 12.200 metros (36.000-40.000 pés), a presión de aire na cabina é equivalente á presión de aire no exterior a 1.800-2.400 metros (6.000-8.000 pés) sobre o nivel do mar. En consecuencia, o sangue absorbe menos oxíxeno (hipoxia) e os gases no interior do corpo expándense. Os efectos dunha presión de aire reducida na cabina son normalmente ben tolerados polos pasaxeiros sans.

    Oxíxeno e hipoxia

    O aire na cabina contén oxíxeno suficiente para os pasaxeiros sans e a tripulación. Non obstante, debido a que a presión do aire na cabina é relativamente baixa, a cantidade de oxíxeno en sangue redúcese en comparación co nivel do mar. Os pasaxeiros con determinados problemas médicos, especialmente enfermidades do corazón e do pulmón e afeccións do sangue tales como anemia, poden non tolerar ben este reducido nivel de oxíxeno (hipoxia). Estes pasaxeiros xeralmente poden viaxar con seguridade se se acorda coa aeroliña tomar medidas para dispoñer dunha subministración adicional do oxíxeno durante o voo.

    Expansión de gases

    Conforme ascende o avión, a redución da presión de aire na cabina fai que os gases se expandan. De forma similar, conforme o avión descende o aumento da presión na

    http:www.asma.org

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 10

    cabina fai que os gases se contraian. Estes cambios poden ter consecuencias cando os gases estean retidos no corpo.

    A expansión dos gases durante o ascenso fai que o aire se escape desde o oído medio e os seos, normalmente sen provocar problemas. O fluxo de aire ás veces pode percibirse como unha sensación de “desentaponamento” dos oídos. Conforme o avión descende o aire debe fluír de novo cara ao oído medio e aos seos co fin de igualar as diferenzas de presión. Se isto non ocorre pódese ter a sensación de que os oídos ou os seos están bloqueados e se non se alivia a presión pode provocar dor. Tragar, mastigar ou bocexar (“despexar os oídos”) normalmente aliviará as molestias. Se o problema persiste, xeralmente axuda realizar con forza unha curta expiración mantendo o nariz e a boca pechadas (manobra de Valsalva). No caso dos bebés, darlles de comer ou poñerlles un chupete para estimular a acción de tragar pode reducir os síntomas.

    As persoas con infeccións de oído, nariz ou seos deben evitar voar porque a súa incapacidade para igualar as diferenzas de presión pode producirlles dor e lesións. Se non é posible evitar a viaxe, o uso de gotas nasais desconxestionantes antes do voo e de novo antes do descenso pode ser de axuda.

    Mentres o avión ascende, a expansión de gases no abdome pode causar malestar, aínda que xeralmente é leve.

    Algunhas formas de cirurxía e outros tratamentos médicos ou probas diagnósticas poden provocar a introdución de aire ou outros gases nalgunha cavidade corporal. Isto pode ocorrer, por exemplo, na cirurxía abdominal ou no tratamento do desprendemento de retina. Os pasaxeiros que se someteron recentemente a estes procedementos deben preguntarlle ao seu médico ou a un especialista en medicina das viaxes canto tempo deben esperar antes de emprender unha viaxe en avión.

    Humidade na cabina e deshidratación A humidade relativa nas cabinas dos avións é baixa, normalmente menos dun 20% (a humidade na casa é normalmente superior ao 30%). A baixa humidade pode provocar sequidade da pel e molestias nos ollos, boca, nariz e na pel exposta, aínda que non representa un risco para a saúde. Utilizar unha crema hidratante para a pel, un spray nasal salino para humedecer as vías nasais e lentes en lugar de lentes de contacto pode aliviar ou previr

    as molestias. A baixa humidade non provoca deshidratación e non é necesario tomar máis auga do habitual.

    Ozono O ozono é unha forma de oxíxeno (con tres, en lugar de dous, átomos por molécula) presente na atmosfera superior e que pode entrar na cabina do avión xunto coa subministración de aire fresco. Nos avións antigos obsérvase que os niveis de ozono no aire da cabina podían provocar en ocasións irritación dos tecidos de pulmóns, ollos e nariz. O ozono transfórmase pola acción da calor e a maior parte é eliminado polos compresores (nos motores de avión) que subministran o aire presurizado para a cabina. Ademais, a maioría dos avións modernos de longo alcance dispoñen de equipos (convertedores catalíticos) que transforman o ozono restante.

    Radiación cósmica A radiación cósmica está formada polas radiacións procedentes do sol e do espazo exterior. A atmosfera da Terra e o seu campo magnético son pantallas protectoras naturais e por iso os niveis de radiación cósmica son baixos a baixa altitude. A radiación cósmica é máis intensa sobre as rexións polares que sobre o ecuador debido á forma do campo magnético da Terra e ao “achatamento” da atmosfera sobre os polos.

    A poboación está continuamente exposta á radiación natural de base procedente do terreo, as rochas e os materiais de construción, así como á radiación cósmica que chega á superficie terrestre. Aínda que os niveis de radiación cósmica son maiores ás altitudes de cruceiro dos avións que a nivel do mar, ata o momento as investigacións non demostraron ningún efecto significativo para a saúde dos viaxeiros e as tripulacións.

    Cinetose

    Excepto en caso de turbulencias fortes, os viaxeiros en avión raramente sofren cinetose (mareos). Os viaxeiros susceptibles deben pedir un asento na sección media da cabina onde os movementos son menos pronunciados, e ter dispoñible e facilmente accesible en todo momento a bolsa para mareos. Tamén deben consultar co seu médico ou especialista en medicina das viaxes sobre a medicación que poden tomar antes de voar para axudar a previr este problema.

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 11

    Inmobilidade, problemas circulatorios e trombose venosa profunda (TVP) A contracción dos músculos é un factor importante para manter o fluxo de sangue a través das veas, especialmente nas pernas. A inmobilidade prolongada, especialmente cando a persoa está sentada, pode provocar un estancamento do sangue nas pernas que pola súa vez provoca inchazón, rixidez e molestias.

    É sabido que a inmobilidade é un dos factores que poden provocar o desenvolvemento dun coágulo de sangue nunha vea profunda, coñecido como “trombose venosa profunda” ou TVP. As investigacións demostraron que a TVP pode ocorrer como resultado da inmobilidade prolongada, por exemplo, durante unha viaxe longa, xa sexa en coche, autobús, tren ou avión. A Organización Mundial da Saúde (OMS) emprendeu un grande estudo para investigar se existe algún factor que poida motivar que o risco de TVP sexa máis alto para as viaxes en avión que para outras causas de inmobilidade.

    Na maioría dos casos de TVP os trombos son pequenos e non provocan síntomas. O organismo é capaz de disolver gradualmente o trombo sen consecuencias a longo prazo. Os trombos máis grandes poden ocasionar síntomas como inchazón das pernas, sensibilidade na zona, irritación e dor. En ocasións un anaco do trombo pode desprenderse e viaxar pola corrente sanguínea ata acabar aloxado nos pulmóns. Isto coñécese como embolismo pulmonar e pode provocar dor no peito, dificultades respiratorias e en casos graves, a morte súbita. Isto pode ocorrer moitas horas e mesmo días despois da formación do trombo.

    O risco de desenvolver TVP durante as viaxes é moi pequeno a menos que existan un ou máis factores de risco engadidos. Entre estes inclúense os seguintes:

    ■ TVP ou embolismo pulmonar previos

    ■ Historia de TVP ou embolismo pulmonar nun familiar próximo

    ■ Uso de terapia de estróxenos-anticonceptivos orais (a “pílula”) ou terapia de substitución hormonal (TSH)

    ■ Embarazo

    ■ Cirurxía ou traumatismo recente, especialmente do abdome, rexión pélvica ou pernas

    ■ Cancro

    ■ Certas anomalías xenéticas da coagulación do sangue

    É recomendable que as persoas cun ou máis destes factores de risco pidan consello médico específico ao seu médico ou nun centro de atención ao viaxeiro, con antelación suficiente, antes de embarcar nun voo de tres ou máis horas de duración.

    A TVP ocorre con maior frecuencia en persoas de máis idade. Algúns investigadores suxiren que fumar, a obesidade e as veas varicosas poden ser un risco.

    Precaucións

    O risco de que un pasaxeiro sen ningún dos factores de risco anteriormente mencionados desenvolva TVP como consecuencia do voo é reducido e as vantaxes da maioría das medidas preventivas para estes pasaxeiros non están demostradas, e mesmo algunhas delas poden ser prexudiciais. A seguir inclúense algúns consellos de sentido común.

    Moverse pola cabina durante un voo longo axuda a reducir calquera período de inmobilidade prolongada. Non obstante, non sempre isto é posible e ademais calquera beneficio potencial para a saúde debe sopesarse co risco dunha posible lesión en caso de que o avión encontre turbulencias repentinas e inesperadas. Unha forma sensata de actuar é camiñar pola cabina, por exemplo, ir ao cuarto de baño, unha vez cada 2-3 horas. Moitas liñas aéreas dan tamén consellos útiles sobre exercicios que se poden realizar no asento durante o voo. Crese que exercitar os músculos das pernas pode estimular a circulación, reducir o malestar, a fatiga e a rixidez, e reducir o risco de desenvolver TVP. A equipaxe de man non se debe colocar onde poida obstaculizar o movemento de pernas e pés e a roupa debe ser solta e cómoda.

    O uso de medias de compresión graduada ben axustadas pode ser de axuda. Estas medias comprimen os músculos da perna e melloran o fluxo do sangue nas veas profundas. Tamén poden axudar a previr a inchazón de nocellos que é moi común nos voos longos. Non obstante, as medidas deben ser do tamaño correcto para ser realmente eficaces, polo cal, os pasaxeiros deben preguntarlle ao seu médico ou nun centro de atención ao viaxeiro que tipo é apropiado para eles.

    Tendo en conta o indubidable risco de efectos secundarios significativos e a falta de evidencias probadas sobre os seus beneficios, recoméndaselles aos pasaxeiros que

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 12

    non tomen aspirina co único obxectivo de previr a TVP relacionada coas viaxes.

    Pódenselles prescribir aos viaxeiros que teñen máis risco de desenvolver TVP tratamentos específicos, como inxeccións de heparina. A tripulación non está adestrada para poñer inxeccións e os viaxeiros aos que se lles receitase heparina ou ben deben aprender a inxectarse eles mesmos ou deben tomar medidas para que llas poña unha persoa cualificada.

    Submarinismo Os practicantes de submarinismo non deben voar excesivamente pronto despois de mergullar, dado o risco de que a presión reducida na cabina poida provocarlles síndrome de descompresión (enfermidade dos mergulladores). Recoméndase non voar ata polo menos 12 horas despois da súa última inmersión, e este período debe prolongarse ata 24 horas despois de ter realizado múltiples inmersións ou algunha inmersión que requiriu paradas de descompresión durante o ascenso á superficie. Os pasaxeiros que practiquen submarinismo recreativo antes de voar deben pedir consello especializado nas escolas de submarinismo.

    Jet lag O jet lag é o termo usado para os síntomas ocasionados pola alteración do reloxo corporal interno e os ritmos (circadianos) de aproximadamente 24 horas que este reloxo controla.

    A alteración prodúcese cando se cruzan múltiples zonas horarias, é dicir, cando se voa de leste a oeste ou de oeste a leste. O jet lag pode causar indixestión e trastornos da función intestinal, malestar xeral, somnolencia durante o día, dificultade para durmir de noite e redución das facultades físicas e mentais. Os seus efectos frecuentemente se suman ao cansazo ocasionado pola propia viaxe. Os síntomas de jet lag desaparecen gradualmente conforme o organismo se adapta á nova zona horaria.

    O jet lag non se pode previr pero hai formas de reducir os seus efectos (véxase máis adiante). Os viaxeiros que toman medicación seguindo un horario estrito (por exemplo, insulina, pílula anticonceptiva) deben consultar co seu médico ou nun centro de atención ao viaxeiro antes de viaxar.

    Medidas xerais para reducir os efectos do jet lag

    ■ Estar tan descansado como sexa posible antes da partida e descansar durante o voo. Os períodos breves de sono poden ser de axuda.

    ■ Tomar comidas lixeiras e limitar o consumo de alcohol. O alcohol aumenta a produción de urina, o que provoca trastornos do sono ao ter que espertar para urinar. Aínda que pode acelerar o inicio do sono, reduce a súa calidade e faino menos reparador. Os efectos do alcohol (resaca) poden exacerbar os efectos do jet lag e a fatiga da viaxe. Polo tanto, se se toma alcohol débese consumir con moderación tanto antes como durante o voo. A cafeína débese limitar ás cantidades normais e evitarse nas horas anteriores ao período de sono previsto.

    ■ Intentar crear condicións adecuadas para prepararse para durmir. Para durmir durante o día, as máscaras para os ollos e os tapóns para os oídos poden ser de axuda. O exercicio regular durante o día pode axudar a suscitar o sono, aínda que se debe evitar o exercicio enérxico inmediatamente antes de durmir.

    ■ No destino intentar durmir cada 24 horas o mesmo tempo que se dorme habitualmente. Crese necesario un bloque mínimo de catro horas de sono (coñecido como “sono de soporte”) durante a noite local para que o reloxo corporal interno se poida adaptar á nova zona horaria. Se é posible, conseguir o tempo total de sono realizando pequenas sestas cando se sente sono durante o día.

    ■ O ciclo de luz e escuridade é un dos factores máis importantes para fixar o reloxo corporal interno. A exposición á luz diúrna no destino, xeralmente, axuda a adaptarse.

    ■ As pastillas para durmir de acción curta poden ser de axuda. Só se deben usar seguindo recomendacións médicas, e non se deben tomar de forma habitual durante os voos xa que poden incrementar a inmobilidade e, polo tanto, o risco de desenvolver TVP.

    ■ A melatonina está dispoñible nalgúns países e pódese utilizar como axuda para resincronizar o reloxo corporal interno. Normalmente véndese como suplemento alimenticio e, polo tanto, non está sometida ao mesmo estrito control que os medicamentos (por exemplo, en Estados Unidos non foi aprobada para o seu uso como medicamento, pero pode venderse como suplemento alimenticio). Non se avaliou completamente o mellor momento para tomarse nin a dosificación máis eficaz da melatonina, e descoñé

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 13

    cense os seus efectos secundarios, especialmente usada a longo prazo. Ademais, os métodos de fabricación non están normalizados polo que a dose de cada tableta pode variar moito, e poden estar presentes algúns compostos daniños. Por estas razóns a melatonina non pode ser recomendada.

    ■ Non sempre é aconsellable axustarse á zona horaria local no caso de viaxes curtas de 2-3 días de duración ou menos. En caso de dúbida pódese consultar cun especialista en medicina das viaxes.

    ■ As persoas reaccionan de maneira diferente aos cambios da zona horaria. Os “pasaxeiros frecuentes” deben aprender como responde o seu propio organismo e adoptar hábitos en consecuencia. O asesora-mento dun centro de atención ao viaxeiro pode axudar a determinar unha estratexia eficaz de resposta.

    Aspectos psicolóxicos Viaxar en avión non é unha actividade natural para o ser humano e moitas persoas experimentan algún grao de dificultade psicolóxica ao voar. Os principais problemas que se encontran son o estrés e o medo a voar. Ambos poden ocorrer xuntos ou por separado en diferentes momentos antes e durante a viaxe.

    Estrés

    Todas as formas de viaxar xeran estrés. Voar pode ser particularmente estresante porque frecuentemente implica un longo traxecto ata o aeroporto, sono acurtado e a necesidade de camiñar longas distancias no edificio da terminal. A maioría dos pasaxeiros encontran a súa propia maneira de facerlle fronte, pero aqueles pasaxeiros que encontran viaxar en avión particularmente estresante deben pedir asesoramento médico no momento oportuno. Unha boa planificación (pasaportes, billetes, medicación, etc.) e contar con moito tempo para chegar ao aeroporto axudan a aliviar a tensión.

    Fobia a voar (medo a voar)

    O medo a voar pode ir desde sentirse lixeiramente ansioso ata a incapacidade absoluta de viaxar en avión. Isto pode provocar importantes problemas na vida persoal e profesional.

    Os viaxeiros que queren viaxar en avión pero son incapaces de facelo polo seu medo a voar deben pedir consello

    médico antes da viaxe. A medicación pode ser útil nalgúns casos, pero o uso de alcohol “para calmar os nervios” non axuda e pode ser perigoso en combinación con certos medicamentos. Para unha solución a longo prazo o viaxeiro debe buscar tratamento especializado para reducir as dificultades psicolóxicas asociadas coa viaxe en avión. Hai moitos cursos dispoñibles para reducir ou curar o medo a voar. Xeralmente inclúen consellos sobre como facer fronte aos síntomas que provoca o medo, información sobre como voa un avión, como funcionan os controis durante un voo e, na maioría dos casos, un voo curto.

    Rabia aérea

    Nos últimos anos a “rabia aérea” foi recoñecida como unha forma de conduta destrutiva relacionada coas viaxes en avión. Parece estar relacionada con altos niveis de estrés xeral pero non especificamente coa fobia a voar. Frecuentemente vai precedida por un consumo excesivo de alcohol.

    Viaxeiros con condicións médicas ou necesidades especiais As liñas aéreas teñen dereito a rexeitar levar pasaxeiros con condicións que poden empeorar ou ter consecuencias graves durante o voo. As aeroliñas poden exixir unha autorización médica do seu departamento/conselleiro médico se existe unha indicación de que un pasaxeiro pode sufrir algunha enfermidade ou condición mental ou física que: ■ Pode considerarse un perigo potencial para a seguri

    dade do avión ■ Afecte negativamente o benestar e a comodidade dos

    outros pasaxeiros e/ou membros da tripulación ■ Requira atención médica e/ou equipo especial duran

    te o voo ■ Se pode agravar durante o voo

    Se o persoal da tripulación de cabina sospeita antes da saída que un pasaxeiro pode estar enfermo, o comandante do avión será informado e tomarase unha decisión sobre se o pasaxeiro está capacitado para viaxar, necesita atención médica, ou representa un perigo para os outros pasaxeiros e para a tripulación ou para a seguridade do avión.

    Aínda que neste capítulo se dan algunhas pautas xerais sobre as condicións que poden requirir autorización médi

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 14

    ca previa, as políticas das aeroliñas varían e os requisitos sempre se deben comprobar no momento, ou antes, de reservar o voo. Un bo lugar para encontrar a información é frecuentemente a páxina da compañía aérea.

    Nenos pequenos

    Voar en avión non é recomendable para bebés menores de sete días. Se a viaxe é absolutamente necesaria para bebés maiores de sete días pero nacidos prematuramente, débese pedir consello médico en cada caso. Os cambios de presión de aire na cabina poden afectar os nenos pequenos; unha posible forma de alivialos é darlles alimento ou un chupete para estimular a acción de tragar.

    Mulleres embarazadas

    Normalmente as mulleres embarazadas poden viaxar en avión con seguridade, pero a maioría das aeroliñas restrinxen a admisión de mulleres ao final do embarazo. As directrices comúns para os embarazos sen complicacións son:

    ■ Despois da semana 28 de embarazo débese levar unha carta do médico ou a comadroa confirmando a data esperada do parto e que o embarazo é normal

    ■ Para embarazos simples, permítese voar ata o final da semana 36

    ■ Para embarazos múltiples, permítese voar ata o final da semana 32

    Enfermidades preexistentes

    A maioría das persoas con condicións médicas poden viaxar en avión con seguridade, sempre que se teñan en conta as precaucións necesarias, como a necesidade de subministración adicional de oxíxeno, con suficiente antelación.

    Os que teñen problemas médicos de base como cancro, enfermidade cardíaca ou pulmonar, anemia, diabetes, toman regularmente medicación ou están sometidas a un tratamento de forma regular, se someteron recentemente a cirurxía ou estiveron ingresados nun hospital, ou aquelas persoas que dubidan sobre a súa aptitude para viaxar por algún outro motivo, deben consultar co seu médico ou nun centro de atención ao viaxeiro antes de decidir viaxar en avión.

    Débese levar na equipaxe de man a medicación que se pode necesitar durante a viaxe, ou pouco despois da

    chegada. Tamén é recomendable levar consigo unha copia da prescrición por se se perde a medicación, se necesitan máis medicamentos ou se nos chequeos de seguridade exixen unha proba que demostre o propósito da medicación.

    Viaxeiros frecuentes con enfermidades preexistentes

    Os viaxeiros frecuentes que teñen un problema de saúde subxacente permanente e estable poden obter a tarxeta médica de viaxeiro frecuente no departamento médico ou de reservas de moitas liñas aéreas. Esta tarxeta é aceptada, en determinadas condicións, como proba da autorización médica e como identificación da condición médica do titular.

    Cuestións de seguridade

    Os chequeos de seguridade poden causar problemas aos viaxeiros que son portadores de dispositivos metálicos como articulacións artificiais, marcapasos ou desfibriladores internos automáticos. Algúns marcapasos poden verse afectados polos modernos escáneres e estes viaxeiros deberán levar consigo unha carta do seu médico. Os viaxeiros que necesitan levar outros equipos médicos na súa equipaxe de man, especialmente artigos punzantes como agullas hipodérmicas, tamén deben levar consigo unha carta do seu médico.

    Fumadores

    Actualmente case todas as aeroliñas prohibiron fumar a bordo dos seus avións. A algúns fumadores pode resultarlles estresante, e deben tratalo co seu médico antes de viaxar. Os parches de substitución de nicotina poden ser de axuda durante o voo e tamén pode considerarse o uso doutras medicacións ou técnicas.

    Viaxeiros con discapacidades

    Unha discapacidade física normalmente non é unha contraindicación para viaxar. Os pasaxeiros que non son capaces de facerse cargo das súas propias necesidades durante o voo (incluído o uso do servizo e o paso desde a cadeira de rodas ao asento e viceversa) necesitan ir acompañados dunha persoa capaz de prestarlles toda a axuda necesaria. Xeralmente a tripulación de cabina non está autorizada a proporcionar esta axuda e un viaxeiro que a necesite e non teña un acompañante adecuado

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 15

    pode non ser autorizado a viaxar nese avión. Débeselles advertir aos viaxeiros confinados en cadeira de rodas que non deben restrinxir deliberadamente a inxestión de líquidos antes ou durante a viaxe como unha forma de evitar ir ao servizo durante o voo xa que pode afectar negativamente o seu estado xeral de saúde.

    As aeroliñas teñen disposicións sobre as condicións de viaxe para os pasaxeiros con discapacidade. Os pasaxeiros discapacitados deben poñerse en contacto coa compañía aérea con antelación á súa viaxe para obter información (xeralmente as compañías ofrecen información útil nas súas propias páxinas web).

    Enfermidades transmisibles

    As investigacións demostraron que o risco de transmisión de calquera tipo de enfermidade infecciosa a bordo dun avión é extremadamente pequeno.

    A calidade do aire da cabina do avión contrólase coidadosamente. A ventilación proporciona un cambio total de aire 20-30 veces por hora. A maioría dos avións modernos contan cun sistema de recirculación que recicla ata o 50% do aire da cabina. O aire recirculado xeralmente pasa a través de filtros HEPA (high-efficiency particulate air) do tipo usado nos quirófanos dos hospitais e nas unidades de coidados intensivos, que atrapan partículas, bacterias, fungos e virus.

    Pódese producir transmisión dunha infección entre pasaxeiros que están sentados na mesma zona do avión, normalmente como consecuencia da tose ou esbirros dunha persoa infectada, ou ben por contacto (contacto directo ou contacto coa mesma parte da cabina do avión e do mobiliario que tocaron outros pasaxeiros). Non é unha situación diferente doutras en que as persoas están moi próximas unhas a outras, como nun tren, autobús ou teatro. Enfermidades altamente infecciosas como a gripe, teñen máis probabilidades de propagarse a outros pasaxeiros naquelas ocasións en que o sistema de ventilación do avión non está funcionando. Normalmente utilízase unha pequena unidade de enerxía auxiliar para proporcionar ventilación cando o avión está en terra, antes de que os motores principais entren en funcionamento, aínda que en ocasións non se pon en marcha por razóns ambientais (ruído) ou técnicas. Nestes casos, cando está relacionado cun atraso prolongado, os pasaxeiros poden ser desembarcados transitoriamente.

    Co fin de minimizar o risco de transmitir infeccións, os pasaxeiros que se encontran mal, especialmente se teñen febre, deben aprazar a súa viaxe ata que se recuperen. As compañías aéreas poden denegar o embarque aos pasaxeiros con aparencia de estar infectados por unha enfermidade transmisible.

    Desinsectación da aeronave

    Moitos países exixen a desinsectación dos avións (para matar insectos) que chegan de países onde existen enfermidades propagadas por insectos, como o paludismo e a febre amarela. Producíronse algúns casos de paludismo en persoas que vivían ou traballaban cerca de aeroportos en países onde non está presente o paludismo, e crese que se debeu ao escape de mosquitos portadores do paludismo transportados nos avións. Algúns países como, por exemplo, Australia e Nova Zelandia, requiren que se realicen desinsectacións de forma rutineira para previr a introdución inadvertida de especies que poden danar a súa agricultura.

    A desinsectación é unha medida de saúde pública ordenada polo actual Regulamento sanitario internacional (véxase o anexo 3). Require o tratamento do interior do avión con insecticidas indicados especificamente pola OMS. Os diferentes procedementos actualmente usados son os seguintes:

    ■ tratamento do interior do avión mediante a aplicación de sprays insecticidas de acción rápida, inmediatamente antes do engalamento cos pasaxeiros a bordo;

    ■ tratamento do interior do avión en terra antes de que os pasaxeiros suban a bordo, usando un aerosol de insecticidas residuais, máis un tratamento adicional durante o voo cun spray insecticida de acción rápida pouco antes de aterrar;

    ■ aplicación regular dun insecticida residual en todas as superficies internas do avión, excepto as áreas onde se preparan alimentos.

    Aos pasaxeiros ás veces preocúpalles a súa exposición a sprays insecticidas durante a viaxe en avión. Algunhas persoas manifestaron sentirse mal despois dunha fumigación do avión para a súa desinsectación. Non obstante, a OMS non encontrou evidencias de que os sprays insecticidas específicos sexan nocivos para a saúde humana cando se aplican de acordo coas instrucións prescritas.

  • Viaxes en avión: consideracións sanitarias 16

    Asistencia médica a bordo Exíxeselles ás aeroliñas dispoñer dun nivel mínimo de equipamento médico nos avións e proporcionar formación sobre primeiros auxilios a todo o persoal de cabina. O equipo que levan os avións pode variar e moitos deles levan máis equipamento que o nivel mínimo exixido pola normativa. O equipamento con que debería contar un voo internacional típico inclúe:

    ■ unha ou máis caixas de urxencias, para o seu uso pola tripulación

    ■ unha caixa de urxencias médica, normalmente para ser usada por médicos ou outras persoas cualificadas, para tratar emerxencias médicas durante o voo

    ■ un desfibrilador externo automático (DEA), para o seu uso pola tripulación en caso de emerxencias cardíacas

    A tripulación de cabina está adestrada para usar os equipos de primeiros auxilios e para levar a cabo procedementos de primeiros auxilios e de resucitación. Normalmente tamén están adestrados para recoñecer diferentes problemas médicos que poden ser causa de emerxencias a bordo e actuar adecuadamente para resolvelos.

    Ademais, moitas aeroliñas dispoñen de sistemas que lle permiten á tripulación poñerse en contacto con expertos médicos nun centro de resposta situado en terra para obter asesoramento sobre como tratar as emerxencias médicas durante o voo.

    Contraindicacións para as viaxes en avión As viaxes en avión están normalmente contraindicadas nos seguintes casos:

    ■ Nenos menores de sete días

    ■ Mulleres despois da semana 36 de embarazo (despois da semana 32 para embarazos múltiples) e ata 7 días despois do parto

    ■ Persoas afectadas por: • anxina de peito ou dor torácica en estado de repouso • calquera enfermidade contaxiosa grave ou aguda • síndrome de descompresión despois de realizar

    submarinismo • presión intracranial incrementada debido a hemo

    rraxia, traumatismo ou infección • infeccións dos seos; infeccións de oído e nariz,

    especialmente se a trompa de Eustaquio está bloqueada

    • infarto de miocardio ou ictus recente (o prazo de tempo depende da gravidade da enfermidade e da duración da viaxe)

    • cirurxía ou lesión recente cando pode haber presente aire ou gas atrapado, especialmente por trauma abdominal e cirurxía gastrointestinal, lesións craniofaciais e oculares, operacións cerebrais e operacións oculares con penetración do globo ocular

    • enfermidade respiratoria crónica grave, dificultades respiratorias en repouso, ou pneumotórax non resolto

    • anemia falciforme • enfermidade psicótica, excepto cando está comple

    tamente controlada

    Lectura adicional � Aerospace Medical Association, Medical Guidelines

    Task Force, Medical guidelines for airline travel, 2nd edition, 2003, http://www.asma.org.

    � British Medical Association, Board of Science and Education, The impact of flying on passenger health: a guide for healthcare professionals, 2004, http://www.bma.org.

    http://www.asma.orghttp://www.bma.org

  • Riscos sanitarios ambientais 17

    Capítulo 3

    Riscos sanitarios ambientais

    Frecuentemente os viaxeiros experimentan grandes e abruptos cambios nas condicións ambientais, que poden ter efectos en detrimento da saúde e o benestar. A viaxe pode implicar importantes cambios de altitude, temperatura e humidade; así como a exposición a especies inusuais de animais e insectos. O impacto negativo dos cambios repentinos de ambiente pode minimizarse adoptando algunhas precaucións sinxelas.

    Altitude A grande altitude a presión atmosférica redúcese. A consecuente redución da presión do oxíxeno pode provocar hipoxia (subministración reducida de oxíxeno aos tecidos).

    A altitudes de 1.500-3.500 metros, a tolerancia ao exercicio diminúe e a ventilación increméntase. A altitudes de 3.500-5.500 metros prodúcese hipoxia e pode sobrevir a enfermidade do mal das alturas. Unha ascensión rápida pode provocar hipoxia aguda: a persoa afectada debilítase e pode perder o coñecemento. Despois de 1-6 horas a grande altitude pódese producir o mal de altura agudo. Á dor de cabeza seguen anorexia, náuseas e vómitos, ademais de insomnio, fatiga, debilidade e irritabilidade. Nalgúns casos o resultado é mortal ao desenvolver edema pulmonar e cerebral.

    Os viaxeiros con enfermidade cardiovascular ou pulmonar previa ou anemia son moi sensibles aos cambios de altitude, xa que estes poden ser perigosos ou mesmo poñer a vida en perigo.

    Precaucións para viaxeiros non afeitos a grandes altitudes

    ■ Se é posible evitar viaxes directas a grandes altitudes. Fraccionar a viaxe durante 2-3 noites a 2.500-3.000 metros para previr o mal de altura.

    ■ Se non se pode evitar a viaxe directa a grande altitude, o viaxeiro debe evitar o exercicio excesivo, as comidas copiosas e o alcohol despois de chegar.

    ■ Os viaxeiros que realizan unha ascensión rápida ata unha grande altitude (> 3.000 metros) poden considerar tomar medicación profiláctica (acetazolamida).

    ■ Os viaxeiros que planean facer escalada ou trekking a grande altitude, requirirán un período de adaptación gradual.

    ■ Os viaxeiros con enfermidade cardiovascular ou pulmonar previa ou anemia deben pedir consello médico antes de viaxar a unha grande altitude.

    Calor e humidade Os cambios repentinos en temperatura e humidade poden ter efectos adversos para a saúde. A exposición a alta temperatura e humidade orixina perda de auga e electrólitos (sales) e pode provocar extenuación por calor e golpe de calor. En condicións de calor seca é especialmente probable desenvolver deshidratación, a menos que se teña coidado en manter unha adecuada inxestión de líquidos. A adición dun pouco de sal de mesa aos alimentos e bebidas (a menos que estea contraindicado) pode axudar a previr a extenuación pola calor, especialmente durante o período de adaptación.

    O consumo de alimentos e bebidas que conteñen sal axuda a repoñer os electrólitos en caso de extenuación por calor e se se súa abundantemente. Cando fai calor os viaxeiros maiores deben ter un coidado especial en consumir máis cantidade de líquidos, xa que o reflexo da sede diminúe coa idade. Cómpre que os bebés e os nenos pequenos beban suficientes líquidos para evitar a deshidratación.

    En condicións de calor pódese experimentar irritación da pel (sarabullo por exceso de calor). As infeccións cutá

  • Riscos sanitarios ambientais 18

    neas por fungos como o tinea pedis (pé de atleta) frecuentemente vense agravadas pola calor e a humidade. Unha ducha diaria, vestir con roupa folgada de algodón e a aplicación de pos de talco nas zonas sensibles da pel, axudan a reducir o desenvolvemento ou a propagación destas infeccións.

    A exposición a aire quente, seco e con po pode provocar irritación e infección dos ollos e do tracto respiratorio.

    Radiación ultravioleta polo sol A radiación ultravioleta (UV) do sol inclúe radiación UVA (lonxitude de onda de 315-400 nm) e UVB (280-315 nm), ambas as dúas prexudiciais para a pel e os ollos. A intensidade da radiación UV está indicada polo índice UV solar total, que mide a radiación perigosa para a pel. O índice describe o nivel de radiación UV solar sobre a superficie da Terra, frecuentemente notifícase como a media máxima durante 10-30 minutos do día. Os valores do índice varían de cero cara a arriba, e canto máis alto é o valor do índice, maior é a posibilidade de que se produza dano na pel e nos ollos e menor o tempo necesario para que ocorra o dano. Os valores do índice agrúpanse en categorías de exposición, sendo extremos os valores superiores a 10. En xeral, canto máis próximo ao ecuador máis alto é o índice. A radiación UVB é especialmente intensa no verán e no período de catro horas arredor do mediodía solar. A radiación UV pode penetrar a auga clara ata unha profundidade dun metro ou máis.

    Os efectos adversos da radiación ultravioleta do sol son os seguintes: ■ A exposición á radiación UV, especialmente a UVB, pode

    producir queimaduras solares debilitantes e insolacións graves, especialmente en persoas de pel clara.

    ■ A exposición dos ollos pode causar queratite aguda (cegueira da neve), e o dano a longo prazo provoca o desenvolvemento de cataratas.

    ■ Os efectos adversos a longo prazo na pel inclúen: • desenvolvemento de cancro de pel (carcinoma e

    melanoma maligno), principalmente debido á radiación UVB;

    • envellecemento acelerado da epiderme, principalmente debido á radiación UVA, que penetra máis profundamente na pel.

    • As reaccións cutáneas adversas débense á interacción con numerosos medicamentos que poden causar fotosensibilización e dermatite fototóxica ou fotoalérxica. Certos tipos de medicamentos, anti

    conceptivos orais, algúns medicamentos para profilaxe antipalúdica e certos antimicrobianos poden producir reaccións adversas dermatolóxicas coa exposición á luz solar. A aplicación tópica de certos produtos, incluídos os perfumes que conteñen aceite de bergamota ou outros aceites cítricos, pode orixinar reaccións fototóxicas de contacto.

    • A exposición pode suprimir o sistema inmune, incrementar o risco de enfermidades infecciosas e limitar a eficacia das vacinacións.

    Precaucións

    ■ Evitar expoñerse ao sol a metade do día, cando a intensidade das radiacións UV é máis alta.

    ■ Usar roupa que cubra os brazos e as pernas (a roupa de verán é protectora fronte ás radiacións UV e xeralmente máis efectiva mesmo que os filtros solares de boa calidade).

    ■ Usar lentes de sol con protección contra as radiacións UV e deseño envolvente, así como un sombreiro de ala ampla para protexerse do sol.

    ■ Aplicarse un filtro solar de amplo espectro con factor de protección solar (FPS) 15+ xenerosamente nas zonas do corpo non protexidas pola roupa, e repetir a aplicación frecuentemente.

    ■ Asegurar especialmente que os nenos están ben protexidos.

    ■ Adoptar precaucións fronte á exposición excesiva sobre ou na auga.

    ■ Comprobar que a medicación que se toma non afecta a sensibilidade á radiación UV.

    ■ Se anteriormente se produciron reaccións cutáneas adversas, evitar calquera tipo de exposición ao sol e aos produtos que causaron as reaccións adversas.

    Riscos sanitarios de orixe alimentaria e pola auga Moitas enfermidades infecciosas importantes (como brucelose, cólera, criptosporidiose, xiardiase, hepatite A e E, lexionelose, leptospirose, listeriose, esquistosimiase e febre tifoidea) transmítense a través da auga e alimentos contaminados. A información sobre estas e outras enfermidades infecciosas específicas de interese para o viaxeiro encóntrase no capítulo 5.

    Para os viaxeiros, o principal problema sanitario asociado coa auga e os alimentos contaminados é a “diarrea

  • Riscos sanitarios ambientais 19

    do viaxeiro”, que pode ser causada por numerosos axentes infecciosos. A diarrea é o problema sanitario máis común co que se encontra o viaxeiro e pode afectar ata o 80% dos viaxeiros nos destinos de alto risco. Incluso un breve episodio de diarrea severa pode estragar unhas vacacións ou arruinar unha viaxe de negocios. A diarrea pode ir acompañada de náuseas, vómitos e febre. A diarrea do viaxeiro é consecuencia en primeiro lugar do consumo de bebidas, auga de bebida ou alimentos contaminados. A contaminación nestes casos débese á presenza de microorganismos patóxenos. Unha extensa variedade de diferentes bacterias, virus, e algunhas infeccións parasitarias e micóticas poden ser a causa de diarrea no viaxeiro.

    A enfermidade tamén pode ser causada por determinadas toxinas biolóxicas que se encontran en produtos do mar. As principais enfermidades deste grupo débense a intoxicación por:

    ■ toxinas paralizantes de moluscos ■ toxinas neurotóxicas de moluscos ■ toxinas amnésicas de moluscos ■ toxina de ciguatera (ciguatoxina) ■ envelenamento por peixe escombroide ■ peixe globo

    As toxinas implicadas nestas intoxicacións proceden de microorganismos que foron consumidos ou contaminados por outro mecanismo aos peixes.

    Os alimentos e as bebidas tamén se poden contaminar por substancias químicas velenosas. Non obstante, os seus efectos nocivos xeralmente son o resultado dunha exposición a longo prazo e non representan un risco significativo para a saúde do viaxeiro. Esporadicamente os alimentos tamén se contaminan ao utilizar produtos químicos, como tinguiduras téxtiles, cando se usan para dar unha cor inusualmente brillante.

    A seguridade das bebidas e os alimentos depende principalmente dos estándares de hixiene aplicados localmente na súa preparación e manipulación. En países con baixos niveis de hixiene e saneamentos, e infraestruturas deficientes para o control da seguridade alimentaria, existe un alto risco de contraer a diarrea do viaxeiro. Neses países o viaxeiro debe adoptar precaucións con relación a todas as bebidas e alimentos, incluídos os servidos en hoteis e restaurante de boa calidade, para minimizar o risco de contraer unha infección de orixe ali

    mentaria ou pola auga. Aínda que os riscos son maiores nos países pobres, en calquera país pode haber lugares con mala hixiene.

    Outra fonte potencial de infección son as augas recreativas contaminadas, especialmente a auga de mar ou a auga doce de lagos e ríos contaminada por augas residuais, ademais da auga de piscinas e balnearios onde o filtrado e a desinfección son inadecuados ou mesmo inexistentes. Ao bañarse en augas contaminadas é posible inxerir microorganismos causantes de diarrea e outros axentes infecciosos.

    É especialmente importante que as persoas dos grupos máis vulnerables, como bebés, nenos, vellos, mulleres embarazadas e persoas con trastornos do sistema inmunitario, adopten estritas precaucións para evitar os alimentos e bebidas contaminados e as augas recreativas inseguras.

    Os viaxeiros deben:

    ■ evitar o consumo de alimentos e bebidas potencialmente contaminados

    ■ evitar o contacto con augas recreativas potencialmente contaminadas

    ■ saber como tratar a diarrea ■ levar consigo sales de rehidratación oral e produtos

    para desinfectar a auga

    Precaucións para evitar os alimentos e bebidas inseguros

    ■ Evitar os alimentos cociñados que se mantivesen a temperatura ambiente durante varias horas.

    ■ Comer só alimentos que foron cociñados totalmente e aínda están quentes.

    ■ Evitar os alimentos non cociñados, á parte das froitas e verduras que se poden mondar ou descascar, e evitar as froitas coa pel integra.

    ■ Evitar os alimentos que conteñan ovos crus ou pouco cociñados.

    ■ Evitar os alimentos vendidos en postos na rúa. ■ Evitar os xeados de orixe non segura, incluídos os de

    postos na rúa. ■ Nos países onde o peixe e o marisco pode conter bio

    toxinas velenosas, débese solicitar consello local. ■ Ferver o leite non pasteurizado (cru) antes de consumilo. ■ Ferver a auga de bebida se a súa seguridade é dubi

    dosa; se non é posible pódese usar un filtro homologado, ou un axente desinfectante.

  • Riscos sanitarios ambientais 20

    ■ Evitar o xeo a menos que fose preparado con auga segura.

    ■ Evitar cepillar os dentes con auga insegura. ■ As bebidas frías embotelladas ou envasadas normal

    mente son seguras sempre que estean ben pechadas; as bebidas quentes xeralmente son seguras.

    Parasitos intestinais: riscos para o viaxeiro Os viaxeiros, especialmente os que visitan países tropicais e subtropicais, poden expoñerse a diversas infeccións intestinais por helmintos (vermes parasitarios). O risco de contraer parasitos intestinais está asociado a baixos niveis de hixiene e saneamento, que posibilitan a contaminación do solo, area e alimentos con excrementos humanos ou caninos. Dado que, xeralmente, os efectos clínicos non son evidentes ata que pasou certo tempo do regreso da viaxe, pode non estar clara a relación co lugar de destino da viaxe, o que pode atrasar o diagnóstico ou levar a un diagnóstico erróneo. Os principais helmintos intestinais aos que se pode expoñer o viaxeiro:

    ■ Anquilostomas. Os anquilostomas humanos e caninos, especialmente as especies Necator e Ancylostoma, poden ser un risco para os viaxeiros, principalmente nos lugares onde as praias están contaminadas por excrementos humanos ou caninos. Os humanos son infectados polas larvas do parasito que penetran na pel. O A. caninum produce unha lesión cutánea característica, larva migrans cutánea, que se pode tratar facilmente con vermífugos como o albendazol.

    ■ Tenias. A Taenia saginata adquírese polo consumo de carne de bovino crúa ou pouco cociñada de animais que albergan o estadio larval do parasito. A T. solium contraese da mesma forma a partir de carne de porco crúa ou pouco cociñada. Estas infeccións son consecuencia do contacto de animais bovinos e porcinos con excrementos humanos, ao inxerir con eles os ovos das tenias. A infección por T. solium en humanos tamén pode ser resultado da inxestión de ovos presentes en alimentos contaminados por excrementos; isto é especialmente perigoso, xa que as formas lar-vais do parasito orixinan a cisticercose, que pode chegar a ser unha enfermidade grave. O Echinococcus granulosus dá lugar ao quiste hidatídico causado pola forma larval do parasito; as formas adultas infectan a

    cans que excretan os ovos polas feces. As persoas inféctanse ao inxerir os ovos tras un contacto próximo con cans infectados, ou polo consumo de alimentos ou auga contaminados polas súas feces.

    ■ Nematodos. Os parasitos intestinais Ascaris e Trichuris transmítense no solo, os ovos destes parasitos poden contaminar alimentos como froitas e verduras e causar unha infección se o alimento se consome sen lavalo coidadosamente; a infección tamén se pode transmitir polas mans por manipular alimentos contaminados polo solo, por exemplo nos mercados de rúa.

    Precaucións para evitar as augas recreativas inseguras ■ Solicitar información local sobre a calidade das augas

    recreativas na zona. ■ Evitar as praias obviamente contaminadas por augas

    residuais. ■ Evitar bañarse en augas contaminadas por augas

    residuais. ■ Evitar tragar calquera tipo de auga contaminada por

    augas residuais.

    Tratamento da diarrea ■ A maioría dos ataques de diarrea son autolimitados,

    con recuperación en poucos días. É importante evitar a deshidratación, especialmente nos nenos.

    ■ Tan pronto como comece a diarrea débese aumentar a inxestión de líquidos, como auga embotellada, fervida ou tratada, ou té lixeiro. Se a diarrea continúa durante máis dun día, débese tomar unha solución de sales de rehidratación oral (SRO) e continuar o consumo normal de alimentos.

    Cantidades de solución SRO que se deben beber ■ Nenos menores de 2 anos: 1/4-1/2 cunca (50-100 ml)

    despois de cada deposición solta ■ Nenos de 2-10 anos: 1/2-1 cunca (100-200 ml) des

    pois de cada deposición solta ■ Nenos maiores e adultos: cantidade ilimitada

    Se non se dispón de SRO, pódese usar un substituto que se prepara con seis culleriñas de azucre máis unha culleriña de sal nun litro de auga de bebida segura; tomaranse as mesmas cantidades que no caso das SRO. (Unha culleriña contén un volume de 5 ml).

  • Riscos sanitarios ambientais 21

    Débese buscar axuda médica se a diarrea dura máis de 3 días e/ou hai movementos intestinais acuosos moi frecuentes, sangue nas feces, vómitos repetidos ou febre.

    Cando non se dispón de axuda médica e aparece sangue nas feces, os adultos poden seguir un tratamento con ciprofloxacino. Para os nenos e as mulleres embarazadas recoméndase azitromicina. Non se recomenda o uso profiláctico de antibióticos. Tampouco se recomendan para uso xeral medicamentos antidiarreicos como por exemplo loperamida, aínda que se poden usar de forma excepcional no tratamento sintomático, ademais de líquidos, e só en adultos. Os medicamentos antidiarreicos non se deben usar nunca para o tratamento de nenos.

    Se aparecen outros síntomas, débese consultar cun médico.

    Augas recreativas O uso de augas costeiras, lagos e ríos de auga doce para fins recreativos ten un efecto beneficioso para a saúde a través do exercicio, o descanso e o relax. Non obstante, as augas recreativas tamén poden presentar algúns riscos para a saúde. Os riscos principais son os seguintes:

    ■ Afogamento e lesións (véxase o capítulo 4). ■ Fisiolóxicos:

    • arrefriamento, que pode terminar en coma e morte; • choque térmico, con resultado de cambras e fallo

    cardíaco; • exposición aguda á calor e á radiación ultravioleta

    do sol: esgotamento por calor, queimaduras solares, insolación;

    • exposición acumulativa ao sol (cancros de pel, cataratas).

    ■ Infeccións: • inxestión, inhalación ou contacto con bacterias,

    fungos, parasitos e virus patóxenos; • picaduras de mosquitos e outros insectos vectores

    de enfermidades infecciosas.

    ■ Envelenamento e intoxicacións: • inxestión, inhalación ou contacto con auga conta

    minada por substancias químicas, incluídas as mareas negras;

    • picaduras ou mordeduras de animais velenosos; • inxestión, inhalación ou contacto con proliferacións

    de plancto toxicoxénico.

    Exposición ao frío: hipotermia por inmersión

    O frío, máis que o simple afogamento, é a causa principal de morte no mar. Cando baixa a temperatura corporal (hipotermia), prodúcese confusión seguida de perda de coñecemento, quedando a cabeza baixo a auga e provocando por iso o afogamento. Cun chaleco salvavidas que manteña a cabeza fóra da auga evítase o afogamento, pero pronto se produce a morte ocasionada directamente por fallo cardíaco hipotérmico. Non obstante, usar roupa adecuada ademais dun chaleco salvavidas pode prolongar moito a supervivencia en auga fría. Os nenos, especialmente os homes, ao ter menos graxa corporal que os adultos, arrefríanse con gran rapidez en augas a baixa temperatura.

    A natación é difícil en auga moi fría (arredor de 0ºC), os bos nadadores a miúdo afóganse repentinamente se intentan nadar, aínda que sexan distancias curtas, en auga a esas temperaturas sen un chaleco salvavidas. Nas embarcacións pequenas sempre se debe usar chaleco salvavidas ou algunha outra forma de axuda á flotación, especialmente nenos e persoas novas, se a auga está fría.

    O alcohol, aínda en pequenas cantidades, pode provocar hipoglicemia se se consome sen comer e despois de practicar exercicio. Produce confusión, desorientación e tamén, en ambientes fríos, unha rápida baixada da temperatura corporal. Pequenas cantidades de alcohol, se non se inxeriu alimento suficiente, poden ser sumamente perigosas ao nadar longas distancias, o mesmo que despois de remar ou practicar outros deportes acuáticos vigorosos e prolongados.

    Os que practican actividades de inverno sobre a auga, como patinaxe e pesca, deben ser conscientes de que é necesario evitar a inmersión de todo o corpo. A inmersión accidental en auga fría, próxima ou a temperatura de conxelación, é perigosa dado que o tempo de inmersión mortal media (tempo ata a morte) é inferior a 30 minutos para os nenos e a maioría dos adultos.

    O tratamento inmediato é moito máis importante que calquera actuación posterior para revivir as vítimas de hipotermia por inmersión. Un baño quente (a unha temperatura non superior á tolerada pola man somerxida) é o método máis eficaz para conseguilo. En caso de afogamento, o fallo cardíaco e o cesamento da respiración deben ser tratados baleirando a auga do estómago e

  • Riscos sanitarios ambientais 22

    aplicando inmediatamente unha masaxe cardíaca externa e ventilación artificial. A masaxe cardíaca non se debe aplicar a menos que o corazón se parase. As persoas que inhalaron auga sempre deben ser enviadas a un hospital para comprobar se se produciron complicacións pulmonares.

    Infección

    En augas costeiras as infeccións poden ser o resultado da inxestión, inhalación ou contacto con microorganismos patóxenos que poden estar presentes de forma natural ou como resultado de contaminación fecal, ou ter sido transportados por persoas ou animais que utilizan a auga. As consecuencias máis comúns entre os viaxeiros son enfermidade diarreica, enfermidade respiratoria febril aguda e infeccións de oído.

    En augas doces, a leptospirose pode ser propagada pola urina de roedores infectados, provocando infección humana por contacto con erosións na pel ou nas membranas mucosas. En zonas endémicas para esquistosomiase, a infección pódese contraer por larvas que penetran na pel ao nadar ou camiñar pola auga (véxase tamén o capítulo 5).

    En piscinas e balnearios pódense producir infeccións se o tratamento e desinfección da auga son inadecuados. O contacto con augas contaminadas pode provocar diarrea, gastroenterite e infeccións de garganta. O uso apropiado de cloro e outros desinfectantes controla a maioría das bacterias e virus na auga. Non obstante, os parasitos Giardia e Cryptosporidium, que son vertidos en grandes cantidades polos individuos infectados, e que son altamente resistentes aos procedementos comúns de desinfección, inactívanse con ozono ou elimínanse por filtración.

    A contaminación en balnearios e hidromasaxes pode orixinar infeccións por Legionella e Pseudomonas aeruginosa. Tamén se relacionaron cos balnearios casos de otite externa e infeccións do tracto urinario, tracto respiratorio, feridas e córnea.

    O contacto directo persoa a persoa ou o contacto físico con superficies contaminadas próximas a piscinas e balnearios poden propagar os virus que causan molusco contaxioso e papilomas cutáneos (verrugas); de forma similar poden propagarse infeccións micóticas do pelo, uñas e pel, especialmente a tinea pedis (pé de atleta).

    Precaucións

    ■ Adoptar condutas seguras en todo tipo de augas recreativas (ver o capítulo 4).

    ■ Evitar o consumo de alcohol antes de calquera tipo de actividade en ou cerca das augas recreativas.

    ■ Vixiar constantemente os nenos cerca das augas recreativas.

    ■ Evitar as temperaturas extremas en balnearios, saunas, etc.; isto é especialmente importante para os viaxeiros con problemas médicos previos, mulleres embarazadas e nenos pequenos.

    ■ Evitar a exposición excesiva á luz solar. ■ Evitar o contacto con augas contaminadas. ■ Evitar tragar calquera tipo de auga contaminada. ■ Pedir consello local sobre a presenza de animais

    acuáticos potencialmente perigosos. ■ Usar calzado ao andar polas beiras, bancos de ríos e

    terreos con lodo.

    Animais e insectos

    Mamíferos

    Os animais tenden a evitar o contacto co home e a maioría non atacan a menos que sexan provocados. Non obstante, algúns grandes carnívoros son agresivos e poden atacar. Os animais con rabia adoitan facerse agresivos e poden atacar sen provocación. Os animais salvaxes poden ser agresivos se se produce unha intrusión territorial, especialmente cando están protexendo as crías. As mordeduras dos animais poden provocar feridas graves, que tamén poden dar lugar á transmisión dunha enfermidade.

    A rabia é a infección máis importante ocasionada pola mordedura dun animal. En moitos países en desenvolvemento a rabia é transmitida principalmente por cans, aínda que moitas outras especies de mamíferos poden estar infectadas polo virus da rabia. En caso de mordedura dun animal é necesario lavar e enxaugar a ferida con auga e xabón ou auga soa ou desinfectante, débese buscar asesoramento médico ou veterinario se hai rabia na zona. Se existe un risco significativo de rabia, o paciente debe ser tratado con vacina ou inmunoglobulina post-exposición da rabia (véxase o capítulo 5). Tamén se recomenda unha dose de recordo do toxoide tetánico en caso de mordedura dun animal.

    Pódese recomendar antes da partida a vacina pre-exposición aos viaxeiros que teñan un risco maior de exposi

  • Riscos sanitarios ambientais 23

    ción á rabia (véxase o capítulo 6). A vacina pre-exposición contra a rabia non elimina a necesidade de actuación en caso de mordedura dun animal rabioso pero reduce o número de dose de vacina requiridas para o tratamento post-exposición.

    Precaucións

    ■ Evitar o contacto directo con animais domésticos en zonas onde existe rabia, e con todos os animais salvaxes e cativos.

    ■ Evitar as condutas que poidan provocar alarma, temor ou sensación de ameaza nos animais.

    ■ Asegurarse de que os nenos non se acerquen, toquen nin provoquen de ningunha outra forma a ningún animal.

    ■ Tratar inmediatamente a mordedura de calquera animal lavándoa con auga e xabón ou desinfectante, e buscar asesoramento médico.

    ■ Se se prevé un risco significativo de exposición á rabia, pedir consello médico antes de viaxar.

    Os viaxeiros que van acompañados de animais deben ser conscientes de que é necesario vacinar contra a rabia os cans (nalgúns países os gatos) para que se lles permita cruzar fronteiras internacionais. Algúns países libres de rabia teñen outros requisitos adicionais. Antes de levar un animal ao estranxeiro, o viaxeiro débese informar sobre os requisitos regulamentarios dos países de destino e de tránsito.

    Serpes, escorpións e arañas

    Os viaxeiros a zonas tropicais, subtropicais e desérticas deben ser conscientes da posible presenza de serpes, arañas e escorpións velenosos. Débese pedir información local sobre os riscos nas zonas que se van visitar. A maioría das especies velenosas son especialmente activas pola noite.

    O veleno das mordeduras de serpes e arañas e as picaduras de escorpións teñen diversos efectos ademais de danar os tecidos próximos á mordedura. No veleno das serpes terrestres e acuáticas, e tamén a miúdo no vele-no de escorpións e arañas hai presentes neurotoxinas. As neurotoxinas producen debilidade e parálise xunto con outros síntomas. O veleno en contacto cos ollos provoca un dano grave que pode chegar á cegueira. A maioría dos velenos de serpe afectan a coagulación do sangue, o que pode dar lugar a hemorraxias e diminución da

    tensión sanguínea. As toxinas do pelo das arañas como a tarántula poden provocar unha intensa irritación en contacto coa pel.

    O envelenamento por serpes, arañas ou escorpións velenosos constitúe unha emerxencia médica que require atención inmediata. O paciente debe ser trasladado ao centro médico máis próximo tan rápido como sexa posible. Os primeiros auxilios requiren a inmobilización de toda a extremidade afectada con táboas e vendaxe firme, aínda que non apertado, para limitar a propagación da toxina no corpo e a cantidade de tecido local danado. Non obstante, non se recomenda a vendaxe se hai inflamación local e dano do tecido próximo á mordedura. Outros métodos tradicionais de primeiros auxilios (incisións e succión, torniquetes e comprensión) son prex