CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade...

98
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN EXERCICIO 2000 SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER (SGI)

Transcript of CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade...

Page 1: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

INFORME DE FISCALIZACIÓN

EXERCICIO 2000 SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE

DO HOME E DA MULLER (SGI)

Page 2: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

3

CONTIDO DESTE INFORME

PÁXINA INFORME DE FISCALIZACIÓN ELABORADO POLO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DO SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER RELATIVO Ó EXERCICIO 2000............................................................. ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER Ó INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2000...................................................................................... RÉPLICAS DO CONSELLO DE CONTAS ÁS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER Ó INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2000............. CONTAS ANUAIS FORMULADAS POLO ORGANISMO CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO ANUAL REMATADO O 31.12.2000..................................................................................................

5

47

59

77

Page 3: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

5

INFORME DE FISCALIZACIÓN ELABORADO POLO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA DO SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER RELATIVO Ó EXERCICIO 2000

Page 4: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

7

ÍNDICE

PÁXINA

I. INTRODUCCIÓN........................................................................................

Antecedentes da fiscalización....................................................................... Descrición do organismo autónomo............................................................. Creación, natureza xurídica e organización.................................................... Obxectivos....................................................................................................... Normativa aplicable e sistema contable.......................................................... Control interno................................................................................................

II. OBXECTIVOS, ALCANCE E LIMITACIÓNS........................................Obxectivos xeral e específicos....................................................................... Alcance........................................................................................................... Limitacións.....................................................................................................

III. LIQUIDACIÓN ORZAMENTARIA.......................................................... IV. CUMPRIMENTO DA REGULARIDADE. PROCEDEMENTOS DE XESTIÓN E CONTROL INTERNO..........................................................

Área de persoal..............................................................................................Área de contratación..................................................................................... Área de subvencións......................................................................................Consideracións xerais...................................................................................... Procedementos aplicados................................................................................ Resultados da fiscalización............................................................................. Funcionamento dos órganos colexiados......................................................

V. PLANIFICACIÓN DA ACTIVIDADE. AVALIACIÓN DO

PROGRAMA ORZAMENTARIO 212A “PENSIÓNS E PRESTACIÓNS ASISTENCIAIS” ............................................................

VI. ÁREA ECONÓMICO-FINANCEIRA........................................................

Sistema contable............................................................................................ Alcance........................................................................................................... Resultados da fiscalización........................................................................... Balance............................................................................................................Conta do resultado económico-patrimonial....................................................

9999

101111

12121313

13

1616171717191928

29

303031313136

Page 5: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

8

PÁXINA

VII. CONCLUSIÓNS............................................................................................

Respecto da execución dos orzamentos.......................................................... En relación coa área de persoal.......................................................................En relación á contratación...............................................................................En relación á concesión de subvencións.........................................................Respecto da planificación da actividade......................................................... En relación ós estados financeiros..................................................................

VIII. RECOMENDACIÓNS.................................................................................. Respecto da execución dos orzamentos.......................................................... En relación coa área de persoal.......................................................................En relación á contratación...............................................................................En relación á concesión de subvencións.........................................................Respecto da planificación da actividade......................................................... En relación ós estados financeiros..................................................................

ANEXO I. Subvencións a concellos para realización de cursos..............................ANEXO II. Subvencións a empresas para realización de cursos............................. ANEXO III. Subvencións a asociacións para actividades de promoción................

38383838394040

41414141414242

434445

Page 6: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

9

I. INTRODUCCIÓN Antecedentes da fiscalización 1.1. O Pleno do Consello de Contas, por acordo do 20 de decembro de 2001, aprobou o programa anual de traballo para o ano 2002 correspondente á fiscalización selectiva do exercicio 2000, no que se contempla a realización, a iniciativa do propio Consello, das presentes actuacións relativas ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGI). As directrices técnicas ás que debía suxeitarse a fiscalización foron incluídas no programa aprobado polo Pleno. Descrición do organismo autónomo Creación, natureza xurídica e organización 1.2. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Foi creado por Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, para a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes. Para ese fin posúe personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, regulándose polo disposto na súa lei de creación, nas normas de desenvolvemento e na lexislación xeral de organismos autónomos que lle sexa de aplicación. Para o desempeño das súas funcións, o SGI estructúrase nos seguintes órganos: o Consello, a Dirección e a Secretaría. Ademais, encóntranse adscritas ó SGI a Comisión autonómica da muller e a Comisión asesora de publicidade non sexista.

O Consello é o órgano superior do SGI. Está presidido pola conselleira de Familia, actuando como vicepresidenta a directora xeral do Organismo e como vocais un representante con categoría de director xeral nomeado por cada unha das consellerías da Xunta de Galicia e cinco persoas de relevante prestixio no ámbito das ciencias sociais, económicas e xurídicas designadas polo Consello da Xunta de Galicia. Como secretario actúa o do SGI.

A Dirección é o órgano superior do Consello, da que depende directamente a Secretaría. Por imperativo legal, a directora do SGI será unha muller galega, e terá cargo de directora xeral.

A Secretaría configúrase como un órgano técnico e xestor en materias directamente relacionadas coa prestación de servicios dirixidos á muller. Ten nivel orgánico de subdirección.

Page 7: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

10

A Comisión autonómica da muller ten como finalidade servir de cauce de

comunicación entre o SGI e a sociedade en xeral a través das deputacións, concellos, asociacións de mulleres e axentes sociais.

A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para eliminar o sexismo nas montaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen á erradicación de tódolos tipos de discriminación das persoas por razón de sexo. Obxectivos 1.3. Segundo o artigo 2 da lei de creación do Organismo, o seu obxectivo principal é a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, removendo os obstáculos que impidan a participación e integración da muller na vida social, cultural, educativa, económica e política de Galicia. A mesma lei asígnalle ó SGI, entre outras, as seguintes funcións: a) Estudiar e fomentar a realización de estudios sobre a situación da muller galega nos campos legal, educativo, sanitario, social e cultural. b) Realizar o estudio e seguimento da lexislación vixente nos aspectos que afecten ó principio de igualdade, así como elaborar propostas de modificación. c) Emitir informe previo no caso de disposicións de carácter xeral promovidas polas distintas consellerías que afecten a materias reguladas por esta lei. d) Coordinar os traballos e actividades que desenvolvan os distintos departamentos da Xunta en temas relativos á situación da muller. e) Promover, coordinar e avaliar planos e programas de acción e desenvolvemento de actividades que realicen as deputacións e concellos para a consecución dos obxectivos previstos na lei de creación. f) Cooperar coas entidades que, polos seus fins e actividades, contribúan á consecución dos obxectivos previstos nesta lei.

Page 8: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

11

Normativa aplicable e sistema contable 1.4. As disposicións fundamentais polas que se rexe o SGI, ademais da súa lei de creación, son: - Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. - Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se regula a estructura orgánica do SGI. - Resolución do 21 de xaneiro de 1992, que regula o funcionamento interno do Consello do SGI. - Orde do 23 de decembro de 1999, pola que se establecen as liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia. - Orde do 27 de decembro de 1999, pola que se regulan as axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller. - Resolución do 29 de febreiro de 2000, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega). - Orde do 27 de decembro de 1999, pola que se convocan bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Galicia. 1.5. O seu réxime orzamentario é, con carácter xeral, o establecido para o sector público, gozando do mesmo tratamento fiscal que a Xunta de Galicia por ser un ente organicamente adscrito á Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. A súa contabilidade adáptase ó previsto na instrucción provisional de contabilidade dos organismos autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. Control interno 1.6. O control interno da actividade económico-financeira do Organismo exérceo a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a través do interventor delegado da Consellería de Familia.

Page 9: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

12

II. OBXECTIVOS, ALCANCE E LIMITACIÓNS Obxectivos xeral e específicos 2.1. O obxectivo xeral da fiscalización foi comprobar se os actos da xestión económico-financeira correspondentes ó exercicio 2000 se adecuaron ás normas e procedementos legalmente establecidos e ós principios xerais e de boa xestión, analizando a consecución dos obxectivos perseguidos polo Organismo. 2.2. Os obxectivos específicos, en relación coas materias examinadas, foron os seguintes:

Execución dos orzamentos Analizar a súa execución e liquidación coa finalidade de comprobar se o cálculo do resultado e do remanente de tesourería é correcto.

Avaliación do cumprimento da legalidade e dos sistemas e procedementos de xestión e control interno. Comprobar se a selección de persoal contratado no exercicio fiscalizado se axustou ós principios de igualdade, mérito e capacidade. Verificar a correcta contabilización destes gastos, a súa correlación cos contratos e comprobar a corrección dos pagos e deduccións. Verificar que o Organismo se axustou á normativa vixente no desenvolvemento das súas actividades contractuais. Comprobar o cumprimento da normativa aplicable en materia de subvencións e se na súa concesión se respectaron os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Verificar se os procedementos empregados foron obxectivos e adecuados e os recursos dispoñibles suficientes, así como o funcionamento do control interno.

Planificación da actividade do Organismo Comprobar se o SGI dispón de sistemas e procedementos para o seguimento dos obxectivos, así como indicadores concretos que permitan determinar o grao de consecución daqueles. Analizar o programa orzamentario 212A “pensións e prestacións asistenciais” coa finalidade de emitir unha opinión sobre a adecuación dos obxectivos á realidade deste programa.

Page 10: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

13

Área económico-financeira

Verificar a fiabilidade dos rexistros contables e se aqueles representan a situación e variacións económico-patrimoniais do Organismo. Comprobar que as contas de pagos a xustificar e anticipos de caixa fixa se axustan á súa normativa reguladora. Alcance 2.3. A fiscalización refírese ó ano 2000. Non obstante, cando os obxectivos establecidos o requiran, esténdese indistintamente ós distintos exercicios transcorridos desde 1992, data do último traballo de fiscalización deste Organismo realizado polo Consello de Contas. As probas de cumprimento e substantivas realizadas foron aquelas que de forma selectiva se consideraron necesarias para obter evidencia suficiente e adecuada, co obxectivo de conseguir unha base razoable que permita manifestar as conclusións que se desprenden do traballo realizado sobre a información económico-financeira e os preceptos legais que lle son de aplicación. Limitacións 2.4. Tanto os responsables do Organismo fiscalizado como o persoal do mesmo presentaron toda a colaboración requerida para a correcta execución dos traballos. Sen embargo, os traballos desenvolvéronse coa limitación derivada da falta de documentación suficientemente precisa para efectuar a análise de eficacia e eficiencia da xestión do Organismo. III. LIQUIDACIÓN ORZAMENTARIA 3.1. Segundo a liquidación do orzamento, as obrigas recoñecidas no exercicio ascenderon a 1.026.613.299 pesetas, o que representa un grao de execución do 93% sobre os créditos definitivos. Os dereitos recoñecidos eleváronse a 1.043.396.356 pesetas, fronte a unhas previsións definitivas (excluído o remanente de tesourería) de 1.083.827.902 pesetas, o que supón un grao de realización do 96%.

Page 11: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

14

3.2. As modificacións netas, por 174.815.933 pesetas, aumentaron un 18% o importe dos créditos iniciais. O seu desglose por capítulos e tipos de modificación é o seguinte:

CLASIFICACIÓN ECONÓMICA

AMPLIACIÓNS CRÉDITO

TRANSFERENCIAS CRÉDITO

INCORPORACIÓNS CRÉDITO

TOTAL APLICACIÓN

Cap. I: Gastos de persoal 120.00 0 -224.332 0 -224.332 131.00 0 224.332 0 224.332 131.10 49.476.000 7.775.473 0 57.251.473 160.00 18.439.377 0 0 18.439.377

Cap. II: Gastos correntes 216 0 -400.000 0 -400.000 220.00 0 -1.275.473 0 -1.275.473 226.02 9.155.615 -2.300.000 0 6.855.615 226.06 22.300.000 -3.800.000 0 18.500.000 226.09 8.000.000 0 0 8.000.000 227.06 6.000.000 0 0 6.000.000

Cap. IV: Transf. correntes 450.0 19.599.654 0 0 19.599.654 462.0 0 1.600.000 0 1.600.000 471.0 0 -5.000.000 0 -5.000.000 480.1 0 0 14.867.846 14.867.846 483.1 16.850.446 0 0 16.850.446 484.0 0 3.400.000 0 3.400.000

Cap. VI: Investimentos reais 640.0 978.932 0 0 978.932 640.1 0 0 8.661.443 8.661.443 640.3 486.620 0 0 486.620 TOTAL 151.286.644 0 23.529.289 174.815.933

Cadro núm. 1. Fonte: SGI

Entre as partidas orzamentarias que foron obxecto de modificación destacan as seguintes:

As relativas ás ampliacións de crédito de subconceptos do capítulo I, por importe de 67.915.377 pesetas, para financiar os custos salariais e as cotizacións á Seguridade Social de 25 traballadores contratados polo SGI para tramitar as subvencións do programa Emega.

Entre diversos subconceptos do capítulo II, por 36.300.000 pesetas, para a execución das actuacións que se derivan do convenio de colaboración subscrito entre o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma sobre cooperación en programas e actuacións dirixidas especificamente ás mulleres.

Ampliación do concepto 450 en 19.599.654 pesetas, correspondente ó remanente de tesourería non afectado do exercicio 1999.

O resto das modificacións son consecuencia da aprobación de proxectos cofinanciados pola Unión Europea, tales como o proxecto Líbera, para a realización dunha campaña publicitaria sobre a violencia de xénero; o proxecto Cora, que pretende afondar nas causas de exclusión social das mulleres, colaborando intersectorialmente para a súa inclusión; os proxectos Clara e

Page 12: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

15

Gamela, que teñen por finalidade, respectivamente, mellorar a calidade de vida das mulleres responsables de núcleos familiares, e crear oportunidades formativas e empresariais para a integración socio-económica das mulleres de familias de traballadores da pesca costeira artesanal en Vigo e a súa área de influencia. 3.3. Os estados demostrativos da liquidación dos orzamentos presentan un desequilibrio entre os créditos definitivos para gastos e as previsións definitivas de ingresos por importe de 2.504.377 pesetas. Este desequilibrio ten a súa causa na modificación orzamentaria consistente na ampliación dos créditos do capítulo I para facer fronte ás cotizacións á Seguridade Social dos traballadores contratados para tramitar as subvencións do programa Emega. Esta ampliación finánciase mediante retención de créditos do capítulo II de gastos. O Organismo non efectuou as operacións de modificacións orzamentarias precisas para que os créditos definitivos para gastos non superaran as previsións definitivas de ingresos, posto que a retención de créditos non é máis que unha operación de xestión orzamentaria que non corrixe os desequilibrios do orzamento. 3.4. Da análise da liquidación orzamentaria dedúcese que o SGI ingresou recursos suficientes para manter o equilibrio orzamentario e obter ademais no exercicio fiscalizado un remanente de tesourería non afectado de 60.582.111 pesetas. Entre as partidas que compoñen o remanente de tesourería figuran como obrigas pendentes de pago os remanentes líquidos dos exercicios 1998 e 1999, por importe de 35.293.600 pesetas e 19.599.654 pesetas, respectivamente. O SGI debía transferir ó orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma estes importes, en aplicación do disposto nas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os anos 1999 e 2000. Sen embargo, ata o exercicio 2001 estes remanentes líquidos permanecían depositados na tesourería do SGI, contribuíndo a elevar o seu saldo indebidamente. 3.5. Ó remate do exercicio figuran como pendentes de pago o 44% das obrigas recoñecidas, fundamentalmente as referidas ó pago de subvencións, debido a que o prazo previsto nas ordes reguladoras para aportar a documentación xustificativa do gasto no caso de actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller e do programa Emega non remata co ano natural, senón que se prolonga ata o 31 de xaneiro do ano seguinte. O SGI recoñece indebidamente como obrigas do orzamento do ano 2000 as subvencións concedidas nese ano

Page 13: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

16

aínda que as beneficiarias non tiveran aportado a documentación xustificativa do gasto. Trátase de obrigas non esixibles nin liquidables no ano 2000, polo que, de acordo co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non se deberon incluír no orzamento dese exercicio. Pola contra, as obrigas correspondentes a aquelas subvencións concedidas no exercicio anterior e xustificadas en xaneiro de 2000 foron imputadas -tamén indebidamente- ó exercicio 1999. Esta práctica distorsiona o cálculo do resultado orzamentario e do remanente de tesourería de ámbolos dous exercicios. Tendo en conta a similitude das convocatorias anuais destas subvencións en canto ós importes e ó prazo de xustificación, entendemos que o efecto final sobre aquelas magnitudes suporía unha escasa variación cuantitativa. Os dereitos pendentes de cobro, que supoñen un 13% dos dereitos recoñecidos, correspóndense con transferencias correntes que recibe da Comunidade Autónoma. IV. CUMPRIMENTO DA REGULARIDADE. PROCEDEMENTOS DE XESTIÓN E CONTROL INTERNO Área de persoal 4.1. Os gastos de persoal no exercicio 2000 ascenderon a 151.961.914 pesetas, o que representa aproximadamente un 15% do gasto total do Organismo neste período. Dentro destes gastos de persoal, o 35% corresponde ó pago das retribucións do persoal laboral temporal contratado para asesorar ás mulleres emprendedoras e coordinar as axudas das que poidan dispoñer. A relación de postos de traballo a 31 de decembro de 2000 constaba de 17 postos, distribuídos entre a directora xeral como alto cargo, 14 ocupados por persoal funcionario e unha traballadora social e un conductor como persoal laboral fixo. 4.2. O SGI contratou durante o exercicio 2000 a 25 persoas baixo a modalidade de obra ou servicio determinado. Ano tras ano, o Organismo acude a contratacións temporais para o trámite e seguimento dunha determinada liña de subvencións, e sen embargo non consta que os seus órganos de dirección efectuaran un estudio de necesidades dos recursos humanos para proceder, se fose necesario, á modificación da relación de postos de traballo existente, que contribuiría ademais a diminuír a precarización no emprego.

Page 14: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

17

Área de contratación 4.3. O traballo nesta área orientouse ó exame daqueles gastos que habitualmente debían contratarse mediante concurso público. Analizamos os gastos máis significativos do capítulo II, incidindo naqueles efectuados en materia de subministro, traballos realizados por outras empresas e os incluídos no concepto orzamentario de gastos diversos. 4.4. En febreiro de 2000 o SGI encarga á entidade FONDO DE PROMOCIÓN DE EMPREGO un estudio sobre a incidencia do aborto na Comunidade Autónoma. Advertimos fraccionamento do obxecto do contrato, posto que en primeiro lugar contrata o deseño do cuestionario e a base de datos do estudio por importe de 1.914.000 pesetas; posteriormente, a execución do traballo de campo e tratamento de datos por importe de 1.972.000 pesetas; e, por último, a elaboración dos informes finais e conclusións do estudio, por importe de 754.812 pesetas. O importe total dos tres traballos contratados ascendeu a 4.640.812 pesetas, superior polo tanto ó límite de 2.000.000 de pesetas que establecía a Lei 13/1995, de Contratos das Administracións Públicas, vixente no momento da proposta do gasto, para os contratos menores. En consecuencia, non queda xustificada a ausencia de publicidade e concorrencia. 4.5. Nos casos dos contratos menores dos servicios de limpeza das oficinas do Organismo; a preparación dunha exposición fotográfica; a realización dunha base de datos que sirva para a recollida uniforme de denuncias en materia de malos tratos; a edición de catálogos sobre linguaxe non sexista; e un estudio de metodoloxía do deseño do plano contra a violencia doméstica; a realización dun estudio sobre a situación socio-laboral da muller galega cara ó terceiro milenio; e a impresión de folletos e calendarios que se encarga con ocasión de realización dunhas xornadas sobre conciliación da vida laboral e familiar, non consta a petición de ofertas a outras empresas distintas da adxudicataria co obxecto de seleccionar a que presente o mellor prezo e facer así efectivo o principio de economía no gasto. Área de subvencións Consideracións xerais 4.6. O SGI dedica o 70% dos seus recursos á actividade de fomento, que se converte así na peza fundamental para conseguir o seu principal obxectivo, a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre os homes e as mulleres, en detrimento dunha participación máis

Page 15: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

18

directa na prestación de servicios e no desenvolvemento das actividades precisas para levar a cabo o III plano de igualdade de oportunidades das mulleres galegas. No exercicio 2000 concedéronse catro tipos de subvencións coas seguintes finalidades:

Para a formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia (Orde do 23 de decembro de 1999). A xestión das accións formativas correspóndelle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través do SGI. Poderán colaborar na impartición das accións as asociacións e outras entidades de carácter social sen ánimo de lucro inscritas no rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais, na área específica da muller; as entidades locais da Comunidade Autónoma; as empresas e grupos de empresas para a formación das súas propias traballadoras e as centrais sindicais ou organizacións empresariais legalmente constituídas.

Para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller (Orde do 27 de decembro de 1999). O obxecto desta orde é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades, tanto locais como de iniciativa social sen ánimo de lucro, para programas de atención especializada e actividades destinadas a facer posible a incorporación da muller na vida política, económica, cultural, social e laboral e fomentar o asociacionismo.

Para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (Resolución do 29 de febreiro de 2000, programa Emega). O obxecto desta resolución é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o establecemento da muller como empresaria baixo calquera forma de sociedade, cooperativa, ou como traballadora autónoma, con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. A axuda, que como máximo será de 3.000.000 de pesetas, destinarase a sufragar os gastos derivados da posta en marcha das empresas que inicien a súa actividade entre o 1 de agosto de 1999 e o 31 de maio de 2000. Non poderá superar o 50% do orzamento total do proxecto reflectido no programa de investimentos. A súa concesión será compatible con outras axudas públicas, non podendo superar a suma de todas elas o 100% do custo do proxecto empresarial.

Page 16: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

19

Para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia (Orde do 27 de decembro de 1999). Convócanse tres bolsas dun ano de duración, para a realización de estudios sobre a muller e sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia. Procedementos aplicados 4.7. Nesta área o traballo orientouse a examinar se na concesión das subvencións se cumpriu o disposto nas ordes e resolucións que as regulan. Comprobamos a aplicación de criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade ós que se refire o artigo 78.6 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. Efectuamos unha selección de expedientes de subvencións concedidas polo Organismo no exercicio 2000 ó obxecto de verificar os procedementos empregados para o seu trámite e o control interno aplicado. Resultados da fiscalización 4.8. O SGI concedeu no exercicio 2000 subvencións por importe de 706.178.000 pesetas, distribuídas en catro liñas, co seguinte desglose (miles de pesetas):

Beneficiarios

Liñas de subvención Concellos e

mancomunidadesAsociacións e

outros

Empresas

Bolseiras

Total - Cursos para a formación das mulleres - Programas e actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller - Programa EMEGA - Bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller

87.332

62.500

156.748

125.552

16.406

255.000

2.640

260.486

188.052

255.000

2.640 Total 149.832 282.300 271.406 2.640 706.178

Cadro núm. 2. Fonte: elaboración propia

Subvencións para a formación das mulleres 4.9. No exercicio 2000 recibíronse 1.341 solicitudes de subvención para impartir cursos para formación de mulleres, das que 898 corresponden a entidades e asociacións de iniciativa social sen ánimo de lucro e o resto a concellos e empresas privadas. O procedemento utilizado para a concesión das subvencións pode non garantir a obxectividade porque, en aplicación das bases reguladoras da orde de convocatoria, a comisión de avaliación poderá ter en conta criterios de selección non especificados naquela. Ademais, non nos consta que utilice ningún

Page 17: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

20

baremo para graduar os criterios de adxudicación segundo a súa importancia en relación coa finalidade da subvención. 4.10. O SGI dedicou no ano 2000 á concesión de subvencións para accións formativas un importe de 260.486.000 pesetas, que se levaron a cabo no 60% dos casos por asociacións e entidades sen ánimo de lucro, polos concellos nun 34% e por empresas privadas para a formación das súas traballadoras nun 6%. A distribución dos cursos, agrupados por provincias, e as especialidades formativas que se impartiron figuran nos seguintes cadros, nos que destaca a maior intensidade das actuacións na provincia de Lugo en proporción á súa poboación:

Concellos Resto entidades

Ámbito Cursos

desempr. Cursosactivas

Cursos desempr.

Cursosactivas

Totais

Nº alumnas

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

15 10

8 13

6514

25101223

182312

8

64483348

962722495720

Subtotal: 46 16 70 61 193 2.899Total 62 131 193 2.899

Cadro núm. 3. Fonte: SGI

Especialidade formativa Nº de cursos Nº de alumnas

Técnicas de cultivo e desenvolvemento agroalimentario Artesanía Comercio Servicio ás empresas Edificación e obras públicas Industrias alimentarias Información e manifestacións artísticas Industrias téxtiles Industrias de madeira e corteza Mantemento e reparación Sanidade Servicios á comunidade e persoais Turismo e hostelería

9 10 14 52

1 9

12 23

8 1 4

40 10

135 150 210 784

15 135 180 345 120

15 60

600 150

Total 193 2.899

Cadro núm. 4. Fonte: SGI

As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro recibiron subvencións por importe de 128.588.544 pesetas para realizar cursos de formación dirixidos a mulleres desempregadas e 28.156.926 pesetas para impartir cursos a traballadoras en activo. A entidade que impartiu máis cursos, tanto para mulleres desempregadas como para traballadoras en activo, foi a Asociación Fondo de Promoción de Emprego do sector da construcción naval, que obtivo o 12% do total. Esta entidade constituíuse en 1994 polas empresas Sociedade de Reconversión Naval S.A., Astilleros Españoles S.A. e Astilleros y Talleres del

Page 18: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

21

Noroeste S.A. co carácter de entidade colaboradora do Instituto Nacional de Emprego.

Os concellos percibiron 79.174.551 pesetas para formar a mulleres desempregadas e 8.158.024 pesetas para as traballadoras en activo.

As empresas privadas percibiron subvencións para a formación das súas traballadoras por un importe total de 16.405.188 pesetas. Nos cadros seguintes figuran as asociacións e outras entidades de carácter social que recibiron subvencións para impartir cursos. Os concellos e empresas privadas beneficiarias polo mesmo concepto reflíctense nos anexos I e II deste informe, respectivamente. Entidades beneficiarias por cursos para mulleres desempregadas: (miles de pesetas)

ENTIDADE

SUBVENCIÓN RECIBIDA

ENTIDADE

SUBVENCIÓN RECIBIDA

FONDO PROMOCIÓN EMPREGO CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO DE FERROL CÁMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN A CORUÑA ASOC. SOCIOCULTURAL XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO ASOC. AMAS CASA, USUARIAS E CONS. A BARCAROLA CRUZ ROJA ESPAÑOLA ASOC. AMAS DE CASA, CONSUMIDORES E USUARIOS CORUÑA ASOC. ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E IND. DE MARÍN ASOC. MULLERES EMPRENDEDORAS DE GALICIA ASOC. MULLERES RURAIS SAN SILVESTRE ASOC. MULLERES RURAIS SAN ISIDRO ASOC. MULLERES SEPARADAS E DIVORCIADAS LUGO ASOC. MULLERES RURAIS CHORIMA ASOC. MULL. RURAIS O MENHIR. MORAÑA ASOC. MULLERES RURAIS DE PADRENDA ASOC. MULLERES RURAIS DE MORAIME ASOC. MULLERES RURAIS ALBOR ASOC. MULL. SANTA CATALINA ASOC. MULLERES RURAIS VIRXE DO FARO ASOC. SOCIOCULTURAL FALCATRUEIROS ASOC. AMAS DE CASA, CONSUMIDORES E USUARIOS FRADES ASOC. MULLERES RURAIS DE ARNOIA ASOC. AMAS DE CASA DE FAZOURO ASOC. MULLERES XUNTANZA ASOC. MULLERES RURAIS O CARMEN ASOC. CERAMISTAS TARRAGUEIRA ASOC. MULLERES PROGRESISTAS DE OURENSE

16.601 4.090 4.054 3.966 3.825 3.615 3.605 3.581 2.612 2.577 2.496 2.282 2.254 2.194 2.173 2.164 2.155 2.121 2.089 2.072 2.056 1.993 1.967 1.955 1.950 1.926 1.925 1.878

ASOC. MULLERES ACCEDO ASOC. AMAS DE CASA DE FOZ ASOC. MULLERES E F. DO A.R.G. - AMFAR GALICIA ASOC. MULLERES RURAIS A CARACOCHA ASOC. DE VIÚVAS MARÍA ANDRE ASOC. DE VECIÑOS FONTE DO GALO ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMIDORES RÍAS BAIXAS ASOC. MULLERES RURAIS MARAVALLA ASOC. MULLERES RURAIS O CORAZÓN DO SALNÉS ASOC. RAIOLA ASOC. MULLERES RURAIS CALDELAS ASOC. MULLERES RURAIS SANTA ISABEL ASOC. CONCEPCIÓN ARENAL ASOC. CORUÑESA MULLERES PARA A DEMOCRACIA ASOC. COMITÉ POR LA UNIDAD DE EUROPA ASOC. MULLERES RURAIS OS MALUGREIROS ASOC. LOA PORTO DO SON ASOC. MULLERES DE BOUZAS ASOC. MULLERES RURAIS ALAMBIQUE ASOC. AMAS DE CASA O NOSO LAR ASOC. FERROL METRÓPOLI ASOC. MULLERES SEPARADAS DE GALICIA CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE SANTIAGO ASOC. MULLERES RURAIS AMURUCO ASOC. AMAS DE CASA, CONS. E US. DE RIBEIRA ASOC. AMAS DE CASA, CONSUM. E USUARIOS MESÍA EMPR. COMERC. E TRAB. AUTÓN.

1.8751.8571.8501.8481.8471.8211.8151.7921.7861.7761.7551.7551.7521.7061.7021.6901.6811.6431.5781.5211.3961.3631.330

909903825648

TOTAL............................................................................................................................................................................................................................................................. 128.589

Cadro núm. 5. Fonte: elaboración propia

Page 19: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

22

Entidades beneficiarias por cursos para traballadoras en activo: (miles de pesetas)

ENTIDADE SUBVENCIÓN

RECIBIDA FUNDACIÓN SAN ROSENDO ASOC. MULLERES EMPRESARIAS DE LUGO ASOC. MULLERES EMPRESARIAS DE PONTEVEDRA ASOC. MULLERES EMPRESARIAS DE OURENSE ASOC. FONDO PROMOCIÓN EMPREGO ASOC. COMITÉ POR LA UNIDAD DE EUROPA ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE VALDEORRAS ASOC. MULLERES EMPRENDEDORAS DE GALICIA ASOC. MULLERES RURAIS DEZA ASOCIACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA ASOC. MULLERES SEPARADAS DE GALICIA ASOC. PROFESIONAIS E EMPRESARIOS RÍA DE MUROS FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZA UNIÓN DE EMPRESARIOS DE FERROL E COMARCA ASOC. GALLEGA DE EMPRESA E DIRECCIÓN (A CORUÑA) FEDERACIÓN GALEGA DE MULLERES RURAIS ASOC. FERROL METRÓPOLI ASOC. EMPRES. MEDIANA E PEQ. EMPRESA (PONTEVEDRA)

3.584 3.163 3.018 2.319 2.016 1.926 1.705 1.644 1.594 1.266

965 948 948 779 716 677 626 264

TOTAL..................................................................................................................... 28.157

Cadro núm. 6. Fonte: elaboración propia

4.11. Da revisión dos expedientes seleccionados para a súa fiscalización comprobamos que nalgúns recoñécense obrigas orzamentarias sen que as entidades xustifiquen a realización dos cursos. Así, o 19 de decembro de 2000 recoñeceuse unha obriga por 879.000 pesetas a favor do Concello de Rubiá por unha subvención para a realización dun curso de horticultura concedida por resolución do 23 de maio. O concello non realizou o curso e formula renuncia á subvención no exercicio 2001. 4.12. O SGI concedeu por resolución do 22 de maio de 2000 unha subvención á Asociación Española de Loita contra o Cancro, por importe de 1.849.125 pesetas, a pesar de que coa solicitude non se aportaba documentación necesaria, como a acreditación de que o solicitante posúe poder suficiente para actuar en nome da entidade, a declaración expresa subscrita polo representante legal ou titular da entidade de non percibir ningún tipo de axuda da mesma natureza concedida por calquera outra entidade pública ou privada, a tarxeta de identificación fiscal ou a copia compulsada do DNI do solicitante. Aínda que a solicitude debeu ser arquivada, remitiuse á comisión de valoración para o seu informe e proposta de resolución, recoñecéndose a obriga en data 20 de decembro de 2000. Posteriormente, a subvención foi revogada mediante resolución do 15 de febreiro de 2001 por non aportar a documentación necesaria.

Page 20: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

23

4.13. Para evitar recoñecer obrigas non xustificadas e darlle trámite a solicitudes que non se acompañan da documentación esixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación e instrucción dos expedientes deberon requerir ós solicitantes para que no prazo regulamentario remitiran a documentación preceptiva, con indicación de que se así non o fixeran consideraríanse desistidos da súa petición, arquivándose a solicitude, en aplicación do Decreto 377/1998, do 23 de decembro, da Consellería de Familia. En consecuencia, apreciamos debilidades significativas na xestión e no control interno respecto da tramitación e instrucción dos expedientes.

Subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller 4.14. A orde de convocatoria destas subvencións prevé dous tipos de axudas para esta liña de subvencións: a) Para a realización de programas de atención especializada a mulleres en centros de información e asesoramento -fundamentalmente sobre temas xurídicos, laborais e de servicios sociais-, en casas de acollida e pisos tutelados para mulleres víctimas de malos tratos e nos demais centros de atención ás mulleres en situacións de especial dificultade. b) Para actividades destinadas a facer posible a incorporación da muller na vida política, económica, cultural, social e laboral, fomentar o asociacionismo e o coñecemento do seu entorno. 4.15. As solicitudes recibidas ascenderon a 490, das que 135 foron efectuadas por concellos e mancomunidades e as 355 restantes polas demais entidades. Concedéronse axudas a casi todos os concellos que as solicitaron e aproximadamente á metade das asociacións. Nos expedientes destas subvencións non consta a utilización dun baremo pola comisión de avaliación para a ponderación dos criterios que figuran na orde de convocatoria para propoñer a súa concesión, polo que non se pode comprobar o cumprimento do principio de obxectividade na concesión. Tampouco consta que a comisión utilice criterios baremados para a determinación da contía das subvencións. 4.16. As axudas concedidas acadaron un total de 188.051.198 pesetas. As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro recibiron un 67% do total: 66.764.000 pesetas para actividades de promoción e 58.787.198 pesetas para os

Page 21: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

24

programas de atención especializada. As entidades locais recibiron o 33% restante, por importe de 62.500.000 pesetas, para os dous tipos de axudas.

No seguinte cadro relaciónanse as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que percibiron subvencións para programas de atención especializada (miles de pesetas):

BENEFICIARIO IMPORTE

SUBVENCIÓN

BENEFICIARIO IMPORTE

SUBVENCIÓN CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO 10.403 ASOC. ANTIDROGA ANTONIO NOCHE LÓPEZ 1.000FUNDACIÓN SAN ROSENDO 5.000 ASOC. MULLERES PROGRESISTAS ALBA 1.000ASOC. RAIOLA 4.800 AGRUPACIÓN DE XORDOS DE LUGO 700ASOC. MULLERES SEPARADAS E DIVORCIADAS LUGO 4.000 ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMIDORES RÍAS BAIXAS 650ASOC. MULLERES SEPARADAS DE GALICIA 3.002 CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA 550CÁRITAS DIOCESANAS DE LUGO 2.462 AGRUPACIÓN DE XORDOS DA CORUÑA 500HOGAR SANTA ISABEL 2.250 FEDERACIÓN DE ASOC. DE XORDOS DO PAÍS GALEGO 500FEDERACIÓN PROV. MULLERES RURAIS A PEREGRINA 2.100 FUNDACIÓN MULLERES 450CÁRITAS SANTIAGO (VAGALUME) 1.733 ASOC. GALEGA DE HEMOFILIA 400PATRONATO CONCEPCIÓN ARENAL 1.600 FEDERACIÓN GALEGA DE VIÚVAS 400ASOC. MULLERES XANELA 1.500 SECRET. MULLER CIG 400CASA DE ACOLLIDA BETANIA DE XESÚS NAZARENO 1.500 SINDICATO LABREGO GALEGO - SECRET. MULLER 400FEDERACIÓN PROV. MULLERES RURAIS DE OURENSE 1.475 SINDICATO NACIONAL DE CC.OO. - SECRET. MULLER 350OBLATAS DEL SANTÍSIMO REDENTOR 1.300 UNIÓN XERAL DE TRABALLADORES DE GALICIA - UXT 350ASOC. MULLERES RURAIS DEZA 1.250 CÁRITAS SANTIAGO (A ESTRADA) 264HOGAR MADRE ENCARNACIÓN - HH.FF. REBAÑO MARÍA 1.250 ASOC. CORUÑESA MULLERES PARA A DEMOCRACIA 250FEDERACIÓN DE EMPRESARIAS DE GALICIA 1.200 DEPAR. MULLER USO GALICIA 200ASOC. DE AXUDA E ATENCIÓN Ó PRESO 1.100 S.T.E.G. - SECRETARÍA DA MULLER 125FEDERACIÓN GALEGA DE MULLERES RURAIS 1.100 ASOC. MULLERES "EL PILAR" 100MÉDICOS DEL MUNDO 1.100 ASOC. MULLERES RURAIS A CARBALLEIRA 74

TOTAL..................................................................................................................................................................................................................................... 58.788

Cadro núm. 7. Fonte: elaboración propia

As asociacións que recibiron subvencións para actividades de promoción

figuran no anexo III deste informe. O importe total de 66.764.000 pesetas repartiuse entre 221 asociacións, das que a maioría percibe menos de 300.000 pesetas e só dúas obteñen máis de 1.000.000 de pesetas. Tampouco as subvencións que percibiron os concellos para estas mesmas actividades superan na maioría dos casos o importe anterior. Dadas as contías manexadas e o número de beneficiarios, cando menos pódese afirmar que tal atomización pode cuestionar o grao de efectividade destas axudas. 4.17. A orde que regula estas subvencións tan só especifica que para os distintos tipos de axuda a subvención poderá financiar total ou parcialmente o gasto, pero non establece criterios graduados segundo a súa importancia en relación coa finalidade da subvención para a determinación da súa contía, polo que é a comisión de avaliación a que fixa libremente o importe concedido, sen que figuren debidamente motivados nos expedientes os seus acordos. Así, comprobamos supostos de concesión para a promoción de actividades de carácter formativo pola totalidade do importe solicitado, fronte a outros casos nos que se conceden subvencións que financian tan só parte do gasto, a pesar de solicitar un importe superior e xustificar que se gastou a totalidade do solicitado.

Page 22: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

25

Por exemplo, a Asociación social e sanitaria de Galicia obtivo para a promoción de actividades de carácter formativo a totalidade do solicitado; sen embargo, á Asociación de mulleres rurais do Deza, para as mesmas actividades, tan só se lle subvencionou unha parte do gasto solicitado. 4.18. Na orde de convocatoria prevese que tódalas axudas poden quedar suxeitas á formulación dun convenio de vixencia anual entre a entidade destinataria e o SGI. No exercicio 2000 asináronse convenios con concellos e entidades de iniciativa social co obxecto de subvencionar programas de atención especializada. A preferencia do destino dos créditos orzamentarios para subvencións suxeitas a convenio dedúcese das bases da orde de convocatoria cando especifica que a concesión de axudas terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin, detraídas, se é o caso, as cantidades destinadas a sufragar os importes dos convenios subscritos. 4.18.1. As axudas concedidas a entidades de iniciativa social tiveron asignacións orzamentarias distintas segundo a súa finalidade: promocionar actividades ou atender programas de atención especializada. Para a súa resolución, a comisión de avaliación emitiu varias propostas de concesión ata a finalización dos respectivos créditos, polo que as solicitudes non foron comparadas no seu conxunto. Este procedemento non resulta congruente co réxime de concorrencia competitiva ó que se debe suxeitar a concesión das subvencións. 4.18.2. Todas as axudas concedidas ás entidades locais, tanto para a promoción de actividades como para a realización de programas de atención especializada, financiáronse con cargo ó mesmo concepto orzamentario. Dado que deberían outorgarse en réxime de concorrencia competitiva, as solicitudes destas entidades deberían compararse nun único procedemento, de acordo cos criterios establecidos nas bases reguladoras para resolver sobre a concesión. Sen embargo, comprobamos que, unha vez que finaliza o prazo para a presentación de solicitudes, a comisión de avaliación primeiro propón a adxudicación das subvencións para programas de atención especializada, que se suxeitarán á formulación dun convenio. Con posterioridade, cos créditos sobrantes a comisión propón a adxudicación de subvencións para o outro tipo de axudas, de promoción de actividades, tales como charlas, conferencias, cursos diversos, viaxes para coñecer Galicia e actividades de convivencia. Aínda que os servicios prestados a través dos programas de atención especializada sexan fundamentais para as mulleres que pola súa situación teñan especial necesidade de axuda, as bases da orde de convocatoria proclaman que as axudas e subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, e esta vese menoscabada se o financiamento dun tipo de subvencións queda condicionado á firma dos convenios mencionados.

Page 23: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

26

4.19. O SGI non efectúa nun prazo razoable a revisión da documentación que deben aportar as entidades para percibir o resto das subvencións nos casos nos que xa se aboara un anticipo. Por resolución do 13 de xuño de 2000 concedéronse sendas subvencións á Asociación de mulleres do municipio de Silleda, para a promoción de diversas actividades, e á Fundación San Rosendo, para o mantemento dunha casa de acollida, por importes de 324.000 pesetas e 1.000.000 de pesetas, respectivamente. Nese mesmo ano recibiron como anticipo o 80% do importe da subvención. Á data actual, en que ningunha das dúas entidades aportou a documentación xustificativa necesaria para poder proceder á liquidación da subvención, están aínda pendentes de resolución de revogación e de notificar á Consellería de Economía e Facenda a procedencia de reintegro do anticipo. Tendo en conta que o 31 de xaneiro de 2001 era a data límite para que as entidades presentaran a documentación xustificativa dos gastos, estes trámites deberían estar xa cumprimentados.

Subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia. Programa Emega 4.20. O Organismo adicou 255.000.000 de pesetas a apoiar economicamente, a través do programa EMEGA, o establecemento de mulleres como empresarias. As actividades ás que se dedican as empresas constituídas son fundamentalmente de comercio minorista de roupa, alimentación, bares e cafeterías. A maioría das subvencións foron concedidas a empresarias das provincias da Coruña e Pontevedra, nun 39% e 42% respectivamente, e en menor medida ás de Lugo e Ourense, nun 12% e 7%. Das 185 subvencións concedidas, un 30% foron revogadas posteriormente polo Organismo por incumprimento das condicións ou por renuncia por parte dos beneficiarios. Quedan así, en gran medida, frustrados os obxectivos de integración laboral e contribución á creación de postos de traballo que se pretenden conseguir con estas axudas. 4.21. Na tramitación destas subvencións ponse de manifesto de maneira máis acusada a insuficiencia dos medios humanos de que dispón o SGI. No exercicio 2000 contratáronse 25 persoas baixo a modalidade de obra ou servicio determinado para que asesoren ás beneficiarias e coordinen as distintas axudas, avalíen as solicitudes e realicen o seguimento das iniciativas postas en marcha e das posibles causas de desviación das previsións iniciais. A diferencia das outras liñas de axudas, para a concesión destas subvencións do programa Emega a comisión de avaliación elaborou un baremo para a valoración das solicitudes tendo en conta os criterios establecidos na resolución de convocatoria. Aquel baremo outorga o 43% da puntuación á viabilidade do proxecto e un 38% en función do compromiso de contratación de persoal por

Page 24: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

27

conta allea, da duración prevista desa contratación e da creación de postos de traballo das propias promotoras. O resto dos criterios de valoración, como o volume global do investimento, o interese da acción segundo a zona, o carácter innovador da actividade, a incorporación de tecnoloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas e mellora ambiental e a localización do proxecto en parques empresariais, puntuaranse co 19% restante. O artigo 3 daquela norma dispón que o importe da subvención será como máximo de 3.000.000 de pesetas e non poderá superar o 50% do orzamento do proxecto reflectido no programa de investimentos deducido o importe correspondente á provisión de fondos. Sen embargo, a proposta efectuada pola comisión de avaliación na súa reunión do 29 de agosto de 2000 fixa a contía máis alta de concesión en 2.000.000 de pesetas, sen que conste motivación algunha ó respecto. Da revisión dos expedientes seleccionados comprobamos a existencia de supostos nos que se xustificaron gastos correntes por importe superior a 3.000.000 de pesetas cun investimento declarado superior a 6.000.000 de pesetas e que cumpren ademais o resto das condicións, polo que poderían percibir a contía máxima establecida na norma de convocatoria. 4.22. Na resolución de convocatoria especifícase que o pago da subvención quedará condicionado a que as beneficiarias presenten, entre outra documentación, certificación acreditativa do cumprimento total do orzamento previsto no proxecto. Nos expedientes fiscalizados constan unicamente declaracións das beneficiarias sobre o cumprimento do orzamento do proxecto, que se aceptan sempre sen realizar ningunha medida de control. O SGI aboa as subvencións concedidas baseándose naquelas declaracións. Esta circunstancia pon de manifesto unha insuficiencia do control interno respecto dunha condición fundamental para determinar tanto o dereito á percepción como a contía da subvención. 4.23. A resolución establece determinadas condicións que se deben manter con posterioridade ó pago das subvencións: que os postos de traballo que creen as beneficiarias estén cubertos por un período mínimo de tres anos, e que a empresa permaneza activa tamén durante tres anos. O non mantemento destas condicións é causa determinante de revogación e da obriga de reintegrar o importe da subvención por parte da beneficiaria. Non consta que o SGI efectúe inspeccións periódicas ó obxecto de comprobar o cumprimento desas condicións nos tres anos posteriores á creación dos postos de traballo ou ó inicio da actividade da empresa, o que pon de manifesto a debilidade e insuficiencia do control interno.

Page 25: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

28

Subvencións para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia 4.24. No exercicio 2000 convocáronse 3 bolsas dun ano de duración. O importe global máximo que poden alcanzar as axudas é de 3.960.000 pesetas, a razón de 1.320.000 pesetas por bolsa. Con posterioridade á concesión das subvencións, unha das beneficiarias renunciou á axuda. Aínda que á convocatoria presentáranse máis solicitudes, non se adxudicou de novo a bolsa rexeitada, polo que nin sequera se chegaron a executar os escasos recursos que o Organismo asignou á realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en Galicia. 4.25. Nos expedientes destas subvencións non consta a utilización dun baremo pola comisión de avaliación para a ponderación dos criterios que figuran na orde de convocatoria para propoñer a súa concesión, polo que non se pode comprobar o cumprimento do principio de obxectividade na concesión. Funcionamento dos órganos colexiados 4.26. O Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se regula a estructura orgánica do SGI, modificou a periodicidade das reunións dos seus órganos colexiados. O seguinte cadro mostra o número mínimo de reunións anuais previstas en cada momento:

Órgano

Antes Decreto 312/1999

Despois Decreto

Consello en pleno, sesión ordinaria Consello en comisión permanente Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista

cada 4 meses cada 2 meses 2 veces/ano

1 vez/ano 1 vez/ano 2 veces/ano

Segundo as correspondentes actas, as reunións daqueles órganos foron as seguintes:

Órgano 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Pleno, sesión ordinaria Comisión permanente Com.Asesora Publ. Non Sexista

2 0 -

3 0 -

2 1 -

3 0 -

2 0 0

2 2 1

2 3 1

2 1 1

En consecuencia, os datos anteriores poñen de manifesto unha insuficiente actividade por parte dos órganos colexiados do SGI que podería afectar ó cumprimento das funcións que aqueles teñen encomendadas. 4.27. As actas das reunións dos órganos colexiados non foron visadas polos respectivos presidentes, incumprindo así o establecido no artigo 13 do Decreto

Page 26: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

29

312/1999 citado e o artigo 23 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. V. PLANIFICACIÓN DA ACTIVIDADE. AVALIACIÓN DO PROGRAMA ORZAMENTARIO 212A “PENSIÓNS E PRESTACIÓNS ASISTENCIAIS” 5.1. A programación das actividades do SGI para o ano 2000 responde ó desenvolvemento e concreción dos obxectivos do “III Plano de igualdade de oportunidades das mulleres galegas 1998-2001” (PIOM). Este plano ten carácter transversal, posto que se executa en cooperación coas distintas consellerías competentes en función das medidas propostas, coa administración local e con organizacións que traballan a favor das mulleres, así como con interlocutores sociais a través dos órganos xa existentes ou que se poidan crear ó efecto. Os obxectivos do III Plano de igualdade estructúranse en seis grandes grupos: I. Cooperación, participación social e toma de decisións II. Educación, cultura e imaxe III. Formación e emprego IV. Violencia, saúde e exclusión social V. Información e sensibilización VI. Seguimento e avaliación do plano Para a consecución de cada un dos obxectivos das seis áreas, no programa anual prevense as actuacións concretas de maneira moi pormenorizada. A modo de exemplo, sinalar que para a consecución do obxectivo 1º da área I prográmase a realización de 67 actuacións. 5.2. Incumprindo os obxectivos do VI grupo do III Plano de igualdade (seguimento e avaliación do plano), non consta que o Organismo efectúe o seguimento ou avaliación cualitativa das actividades desenvolvidas no exercicio 2000. En concreto, non consta que se realizaran reunións periódicas cos organismos e entidades responsables da realización das actuacións para intercambiar información sobre os avances na aplicación do plano e así solventar conxuntamente as dificultades que poidan xurdir. Tampouco se recolleron as

Page 27: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

30

opinións das destinatarias directas das actividades sobre a súa forma de execución, o cumprimento das expectativas previstas e a súa eficacia no logro dos obxectivos previstos. No relativo á avaliación cuantitativa, ofrécense datos sobre as actuacións, tales como o número de mulleres participantes nas actividades formativas e informativas, descrición das publicacións efectuadas no exercicio, xornadas, congresos, seminarios e campañas de difusión e sensibilización, e incluso o número de beneficiarias das subvencións que concede o Organismo. Sen embargo, non consta ningunha documentación sobre a avaliación cualitativa, para o que o III Plano de igualdade prevé que se consulte ós axentes sociais e ás beneficiarias, usuarias e destinatarias do plano sobre o grao de execución, profundidade e arraigo conseguido en cada actuación concreta. 5.3. O SGI non posúe ningún procedemento ou sistema que permita relacionar os recursos económicos para realizar as actividades encomendadas cuns indicadores -que poderían ser de resultados, de medios e de impacto- que posibiliten medir o grao de consecución dos obxectivos. Carécese, pois, de información indispensable para efectuar unha análise de eficiencia das actividades realizadas, non podendo tampouco obter conclusións sobre eficacia no uso dos recursos públicos afectados ó logro dos obxectivos. 5.4. O programa orzamentario 212A “pensións e prestacións asistenciais” xestiónase de maneira compartida entre o SGI, a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Comprobamos que non fixa obxectivos asociados a indicadores vinculados ós créditos orzamentarios, polo que non se pode opinar sobre a racionalidade e adecuación dos recursos públicos afectados a aquel programa. Os xestores do programa orzamentario non plasmaron en documentos adecuados un procedemento que permita correlacionar os indicadores cos recursos económicos que o financian. VI. ÁREA ECONÓMICO-FINANCEIRA Sistema contable 6.1. O marco contable de referencia do SGI debía plasmarse nun plano contable específico, aprobado pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma como Centro Directivo da Contabilidade Pública de Galicia, tal como sinala a Orde do 19 de decembro de 1991 pola que se aproba a Instrucción provisional de contabilidade

Page 28: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

31

dos organismos autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, aplicable a este Organismo. Ante esta carencia, o Organismo procedeu a elaborar o seu propio plano contable, baseado nos aprobados para outros organismos e no Plano de contabilidade da Administración da Xunta de Galicia de 1989, e a desenvolver un programa de contabilidade adaptado ó mesmo. Á data de realización dos traballos de campo desta fiscalización, xa vixente o Plano Xeral de Contabilidade Pública de Galicia de 2001, o SGI está utilizando como ferramenta de información contable o XUNCO2, tal e como prevé aquel plano, pero continúa sen ter aprobado pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma un plano contable adaptado, previsto na disposición transitoria primeira do PXCP de 2001. 6.2. En canto ó programa informático elaborado polo Organismo, verificamos que non ofrece tódalas garantías que debían esixirse a este tipo de ferramentas. Por exemplo, permite que o saldo da conta que recolle o resultado do exercicio sexa distinto segundo apareza na conta de perdas e ganancias ou no balance, e que o estado de liquidación do orzamento presente un desequilibrio entre as previsións definitivas de ingresos e os créditos definitivos de gastos. Alcance 6.3. O exame das contas anuais (balance, conta do resultado económico-patrimonial e estado de liquidación do orzamento) realizouse de acordo cos procedementos previstos nas directrices técnicas aprobadas e, en consecuencia, incluíronse as comprobacións que se estimaron necesarias para obter un grao de evidencia suficiente para soportar a opinión sobre ditas contas. Resultados da fiscalización Balance Inmobilizado material 6.4. Este concepto desglósase en varias contas relativas a bens mobles que totalizan un saldo de 11.792.000 pesetas. Da análise destas partidas sinalamos os seguintes feitos:

Page 29: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

32

6.4.1. Tanto a partida contable como a relación valorada de bens que figura no inventario do Organismo reflicten unicamente aqueles elementos adquiridos con anterioridade ó 31 de decembro de 1995. Con posterioridade a esta data a Secretaría Xeral da Consellería de Familia adquiriu para o SGI unha serie de bens, na súa maioría material informático, para substituír ó que figura no inventario e que non se incluíu dentro deste inmobilizado. O valor de adquisición destes elementos ascende a 2.500.000 pesetas. O Organismo non dispón dos correspondentes documentos de adscrición, polo que debe proceder a regularizar esta situación solicitando aquela documentación e a incluír no seu inventario o valor neto contable dos mesmos utilizando como contrapartida contas diferenciadas do patrimonio. 6.4.2. Na conta “Elementos de transporte” figura un vehículo adquirido no ano 1992 por un valor de 2.882.000 pesetas. No ano 1996 este vehículo foi substituído por outro, actualmente en uso, propiedade da Consellería de Familia. O vehículo propiedade do SGI figura, segundo documentación da Secretaría Xeral de Patrimonio de data 1 de xuño de 1998, nunha relación de vehículos adscritos á Consellería de Familia por un importe de 350.000 pesetas. En consecuencia, o SGI debería regularizar esta situación dando de baixa nas súas contas o ben cedido polo seu valor neto contable, se ben debería mantelo no inventario facendo constar a circunstancia de atoparse cedido, con indicación da entidade beneficiaria e condicións de cesión e, por outra parte, proceder como entidade beneficiaria a dar de alta nas súas contas o novo vehículo polo seu valor neto contable, facendo constar o mesmo no inventario sinalando a circunstancia de atoparse adscrito e as súas condicións de adscrición. 6.4.3. O saldo do inmobilizado material non recolle o valor do amplo fondo bibliográfico propiedade do Organismo debido a que as adquisicións destes fondos nos sucesivos exercicios imputáronse incorrectamente ó capítulo 2 “Gastos correntes en bens e servicios”, cando procedía facelo ó capítulo 6 do orzamento de gastos “Investimentos reais”. Inmobilizado inmaterial 6.5. Este apartado debe recoller o conxunto de bens intanxibles e dereitos, susceptibles de valoración económica, que cumpren ademais as características de permanencia no tempo e utilización na producción de bens e servicios ou constitúen unha fonte de recursos do suxeito. O saldo desta conta a 31.12.2000 ascende a 80.537.000 pesetas.

Page 30: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

33

6.5.1. Na composición daquel saldo detectamos bens, por importe de 3.127.000 pesetas, que pola súa natureza debían ser imputados en contas de inmobilizado material, polo que procede á súa reclasificación. 6.5.2. O resto de elementos incluídos nesta conta, por un importe de 77.410.000 pesetas, non cumpren os requisitos sinalados anteriormente para ser considerados como inmobilizado inmaterial, polo que no seu día deberon imputarse como gasto corrente. A partida máis importante corresponde ós gastos ocasionados pola contratación temporal de persoal durante os anos 1998 e 1999 para o seguimento do programa Emega, por 47.761.000 pesetas. O SGI xa non inclúe os relativos ó exercicio 2000, imputándoos correctamente ó capítulo 1 “Gastos de persoal”. Amortización acumulada 6.6. O SGI aplica para o cálculo da dotación anual á amortización o establecido na Orde do 24 de novembro de 2000 da Consellería de Economía e Facenda pola que se regulan as operacións de peche deste exercicio, que establece unha depreciación do 2% para os bens inmobles e un 10% para o resto do inmobilizado amortizable. 6.6.1. O cálculo para a determinación das dotacións de amortización realízase sobre o saldo contable do epígrafe ó final do exercicio, sen considerar que pode haber bens xa totalmente amortizados, agravándose esta situación polo feito de que o Organismo non dispón de fichas individualizadas de amortización, o que impide coñecer o grao de amortización de cada elemento. 6.6.2. As contas “Amortización acumulada” e “Resultados de exercicios anteriores” veríanse ademais afectadas polo sinalado nos apartados anteriores relativos ó inmobilizado sobre o feito de non considerar certas partidas como bens inventariables, polo que non procedería a súa amortización, ou sobre os bens cedidos en adscrición que non figuran no inmobilizado e ós que non se aplicou a correspondente amortización. Tesourería 6.7. O saldo de tesourería que reflicten as contas anuais formuladas polo SGI, 203.298.000 pesetas, coincide co saldo efectivo a 31.12.2000 dunha das contas correntes, a utilizada como conta operativa. Sen embargo, ese non sería o saldo real de tesourería, xa que existen outras dúas contas correntes non incluídas nese epígrafe: a de habilitación de persoal, cun saldo de 418.000 pesetas, e a de fondos a xustificar, con 3.161.000 pesetas. En consecuencia, o saldo de tesourería a 31.12.2000 está infravalorado en 3.579.000 pesetas.

Page 31: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

34

Fondos propios 6.8. A composición desta partida a 31.12.2000 é a seguinte:

Concepto

Importes en miles de ptas.

Patrimonio Resultado exercicio Resultados exercicios anteriores Subvencións de capital

34.90031.750

(19.841)77.029

TOTAL 123.838 6.8.1. Como xa sinalamos nos apartados correspondentes ó inmobilizado, o Organismo non recolle os bens recibidos da Consellería de Familia en adscrición, que deberían ter a súa contrapartida na conta “Patrimonio recibido en adscrición”. 6.8.2. O epígrafe “Subvencións de capital” reflicte o montante de tódalas transferencias de capital recibidas polo Organismo desde o exercicio 1994. Segundo a normativa contable, terán esta consideración as destinadas a financiar operacións de capital. Da análise dos gastos financiados con estas transferencias obsérvase que na súa maior parte non poden considerarse como investimentos, senón como gastos correntes, polo que os ingresos que financian os mesmos deberían tratarse como ingresos correntes e polo tanto imputarse como tal en cada exercicio transcorrido. 6.8.3. O resultado do exercicio segundo a conta de perdas e ganancias ascende a 7.551.000 pesetas. Sen embargo, segundo o balance, foi de 31.750.000 pesetas. A diferencia débese a que o Organismo anulou durante o exercicio saldos de acredores por subvencións indebidamente recoñecidos no exercicio anterior. Esta anulación contabilizouse incorrectamente por non ter en conta o seu efecto en contas de ingresos e gastos do exercicio. Acredores 6.9. O saldo de acredores a curto prazo presenta a 31 de decembro de 2000 a seguinte composición:

Page 32: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

35

Concepto

Importes en miles de ptas.

Acredores por obrigas recoñecidas exercicio corrente Acredores por obrigas recoñecidas exercicios pechados Seguridade Social F.P. acredora por conceptos fiscais Partidas pendentes de aplicación

448.865 44.577

643 5.432

35.294 TOTAL 534.811

6.9.1. O epígrafe “Partidas pendentes de aplicación” recolle o importe do remanente de tesourería do ano 1998 pendente de devolución á Consellería de Economía. Este ingreso realizouse o 25 de maio de 2001. 6.9.2. Durante o exercicio 2000 o SGI recoñeceu obrigas de pago referidas a beneficiarios de subvencións antes de estar debidamente contraídas, xa que a correspondente actuación non se atopaba xustificada adecuadamente, polo que se incumpre o establecido no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. No exercicio seguinte o SGI procedeu a anular aquelas obrigas recoñecidas durante o ano 2000 correspondentes a subvencións non xustificadas por un importe de 68.362.000 pesetas. En consecuencia, o epígrafe “Acredores por obrigas recoñecidas exercicio corrente” atópase sobrevalorado e o resultado do exercicio infravalorado en 68.362.000 pesetas. 6.9.3. O epígrafe “Acredores por obrigas recoñecidas exercicios pechados” recolle obrigas pendentes de pago que se remontan nalgún caso ó exercicio 1994 por un total de 44.577.000 pesetas. Durante o exercicio 2001 o SGI depurou parcialmente este saldo anulando obrigas por un importe de 17.374.000 pesetas. En consecuencia, o saldo de “Acredores por obrigas recoñecidas exercicios pechados” e o de “Resultados exercicios anteriores” atópanse, respectivamente, sobrevalorado e infravalorado en 17.374.000 pesetas. 6.10. Efectuamos probas de comprobación de saldos dos acredores máis significativos co obxecto de confirmar por escrito os saldos que figuran na contabilidade do Organismo. Como resultado destas probas detectamos diferencias, que non foron conciliadas polo Organismo, en tres dos acredores que contestaron á circularización (importes en miles de pesetas):

Page 33: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

36

Acredor

Saldo s/SGI

Saldo s/acredor

Difer.

Fondo Promoción de Emprego Barquido S.L. Míguez e Vigo S.L.

12.7411.5251.998

10.115 0 0

2.626 1.525 1.998

Estas diferencias, non xustificadas documentalmente polo Organismo, obedecen á práctica, xa explicada nos puntos anteriores, seguida polo SGI de recoñecer a obriga de pago ós beneficiarios de subvencións no momento en que se resolve a súa concesión e non cando aqueles xustifiquen adecuadamente o cumprimento das condicións requeridas. Ademais, o atraso existente na comprobación do cumprimento do obxecto e demais condicións da subvención provoca que a conta “Acredores por obrigas recoñecidas exercicios pechados” inclúa saldos que pola súa antigüidade (aparecen acredores do ano 1994) dificilmente poidan ser reclamados polo acredor. As incidencias anteriores denotan deficiencias no procedemento e no control interno que distorsionan a información ofrecida polas contas anuais. Conta do resultado económico-patrimonial Ingresos 6.11. A conta “Outros ingresos” recolle reintegros por importe de 1.695.000 pesetas como consecuencia da devolución de anticipos recibidos por beneficiarios de subvencións que non xustificaron no seu momento o cumprimento do estipulado nas bases da convocatoria. Estes anticipos contabilizáronse como gasto no exercicio anterior. En consecuencia, o resultado do exercicio atópase sobrevalorado mentres que o resultado do exercicio anterior está infravalorado no mesmo importe. 6.12. A conta “Intereses de depósitos” non recolle os xuros das contas bancarias correspondentes ó 4º trimestre do exercicio, por importe de 365.000 pesetas, que se imputan ó exercicio seguinte. Polo contrario, inclúe os relativos ó 4º trimestre do ano 1999, por importe de 393.000 pesetas. Como consecuencia, prodúcese unha distorsión no resultado económico-patrimonial dos exercicios afectados. Gastos 6.13. As contas de pagos a xustificar que o Organismo utiliza na súa xestión para determinados gastos correntes presentan a 31.12.2000 un saldo de 1.154.000 pesetas. Tendo en conta o funcionamento deste tipo de contas, en que se imputan

Page 34: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

37

gastos do exercicio polo importe das dotacións de fondos efectuadas, a non regularización dos saldos positivos a finais do exercicio implica a contabilización de gastos que non foron realizados. En consecuencia, o resultado do exercicio está infravalorado en 1.154.000 pesetas. 6.14. O saldo do epígrafe “Dotacións para amortización do inmobilizado” vese afectado polo indicado no apartado deste informe referido ó inmobilizado; é dicir, inclúe dotacións relativas a gastos que non poden ter a consideración de inmobilizado e de elementos que puideran xa atoparse totalmente amortizados. Tamén habería que incrementar esta partida polo importe da dotación daqueles bens recibidos en adscrición que non se incluíron no inmobilizado. 6.15. O SGI contabilizou como gastos de persoal correspondente á nomina de decembro de 2000 un importe superior ó real en 495.000 pesetas. Esta diferencia regularizouse nas nóminas de xaneiro e xuño de 2001. En consecuencia, o resultado de exercicio está infravalorado naquel importe. 6.16. O epígrafe “Gastos de persoal” inclúe gastos correspondentes a manutención, aloxamento e transporte do seu persoal por 3.105.000 pesetas e dietas dos membros dos órganos colexiados do Organismo por 360.000 pesetas. Tamén detectamos gastos por este último concepto contabilizados no epígrafe “Gastos diversos”, por importe de 160.000 pesetas. Os gastos de viaxe do persoal deben recollerse dentro do epígrafe 62 “Servicios exteriores”1. Neste sentido pronúnciase o ICAC no boletín nº 9, de abril de 1992, en resposta á consulta formulada “sobre o tratamento contable dos gastos de viaxe do persoal, entendendo por tales, manutención, aloxamento e transporte e das dietas dos conselleiros”. En canto ás dietas dos conselleiros, deben contabilizarse como gastos de persoal. Estas incidencias, aínda que non afectan ó resultado do exercicio, distorsionan a información que ofrecen as contas de gastos.

1 Parágrafo modificado ó terse detectado un erro na denominación da conta

Page 35: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

38

VII. CONCLUSIÓNS Respecto da execución dos orzamentos 7.1. O Organismo non efectuou as operacións de modificacións orzamentarias precisas para que os créditos definitivos para gastos non superaran as previsións definitivas de ingresos, polo que a liquidación dos orzamentos presenta un desequilibrio entre ambas magnitudes. 7.2. O SGI non transferiu ó orzamento da Administración Xeral da Comunidade Autónoma os remanentes líquidos de tesourería dos exercicios 1998 e 1999 resultantes das respectivas liquidacións orzamentarias, permanecendo depositados na tesourería do Organismo a 31.12.2000 e contribuíndo a elevar o seu saldo indebidamente. 7.3. O Organismo recoñece indebidamente como obrigas do orzamento do ano 2000 as subvencións concedidas nese ano aínda que as beneficiarias non tiveran aportado a documentación xustificativa do gasto. Ó ser obrigas non esixibles nin liquidables no ano 2000, non se deberon incluír no orzamento correspondente a este exercicio económico. En relación coa área de persoal 7.4. O 35% dos gastos de persoal correspóndense co pago das retribucións ó persoal laboral contratado temporalmente para asesorar ás mulleres emprendedoras e coordinar as axudas das que poidan dispoñer. Esta situación vense producindo de forma reiterada nos últimos exercicios económicos. En relación á contratación 7.5. En febreiro de 2000 o SGI encarga á entidade Fondo de Promoción de Emprego un estudio sobre a incidencia do aborto na Comunidade Autónoma fraccionando o obxecto do contrato, o que permitiu eludir o requisito de publicidade, o procedemento e a forma de adxudicación que correspondería. Tamén observamos diversos expedientes de contratos menores nos que non figuran peticións de ofertas a máis dunha empresa para a realización dos traballos, polo que non se pode constatar que se observara o principio de economía no gasto.

Page 36: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

39

En relación á concesión de subvencións 7.6. O SGI dedica o 70% dos seus recursos á actividade de fomento, sendo a peza fundamental para a promoción e a adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre os homes e as mulleres. 7.7. Agás para a concesión de subvencións do programa Emega, para as demais liñas de subvencións non consta a utilización pola comisión de avaliación dun baremo para a ponderación dos criterios que figuran nas bases das respectivas ordes de convocatoria, polo que non se puido comprobar o cumprimento do principio de obxectividade na concesión. 7.8. Apreciamos debilidades significativas de xestión e control interno na tramitación dos expedientes de subvencións para a formación das mulleres, que posibilitan o recoñecemento de obrigas orzamentarias que non son liquidables nin esixibles porque non se chegou a impartir o curso ou porque non se aportou a documentación que debe acompañar ás solicitudes. 7.9. Respecto das subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller, detectamos deficiencias de xestión significativas no referido ós prazos de revisión da documentación que deben aportar as entidades para percibir o resto das subvencións no suposto nos que se aboara un anticipo. 7.10. Tamén se apreciou insuficiencia do control interno nas axudas do programa Emega no referido á declaración das beneficiarias sobre o cumprimento do orzamento do proxecto subvencionable, que se acepta sen realizar ningunha medida de control. Ademais, o Organismo non efectúa inspeccións periódicas para comprobar que a empresa permaneza activa durante tres anos e que os postos de traballo que creen as beneficiarias estén cubertos por un período mínimo de tres anos. O non mantemento destas dúas condicións é causa determinante de revogación e da obriga de reintegro do importe da subvención por parte da beneficiaria. 7.11. Como a orde que regula as subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller non establece criterios graduados, segundo a súa importancia en relación coa finalidade da subvención, para a determinación da súa contía, a comisión de avaliación cuantifica discrecionalmente o importe concedido, sen que figuren debidamente motivados nos expedientes os seus acordos.

Page 37: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

40

7.12. Segundo as bases da orde de convocatoria de subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller, as axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva. Sen embargo, esta vese menoscabada polo feito de que as solicitudes, imputadas a un mesmo crédito orzamentario, non se comparan nun único procedemento. 7.13. A resolución de convocatoria das subvencións do programa Emega dispón que o importe das axudas será como máximo de 3.000.000 de pesetas e non poderá superar o 50% do orzamento do proxecto de investimentos. Sen embargo, a proposta para o exercicio 2000 efectuada pola comisión de avaliación fixa a contía máis alta de concesión en 2.000.000 de pesetas, sen que conste motivación algunha ó respecto. Respecto da planificación da actividade 7.14. Incumprindo o VI obxectivo do III Plano de igualdade, non consta que o Organismo efectúe o seguimento ou avaliación cualitativa das actividades desenvolvidas no exercicio 2000. 7.15. O Organismo non posúe ningún procedemento ou sistema que permita relacionar os recursos para realizar as actividades encomendadas cuns indicadores -que poderían ser de resultados, de medios e de impacto- que posibiliten medir o grao de consecución dos obxectivos. O programa orzamentario 212A “pensións e prestacións asistenciais” non fixa obxectivos asociados a indicadores vinculados ós créditos orzamentarios que permitan opinar sobre a racionalidade e adecuación dos recursos públicos afectados a aquel programa. En relación ós estados financeiros 7.16. Na nosa opinión, excepto polos efectos das salvidades expresadas no apartado VI deste informe de fiscalización, as contas anuais expresan razoablemente a imaxe do patrimonio e da situación financeira do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller a 31.12.2000, así como dos resultados das súas operacións e recursos obtidos e aplicados durante o exercicio anual rematado en dita data, contendo a información necesaria e suficiente para a súa comprensión e interpretación adecuada, de conformidade con principios e normas contables xeralmente aceptadas.

Page 38: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

41

VIII. RECOMENDACIÓNS Respecto da execución dos orzamentos 8.1. O Organismo debe recoñecer as obrigas orzamentarias no momento en que sexan liquidables e esixibles. Tamén debe transferir ó orzamento da Administración Xeral da Comunidade Autónoma os remanentes líquidos de tesourería unha vez efectuadas as liquidacións orzamentarias. Respecto ás modificacións orzamentarias, deben efectuarse de xeito que os créditos definitivos para gastos non superen as previsións definitivas de ingresos. En relación coa área de persoal 8.2. Tendo en conta as contratacións de persoal que periodicamente se realizan, os órganos de dirección deberían plantexarse unha adecuación das relacións de postos de traballo ó volume da actividade encomendada. En relación á contratación 8.3. O Organismo debe evitar o fraccionamento do obxecto dos contratos, que diminúe a contía dos mesmos e permite eludir os requisitos de publicidade, o procedemento ou a forma de adxudicación que corresponda. En relación á concesión de subvencións 8.4. O Organismo debe elaborar baremos para puntuar os criterios establecidos nas normas de convocatoria das subvencións como garantía de obxectividade na súa concesión. Tamén debe mellorar os procedementos de tramitación dos expedientes de subvencións e incrementar o control interno, efectuando as inspeccións necesarias para asegurar o cumprimento das condicións polos destinatarios das axudas. As normas de convocatoria daquelas subvencións que se concedan en réxime de concorrencia competitiva deben ser congruentes con este principio. 8.5. O SGI, como organismo público encargado de levar a cabo as accións encamiñadas a promover as condicións de igualdade entre homes e mulleres, non debe limitarse, case exclusivamente, a políticas de fomento para que outras entidades -públicas ou privadas- contribúan á consecución dos seus obxectivos, como se pon de manifesto polo feito de que o 70% dos seus recursos se destinen

Page 39: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

42

a outorgar subvencións, correspondendo o 30% restante en gran medida a gastos de funcionamento. O Organismo debe participar máis directamente na prestación dos servicios e no desenvolvemento das actividades precisas para a consecución dos obxectivos previstos no III Plano de igualdade. Respecto da planificación da actividade 8.6. O SGI debe establecer unha adecuada orzamentación por obxectivos que permita utilizala como instrumento de planificación anual e de control do seu cumprimento. O programa orzamentario debería asignarlle uns obxectivos asociados a uns indicadores que posibiliten obter a información indispensable para efectuar unha análise da eficiencia das actividades realizadas. En relación ós estados financeiros 8.7. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma debe proceder a aprobar o plano parcial contable adaptado ás características do Organismo, tal e como prevé a disposición transitoria primeira da Orde do 28 de novembro de 2001 pola que se aproba o Plano Xeral de Contabilidade Pública de Galicia. 8.8. O SGI debe proceder a unha depuración dos bens que figuran no inventario e nas contas do inmobilizado, así como á inclusión daqueles bens recibidos en adscrición. Tamén debe elaborar fichas individualizadas de amortización de cada elemento para ter constancia en todo momento do grao de amortización dos mesmos. 8.9. O SGI debe realizar unha exhaustiva depuración dos saldos das súas contas acredoras para adecualos á débeda real existente.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002

Page 40: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

Anexo I

Subvencións recibidas polos concellos para organización de cursospara mulleres desempregadas (miles de pesetas):

IMPORTEBENEFICIARIO SUBVENCIÓN

CONCELLO DE CHANTADA 3.986CONCELLO DE LOURENZÁ 3.161CONCELLO DE CUALEDRO 2.748CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA 2.425CONCELLO DE FOZ 2.425CONCELLO DE RIANXO 2.425CONCELLO DE VALGA 2.425CONCELLO DE SANXENXO 2.422CONCELLO DA BAÑA 2.319CONCELLO DE RAMIRÁS 2.156CONCELLO DAS NEVES 2.128CONCELLO DE FISTERRA 2.089CONCELLO DE PONTECALDELAS 2.089CONCELLO DE MIÑO 2.025CONCELLO DE MONTERREI 1.992CONCELLO DE MEAÑO 1.972CONCELLO DE MASIDE 1.945CONCELLO DE CASTROVERDE 1.936CONCELLO DE VILABOA 1.936CONCELLO DA ILLA DE AROUSA 1.926CONCELLO DE MEIS 1.925CONCELLO DO SAVIÑAO 1.900CONCELLO DE PADRÓN 1.850CONCELLO DE VIVEIRO 1.845CONCELLO DE TOURO 1.818CONCELLO DE CAMBRE 1.798CONCELLO DE PARADELA 1.769CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL 1.758CONCELLO DO GROVE 1.747CONCELLO DE RIVEIRA 1.742CONCELLO DE REDONDELA 1.740CONCELLO DE ABEGONDO 1.692CONCELLO DE VAL DO DUBRA 1.678CONCELLO DE VILARDEVÓS 1.650CONCELLO DE MUROS 1.556CONCELLO DE CAMBADOS 1.549CONCELLO DE FRIOL 1.426CONCELLO DE ARTEIXO 1.306CONCELLO DE SOBER 1.097CONCELLO DE BUEU 799

TOTAL................................................................................................................ 79.175

Page 41: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

Subvencións recibidas polos concellos para organización de cursospara traballadoras en activo (miles de pesetas):

IMPORTEBENEFICIARIO SUBVENCIÓN

CONCELLO DE VILA DE CRUCES 1.252CONCELLO DE RUBIA 879CONCELLO DE ARTEIXO 797CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL 796CONCELLO DE POL 754CONCELLO DE VILAGARCÍA 738CONCELLO DE NARÓN 676CONCELLO DE CHANTADA 612CONCELLO DE RÁBADE 478CONCELLO DE SILLEDA 398CONCELLO DE CARRAL 394CONCELLO DE SANTA COMBA 383TOTAL.................................................................................................................... 8.157

Anexo II

Subvencións recibidas por empresas para realización de cursosde formación das súas traballadoras (miles de pesetas):

IMPORTEBENEFICIARIO SUBVENCIÓN

NEOPUNT, S.L. 4.818LOIDA, S.A. 2.539POLICLÍNICO LUCENSE, S.A. 2.465LOUSATEX SOC. COOP. GALEGA 1.929CENTRO ORIENTACIÓN ESTUDIOS COMERCIAIS (A ESTRADA) 1.902MANZANEDA TEXTIL, S.L. 966CONFECCIONES PUNTADAS, S.L. 965ESCURÍS, S.A. 822

TOTAL ................................................................................................................... 16.406

Page 42: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

Anexo III

Asociacións que recibiron subvencións para actividades de promoción (miles de pesetas):

IMPORTE IMPORTEBENEFICIARIO SUBVENCIÓN BENEFICIARIO SUBVENCIÓN

ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMIDORES LUCUS 1.500 M.R. AGARIMO DE PILOÑO 324ASOC. MULLERES XÓVENES AREA 1.016 M.R. ALBOR 324UNAE - VIRXE DE BONAVAL 900 M.R. AS SAIÑAS 324ASOC. EMPRESARIAS DE A CORUÑA 800 M.R. ASCUAS. CATOIRA 324ASOC. LOCAL DE OLEIROS - UNAE 800 M.R. AVELAIÑA 324M.R. VERACRUZ 750 M.R. CRUZ DE CIRA 324M.R. BOLBORETA 600 M.R. DE CASTRO 324VIÚVAS JULIA MINGUILLÓN 600 M.R. DE OUBIÑA 324ASOC. M. QUEIROA BERGANTIÑOS 580 M.R. DO UMIA 324M.R. A LAGOA 574 M.R. E CONS. ALAMBIQUE VILAGARCÍA 324M.R. AVELINA VALLADARES 574 M.R. EMILIA PARDO BAZÁN SANXENXO 324M.R. STA. CATALINA 574 M.R. LOLITA TRIGO VILANOVA DE AROUSA 324M.R. STA. MARÍA 574 M.R. NOGUEIRA DE MEIS 324ASOC. SOCIAL E SANITARIA DE GALICIA 560 M.R. O CAMPANARIO 324M.R. AGARIMO 550 M.R. O CANDAN 324ASOC. DE XORDOS DE VIGO 500 M.R. O MAGNOLIO 324ASOC. M. BOUZAS 500 M.R. O SALNÉS 324ASOC. M. CAMPO DE XESTOSO-CAMBA 500 M.R. OS BORRIZOS 324ASOC. M. ROSALÍA CASTRO 500 M.R. SAN MIGUEL LORES 324ASOC. MULLERES E F. DO A.R.G. - AMFAR GALICIA 500 M.R. SAN VICENTE 324FUNDACIÓN GALFOR 500 M.R. STA. OLALLA 324HOGAR SANTA ISABEL 500 M.R. STA. TECLA 324M.R. BOAVILA 500 M.R. VAL DE LOURIÑA 324M.R. LIAFAIL BETANZOS 500 M.R. VIRXE DO FARO 324M.R. VAL DE LEMOS 500 M.R. A GRANXA PICO SACRO 320ASOC. CONSUMIDORES A CORUÑA 480 M.R. MEIRA 320M.R. SAN ISIDRO 475 ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMIDORES DE BRETOÑA 300ASOC. CENTRO DESENVOLV. RURAL PORTAS ABERTAS 437 ASOC. CULTURAL DA MULLER GALEGA XANELA 300ASOC. MULLERES RURAIS OS MALUGREIROS 425 ASOC. DE MULLERES "ÁGUEDA" 300M.R. O CARMEN 422 ASOC. DE MULLERES AS ANGUEIRAS 300ASOC. ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO OURENSE 400 ASOC. M. SOFÍA CASANOVA 300ASOC. PROFES. EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA 400 ASOC. M. STA. EULALIA DUMBRÍA 300M.R. A CABANA 400 ASOC. MULLERES RURAIS VALDULLA 300M.R. PASTORIZA 400 CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL "O VISO" 300M.VILALBESAS AMIZADE 400 M.R. A ENCRUCILLADA 300VIÚVAS DE SANTIAGO 400 M.R. ADRO VELLO 300M.R. ORBALLO 375 M.R. AMIGAS DA TERRA CHÁ 300ASOC. MULLERES RURAIS DEZA 374 M.R. AS FIANDEIRAS 300M.R. DO TEA 374 M.R. BREIXO 300ASOC. ACCIÓN SOCIAL NÉBOA 350 M.R. CARBALLIÑO CARQUEIXA 300ASOC. AMAS DE CASA BAOS 350 M.R. DE LESTEDO 300ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMIDORES DE MONFORTE 350 M.R. NOVAS VIVENZAS 300ASOC. GALEGA DE HEMOFILIA 350 M.R. O SALGUEIRAL 300ASOC. M. BARRIO DE CARRANZA 350 M.R. SAN BENITO 300ASOC. SOCIOCULTURAL FALCATRUEIROS 350 VIUVAS CONCEPCIÓN ARENAL 300M.R. DA BEREA 350 M.R. MARCO DA PENA VERDE TRABADA 275M.R. NOSA SRA. PORTAL 350 ASOC. AMAS CASA DE CAMBRE 274M.R. NOSA SRA. ROSARIO 350 ASOC. AMAS DE CASA A BARCAROLA 250M.R. RÍO ULLA 350 ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMIDORAS LAXEIRO 250M.R. DE CODESELA 326 ASOC. CULTURAL O CASTELO DE VIMIANZO 250M.R. DE ROUPAR 325 ASOC. M. AIRIÑOS DA TERRA 250M.R. STA. ISABEL OUTEIRO 325 ASOC. M. BARRIO DEL PILAR 250VIUVAS CARMIÑA PRIETO ROUCO 325 ASOC. M. EMPREND. GALICIA 250ASOC. CONCEPCIÓN ARENAL 324 ASOC. M. EMPR. VALES ULLA E UMIA 250ASOC. M. DE MOAÑA 324 ASOC. M. LILITH 250ASOC. M. MUNICIP. SILLEDA 324 ASOC. M. POLA IGUALDADE 250ASOC. MULLERES ACCEDO 324 ASOC. M. PROGRES. VIGO 250ASOC. RURAL DE AMAS DE CASA DE ARNOIS 324 ASOC. M. SEPAR. DIVOR. OURENSE 250M.R. A CANDELARIA 324 ASOC. M. XITANAS CHAVORRI 250M.R. A CANTEIRA 324 ASOC. M. AQUIS CELENIS 250M.R. A SECA 324 ASOC. MULLERES RURAIS DO EIXO 250M.R. A TELLEIRA 324 ASOC. PEDAGÓXICA "ICA-ATENEO" 250

Page 43: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

IMPORTE IMPORTEBENEFICIARIO SUBVENCIÓN BENEFICIARIO SUBVENCIÓN

FEDERACIÓN GALEGA DE MULLERES VITICULTORAS 250 ASOC. M. LÚDICAS AMULUS 200INSTITUTO SECULAR OBRERAS DE LA CRUZ 250 ASOC. M. PROG. A GUARDA 200M.R. AGRO 250 ASOC. MULLERES A XECA 200M.R. ANDURIÑA DO REINO 250 ASOC. VECIÑOS E AMAS DE CASA DE MONTAOS 200M.R. CARBALLEIRA-CALDAS 250 CITEM FORMACIÓN E EMPREGO A RÚA 200M.R. CASTRELO DO MIÑO 250 FUNDACIÓN EMPRENDE 200M.R. FIADEIRA DE XIL MEAÑO 250 M.R. A LANDRA 200M.R. MAXIMINO E MELANIA SAN CRISTOBO DE CEA 250 M.R. CAMANZO 200M.R. PEDRAS BRANCAS 250 M.R. DA PONTENOVA 200M.R. RUBIDEIRA 250 M.R. O SERRO 200M.R. SAN AMARO 250 M.R. PORTA NORTE 200M.R. SAN BREIXO DE BERAN 250 M.R. SAN MARTIÑO NOGUEIRA 200M.R. STA. CRISTINA 250 M.R. SAN XOÁN 200M.R. STA. Mª FISTEUS 250 M.R. XANELA 200M.R. STA. Mª MACENDO 250 SOCIEDADE CULTURAL ALBOR 200M.R. TEA DE ARAÑA 250 AGRUPACIÓN DE XORDOS DE A CORUÑA 175M.R. TRES DE MAIO LAZA 250 ASOC. FAMILIAR DE AMAS DE CASA DE RIBADEO 175M.R. COVA DA MOURA 243 ASOC. M. CAUREL ENXEBRE 175M.R. BARRIO DA ESTACIÓN 240 ASOC. VV. AVDA. RAMÓN FERREIRO Y ZONA CENTRO 175ASOC. ESCOLA DE MULLERES SIMONE DE BEAUVOIR 239 M.R. STA. EULALIA TEIXEIRO 175ASOC. AMAS DE CASA E CONSUMO F. BADELLA 225 VIÚVAS STA. Mª DO CAMPO 175ASOC. M. CONS. E USU. STA. ÁGUEDA 225 ASOC. AMAS DE CASA A FIESTRA 150ASOC. M. NEVES DE OUROSO 225 ASOC. DE VECIÑOS DE SANTIAGO DE ADAI 150ASOC. MULLERES O SALGUEIRO 225 ASOC. M. BESOL 150ASOC. MULLERES RURAIS BIBEI 225 ASOC. M. BOLBORETAS 150CENTRO DE ANIMACIÓN RURAL DE MULLERES A VEIGA 225 ASOC. M. DE SAN CIPRIÁN 150M.R. ABELENDA DAS PENAS 225 ASOC. PALILLEIRAS AS NEMANQUIÑAS 150M.R. ADIANTE 225 CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ANCARES 150M.R. ALECRÍN 225 M.R. DO CHAO 150M.R. AMENCER 225 M.R. O NOSO LAR 150M.R. CAMPIÑAS 225 M.R. TRES CASTROS 150M.R. CARBALLEIRA 225 ASOC. M. PESCADEIRAS ESTRELA DO MAR 125M.R. CLAREXAR 225 ASOC. M. XOANIÑA 125M.R. DE DACÓN 225 M.R. A CASIÑA 125M.R. E CONS. O CRUCEIRO LAZA 225 M.R. A MARRONDA-BALEIRA 125M.R. E CONSUMO A REVOLTA O CARBALLIÑO 225 M.R. MIRAFLORES POBRA DE BROLLÓN 125M.R. FIRVEDA PORQUEIRA 225 M.R. O CASTELO 125M.R. RÍO CERVES 225 M.R. PONTE DA XONZA 125M.R. SAN LÁZARO 225 VIÚVAS CONCEPCIÓN ULLOA 125M.R. SAN PAIO 225 VIÚVAS PILAR OTERO 125M.R. STA. ÁGUEDA 225 M.R. DE CAMANZO 124M.R. STA. ANA 225 A.C. A CORUÑA (TEIXEIRO) 120M.R. STA. LUCÍA 225 ASOC. M. BARRIO DA ESTACIÓN 110M.R. STA. Mª SALAMONDE 225 M.R. DE MEIRA 105M.R. XEITOSA 225 ASOC. ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO OURENSE 100M.R. XESTA 225 ASOCIACIÓN CULTURAL "O BARRIDO" 100M.R. E CONS. ENTRE NOS VILARDEVÓS 212 M.R. POBO DE MIRANDA 100ASOC. AMAS DE CASA, CONSUM. E USUARIOS MONTERRO 200 ASOC. M. PROGRES. AROUSA 50ASOC. M. DE CERCEDA 200

TOTAL............ 66.764

M.R.: ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS

Page 44: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

47

ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER Ó INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2000

Page 45: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

49

Page 46: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

50

Page 47: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

51

Page 48: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

52

Page 49: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

53

Page 50: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

54

Page 51: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

55

Page 52: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

56

Page 53: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

57

Page 54: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

58

Page 55: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

59

RÉPLICAS DO CONSELLO DE CONTAS ÁS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER Ó INFORME DE FISCALIZACIÓN CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2000

Page 56: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

61

RÉPLICAS ÁS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLO SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE DO HOME E DA MULLER Trámite de alegacións En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, aprobado pola Mesa do Parlamento de Galicia o día 31 de xaneiro de 1992 e publicado no BOPG nº243, do 28 de febreiro de 1992, a directora xeral do Servicio Galego de Igualdade do Home e da Muller, no prazo sinalado no escrito de remisión do informe de fiscalización do Consello de Contas daquel organismo relativo ó exercicio 2000, formulou as correspondentes alegacións, que se xuntan ó informe de fiscalización do Consello de Contas. Con relación ó seu contido e tratamento, independentemente das aclaracións e puntualizacións que en cada caso figuran nas réplicas, cómpre sinalar con carácter xeral o seguinte: Excepto nos casos concretos que así o requiran, o Consello de Contas non valora as alegacións que confirmen deficiencias ou irregularidades sinaladas no informe; que expoñan criterios e opinións sen soporte documental ou normativo ou ben que non rebatan o contido do informe, senón que se trate de explicacións ou xustificacións sobre as actuacións da entidade fiscalizada. Nos supostos nos que se modifica total ou parcialmente o contido dalgún punto do informe indicarase este feito expresamente mediante nota a pé de páxina. Réplica á alegación nº1, referida á documentación aportada para efectuar a análise de eficacia e eficiencia da xestión do organismo. Alegan que facilitaron a programación das actuacións para o exercicio de referencia que desenvolve a planificación a longo prazo do III Plano de igualdade de oportunidades das mulleres galegas 1998/2001 e a memoria posterior de actuacións efectivamente realizadas. No informe indícase que os traballos desenvolvéronse coa limitación derivada da falta de documentación suficientemente precisa para efectuar a análise de eficacia e eficiencia da xestión do organismo porque, como se indica no punto 5.3, este, ó non posuír ningún sistema que permita relacionar os recursos económicos para realizar as actividades encomendadas cuns indicadores que posibiliten medir o grao de consecución dos obxectivos, carece da información indispensable para efectuar unha análise da eficacia. Indícase tamén no punto 5.4 do informe que os xestores do programa orzamentario 212A “pensións e prestacións asistenciais” non plasmaron en documentos adecuados un procedemento que permita correlacionar indicadores

Page 57: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

62

cos recursos económicos que o financian. Ademais, nin a programación das actuacións, nin a memoria, nin o programa orzamentario, conteñen os elementos precisos para avaliar a eficacia e eficiencia da xestión do organismo. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº2, referida á contratación de 25 traballadores. Alégase que as contratacións efectuáronse para o servicio de asesoramento, avaliación e seguimento de iniciativas empresariais para mulleres e non para tramitar as subvencións do programa Emega. A concesión das subvencións do programa Emega implica o asesoramento ás mulleres que se interesen por estas axudas, a avaliación das solicitudes presentadas e o seguimento posterior á súa concesión e pago, co obxecto de comprobar que se manteñan as condicións establecidas, que son o mantemento dos postos de traballo durante tres anos e que a empresa permaneza activa no mesmo prazo. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº3, referida ó punto 3.3 do informe, sobre o desequilibrio orzamentario entre o orzamento de ingresos e gastos. Alégase que a contía de 2.504.377 pesetas que desequilibra os orzamentos de ingresos e gastos débese a que se tramitou un RC de non dispoñibilidade de créditos polo mesmo importe, aprobando dita modificación orzamentaria a Dirección Xeral de Orzamentos. No punto 3.3 indícase que a retención de créditos non é unha operación de modificación orzamentaria, senón que é unha operación de xestión orzamentaria que non corrixe os desequilibrios orzamentarios, polo que deberían tramitar as modificacións orzamentarias precisas para que os créditos definitivos para gastos non superen as previsións definitivas de ingresos. En consecuencia, a alegación formulada, ó non rebater o contido do informe de fiscalización, non supón a súa modificación.

Page 58: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

63

Réplica á alegación nº4, referida ó punto 3.5 do informe, sobre o recoñecemento indebido de obrigas. Alegan que non recoñecen indebidamente as obrigas, por estar amparados polo Decreto 21/1992, do 29 de xaneiro, que desenvolve o artigo 31 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1992, e o artigo 37 da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, ó igual que a normativa estatal, establece que o recoñecemento das obrigas orzamentarias, como acto formal na execución do orzamento de gastos, só procede unha vez realizada e xustificada adecuadamente a correspondente prestación (artigo 73.3). No ámbito da actividade subvencionadora, esta só xorde cando se cumpren por parte dos beneficiarios os requisitos establecidos na normativa reguladora para o seu aboamento, e non cando se dicta o acto da concesión. O recoñecemento do dereito a favor do beneficiario debe plasmarse nun acto administrativo que acepte formalmente a existencia dunha débeda esixible e que debe dictarse no exercicio en que o gasto queda acreditado. Esto é unha esixencia tanto do artigo 47 da Lei de réxime financeiro, que establece que o exercicio orzamentario coincidirá co ano natural e a el se imputarán as obrigas recoñecidas ata o 31 de decembro, como no disposto no PXCP cando formula o principio de devengo, engadindo que os gastos e ingresos que xorden na execución dos orzamentos imputaranse cando de acordo co procedemento establecido en cada caso se dicten os correspondentes actos administrativos. O acto contable “contabilización do documento O” é un trámite que non pode dictarse ata que se teña dictado o acto administrativo de xestión orzamentaria polo que se acepta formalmente a obriga. A Lei non establece ningunha diferenciación no réxime das subvencións correntes que se aparte deste réxime xurídico. O acto administrativo de recoñecemento das obrigas nas axudas sinaladas no informe non se produce ata o exercicio seguinte ó da súa contabilización, polo que o acto contable está incorrectamente imputado ó exercicio anterior. A excepción a estes principios prevista no Decreto 21/1992, do 29 de xaneiro, para as subvencións correntes, apártase do réxime legal establecido na normativa orzamentaria. En consecuencia, a alegación formulada non rebate o contido do informe e, polo tanto, non supón a súa modificación.

Page 59: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

64

Réplica á alegación nº5, referida ó punto 4.2 do informe, sobre contratación de persoal para o trámite e seguimento dunha determinada liña de subvencións. Alegan que solicitaron unha subvención para contratar desempregados e prestar un servicio ás mulleres galegas e asesoralas para a solicitude de subvencións cara á creación de empresas, avaliar os seus planos empresariais e facer un seguimento das súas iniciativas, recoñecendo ademais as necesidades de persoal do organismo. No punto 4.2 do informe indícase que ano tras ano o organismo acude a contratacións temporais para o trámite e seguimento dunha determinada liña de subvencións, e sen embargo non consta que os seus órganos de dirección efectuaran un estudio de necesidades dos recursos humanos, para proceder, se fose necesario, á modificación das relacións de postos de traballo existentes. A alegación non rebate o contido do informe, polo que non supón a súa modificación. Réplica á alegación nº6, referida ó punto 4.4 do informe, sobre ó fraccionamento do obxecto dun contrato. Recoñecen que terían que ter feito un contrato que abarcara a totalidade do obxecto, que era a realización dun estudio sobre a incidencia do aborto na Comunidade Autónoma de Galicia. Confirman as irregularidades sinaladas. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº7, referida ó punto 4.5 do informe, sobre a falta de constancia de petición de ofertas en casos de contratos menores. Alegan que a falta de constancia de petición de ofertas non significa un menoscabo do principio de economía do gasto, posto que consultaron a diversas empresas, aínda que non por escrito. Confirman a deficiencia sinalada no informe, relativa a que non consta a petición de ofertas a outras empresas distintas da adxudicataria co obxecto de seleccionar a que presente mellor prezo e facer así efectivo o principio de economía. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización.

Page 60: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

65

Réplica á alegación nº8, referida ó punto 4.9 do informe, sobre a falta de obxectividade do procedemento utilizado para a consecución das subvencións para a formación das mulleres. Alegan que a valoración das solicitudes de subvencións efectúase segundo os criterios de orde de convocatoria, especificando que os criterios non están baremados na orde, senón que esta realízaa a comisión de valoración á hora de adxudicar os cursos. Non aportan nova documentación que acredite que a comisión de valoración utilice un baremo para graduar os criterios de adxudicación. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº9, referida ó punto 4.10 do informe, sobre os cursos impartidos. Aceptan que se impartiron máis cursos para traballadoras activas na provincia de Lugo, pero que ó ser de menos horas, só supuxeron un 13,87% dos recursos dedicados. A distribución por importes dos cursos de “activas” impartidos na Comunidade e na provincia de Lugo, reflíctese no cadro seguinte:

Importe (en miles) Aplicación Perceptor Galicia (1) Lugo (2) % (2/1)

461 471

Concellos Empresas

8.157 16.406

2.723 7.283

33 44

24.563 10.006 41 Da análise do mencionado cadro compróbase que os recursos económicos destinados a cursos de traballadoras activas na provincia de Lugo supoñen un 41% do total. Polo tanto, está totalmente xustificada a afirmación reflectida no informe. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº10 referida ó punto 4.13 do informe, sobre recoñecemento de obrigas non xustificadas e tramitación e instrucción de expedientes que non reúnen a documentación esixida. Sobre o recoñecemento de obrigas remítense á alegación nº4. Respecto do requirimento da documentación preceptiva para a tramitación dos expedientes admiten que a efectúan sen a

Page 61: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

66

debida premura, xa que “dan preferencia á tramitación dos expedientes que están completos respecto ós que veñen incompletos”. No que respecta ó recoñecemento de obrigas non xustificadas, remitímonos ó expresado na réplica á alegación nº4. En canto á parte da alegación referida ó requirimento de documentación que necesariamente debe acompañar as solicitudes, confirman as deficiencias sinaladas no informe. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº11, referida ó punto 4.15 do informe, sobre a falta de obxectividade na concesión de subvencións para actividades destinadas á promoción da muller. Remítennos á alegación nº7. A contestación a esta alegación coincide co expresado na réplica á alegación nº7. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº12, referida ó punto 4.16 do informe, sobre as subvencións para a promoción das mulleres. Alegan que é erróneo cuestionar a efectividade das axudas en base ó gran número de beneficiarios e ó importe dedicado ás mesmas. Sosteñen que é imprescindible a atomización das axudas para poder atender o maior número de entidades, dada a propia dispersión dos núcleos poboacionais galegos. Por esixencias legais, toda subvención debe responder ó fomento dunha actividade de utilidade pública e interese social. Cuestionar a efectividade do cumprimento da finalidade pública á que atenden as subvencións forma parte da labor fiscalizadora do Consello de Contas. Entendemos que dadas as contías manexadas e o número de beneficiarios das axudas dispensadas, non poden considerarse adecuadas para cumprir a finalidade pública perseguida. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización.

Page 62: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

67

Réplica á alegación nº13, referida ó punto 4.17 do informe, sobre a falta de criterios graduados para determinar a contía das subvencións para actividades de promoción da muller. De novo nos remiten á alegación nº7. Como nos remiten ó argumento da alegación nº7, a réplica tamén coincide co expresado naquela. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº14, referida ó punto 4.18.1 do informe, sobre o cumprimento do principio de concorrencia competitiva. Alegan que emitir varias propostas de concesión de subvencións non vai contra o principio de concorrencia competitiva, posto que se valoraron tódolos expedientes conxuntamente e concedéronse subvencións ós que están completos e solicitan a subsanación de erros ás entidades que non teñen os expedientes completos. Coa alegación ratifican que ó emitir as propostas de concesión das subvencións non respectaron o principio de concorrencia competitiva. Outorgar as subvencións en réxime de concorrencia competitiva implica comparar nun único procedemento as solicitudes imputadas a un mesmo crédito orzamentario, conforme ós criterios de valoración que figuran na orde de convocatoria, propoñendo a concesión das subvencións a aquelas entidades que reúnan máis méritos. A comisión de valoración limitouse a rexeitar aquelas solicitudes que non presentaban toda a documentación necesaria e propoñer a concesión das subvencións a aquelas entidades que a presentaban. Antes de que a comisión de avaliación se reunira para valorar as solicitudes, en aplicación do Decreto 377/1998, do 23 de decembro, as unidades administrativas encargadas da tramitación e instrumentación dos expedientes deberon requirir ós solicitantes para que no prazo regulamentario remitiran a documentación preceptiva, con indicación de que se así non o fixeran consideraríanse desistidos da súa petición, arquivándose a solicitude. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización.

Page 63: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

68

Réplica á alegación nº15, referida ó punto 4.18.2 do informe, sobre a formulación de convenios con entidades destinatarias de subvencións para actividades de promoción da muller. Alegan que a sinatura de convenios non menoscaba o principio de concorrencia competitiva. No informe indícase que a comisión de valoración propón primeiro a adxudicación das subvencións para programas de atención especializada, que se suxeitarán á formulación dun convenio. Con posterioridade propón, cos créditos orzamentarios sobrantes, a adxudicación do resto das axudas. Como o réxime de concorrencia competitiva implica comparar todas as solicitudes de subvencións que se financien con cargo ós mesmos créditos orzamentarios nun único procedemento, ó proceder así a comisión de valoración está conculcando este principio. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº16, referida ó punto 4.19 do informe, sobre a non aportación de documentación xustificativa para proceder a liquidar a contía total das subvencións. Alegan que non é exacto dicir que ó día de hoxe estean pendentes de recibir a xustificación das subvencións das entidades Fundación San Rosendo e Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda. Recoñecen que deberían solicitar a cumprimentación da documentación con maior celeridade. O indicado no informe refírese ó momento da fiscalización e non ó momento de elaboración das alegacións. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº17, referida ó punto 4.20 do informe, sobre subvencións do programa EMEGA outorgadas polo organismo e posteriormente revogadas. Alegan que o importe das revogacións posteriores de subvencións concedidas como regra xeral pasan a englobar o remanente de tesourería que é susceptible de incorporación e polo tanto de volver a adxudicarse, creando así novas empresas e postos de traballo.

Page 64: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

69

A alegación non é máis que unha aclaración de como se xestionan os créditos destinados a financiar as subvencións que son revogadas con posterioridade á súa concesión e non rebate o contido do informe. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe. Réplica á alegación nº18, referida ó punto 4.21 do informe, sobre a contía das subvencións do programa EMEGA. Alegan que existe unha baremación para a concesión de solicitudes segundo o principio de concorrencia competitiva, polo que implicitamente existe motivación para adxudicar un importe ou outro. O baremo elaborado pola comisión de valoración serve para puntuar as solicitudes segundo os criterios establecidos na resolución da convocatoria. Tamén para resolver sobre as concesións e propoñer a adxudicación das que alcancen as puntuacións máis elevadas por orde decrecente ata que se esgoten os créditos orzamentarios destinados a financialas. Sen embargo, non é aplicable para desmentir o exposto no informe de que a comisión de valoración fixa a contía máis alta de concesión en 2.000.000 de pesetas sen que motive o porque non se outorgou o importe máximo previsto na orde da convocatoria, que é de 3.000.000 de pesetas, a aquelas solicitantes que reunían os requisitos para percibilo. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº19, referida ó punto 4.22 do informe, sobre o insuficiente control interno das subvencións concedidas. Alegan que comproban os gastos correntes coas facturas e que tamén comproban que os gastos subvencionables non superen o 50% do investimento previsto. Na resolución da convocatoria esíxese para o pago de subvencións que as beneficiarias presenten certificación acreditativa do cumprimento total do orzamento previsto no proxecto. Sen embargo, o SGI aboa as subvencións sen esixir esa certificación baseándose nunha declaración das beneficiarias sobre o cumprimento do orzamento do proxecto. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización.

Page 65: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

70

Réplica á alegación nº 20, referida ó punto 4.23 do informe, sobre a comprobación do mantemento das condicións das subvencións do programa Emega. Alegan que como existen revogacións de subvencións en base a inspeccións posteriores é erróneo e incoherente afirmar que se pon de manifesto a debilidade e insuficiencia do control interno. No informe sinalábamos que non se efectúan inspeccións periódicas ó obxecto de comprobar o cumprimento das condicións nos tres anos posteriores á creación dos postos de traballo ou ó inicio da actividade da empresa, polo que existe unha debilidade e insuficiencia do control interno aínda que ocasionalmente se efectúe algunha inspección. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº21, referida ó punto 4.24, sobre as subvencións para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Galicia. Alegan que constitúe unha apreciación subxectiva afirmar que son escasos os recursos dedicados ás bolsas de estudios. Entendemos que o alegado non rebate en nada o contido do informe. Réplica á alegación nº22, referida ó punto 4.25 do informe, sobre a non utilización dun baremo pola comisión de avaliación para propoñer a concesión das bolsas. Remítennos ó especificado na alegación nº8. Non aportan nova documentación que acredite que a comisión de valoración utilice un baremo para graduar os criterios de adxudicación. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización.

Page 66: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

71

Réplica á alegación nº23, referida ó punto 4.26 do informe de fiscalización, relativo á insuficiente actividade dos órganos colexiados. Alégase que o incumprimento do número mínimo de reunións dos órganos colexiados non é sinónimo de insuficiente actividade. A alegación formulada non altera os datos reflectidos e, polo tanto, non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº24, referida ó punto 4.27 do informe de fiscalización, relativo ó non visado das actas das sesións dos órganos colexiados. Alégase que se trata dun erro material perfectamente subsanable coa aprobación das actas polo órgano colexiado e que o consideran unha cuestión baladí. Entendemos que o incumprimento dunha norma establecida nunha lei de ámbito nacional e polo tanto aplicable a todo tipo de administración, así como o establecido no propio decreto do organismo que regula o funcionamento destes órganos colexiados, en ningún momento pode considerarse como cuestión baladí. Por outra parte, este feito non é un erro material, xa que non se produce nunhas determinadas actas, senón que se xeneraliza a todas. Tampouco consta a súa subsanación. A alegación non rebate o contido do informe, senón que se limita a minimizar a súa importancia, así como sinalar a posibilidade de subsanala, polo que non supón a súa modificación. Réplica á alegación nº25, referida ó punto 5.2 do informe, sobre a avaliación cualitativa das actividades desenvolvidas no exercicio 2000. Alegan que xa publicaron a avaliación do III Plano e que as reunións periódicas realizáronse ó inicio da súa aplicación e que posteriormente convocaron reunións por sectores de actuación, contacto telefónico e por escrito para solicitar o cumprimento das fichas de avaliación que recolle a opinión das destinatarias. No informe non nos referimos á avaliación definitiva, que segundo manifestan na alegación efectuou e publicou o organismo no exercicio 2002, unha vez finalizado o período de vixencia do III Plano de Igualdade (1998-2001), senón ó seguimento ou avaliación cualitativa das actividades desenvolvidas no exercicio 2000. Este seguimento permitiría comprobar se se cumpriron as expectativas previstas coas actividades que se desenvolveron nese exercicio.

Page 67: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

72

En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº26, referida ó punto 6.2 do informe de fiscalización, relativo ás carencias detectadas no programa informático de contabilidade utilizado polo organismo. Alégase que este programa utilizouse desde o ano 1994 ata o 2000 e que durante ese período remitiuse a este Consello a documentación esixible, sen que este órgano fiscalizador obxectara sobre a información rendida. Tamén se sinala que actualmente substituíuse polo Xunco 2. Precisamos que o último exercicio fiscalizado por este Consello remóntase ó ano 1992, sendo por tanto anterior á entrada en funcionamento deste programa informático. Polo demais, a alegación non rebate o contido do informe, polo que non supón a súa modificación. Réplica á alegación nº27, referida ós puntos relativos ó inventario. Alégase que están facendo todo o posible para a subsanación das incorreccións detectadas. Confírmanse as deficiencias sinaladas no informe. Polo tanto, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº28, referida ó punto 6.7 do informe de fiscalización, relativo ó saldo final da conta de tesourería. Alégase que non é certo que o saldo de tesourería está infravalorado, xa que os saldos das contas de habilitación compénsanse coa devolución de remanentes destas contas correspondentes ó exercicio anterior. O epígrafe de tesourería do activo da conta do balance de situación debe reflectir o saldo final a 31 de decembro de todas as contas bancarias vixentes a dita data, incluíndo o importe en metálico de caixa. Non se aporta nova documentación que acredite o cumprimento do expresado no parágrafo anterior e no informe, polo que esta alegación non supón a modificación do informe de fiscalización.

Page 68: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

73

Réplica á alegación nº29, relativa ós puntos 6.8.2, 6.5.1 e 6.5.2 do informe de fiscalización, referidos ó tratamento contable das transferencias de capital e dos gastos que financian. O SGI considera que os gastos financiados con transferencias de capital sempre deben ser considerados como investimentos e tachan de apreciación subxectiva a emitida no informe. Reiteramos o sinalado e recordamos que os ingresos por transferencias de capital teñen o fin finalista de adquisición de bens de carácter inventariable, polo que non deben utilizarse para financiar gastos correntes. Así mesmo, a imputación do gasto debe efectuarse en función da súa natureza, non estando condicionada a súa clasificación á natureza do crédito existente para o seu financiamento. O SGI clasificou o gasto en función da fonte de financiamento, o que provocou feitos tan dispares como o de considerar como investimento os gastos ocasionados pola contratación temporal de persoal durante os anos 1998 e 1999 porque os ingresos que o financiaban procedían de transferencias de capital, e sen embargo durante o exercicio 2000 o mesmo concepto considerouse como gastos de persoal (gastos correntes) soamente polo mero feito de que se financiaron con transferencias correntes. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº30, relativa ó punto 6.9.2 do informe de fiscalización, referido ó tratamento contable do recoñecemento de acredores antes de producirse o devengo do gasto. Este punto tratouse na réplica á alegación nº4, polo que non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº31, relativa ó punto 6.10, referido ás diferencias detectadas na conciliación de saldos de contas acredoras. O SGI alega que teñen os documentos contables que respaldan estes saldos acredores e que en todo caso o problema pode estar na mala contabilidade das entidades subvencionadoras. No informe sinálanse varias razóns polas cales se xeraron diferencias, que foron recoñecidas posteriormente polo organismo. No punto 6.9.3 do informe sinálase que no exercicio 2001 procedeuse a realizar unha depuración parcial deses saldos acredores. Por outra parte, a confirmación de saldos permite aclarar e solucionar as diferencias que veñen arrastrándose desde exercicios anteriores (neste caso desde o

Page 69: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

74

ano 1994) evitando ter que imputalas ós saldos de apertura de cada exercicio e polo tanto axudando a presentar unha imaxe fiel do organismo. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº32, relativa ó punto 6.13, sobre a imputación como maior gasto do saldo da conta pagos a xustificar a 31 de decembro de 2000. Alegan que o único que fan é aplicar a normativa existente, que permite xustificar a aplicación dos fondos no primeiro mes natural do exercicio seguinte. Sinálase que esta incorrección solucionouse, xa que actualmente a contabilidade lévase a través do programa Xumco2, que reflicte todas as contas abertas incluíndo os seus respectivos saldos. O SGI debe distinguir entre o funcionamento operativo da conta de “pagos a xustificar” e o momento de imputación do gasto ó seu respectivo exercicio. En aplicación do principio de devengo, as contas anuais deben recoller á data de peche do exercicio os gastos efectivamente realizados. Polo tanto a alegación non supón a modificación do informe de fiscalización. Réplica á alegación nº33, relativa ó punto 6.15 do informe de fiscalización, referido á sobrevaloración do saldo da conta de gastos de persoal. Alégase que ese incremento do saldo débese a baixas de persoal en nómina producidas con posterioridade á data límite de remisión de baixas de nóminas ó órgano encargado. Dado que a alegación non rebate o contido do informe senón que o explica ou xustifica, non supón a súa modificación. Réplica á alegación nº34, relativa ó punto 6.16 do informe de fiscalización, referido á incorrecta clasificación contable dos gastos de viaxe do persoal. Alégase que os gastos de viaxe veñen recollidos no artigo 23 dos códigos de clasificación económica do gasto público da D.X. de Orzamentos do Ministerio de Economía, polo que están correctamente clasificadas no epígrafe contable “gastos de persoal”. O organismo debe distinguir entre os códigos de clasificación económica dos gastos, atendendo ó orzamento, e os códigos de identificación do gasto atendendo á contabilidade. Estamos de acordo coa clasificación orzamentaria efectuada polo

Page 70: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

75

SGI pero seguimos mantendo o criterio sinalado no informe de imputar dito gasto ó epígrafe contable 62 “Servicios exteriores” tal e como se desprende da interpretación da Orde do 6 de maio de 1994 pola que se aproba o PXCP e máis recentemente da Orde do 28 de novembro de 2001 pola que se aproba o Plano Xeral de Contabilidade Pública de Galicia, en consonancia co pronunciamento do ICAC ó que nos referíamos no informe. En consecuencia, a alegación formulada non supón a modificación do informe, se ben ó ter detectado un erro no punto do informe procedemos a rectificar o mesmo e onde se nomea o epígrafe que debe recoller este gasto substituímos “Gastos diversos” pola conta 62 “Servicios exteriores”.

Page 71: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

77

CONTAS ANUAIS FORMULADAS POLO ORGANISMO CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO ANUAL REMATADO O 31.12.2000

Page 72: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

79

Page 73: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

80

Page 74: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

81

Page 75: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

82

Page 76: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

83

Page 77: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

84

Page 78: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

85

Page 79: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

86

Page 80: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

87

Page 81: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

88

Page 82: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

89

Page 83: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

90

Page 84: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

91

Page 85: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

92

Page 86: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

93

Page 87: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

94

Page 88: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

95

Page 89: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

96

Page 90: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

97

Page 91: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

98

Page 92: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

99

Page 93: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

100

Page 94: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

101

Page 95: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

102

Page 96: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

103

Page 97: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

104

Page 98: CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA...¾ A Comisión asesora de publicidade non sexista ten por finalidade asesorar e orientar ás entidades, asociacións e axentes publicitarios que o requiran,

SGI 2000

105